MATIAS LÓPEZ LÓPEZ : FAMILIA ( 533 )
MATÍAS LÓPEZ LÓPEZ ( 1825 / 1891 ) ( 533 )
Fillo Predileto de Sárria . Naceu en Sárria, na parroquia de Santa Mariña de Sárria, o día 17 de maio de 1825. Foi bautizado o seguinte día 18. Na acta de bautismo figura, con evidente erro, como avó materno seu "Lázaro López " , que casara con Rosa López, e deste matrimonio non houbo fillos. Foi declarado Fillo Predileto de Sárria.
A casa nadal , con frenteiras ao Calellón da Igrexa ( Travesa da Igrexa ) e Rúa do Arrabaldo ( Rúa Maior ) pertencía a un membro da Familia Moreno afincada e Madrid, e foi adquirida andando o tempo por un descendente de Matías López e segue en mans de persoas da Familia Oñate. En 1884 inauguróu a "Villa Andrea " que pasóu a ser a casa familiar. En 1888 déronlle o nome de Rúa Matías López ao treito da estrada de Valdeorras entre o Cruce do Avenida e a Corga de Formigueiros. Nas Escolas Públicas ( actual Casa da Cultura entre 1896 e 1975 estivo en funcionamento o Grupo Escolar "Matías López". Na Casa do Concello e na Casa da Cultura hai retratos deste grande benfeitor sarriao.
PAIS
FRANCISCO LÓPEZ RIVAS " MORENO " , natural de Sárria, fillo de Xosé López e Xoana Rivas. Faleceu o día 1 de setembro de 1873, á idade de 90 anos. Na acta de defunción consta que deixóu catro fillos: Matías ( casado, accidentalmente na vila ), Manuela ( casada ), Fernando e Xoana ( defuntos ).
Outorgou testamento o 24 de agosto de 1873 , perante o notario de Sárria Xoán López Yáñez , no que consta que tivo por fillos a Matías e Manuela, casados, e a Xoana e Fernando, falecidos. " "Que Manuela e o seu marido Xosé Vázquez , coa superabundante axuda de Matías , coidároino, coidan e gobernan, como bos e amantes fillos". "Declara que a súa filla Manuela e o seu xenro Xosé fixeron diferentes adquisicións de bens urbáns e rústicos e as están a facer debido todo ao seu traballo , industria e privacións , e por máis que como pai viva na compaña dos mesmos, ningunha participación lle cabe niso, nin no máis que adquiran , por ser todo con cabdal privativo dos mesmos.
DOMINGA LÓPEZ, natural de Fontemaior, parroquia de Ssn Salvador da Pinza, filla de María Rosa López. Faleceu o 3 de setembro de 1844. Na acta de enterramento consta que " deixóu por fillos a Matías, Fernando, Xoana e Manuela. Asistiron ao seu funeral oito curas e enterrouse no cemiterio desta vila"
IRMÁNS
MARIA ( XOANA ) LÓPEZ LÓPEZ, natural de Santa Mariña de Sárria, nada o 2 de xuño de 1911. Foi bautizada o seguinte día 4 , e na acta de bautismo figura como avó materno figura un " Domingos López " . En realidade foi o seu avó Antonio Rodríguez, que non chegóu a casar con Rosa López.
( Estableceuse en Madrid )
MANUELA LÓPEZ LÓPEZ, natural de Santa Mariña de Sárria, nada o 23 de xaneiro de 1815, Foi bautizada o seguinte día 25, e na acta de bautismo faise figurar que é neta de Rosa López " moza solteira " sen identificar ao avó.
( Casou en Santa Mariña de Sárria con Xosé Vázquez , carpinteiro, de San Pedro de Froián ). A rama dela derivada transmitiu aos seus descendentes o nome familiar " Moreno" que segue vivo )
FERNANDO LÓPEZ LÓPEZ, natural de Santa Mariña de Sárria, nado o 22 de febreiro de 1819. Foi bautizado o seguinte día 24 , e na acta de bautismo fíxose figurar como avó materno a " Lázaro López ", quen en estado de viuvo casara con Rosa López, sen que deste matrimonio quedase fillo ningún.
( Asentóu en Madrid , onde foi militar )
AVÓS PATERNOS
XOSE LÓPEZ MORENO , natural de Santa Mariña de Sárria. Pertencía á familia coñecida como " Os Moreno", da Rúa do Arrabaldo. Faleceu o 8 de decembro de 1804.
XOANA RIVAS, natural de San Salvador de Sárria, membro da familia coñecida como " Os Rivas "
AVÓS MATERNOS
PEDRO LÓPEZ RODRÍGUEZ , natural de A Pedreira, parroquia de Santiago da Laxe ( Couto de Tras Loio ) . Non casou con Rosa López. Era fillo de Antonio López e Xosefa Rodríguez.
MARÍA ROSA LÓPEZ, natural de Fontemaior, parroquia de San Salvador da Pinza ( Couto de San Salvador da Pinza ). Naceu o 8 de febreiro de 1858 e era filla de Xoán e Ánxela.
Rosa López casóu á idade de 47 anos con Lázaro López, viuvo de Antonia López , e non tiveron fillos. A voda celebrouse en San Salvador da Pinza o día 14 de outubro de 1805 . Lázaro López era viciño de San Miguel de Biville , e era fillo de Domingos e María
Faleceu o 14 de novembro de 1837, Foi enterrada o día 15 seguinte no adro da igrexa de San Salvador da Pinza.O seu irmán Manuel "mandou dicir dazaséis misas , delas tres cantadas, enterro, honras e cabodano, con catro reais de ofreenda e un responso en todas as dominicas do ano"
************************************************************************************
DESCENDENTES DE MATÍAS LÓPEZ LÓPEZ
MATÍAS LÓPEZ LÓPEZ casóu en Madrid con ANDREA DE ANDRÉS SÁNCHEZ
( I Marquesa de Casa López ). Título concedido polo Papa León XIII en 1896
Na súa memoria leva o nome de RÚA MARQUESA CASA LÓPEZ a vía que vai dende a Rúa Marqués de Ugena á Rúa da Liberdade, atravesando a Rúa Matías López. " Villa Andrea " , nesta última rúa e Praza da Vila lembra a esta Filla Adoptiva e Predileta de Sárria, a cuxa magnanimidade se debeu o HOSPITAL MUNICIPAL alzado no Barrio do Mazadoiro, no soar onde agora se alza a Residencia de Anciáns " Nosa Señora do Carme". Hai retratos seus na Casa do Concello e na Casa da Cultura.
Fillos
A ) MARÍA ASUNCIÓN LÓPEZ ANDRÉS ( * .05.1854 )
B ) ROSA LÓPEZ ANDRÉS ( * 31,08.1856 )
C ) MARÍA CARME LÓPEZ ANDRÉS ( * 14.02.1870 )
.............................................................................................................
FERNANDO LÓPEZ ANDRÉS ( * 4.09.1860, + ) Sin descendencia
PABLO LÓPEZ ANDRÉS ( * , + 28.05.1890 ) Sin descendencia
ANDRÉ LÓPEZ ANDRÉS ( * 22.04.1868 , + ) Sin descendencia
XULIANA LÓPEZ ANDRÉS ( * 2.05.1859 , + ) Sin descendencia
********************************************************************************
A) DESCENDIENTES DE MARÍA ASUNCIÓN LÓPEZ ANDRÉS ( II Marquesa de Casa López )
( Esta rama familiar non conservóu bens ou vínculos coa vila de Sárria )
MARÍA ASUNCIÓN LÓPEZ ANDRÉS casou con MANUEL DE CENDRA COMA, foi sucedida polo seu fillo Manuel de Cendra López.
MANUEL DE CENDRA LÓPEZ ( III Marqués de Casa López ) casou con CARLOTA FRIGOLA MUGUIRO, e tiveron os seguintes fillos: André de Cendra Frigola, Carlos de Cendra Frígola ( tivo oito fillos ), Carlota de Cendra Frígola ( tivo oito fillos ) e María de Cendra Frigola ( non tivo descendencia )
ANDRÉ DE CENDRA FRÍGOLA ( IV Marqués de Casa López ) , casou con CARME APARICIO PÉREZ DEL PULGAR., que tiveron por fillos a Manuel de Cendra Aparicio, Paloma de Cendra Aparicio , Xabier de Cendra Aparicio e André de Cendra Aparicio.
MANUEL DE CENDRA APARICIO ( V Marqués de Casa López )
***********************************************************************************
B ) DESCENDENTES DE ROSA LÓPEZ ANDRÉS
ROSA LÓPEZ ANDRÉS casou con XOSÉ OÑATE RUIZ, e tiveron por fillos a Xosé Oñate López , falecido de curta idade, e Matías Oñate López.
MATÍAS OÑATE LÓPEZ, Fillo Predileto de Sárria, casou con ANA MARÍA PRENDERGAST E BAENA ( Marquesa de Ugena ), que tiveron os seguintes fillos :
I .- MATIAS DE OÑATE PRENDERGAST. Casou con Patrocinio García de la Rasilla. Tiveron doce fillos´
1.- EDUARDO DE OÑATE GARCÍA DE LA RASILLA, que casóu con Paloma Calvín.
2.- TERESA DE OÑATE GARCÍA DE LA RASILLA ,
3.- ANA DE OÑATE GARCÍA DE LA RASILLA
4.- MATÍAS DE OÑATE GARCÍA DE LA RASILLA, casóu con Sabela Zapatero Molinero
5.- PILAR DE OÑATE GARCÍA DE LA RASILLA
6.- XOSÉ LUIS DE OÑATE GARCÍA DE LA RASILLA, casou con Paloma Alguero Borrás ( Marqués de Ugena ),
7.- MARÍA DE OÑATE GARCÍA DE LA RASILLA
8.- SABELA DE OÑATE GARCÍA DE LA RASILLA, casóu con Antonio Segoviano.
9.-.MERCÉ DE OÑATE GARCÍA DE LA RASILLA ( Marquesa de Villar de Ladrón )
10.- SOCORRO DE OÑATE GARCÍA DE LA RASILLA, casóu con Xosé Rico Camacho.
11.- BELÉN DE OÑATE GARCÍA DE LA RASILLA, casóu con Ignacio Rodríguez Losada
12,. IGNACIO DE OÑATE GARCÍA DE LA RASILLA, casóu con María Luisa López Santos
Matías Oñate López fundou a Capela da Nosa Señora do Perpetuo Socorro, con entrada pola Rúa Marquesa Casa López. o treito baixo da Rúa Maior e parte da Rúa do Porvir recibiron a denominación de Rúa Marqués de Ugena, entre a Rúa Benigno Quiroga e Rúa Pedro Saco, no ano 1958. Na Casa do Concello , na Galería de Sarriaos Ilustres , está un retrato seu. O abeto pinsapo que fora chantado no Parque de Villa Andrea ( Praza da Vila ) , cando el nacera foi tirado polo pé polo propietario da finca cando se coñecéu que o Concello pretendía converter a finca en espazo de uso público.
..................................................................................................................................................................
II.- ROSA MARÍA DE OÑATE PRENDERGAST ( Condesa de Gausa ) , casóu con Xoaquín Alcalde e García de la Infanta.Tiveron oito fillos:
1.- XOAQUÍN ALCALDE DE OÑATE ( Conde de Gausa )
2.- ROSA MARÍA ALCALDE DE OÑATE
3.- SABELA ALCALDE DE OÑATE
4.- FERNANDO ALCALDE DE OÑATE
5.- TEREIXA ALCALDE DE OÑATE
6.- MERCÉ ALCALDE DE OÑATE
7.- SANTIAGO ALCALDE DE OÑATE
8.- ANA MARÍA ALCALDE DE OÑATE
............................................................................................................................................................
III.-. EUXENIO DE OÑATE PRENDERGAST ( Conde de la Cimera ), casóu con María do Rosario Clemente de Diego e Largo. Tiveron dez fillos :
1.- MARÍA DO ROSARIO DE OÑATE CLEMENTE DE DIEGO, casóu con Santiago Carles Scals
2.- EUXENIO DE OÑATE CLEMENTE DE DIEGO, casóu con Elena Condulsas Sánchez
3.- MANUEL DE OÑATE CLEMENTE DE DIEGO, casóu María Tereixa Martínez de Goicoechea
4.- ANA DE OÑATE CLEMENTE DE DIEGO, casóu con Xosé Vélez García-Nieto
5.- ROSA MARÍA DE OÑATE CLEMENTE DE DIEGO, casóu con Xoán Carlos Mora Rubio
6.. BORXA DE OÑATE CLEMENTE DE DIEGO, casóu con Francisca Martínez Castejón
7.- ELENA DE OÑATE CLEMENTE DE DIEGO,
8.- XAIME DE OÑATE CLEMENTE DE DIEGO, casóu con Ana Rodríguez Pardo
9.- SABELA DE OÑATE CLEMENTE DE DIEGO, casóu con Estevo Alcalde Cazorla
10.- XOÁN MIGUEL DE OÑATE CLEMENTE DE DIEGO
...........................................................................................................................................................
IV .-. MARAVILLAS DE OÑATE PRENDERGAST , casóu con Xosé María Gullón Yturriaga, e tiveron seis fillos:
1.- MANUEL GULLÓN DE OÑATE ( Conde de Tepa )
2.- XOSÉ MARÍA GULLÓN DE OÑATE , casóu con Elsa Gralacos Gómez
3.- XOÁN IGNACIO GULLÓN DE OÑATE
4.- MARAVILLAS GULLÓN DE OÑATE , casóu con Manuel Cerrato Mosqueda
5.- FRANCISCO XABIER GULLÓN DE OÑATE, casóu con Mercé Navarro Martínez
6.- LUIS RAMÓN GULLÓN DE OÑATE, casóu con Sabela Padilla Huesa
.........................................................................................................................................................
V.- ELENA DE OÑATE PRENDERGAST , casóu con Enrique González de Heredia Garcés e tiveron seis fillos:
1.- ENRIQUE ALBERTO GONZÁLEZ DE HEREDIA E DE OÑATE ( Conde de Saceda )
2.- EDUARDO GONZÁLEZ DE HEREDIA E DE OÑATE
3.- FERNANDO GONZÁLEZ DE HEREDIA E DE OÑATE
4.- CARLOS GONZÁLEZ DE HEREDIA E DE OÑATE
5.- XABIER GONZÁLEZ DE HEREDIA E DE OÑATE
6..- ELENA GONZÁLEZ DE HEREDIA E DE OÑATE
............................................................................................................................................................
VI.- CARLOS DE OÑATE PRENDERGAST ( conde de Goyeneche ) , casóu con María Tereixa Díaz Prieto González Rotwosm e tiveron seis fillos:
1.- MACARENA DE OÑATE DÍAZ, casóu con Carlos Hazas
2.- TEREIXA DE OÑATE DÍAZ, casóu con Xosé A. Hazas
3.- ALICIA DE OÑATE DÍAZ, Xosé Luis Pancorbo de Rato
4.- CARLOS XOSÉ DE OÑATE DÍAZ , casóu con Pilar González
5.- SANTIAGO DE OÑATE DÍAZ, casóu con Cecilia Donate Laffite
6.- BETATRIZ DE OÑATE DÍAZ , casóu con Xaime Nafría
.............................................................................................................................................................
VII.- ANA MARÍA DE OÑATE PRENDERGAST, misioneira da Orde da Asunción en ÄFRICA ( Costa de Marfil e Burkina Faso ). Falecéu o 31 de marzo de 2020.
.....................................................................................................................................................
C ).- DESCENDENTES DE MARÍA DO CARME LÓPEZ DE ANDRÉS ( 14.02.1870 / 1945 9 , casoú con Euxenio Esteban Fernández del Pozo ( II Conde de Torrelaguna )
Comentarios
Publicar un comentario