EXAMES DA ESCOLA PUBLICA DE NENOS DE SÁRRIA ( 1850 )

EXAMES DA ESCOLA PÚBLICA DE NENOS DE SÁRRIA ( 1850 )

Copia da acta dos exames celebrados na Escola Pública de Nenos  da vila de Sárria

A Comisión de instrución  primaria , de Sárria  da que son  individuos D. Manuel Vaamonde , Alcalde-presidente , D. Xosé Lois,  D. Cibrao Saavedra,  párroco de Santa Mariña, o Doutor  D. Manuel Pérez Batallón, D, Francisco Macía de Neira , e o seu Segredario  D. Antonio Macía de Neira, acordou enb sesión  do 2 do actual  se celebrasen  os exames xerais  do regulamento  na Escola pública desta vila  os días 8, 10 e 11.

Coa fin de lle dar a este acto a solemnidade e aparato tano inflúe  en que  os nenos, para escitar neles  unha noble emulación,  e espertar nos pais  un vivo interese  pola educación dos seus fillos  dispuxo que se  anunciase ao público  por medio de editos , que se convidase ás Autoridades , e a todos os particulares do pobo, e se preparasen premios  para aqueles nenos  que pola súa aplñicación e aproveitamento  e conduta moral  se fixesen máis acreedores.

Preparado denantes  o local da Escola , como de maior  capacidade , reuniuse a Comisión , que ocupou a mesa de Presidencia , dando lugar nela ao  Sr. Xuiz de Primeira Instancia  e outras persoas de categoría , colocándose os demáis convidados  e Señoras  nos asentos que  ao efecto estaban destinados.

Tiña o Direitor da Escola  D. Manuel Conde  riba da mesa da presidencia  o programa das materias  sobor das que tiñan que versar as preguntas, que habían facer aos nenos , como tamén planas escritas e por triplicado  de todos eles para que os examinasen no que  eles  tivesen gosto,

Deseguido procedeuse á leitura en prosa  e verso  e  a continuación  despois dela  os exercizos  de caligrafía,  aritmética, xeometría , xeografía, gramática castelá, ortografía, doutrina , historia sagrada e de España , e xeralme nte respoderon moi ben  ás preguntas que respectivamente lles fixeron encol da liñas  de que se compoñen as liñas  e as da cadrícula  do pautado , dando nome aos seus ángulos , trazos e vacíos ; definiro e praticaron as catro primeiras operacións de aritmética, crebados  comuns e decimais  , denominados, as diferentes régoas de tres, compañía con tempo e sen el,as razóns, proporcións, interese, aligación, a estración das raíces cadrada e cúbica e falsa posición ; definiron e fixeron ver prácticamente  que cousa é xeometría, ángulo, triángulo, cuadrado e polígono , formaron e explicaron o que é circo e a súa circunferencia , as liñas que nel  e sobre del  se poden tirar, mediron varias superficies  e mediron toda especie de ángulos; dixeron o que é xeografía , os sistemas que hai  encol dos movementos dos astros, cal é máis seguido , que deenominación se da aos corpos celestes, como xiran uns e outros ,que son fases da  lúa, eclipses, cando se verifican , cal é a súa causa, e das variacións das estacións, do día e da noite, que xon circos máximos  e menores, e para que son ; mediron  varias distancias  polas cartas xeográficas , marcaron a hora que dada outra podía ser en calquera parte; dixeron e marcaron  as zonas, climas e entre que graos se achan, etc,

No exame destas materias gastáronse os tres días marcados , ocupando en cada un o espazo de tres horas  e como ainda restasen algunhaas das materias marcadas no programa , señalou a Comisión  para este obxecto  os días 13 e 14 , nos que á mesma hora foron preguntados  por xeografía, física e política,   a que contestaron  especificando as partes do globo  que habitamos , mares que a circundan e canto ocupa; dixeron que clas de homes hai e relixións que profesan, cantos son os reinos da natureza, en que se dividen e subdividen, cantos os reinos de Europa, as súas capitais; pero moi en particular deron unha noticia de España , do que formaron  o mapa ou carta exacta dabondo ; en gramática castelá  nada deixaron que desexar , pois definiron  todas as súas partes, declinaron, conxugaron , analisaron  e especificaron as oracións dalgún período : na súa parte a ortografía , dixeron  que é alfabeto, cantas as súas letras , en que se dividen, cantas as vogais, cantas as consonantes, por que se chaman así, cales se confunden na súa pronuncia, como se evita isto. que é  primeiro  que se forma  das letras, etc. ; dixeron cantas son as notas ortográficas , para que serven na leitura  e escritura e onde respectivamente se deben colocar; na parte da doutrina responderon  perfeitamente pola do Padre Astete ; preguntados mutuamente uns a outros  encol de historia sagrada contaron as principais pasaxes  acaecidas  dende a creación  até a saída do poboHebreo  de Exipto;  e sobor da de España  dende os primeiros poboadores até a chegada dos Godos.

Co que se deu fin  aos exames  , quedando a Comisión e circunstantes  non só satisfeitos, senón  admirados do aproveitamento  dos nenos en todas as materias  enumeradas grazas  á aptitude e celo do seu direitor , de que se promete a Comisión que no sucesivo sabrá conservar  a súa merecida reputación, poñendo  como até dagora  particular  coidado  en que os nenos , entre tanta variedade  de materias non se apaixoen das delectables, pois todas son igualmente necesarias.

Sinalou o Domingo 19 para a distribución de premios e en efecto ás 9 da  súa mañá presentouse a Comisión na Escola  na que se achaban reunidos os nenos  e un numeroso concurso,  Mais antes de todo , un dos  individuos da mencionada Comisión  fixo aos nenos  a seguinte alocución:

" O primeiro Ensino ,Señores,  é a base da sociedade , a nai dos bons costumes , o primeiro tranco para  subir á altura do saber  e o máis necesario ao home social , Sen ela permanecería no idiotismo, abandoaríase á violencia das súas paixóns e marcharía na carreira do crime  até rematale, cecais , nun cadalso  véndose no entretanto  aborrecido e anatemizado  dos seus semellantes  e agobiado co peso enorme dos seus remorsos. Este  cadro do primeiro ensino  e tan fiel e a súa definición tan exata  que non se poden pechar os ollos á súa evidencia ; maís ainda cando esta non se apalpase  como o vemos, creo abondaría para patentizalo  o grande interese e celo  que se toman as Nacións , Gobernos e Sabios para protexelo e darlle importancia,  En efecto  ¿ a quen senón a ela deben os homes  as súas honras, riquezas  e alta posición social ?. Desta verdade abondosos testemuños  nos presenta a historia de todos os tempos  e sen ir a seren mendiño dela  nin máis lonxe ,moitos, moitísimos nos ofrece este país , este mesmo pobo, esta propia Escola , que se vai elevando comou un xigante entre as demais da comarca e á que deben non poucos dos seus naturais  e familias a súa honra, crecente fortuna  e benestar.  Dígano senón tantos pais , parentes e achegados  que reciben dos seus fillo, deudos e amigos  cuantiosos donativos ; dígano eses ordinarios que  que menudeas as súas viaxes  ás dúas Castelas e  á capital da Monarquía e llos conducen ; mais a que deternos  en demostrar o que xa está  xa tan demostrado, o primeiro ensino, Señores,  é un río de ouro. Así é , repito ,  que casi todas as Nacións  mirárono con un preferente  e vivísimo interese , e finalmente a nosa nada perdoa para que esta astro lumioso brille en España con todo o seu esplendor: e as Autoridades secundando as miras do Goberno afanan para que o primeiro ensino  sexa o que debe ser . fomentándoo por todos os medios  que lle suxestiona o seu celo  e do que é  unha proba o obxecto do que hoxe nos ocupamos.

Non quixera rematar  este pequeno e pobre discurso  sen darlle  en nome  da  Comisión un xusto  voto de grazas ao Señor Mestre, e aos nenos; a el polo ben que desempeña o Maxisterio, e aos outros  pola súa docilidade,  aplñicación e aproveitamento.Continúen  pois aquel e estes  cumprindo cos seus respeitivos deberes, penétrense de toda a súa importancia , do ben que reflúe aos individuos  e ao estado  do concurso que levan ao corazón das familias  e da inexplicabre satisfación  que derraman  en esta Comisión  que ten a honra de lles dirixir a palabra , que será infatigable en  propoñer canto conceptúe  útil a  encher o obxecto para o que foi creada, e que hoxe ten o pracer  de distribuir algúns premios  aos máis aventaxados   nas respeitivas asinatura , e cabendo porén  o disgusto de non poder  facelo como quixese  e o mereceron; pois non van tan lonxe os recursos que dispón como os seus desexos ; hónrenvos  emporiso e sérvanvos de estímulo esas condecoracións  que vos van colocar nos vosos peitos ; e nenos todos  seguide con cega obediencia  ao voso Mestre , sede doceis  e apricados  e convencédevos  de que o primeiro ensino  é o camiño da virtude , da felicidade e da gloria .

                                   Viva a Raiña        Viva a apricación     Viva do digno Mestre "

Rematada a alocución  o Segredario da Comisión  foi chamando un a un  dos comprehendidos  na seguinte relación , e colocou nos seus peitos  a medalla ou lazada a que se fixeron acreedores .

D. Euxenio  de Neira, por leitura e ortografía  , medalla          D. Hilario González, por leitura, fita           D. Antonio Rivas,  por leitura e conduta, fita                           D. Manuel Lois, por leitura , fita                  D. Marcelino Vidal, por escritura  e gramática, medalla          D. Xosé López Pinza, por escritura, fita       D. Faustino Lois, por escritura e gramática, fita                       D.  Xosé López Vilasante, por aritmética     D. Modesto Iglesias, por aritmetica e conduta, fita                        e ortografía , medalla                             D. Laureano Leirado, por noticia exata de España, fita            D.   Xosé  Méndez Cortiñas, por aritmética  D. Manuel Arias de Loio, por xeometría e xeografía, medalla        e conduta, fita,                                      D. Eduardo Torres, por aritmética  e xeometría, fita                 D. Eduardo Suárez, por ortografía e aritmé - D. Casiano Pérez Batallón,  por xeometría  e aritmetica,               tica, fita                                         medalla                                                                                      D. Claudio Barrera, por  xeometría  e aritmé- D. Xoán Ramón Vega, por ortografía, gramática e                         tica,  fita                                                    e xeometría, medalla                                                                 D. Xoán Antonio Pérez , por ortografía  e    D, Manuel  Vega e Armesto, por leitura, escritura,                        aritmética, fita                                  modestia e aplicación ,medalla                                                  D. Manuel Fernández  Valcárcel, por  leitura D. Xosé Vázquez, por doutrina  e aritmética, medalla                   , escritura, modestia., aplicación e apro -  D. Antonio Vázquez, polos seus coñecementos   en                       veitamento, fita                                  todas as materias,    medalla                                                       D.  Domingos Prado, por doutrina, fita          D,   Manuel María Cabarcos, polos seus coñecementos en todas as materias,  medalla.

Cando se acabaron de repartir  os premios o escolante D. Xoán Ramón Vega  levantouse do seu asento  e colocado no punto máis alto da Escola  pronunciou en voz clara e intelixible  o seguinte discurso , que arrincou  nos concurrentes bágoas  de tenrura;      

" Señor Presidente e  máis Señores da  Comisió, sérvase    a Vosa Señoría dispensarme o que me levante  para no meu nome  e dos meus amados compañeiros  tributar á Vosa Señoría as máis expresivas grazas polo particular aprezo  e sumo interese  que tomaron nestes últimos exames pola nosa educación e adiantos. Nunca, como nesta vez, temos observado tanto celo  e desvelos por proporcionarnos unha sólida felicidade. Agora si, é, que comezamos  a coñecermos o mérito das primeiras letras  : é constante que elas todo o ensinan e facilitan : as súas doces influenzas coñécense no fausto pazo   e na rústica cabana . A educación primaria consola e dá sereidade ao aflicto , contén ao opulento  e é segura renda dos vicios , suaviza as paixóns , forma almas tenras,  estimula a honra  e as virtudes, e nunha palabra  é o único e verdadeiro vieiro  que conduce á felicidade.  E sendo isto  así  ¿ Por que, amados compañeiros,  a ollamos con tanta indiferenza ?   ¿ Por que non aproveitamos agora  na nosa infancia os consellos e doutrina do noso Señor Mestre ? ¿ Por que non hemos de secundar os afáns e desexos  da Ilustre Comisión  que tanto interesa toma polo noso benestar ?  ¿ Por que non nos faremos ditos a nós e non daremos días de gloria  á nosa Patria , honrándoa e enriquencéndoa  que agora podemos  adquirir ? Apliquémonos, pois,  e presurosos abracemos a doutrina  e régoas que o noso Señor Mestre  nos amosa e sinala.

Sexamos gratos aos nosos pais , que por facernos felices se desvelan ; e tamén ás Autoridades  que nos premian e protexen; e polo tanto digamos  todos :                                                                                                                               Viva a Raíña      Viva a Comisión   Viva o noso Señor Mestre   

Con isto  deu remate este acto tan tenro e solemne , marchando os netos contentos e alegres , despedindo foguetes polas rúas , acompañados coa gaita do país , única música que se lles puido proporcionar.

Todo o que consinúo  nesta acta , acordando a Comisión  que das mesma se dirixa unha copia ao Sr. Gobernador desta provincia , para  que se digne diapoñer que sexa insertado  no Boletín oficial  para maior estímulo da estudosa mocedade , e asínano en Sárria  a 24 de maio de 1850.

Manuel Vaamonde = Xosé Lois e Rivas =  Cibrao Saavedra =  Manuel Pérez Batallón =  Francisco Macía de Neira =  Antonio Macía de Neira, Segredario = É copia . Visto e Prace . Manuel Vaamonde= Antonio Macía de Neira, Segredario = Insírase.  García                   

Comentarios

Publicacións populares