ANTONIO PÁRAMO SÁNCHEZ: ALCALDE DE SÁRRIA ( 1936 ) ( 530 )
ANTONIO PÁRAMO SÁNCHEZ : ALCALDE DE SÁRRIA ( 1936) ( 531 )
A RECUPERACIÓN DA NORMALIDADE: O REMATE DA OCULTACIÓN VIVIDA ENTRE O 20 DE XULLO DE 1936 E O 27 DE XANEIRO DE 1949.
ANTONIO PÁRAMO SÁNCHEZ ., avogado, veciño de Sárria, membro da Familia Vento, foi alcalde de Sárria dende o mes de febreiro de 1936 até as primeiras horas da madrugada do día 21 de xullo. cando se viu forzado a abandoar a Casa do Concello, permanecen fuxido até o día 1 de xaneiro de 1949, agochado en casas de coñecidos de confianza na terra do Saviñao.
Reincorporación á vida normal ao amparo de indulto.
O día 12 de maio de 1949 dirixiu a seguinte petición ao Capitán Xeneral da VIII Rexión Militar:
" Excmo. Sr.
ANTONIO PÁRAMO SÁNCHEZ, natural de Sárria e viciño de Lugo. con domicilio en Xeneral Mola 19. ,de 36 anos de idade, solteiro, avogado, da forma máis reverente á Vª Eª expón.
Que achándose no estranxeiro como exiliado político solicitóu da Comisión de Repatriación lle fosem concedidos os beneficios do indulto que o Goberno de España concedéu por Decreto de 9 de Outubro de 1945, prorrogado sucesivamente aos españóis exiliados .
E a Comisión de Repatriación accedendo ao solicitado, acordóu admisión do expnente en España-
Facendo uso destes beneficios tornóu á Patria o 27 de xaneiro do ano en curso.
Xa en España, tivo coñecemento de que polo Xulgado Militar de Lugo, se inicióu a instrución do sumario nº 909 /36 polo posible delito de rebelión militar , sumario que non chegóu a conclusión por se achar o expoñente no estranxeiro,
E convíndolle ao expoñente a contiuación da tramitación do sumario para legalizar de forma definitiva a súa situación.
SUPLICA A Vª Eª, teña a ben ordenar a continuación da tramitación do sumario nº 909/ 36 que o Xulgado de Lugo inicióu contra Amtonio Páramo Sánchez polo suposto delito de rebelión militar.
É graza que agarda alcanzar da notoria rectitude da Vª Eª cuxa vida garde Deus moitos anos.
A Coruña, 13 de Maio de 1949
Antonio Páramo Sánchez
O Xulgado Militar Eventual nº 2 da Praza de Lugo, en 28 de maio de 1949, dirixiu escrito ao Alcalde de Sárria, no que dicía: Rogo a Vde. que informe á brevidade posible, conduta que obsevaba e da que goza en todos os ordes, moral, pública e privada, así como a politica social, tanto antes de desaparecer do seu domicilio como actualmente o paisán desa Vila ANTONIO PÁRAMO SÁNCHEZ, fillo de André e de Consuelo , Avogado, así como se coñece teña cometido algún acto delictivo contra as propiedades e persoas ao estalar o glorioso Movemento Naciona. Deus garde a Vde. moitos anos .Lugo 28 de maio de 1949. O Comandante Xuiz Instrutor. Xosé Somoza.- Señor Alcalde do Concello de Sárria".
O Alcalde de Sárria deu en 8 de xuño de 1949 a seguinte resposta: " Correspondendo ao seu oficio de 28 de maio pasado , no que se solicita informe encol da conduta que observaba e da que goza en todos os ordes , moral, pública e privada, así como politica-social de DON ANTONIO PÁRAMO SÁNCHEZ.
" Esta Alcaldía non ten ningún reparo que opoñer á conduta ouservada por DON ANTONIO PÁRAMO SÁNCHEZ antes de desaparecer do seu domicilio como na actualidade ".
" No suposto político social , é sobexamente coñecida a súa actuación como Alcalde ao comezo do Glorioso Movemento Nacional . As súas torpezas , máis que delictos, aínda que ás o parecesen, foron consecuencia dun enfonchamento por parte de masas incultas que o afagaban , de poucos anos para formar xuizo e intelixenza pouco esperta para discernir. Deus garde a Vde. moitos anos. Sárria, 8 de Xuño de 1949.- O Alcalde .- Sr Xuiz do Xulgado Militar Eventual da Praza nº 2 de Lugo".
( Aínda que a nivel popular nos anos que permaneceu fuxido se falóu de que permanecera oculto no Convento da Mercé de Sárria,. ou no Mosteiro de Samos, e tamén que moraba en Portugal, os datos contrastado sitúano maiormente en casas de confianza no concello do Saviñao ).
A repatriación e entrada en España deberán ser obxecto de investigación , xa que en principio ese trámite parece ser froito de táctica ben meditada para evitar que poideran verse perxudicadas e xudicializadas as familias que o tiveron agochado 12 anos , 6 meses e 6 días.
Cando regularizóu a súa situación legal estableceuse como avogado en tivo actuación directa na razón social " Fillos de Antonio Sánchez" ( Casa de Vento ).
........................................................................................................................................................................
Comentarios
Publicar un comentario