A VILA DE SÁRRIA ( 1761 )

  A VILA DE SÁRRIA ( 1761 )

A vi1a de Sárria estaba formada por dúas parroquia, San Salvador e Santa Mariña de Sárria , atravesadas de leste a oeste polo Camiño de Santiago ( Camiño de Castela ou de Triacastela e Camiño de Portomarín..  Outros camiños que confluían na vila eran o Camiño de Lugo, o Camiño de Carracedo  , o Camiño de Aranza, o Camiño do Courel , o Camiño de Quiroga e Monforte. As catro pontes de pedra, Ponte Ribeira ou Ponte de Sárria, Ponte de Vilar de Sárria ou Ponte Vella , Ponte da Áspera e Ponte do Mazadoiro.

En San Salvador de Sárria diferenciábanse  Sárria, os Fornos de Atrás, San Salvador  , o Mosteiro de Santa María Madalena  e a Veiga de Abaixo ( Ponte da Áspera )

En Santa Mariña de Sárria distinguínase Santa Mariña, Rúa de Ferradores, A Pedreira, O Calexón , O Arrabaldo e a Ponte Ribeira.

                                    PARROQUIA DE SAN SALVADOR  DE SÁRRIA

Cregos , frades  e familiares   moradores nesta parroquia-.

                                               Cregos

1.-  FRANCISCO ANTONIO MÉNDEZ DE NOVOA, párroco de San Salvador de Sárria  e dos seus anexos de San Salvador de Sárria e San Martiño de Requeixo. Tiña na súa compaña  un sobriño , maior dos 18 anos,  que era sancristán da igrexa matriz. ( 2 persoas ).

2.-  FRAIZ ( Eufrasio ) QUIROGA,  prresbítero,  que  tiña na súa compaña un irmán  de 20 anos (  2 persoas )

                                          Frades

3.- FREI XOÁN  PUMARES,  Prioiro do Convento de Santo Agostiño ( Mosteiro de Santa María Madalena de Sárria),  superior  dos restantes 12 relixiosos que conformaban a Comunidade, xunto cun irmán leigo. Tiñan ao seu servizo  cinco criados, 3  residentes  na Casa e  2 fora dela ( 19 persoas )

     Na  relación de  Eclesiásticos e persoal a eles suxeitos figuran un total de  23 persoas.

                                   Relación   de leigos

                                                                      Fidalgos

1.- LUCAS SOMOZA SAAVEDRA,  de San Martiño de Laiosa ( Somoza Maior de Lemos ), dono da Casa Grande de Sárria, tiña ao seu servizo nesta casa  1 criado maior dos 18 anos e 2 criadas ( 3 persoas )

2.- FRANCISCO  DE ARMESTO E TABOADA,  casado, de 49 anos.  tiña con el  5 fillos menores, 2 fillas, a súa nai , 1 irmá ,2 criados maiores dos 18 anos  e 3 criadas (  16 persoas ).

3.- XOSÉ  ARMESTO, solteiro,  52 anos, e vivían con el  1 criado e 1 criada (   3 persoas ).

4.-  XOÁN FARIÑAS, casaso, 31  anos.  1 fillo menor,  1 criado e  1 criada. Pola profesión de boticario tiña un fgaño  de 50 reais en cada un ano. (   5 persoas  )

                                          Ministros de Xustiza ( ao servizo do Xuiz )

5.-  XOÁN ALONSO REBOIRO,  casado, 37 anos,,  e tiña con el 1 criada.. Pola súa función de ministro de Xusriza  na Audiencoa da vila  recibía 20 reais por ano. (  3 persoas )

6.-  XOÁN REBOIRO, casado, de 35 anos, tiña con el  2 fillos menores. Pola súa función  de carcereiro pola Marquesa de Sárria, recibía  200 reáis en cada un ano. (  4  persoas )

                                                      Labregos

7.- XOÁN CEDRÓN, casado, 39 anos,  1 fillo menor, 1 filla, a nai. Polo seu oficio  de tecedor de lenzos, tiña un gaño de 60 reais por ano. ( 5 persoas )

8.- MIGUEL DE RIVAS, casado ,  31 anos, Ausente como soldado.  La casa familiar vivían  a súa esposa , 2 fillos menores, 1 filla , 1 cuñado, 1 tía., A súa muller por ser estanquilleira  gañaba 50 reais en cada un ano (  6 persoas ).

9.-  XOSEFA DE CASTRO,  viuva de FERNANDO  PÉREZ,   tiña con ela 3 fillas. Pola levanza  da Taberna levaba un beneficio aneiro de  8 reais ( 4 persoas ),

10.- CRISTOVO DE RIVAS , casado, 69 anos, con el vivían   1 filla casada con  XOÁN LÓPEZ,  e  2 netas menores ( 6 persoas ).

11.-  FRANCISCO LÓPEZ CORUJO, casado, 43 anos,   ausente  no Reino de Castela,  vivían  na casa  a esposa  4 fillas e 2 fillos menores.  ( 7 persoas ).

12.-  FRANCISCO LÓPEZ LOUREIRO, casado, 43 anos,  e vivían con el 1 fillo maior,  3 fills menores, 1 filla. Por ser condutor da valixa do correo  recibía  15 reais cada segunda semana (  4 persoas ).

13.- FERNANDO LÓPEZ, casado ,37 anos, estaban con el   1 fillo e 1 filla menores . Sendo condutor da valixa do correo  gañaba 15 reais cada segunda semana. ( 4 persoas ).

14.-  MANUEL GARCÍA CAPÓN, casado, 32 anos, vivían con el  1 fillo. Sendo dono principianmte  dunha tenda gañaba 15 reais en cada un ano (  3 persoas ).

15.- MANUEL MELLE, casado, 59 anos ( ausente na vila de Madrid ). Na casa estaban a súa esposa  e 1 filla . Tiñan un fillo,  MANUEL MELLE,  ausente  , empregado na Renda do Tabaco, e en Sárria estaban  a súa muller e  2 fillos ( 5 persoas ).

16.-  MANUEL LÓPEZ CARROZAS , casado, 47 aos, vivían con el  2 fillos menores e 1 filla (  5 persoas ) .

17.- MARÍA LÓPEZ, viuva. Moraba con ela  1 fillo casado, 2 netas,  un cuñado de 45 anos  e 1  criada (  7 persoas ) .

18.-  BIEITO  ÁLVAREZ, casado,  40 anos,  1 fillo menor , 2 fillas  e a nai ( 6 persoas ).

19.- CATARINA DÍAZ, viuva,  con ela  vivía un fillo maior de idade ( 2 persoas ).

20.-  SABELA DE TORRES , viuva. Vivían  con ela 1 fillo maior  e 1 filla ( 3 persoas )

21.-     XULIÁN DÍAZ ( viciño de  Santa Mariña de Sárria ). Como siseiro  do viño en San Salvador de Sárria, tiña un gaño de 40 reais en cada un ano.

                                  Total persoas residentes en San Salvador de Sárria:   127

*********************************************************************************

                         PARROQUIA DE SANTA MARIÑA DE SÁRRIA

                             Cregos  e persoas  que vivían na súa compaña

1.-  FRANCISCO  DE OTERO E LEMOS  , presbítero, cura parroco da freguesía de Santa Marila de Sárria e dos seus anexos  Santiago de Castelo dos Infantes e Santiago de Farbán.   Tiña con ekl un sobriño menor de iade  e 2 criadas ( 4 persoas ) .

2.-  XOSÉ VALCARCE, presbítero, 69 anos, vivía con el 1 criada ( 2 persoas ).

3.- XOÁN FERNÁNDEZ  PRADEDA  NAVIA , presbítero, 32 anos, capelán de San Domingos  e da Nosa Señora " A Preñada", vivía co seu pai ( 2 persoas )

4.-  DOMINGOS  DE NEIRA, presbítero, 38 anos , tiña na súa casa 1 irmá  ( 2 persoa )

                        Cregos  e persoal con eles convivinte :  10 persoas

                                                  Persoal leigo 

1.-  XOÁN DE NEIRA,, Tenente de Correxidor, casado, maior dos 60 anos, tiña con el 2 fillos menores, 3 fillas, 2 criados menores e 1 criada (  10 persoas )

2..- ANTONIO DÍAZ SOMOZA, fidalgo,  Aguacil Maior,  vivía con el  1 criada. Polo seu cargo tiña un gaño de  50 reais en cada un ano. ( 2 persoas )

3.- MANUEL YEBRA, fidalgo, Rexedor , casado, maior  dos 18 anos ( 2 persoas )

4.- ANTONIO LOSADA , fidalgo, Escribán do Concello, maior dos 60 anos, vivían con el  ANDRÉ  DE LOSADA,  Procurador Xeral do Rexemento da Vila. casado, maior dos 18 anos,  2 netos menores , 1 criado menor  e  2 criadas . Polo exercizo do seu cargo  recibía  250 reais  o escribán,  e pola procuradoría outros 40 reáis ( 8 persoas

5.- DIEGO GÓMEZ ROBIÑOS   Ministro de Xustiza da Audiencia da Vila. casado, maior de 60 anos. Polos seus servizos recibía  50 reais por ano. ( 2 persoas )

                                             Fidalg@s

6.- LEONOR DE VALCARCE ,  viuva de PLÁCIDO SARMIENTO, vivían con ela, 1 irmán, 1 sobriña  casada con  DIEGO DE YEBRA. Rexedor; 2 fillos menores , 1 filla menor, 1 criado m aior, 2 criadas ( 8 persoas )

7.-  XOÁN DE PRADEDA ,   casao, maior dos 60 anos , vivían con el  2 fillos  menores e 2 fillas ( 6 persoas )

8.- TEREIXA PRADEDA , solteira  ( 1 persoa )

                                       Escribáns

9.-  XOSÉ ANTONIO DE LA PEÑA, fidalgo, casado, maior dos 60 anos,  vivían con el  3 fillos menores , 2 fillas, 1 criada . Pola súa función  tiña un bemeficio   de 200 reais  ( 8 persoas )

10.- XOSÉ DÍAZ GUITIÁN  , casado, 60 anos, vivían con el  1 irmán maior,  2 fillas, 1 criado maior, 2 criadas.  Tiña un gaño de 250 reais por ano e por ser siseiro do viño de outros 40 reais ( 8 persoas )

11.- MIGUEL ANXO QUINTERO CARRIL,  Escribán Real,  casado, 42 anos, vivian con el  1 fillo menor e 1 criada. Gañana unu ano 250 reais (  4 persoas )

                                        Cirurxano

12.-  DIEGO   VÁZQUEZ VARELA , viuvo,  49 anos,  e con el na casa  1 fillo menor,  2 fillas.  Polo seu oficio gañaba   100 reais e pola asistenza a  peregrinos no Hospital de Santo Antón Abade   pagábanlle  50 ferrados de centeo.  ( 4 persoas )

                                          Correo

13.-  XOÁN MELLE ( forasteiro ) , 34 anos, por ser Administrador da Estafeta gañaba 4 reáis por  día.

                                      Albéitar  ( veterinario )

14.- MIGUEL COLOMO, casado, 36 anos,  vivían con el a nai  e 2 fillos menores. Polo seu oficio gañaba  50 reais en cada un ano.(  5 persoas )

                                     Labreg@s

15.-  XOSÉ  TEIJEIRO , casado, de máis de 60 anos, vivía con el un fillo menor- Pola  súa avanzada idade  non traballaba  ( 3 persoas )

16.-   MANUEL DE CASTRO , casado, 49 anos, 1 fillo maior, 2 fillos menores. Por facer traballos como carpinteiro gañaba  100  reais ( 5 persoas )

17.-  XOSÉ  RODRÍGUEZ,  casado, 32 anos,  Por  facer traballos de carpinteiro tiña un gaño de  70 reáis ( 2 persoas )

18.-  XOÁN FERNÁNDEZ  GONZÁLEZ , casado, maior dos 60 anos, vivían con el   1 fillo  menor, 1 filla. Pola súa avanzada idade  e ser curto da vista, non lle reputaban gaño. (  4 persoas )

19.- XOÁN TEIXEIRO , viuvo, maior dos 60 anos , tiña con el un sobriño casado con tres fillos  e un sobriño viuvo, MANUEL GARCÍA  e 1 criada. O Manuel  era arrieiro  e gañaba 150 reais. ( 8 persoas )

20.- DOMINGOS  LÓPEZ,  casado, maior de 60 anos,  tiña con el 1 fillo maior, deprendendo a ferreiro, 1 filla e 3 netas . O ferreiro  gañaba 25 reais( 7 persoas )

21.-  FERNANDO MENDOZA,  ferreiro,  casado, maior dos 60 anos, vivián con el 4 fillos.  Tiña un gaño de 15 reáis. ( 6 persoas )

22.- TOMÉ  DÍAZ, viuvo, maior dos 60 anos, tiña 1 fillo maior e 1 filla casada  con XOÁN VARELA PRADO ( ausente en Madrid exercendo de zapateiro ), a nai  e 4 netos ( 8 persoas )

23.- ALEXANDRE LÓPEZ, labrego, viuvo, 60 anos, 1 irmá, 1 sobriña casada con XOSÉ LÓPEZ, que tiñan 1 fillo menorr ( 5 persoas )

24.- BARTOLOMÉU   ULLOA  , Sarxento do Reximento da Milicia da Provincia de Lugo, casado, 38 anos,  tiña 3 fillos menores  e 1 filla ( 6 persoas )

25.- DOMINGOS   LÓPEZ SANTOS , casado, maior dos 60 anos, 1 filla ( 3 persoas )

26.-  DOMINGOS ARES , casado, 52 anos,  , tiña con el 1 fillo maior, 1 filla  casada ( o seu marido estaba ausente  en Castela )  ( 4 persoas )

27.-  DOMINGOS LÓPEZ, casado, 49 anos,  1 fillo menor, 2 fillas  ( unha delas casada con XOÁN LÓPEZ (  6 persoas )

28.-  DOMINGOS  LÓPEZ QUIROGA , casado, 60 anos, vivían con el  1 fillo maior, 2 fillos menores , 1 filla e 1 nena "expósita" ( 7 persoas )

 29.- FRANCISCO LÓPEZ " ROJO",. casado, 49 anos,  1 criada. Casa na Ponte Ribeira (  3 persoas )

30.-  FRANCISCO FRANCO,  casado, maior de 60 anos,  59 anos ( 2 persoas )

31.- FRANCISCO PARDO ,  casado, maior dos 60 anos,  2 fillas, 1 fillo menor ( 2 fillos maiores dos 18  anos , ausentes en Madrid ) (  5 persoas )

32.- XOÁN MANUEL LÓPEZ QUIROGA,  casado ( ausente no Real Servizo  de soldado ), na casa estaba a esposa  (  1 persoa )

33.- XOSÉ LÓPEZ DE ARMESTO , casado, 39 anos, tiña con el  3 fillas e 1 tía  ( 6 persoas )

34.- ANTONIA PÉREZ , viuva ,  2 fillas, unha delas viuva de XOSÉ MACÍA, do que lle quedaron  2 fillos menores  ( 5 persoas )

35.- MANUEL LOUREIRO ,  casado, 38 anos,( ausente en Madrid ),  1 fillo menor ( 2 persoas )

36.- MANUEL GARCÍA " PADRIÑÁN",  casado, 47 anos , vivían con el  1 fillo menor e  2 fillas  ( 5 persoas )

37.-  MANUEL LÓPEZ , casado, 37 anos ,  vivían con el  3 fillos e 2 fillas  todos menores (  7 persoas )

38.- PEDRO VÁZQUEZ, casado, 58 anos,  tiña  1 fillo maior e 2 fillas (  5 persoas )

39.- ROSA VALCARCE , viuva, tiña con ela unha  criada  (  2 persoas )

40. -  SANTIAGO DÍAZ "DUQUÉS", casado, maior dos 60 anos,  estaban con el o seu xenro MARTIÑO LÓPEZ, casado, 1 fillo menor, 1 filla e 3 netos menores (  9 persoas )

41.- BENITA ARIAS , pobre, solteira, 55 anos

42.- ANTONIO DÍAZ , casado, 32 anos,  tiña 1 fillo menor  ( 3 persoas )

43.- BENITA DE LA PEÑA, tiña con ela, 2 fillos menores e 2 fillas ( 5 persoas )

44.- MARÍA GONZÁLEZ , viuva, tiña un fillo maior ( 2 persoas )

45.-  MARÍA LÓPEZ,  viuva-. Estaban na súa casa o seu xenro,  AMARO GARCÍA., de 33 anos, 1 filla , 1 neto menor e 2 netas menores ( 6 persoas ).,

                              Persoal leigo  : 208 

  Total fregueses de Santa Mariña de  Sárria: Eclesiásticos e convivintes  ( 10 ). Persoal leigo:(  208  ) : 218 habitantes

Residentes na Vila:   Parroquia de San Salvador (  127   ). Parroquia de Santa Mariña ( 218) .- Total  : 345 habitantes

                        



                




 

Comentarios

Publicacións populares