O PARTIDO LIBERAL EN SÁRRIA ( 1890 ) ( 587 )

                             O PARTIDO LIBERAL EN SÁRRIA ( 1890 )                                  ( 587 )

( EL REGIONAL,  7.09. 1890 )

                                                             A  Provincia

                                                   O Partido Liberal en Sárria 

Tivemos  ocasión de  sabermos  que  á excitación  do Excmo.  Sr. Don Matías López e López, que  veranea na súa casa-hotel ( " Villa Andrea" ) da vila de Sárria  reuníronse  os afiliados na dita localidade  do partido liberal fusionistas  e aínda que moitos  se achan tamén ausentes  en distintos balnearios , cocorreron ao seu chamamento  os nosos queridos amigos  D. Manuel Díaz de Freijo, avogado,  propietario e deputado provincial, Don Euxenio Álvarez , propietario e comerciante,  Don Matías Vázquez López, propietario e comerciantes, Don Luis Carreira Carrete , propietario e comerciante,  Don Xoán Arias Limeses , fabricante de cortumes ,  Don Xusto Macía Vaamonde,  médico e deputado provincial ,  Don Antonio Sánchez Teijelo,  comerciante e propietario,  Don Luis Iglesias Labarta,  propietario, Don Xosé Antonio Gayoso , propietario e comerciante,  Don Manuel Saco Pradeda,  avogado,  Don Víctor Castro López , comerciante e propietario,  Don Antonio Saco Cedrón,  propietario,  Don Manuel Rivera Macía,  propietario e avogado,  Don Benigno Liz Carreira,  propietario e habilitado como actuario,  Don Manuel Peña Sánchez, farmacéutico,  Don Pedro Piñeiro Neira,  comerciante,  Don Xesús Rodríguez Guerra,  propietario e avogado,  Don Fernández, comerciante,  Don Hilario Valcarce Pérez,  avogado e actuario , don  Xoán López Acevedo,  notario ,  don Euxe nio Neira Solance ,  propietario e avogado  e don  Modesto Rivas Viñas,  propietario e procurador.

Unha vegada na casa do  noso distinguido amigo  Sr. López, despóis de facerlles saber ,  como tivera ocasión   de comunicárllelo na  súa convocatoria, o obxecto da reunión    era o de constituiren   un comité  liberal dinástico que propague  e sosteña  naquela vila, en todos os actos politicos  nos que os reunidos fosen chamados a intervirenm individual ou colectivamente , os principios  que  sustenta o Partido Liberal fusionista , do que é ilustre  e indiscutible   xefe  o Excmo. Sr. D. Práxedes  Mateo Sagasta, demostróu con  elocuentes frases  a necesidade de se asociaren   os que se inspiran   no tal credo politico , camiño sempre seguro para alcanzaren  o triunfo radical e completo dos principios liberáis  e o afianzamento dunha maneira  sólida e imperecedeira ,  en España  da verdadeira liberdade , que ao seu xuizo  consistiu  no respecto mutuo  de todos os dereitos.  Téndolle outorgado  por unanimidade  un voto de confianza  para que designe as persoas  que ao seu xuizo  deberían constituiren  a Xunta Direitiva  encargada da organización  dos traballos  políticos  naquel distrito , e unha vez  evacionado o seu cometido , foron elixidos  como o dito señor propuxera :

Para Presidente de Honra  o Excmo. Sr. D.  Práxedes Mateo Sagasta.                                                            Para  Presidente efectivo . D. Manuel Díaz de Freijo.                                                                                 Para Vicepresidente , D. Xusto Macía Vaamonde.                                                                                           E para Vogáis:  D. Euxenio Neira Solance,  D. Manuel Rivera Macía,  D. Hilario Valcarce Pérez,  D. Luis Iglesias Labarta,  D. Manuel Peña Sánchez ,  D. Víctor Castro López,  D. Matías Vázquez,  D. Modesto Rivas Viñas e D. Xoán López Acevedo , de Vogal Segredario  ; levantánose acta  que suscribiron  todos os concorrentes.  

Dámoslle  a máis cordial noraboa  ao noso querido  e distinguido amigo  Excmo, Sr. D. Matías López , pola súa iniciativa  en congregar, con  tan brillante suceso,  aos novos correlixionarios  de Sárria,  e non podemos   menos de exaltarmos  aos demáis   doutras localidades  porque, imitando o seu exemplo  dean públicas amostras   de que na nosa rexión   significa   e a importancia  que ten  o Partido Liberal  do que é adaíl  o distinguido  home de Estado  o Sr. Sagasta .

........................................................................................................................................................................


Comentarios

Publicacións populares