SANTA MARIÑA DE SÁRRIA: BENS, RENDAS E MISAS DE PENSIÓN ( 622 )
SANTA MARIÑA DE SÁRRIA: BENS, RENDAS E MISAS DE PENSIÓN DO SEU IGREXARIO
SÉCULOS XVIII E XIX ( 622 )
Terras que cultiva o pàrroco de Santa Mariña
UNHA CORTIÑA de sete ferrados ; outra de cuarto ferrados a nabos ; no AGRO DA ALVAREDA, bianual, dúas fanegas , outra de cinco ,outra de catro, outra de tres, outra de dez, outra de catro , outra de medio .No AGRO DA GÁNDARA , unha de doce ferrados e outra de dez.
Eran 12 fincas que totalizaban 16 fanegas e 3 /4 de ferrado en semeadura ( 40.712,21 m/2 )
Rendas
En Castelo dos Infantes.- Manuel Loureiro , paga 6 fanegas de centeo e 1 de trigo -
En Farbán .- Antonio Rodríguez : 7 fanegas e 3 ferrados de centeo, 1 porco e 2 capóns.
En Sáaia.- Xoán López : 2 ferrados; Xoán de Castro : 2 ferrados. Gregorio Barrio : 2 ferrados; Francisco López: 2 ferrados.
En Manán.- Xosé González : 5 fanegas ; A Viuva de Xosé Gil : 2 ferrados e medio-
En Vilar de Sárria: Pedro Piñeiro: 2 ferrados.
Avalúo do igrexario feito polo párroco don Cibrao Saavedra das rendas realmente cobrables : 109 ferrados e medio de pan centeo ( 1.478, 25 quilogramos ) , unha fanega de trigo e 2 capóns.
Noticia das misas que se achan fundadas na igrexa parroquial de Santa Mariña de Sárria,
2 MISAS CADA SEMANA instituidas no testamento de Otilia de Losada
6 MISAS OS DÍAS DE SANTA MARIÑA E SANTA MARÍA DE SETEMBRO que mandóu dicir Xil Martín., riba de 4 fanegas de renda ( 3 no lugar e Couto de Fafián e 1 en Pape, testamento perante Gregorio Pedraza ).
2 MISAS madadoas por Xoán Valecillo, cura desta parroquia, que testóu perante Diego Álvarez "O Vello" , en 1614.
4 MISAS que mandóu dicir Xoán Barón, cura de Santa Mariña, hipotecadas riba da casa na que viviu e hoxe posúe Xoán Valcarce.
4 MISAS das que foi mandante Bieito Fernández, ferrador, testamento perante Diego Álvarez.
2 MISAS, mandante Domingos López, hipotecadas riba dunha casa. Testóu perante Diego Álvarez en 1648.
6 MISAS, dotadas por María Núñez , riba da casa na que viviu Gregorio Santalla . Testamento perante Pedro Núñez de Portomarín.
10 MISAS , fundadas por María Núñez, hipotecadas riba da " Insua" e " Cortiña de Pacios" ( 6 ) e riba do "Barredo de Santiago do Mercado" ( 4 ). Testamento perante Bieito de la Peña, en 1669.
UNHA MISA, dotada por María Díaz Pumares, Testamento perante Peña, en 1671.
SETE MISAS E UN RESPONSO, pagas por Fernando Mendoza e a súa muller Xosefa Álvarez, pola casa na que viven. Despóis pagounas Xoana do Souto e os Herdeiros de Vizcaíno ( 1812 ).
Cada dous anos UNHA MISA , dotada por Tomé Díaz da Costa.
Xosé Teixeiro e o seu cuñado Alexandre López, SEIS MISAS pola " Cortiña do Medal " . Pagounas Sabela de Larín, até o 1779.
SEIS MISAS dotadas por Manuel Pradeda , TRES MISAS instituídas por Rosalía Pradeda, UNHA MISA , por don André Pradeda , cura de Santa María Madalena da Pena.
UNHA MISA CON RESPONSO, institución de Gabriel Fernández de Betote.
Santiago Díaz de Sárria , UNHA MISA, pagouna despóis Bernardo Monteagudo.
Bernardo López, DÚAS MISAS, riba da " Cortiña do Toleiro".
Xoán Antonio Rodríguez , UNHA MISA , pola Casa e orta que lle compróu á filla da Tuquina.
Xoán Teixeiro, UNHA MISA E UN RESPONSO.
Antonia Pérez , UNHA MISA, despóis pagouna a súa filla María Pérez , despóis Manuel Macía ( 811 )
Xoán de Neira, CATRO MISAS pola ánima da súa muller.
Diego Robiños CATRO MISAS polo " Barredo de Santiago do Mercado" , págaa o xenro Xoán Reboiro.
Domingos López, ferreiro, DÚAS MISAS.
Xoán López , UNHA MISA, NABOS E MANTEIGA
Rosa Valcarce, UNHA MISA , por testamento.
Xoán Antonio Rodríguez , UNHA MISA pola casa e orta que foi de Rosa Valcarce.
Xoán Reboiro, CATRO MISAS.
Xoán de Melle, da Ribeira, DÚAS MISAS E UNHA FANEGA DE CENTEO .
André Loureiro, UNHA MISA.
Xoán Cabanas, de Vilariño, TRES MISAS.
Dominga Méndez, DÚAS MISAS.
Serafina López, de Vilariño, DÚAS MISAS.
Pedro López, de Arxevide, UNHA MISA
Anxo do Barrio , DÚAS MISAS, polas que se cobran dúas fanegas de pan .
UNHA MISA, pagada por Catarina Fernández Xoán Fernández. 1677.
UNHA MISA, fundada por Matías do Albaredo , hipotecada riba da casa que é da igrexa de Santa Mariña co seu territorio, 1672 : Xoán Valcarce .
DÚAS MISAS, dotadas por María Díaz, muller de Xoán Abad, ou 4 reáis para a fábrica . 1667, perante Diego Álvarez.
DOCE MISAS fundadas por Domingos López, riba da " Cortiña do Medal e a casa.. 1627.
DÚAS MISAS DOTADAS por Damiana de Valcarce.. perante Domingos Quiroga.1679.
CATRO MISAS dotación do Cura Valcarce de Santa Mariña.- 1690 perante de la Peña.
CATRO MISAS, dotadas por Xoán de Valcarce , Perante Domingos Quiroga.
UNHA MISA , fundada por Cat arina López de Outeiro da Costa . Paga Paula Quiroga, riba do Leiro de Vilar de Sárria de Santo Alberte.
TRES MISAS , dotadas polo Capitán Domingos Fernández, en 1690, perante Domingos Quiroga.
DÚAS MISAS , fundación de Pedro Díaz, crego, perante Marco Antonio de la Peña.
OITO MISAS , dotación de Xoana Valcarce, riba da " Cortiña do Pombal" e casa na que vive Cristovo Rivas.
Total de misas : 179
......................................................................................................................................................................
Leonor de Valcarce, a súa irmá Lucrecia e o seu irmán Xosé Valcarce , crego en Corvelle, 25 MISAS rezadas e unha cantada o día de San Pedro.
Francisca Albarado, 8 MISAS de pensión cada ano, fundación dos seus antepasados.
Xosé Vigueiro, 6 MISAS de pensión pola " Cortiña do Pombal" que lla compróu a Francisco Albarado.
( As dos Albarados págaas Gregorio Barrio, 19 e 1 cantada ).
Antonio Losada de Sárria, 6 MISAS REZADAS pola " Cortiña e Souto da Ribeira dos Cucos " que lla compróu a Xoán Fernández
CATRO MISAS de Castro, páganas Alonso Vázquez, Xosé de Castro , Francisco López e Manuel Vázquez.
.......................................................................................................................................................................
Comentarios
Publicar un comentario