CANDIL ( PRENSA XUVENIL EN SÁRRIA : 1969 /1976 )

                             " CANDIL" : UNHA PUBLICACIÓN DE MOZOS SARRIAOS

O CIRCULO GREGORIO FERNÁNDEZ  da Organización Juvenil Española tiña  a súa  sede no semisoto da ala dereita do edificio das Escolas Públicas de Sárria   onde orixinariamente estivera  o ximnasio do centro escolar desaparecido no tempo da ocupación militar do edificio.  Foi o alcalde   Vázquez quen tomou a decisión de instalar alí o centro xuvenil trasladándoo desde o baixo da primeira das Casas Baratas onde antes estivera  a Academia Felipe II. Antes o local do "Frente de Juventudes " ocupara a casa que lle fora confiscada ao alcalde republicán Antonio Páramo Sánchez  e fora o alcalde Xabier López-Acevedo López  quen coa súa moi persoal actuación  forzara a saída do local da Rúa Diego Pazos  e o traslado ás Casas Baratas.

O Círculo estaba dirixido por Manuel Rodríguez Díaz ( "Rodim" ) e ofrecía actividades deportivas, culturais  , xogos  de mesa, marchas  campestres, acampadas, etc, dentro  de programacións  locais  e da Delegación Provincial de Juventudes  dirixidas aos alevíns, arqueiros e cadetes encadrados en escadras e centurias .

Coa colaboración da Delegación Provincial que faciltara unha máquina multicopista un grupo de rapaces da vila, na súa maior parte  seguindo estudos de bacherelato , por ensino libre, nas academias Felipe II e Rosalia de Castro decidiron  editar unha publicación á que bautizaron como CANDIL.

Consérvanse exemplares  de 1969 / 1970 ( primeira etapa ). e 1976 ( segunda etapa )

O contido dos numeros editados que se poideron recuperar en 2023 ,  foi como segue.

                                     CANDIL  Nº 1 ( sen data )

Contido ;¿ Editorial  o salido ?.-  Entrevista a D, Manuel Moscoso Arias( Juan Antonio Giménez García ).- ¿ Eres joven ? ( Vagalume ).-De Sarria para ( Labayén ).- Retrancas ( por Ceibo ).- Opinión.- Carta a los Reyes Magos ( Gonzalo ).- Página Poética: El beso.- Odio y amor ( Advasien ),. Club musical:Visto y oído.- Hi Parade ( Labayén ).- Humor.  Director: Gonzalo Vázquez Rivas. Redactor Jefe: Juan Antonio Giménez García. Dibuja: Manuel Rodríguez Díaz. Escribe: Alfonso Carlos López Arias.-  Benito Suazo  Labayé,.  Jaime Félix López Arias.-Juan A. Giménez García .- Manuel López Pérez.- Gonzalo Vázquez Rivas. Confeccionan: Manuel López Perez.- Benito Suazo Labayén. Imprime: Delegación Provincial de Juventudes de Lugo.(  Hai unha nota de agradecemento ao procurador don Manuel Moscoso Arias pola súa colaboración  na enrevista que lle realizaron ).

                                                 CANDIL  Nº 2 (  setembro de 1969 )

Contido: Editorial( Candil ).- Un tema para  examen ( M.Tourón Yebra ).- Retrancas: "SP" Morte e trunfo.- A Barca de Pedro no século XX.- A Lingua Galega.- As mozas Ye-Ye.- Sarria e os xornás ( por Ceibo ).- Mujer ( por Joli Day ).- De Sarria para.. ( por Labayén ).- Desenrolo e feitos ( por Vagalume )- Opinión.- Deportes ( por Labayén ).-  Cartas ( a quien ),Página poética:  Ave María.- El Sauce ( por Advasien ).- Director:Gonzalo Vázquez Rivas.- Redactor Jefe: Juan A. Giménez García.- Dibuja: Manuel Rodríguez  Díaz.- Escriben: Alfonso Carlos López Arias.- Benito Suazo Labayén.- Jaime Félix López Arias.- Manuel Tourón Yebra.- Mercedes Vázquez Saavedra.-  Manuel López Pérez.- Gonzalo Vázquez Rivas. Confeccionan: Manuel López Pérez.- Benito Suazo Labayén. Imprime: Delegación Provincial de Juventudes de Lugo.-  "A todas aquelas persoas  e entidades sarriás  os seus desexos de cooperación, cultural e monetaria no sostemento de CANDIL. Especialmemnte  á Reverebnda Madre  Superiora do Colexio da Asunción que mesmo nos ofreceu o seu Centro para realizarmos alí os nosos experimentos xornalisticos. A todos eles, moitas grazas". 

                                                           CANDIL Nº 3 ( novembro 1969 )

Contido: Editorial ( Candil ).- Análisis de un proyecto (  proxecto de Ley Sindical ), por Juan.-  Nomes de povos ( por Vagalume ).- Mujer: Un Otoño feliz.-  ¿ Qué temas prefieren ellas ) ( Por Yoli Day ).- De Sarria para ...( por Labayen ).- Retrancas.  Cultura, Cultura !.Requiem polos ye-yés.  O Galego ás escolas.  Veu o inverno. Candil ( Ceibo ).-  Sin mala atención. - Opinión.- Página Poetica:  El porqué.-  La vida.- Libertad y amor ( por Advasien ). " Editado por el Grupo de Actividades Culturales del Círculon Gregorio Fernández de Sárria ). Escribieron : Jaime Félix López Arias,. Mercedes Vázquez Saavedra.- Benito Suazo Labayén.- Juan A. Giménez García.-  Alfonso Carlos López Arias,. Manuel López Pérez.-  Gonzalo Vázquez Rivas.- Redactor-Jefe:  Juan A. Giménez García. Dirige: Gonzalo Vázquez Rivas. Dibuja: Manuel Rodríguez Díaz. Confeccionan: Manuel López Pérez.- Benito Suazo Labayén, "Rogamos  aos nosos lectores  da nosa edición de novembro  xa que foi debido  a causas alleas  á nosa vontade -Grazas"

                                                       CANDIL Nº 4 ( Nadal )

Contido,:Editorial ; ¿ Tecnocracia ? ¿ Democracia ?.- Colaboraciones : Intermedio ( hoy Armando Pérez García ).-  Entrevista al alcalde  don Eugenio Quiroga Vázquez ( Gonzalo y Juan ).- De Sarria para... ( Suazo Labayén ),. . Retrancas :  Sarrianos a Madrí.- A Misa en Galego.-  Nadal sen coor,. Xosé Luis, Angel e Manolo.- Deporte na vila ( Ceibo ).-  Opinión ( Zalo ),.  El futuro de la Falange ( Juan ),. Conciencia Gallega: Asociacionismo- Consejo Nacional.-  Fraga discrepa.- Réplica de Fernández Miranda.- Emilio Romero. ( Fernando Pérez ).- Plan de Desarrollo.-  Deportes.- Es así (MLP ).- Sin mala intención ( por Juan y Gonzalo ), Página Poética:  Mi guitarra en Navidad. Oda navideña ( por Advasien ),.Musical . Visto y oído. Discografía Candil  ( por B. Suazo ).-  CANDIL Año I  número 4. Diciembre de 1969. Extraordinario de Navidad, Escribieron:  Manuel López Pérez.-  Benito Suazo Labayén.- Fernando Pérez López.-  Juan A, Giménez García.-  Alfonso C. López Arias.-  Gonzalo Vázquez Rivas.- Redactor-Jefe: Juan A, Giménez  García.-  Dirige: Gonzalo Vázquez Rivas. Confeccionan:  Benito Suazo Labayén.-  Manuel López Pérez. Recibimos : Escola.-  Noroeste  y El Clavo. Del primero podemos decir que ha mejorado  ostensiblemente. Los últimos  siguen  en su línea  definida de trabajo,

                                             CANDIL  Nº 5 (  Carnaval 70 )

Candil  . Carnaval 70, 14 páxinas. Contido; Editorial.-  Cortes y representatividad .-  Conciencia gallega ( Fernando Pérez López).-  Divagaciós ( O Chorón do Povo ).-  De Sárria para... ( Suazo Labayén ).-  Asamblea fantasma ( Gonzalo ).- Poemas á miña Terra ( Advasién ).-  Patentes y Empresas ( Panasqueira ).- Sin mala intención ( por Zalo ).- Musical Pop : Hit Parada. Visto y no visto ( por Suazo Labayen ).- Escriben : Eugenio López Prado.- Benito Suazo Labayén.- Fernando Pérez López.- Manuel López Pérez.- Juan A. Giménez García.-  Gonzalo Vázquez Rivas.Portada:  Manuel Rodríguez Díaz.- Confeccionan : Fernando Pérez Álvarez.-  Enrique Franco Espín.-  Benito Suazo Labayén.- Manuel López Pérez. Redactor-Jefe: Juan A. Giménez García.- Director : Gonzalo Vázquez Rivas. Nota da Redacción:  CANDIL aberto a toda posibilidade  de contraste de parceres introduce a partir  do vindeiro número , una nova sección "Página Polémica " , á que todos os lectores  que o desexen poderán  amosar os seus puntos de vista sobor de temas tratados ou non pola revista. Dacordo coa vixente Lei de Imprensa  CANDIL  deberá coñecer a  identidade dos asinantes,  se ben se lle recoñecerá o seu dereito a asinar con seudónimo ou sen el.

Saudamos  : A todos os xornais xuvenís de España, especialmente aos lucenses  EL CLAVO, NOROESTE e ESPIGA.

AGRADECEMOS:  A todos os sarriaos  a súa colaboración  para coa nosa revista , así como o grande número de suscritores  que acedero a selo e sen cuxa axuda   a saída de CANDIL  sería máis que problemática.  Queremos facer patente  o noso agradecemento  aos representantes da Prensa   ( especialmente a D. Carlos López Rodríguez , ocorrespondente de "El Ideal Gallego",  e a Don Antonio Suazo  Mariño , sen cuxa  CANDIL  non tería  tantos suscritores-

Fernando Pérez López deixou escrito :......."  Unha última precisión  do labor  de Fraga desde o punto de vista galego . Frago é galego, lugués de vilalbés . Pois ben , ao meu xeito de ver  non fixo nada de importancia  decisiva para a  o seu país galego, mais ,,, ¿ É que  ten existido algún galego membro do Goberno  dende Franco até o último conserxe  que se teña ocupado de Galicia  na proporción esixible  dos nosos dereitos e  necesidades, do noso retraso  con relación ao resto da nación ?. Non vacilo en escribir un rotundo NON  como resposta .(  Sería de galego mal nado  non extraer deste  desagradable  interrogante á  extraordinaria xestión  do noso paisano  Don Eugenio López , que ten feito  méritos máis que suficientes para que nos honremos  en grado máximo do seu galeguismo ).

E Zalo  creou  Ca seguinte carteleira de cinema:,,,,, ASUNTO MATESA_: Misterio no Castelo de Carnerfiett; POLICÍA UNIVERSITARIA:  A Xestapo en acción;  BASES AMERICANAS:  Por unha presada de dólares ;  NÓS: Os Desamparados;  ELECCIÓNS MUNICIPAIS: Sede de dominio ;  A UNIVERSIDADE: Hospital Xeral:  SELECCIÓN NACIONAL: Os defraudaodres;  DIÁLOGO CO LESTE:  Cita  imposible: EEUU: O rei do Oeste...

.... Para seren uns mozos  que rondaban a vintena de anos, veciños dunha pequena vila.... non podían resumir mellor  o clima opresivo daquel tempo.

                                                              CANDIL Nº 6 ( SEMANA SANTA )

Candil, Fefreiro 1970 .17 paxinas.Contido. Editorial.- Esperanza  y desilusión ¿ Temporal ? ( Juan ).- De Sárria para... ( Suazo Labayén ).-¿ Por  que....  (  Panasqueira ).-  España y la CEE ( Juan ).- ¿  Abandano  ? ( Roura ).- Ensalada ( Gonzalo ).-  Camino del Calvario ( poema de Advasien ).-  Opinión ( Gonzalo ).- Musical Candil: Visto y oído.- los Cinco de Dandil. Gwendoline (  Suazo Labayén ).- Candil.Ano II. Número  6. Febreiro de 1970.  Editado polo Grupo de Actividades Culturais  do Círculo Gregorio Fernández da OJE de Sáaia. Dirixe: Gonzalo Vázquez Rivas.  Redactror Xefe: Xoán Antonio Gimenez García.Escriben: Nieito Suazo Labayén,Xoán Antonio Giménez García. Manuel López Pérez,Uxío López Prado.Gonzalo Vázquez Rivas. Confecionan: Fernando López Alavaredo.Henrique Franco Espín.Debuxa: Manuel Rodríguez Díaz.Portada: Manuel Rodríguez Díaz.Saudamos a Escola, Noroeste e El Clavo.

                                              CANDIL Nº 7

............................................................

                                              CANDILNº 8 ( outubro 1976 )

Candil. Nº 8. Outubro 1976.- 10 páxinas.Contido: ( portada desaparecida )  Editorial.-  Entrevista á Direirora do Colexio da Asunción e Direitor do Colexio da Mercé(  Candil ).- O Agro ( Albín Luar ).- Estudo dun ano de evolución local ( Panasqueira ).-La Didáctica del enchufe ( Gonzalo ).- Unha frase prá Historia ( Uxío ).- De Sárria para ....( Suazo Labayén ).- Página Poética : Escravo da terra..On bébedo ( Silex, Fiz Vergara Vilariño ) Candil: Encuesta.- El Humor y las Elecciones.- Sumario.Candil, Número 8.Outubro 1976. Escriben: Fiz Vergara Vilariño,Manuel López Pérez. Gonzalo Vázquez Rivas. Uxío López Prado.-Xoán Antonio Giménez García. Bieito Suazo Labayén.- Redactor Xefe:Xoán Antonio Giménez García, Dirixe: Gonzalo Vázquez Rivas. Debuxa: Manuel Rodríguez Díaz.Portada: Manuel Rodríguez Díaz.-Confecionan:Henrique Franco Espín.Xosé Montero Regeiro.Edita: O Grupo de Actividades Culturais doCírculo Gregorio Fernández da OJE de Sárria. Nota da Redación: Quremos testemuñar o noso agradecemento ao Colexio da Asunción  polo seu apoio moral e económico,

                                           CANDIL ( sen número ) Carnaval 1976

Candil.OJE ,Sárria. Carnaval  1976.11 páxinas. Contido. Editorial ( A Redación ).- Que é a OJE ? ( Xesús García Bernardo ).- Actividades OJE ( Pedro González González ). -Sárria ao descoberto ( Manuel López Poy ).- Gibraltar ( Xesús García Bernardo ).- Páxina Musical (  Euxenio Fernández Castro ).- Deportes ( Manuel Arias López ).- Humor ( Hoja del Lunes de Bilbao ).- Sumario: Direitor:Pedro González González.-Redator Xefe: Xesús García Bernardo. Escriben: Pedro González González. Xesús García Bernardo- Manuel López Poy. Euxenio Fernández Castro. Manuel Arias López. Debuxa: Manuel Rodríguez Díaz. Colaboran: Ubaldo  Batista Canga. X, Manuel González González. Confeciona: Escuadra Pingüino. Novas de última hora. Humor.


Os mozos que publicaban os seus artigos  deixaron a vila para seguir estudos universitarios e CANDIL deixou de saír á rúa.... Algún tempo despois  apareceu  ECO  con nova direción e novos colaboradores  que tivo pouco percorrido.


















Comentarios

Publicacións populares