FEIRAS ANTIGAS NAS TERRAS DE SÁRRIA ( 1795 ) ( 534 )
FEIRAS ANTIGAS NAS TERRAS DE SÁRRIA ( 1795 ) ( 534 )
Fonte : " Memorias politicas y económicas sobre Frutos, Comercio, Fábricas y Minas de España " ( Tomo XLIII ) Pesca, Monedas, Medidas, Mercados, Contribución y Comercio de Galicia ). Por Don Eugenio Larruga. Madrid ( en la Oficina de don Joseph Espinosa ) Año de MDCCXCVIII )
XURISDICIÓN DE SAN XOÁN DE PORTOMARÍN
( no actual Concello de Portomarín )
"... Na Vila e Xurisdición de San Xoán de Portomarín faise romaría e mercado o día 2 de febreiro en cada un ano, a onde concorren diversos mercaderes con panos e teas ; e comérciase nos máis xéneros comestibles de pan, carne, anguías , capóns e outras cousas desta calidade; cuxo mercado execútase por costume e devoción do glorioso San Brais, en cuxo día se celebra a súa festa sen outro previlexio".
XURISDICIÓN DE SAN XOÁN DE PORTOMARÍN
( no actual Concello do Páramo )
"... SANTIAGO DE SÁA DO PÁRAMO: " ... E da mesma sorte na Freguesía de Santiago de Sáa do Páramo da dita Xurisdición, e camiño real da verea de Lemos, faise o MARTES DE CADA SEMANA , mercado dos xéneros de viño, sal , peixe, centeo e outros desta calidade polos arrieiros e persoas que transitan e máis xente da contorna, introducido igoalmente por costume".
XURISDICIÓN DA VILA E MARQUESADO DE SÁRRIA
( Partido da Lobataira, no actual Concello de Sárria )
SANTA MARÍA DE VILAMAIOR DE PARADELA ( ou da Lobataira ) : "...Na Freguesía de Santa María de Vilamaior faise feira o DIA 15 DE CADA MES E O SEGUINTE 16; só concorren gados e cousas comestibles do país, e algúns mercaderes circunviciños con panos e teas, fábrica de Castela,cuxa feira hai moitos anos que se fai por costume e sen previlexio nengún que se saiba, nin de iso hai novas.."
XURISDICIÓN DA VILA E MARQUESADO DE SÁRRIA
( na Vila de Sárria )
SAN SALVADOR DE SÁRRIA: FEIRA DE ANO a carón da Fortaleza de Sárria, creada polos Reis Católicos en 1487, Celebrábase o 20 de marzo.
XURISDICIÓN DA VILA E MARQUESADO DE SÁRRIA
( Partido de Sobre da Riba , no Campo de San Lázaro )
SAN PEDRO DE MASIDE : No Campo da ermida de San Lázaro. Celebrábase o Domingo de Lázaro ou Domingo de Paixón , documentada cando menos no século XV.
XURISDICIÓN DE CEDRÓN
( actual Concello de Láncara )
SANTIAGO DE CEDRÓN: ".... En Cedrón e sitio chamado da ESFARRAPA , faise un mercado O DÍA 11 de cada mes polos naturáis , onde se venden bois e vacas , pan e viño e non outra cousa".
XURISDICIÓN DA ABADÍA DE SAMOS
( en Santiago de Barbadelo, no actual Concello de Sárria )
MERCADO DA SERRA : "... E tamén resulta que no MARTES DE CADA SEMANA se fai mercado no Campo que chaman da Serra".
XURISDICIÓN DA ABADÍA DE SAMOS
( en Carracedo, actual Concello de Láncara )
SAN VICENZO DE CARRACEDO: "... e outro na PONTE DE CARRACEDO , no que só se vende centeo co motivo do tránsito de arrieiros..."
XURISDICIÓN DA ABADÍA DE SAMOS
( no Campo da Cha de Santa Marta )
FEIRA DA CHA DE SANTA MARTA : ".... En Samos , en 23 DE FEBREIRO faise romaría a carón da ERMIDA DE SANTA MARTA, VAL DA ARMEÁ , a onde concorren algunhas tendas de mercancía e outros xéneros comestibles.
XURISDICIÓN DA ABADÍA DE SAMOS
( Monseiro, no actual Concello de Láncara )
SAN MIGUEL DE MONSEIRO : "....En 29 DE SETEMBRO faise a romaría de San Miguel, en Monseiro, na que, o mesmo que nas anteriores, concorren algúns prateiros de Lugo a venderen algunha obra.
XURISDICIÓN DA ABADÍA DE SAMOS
( Campo de San Fraiz- Val do Mao, no actual Concello do Incio )
SANTA MARÍA DO MAO : ".... E en día 15 DE MAIO , outra a onde chaman SAN FRAIZ.
XURISDICIÓN DE TRIACASTELA
( Santiago de Triacastela )
NA VILA DE TRIACASTELA: ".... O DÍA 28 DE CADA MES faise feira , que a principiaorn os naturáis en 1727 ; só concorren algúns gados maiores, sal, zapatos , pan, viño e outros xéneros comestibles".
XURISDICIÓN DE RENDAR E SIRGUEIROS
( no actual Concello do Incio )
" EN RENDAR E SIRGUEIROS en 1730 principiou unha feira O DÍA 21 DE CADA MES , que se compoñía dalgfún gado, manteigas e outros xéneros do país ; extinguiuse no ano 1731 a pedimento do Fiscal da Súa Maxestad" "
XURISDICIÓN DE RENDAR E SIRGUEIROS
( no actual Concello do Incio )
CRUZ DO INCIO.- ".... despóis volveu a se incorporar no sitio que chaman da CRUZ DO INCIO , en curto número de persoas.
XURISDICIÓN DA VILA DE LAIOSA
( no actual Concello do Incio )
SAN MARTIÑO DE LAIOSA.- ".... En Laiosa A CARÓN DA IGREXA , co motivo dunha Confraría . concorre algunha xente do país , a cuxo concurso chaman FEIRÓN , sen que poida dar razón se prencipióu por previlexio ou de costume dos viciños".
( "--- e tamén consta que no Couto de Sober, que anda co de Laiosa, fan unha feira na Freguesía de San Martiño de Arroxo a 12 de cada mes , que principióu en 1726 )
XURISDICIÓN DE PARADELA
( no actual Concello de Paradela )
SANTA MARÍA DE CASTRO DE REI DE LEMOS.- ".... Na Xurisdición de Paradela e na Fruguesía e Couto de Santa María de Castro de Rei , que é dos monxes bernardos de Santa María de Montederramo, faise feira o PRIMEIRO DÍA DE CADA MES , sen que se poida dicir se hai faculdade ou é por costume.
***********************************************************************************
INFORME DE LUCAS LABRADA ( 1804 )
FEIRAS DE MES
DIA 3.- En Castro de Rei de Lemos ( Mosteiro Vello ) gado vacún, gra, teas.
DIA 6.- En Laiosa, gado vacún.
Día 11.- Na Esfarrapa, gado vacún,
Día 15.- Feira de Paradela ( No Campo do Palacio- Vilamaior )
Día 24.- En Láncara. gado vacún e outros produtos.
Día 28.- En Triacastela, gado vacún e outros produtos.
FEIRAS DE ANO
3 DE FEBREIRO : En San Xoán de Portomarín : carnes salgadas, xamóns e línguas,
23 DE FEBREIRO : Santa Marta de Mourillón: fabas e centeo ( Cha de Santa Marta )
*******************************************************************************
FEIRA DO PÁRAMO ( 1851 )
XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA DE SÁRRIA
" Carlos Sabino Iglesia e Sabino Tre, foron arrestados na feira do Páramo, por furto que executaron de 159 reáis a Domingos González. Da causa que sobre deste delito estóu instruindo. aparecen indicios de que son ladróns en gabela, xa por seren decoñecidos, xa porque ocultan as súas veciñanzas e residencia, xa porque teñen acento castelán. e a súa permanenza neste país é sospeitosa, e xa porque despois de que cometeron o furto se axuntaron a outro home que cubría cunha capa cor parda ou castaña.sombreiro calañéz, borceguís e pantalón de cor.e montaba un cabalo negro, sen que se poidesen averiguar máis señas. pois cando ao arresto dos enriba ditos marchóu da feira.
E resultando probas de que este home sexa compañeiro do Iglesia e Tre, exorto en forma ás autoridades das provincias de Galicia , para que se servan procurar a súa captura e remisión a este tribunal con seguridade.
Sárria, 24 de marzo de 1851
Gregorio M. Couceiro
**************************************************************************************
Comentarios
Publicar un comentario