ESTREMAS DO CONCELLO DE SÁRRIA ( 589 )

                              AS ESTREMAS  DO CONCELLO DE SÁRRIA                         ( 589 )

O Concello de Sárria estrema cos concellos de Láncara, Samos, O Incio, Paradela  e O Páramo. Son estremeiras as parroquias de  San Xulián da Veiga, Santa María de Corvelle, Santa Eufemia de Santo Antolín , San Pedro de Seteventos,  San Martiño de  Louseiro, Santo Estevo de Calvor, Santa María de Lier,  Santiago de Castelo dos Infantes,  San Salvador de Cesár, Santa María da Pena, San Martiño de Loureiro,  San Sadurniño de Froián, San Xulián de Chorente, Santiago de Nespereira, Santa María de Vilamaior, Santo André de  Paradela, San Salvador da Pinza, San Miguel de Biville, Santa María de Belante, San Miguel de Goián, San Miguel de Vilapedre, Santa María de Vilar e Santo Estevo  de  Lousadela. 

                             Identificación das parcelas catastráis  existentes nas estremas municipais,

( FONTEABUÍN )  A Candaira.-  Rebolos.-  Rebolas.-  Rebolos.-  Barredo Grande.- Cortellas ( 2 ).-  Rebolas.-  Cortellas ( 2 ).-  Prado da Fonte.-  Pontós.-" Camiño dos Rigueiros".-  Pontón Grande.- Castro.- Bouza.- Namelos,.  Bouza.- " Camiño da Fonte Morices".- Bouza.- Lama Redonda.- Barredo.- Fonte Morices.-  "Camiño de Fonte Morices".- Lama Redonda.-  Agriña.-  Carballeira da Agriña.-  Cha.- " "Camiño de Fonteabuín á Reboleira" ( A CHÁ DE SANTA MARTA ) Chá de Santa Marta.- " Camiño do Mourillón ".- Cha de Santa Marta.- Bouzallo.-  Cha de Santa Marta ( 2 ).-  Estrada Sárria-Becerreá ".-  Cha de Santa Marta  ( SETEVENTOS  Partillas ( 2 ),. Teixeira.- Monte.- Dungarel.-  Tourelle.- Agra.-  Leira de Pousada.- Tourelle.-  Pousada.-  Barredda ( 3 ).-  Arditeira ( 2 ).- Goimil de Arriba.-  Veiga.- Santa Bárbara.-" Estrada  LU P27 01 ".- Explotacións Mampar.-  Leira de Moretín.- Granxa.- Moreliña .- Devesa  ( LOUSEIRO )  Moretín,.  Granxa.-  Moretín ( 2 ).- " Camiño".- Navia ( 4 ).- "Estrada Louseiro- Toldaos".-  Prado do Couso ( 2 ).-  Aira Muiño ( 2 ) ( CALVOR )  Mouro ( 2 ).-  Prados do Couso.-   Castelos,. Monte do  Couso  ( 2 ).-  Castelo. -Entre as Augas.-  Cariza.- Castelo.-  Bouzallón.-  Fungadín.- Lourenzo.- "Camiño do Castelo".-  Lourenzo.- Cha.- Leiro Longo ( 2 ).-  Agra.- San Lourenzo .- Cruz,. San Lourenzo.- "Estrada Samos-Sárria".-  Seixas .- Caxín ( 2 ).- Seixas.-  San Pedro ( 2 ).-  Riba Grande de Abaixo.-  Agro da Carreira.-  Riba Grande.-  Agro da Carreira.-  Chan da Agra.-  Agro da Carreira.-  Agro de Chan da Forca.-  Chan da Forca,- Martiza.-  " Camiño de Estraxiz a Pintín".-  Castro do Medio".-  ",.  Carreira.- Castro ( 2 ).- "Estrada de Pintín a Estraxiz ".- Finca Áspora.-  Trala Devesa.-  Äspora.- Bouzallo.-  "Pista de Estraxiz".-  Valxivilín.-  Valxivilín de Abaixo ( 2 ).-  Lombán Largo ( 2 ).- Agro da Carreira ( 2 ).-  Leiro de Fabares.- Leira de Fabares.-  Poula.- " Camiño".-  Devesa de Fabares.- "Rego".- Portocelo.- Carreira.- Carril.-  "Camiño de Samos".-  Currelos.- " Río Sárria".- Prado Grande.-  " Camiño".-  Peizal.-  Monte Peizal.- Costa.- Costa de Sivil.- Santa Mariña.- Penedo da Coruxa  ( LIER ) Santa Mariña.-  Leira de Santa Mariña.-  Castro.- Casares.-  Queimadas ( 2 ).-  Castro.- Castro de Mondín.-  Castro ( 2 ).-  "Camiño Real".-  Leiro das Pedras.- Brea de Riba.-  Brea.-  Corta.- Brea do Albino.- " Camiño".- Cancela de Fora do Leiro.- Cancela.-  Leiro de Xunta Ferreira.-  Leira de Mondín.- "Camiño Real".-  Leiro do Camiño Real.-  Mourelle.-  Lubriz ( 3 ).- Lumbariz  ( 2 ).-  Pereira.-  Tesos do Reboiro ( 2 ).-  Espiñeiro.-  Teso do Reboiro.- Leiro do Alto (  2 ).-  Rei de Vilar.- Alto das Bouzas.-  Terra do Bouzao.-   Cruce das Bouzas.- " Pista de Mondín".-  Leiro do Alto ( 2  ).- Caldeira.-  Cardogas ( 2 ).-  Caldeira.-  Rozada ( 2 ).- Limeiro.- Rozada.- " Pista de Frolláis a Lier ",-  Calexós.-  Campo.- Cortiña.- Campo .-Río Sárria CASTELO DOS INFANTES  Lamela da Ponte.-  Griñal.- " Camiño de Frolláis a Castelo",.  Penelas.- "Estrada de Pedrafita a Vendas de Narón ".-  Cepo ( 4 ).-  " Camiño".- Leira ( 2 ).- " Río Sárria ".- Namela.-  CESÁR.- Leiro de Outeiro.-  Cortiña do Carballal.-  Agro.- Monte.-  Santa Clara ( 2 ).- Bouzallo.-  Chousa ( 2 ).-  Chousa de Cernada.-  Cernada,. Abiazo.- "Pista da Revolta das Penas ".- Devesa.-  Regueiro de Cais.-  Cernada ( 2 ).-  "Pista do San Cosme".-  Cernada ( 6 ).-  Cernada de Arriba,. Cernada ( 2 ).-  Chouza.-  Monte Salgueiro ( 2 ).-SANTA MARÍA DA PENA  Millo .- " Pista de Fondo de Vila".-  Monte do Millo.- " Camiño".-  Monte do Millo ( 2 ).-  Rozas.- Covalonga.- Liñariña ( 2 ).-  Chouso.- Paredes.-  "Rego das Chousas ou de Teivilide". -  Cascardí.-  Paredes.-  Cascardí ( 3 ).-  Mezur SAN MARTIÑO DE LOUREIRO Lopiño. - Veiga.-  Chousa.- Veiga.- Lespiño Rozada.-  Devesa Vella.-  Devesas.-  Cortiña Nova  ( 2 ).- " Pista de Vileiriz ".-  Souto.-  Souto Daquil Cabo. - Presiñas  ( 2 ) .- Casas de Presiñas.-  Devesa.- Presiñas.-  Ribeiras ( 3 ).-  Tras da Agra.-  Leira da Estaca.-  Tras Estaca de Arriba.- Tras da Estaca,. Parcerías.-  Tras da Nabega.-  Salgueiro.-  Parcerías.-  Tras da Estaca.-  " Pista de Suñide ".-  Bosque  ( 3 ).-  " Pista de  Suñide ".- Mazaira.-  " Estrada do Oural a Venda de Córneas ".- Leira da Vella.- Fócara.-  Pedreira.-  Espiñeira.-  Espiñeiro.-  Fornos ( 4 ).-  Carballido.- Venda.-  Val dos Teixos  ( 2 ),- Chousa.- Val de Xusto.- Val de Xusto de Arriba.- Val de Xusto ( 2 ).-  Riba do Vidueiro SERRA DE SANTA MARIÑA  Vistilleiro ( 11 ).-  Chousa.- Debaixo da Cortiña.- Xagoba  de Abaixo.-  Regata.- Castreliño.-  Regata.- Cstreliño.-  Xagoba de Arriba.-  Castreliño.- Xagoba.- " Camiño".- Monte.- Presa.-  "Camiño".-  Bouzallo de Arriba.-  "Camiño da  Escrita"  SANTA ICÍA   Monte.- Namelos.-  Agra Pequena  ( 3 ).- Leiro do Agro Pequeno.- " Pista de Viteses".-  Gorgolo.-  Agro Pequeno ( 2 ).- Souto de Vilar.- Nogueiras (  5 ).-  Barreiros.- Cortiña.- "Camiño".-  Barreiro.- Gorgolo.-  " Camiño de Viteses a Pacios".- Arroxo.-   Arroxo do Souto.- Travesa.- "Estrada de Pacios".-  Agro.- Sacodios.- " Camiño de Sacodios".-  Castañeira.-  " Camiño".-  Castañeira .- Rodixande.- "Estrada do Oural ao Incio".-  Rodexande.- Rodexando.-  Balsoiros.- Balsoeiro.-  Valsoeiros.- Balsoeiros .- Balsueiros.-  Cabreiras.-  Agra.-  Leira do Camiño.-  Leira do Pasadoiro.-  Tras do Castro.- " Camiño de Queixomarío".-  Castro ( 2 ).-  Devesa de Riba do Rego.-  " Camiño".-  SAN SADURNIÑO DE FROIÁN.  -  Louseiro ( 15 ).-  Loxeiro.-  Louseiro ( 2 ).-  Louseira .-  Louseiro ( 6 ).- Luseiro .- Louseiro ( 2 ).-  Serra de Louseiro.- Louseiro ( 7 ).-  " Camiño da Agra de Arriba".- Agro da Veiga.-  "Camiño da Agra de Arriba ".-  Serra ( 4 ).-  Pena ( 3 ).-  Serra.-  Pena ( 3 ).-  Serra ( 2 ).-  Pena ( 2 ).-  Serra ( 2 ).- Pena.- Serra ( 3 ).-  Pena.- Serra.-  Pena ( 2 ).-  Serra ( 3 ).- Batán.- " Camiño da Serra".- Batán.- Pena ( 2 ).- Agra de Arriba SERRA DE SAN SADURNIÑO / MONTE DO OURAL Serra ( 8 ).-  Pena ( 5 ).- Serra ( 4  ).- Capela do "Ermitaño".-  Serra ( 2 ).-  Pena ( 3 ).-  Serra ( 6 ).-  "Pista do Louseiro".-  Serra ( 2 ).- " Pista do Louseiro" .-  Serra ( 3 ).-  Devesas  O OURAL VELLO Agro.-  Rigueiro ( 2 ).-  Penela.-  Riba da Casa.- Leiro.-  " Camiño da Agra".-  Horto.- " Estrada Nadela a Ourense ".-  Lamelo.- " Camiño".- Namelo.-  Lagas.-  " Vía de Altas Prestacións Nadela- Monforte ".-  Devesa.- Augalevada ( 2 ).- Tras da Cortiña.-  Augalevada.- Penela.- Cimo dos Agros.- " Camiño da Agra ".-  "Camiño da Devesa".- Revolta ( 2 ).-  Borriqueiros ( 3 ).-  Lamas.-  " Rego de Lamachín"  SANGUÑEDO  Lamas ( 4 ).-  " Camiño da Fonte".-  Rastrela.- " Camiño da Olga".-  Leiras ( 2 ).- Raseiros.-  Bouzallo.-  Libeiro.- Bouzallo ( 2 ).- Madorra  ( 4 ).-  " Pista de Vilamaior".-  "Camiño da Devesa Pequena".- Gorgolo.-  Devesa Grande.-  Bosque ( 2 ).- Mallo ( 2 ).- " Pista de Castragude".-  Mallo COUSIÑO  Cousiño ( 3 ) "Camiño".-  Devesas.- " Camiño".-  Devesas ( 2 ).- Devesa Vello.- Pena Vello.-  " Camiño Vello".-  Penas Gaiteiro de Arriba.-  Monte de Portosío.-   A MATANZA.- Monte da Matanza.- Marco da Matanza.-  " Pista da Matanza ".-  Monte de Vilamaior.- CABÁNTIGOS.- Monte Cabántigos.-  Silveiro.- " Camiño do Marco Grande".-  Monte ( 2 ).- BADE.- Souto da Serra.-  Souto da Serra de Bade.-  Tras de Ferreira.-  "Estrada de Vilamaior ao Mosteiro Vello".-  Tras de Ferreira.- Angola.-  Chouso.- Porto.-  " Río Loio".-  Prado do Porto.-  A ESCRITA Monte Lagoela.- " Pista de Ferreira".-  Monte Lagoela.-  " Pista de Lagoela ".-  Monte Lagoela.-  "Pista de Lagoela".- "Río Loio".- Prado do Muiño.- " Río Loio."-  Leiros.- Namelas.- Namela.-  " Camiño".-  Muiño.- Muiño de Xurxo.-  PADERNE.-  Muiño ( 2 ).-  Cortiña Leira das Pedras.-  Leira da Porta.- Pinar.-  Monte Tras do Agro.-  " Pista de Barán".-( Os Peares ).-  Tras do Agro.-  " Río Seco / Rigueiro do Tumbiadoiro ) SANTO ANDRÉ DE PARADELA  Tras do Agro.- Pena Branca.- Rigueira ( 2 ).-  Pena Branca.- "Camiño de Cadeiras".-  Riba das Airas.- Lama do Muiño (2 ) A AGRACEIRA Cadeiras.- Lama.- Piar da Ponte.-  Chousa do Batán.-   Muiño.- Batán  (3 ) O NEO  Devesa.- Prado do Muiño .- " Río Loio".-  Espiñeiro ( COSTA DE SAN MAMEDE ) Leira Nova.- Devesa.- Espiñeiro.- " Pista de Outeiro de Barán".-  Souto do Neo.- Trolleiro,. Souto de Arriba.- Sorte.- Ribadouzo.- " Pista de Outeiro de Barán ".- Sorte ( 2 ).- Souto Grande.-  Ardín ( 2 ).- Sorte Grande.- Rañadoiro ( 4 ).-  "Camiño".- Touredo.-  Rañadoiro.- Chousa dos Reás.- " Estrada Vella de Portomarín".- Prado de Valiñas.-  "Estrada de Pedrafita do Cebreiro ás Vendas de Narón".-  Prado de Valiñas ( 2 ).-  Rañadoiro de Valiñas .- " Río Loio" VALIÑAS  Cortiña da Chave.- Valiñas.-  Chousa de Valiñas.- Campazo ( 2 ).-  Finca da Casa de Valiñas.-  Valiñas.- Devesa.- Froxán ( 2 ).-  Chouso.- Seara.-  Riba das Chousas.- Seara MORGADE   Seara.-  Savoi.- " Camiño".- Capela ( 2 ).- " Camiño".-  Costa.- " Camiño" .- Prado de Morgade.-  Chousa.- " Camiño de Santiago".-  Morgade.- Zarra ( 3 ).-  " Camiño do Monte" FONTEMAIOR  Regatiña.- BIVILLE .- Monte da Regatiña.-  "Camiño".- Agro.- Camiño da Granxa.- Castromeixe ( 3 ) CASTROMEIXE .-  Fondo do Agro.-  Castromeixe ( 2 ).-  Leira Mollada.- Castromeixe ( 2 ).-  Agro de Arriba.-  Castromeixe.- Fontilleiro.- " Pista de Ortoá a Friolfe".-  A Paetxa.-  Monte de San Marco.- " Camiño de San Marco".-  Monte de San Marco.-  "Estrada de Goián a Friolfe".-  Monte do Pico do Faro do Páramo.-  " Pista  dos Centros Remisores de TV".-  Monte do Pico do Faro.-  Monte San Marco de Belante GOIÁN  Monte do Páramo  de Goián.-  Rego Salgueiros.-  Castiñeiras.-  "Estrada do Mazadoiro a Trebolle" ESCARLÁN  Prado da Corga.-  Leiro.-  Agro.-  " Camiño do Leiro".-  Agro.- Rego Vello.-  Escarlán.- Agro do Castro.-" Camiño do Chouso".-  Toxal de Cecías.-  Monte Pena e Cruz de Aguieira ( Goián ).- " Camiño ".-  SAN MIGUEL DE VILAPEDRE  Monte Pena e Cruz de Aguieira de Vilapedre  ( 2 ).-  Autovía a Sárria ( treito Moscán-  Arxemil ).- Monte Pena e Cruz de Aguieira de Vilapedre.- Laxelas.- Camiño das Barradas.- " Estrada Nadela-Ourense.-  Rebouzas de Abaixo.- " Río Sárria".-  Ribaos.- Penelas.- Ribaos ( 2 ).- Penelas.- Cortiñas.- Penelas de Prado.- " Río Sárria".- Navelle.-  Veiga Grande.-  Ponte de Sopena.- Veiga.- " Camiño".-  Veiga.-  Vía Vella do Tren .-  Vilasantán ( 3 ).- SANTA MARÍA DE VILAR  San Cosmede.-  Cortiña de Abaixo.- " Camiño de San Cosmede ".- Cortiña de Arriba.-  San Cosmede.- Cortiña de Arriba..  Ventureira.- "Estrada Vilapedre-Céltigos".-  Lama.- Ventureira.-  Leiro da Lama.-  Lamelas  .- Ventureira e Cortiña.-  Leiro Largo.-  Leira de Aguión.-  Vilasantán.- Carrelos ( 2 ). -  Ventureira .- Carrelos.- Castros,. "Camiño dos Castros".-  LOUSADELA Pousadela.-  Auganeixe.-  Pousadela.- Pousadelo.-  Reboleira ( 3 ).- "Camiño da Reboleira".-  Reboleira ( 2 ).- " Estrada de Céltigos Ronfe".-  Lama ( 2 ).-   Souto da Lama ( 2 ).- Lama  ( 2 ).-  " Vía do Ferrocarril" .-  Agro do Chao.-  " Camiño de Céltigos ".-  Agro do Chao do Caneiro.- " Río Sárria ".- Agro do Chao".-  Leiros da Roda.- Leiros da Presa.- Agro do Chao.-  Souto de Brais.- Agro do Chao.- Leiro do Río.-  Agro do Chao Pequeno.-  Redondelo.-  Bimedo.- Agro do Fondón.-  " Estrada de Céltigos".-  Prado da Folgueira.-  Amedo ( 5 ).- Granxola.- Cancedo.- Amedo.- Trabe.- Amedo.- "Estrada".- SANTIAGO DA VEIGA  Bouza Vella.- Agro da Folgueira.- Leiro da Folgueira ( 2 ).-  Casa Tilleiro.-  Folgueira CÉLTIGOS .- Agro Folgueira.- " Camiño".- " Río Sárria".- Horto.-  "Estrada de Céltigos a Carracedo"- Ponte da Reza.-  Ribeira do Medio Abaixo.-  Ribeira Choupleira.- Ribeira.-  " Camiño da Ribeira de Arriba ".- Romeo ( 2 ).-  Rebaixo.-  Chouso ( 2 ).- Insua ( 2 ).- Prado.- " Camiño do Reconco".- Xunto do Río.- " Camiño do Reconco.-  Reconco ( 4 ).-  Rego de  Ribas.-  " Camiño da Auganosa".-  " Camiño da Devesa ".-  Chirlos ( 3 )   PEDRAFITA  Pedrafita.-  " Camiño de Muiñelar ".-  Devesa.- Leira Grande.-  Pasantes.- Lagoas.- Lagoa ( 2 ).- Reicedo.- Ruicelo.-  Lagoas.- Reicelo.- Lagoas ( 3 ).-  Reicedo.-  " Camiño do Rego".-  Cereixido.-  Lagoas.-  " Camiño do Rego".-  Chousa.- Marco FONTEABUÍN   Chousa Grande.-  "Camiño das Chousas".-  Chousa ( 2 ).- Rebolos.- Chousa.- Rebolos.- " Camiño dos Rebolos".- Rebolas.- Rebolos.- " Estrada Corvelle-Carracedo".-  Rebolos.- Granxa (2 ).- Baixo das Lamas.- Carballal.- Rebolos.- Tras Xuncal.-  Rebolos.( 2 ).- Xuncal.... ( Candaita )

 Topónimos da liña perimetral do Concello de Sárria, referidos a fincabilidade, camiños , estradas e  rede fluvial   dentro do termo municipal.  Aparecen contabilizados   1.027 denominacións  catastráis.

                  LIÑA ESTREMEÑA ENTRE OS CONCELLOS DE  SAMOS E SÁRRIA

7º MARCO.-  Foi recoñecido como tal un carballo  cuxa torada  mide  1 metro e 5 centímetros  de circunferencia. Está situado na parte máis alta e lado Leste do sitio coñecido  por "CASTRO DE MONDÍN " , e  na  estrema  que  forma a circunferencia  do Castro. A Oeste  do marco hai unha finca de labradío  sen cultivo na actualidade  , propiedade de don  Amador López Real, veciño  do lugar de Lier ; na parte Leste do marco e baixando do castro hai  outra finca coas mesmas condicións, propiedade de ..... Somoza, do lugar de Mondín. Vense dende este sitio  a Norte o lugar da Aguiada , a Leste o de Sivil, a Surleste  o de Vilameá   e a Sur a Casa da Veiga  de Reiriz. Non se ve o marco anterior  que queda a Nerleste a uns 1.000 metros.  A liña de termo recoñecida entre  este marco e o anterior  é a recta que os une.

8º  MARCO .-  Foi recoñecido como tal EIXO DO CAMIÑO REAL  que vai de Calvor  ao empalme da Estrada de Sárria a Samos  coa do Incio  e a normal baixada  deste dende  el até o seguinte

MARCO AUXILIAR.-  Foi recoñecido por tal  unha pedra de seixo  que marca  separación de fincas cuxas maiores dimensións visibles son 24  por 14 centímetros na súa base  e 25 centímetros de altura. Está situado no  sitio  coñecido por " LUBRIZ "  e na parte alta do sucalco  que separa do camiño  polo  Sur fincas nfincas de labradío  con cultivos de centeo.A finca a Surleste  do marco  é propiedade dos herdeiros  de don Xosé Celoiras, veciño de Teivilide. a de Suroeste  de don Antonio de Casa Matías, veciño de Aián . A Norte do camiño  tamén separan dúas fincas, a de Norleste  de monte baixo de xestas  e labradío  propiedade da Casa Matías de Ayán. Vense dende este sitio  a Norte Castelo dos Infantes e a Norleste  Mondín. Non se ve o marco anterior  que queda de Leste a uns 1.400  metros.  A liña de termo convida entre este marco e o anterio é  a partires do marco sétimo , a liña   recta até  a  de camiños de Calvor  ao empalme  citado anteriormente e o de Mondín á Veiga  de Reiriz , punto coñecido  por " Cruz  do  Camiño Real" seguindo  polo eixo  do   Camiño Real  até  o marco oitavo.

 9º  MARCO.-   Foi recoñecida como tal unha lousa de forma irregular  chantada  no chan e arrimada  a un queneo muro , cuxas dimensións visibles  son 28  por 8 centímetros  na súa base, por 30 centímetros  de altura.  Está situado  no sitio coñecido por "AS APARTIDAS  " por ser este punto  a unión dos camiños  que de Lier  e Mondín van a Frolláis en cuxa unión se acha  o marco.  A Norte do marco  hai  unha finca de monte baixo.... unión finca  de labradío  co mesmo cultivo  cuxo  propietario  é don Manuel Martínez , veciño de  Frolláis.   Vense dende este sitio  a Norleste  , o lugar da Aguiada e a Igrexa de Calvor, a Leste  o lugar de Mondín, a Norte o de Castelo dos Infantes e a Oeste o de Pape.  Non se ve o marco anterior que  queda a Surleste  a uns 1.000 metros A liña de termo recoñecida entre o oitavo e noveno é a recta que os une.

10º MARCO.- Recoñeceuse por tal  unha lousa lisa  de pizarra  de forma irregular  que forma parte dun peche de fincas, cuxas maiores dimensións  visibles son 90  por 10 centímetros de base   e 1 metro  50 centímetros de alto.  Está situado no sitio coñecido por "AS LEIRAS "  e nunha unión de camiños que van dende o marco  polo Oeste a Arxevide , polo Norte e Fafíán  e polo Surleste  á estrada.  A finca que pecha o muro  onde se encontra o marco  a Sur do mesmo é de labradío propiedade de don Victorino López, veciño do lugar de Frolláis, a Surleste do marco  e Leste da unión  tamén labradío de  don Luis Montero  do mesmo lugar , a Norleste do marco e Leste do camiño, labradío de don  Benigno Castro, veciño do lugar de Castro;  e a Noroeste do marco e Norte  do camiño do mesmo cultivo  , propiedade  de don Manuel Martínez, tamén veciño de Frolláis. A estrada  de Sárria a Samos pasa  a uns 80 metros a Leste do marco , Vense dende este sitio a Surleste a Casa do Campo a uns 100 metros  e a Oeste o lugar da Pedra Chantada, Non se ve o marco anterior que queda a Norleste a uns 1.200 metros. A  liña de termo recoñecida  é a recta que os une.

11º MARCO.-   Foi recoñecido como tal un carballo cuxa torada mide de circunferencia  2 metros con 30 centímetros. Está si<tuado no sitio coñecido por SANTA CLARA e no terreo "Agro do Carballal" riba  dunha  pequena cavarca  de terra e pedra que separa dúas  fincas, a de Norleste  de labradío de centeo na actualidade cuxo  propietario é don Victorino López, veciño de Frolláis,  a de Oeste,  de monte baixo de toxos  de don Eduardo García Alvaredo, veciño de Fafián. Vese dende este sitio  a Surleste o lugar de Frolláis, a Oeste a Igrexa de Cesár e a Noroeste  o lugar de Fafián. Non  se ve o marco anterior que queda a Leste  a uns 600 metros.  A liña de termo recoñecida entre este  marco e o anterior é a recta que os une.

 ........................................................................................................................................................

LIÑA ESTREMEIRA ENTRE OS CONCELLOS DO INCIO E SÁRRIA  ( 1947 )

1º MARCO.- Foi recoñecido como tal unha laxe de pizarra de forma irregular enterrada no chanm cuxas maiores dimensións visibles son: 65 centímetros na súa base  e 75 centímetros de altura. Está situado no punt coñecido por  SANTA MARIÑA en terreo de monte baixo comunal, a Leste, dos veciños do lugar de Formigueiros, ao Sur  dos lugares do lugar do Viso, e ao Moroeste  dos veciños do lugar de Loureiro. Ao Noroeste, a uns 25 metros  queda unha pequena medorra, ademáis a Leste dun grupo delas  que existen na zona e a Sur. a uns 35 metros  pasa o camiño  que conduce ao lugar  de Pacios ao Couso punto onde  cruza a estrada  de Sárria ao Incio ; un pouco A Suroeste  hai unha canteira de pizarra coñecida  co nome de CANTEIRA  DE SANTA MARIÑA . Vense dende este sitio o lugar de Vilameá, a Sur O Incio e a Surleste Reboiro

Este marco é común aos termos municipáis de O Incio,  Sárria e Samos, e así foi recoñecido  polos señores representantes  dos Concellos interesados na acta de deslinde correspondente  ao sinalamento de marcos e de termo entre os  Concellos de Samos e Sárria.

2º MARCO.-  Recoñécese como tal o manantío  coñecido co nome  de FONTE DE VISTILLEIRO. Está situado no sitio coñecido por SERRA DE SANTA MARIÑA  e na valgada  coñecida por REGATO DE ALMEIRA,  en terreos de monte baixo  de toxos comunáis  dos veciños do lugar de Castelo ao Norte , de Santa Cristiña do Viso ao Sur, e de Pacios ao Oeste. A máis de 50 metros ao Noroeste cruza a valgada nomeada anterirmente un carreiro que do lugar de Bermún vai a Castroncán. Vese dende este sitio o lugar de Queixomarío ao Noroeste. Non se ve o marco anterior  que queda a Leste  a uns 900 metros . A liña  de termo recoñecida  entre os marcos  primeiro  e segundo é a recta que os une.

 3º MARCO.-  Recoñeceuse como tal unha lousa de pizarra de forma irregular  cuxas maiores dimensións visibles  son :  40 por seis centímetros na súa base e 40 centímetros de altura. Está situado no sitio coñecido  por CASTRELIÑO  e arrimado ao  peche de tres fincas  en cuxo marco forman ángulo . Os leiros son de monte cavado  para sementeira na actualidade, a do Noroeste , propiedade de don  Manuel Sánchez García, veciño do lugar de Pacios, a do Suroeste  de don Antonio Veiga, veciño de Viteses e a de Leste de don Xesús  López, veciño do lugar da Torre. Vense  dende este sitio ao Norte a igrexa de Loureiro, a Norleste o lugar de Castroncán e ao Oeste o de Queixomarío . Non se ve o marco anterior  que queda  a Surleste  a uns 600 metros. A liña  de termo recoñecida entre os marcos segundo e terceiro é a recta que os une.

4º MARCO.-  Recoñeceuse por tal  unha lousa de pizarra de forma irregular  cuxas maiores dimensións  son:  80 por 4 centímetros na súa base  e 60 centímetros de altura. Está situado  no sitio coñecido  por TRIGARIZA  no rebordo  Sur do camiño que do lugar de Viteses segue ao monte de Santa Mariña.  O marco forma parte  do bargado  dun prado cuxos propietarios son os herdeiros de don Xesús Veiga, veciño de Viteses, a Surleste do marco hai outra leira de labradío  con semeadura de centeo  na actualidade , propiedade de don Xosé  Castro Somoza, veciño do lugar da Torre e ao  Norte do camiño público  finca tamén de labradío co mesmo cultivo que a anterior de don Antonio Somoza, veciño do mesmo lugar, Vese dende este sitio  a igrexa de Loureiro  que queda ao Sur   a uns 800 metros, A liña de termo  recoñecida entre os marcos  terceiro e cuarto é a liña recta que os une.

5º MARCO.-  Recoñeceuse  como tal  unha lousa de pizarra  cuxas maiores  dimensións visibles son  :  1 metro 20 centímetros  na súa base  e 70 centímetros  de alto. Está situado  no sitio coñecido por NOGUEIRAS . O marco forma parte do peche  dunha finca de carballeira  que queda ao Norte  cuxo propietario é don  Xosé Castro Somoza,  veciño do lugar de Vilar da Torre, ao Suroeste  do marco finca de  don Camilo Chousa Rodríguez, veciño de Pacios, e a  Leste separada por un pequeno socalco leiro  tamén de labradío  a poulo dos herdeiros   de don Modesto Alvaredo , veciño de Vilar da  Torre . Vense dende  este sitio a Leste o lugar de Castelo  e a Oeste  a igrexa de Pacios.  Non se ve o marco anterior  que queda  a Surleste   a uns 500 metros.  A liña de termo recoñecida  entre os marcos cuarto e quinto  é a recta que os une.

6º MARCO.-  Recoñeceuse  como tal unha lousa  de pizarra  lisa  de forma irregular   cuxas maiores dimensións   visibles son:  oitenta por cinco centímetros por catro centímetros na súa base  e setenta centímetros  de altura.  Esta  situado  no sitio coñecido  por CERDEIRA   na parte alta do socalco  e rebordo  do camiño  que do lugar de Loureiro vai a Pacios , onde se acha o marco  e subindo  un rústico escairo  separa un carreiro que vai á igrexa de Pacios.  O marco separa dúas fincas  sendo a do Norte de prado  propiedade de don Manuel López Vizcaíno , veciño de Loureiro,  e a do Oeste  de monte baixo e castiñeiros , propiedade de don  Antonio Chousa  Osorio, veciño de Pacios, Non se ve dende este sitio ningún punto notable nin o marco  anterior que queda a Leste  a uns 500  metros.A liña  de termo  recoñecida entre este marco e o anterior  e é a recta  que os une.

7º MARCO.-  Recoñeceuse por tal  unha pedra de pizarra empotrada  na cara Leste  dun muro de pedra  cuxa cara visible  ten  de dimisións  20 por 10 centímetros  na súa base e 70 centímetros de altura.  Está situado  no sitio  coñecido  por  SACOIOS   e no rebordo  Oeste  do "  Camiño Real de Sárria ao  Incio"   , O muro no que se acha o marco que separa dúas fincas  cuxos propietarios  son, a  do Norte  de labradío  dos herdeiros de don Xoán Veigas, veciño de Viteses,  e a do Sur xesteira de don Camilo Sánchez Rodríguez, veciño de Pacios. A Leste da finca do camiño  finca de monte baixo e de castiñeiros m propiedade de don Manuel López Vizcaíno, veciño de Loureiro. Non se ve  dende este punto  ningún punto notable nin o marco anterior que queda a Leste a uns 200 metros.  A liña de termo recoñecida entre os marcos  sesto e sétimo é a recta que os une.

8º MARCO.-  Recoñeceuse com tal  unha pedra pizarra  de forma irregular chantado no chan cuxas maiores  visibles son : 50 por  5 centímetros na súa  base  e 60 centímetos de altura. Está situado no sitio  coñecido  por MONTE DE MEDIAS  e no rebordo Sur do  camiño que  do lugar  de Loureiro conduce ao de Vila de Mouros. Ao Sur do marco  hai unha cavarca  de terra que pecha  a finca a labradío  con centeo na actualidade  cuxo propietario é  don Orenino  Rodríguez  , veciño de Pacios, e ao Norte  do marco do mesmo cultivo de don Antonio González , veciño de Santa Icía . Entre  este marco e o anterior cruza  a Estrada  que  do Oural conduce ao Incio.  Non se ve o marco anterior  que queda a Norleste  a uns 1.500 metros.  A liña de termo recoñecida  entre este marco e a partires do  sétimo a tápea onde se acha cara o  Oeste  e que divide as fincas  de don Camilo Chousa Rodríguez  e dos herdeiros  de don Xesús Veiga, até a súa unión co camiño que do lugar  de Loureiro vai a Vila de Mouros seguindo o eixo deste camiño até o marco oitavo.

9º MARCO.-  Foi recoñecido com tal  unha pena de seixo  de forma irregular e case cadrada  duns 40 centímetros  de lado e 40 centímetros de altura.  Está situado  no sitio coñecido por TRAS DO CASTRO  en terreo de monte baixo  de toxos  a Sur , propiedade  de don Orenino  Rodríguez, veciño do lugar de Pacios,  e ao Norte labradío sementado  de centeo de  don Antonio González , veciño de Santa Icía ,  A Oeste do marco , a catro metros, pasa un camiño  malo  que conduce de Santa Icía a Bardaos .Vese o marco oitavo  que queda a Norleste  a uns 150 metros . A liña de termo  recoñecida  entre os marcos oitavo e noveno  é a recta que os une.

10º MARCO.-  ( Despóis  de longa discusión , que houbo necesidade de  cortas para evitar incidencias , quedóu sen recoñecer este marco  polos señores comisionados  quedano por iso sen recoñecer  a liña de termo)

11º MARCO.-  Foi recoñecido por tal un manantío  coñecido co nome de  FONTE MARCADA  ou FONTE DE OLLARES . Está situado no sitio coñecido cos nomes de LOUSEIRO e  VAL DE SACOS  en termos de monte baixo  de toxos de propiedade comunal  dos veciños de Froián , a Norte e Leste,  e dos de Bardaos e Castelo ao Sur. Vense dende este sitio  ao Noroeste  o lugar de Sanguñedo e a Oeste o de Augalevada, Por quedar sen recoñecer o marco anterior  quedan tamén sen recoñece  a estrema de termos.

12º MARCO.-  Foi recoñecido como tal unha pena de seixo  de forma redondeada  duns  70 centímetros de radio  por cincuenta centímetros de altura. Está situado no sitio coñecido  por  SEIXO DO PENSO en terreo de monte baixo  de toxos comunáis  dos veciños de San Sadurniño de Froián a Norte  e dos de Vila de Mouros a Sur. A uns 20 metros  a Norte hai  unha pena nativa  de seixo coñecida  co nome de SEIXO DO PENSO de cuxa pena toma nome  o sitio onde se acha  o marco.  Non se ve o marco anterior  que queda a Leste , a uns 500 metros. A liña de termo  recoñecida entre este marco e o anterior  é a recta que os une.

13º MARCO.- (  Despóis dunha prolongada discusión  que foi necesario cortar  para evitar incidencias  sobor da fixación do mesmo , quedóu sen recoñecer a liña de termo)

                                   (  6 de outubro de 1987 )

.....Foi recoñecido como tal  unha pedra caliza , de forma irregular chantada no chan, cuxas dimensións exteriores máximas  son :  1 metro de lonxitude , 40 centímetros de latitude  e 1 metro e 20 centímetros  de altura. Está situado no paraxe  nomeado CIMO DOS PICOS, no punto de interseción  da marxe Leste  do antigo "Camiño Real"  e pola marxe Norte  do "Camiño de Vila de Mouros  a Santa Cruz", cuxas marxes  son ao mesmo tempo  estremas dun terreo  de pasteiro , que na actualidade cultiva don Xesús Rodríguez González , veciño de San Sadurniño de Froián. Este marco  está situado a  86 metros de distancia  do canto  Norleste dunha torre de alta tensión.  Dende este marco  a Sur a parroquia do Concello do Incio denominada San Pedro da Cuvela  e a torreta da fábrica  Magnesitas de Rubián. Este marco presenta  na parte superior unha tradea  que a atravesa de lado a lado. A liña de termo recoñecida entre os marco 12º e 13º  é a aliñación  recta que pasa polos dous.....

                                        ................................................

14º MARCO.-   Foi recoñecido por tal  un antigo marco de pedra  granito  de forma irregular  máis ben triangular  na súa base de 20 centímetros de lado  e 1 metro de altura. Está situado no sitio coñecido por PENA CONDAL . Este marco  forma parte da cerra dunha finca de monte baixo , propiedade de don Claudio López , veciño do Oural, que queda a Norte e os terreos de Sur  son de pasteiros comunáis  dos veciños de Vila de Mouros. Vense dende este sitio  a Norte o lugar de Chorente, a Leste  o de San Sadurniño, a Sur o de Vila de Mouros e a Oeste o de Augalevada. Por non  ter sido recoñecido o marco anterior  queda tamén sen recoñecer a liña de termos.

15º MARCO.-  Foi recoñecido como tal  o mantío coñecido co nome  de A MINA DO OURAL . Está situada  en  terreo de  ote baixo e castiñeiros. A Leste do marco  a uns 15 metros  hai unha finca  de labradío con centeo na actualidade  coñecida co nome de "Agro do Oural"  e a Sur  do marco monte baixo  de don Xoán Alvaredo , veciño de Santa Cruz. Non se ve dende este sitio  punto notable ningún nin o marco anterior que queda a Norleste a uns 200 metros.  A liña de termo recoñecida  entre os marcos  é a recta que os une.

16º MARCO.-   Foi recoñecido como tal unha fonte  coñecida co nome de FONTE DAS LAGAS DO OURAL . Está situada  no sitio coñecido  por AS LAGAS DO OURAL,  Polo Norte da fonte  e ao seu carón pasa  o camiño  que dende o lugar do Oural  vai a Vilaverde. A Estrada de Sárria a Monforte  cruza  entre este marco e o anterior  que queda a Surleste a unha distancia de 300 metros.  A liña de termo recoñecida  entre este marco e o anterior é a rectaa que os une.

17º MARCO.- Reoñceuse  como tal o manantío coñecido con nome de FONTE DE AUGALEVADA . Está situado no  sitio coñecido  por OS CANABÁS en terreo de labradío , monte baixo e carballeira a Norleste, o labradío de don Manuel Pérez  de Vilaverde,  ao Noroeste de monte baixo e carballeira  de don Xesús Pontón, tamén de Vilaverde, e ao Sur do marco  de carballeira de Don Antonio Arias  de Augalevada.  Ao Sur do marco  , a uns 10 metros, pasa o camiño  que do lugar de O Oural vai a Castro do Rei.  Non se ve dende este sitio  ningún punto notable  nin o marco anterior  que queda a Leste  a uns 400 metros,  A liña de termo  recoñecida entre  este marco e o anterior  é a recta que os une.

18º MARCO.- Foi recoñecido por tal un fito de pedra de granito de forma irregular cuxas maiores dimensións  visibles son:   60 por 20 centímetros  na súa base  e 1 metro e 50 centímetros de altura. Está situado  no sitio coñecido por CORGA DA AUGA e é o pear  sostén  da cancela de entrada ao prado e devesa de don Ramón, da Casa de Fidalgo de Penaxubeira. Por Leste  do marco e ao seu carón pasa  un mal camiño  e de pouco tránsito  que dende o lugar de Penaxubeira vai a Vilaverde e a Leste do camiño monte baixo cuxo propietario descoñecen  os comisionados e pertence  a un veciño, tamén de Penaxubdeira,  ao Norte do marco  prado de don  Xoán López Potón, veciño de Vilaverde, Non se ve ningún punto notable  dende este sitio  nin o marco anterior  que queda a Surleste  a uns 1.000 metros. A liña de termo  recoñecida entre este marco e o anterior  é a recta que os une.

19º MARCO.-  Recoñeceuse  como tal a pedra de granito de forma irregular cuxas maiores dimensións son:  1 metro por 10 centímetros de base  e 1 metro 30 centímetros de altura. Este marco é o sostén  Leste da cancela  ou portela de entrada  a unha finca  de prado  que queda a Oeste cuxo propietario é don Froilán Dosío , veciño de Sanguñedo.  Está situado no sitio coñecido por O CARREOURO e a uns 40 metros do lugar de Sanguñedo. Polo lado Leste  do amrco  e ao seu carón pasa o camiño  que de Sanguñedo vai a Penaxubeira. Non se ve o marco anterior  que queda a Surleste  a uns 300 metros. A liña  de termo recoñecida  estre este marco e o anterior é a recta que os une.

20º MARCO.-  Foi recoñecido por tal  unha lousa de pizarra de forma irregular cuxas maiores dimensións  visibles son :  1 metro e 20 centímetros  por 4 centímetros na súa base e 70 centímetros de altura. Está situado  no sitio  coñecido por  TRAS PENA LONGA  e a 3 metros  a Noroeste da cruz de camiños que  van  por Norte a Fontemaior  , por Leste  a A Lama e Nespereira,  por Sur a Sanguñedo  e por Oeste á Casa da Poza, O marco forma parte  do muro que pecha  unha finca sementada de centeo na actualidade  propiedade de don Xosé González, veciño da Cervela, a Norleste  do cruz de camiños  queda outra finca  de monte cavado para sementeira  cuxo propietario descoñecen os señores comisionados , mais  pertence á Casa do Cristo do lugar de Nespereira, entremedias destas dúas finca pasa o camiño que da cruz vai a Fontemaior, os terreos do Sur son comunáis  de pasteiros. Non se ve dende este sitio ningún punto notable  nin o marco anterior  que queda a Surleste  a uns 1.000 metros. A liña de termo recoñecida  entre este marco e o anterior  é a recta que os une.

21º MARCO.-  Foi recoñecido por tal unha pedra de pizarra lisa  chantada no chan  cuxa parte saínte  é de modo irregular  e ten de dimensións visibles :  30 por 5 centímetros na súa base  e 35 de altura.  Está situado no sitio coñecido  por  CASTRO DE CASTRAGUDE  en terreo de monte baixo a toxos  e na estrema de dúas fincas, a de Leste de don Francisco García, veciño  do lugar de Fontemaior e a de Oeste  de don Pedro Rodríguez, veciño de O Couso; como 4 metros ao Sur  divide outra finca  do mesmo cultivo  de don Sixto Manuel  Pérez, veciño de Castragude.   Vense dende  este sitio  a Norte o lugar de Vilar de Lamas  e a Noroeste  o de Vilagudín.  Non se ve o  marco anterior  que queda a Leste   a unha distancia  duns 1.000 metros, A liña de termo recoñlecida entre este marco e o anterior  é a recta que os une.

22º MARCO.-  Recoñeceuse  por tal unha lousa pizarra de forma irregular  cuxas maiores dimensións  visibles son :  50 por 9 centímetros na súa base  e 80 centímetros de altura. Está situado no sitio onde din "O COUSIÑO" , uns 15 metros ao Sur  da casa deste nome. Este marco forma parte  do peche de tres fincas  en cuxo punto forman ángulo. sendo a de Noroeste  a Aira da casa , e as restantes de labradío  con centeo,  de don Pedro Rodríguez Rodríguez, veciño da casa, Vése o lugar de Seixas. Non se ve o marco anterior  que queda a Norleste  a uns 400 metros. A liña de termo recoñecida  entre este marco e o anterior é a liña recta que os une.

23º MARCO.-   Recoñeceuse  como tal unha rocha nativa  de seixo  de forma redondeada  que levanta do chan 1 metro. Está situado no sitio que din  CAMPO DE ABELEDO, en terreos de monte baixo de pasteiro, propiedade dos herdeiros  de don Manuel López Díaz, veciño de Vilagudín. Un pouco a  Noroeste , a uns 100 metros, hai unha rocha coñecida  como  PENA DO VELLO. Vese dende este lugar  a Norte o lugar de Vilagudín . Non se ve o marco anterior  que queda a Norleste  a uns 700 metros. A liña de termo recoñecida entre este marco e o anterior  é a recta que os une.

24º MARCO.- Foi recoñecido como tal unha rocha  nativa de seixo  de forma irregular que ten de dimensións visibles  : 1 metro de longo  30 centímetros  de anchor e 45 centímetros de alta. Está situado no sitio coñecido  por ALTO DO CEBREIRÓ , en terreo de monte baixo  de bens comunáis  dos veciños de Nespereira a Norte e dos veciños da Cervela a Sur.  O camiño  que da Casa do Cousiño  vai ao lugar da Mazatanza  pasa uns 50 metros a Norte do marco . Vense  desde este sitio  a Norte o lugar do Tumbiadoiro, a Norleste a Casa da  Caseta, a Surleste o lugar da Matanza  e a Suroeste  o de Cerxedo.  Non se ve o marco  anterior que queda a Leste a uns 700 metros. A liña de termo recoñecida  entre este marco e o anterior  é a recta que os une.

25º MARCO.- Foi recoñecido como tal unha pedra de seixo de forma irregular  cuxas maiores dimensións visibles son : 50 por 11 centímetros na súa base e  23 centímetros  de altura. Está situado no sitio coñecido por MARCO DA MATANZA en termos de monte baixo  e un pouco a Norte da unión de cinco camiños que conducen os do Norte  a Vilamaior e Cabanas e entre os que se acha  o amrco, o de Norleste a Abeledo, o de Sur á Matanza  e o de Suroeste  a Castro do Rei. Vése o lugar de Vilarbuxán. Non se ve o marco anterior  que queda a Leste  a uns 250 metros. A liña de termo entre este marco eo anterior  é a recta que os une.

Este marco é común  aos termos municipáis  do Incio, Sárria e Paradela nas súas parroquias, respectivamente, da Cervela, Nespereira e Castro do Rei.

( Esta fixación de estremas está datada em 21 de xuño de 1947. A fixación do Marco  13º ( MARCO DE CIMO DOS PICOS ) tivo lugar en 6.10.1987.

                       ....................................................................................................

                            ......................................................................................


Comentarios

Publicacións populares