RIO SÁRRIA : NAS VOCES VARIAS ( 590 )
O RÍO SÁRRIA: NAS VOCES VARIAS ( 590 )
A XEITO DE INTRODUCIÓN.- Dixo o Padre Sarmiento en " Origen del nombre y Casa de San Julián de Samos.Monasterio de Benitos en Galicia;
" No Reino de Galicia nas abas occidentáis do Cebreiro case ás faldas do Monte Iribio está un estreito val , que está descoberto, por onde lle entra e lle sae o Río Sárria que atravesa a concavidade. ou o val dito. Neste val está situado o antiquísimo Mosteiro de San Xulián e Santa Basilisa de Sárria do Orde do Noso Pais San Bieito. É Abadía nullius Diocesis, etc".....
" O dito enténdese da Ribeira do Sil do Mediodía. Se se pasa ao lado do Norte ofrécese outro país que con non moito menos motivo se pode chamar, porque o foi, País Sagrado. No máis alto do Cebreiro nacen catro ríos pricipáis , que corren aos catro ventos por un fragosísimo país. O Cunavia ao Norte, o Valcarce a Oriente, o Lor a Mediodía , e o Sárria ao Poñente. En todo o país que abranguen eses ríos, e outros moitos, houbo moitos Mosteiros, que viñeron parar en Priorados".
" A maior parte delrd. ou estivrtpn. ou están aínda suxeitos a Samos, que está situado, como dixen , na beira do río Sárria , que ven esfragándose dende os Alpes, Cebreiro e Iribio. Samos foi como cabeza destes mosteiros".
En homenaxe á memoria do Padre Sarmiento recollemos a continuación un bon número de citas referidas ao RÍO SÁRRIA dende moitos séculos atrás.
************************
O río Sárria, até o século XVIII, aparece rexistrado como " ripa Sarrie ", " rivulo Sarrie", "amnis Sarrie ", río da Sárria ( río de la Sárria ) e Río Sárria e ven formado por numerosas fontes, carronzas e manantíos nos montes Iribio, Albela e Meda.
Aparece citado xa en documento do século VI , e deu o seu nome a un condado suevo, a unha terra , a un condado medieval, a seis parroquias , a un marquesado , a dous mosteiros, á Vilanova de Sárria, á Pobra de Sárria, á Vila de Sárria , a unha xurisdición, a un concello , a un partido xudicial e a diversas organizacións administrativas.
.................................................................
( TOMBO DE SAMOS, 18.06.1074 ).- Alfonso VI recoñece o Mosteiro de Barxa como propio do Mosteiro de Samos.
BARXA / CALVOR.- " Querela do abade Fromarico de Samos con Ero Peláe, meiriño do rei, pola propiedade do mosteiro de San Salvador de Barxa ( Calvor ) a carón do río Sárria".
...............................................................
HISTORIAS DE IDACIO ( 1634 )
SAMOS.- ".... e di que lles confirma as basílicas que de tempo antigo estaban fundadas perto do río Sárria adicadas a San Xulián, Santa Basilisa e Santa Eufemia".
.............................................................
CRÓNICA DEL REINO DE GALICIA ( 1736 ).- Juan Manuel de la Huerta.
MOSTEIRO DE SAMOS.-.... " A segunda é que di que o Mosteiro está fundado a carón do río Sárria, e un e outro é certo, porque o río pasa antes por Sárria ( sic ) e así ten ámbollosdous nomes" ( ¡¡)
,..........................................................
PADRE SARMIENTO: VIAXE A GALICIA ( 1745 ) .- O RÍO SÁRRIA
" Triacastela... " Pásase o río que ven da esquerda antes de " Tira Castela ", e se xunta co río Sárria , que baixa do Oribio ou Eribio . A surleste de "Tira Castella" vese o máis alto do Eribio e chámase Pena Soá".
" Samos.- No reino de Galicia nas caídas occidentáis do Cebreiro, case nas abas do Monte Oribio está un estreito val , que está descoberto, por onde entra e sae o Río Sárria , que atravesa a concavidade ou val dito".
" País Sagrado...." No máis alto do Cebreiro nacen catro ríos principáis , que corren aos catro ventos por un fragosísimo país: O Connavia ao Norte, o Valcárce a Oriente, o Lor, a Mediodía e o Sárria, a Poñente. En todo o país que abrazan estes ríos e outros moitos, houbo mosteiros que viñeron a parar en priorados".
( " Orixe do nome e casa de San Xulián de Samos, Mosteiro de Bieitos en Galicia " ( Padre Martín Sarmiento ).
*************
A RIBEIRA SAGRADA á que o monxe bieito frei Martín Sarmiento se refire, ao longo da bacía do río Sárria e demáis correntes que nel converxen, estivo formada polos seguintes mosteiros, que ao longo dos séculos floreceron nas Terras de Sárria :
1.- San Pedro do Ermo ( Triacastela ). 2.- Santiago de Renche. 3.- San Miguel de Montán. 4.- San Martiño de Lousada. 5.- San Xulián e Santa Basilisa de Samos. 6.- Santo Estevo de Calvor. 7.- San Salvador de Barxa. 8.- San Vicenzo de Froián. 9.- San Paio de Cesár. 10.- Santa María Madalena de Sárria. 11.- San Xacobe de Mortoláis ( Froián ). 12.- San Miguel de Piñeira. 13.- San Paio de Piñeira. 14.- San Xacobe de Barbadelo. 15.- San Martiño de Barbadelo. 16.- Santa María de Ortoá. 17.- San Salvador de Rosende ( Ou de Nespereira ). 18.- Santo Antoíño de Sárria ( Santo Antolíin de Toubille ). 19.- San Mateu de Vilapedre.
.............................................................................
HISTORIA DEL HOSPITAL DE IESU CHRISTO SANTIAGO ZEBEDEO , PATRÓN Y CAPITÁN GENERAL DE LAS ESPAÑAS ( Ferrer, 1755 ).
Tomóu nome " Sárria do río Sárria".
...................................................................
HISTORIA DE LA SANTA IGLESIA DE LUGO ( s. XI a XIII ).- Manuel Risco ( 1798 ).
"... O nome do pobo e do río Sárria lese moi repetido nos monumentos antigos do Bispado de Lugo . O pobo ten sido dende tempos remotos un dos principáis da Diocese, e polo tanto foi xa no tempo antigo titulado de Condado".
........................................................
( DESCRIPCIÓN GEOGNÓSTICA DEL REINO DE GALICIA, 1835 ) . Guillerme Schulz.
" O Val do río Neira separado do Val de Sárria por un lombao baixo e terreo mol, amosa o Neira se interna entre penas de granito e segue o seu curso isolado por espazo de dúas légoas antes de se reunir co Sárria ".... " A parte superior do Miño cos afluentes Chamoso, Tórdea, Neira e Sárria con moitos outros menores".
..................................................
( DIARIO DE SANTIAGO, 30.11.1848 ).- Estrada de Lugo a Quiroga.
A POBRA DE SAN XIAO / BETOTE.- Construción dos chanzos 4º e 5º da estrada de Lugo a Quiroga, que comprenden o espazo que media de A Pobra de San Xiao até a saída do Monte do Conde , con unha ponte riba do río Sárria.
..............................................................
CARTAS A MANUEL MURGUÍA ( 16.04.1866 )-
SOTO FREIRE.- " Esquecíaseme advertirlle que na descrición do país onde dí Miño , paréceme que debe dicir Sárria , pois é este río . o que atravesa o val deste nome. e por onde nós pasamos.Vexa vostede Madoz. "Sárria, partido xudicial".
...............................................................
( GALICIA MÉDICA, 1867 ).- José R. Rubial.
RÍO SÁRRIA .- 3ª Categoría.. " O Sárria é da mesma categoría".
......................................................
( BOLETIN OFICIAL DA PROVINCIA DE LUGO, 30.01.1875 ).- Achado dun cadáver.
VILAMBRÁN ( LÁNCARA ).- Achado o cadáver dun home de estatura regular , como de 35 a 40 anos, aparecido o día 13 no río Sárria no sitio chamado A Rega , en Santa María de Vilambrán".
...........................................................
( BOLETÍN OFICIAL DA PROVINCIA DE LUGO, 16.05.1876 ).- Pontón da Reza.
CÉLTIGOS / OLEIROS.- " Construcción por conta da Deputación Provincial dunha ponte riba do río Sárria , no Pontón da Reza".
............................................................
( LA ILUSTRACIÓN GALLEGA Y ASTURIANA , 10.03.1879 ) Afondimento do arco central da Ponte Ribeira.
A PONTE RIBEIRA ( SÁRRIA ).- " Ven de se producir o afondimenrto da ponte de pedra , sita riba do río Sárria, no camiño que vai desta vila a Samos e O Courel e no antigo Camiño Real de contino tránsito que comunica a Santiago e pobos intermedios co Bierzo e Castela, cortando largacías relacións comerciáis.
Por iso cremos debermos chamar a atención da Deputación Provincial , para que habilite provisoriamente a citada ponte de pedra riba do río Sárria , da que un dos seus arcos centráis afondiuse , mandándoo asegurar denates que se esborrallen os restantes e dispoña o seu reparo defintivo polos inmensos intereses que perxudica e largacías e amplas relacións que afecta , axuntándose deste xeito o esforzo posible de todos para combateren tan sensibles calamidades e remediaren a miseria pública deste país".
.................................
( BOLETIN OFICIAL DA PROVINCIA DE LUGO, 13 .11.1879 ) .- " 9º .- O expediente promovido por D. Tomé Cobos, contratista da estrada da Pobra de San Xiao a Portomarín , para que se declare caso de forza maior a chea do río Sárria na noite do 21 de febreiro pasado e lle satisfagan os perxuizos ocasionados por tal motivo"
....................................
( LA ILUSTRACIÓN GALLEGA Y ASTURIANA, 8.10.1880 ) .- O camiño de ferro entre a Pobra de San Xiao e Sárria.
A LIÑA FERROVIARIA.- " Bordea continamente as beiras do río Sárria entremedias de prados dese inefable verdor que só pinta a natureza e baixo da frondosa ramaxe dos bidueiros e castiñeiros que presta amenidade aos seus abertos vales poboados de multitude de aldeas , e atravesa o dito río en tres puntos por sólidas e elegantes pontes de 30 metros de luz con chanzos de ferro."
.....................................................................
( EL CORREO , 25.09.1880 ).- Remate das obras do camiño de ferro entre A Pobra de San Xiao e Sárria
A POBRA / SÁRRIA.- "... O treito agora rematado , e que será aberto cando se obteña a autorización do Sr. Ministro de Fomento cuxa concesión urxente lle suplico dende as columnas do seu ilustre diario, abrangue dende A Pobra de San Xiao até esta poboación , e prolonga 14 quilómetros a liña dende A Coruña, que mide agora unha lonxitude de 151 ; exténdese polas ribeiras do río Sárria , e percorre un país pouco accidentado , coberto de prados de admirable verdor e pola ramallada de mesto arboredo , formando unha das máis pintorescas paisaxe , que pola súa novidade e beleza poden excitar a admiración e sorpresa do viaxeiro".
..........................................................................
( DE PALENCIA A LA CORUÑA, 1883 ).- Ricardo Becerra de Bengoaga.
SÁRRIA.- " .... A Praza de Vista Alegre riba da Estrada de Lugo , entre novas edificacións , o parador e as fermosas ribeiras do Sárria". .............................................................
( EL LUCENSE, 17.10.1887 ).- Arranxos na Ponte de A Pobra / Agreimonde.
A POBRA DE SAN XIAO.- Subhasta das obras de arranxo da ponte riba do río Sárria, na estrada de Nadela a Quiroga, cun orzamento de 61,274, 48 pesetas .
...............................................................
( GALICIA. XEOGRAFÍA DESCRIPTIVA, 1891 ).- Angel Rubido.
SÁRRIA.- ".... fermoso val , fecundado polo río do seu nome.
................................................................................
( EL LUCENSE, 17.08.1891 ).- Solicitude de aproveitamento de augas para rega na Veiga de Sárria.
( SAN XULIÁN DA VEIGA / RUBÍN ).- Admisión de reclamacións cntra o aproveitamento de augas do río Sárria, que intenta don Nemesio Cobreros Cuevillas, en nome de don Galido Ferreiro Castro e outros para rega de 8 hectáreas e 19 áreas de terreo."
..............................................................
( EL REGIONAL, 08.01.1892 ). As augas ferras da Ribeira dos Cucos ( hoxe Praia do Chanto )
VILA DE SÁRRIA.- " Nas aforas da vila de Sárria , no punto enriba nomeado e na beira esquerda do río Sárria nace unha fonte de augas mineráis frías con caudal suficiente que polas súas características organolépticas podémolas considerar como ferruxinosas. Nos meses de verán acoden a tomar estas augas en bebidas van persoas da contorna contra a afección nas que se serven de augas desta índole.
O clima é temperado , o panoramo delicioso e a estancia agradable dabondo".
............................................................
( EL REGIONAL, 11.02.1892 ).- Presa da Veiga, en San Xulián da Veiga.
CASA DA VEIGA.- " Autorización a Nemesio Cobreros para o aproveitamento de 40,95 litros por segundo de augas do río Sárria na Presa da Veiga.
.........................................................
( EL CORREO GALLEGO, 16.07.1900 ).
CHEA NO RÍO SÁRRIA.- A consecuencia dun forte trebón de auga que descargóu o día 11 pola tarde, entre as vilas de Sárria e Samos, alcanzóu o río Sárria unha chea de dous e máis metros por riba do nivel ordinario, véndose baixar por el enormes trabes e madeiras procedentes cecáis de varias pontes arrastradas pola corrente, e ao tempo víronse algúns porcos, ovellas e colemas."
.............................................................................................................
( EL IDEAL GALLEGO, 26.07,1900 ).- Voda o Mosteiro de Samos- Familia Zaera.
FERRERÍA ( SAMOS ).- " Despóis das 10 da mañá , trasladáronse a pé tódalas perspas referidas ao inmediato pobo da Ferrería situado na beira do río Sárria -
Nun muiño fariñeiro ds propiedade do Sr. Zaera , algúns dos convidados adicáronse a pescaren tritas, que máis tarde foron desftutsdsd polos que ali se achaban".
...........................................................
( EL NORTE DE GALICIA, 4.06.1901 ).- Expropiación de fincas para facer a Ponte Nova.
( A POBRA DE SAN XIAO / AGREIMONDE ).- " Expropiación de tres fincas para facer a Ponte Nova riba do río Sárria, na estrada de Nadela a Quiroga".
.............................................................
( EL NORTE DE GALICIA, 1.08.1903 ).- Aproveitamento para producir enerxía eléctrica.
PRESA DO CANEIRO / VILAR DE SÁRRIA.- " Victor Castro López, fabricante de chocolate, pide autorización para cambiar o aproveitamento dunha presa e servirse de 400 litros por segundo do río Sárria no Caneiro ou Arca de Saco ( perto da Ponte Vella ) en San Salvador de Vilar de Sárria para forza motríz destinada á súa fábrica ".
......................................................
(EL NORTE DE GALICIA, 24.04.1906 ).- Pleito por un boqueixo aberto na Presa de Moreira.
MOSCÁN ( O PÀRAMO ).- " Pleito pola apertura dun boqueixo na presa de Moreira , no río Sárria, en A Acea- Moscán, para poñer unha roda e moa para afiar ferramentas de corte."
..............................................................
( EL NORTE DE GALICIA, 27.06.1906 ). Aproveitamento de augas para producir electricidade.
ACEAS DO CONDE ( FAFIÁN ).- " Solicitude de don Vicenzo Quiroga Vázquez do aproveitamento de 1.000 litros por segundo procedentes do río Sárria, con destino a forza motriz trasformable en enerxía eléctrica na Presa das Aceas do Conde, na parroquia de Fafián".
..............................................................
( LA IDEA MODERNA, 12.02.1908 ).- Pleito pola Presa de Perros.
PERROS ( CALVOR ).- Pleito interposto por Aurelio Sampedro Sánchez, contr a Real Orde do Minister-io de Fomento de 4 de outubro de 1907, recaído no expediente da presa denominada de Perros, sobre o río Sárria,"
.........................................................
( EL NORTE DE GALICIA, 9.07.1908 ).- Visita do Gobernador Civil ao Mosteiro de Samos. ( Emilio Tapia)
(A ESTRADA DE SÁRRIA A SAMOS ).-..." En menos de unha hora fíxose o percorrido ( en carro tirado por catro cabalos ) por unha estrada abeirada de carballeiras e soutos , nun val que a cada momento se estreita e se embelece máis cruzando tres veces o río Sárria, en paisaxes encantadas até a vila famosa polo Mosteiro, polos biscoitos e as rosquiñasm que se espalla en par da Abadía , con indiscutible creación dela".
................................................................
( EL NORTE DE GALICIA, 15.07.1909 ).- Dr. Ricardo Núñez Rodríguez.
( CÉLTIGOS )....." Ao quilómetro 402,800 hai camiños axeitados dende Láncara e dende o río Sárria, onde desde os dous distritos habería que facer unha ponte para estrada" ( Ponte da Reza ).
................................................................
( EL NORTE DE GALICIA, 27.09.1909 ) .- "Crónicas galaicas" , de Mn. Betoni Gobs.
( TEIGUÍN ) ....." Fermosa por riba de toda ponteración é a situación topográfica do pobo de Teiguín, distante dous quilómetros somente da Vila e Mosteiro de Samos, Situado nun vizoso val, cruzado por unha ampla estrada e regado polo manso e pacífico río Sárria, é Teiguín un deses pobos que tanto embelecen a nosa Galicia , e que a fan ser unha das rexións máis previlexiadas polos seus encantos e beleza natural."
.......................................................................
( LA IDEA MODERNA, 11.11.1909 ).- Aproveitamento de augas no Caneiro ou Arca de Saco.
VILAR DE SÁRRIA.- Expediente promovido por don Víctor Castro López para cambiar o aproveitamento de augas e derivar 400 litros por segundo, no río Sárria , con destino a forza motriz para a súa fábrica de chocolate".
..........................................................................
( EL PROGRESO, 25.12.1909 ).- Despóis da grande chea do río, Sárria sen auga potable .
VILA DE SÁRRIA.- " Onte careceron dun elemento tan importante como a auga potable por estar alagada tamén a única fonte importante que temos perto da vula , situada a carón da Ponte Ribeira, na beira do río Sárria que rebordóu".
............................................
( EL NORTE DE GALICIA, 31.12.1909 ).- A Veiga de Sárria asolagada. Ricardo Núñez Rodríguez.
A POBRA / A VEIGA DE SÁRRIA.- " Despóis da chea.- Como parecía que a estrada que se dirixe a Sárria aínda non estaba asolagada na Pobra, nos nosos cabalos, varios, entre eles o enxeneiro E. Keltoi, seguimola e deixándoa despóis tivemos á vista o río Sárria en toda a súa lonxitude até a vila do seu nome. As pontes non chegaban para tragar a masa líquida".
.............................................
( EL PROGRESO, 18.01.1910 ). Noria en Ribela.
FARBÁN.- " Solicitude de instalación na beira do río Sárria, en Ribela".
...........................................................................................
( EL NORTE DE GALICIA, 29.11.1911 ).- Proxecto para facer un camiño.
O PÁRAMO.- " Apertura de camiño en Moscán en Agreimonde ( Vilafiz ) na ribeira do río Sárria , dunha lonxitude de un quilómetro prósimamente".
...................................................................................
( EL NORTE DE GALICIA, 3.09.1912 ).- Xuizo de Faltas por uso de dinamita para pescar.
CITACIÓN.- " Citación a Xesús Barrio López para que compareza como denunciado por botar varios cartuchos de dinamita no río Sárria".
.....................................................................................
( EL NORTE DE GALICIA, 11.11.1912).- Proxecto de reconstrución da Ponte da Reza.
CÉLTIGOS / OLEIROS.- " Petición de aprobación do proxecto para refacer a Ponte da Reza , riba do río Sárria, cun orzamento de 4.051,24 pesetas da Deputación Provincial".
........................................................................
( BOLETÍN OFICIAL DA PROVINCIA DE LUGO, 28.03.1913 ).- Ponte de Perros.
PERROS / CALVOR.- " Reconstrucción da Ponte de Perros riba do río Sárria".
........................................................................
( EL PROGRESO, 3.09.1914 ).- Pescantíns con frisga en Manán.
MANÁN.- " O Xulgado Municipal de Sárria cita a Xosé Quiroga Pardo e sete individuos de Manán por pescar con frisga no río Sárria".
.........................................................
( LA VOZ DE LA VERDAD, 19.03.1915 ). Liña eléctrica do Toleiro a Sárria.
VILAR DE SÁRRIA.- "Antonio Martínez Rodrígue solicita autorización para establecer unha liña de transporte eléctrica dende a central establecida no Muiño do Toleiro, na marxe dereita do río Sárria, perto da Ponte de Ferro, na Estrada de Samos, para alumeado e outros usos na Vila de Sárria."
....................................................................................
( EL PROGRESO, 16.06.1918 ).- Veciño de Treilán morre afogado no río-
MUIÑO DO BARRIO/BETOTE.- " O día 14 aparecéu o cadáver de Manuel López Monteagudo, de Treilán , no Muiño do Barrio , río Sárria. A roupa deixáraa beira do río".
..............................................................................
( BOLETÍN OFICIAL DA PROVINCIA DE LUGO, 13.07.1920 ).- Monte de Costal Vello.
A POBRA DE SAN XIAO.- " Monte de Costal Vello, situado ao Norte da A Pobra de San Xiao . Estrema a Norte con propiedades da Pobra de San Xiao e camiño que do mesmo vai a Muro e Carracedo, a Leste, propiedades de San Xoán do Muro; Sur , con San Mamede e Ronfe Na marxe dereita do río Sárria; e ao Oeste co río Sárria e propiedades da Pobra de San Xiao ".
....................................................................
EL IDEAL GALLEGO, 5.10.1921 )
SAMOS.- " A 30 quilómetros de Lugo (sic ) e a 10 de Sárria , áchase a Vila de Samos , na beira do río Sárria en lugar monstruoso de fermosas perspectivas ",
.........................................................
( EL REGIONAL, 15.03.1924 ).- Falcatruada no río Sárria.
RONFE.- " Catro rapaces de Ronfe tiraron ao río Sárria tres años dun veciño , que resultaron afogados".
.........................................................
( Unha cita de Armando Cotarelo Valledor ; - " Afoso Gomes :...... Villa Nova de Sarria , situad a sul de Lugo, no riozinho do mesmo nome que leva as suas aguas ao Minho"....
........................................................................
( LA PROVINCIA, 25.03.1925 ).- Proxecto de estradas locáis.
Camiños.- " Da Escola de Santiago da Veiga pola Ponte da Veiga riba do río Sárria a Fonteabuín". " Camiño dende perto da Ponte de Frolláis riba do río Sárria a A Aguiada".
......................................................
( EL ECO DE GALICIA, 10.01.1926 ).- As Mámoas de Arxevide.
" Solicitan a creación dunha Comisión para estudar e descobrir as mámoas que existen na parroquia de Cesár, no punto coñecido por " As Modorras", perto do río Sárria."
..............................................................................................
( LA PROVINCIA, 30.06.1926 ).- Pesca furtiva.
AGREIMONDE / MOSCÁN.- Detención dun pescantín que andaba ás troitas no río Sárria con cinco nasas en tempo de veda".
...............................................
( LA VOZ DE LA VERDAD, 8.08.1926 ) .- Ponte da Vía en Penaboa.
PENABOA / VILAFIZ.- " Riba do río Sárria. Ao tempo que pasaba o tren os gardas de escolta observaron como uns rapaces tiraban un cartucho de dinamita para colleren peixes ".
...................................................
( LA PROVINCIA, EL REGIONAL, 10.09.1926 ). Accidente na Ponte Vella.
VILAR DE SÁRRIA.- Pasada a volta da Ponte Vella un ato cae no río Sárria, resultadno feridos dous rapaces viaxeiros que voltaban da Festa da Virxe dos Remedios ( Cesár )".
.......................................................................
( EL REGIONAL, 10.11.1926 ). - A Ponte Ribeira.
SÁRRIA.- Proxecto de reconstrucción da Ponte Ribeira, riba do río Sárria , no Camiño de Santiago, aprobado pola Comisión Provincial, 47 anos despóis do afundimento do arco central".
...............................................................
( LA PROVINCIA, 28.06.1927 ).- Pesca con veleño.
PESCADOR FURTIVO.- " Atestado contra Serafín López sorprendido pescando con veleño no río Sárria".
..............................................................
( EL REGIONAL, LA VOZ DE LA VERDAD, 28.06.1927 ). Pesca furtiva-
"Pescando sen licencia no río Sárria foi detido un mozo que tiña no seu poder 57 bolas de coca. Outro mozo fuxiu ".
................................................................
( EL REGIONAL, 18.07.1927 ).- Pesca con dinamita.
A POBRA DE SAN XIAO.- " Tres mozos da Pobra guindan ao río Sárria unha bomba de dinamita para coller peixes ".
...............................................................
( EL REGIONAL, 1.11.1927). Augas para rega,muiño e produción electricidade.
A REZA / CÉLTIGOS.- " Xesús Abad Lóez, solicita aproveitamento de 300 litros por segundo de augas derivadas do río Sárria para rega, un muiño e produción de electricidade".
..........................................................
( LA PROVINCIA, 3.11.1927 ). Muiños en Ronfe e Vilapedre.
RONFE / VILAPEDRE.- " Solicitude de Xosé Pérez López dun aproveitamento de augas para o Muiño de Ronfe, 500 litros por segundo. no río Sárria. para forza motriz". " Solicitude de Cándido López López , de San Miguel de Vilapedre, de aproveitamento de 388 litros por segundo, e 30 en estiaxe , procedentes do río Sárria para muiño, caneiro e producción de enerxía eléctrica".
..............................................................
( LA VOZ DE LA VERDAD, 29.12.1926 ).- Venda dun prado.
VILAR DE SÁRRIA.- " Venda do Prado das Ameneirizas de 1,70 hectáreas estremando co río Sárria"-
...............................................................
( LA VOZ DE LA VERDAD, 20.07.1927 ).- Pesca con dinamita.
A POBRA DE SAN XIAO.- Tres mozos botaron dous cartuchos de dinamita no río Sárria e colleron de 30 a 40 quilogramos de troitas".
.......................................................
( BOLETÍN OFICIAL DA PROVINCIA DE LUGO, 2.06.1929 ).- Finca na Veiga.
SANTIAGO DA VEIGA.- " Finca do Cortiñeiro , estrema a Norte co río Sárria ".
.................................................
( EL REGIONAL, 31.10.1929 ). Eléctrica da Reza.
A REZA / CÉLTIGOS.- " Autorización de liña de transporte de enerxía eléctrica dende a central sita no río Sárria na Reza ao pobo de Céltigos e aldeas de perto".
........................................................
( LA VOZ DE LA VERDAD, 7.02.1930 ).- Mosteiro de Calvor.
SANTO ESTEVO DE CALVOR.- " fundado con monxes ( de Samos) en 785 o Mosteiro Adilano na beira do río Sárria".
........................................................
( EL IDEAL GALLEGO, 25.07.1930 ).- A progresiva Sárria.
VAL DE SÁRRIA.- " Esmalta coa súa corrente de prata tan belisima paisaxe o río Sárria que rega e fertiliza o Val do seu nome".
.....................................................
( LA VOZ DE LA VERDAD,...09.1930 ).- Pesca furtiva.
VILAMBRÁN ( LÁNCARA ).- " Detido un veciño de Vilambrán por pesca ilícita con cartuchos de dinamita no río Sárria".
........................................
( LA V OZ DE LA VERDAD, 12.09.1930 ).- Pesca furtiva.
VILAMBRÁN ( LÁNCARA ).- " Dous mozos de Vilambrán fuxiron cando estaban a pescar no río Sárria empregando dinamita".
..........................................
( EL IDEAL GALLEGO, 24.06.1933 ).- Excursión coruñesa.
SAMOS.- Os Amantes do Campo.- ... " En paraxe silandeiro e moi pintoresco, perto do río Sárria, alza a súa inmensa mole un dos Mosteiros máis antigos que existen en Galicia, correspondente á Orde Bieita, o de Samos,"
.............................................................
( LA GACETA DE TENERIFE, 1.06.1934).- Luis Estremera.- " Una visita al Monasterio de Samos".
MOSTEIRO DE SAMOS.- "... Levántase o grandiso mosteiro de San Xulián de Samos, pertencente aos monxes da Orde de San Bieito. O río Sárria que bica un dos lados do edificio, non reborda como outros que pola súa grande opulencia teñen caudal dabondo que repartiren, nin avanza balbordante e fero por cusa da súa excesiva vitalidade como nun desprendimento xeneroso ao que non se lle concede importancia e unhas veces parécenos que canta , mais con voz apagada, feble e queixumenta , como sentindo a saudade do pulo dos verdadeiramente caudalosos ; e noutras ocasións figúrasenos que chora, cando as nubes ocultan o rutilante sol que nos é outorgado como o máis espléndido agasallo e hai intres nos que parece que reza despóis de darlle a aperta ao mosteiro, vanse alonxando as súas augas balbordantes como se recitasen un rosario de oracións".
.....................................................................
( EL PROGRESO, 17.02.1935 ).- Venda dunha casa na Rúa Diego Pazos.
VILA DE SÁRRIA.- " Venda dunha casa de nova construcción no Barrio da Ciguñeira, a carón do Banco da Coruña. 610 metros cadrados, soar con fondo no río Sárria".
.........................................................
( LA VOZ DE LA VERDAD, 21.06.1935 ).- Excursión catequística lucense.
SÁRRIA.- " Vistosa e apretada follaxe de choplos, bidueiros , castiñeiros e salgueiros choróns , orquestra o marmurio das trasparentes augas do río Sárria. Conxunto magnífico".
...........................................................................
( EL PROGRESO, 23.10.1935 ).- Orzamento adicional para as obras da Ponte da Reza.
CÉLTIGOS / OLEIROS.- " Formación de orzamento adicional das obras da Ponte da Reza riba do río Sárria ( en construcción ) para unilo por un lado ao Camiño de Sárria a Céltigos e polo outro co de Paxón de Carracedo á Ponte da Reza".
.......................................................
( HERALDO DE GALICIA, 10.08.1935 ).- A Veiga de Sárria.
VAL DE SÁRRIA.- " Poucas veigas tan pródigas en belezas como esta que forma o val do río Sárria alimentado de varios arroxos , procedentes da Meda e da Serra do Iribio".
..........................................................
( EL IDEAL GALLEGO, 23.07,1937 ).- Ponte da Reza
CÉLTIGOS / OLEIROS.- Recepción definitiva das obras da Ponte da Reza riba do río Sárria.
.............................................................
( EL PROGRESO, 31.12.1940 ).- Francisco Vázquez Saco. " Notas sueltas de tiempos viejos".
RIBEIRA DO SÁRRIA.- ... " Se en plea Idade Media non alcanzóu o nome e a importancia da famosa Ribeira Sagrada do Sil , hai que afirmar , porén, que as augas do río Sárria xuntaron os seus marmurios á salmodia severa dos monxes que poboaban un bon número de mosteiros edificados neste anaco de terra previlexiada."
...............................................................................
( EL ESPAÑOL, 27.11.1943 ).- J. P. Rodríguez . " La Real Abadía de Samos".
MOSTEIRO DE SAMOS.- " A mediodía bordéao , bicandóo por baixo, un arroxo cheo de troitas, aprendiz de río Sárria, e a Norte e Oriente abrázao a alta fita dun ramal de estrada de Sárria á xeral de Castela por Pedrafita do Cebreiro. Sárria, estación do camiño de ferro queda 13 quilómetros a NO e a 43, fío Norte, a capital de Lugo".
................................................................
( BOLETIN DA COMISIÓN PROVINCIAL DE MONUMENTOS DE LUGO , 10.1945 ) O camiño de Santiago no Val de Perros.
PERROS /CALVOR.- " Os peregrinos cruzaban o pequeno val bañado polo río Sárria no que aínda permanece o pazo dos Balboa Sarmiento, berce de Dona Clara, nai do famoso monxe bieiro frei Martín".
.......................................................................
( BOLETÍN OFICIAL DA PROVINCIA DE LUGO, 17.06.1948 ). Estremas de fincas.
SAN CRISTOVO DO REAL.- " Leiro da Pena de Arriba, estrema a Leste co río Sárria"." Arnado, estrema a Oeste co río Sárria". " Prado de Almirón, estrema estrema a Norte co río de Sárria. " Tras da Pena de Abaixo, a Leste estrema co río Sárria. " Lamela de Longueira, estrema a Norte co río Sárria"
.........................................................
( BOLETÍN OFICIAL DA PROVINCIA DE LUGO, 21.06. 1948 ).- Muiño de Pedrachantada.
FROLLÁIS.- " Aproveitamento de augas do río Sárria para o Muiño de Pedrachantada ( 2 rodas ) ".
................................................................
( LA NOCHE, 7.06.1950 ).- As Augas de Céltigos.
BALNEARIO DE CÉLTIGOS.- " Por esta Veiga , situada entre as estribacións dos montes Meda, Iribio e Faro do Páramo, serpentea o río Sárria no seu curso pintoresco cara o Neira e o Miño, constituindo unha paisaxe de bucólico soño,"
...................................................................................
(BOLETÍN OFICIAL DA PROVINCIA DE LUGO, 10.04.1953 ).- Presa das Barxas.
SAN MARTIÑO DO REAL ( SAMOS ).- " Aproveitamento dende tempo inmemorial da "Presa das Baraxas" , para rega de 2,24 hectáreas de prado".
" Aproveitanmento de augas do río Sárria na Presa de San Martiño para rega do Prado da Ponte e do Prado da Acea",
" Aproveitamento en Lastres ( Renche ) de augas do río Sárria para rega da finca Arxús".
...............................................
( BOLETÍN OFICIAL DA PROVINCIA DE LUGO, 13.08.1953 ).- Augas para muiño e rega.
SAN XULIÁN DA VEIGA.- " Concesión de augas do río Sárria para o Prado do Muiño e Prado da Pena".
..................................................................
( BOLETIN OFICIAL DA PROVINCIA DE LUGO, 26.05.1954 ) Petición do Abade Mitrado de Samos.
VILADETRÉS.- " O Abade Mitrado de Samos solicita aproveitamente de augas do río Sárria para muiño e rega de 65 áreas".
.......................................
( EL PROGRESO, 23.06.1954 ) .- Pregón dende as Ramblas. Sárria e as súas festas. Xosé M. Saavedra Sánchez.
RÍO SÁRRIA / A ILLA DA VEIGUIÑA .- " Veralo serpeando polo río Sárria cuxas augas, con insinuante borboriño , apreixan circundantes un anaco de terra , " A Illa" , de raro sabor campestre , unido ao resto do parque polo broche de dúas rústicas pontes baixo dos que as ninfas pentean os seus cabelos formados de raiolas de sol que a fronda peneira. A paz e acougo dos seus brazos apreixante como unha tentación na que caerás unha e outra vez."
( BOLETÍN OFICIAL DA PROVINCIA DE LUGO, 5.07.1954.- Rega do Cantón e Prado do Convento.
SAN MARTIÑO DO REAL.- " Aproveitamento de augas derivadas do río Sárria para rega do Cantón".
SAMOS.- " Aproveitamento de augas do río Sárria para rega do Prado do Convento".
................................................................
( BOLETIN OFICIAL DA PROVINCIA DE LUGO, 22.07.1954 ) . Encanamento.
SAMOS.- Encanamento complementario do río Sárria en Samos dende o Muiño pertencente á Abadía de Samos até 100 metros auga arriba da ponte da estrada de Samos a Viladetrés".
.................................................................
( EL PROGRESO, 27.07.1954 ).- A Capela do Salvador.
SAMOS.-...." sendo en conxunto un lugar eminentemente pintoresco e amenos, ensalzando o seu atractivo o río Sárria, que descorre a escasos metros da capela , que se agarda estexa moi concorrida o día primeiro, festividade do Bon Xesús."
...................................................
( BOLETÍN OFICIAL DA PROVINCIA DE LUGO, 5.03.1956 ).- Augas para rega.
SAMOS.- " Aproveitamento de augas do río Sárria para rega solicitado por Dores Valcárcel Toirán e Xosé Sánchez López e fillos".
...............................................
( BOLETÍN OFICIAL DA PROVINCIA DE LUGO, 2.06.1956 ). Auga para rega.
SAMOS.- " Aproveitamento de 4 litros por segundo de augas do río Sárria, para rega".
...............................................................
( BOLETIN OFICIAL DA PROVINCIA DE LUGO, 30.07.1956 ) - Muiño en San Cristovo do Real.
SAN CRISTOVO.- " Adquisición por prescrición inmemorial do aproveitamento de augas do río Sárria para dous muiños, augas arriba do camiño de carro que vai para San Xil do Carballo".
......................................................................................
( BOLETÍN OFICIAL DA PROVINCIA DE LUGO, 1.08.1956 ). Presa de Gorolfe.
SANTALLA DE PASCÁIS.- " Aproveitamento de augas do río Sárria , para muiño e rega en Gorolfe".
SOUTO BRAVO.- " Concesión de augas do río Sárria para rega de prados en 13 hectáreas"
.......................................................................................
( BOLETÍN OFICIAL DA PROVINCIA DE LUGO, 14.01.1957 ).- Rega en San Cristovo do Real.
SAN CRISTOVO DO REAL ( SAMOS ).- " Rega de Penapartida: Adquisición por prescrición inmemorial de aproveitamento de augas do río Sárria en San Cristovo a medio de presa".- " Almirón: Aproveitamento para 17 prados, por prescrición inmemorial , dende a Toma de Langoira , na Presa de Veiga do Campo".
( EL PROGRESO, 30.04.1958 ).- Aviso de perda.
FROLLÁIS /SAMOS.- "Perda dunha carteira pola beira do río Sárria entre a Ponte de Frolláis e a Ponte de Samos".
...........................................................................
( PUEBLO, 29.07.1958 ).- Mozo afogado no río.
SÁRRIA.- " Enrique Prado López morre afogado no río Sárria malia a ser axudado por Fabián García Sánchez , de Salamanca, e Alexandre López Sánchez, da Coruña, que non poideron evitar a súa morte".
..........................................................................
( LA REGIÓN, 29.07.1958 ).- Mozo afogado no río.
SÁRRIA.- " Cando Enrique Prado López, que non sabía nadar, se bañaba no río Sárria afogóu"
..............................................
( BOLETÍN OFICIAL DA PROVINCIA DE LUGO, 25.10.1958 ).- Muiño da Ponte Ribeira.
SÁRRIA.- " Aproveitamento dende tempo inmemorial de augas do río Sárria".
........................................................................................
( EL ESPAÑOL, 9.11.1958.- Sárria una manta verde bajo el cielo gris de Lugo.- María do Carme Parada López.
INSUAS DO RÍO.- " Os visitantes asiduos construiron hoteliños na beira dos ríos e mesmo nalgunhas insuas do río Sárria levantáronse na Natureza e entre ela viven".
.....................................................
(BOLETÍN OFICIAL DA PROVINCIA DE LUGO, 4.07.1959 ) .- Obras na Ponte dos Pasos.
LÁNCARA.- " A Deputación Provincial destina 40.000 pesetas para obras na Ponte dos Pasos, riba do río Sárria".
.........................................
( EL PROGRESO, 28.08. 1959 ).- Chea do río Sárria en Samos e Sárria.
SÁRRIA.- " A treboada presentouse acompañada de forte aparato eléctrico e abondosa chuvia que en pouco tempo fixo rebordar o río Sárria que ao seu paso pola vila do mesmo nome presentaba un fantástico aspecto chamando poderosamente a atención da veciñanza que axuntaba na zona da ponte que está onde acaba o pobo",
....................................................
( EL PUEBLO GALLEGO, 29.08,1959 ). Un neno morto e dous adultos arrastrados polas augas.
SAMOS.- " Un neno chamado Xosé Luis López, de 5 anos, resulta arrastrado pola corrente das augas até o río Sárria onde afogóu "..... " Cando pasamos por Sárria o río presentaba 3 metros por riba do seu nivel normal e 30 metros de larganza superior á normal". "Tamén resultaron mortos Xosé López, de 71 anos, e Filomena López López, de 75."
( EL PROGRESO, 8.11.1959 ).- Solta de alevíns.
MOSCÁN.- " Solta de 20.000 alevíns de troita no treito do río Sárria entre Moscám e A Pobra de San Xiao".
....................................................
( EL PUEBLO GALLEGO, 11.03.1960 ).- Couto de Pesca.
COUTO DE SAMOS.- " Couto de Samos, no río Sárria" ( Rivera Manso" ).
............................................
( LA NOCHE, 2.04.1960 ).- Termo municipal.
( SÁRRIA ).- " O termo municipal na súa maior parte está encadrado no Val do río Sárria e o resto no Val do río Loio".... " Os ríos Sárria e Loio".... " Actualmente forman coutos nos ríos Neira e Sárria",
..............................................................................
TOPONIMIA : " SÁRRIA, SAR E SARELA ( F. Calaza )
A repetida presenza das formacións " sar " , " sor ", " ser " e "sarr " no nome de moitos ríos fai pensar nunha antiga base " s ' r " relacionada coa auga, que para autores como J.Hubschmid é celta e significaría " xorrar ( auga ) " . Esta raiz , ou outra moi semellante parece ser a causante de topónimos como Sárria , parroquias, vila e concello , que tomóu o seu nome do seu río " ripa fluvii Sarrie " ou " na ribeira do río Sárria " nun documento do ano 1074 ( El Tumbo de San Julián de Samos, M. Lucas Álvarez ). Ademáis de Sárria temos o moi coñecido río Sar, que xunto co seu afluente o Sarela aparece citadono libro V do Códice Calixtino ( século XII ) " Inter duos fluvios, quorum unus uocator Sar , et alter Sarela ", Aparece o Sar en probas textuáis moito máis amtigas , así a coñecidísima cita de Mela ( século I ) "Sars decurrit juxta turrem Augusti," ou " " o Sar discorre até a torre de Augusto".
Deixando o famoso Sar de Padrón e Rosalía , hai outro río Sar no Concello do Pino ( A Coruña ), que proba a indudable vocación hidromínica e acuosa do topónimo . O mesmo pasa co hidónimo Sor , coñecido río galego da vertente Cantábrica, e Ser, corrente fluvial non tan coñecida que desemboca no Navia , sen esquecérmonos de moitos lugares chamados Sar, onde de seguro xorden pequenos efluvios ou manatíos , tamén Ambosores, parroquia onde nace o Sor a partir de dous ou ambos confluentes.
Fora de Galicia
Fora de Galicia achamos hidrónimos semellantes localizados en ocasións máis aló da área xeográfica dos celtas, o que posibilita o carácter precelta do tema " sar " . Así, entre outros moitos" dende os máis de perto aos máis remotos , temos Sarriá de Ter, municipio xironés situado beira do río Ter ; Sarre , río de Francia e Alemaña, afluente do Mosela ; Sarabat, nome que algúns dan aoao Gedis , rio da Anatolia ou Asia Menor; Sarysu e Saraka , ríos da URSS; Bhar Sara, río da República Centroafricana e do Chad ; Sarstun , rìo de Guatemala ; e Sarare, río de Colombia e Venezuela.
Palabras relacionadas co tema destes hidrónimos poden ser a francesa "source" , "fonte", "manantío", onde parece que adviñamos o soporte básico " s ' r " "xorrar " "manar " e a española "surgir" co siñificado de "aparecer " e "brotar". Outras voces cecáis emparetadas coa ampla familia dos hidrónimos Sar, que tamén de maneira tentativa , son as galegas " sarampelo " , " sarabullal" e " sarabullada " , cuxo siginficado de sarabullazo , erupción ou gromo ( cutáneo ) parece relacionado co de xorrar, agromar ou manar ( auga ) contido na activísima base " s ' r " que tamén parece estar presente no vocablo " surtidoe " - xorro de auga que xorde con forza .
.........................................................................................
( EL PROGRESO, 9.02.1961 ).- Couto de Samos.
SAMOS.- " Normas de aproveitamento do Couto de Samos, no río Sárria".
..................................................
EVOACIÓN E PAISAXE ( Por A. Peña Villamarín )
......." O val , case circular , dun diámetro de máis de seis quilómetros , extraña pola súa perfecta lisura e a case carencia de desnivel , recorda o fondo sedimentado dun lago que se disipóu por evaporación. Dúas arterias líquidas régano e fano fecundo. Dous pequenos ríos , Sárria e Celeiro , penetran tímidos por dúas pequenas fisuras, As Aceas e A Veiga. A eles débelles o val de Sárria a súa frondosidade e o seu valor cromático.
O Sárria, con maior caudal, é formal e serio. Nos seus primeiros pasos esprágase rebuldeiro dende Triacastela por Pena Partida. Nas súas carriozas e suaves baixadas críanse as máis preciadas troitas ; en Samos , impresionado pola mole do Mosteiro , encórase e beixa as súas plantas, fai ofrenda dos seus mellores peixes e retoma a súa inqueda viaxe. A Sárria chega canso e sen forz despóis de esgotalas facendo xirar os rodicios de tantos muiños.
O Celeiro , fachendoso, finchón e ameazador nos invernos , torturado pola súa estreitura na Veiga , onde a obriga de deixar paso ao antigo Camiño de Santiago, non sen antes cinguilo cunha ponte románica, e máis tarde - aínda non hai un século - a se compremer aínda máis para servir só de espello ás paralelas de ferro do ferrocarril , que o marcan , abáixase no estío, entre as frondas dos ulmeiros e só unha veta verde amosa que por alí pasa un río.
Ámbolos dous despóis de cumpriren a súa misión común, a de vivificar o campo , parece que queren arredarse, máis antes teñen que embelecelo . O Celeiro, máis frívolo , divídese unha e outra vez, volta a se axuntar formando varias illiñas que enmarcan polo norte o paraxe delicioso coñecido por AS INSUAS ( As Illas ) - aquí véxome obrigado a utilizar o manido tópico : verdadeiro parque natural de Sárria - hoxe a piques de desaparecer se o noso dignísimo Concello . con actitude loable , e co beneprácito de todos os sarriaos e sen reparar en sacrificios económicos , non tome o acordo de proceder á súa adquisición .
O Sárria achégase ás Insuas polo sur ; só umha vez se divide e reún, máis deixa entre os seus brazos de auga a máis fermosa , a máis ampla e a máis querida de todas as illas. A ILLA por antonomasia . Ali é onde tantos e tantos sarriaos , en horas felices e cheos de ilusión , deixamos grabada co gume dunha navalla, na códea tenra das árbores , o risco dun corazón que pecha a inicial da muller amada.
A illa é como unha fragata ancorada. mulido combés e amplo velame . Dous pontigos comunícana coas ribeiras . Fronte da súa durmida proa , o sol creba as súas luces no espello líquido de dous ríos que ali se xuntan definitivamente nun abrazo letal , para morrer no Neira e esluirse ni Miño, ruta cara o seu ocaso , o mar "............"
( Publicado no Libro Programa das Festas do San Xoán de Sárria, 1961 )
..........................................................
( BOLETÍN OFICIAL DA PROVINCIA DE LUGO, 12.09.1961 ).- Presa en Renche.
RENCHE ( SAMOS ).- " Aproveitamento de augas do río Sárria derivadas da " Presa da Veiga da Fonte de Renche ", para rega e dous muiños".
............................................................
( EL PROGRESO , 20.06.1962 ).- Club Fluvial de Sárria.
O CHANTO.- " Máis tarde contemplóu a obra do Club Fluvial que por iniciativa municipal está a xurdir na marxe esquerda do río Sárria , perto da vila". ( Ribeira dos Cucos ).
.............,............................................
( EL PROGRESO, 26.06.1962 ) .- Rega de prados en Frolláis.
FROLLÁIS ( SAMOS ).- " Aproveitamento de augas do río Sárria para rega do Prado Grande, Carballo e Campo en Frolláis".
......................................................
( EL PROGRESO, 12.01.1963 ).- Legalización dun muro de protección.
VILAR DE SÁRRIA.- " Xosé López López, de Vigo de Vilar de Sárria, solicita a legalización dun muro, na marxe dereita do río Sárria, para protexer unha finca da súa propiedade".
.............................................................
(BOLETÍN OFICIAL DA PROVINCIA DE LUGO, 13.03.1963 ).- Presa de Frolláis.
FROLLÁIS ( SAMOS ).- " Aproveitamento de augas do río Sárria na Presa de Frolláis, para rega de 20 fincas".
...........................................................
( EL PROGRESO, 28.05.1963.- Nova disposición dos Coutos de Pesca.
COUTO DA POBRA.- " Inclúe 8.000 metros do río Sárria ( O Páramo , Láncara e Sárria ).
.................................................
( EL PROGRESO, 18.06.1963 ).- Solta de alevíns de troitas.
PRIMEIRO TREITO DO COUTO.- Repoboación do esgotado Couto coa solta de 12.500 alevíns, no primeiro treito no río Sárria.
......................................................
( EL PROGRESO, 27.07.1963 ).- Euxenio Casimiro López López visita a Praia Fluvial.
O CHANTO/ RIBEIRA DOS CUCOS.- " Recorre a ribeira do río Sárria , facendo grandes eloxios da Praia Fluvial recentemente construida",
..................................................
( EL PROGRESO, 25.10.1963 ).- Proxecto de sustitución da plataforma da Ponte de Ferro/ O Toleiro.
SÁRRIA/ VILAR DE SÁRRIA.- " Aprobado o proxecto de sustitución da parte metálica da ponte riba do río Sárria , na Estrada LU-633, de Sárria a Samos.
.........................................
( EL PROGRESO, 22.11.1963 ).- Proxecto de regadio do Val de Sárria
SIVIL - ESTRAXIZ / VAL DE SÁRRIA.- " A superficie regable será dunhas 2.200 hectáreas , que están situadas na marxe dereita do río Sárria, e as 600 restantes na marxe esquerda do dito río"....." A segunda solución apunta á construcción dunha presa riba do río Sárria, perto do Castro de Mondín, termo municipal de Samos, parroquia de Santiago de Estraxiz".
............................................
( EL PUEBLO GALLEGO, 22.11.1963 ).- Regadío do Val de Sárria ( non realizado ).
VAL DE SÁRRIA/VEIGA DE SÁRRIA.- " Regadío do Val ou Veiga de Sárria. Efectuados os primeiros traballos chegouse á conclusión de que a superficie regable será de 2.800 hectáreas, das que 2.200 están situadas na marxe dereita do río Sárria, e as 600 restantes na esquerda do dito río, todas elas perto de Sárria , capitalidade do val. Para o encoro estudáronse tres solucións: A primeira delas refirse á construcción dunha presa de máis de 60 metros de altura; a segunda de 35 metros e a terceira de 40. Posiblemente se constrúa unha das dúas últimas".
...........................................................................................
( LA REGIÓN, 10.05.1964 ).- O letreiro " Río Sarriá".
.- " Hai pouco limos na prensa que en Sárria , ao río Sárria Obras Públicas lle puxeran un cartel colocado a carón da ponte, " Río Sarriá".
....................................................................................
( EL PROGRESO, 20.05.1964 ).- Sustitución do chanzo metálico da Ponte de Ferro.
SÁRRIA / VILAR DE SÁRRIA.- " Autorizada a realización por contratación direita das obras de fábrica especial , sustitución do chanzo metálico riba do río Sárria, estrada de Sárria a Samos, na provincia de Lugo".
.........................................................
( EL PROGRESO, 24.06.1964 ).- Festas do San Xoán.
VILA DE SÁRRIA.- " Sesión de fogos de artificio ao longo do río Sárria" ( Na Praia Fluvial do Chanto ).
..................................................
( LA NOCHE , 28.07.1964 ).- Obras no Camiño de Santiago- Rafael Vilaseca.
PONTE DE FERRO ( SÁRRIA ).- " Sustitución da ponte riba do río Sárria".
.........................................
( EL PROGRESO, 9.05.1965 ).- O Camiño de Santiago en Sárria. Antonio Peña Villamarín.
CAMIÑO DE SANTIAGO.- ....." A Bresa, Pintín, A Aguiada , San Pedro do Camiño, O Carballal, Vigo, cruza o río Sárria pola Ponte Vella (1 ) e entra no casco urbán. Hai que pensar que o río deu nome ao val e a vila tomouno deste".
.........................................................
( EL PROGRESO, 5.01.1966 ).- Traída de augas para Sárria-
VILA DE SÁRRIA.- " Que unha vez convencidos do grande fracaso da ampliación da auga da traída, que se toma do río Sárria , se lle dea outra solución . Xa está ben de pasarmos veráns coa auga racionada ( Villarabid )-
.................................
( EL PROGRESO, 26.06.1966 ).- A Praia Fluvial do Chanto.( Chao de Zarrido )
PARQUE DO CHANTO.- " A Praia conta con magníficas instalacións .O parque natural co que conta esta Praia do Chanto, situada na marxe esquerda do troiteiro río Sárria , ao seu paso pola capital do Municipio".
...........................................
( EL PROGRESO, 20.08.1966 ).- Regadío do Val de Sárria.
CASTRO DE MONDÍN / SIVIL.- " Explicáronlle ao Ministro o proxecto de regadío da Veiga de Sárria sobre unha extensión de 2.800 hectáreas, co establecemento dunha presa riba do río Sárria, perto do Castro de Montín , cunha altura de 35 metros por riba da madre do río".
..............................................
( EL PUEBLO GALLEGO, 20.08.1966 ).- Regadío do Val de Sárria.
REIRIZ / SIVIL.- " Construcción dunha presa riba do río Sárria de 36 metros de altura para regadío de 17.300 hectáreas".
..............................
( EL PROGRESO, 3.08.1967 ).- Previsión fronte ás enxurradas.
O RÍO SÁRRIA.- Foi favorablemente recibido o publicado nesta mesma sección no número de EL PROGRESO do pasado mércores encol de posibles enxurradas do citado río" ( VILLARABID ).
...............................
( EL PROGRESO, 2.06.1969 ).- Proxecto de encanamento do río Sárria na vila de Samos.
SAMOS.- " Decreto polo que se declara de urxente realización o proxecto modificado do encanamento do río Sárria en Samos".
...................................
( EL PROGRESO, 27.07.1969 ) .- As troitas do río Sárria.- Nota informativa de Víctor López Villarabid.
SÁRRIA.- " En máis dunha ocasión diexemos que o río Sárria aínda sen grande alarde publicitario está a resultar un río óptimo como troiteiro. Quixeramos comprobar o que pasaría se lle prestasen a atención que se lles dá a outros. Para ningué é un segredo a calildade das troitas dende Pena Partida á súa foz . Os seus tamaños non son grandes , dende logo, porén son sabrosas."
..........................
( BOLETÍN OFICIAL DA PROVINCIA DE LUGO, 31.10.1969 ).- Estación de Aforo.
RIO SÁRRIA.- " Sae a información pública a instalación dunha Estación de Afora no río Sárria, licitada pola Comisaría de Augas".
..........................................
( EL PROGRESO, 20.12.1969 ).- Arranxo da Estrada de Samos.
SAMOS.- " Que as obras de acondicionamento do río Sárria a carón da Estrada de Samos seguen o seu curso , sendo motivo de amplos comentarios , favorables sobre todo".
.................................................................
( EL PROGRESO, 21.04.1970 ).- O Chan do claustro do Mosteiro da Madalena. Xosé Trapero Pardo.
CLAUSTRO DA MADALENA .- A soleira do claustro conserva a súa traza primitiva, ordenando en ringleiras e debuxos os brancos coios de seixo sacados da madre do río Sárria e dos arroxos veciños".
.............................................................
( EL PROGRESO, 22.12.1970 ).- Caída ao río na Ponte de Agreimonde/ A Pobra de San Xiao.
PONTE DE AGREIMONDE / A POBRA DE SAN XIAO.- " Saída de veículo fora da estrada C-546 no quilómetro 13,500 , na volta da parte de riba Ponte de Agreimonde, con caída no río Sarria".
...........................................................
( EL PROGRESO, 3.03.1971 ) Ben-Cho-Sey critica o lema publicitario " Sárria, la Sevilla Gallega ".
A modo cos letreiros.-... " Sárria, la Sevilla Gallega". ... ¿ Que analoxía pode haber entre o río Sárria e o Guadalquivir como non sexa que os dous levan auga, máis limpa a de aquí ? ".
..............................................................
( LA RIOJA, 22.08.1971 ).- Bernabé Pertusa.
PRAIA FLUVIAL DO CHANTO.- " As cincuenta e nove tendas de campaña foron chantadas onte pola noite na beira do río Sárria, afluente do Miño ( sic ) entre unha manchea de choplos e salgueiros choróns."
.............................................................
( EL PROGRESO, 3.09.1971 ).- Acondicionamento do río no Toleiro.
O TOLEIRO.- Do acondicionamento do río Sárria ao seu paso polo Toleiro nunca máis se soubo. ¿ Por que ?. ¿ Ou é que aínda seguen os atrancos ?".
....................................................
( EL PROGRESO, 22.09.1971 ),. Encanamento do río Sárria.
O TOLEIRO.- " Parece que avanzan as posibilidades de que a obra de encanamento do río Sárria , ao seu paso polo Toleiro, axiña se reanuden. Agardamos que así sexa, polo ben da zona e da vila",
.........................................................
( EL PROGRESO, 10.03.1972 ).- Un neno ciclista cae no río Sárria.
A PONTE RIBEIRA.- Pablo López Fernández, neno de 10 anos, cae no río Sárria cando ía en bicicleta,
............................................................
( EL PROGRESO, 30.03.1972 ).- Abastecemento de auga para a vila de Sárria.
CONCELLO DE SÁRRIA.- Solicita da Comisaría de Augas do Norte de España a concesión de aproveitamento de augas do río Sárria con destino ao abastecemento de auga potable a esta vila.
...........................................................................
( EL PROGESO, 25.07.1972 ).- Fotografía da Presa do Chanto ).
PRAIA FLUVIAL DO CHANTO.- "Seguen a apareceren refrescantes perspectivas do río Sárria ao seu paso pola vila. A de hoxe entre dous típicos choplos convídanos ao baño, ou ben a seguirmos coa cámara ao carrelo para ollar outras de río abaiox , ou río arriba, segundo se dean as circunstancias ( Fotografía e Texto de Víctor López Villarabid ).
.........................................................
( EL PROGRESO, 10.08.1972 ).- Limpeza do río.
PRAIA FLUVIAL DO CHANTO.- " O río Sárria ao seu paso pola Praia do Chanto e as súas inmediacións xa está limpo, Bon labor levóu adiante o persoal do Concello nese tranco. Eran varios os anos nos que non se lle daba unha volta semellante. O panorama agora é totalmente distito tanto a unha beira como a outra o río.
......................................
( EL PROGRESO, 12.08.1972 ).- Aportacións para a compra de terreos para o Instituto.
PRADOS DE VILASANTE.- " Se sobrase diñeiro comprarase máis terreo achegándose ao río Sárria. o que podería traer consigo a unión da zona escolar coa Praia do Chanto e o futuro Polideporttivo".
................................................................
( EL PROGRESO, 19.08.1972 ).- Os antigos mosteiros medieváis.- Rogelio Reigosa Ferreiro.
RÍO SÁRRIA.- " ... Están suxeitos ao Mossteiro de Samos, Mosteiro situado na beira do río Sárria que ven despenado dende os Alpes Cebreiro e Iribio".
.............................................................
( EL PROGRESO, 18.02.1973 ).- Novo Hotel.
SÁRRIA.- O TOLEIRO.- " Un establecemento de hostalaría pode ser instalado perto do río Sárria e da Praia do Chanto".
............................................................
( EL PROGRESO, 12.06. 1973 ).- Plan de Obras de Interese Turístico.
MALECÓN .- " Concesión dunha subvención de 2.500.000 pesetas para a construcción do Malecón do río Sárria".
...............................................
( EL PROGRESO, 23.06.1973 ).- O río Sárria ( artigo de Víctor López Villarabid ).
SÁRRIA.- " Aínda non se coñece a ciencia certs se foi antes o río ou a vila de Sárria a que tomóu o nome de Sárria. Abondan máis os que se apuntan a que o río e ten o seu sentido. Moi antigos son os datos nos que figura o río Sárria dende Sárria á Pobra de San Xiao, que desemboca no Neira, figuróu sempre con este nome".
............................................
( EL PROGRESO, 26.06.1973 ).- Un mozo cae ao río.
AGREIMONDE / A POBRA.- " Un mozo tractorista ca ao río Sárria perto da Ponte de Agreimonde".
..........................................
( EL PROGRESO, 29.06.1973 ).- Novo edificio.
O TOLEIRO.- " Construcción dun novo edificio para pisos en venda perto do río Sárria, á altura da estrada de Samos".
....................................
( EL PROGRESO, 16.08.1973 ).- Sárria sobrepasa o río Sárria.
O TOLEIRO / VILAR DE SÁRRIA.- Os establecementos comerciáis xa se instalan máis aló do río Sárria. Unha importante moblería abrirá as súas portas na Estrada de Samos máis adiante da ponte".
....................................................................
( EL PROGRESO, 18.01.1974 ).- Camiño en Moscán ( O Pàramo).
MOSCÁN.- " Subvención de 100.000 pesetas para construción do " Camiño do Carballal " até o río Sárria".
..............................................................
( EL PROGRESO, 13.02.1974).- Couto de Pesca.
COUTO.- " O do río Sárria foi fraccionado en tres chanzos".
................................................
( EL PROGRESO, 21.04.1974 ).- Xornada de pesca.
RÍO SÁRRIA.- " A xornada de hoxe pode ser moi propicia para a pesca, Recibirá o río Sárria un bon número de pescadores de toda a provincia"....." Solta de alevíns de troita no Couto de Perros, no río Sárria"-
.............................................
( EL PROGRESO, 23.06.1974 ).- O nome do río Sárria. ( Víctor Villarabid ).
RÍO SÁRRIA.- " Moi antigos son os datos nos que figura o río Sárria dende Sárria á Pobra de San Xiao, e figura sempre con este nome".
...................................................
( EL PROGRESO, 25.06.1974 ).- Ríos de Sárria.
RÍO " MAZADOIRO".- " Figura o río Mazadoiro con 16,453 quilómetros de percorriso, vertendo ao río Sárria no seu punto quilométrico 39,479 pola súa marxe esquerda".
..............................................................
( BOLETÍN OFICIAL DA PROVINCIA DE LUGO, 16.10. 1974 ).- Voo de fita trasportadora de pedra caliza para a factoría cementeira do Oural.
CASTRONCÁN / PASCÁIS.- " Expropiación do vóo riba do río Sárria, finca nº 305 , para a instalación de fita trasportadora de pedra caliza, dende a canteira da Vilavella ( Triacastela ) e O Oural".
.....................................................
(EL PROGRESO, 18.01.1975 ). Lixo no río.
PONTE VELLA DE VILAR DE SÁRRIA.- " Dá pena ollar como un dos máis belos recantos do río Sárria se presente agora cheo de lixo".
..............................................................
( EL PROGRESO, 7.02.1975.- Cesión de terreos.
MALECÓN.- " Acordo municipal de cesión de terreos á Deputación Provincial para a construción do Malecón do río Sárria".
..................................................................
( EL PROGRESO, 20.03.1975 ).- O Malecón do Río Sárria.
VILA DE SÁRRIA.- " O pleno da Corporación Municipal de Sárria deu aprobación ao proxecto técnico para a obra de interese turístico " Malecón do Río Sárria" seleccionada pola Deputación Provincial. O orzamento da contrata daquelas obras é de 2.500.000 pesetas".
...........................................................
( EL PROGRESO, 1.04.1975 ).- Un afogado.
RIBEIRA DOS CUCOS /PACIOS.- " Luis López Vázquez morre afogado ao caer ao río Sárria cando ía en percura de auga a unha fonte."
..................................................
( BOLETÍN OFICIAL DA PROVINCIA DE LUGO, 6.04.1975 ).- Auga do río Sárria para a cementeira do eOural.
ACEA DE ARRIBA.- " Cementos Noroeste SA solicita a concesión de augas para a factoría do Oural, con aproveitamento diario de 8 horas a razón de 34,7 litros por segundo , tomadas do río Sárria na Volta do Monte de Vigo , nas Aceas. Estará dotada de pozo de aspiración e dúas motobombas eléctricas que por acueduto soterrado as elevarán ao depósito instalado perto do Castro de Teilonxe, en San Pedro de Froián".
( EL PROGRESO, 2 de abril de 1978 )
Recuperación de un topónimo : RÍO SÁRRIA
Por Luis Macía
En actas das I Xornadas de Metodoloxía Aplicada das Ciencias Históricas
.........................................................
( BOLETIN OFICIAL DA PROVINCIA DE LUGO, 20.12.1978 ).- Malecón do río Sárria.
SÁRRIA.- " Segundo orzamento reformado de prezos da obra Malecón do Río Sárria, con desglose para a primeira fase.
.........................................................
( EL ADELANTADO DE SEGOVIA, 2.05.1989 ) ( LA TRIBUNA DE ALBACETE, 3.05.1989) EFE
A BALSA ( TRIACASTELA ).- Ponte destruída.- " A ponte serve a un tempo para sal var as augas do Sárria, ramal Santalla, cometido que cumpría a ponte desfeita , que está dentro da ruta do Vello Camiño das peregrinacións a Santiago ".
..........................................................
( BOLETÍN OFICIAL DA PROVINCIA DE LUGO, 3.11.1980 ).- Malecón do Río Sárria.
SÁRRIA.- Expediente técnico da obra Malecón do río Sárria- 3ª fase".
........................................................
( PEREGRINO, 06.2002 ).- O río que pasa pola vila de Sárria chámase " Sárria".
RIO SÁRRIA.- O río que recorre os concellos de Triacastela. Samos, Sárria, Láncara e O Páramo..... " que non haxa dúbida o río que pasa pola lucense vila de Sárria chámase Sárria. O Concello de Sárria nunca aceptóu que lle mudaran o nome porque existía documentación dende o século IX onde xa era denominadao " fluvium Sarria", e agora a Xunta deulle a razón aos sarriaos."
......................................................
( PEREGRINO, 12.2004 ).- O acueduto do Mosteiro de Samos.
SAMOS.- " Da estrutura promitiva só quedaba en pé o arco que cruz o río Sárria que se sostén nos muros do Convento."
................................................
( PEREGRINO,02.2005 ).- Plans urbanisticos no Camiño de Santiago.
VILA DE SÁRRIA.- " " Urbanismo futuro.-.... non como unha ruta que atravesa a vila , senón que está na vila e darredor dos seus dous ríos Sárria e Celeiro cuxas ribeiras serán rehabilitadas . O Plan inclúe un parque temático na contorna da Torre da Fortaleza e unha grande área natural perto do cauce do río Sárria".
......................................................
( PEREGRINO, 06.2014 ).- Achado arqueolóxico .
PONTE RIBEIRA.- " Os traballos do encanamento do río Sárria que veñen desenvolvéndose en Sárria ( Lugo ) dende esta primavera, deixaron ao descoberto na pasada semana restos dun cuarto arco soterrado da Ponte Ribeira".
.......................................................
( PEREGRINO, 02.2015 ).- Pontillón do Toleiro.
VILA DE SÁRRIA.- Sárria estrenóu na mañá do 26 de decembro pasado o novo pontón peonil do Toleiro riba do río Sárria, despóis de nove meses de obras. O pontón é a primeira infrastrutura rematada do proxecto de encanamento do río Sárria."
........................................................
( PEREGRINO, 06.2018 ).- Pola reapertura da Ponte Ribeira.
VILA DE SÁRRIA.- " Unhas 300 persoas sairon o venres 27 de abril á rúa, en Sárria ( Lugo ) para reclamar a reapertura da Ponte Ribeira, riba do río Sárria, que leva cortada dende hai case catro anos.... ERa o treito máis recto polo que o Camiño de Santiago cruzaba o río Sárria e entrada na cidade".
..............................................
Comentarios
Publicar un comentario