CONDE RODRIGO ÁLVAREZ DE SÁRRIA ( 623 )
O CONDE DON RODRIGO ÁLVAREZ DE SÁRRIA, FUNDADOR DA ORDE MILITAR DE MONTE GAUDIO ( 623 )
Por JOSÉ M. SÁNCHEZ-PAGÍN
Na segunda metade do século XII viuse en España un florecemento xeral da relixión e da cultura. Polo que mira a Castela e León, o reinado prospero e estable de Afonso VIII , o Imperante, foi un factror importante dese progreso de renacemento Comenzan a se levantar as catedráis, xorden por todas partes conventos bieitos e cistercenses.
Nese ambiente de prosperidade hai que encadrar a figura e a obra do conde RODRIGO ÁLVAREZ DE SÁRRIA , ese prócer galego non tan ben coñecido como merece. Os estudosos anteriores dirixiron máis ben a atención á súa obra principal , a orde militar de MONTE GAUDIO , deixando na penumbra a súa propia persoa. Da súa familia díxose ben pouco, e nada da súa esposa. A estes dous puntos, á súa familia e á da súa esposa, converxe a miña atención neste estudo., onde eu aproveitéi os estudos xa realizados, e xuntéi as novas que escondían os diplomas situados en arquivos moi escamallados.
I.- FAMILIA DO CONDE RODRIGO ÁLVAREZ
Aínda que desta familia non se ocuparon máis ca os clásicos xenealoxistas o os modernos a teñan deixado na sombra, está abondo documentaa como para coñecela con seguridade. O noso Conde entronca coa dinastía real leonesa, xa que son os seus proxenitores o rei don Vermudo III e a raíña Velasquita, a súa esposa, mais non é este o lugar de expoñermos xenealoxía, polo que vou falar somente do seu pai e do seu avó, ámbolosdous " conde en Sárria" , como el. Un gráfico acláranos esa ascendenza :
I.- Conde Rodrigo Velaz en Sárria = Dona Urraca Álvarez..
II.- Conde Álvaro Rodríguez en Sárria = Infanta Sancha Fernández de Traba
III.- Conde Rodrigo Álvarez en Sárria = Dona María Ponce de Minerva
a ) CONDE RODRIGO VELAZ. O seu nome foi trasmitido, non sómnos diplomas , senón tamén en dúas obras narrativas importantes ; " Historia Compostellana" e a " Chronica Adefonsi imperatoris", ámbalasduas escritas na primeira metade do sécul XII, e polo tanto, moi de perto do noso persoaxe.
En maio de 1112 a raíña dona Urraca fai unha ampla e xenerosa doazón ao conde Pedro Froilaz de Traba e á súa esposa dona Mayor Rodríguez , e na mesma , encabezando unha columna despóis de Munio Peláez , está " Rudericus Velaz senior de Sarria " , como confirmante. Este título de " senior " é novo e importado no noso reino. É de procedencia francesa e debéu espallalo leonés o rei de Aragón , Afonso I. Equivale ao tradicional " tenente " entre nós.
As tenzas non equivalían ao señorío , nin eran polo tanto en rigor herdables. Concedíalla o monarca a calquera, pero nas máis das veces era respectado no cargo un dos seus fillos do anterior tenente. O tenenteb era o que dominaba ou gobernaba en nome do rei.
Porén, tanto polos seus méritos como polos seus dereitos familiares , Rodrigo Velaz foi confirmado pola raíña dona Urraca como "tenente en Sarria" , comarca situada a urleste da cidade de Lugo, atravesada polo antigo camiño de Santiago . É de supoñer que tamén nesta zona tiña o noso " tenente " as súas propias posesións ben que estivesen espalladas como era costume naquela época.
Na citada " Historia compostellana " aparece xa no ano 1111 don Rodrigo , entre os máis sobranceiros magnates galegos a carón da raiña Urraca. Dí así : " De toda parte de Galicia chegaron os "optimates" ou primeiros, é a saber , o valeroso conde Pedro ( Froilaz de Traba ), e Munio Pelaes ( " senior" de Monterroso), Vermudo Perez ( primoxénito do Conde Pedro ) , Rodrigo Velaz, E Munio Gelmirez ( o irmán do bispo compostelán )". Xuntábanse para trataren dos asuntos do reino, e para deter os atropelos no nobre Arias Pérez , que se apoderara inxustamente de varios castelos e as súas facendas.
Aparece tamén no ano 1113, adornado xa co tíduo de conde, que se concedía libremente polo monarca, xunto da mesma raíña , que se vía combatid polo seu esposo o rei aragonés ; " O venerable bispo ( de Compostela ) convoca a curia nesta cidade nesta cidade aos próceres de Galicia , a saber, o conde Pedro, Rodrigo Velaz., conde Gutierre ( Vermudez ) , Munio Pelaez, Munio Gelmirez e Pedro Pelaez". E máis adiante ; " O bispo e colle camiño para o Sínodo palentino , mais detéñeno o conde Rodrigo ( Velaz ) e outros moitos magnates galegos , que senten que deixa desamparada a terra en tmpos arrebasados". Polo tanto, de estarmos a estes datos, ese título foille concedido dentro dese ano 1113.
Dende logo , no solemne privilexio do bispo Xelmírez en favor do mosteiro de San Martiño Pinario, data 15 de abril 1115 , xa aparece " Rudericus Velez comes de Sarria" , despóis o xenro do conde Pedro, "Munio Pelaez comes de Monterroso",
Dentro da mesma Galicia formáranse dous bandos , un a favor do "rei neno, regi puero ", don Afonso VII e outro a favor da mesma raíña, a súa nai, que coa exaltación do fillo temia ver mermados os seus privilexios. Os condes Rodigo Velaz e Munio Peláez eran deste último no ano 1116. O autor da citada historia denomínaos " consules" , palabra tamén de importación ou polo menos de orixe clásica , empregada para designar aos máis destacados condes. Nun diploma da igrexa de Lugo , data 29 de outubro de 1130, figura tamén don Rodrigo con ese honroso título : " Consul domnus Rudericus Sarriensis ",
Para sofocar a revolución burguesa do ano 1117 m o levantamento dos veciños da cidade de Compostela
contra os seus señoresm a raíña e o bispo, a quen inflixiron os maiores aldraxes , entre os exércitos que invadiron a cidade contaba o do conde don Rodrigo Velaz,
Unha vez entronado o fillo, don Afonso VII , despóis de morta a súa nai., o noso conde a aquel réndelle as homenaxes que lle rendera a esta, como fai constar a outra fonte narrativa, a " Chronica Adefonsi imperatoris ". O seu autor recorda tamén que os dous condes máis distinguidos a deter os ataques do rei de Portugal, Afonso I, na rexión galega , ano 1135 e seguintes, foron don Fernando Pérez de Traba e o noso. Este foi capturado pola xente do portugués en Cernesa, mais libertado pouco despóis por dous dos seus soldados.
Ademáis digamos que o seu ánimo relixioso amósase nas súas doazóns ás igrexas e mosteiros , O ano 1112 doa herdades ao mosteiro de San Salvador de Lourenzá , e o ano 1130, xunto coa súa esposa, dona Urraca Álvarez, dónalle á igrexa de Lugo.
Don Rodrigo, segundo parece, na primavera de 1144, cando uns veciños , nunha acta de compravenda , recordan a súa defunción, Dende esa data calan encol del tanto os diplomas como as historias. Dos seus fillos, se é que tivo máis de un, só coñecemos ao máis famoso, don Álvaro, que o sucedeu na tenza daquela terra.
b ) CONDE ÁLVARO RODRIGUEZ. A súa filiación constaríanos dun xeito seguro polo seu apelido n e pola sucesión referida na terra do seu pai, máis declárannola tamén os mesmos veciños que que mencionan a morte do seu pai : " Et est cartula facta in tempore mortis comitis Roderici , et suo filio Alvaro Rodriguiz qui tenebat honorem de Suprati",
Polo que mira ás fontes narrativas, creo que o autor da "Chronica Adefonsi" , no poema adicado á conquista da cidade de Almería , ano 1148, sufreu un ofuscamento . Ao parecer , presenta como fillo do alcalde de Toledo, Rodrigo Fernández ( de Castro ) , ao caudillo das forzas de Navia, que sería o noso.
Neto seguro do famoso capitán Alvaro Fañez , por liña materna, don Alvaro Rodriguez de Castro, segundo fillo do citado alcalde toledán , non puido intervir nesa campaña almeriense coas tropas galegas. En todo o caso figuraría na expedición o seu irmán maior , don Fernando Rodríguez de Castro, o Castelán, que máis adiante se faría famoso ás ordes do rei Fernando II de León..
É posible tamén Alvaro Rodriguez de Sarria fose pola súa nai , do famoso caudillo castelánm máis isto non nos consta tan claramente, Dende logo os versos do poema son de dificil comprensióm, neste pasaxe,
Alvarus ecce venit, Roderici filius alti. Intulit hic laetum, tenuitque Toletum. Et pater in nato laudaturm , natus est in ipso. Fortis at ille fuit, nec nati gloria cedit. Parte partis nagnus, natus sed pollet aevo plus. Cognitus omnibus est avus Alvarus , nen minus hostibus, Arx probitatis exstitit impiis urbs bonitatis, Audio sic dici quod et Alvarus ille Fannici Isamaelitarum gentes domuit , nec earum oppida vel turres potuere resistere fortes., --------------------............................................ Alvarus ecce furit Maurus, quoniam probus odit. Navia dat viros, Mons Niger dat quoque plures , terraque Lucensis munimina praestitit ensis,
En efecto pouco despóis da batalla de Almería , en 1151 , aparece xa Alvaro Rodríguez de Sárria na corte do imperante , no grupo dos acompañantes do infante don Fernando , quen é presentado polo notario como " rex Fernandus filius imperatoris ", Está na corte imperial " Alvarus Roderiguiz Gallecia ", mentres o de Castro é aínda descoñecido nestes sectores cortesáns,
En xuño deste mesmo ano acompaña o noso capitán ao emperador na súa excursión por Andalucía , e o "fiel vasalo" é recompensado polo seu rei coa vila de Meira, cando estaba estre sobre Xaén agardando a axuda dos francos que viñan polo mar.
É certo que, despóis da morte do seu pai o conde Rodrigo , ocupan a tenza os seus parente os filllos do cone Guterre Vermúdez, mais, a partires de 1161 até a súa morte m ocúpaa el, Álvaro Rodríguez. E con Sárria ían as terras de perto de Monterroso e Montenegro.
Despóis dunha serie de servizos na súa terra e ao seu monarca Álvaro deixñóu de existir polo mes de xaneiro de 1167, cando a súa viuva dona Sancha aparece coas mesmas tenzas, mencionando a súa defunción: " Comitissa Sancia tenens comitatum de Sarria et de Montenigro, defuncto viro suo comite Alvaro".
¿ Cal era a calidade da súa esposa dona Sancha ?. Era filla do famoso conde Fernando Pérez de Traba , en cuxa compaña se educara o imperante, e da infanta dona Tereixa, filla de Afonso VI, denominada tamén raiña de Portugal, Por iso Sancha , denantes de ser nomeado conde, nomease a ela mesma como "infans domna Sancia", e despóis doseu nomeamento adoptao tíduo do seu esposo, "comitissa domna Sancia " Así nun diploma de Sobrada, do ano 1142, di ela mesms: " Ego infans domna Sancia, comitis Fernandi Petri filia, uxorque Alvari Roderici ". Noutro do mesmo mosteiro, do ano 1153,escribe outravolta: " Ego Infans domna Sancia hanc cartam ad decus beatae Virginis Mariae optimam ec rectam esse concedo " . O seu casamento aparece ben claro neste e noutros privilexios.
Tres anos despóis de morto o seu marido , aparece cos seus fillos noutro diploma : " Ego comitissa domna Sancia , filia comitis Fernandi Petri et reginae domnae Tarasae , una cum filiis meis m scolicetm comite domno Roderico Alvariz, et Veremundo Alvariz et Tarasia Alvariz, et omnis vox nostra ".
Nomea pois a tres dos seus fillos : Rodrigo, Vermudo e Tereixa., pero por outro diploma do conde don Rodrigo tivo outra filla dona Sancha.
Non é seguro , mais si conxeturable que a nosa condesa contraéu novas nupcias o ano 1170 co conde Pedro Afonso de Asturias, e que é ela a que outorga un privilexio a favor do Hospital de San Xoán, doano ao seu prioiro , don Pedro Arias, toda a herdade que o seu marido o conde don Pedro Afonso lle dera en arras en Galicia., Asturias , León e Castela , con data en León , abril 1178, Este conde don Pedro morréu a raíz do seu tamén segundo matrimonio cara o 1170 , sen deixar descendencia de dona Sancha en razón da idade dos dous esposos,
II.- VIDA E OBRA DON CONDE RODRIGO ÁLVAREZ DE SÁRRIA
A súa filiación cónstanos de modo seguro , non só polo seu apelido e pola tenza , senón pola declaración da súa nai no diploma enriba citado do ano 1170. O 15 de xullo de 1167 , uns meses despóis do pasamento do seu pai , aparece xa el coa tenza paterna, e ademáis condecoradp co tíduo de conde. " Comes Rudericus Alvari in Sarria", reza un diploma do rei Fernando II . E nesa tenza e ocupación debéu n continuar até marzo do ano 1171, época na que debéu darlle á nova institución de Milicia ou Cabaleiros de Santiago, recén fundada en Cáceres polo rei Fernando II , e cuxo primeiro mestre foi don Pedro Fernández.
E aínda non é imposible , como queren algúns historiadores ; que o mesmo intervise na fundación , que fose un dos cofundadores , mais isto non consta de modo certo. O seguro é que xa nese ano cambia de vida, que abndoa a súa tenza , que se arrepinte das sás pasadas falcatruadas, que se asocia aos irmáns polos diplomas da corte rexia. O do arrepentemento por un diploma outorgado polo mesmo Rodrigo o 20 de febreiro de 1171. Doalle á igrexa de Lugo e ao seu bispo don Xoán a súa propia igrexa de San Salvador de Sárria , en reparacióm do sacrilexio cometido por el e as súas hostes contra a igrexa de Santa María do Toural, sita na terra de Ventosa, e propia do bispado . O dito templo foi incendiada e tirada polo pé parcialmente nun exceso de furor que acometéu ao magnate , como el mesmo confesa.
Estes actos de violencia non son extraños naquela época , por parte de poderosos señores. A " Historia compostellana " narra algo parecido atribuible ao conde don Pedro Froilaz de TGraba , por outra parte tan recomendable , e as " Crónicas del Convento de Corias" esaxeran as extralimitacións do conde Pedro Afonso, ámbolosdous actos encadrados na primeira metade do século XII..
Quen sabe se este illado feito delictivo deu ocasión aos redactores da bulda pontificia , que en 1173 aprobaba a Orde de Santiago, para presentar aos novos cabaleiros como "atracadores e bandoleiros arrepentidos", Sería esaxerado e ademáis deshonesto pola nosa parte, por parte do expectador como delincuentes habituáis , como terroristas por oficio a aqueles nobres , que con humildade e en público confesábanse pecadores, e pasaban "da milicia do mundo á milicia de Deus ", como expresa con máis delicadeza a primeira régoa dos cabaleiros de Calatrava,
Varios autores chamaron a atención encol deste punto ; López Agurlete , na " Vida del fundador" e La Fuente na súa " Historia de la iglesia en España " , entre outros.
Varios anos militóu o noso conde nas fieiras da milicia xacobea antes que ao seu ánimo , inquedo e aventureiro, lle viñese a idea de fundar unha orde independente máis incardinada á régoa cistercense , Isto sinálase na bulda pontificia que aprobaba o seu tránsito da Orde de Santiago a unha relixión máis esixente , "ad arctionem religionen " ; a súa propia Orde de Montegaudio , con data 24 decembro 1173.
Non é o meu propósito expoñer neste artigo a evaluación da orde ,a súa facenda ,as súas actuvidades , o que pode dar materia a outro traballo , por iso vou indicar algunhas datas , segúras e probables :
Ano 1171, ou antes, xunto coa súa esposa ingresa na orde de Santiao, fundada o ano anterior no reino de León.
1173 : con un grupo de santiaguistas , que posiblemente con el tiñan en honor ou encomenda un castelo en Portugal , decide abandoar esa orde e fundar unha nova , de nota cistercense. O hábito é capa negra cunha cruz vermella e branca. Pola súa parte a esposa, de común acordo, sepàrse del e profesa a régoa cistercense.
1174 : para evitar fricións coas dúas ordes xa florecentes nos reinos de León e de Castela, a de Calatrava e de Santiago , pasa ao reino de Aragón , onde funda varias casas da súa orde.
Entre 1175 e 1180 peregrina a Xerusalén, e perto da cidade santa funda a casa madre e a igrexa de SAnta Marí de Monte Gaudio, que nese ano 1180 , como declara a bulda pontificia , estaba aínda en construción.
O máis curioso aquí é que colocase en terra de Xerusalén a casa madre da nova orde. s " Historia compostellana " fai constar que tamén o seu avó o conde Rodrigo Velaz peregrinóu aos Lugares Santos cara o ano 1121, e esa viaxe marabillosa, narrada polo avó ao neno Rodrigo nunhs deses filandóns de inverno , puido influir na imaxinación do noso conde que, con esa fundación, cumprís un vello soño.
O 23 de novembro de 1180 a nova orde estaba xa ben consolidada e recibía do papa Alexandre III a aprobación pontificia , dirixida ao " dilectis filiis Roderico, magistro domus Sanctae Mariae montis Gaudii de Ierusalem, etusque fratribus ", ao querido mestre da casa de Santa María do Monte Gaudio en Xerusalém, e aos seus irmáns.
Nese documento enuméranse os centros propios da orde xa fundados neses anos 1175-1180 : a dita casa de Xerusalén, cinco torres en Ascalón e Gaza, Ponte de Amallone na rexión lombarda de Italia , doada polo marqués de Montferrato, o castelo de Alfambra en Aragón , Liñares do Rei, Nocedo e outra posesións no reino de León, etc,
Na bulda de aprobación pontificia indícase o obxectivo primordial da nova orde : a defensa da Cristiandade , " pro exercenda militia ad defensionem Christianitatis $, expresión coa que se quer significar a loita contra os sarracenos tanto na Terra Santa como na propia España.
Cando don Rodrigo, " quondam dictus comes nunc vero magister Montis Gaudii , expiraba cara o ano 1189 , a orde gozaba de perfeta saúde e prometíase moitos anos de vida , mais a forte competenza das máis antigas ( Santiago, Calatrava, O Hospital , O Temple ) fixérona ir a pique , e tivo primeiro que se centrar no reino de León , tomando o nome de Orde de Monfragüe , e despóis fundirse coa de Calatrava , cousa que se verificóu por un documeno do rei don Fernando III o Santo, con data 23 de maio 1221. Estas vicisitudes pode velas o letor noutros autores que se ocuparon do tema con máis extensión, Os estreitos marcos deste traballo non nos permiten irmos máis adiante.
III.- A ESPOSA DO CONDE DON RODRIGO : DONA MARÍA PONCE DE MINERVA
Sabido é que os primeiros cabaleiros das ordes militares , por régoa e por virtude, silenciaban a súa familia e a súa liñaxe nos diversos documentos que por obriga ou por devoción tiñan que extenderen. Eis pois a dificultade de averiguar a súa ascendencia , os seus pais , e as súas esposas e fillos . Isto parece extraño en institucións que, na época moderna , esixiron " probas de nobreza e limpeza de sangue" aos seus candidatos para a profesiónm mais a cousa é certa.
Por outro lado sabemos que, dentro do mesmo século XII no que encontra a vida do noso conde, era caso frecuente que cabaleiros de alto rango e mullerres da máis alta nobreza renunciasen á vida do mundo e se encerrasen nun convento para serviren a Deus nunha vida de sacrificio. A " Crónica de Alfonso el Emperador" refere que o conde Gómez Núñez , de Limia ( na actual provincia de Ourense ) cunha filla do conde Pedro de Froilaz de Traba , chamada Elvira Pérez , temendo caer na ira rexia por unha infidelidade , cruzóu os Pirineos e fíxose monxe na abadía de Cluny , en Francia, deixando aquí a súa esposa e fillos, Recordemos tamén ao nobre magnate castelán da Bureba , Diego Velázquez, que profesóu en Fitero ( Navarra ) e axudóu a San Ramón na fundación da orde de Calatrava , e a filla do conde Fernando Díaz de Oviedo , dona Ildoncia Fernández , que, despóis de morrer o seu marido , fíxose monxa en San Pelayo de Oviedo, e foi alí abadesa por moitos anos.
Feitas estas observacións , será máis doado compreender tanto o silenzo que con respecto á súa esposa garda o conde don Rodrigo nos seus diplomas, como a separación conxuxal dos dous esposos por motivos relixiosas . Dende logo a primeira régoa dos cabaleiros de Santiago non lles impuñía esta separación senón tan só fidelidade conxuxal , isto é, sincero amor mutuo e abstención do adulterio e do divorcio.
Vou intentar demostrar agora que a esposa do conde foi dona María Ponce de Minerva, filla do conde Poncio de Minerva e da súa muller a condesa dona Estefanía Ramírez.
Só un documento relativo ao conde menciona á súa esposa sen nomeala , e é a bulda do papa Inocencio III , data 23 outubro 1198, pola que se comisiona aos bispos de Osma e Zaragoza e ao abade de Veruela para que pescuden as relacións da orde de Montegaudio coa do Temple. E nela din que " ipse cum habitum fratrum Spatae susceptit , quo dimisso , uxor eius effecta est monialis, et ipse iuxta regulam cisterciensem formam vivendi recepit ", que o conde tomóu , xunto coa súa muller, o hábito dos irmáns da Espada ( de Santiago ), e despóis de o abandoaron , ela meteuse monxa , e el percuróu un xeito de vivir consonte á régoa dos cistercenses.
Temos pois xa seguro que don Rodrigo estivo casado, ¿ Máis como descubrimos a identidade da súa esposa ?, Nisto axúdannos a ela relativos , se ben os examinamos e combinamos. Digo a ela relativas , aínda que neles figure o nome do seu esposo, porque foron redactados na rexión leones e no circuito dos seus intereses familiares.
O 29 setembro, e notemos que por esta quendas se verificaba o abandono da orde de Santiago , " o conde Rodrigo e a súa muller a condesa dona María doan ao mosteiro de monxas cistercenses de Gradefes ( León ) a herdade de " Villella", sita entre a ponte de Gradrefes e Saechores " . O diploma por el só pouco di porque non se inclúen os apelidos.
O 17 de febreiro de 1176 a condesa dona Estefanía Ramírez, viuva do conde Poncio de Minerva, para cumprir a vontadse do seu marido, doa aos cistercenses de Sobrado ( A Coruña ) a herdade de Venivives , xunto a Bobadilla de Rioseco ( Palencia ) para fundar un mosteiro masculino cistercense.Isto faino dona Estefanía coa súa filla "a condesa dona María"
O 19 de decembro 1185 " a condesa dona María" doalle ao mosteiro masculino de Sandoval ( fundado polos seus supostos pais o conde Poncio de Minerva e esposa ) varias herdades.
O 26 febreiro 1189 " a condesa dona María e a súa irmá dona Sancha " póñense de acordo para repartiren a herdanza , habida do seu pai o conde Poncio ( de Minerva ) , sita en Corvillos, cidade de León , Rivesla, Maraña, La Herrera. O Bierzo, Molinaseca, Toledo, Campo de Toro. Unha metade vai para dona Sancha e a outra para a condesa e o seu mosteiro de Carrizo " monasterium Sanctae Mariae de Carriço".
O 28 de novembro de 1190 a condesa dona María ( Ponce ) " esposa do conde Rodrigo" , dóalle á o rde de Santiago as súas arras sitas en Rivesla ou Ribera del Río Esla ( León ). O crítico poderá opoñer que o suposto marido don Rodrigo Álvarez de Sárria non tiña nada que regalar nesta zona leonesa, tan alonxada das posesións paternas , mais respóndese cun diploma do mosteiro de Benevivere, data 24 de abril 1171, no que don Vermudo Álvarez " gratia Dei et mei germani comitis Roderici ", por concesión do sei irmán Rodrigo ( Álvarez ), doa a ese mosteiro de agostiños a súa herdade en Pereda ( San Martín de Pereda na ribeira do Esla , perto de Argovejo e Crémenes , ( provincia de León ).Os irmáns Álvarez de Sárria están pois herdados nesta zona, ¿ O motivo ?. Eu creo que se debe ao segundo casamento da súa nai a condesa dona Sancha co conde Pedro Alfonso , cuxa primeira esposa que estaba ben herdada nesta zona. Este puido ser o cauce destes herdamentos . De María Froilaz ao seu esposo o conde Pedro Alfonso. Deste á súa segunda esposa a condesa dona Sancha Fernández de Sárria . Desta aos seus fillos don Vermudo e o conde Rodrigo Álvarez.
Notemos que esta doazón faise cando o conde abandoa a tenza de Sárria para se adicar á súa nova profisión de cabaleiro de Santiago : abril 1171. Non se esqueza, por outra parte, que López Agurleta supón a unha irmá destes magnates, a Tereixa Álvarez de Sárria, casada cun parente dos Ponce de Minerva, co conde Alfonso Rodríguez , irmán da nai da condesa dona María Ponce. Tamén por aquí poideron vir estes herdamentos , de irmá a irmáns . Os Ramírez pertencían á grande familia dos Flaínez , cuxa primeira casa soar e primeiros asentamentos estaban radicados na alta ribeira do Esla.
Vou preparar o argumento concluínte . A condesa dona María Ponce de León estaba casada cun conde chamado Rodrigo , é asi que por estes anos m non existía nestes reinos outro conde , con ese nome, que o conde Rodrigo Álvarez de Sárria, logo o marido desa condesa era o conde Rodrigo Álvarez de Sárria.
Outra razón de conveñenza é que por eses anos nos que a esposa do conde Rodrigo deixa o hábito de Santiago para tomat o cistercense , " effecta est monialis" ( suponse cistercense para semellar co marido , dnn comezo ás obras do convento de Carrizo de la Ribera ( León ) , onde nos consta que dona María de Ponce foi a primeira abadesa : ano 1176 e seguintes. Se se fixo monxa antes desta data, puido ser no de Gradefes, tamén da familia dos Flaínez, ao que ela lle deu herdades en setembro de 1173, como xa dixen.
Contra este casamento que eu descobrín e expuxen aquí , poderáseme presenta a "grande dificultade " da tradición do mosteiro de Carrizo . segundo a que o seu marido non foi o antedito conde ngalego, senón un magnate e virtuoso castelán , chamado Diego Martínez de Villamayor , grande amigo e colaborador dos seus pais na fundación do mosteiro de Sandoval . As relacións entre este don Diego e os pais da condesa dona María Ponce , abadesa de Carrizo, cónstannos con seguridade por medio do "poema biográfico " , composto a comezos do século XIII en eloxio do fundador do mosteiro de Benevívere , o mesmo Diego Martínez.
Nel refírese que o conde Poncio e a súa muller a condesa dona Estefanía doaronlle a Diego Martínez unha herdade na riba do río Esla ( León ) , denominada Soto Noval , para a construción dun convento cistercense,O mesmo que consta por un diploma dese mosteiro , data 16 febreiro 1167, Exaltan a liñaxe, a piedade dos condes , máis nin palabra do mencionado casamento. Traio só uns versos :
Poncius illustris comes et Stephania marita gaudent de bonitati viri ; ambo pii sunt, ambo sacri , sunt religiosi , Vicinus placet Poncius religiosus eius.
En troques , en Sandoval consérvanse uns versos , que apelidan a Diego Martínez xenro dos condes, marido dunha filla súa ,veros que xa publicóu Angel Manrique nos seus " Anales" , e que , na miña opinión , non remontan máis alá do século XVI. Dos vinte e dous versos da composición recollo só dous:
Martinez Didacus , qui a Villamaior, generque illorum , simul hoc coepit et auxit opus.
Esta serodia composición , inspirada cecáis por un xenealoxista eufórico, favorecido por algunha familia fidalda , non é de tanto peso para convencernos . Contra dela está tamén toda a documentación auténtica onde María Ponce é denominada condesa , " comitissa" . E se é condesa, non o é por ser filla dun conde senón por estar casada cun conde . E non o foi este suposto marido don Diego Martínez.Nin os diplomas , nin o "poema biogáfico" o teñen por tal.
IV .- CONCLUSIÓN
Para rematar , preguntámonos cales foron as actividades do noso conde nos derradeiros anos da súa vida , cando e onde morréu , onde está sepultado. Blázquez conxeturóu que morréu don Rodrigo no curso do ano 1189. ; " A nova institución chega ao seu apoxeo baixo da direción do conde don Rodrigo , a quen se lle fan as concesións até 1168. Mais dende 1189, sen dúbida por ter falecido , fai a confirmación ou recíbea o lugartenente maior don Rodrigo González.
En troques para Forey morréu no outono de 1187 , a xulgar polas expresións dalgúns documentos,
Eu penso que esa ausencia, á que este autor se refire , pode deberse a outros factores,Agardando facer unha análise máis detallada de toda a documentación relativa á orde, que poidera darnos máis luz deste asunto , prefiro seguir a opinión de Blásquez , polo momento, xa que tamén a esposa do conde non ofrece sufraxios pola alma do seu marido até o 28 de novembro de 1190 ; " et up ipsi viro meo comiti domno Roderico , qui eas mihi sub nomine dotis contulit, in oriationibus suis teneantur onnoxuii". Non é probable que a nova da morte do seu esposo chegase tan tarde á súa muller. a condesa , se é que morréu no outono de 1187, nin que ela , de tela recibido a tempo, demorase tanto este ofrecemento.
Unha presumible expricación desa ausenza , mencionada por Forey, pode percurarse noutra parte. Sabemos que a casa madre da orde estaba situada perto de Xerusalén , no Monte de Gaudio , e que a súa igrexa estaba aínda en construción o ano 1180. Sabemos que por unha imprudenza do mestre do Temple , Reinaldo de Chatillón, o grande capitán Saladino decraróu a guerra santa aos cristiáns , vencéndoos na batalla de Hattin, a carón do lago de Tiberiades en xullo de 1187, e obrigando aos defensores da cidade de Xerusalen a capitularen e se renderen o 2 de outubro do mesmo ano. Sabemos tamén que o papa Gregorio VIII o 24 do mesmo mes envióu unha encíclica a todos os fieis, exhortándoos a unha nova cruzada, para a recuperación da cidade santa.
O fundador e mestre da Orde de Montegaudio non podía permancer insensible a estes acontecementoa, e na compaña dos seus máis fiéis secundaría os desexos do pontífice , ou cecáis xa antes, ante as alarmantes novas que chegaban da Terra Santa , correría na axuda dos cruzados, el xa tamén vello cruzado. Creo que este pensamento é presumible de todo , aínda que non haxa indicios certos para facela.
Non esquezamos que un dos benfeitores da orde era o marqués de Monferrato ( Piamonte, Italia ) , que se achaba combatendo tamén na Palestina , e que foi feito prisioneiro na batalla de Hattin. Sucedeuno o seu fillo Conrado que se mantivo forte en Tiro, resistindo os asedios do grande capitán curdo, En marzo de 1188, unha vez pasado o inverno , o rei normando Guillerme II , mandaba a Tiro unha frota ben armada e un continxente duns trescentos cabaleiros , na axuda do marqués . Como Tiro estaba asegurada , a expedición foi no auxilio de Trípolo ( uns vinte quilómetros riba de Beyrut ), sitiada por Saladino.
Na defensa desta cidade distinguiuse un cabaleiro español que, pola cor das súas armas, era nomeado polos turcos " o Verde Cabaleiro de España" ( le vert chevalier de l ' Espaigne ). Tanto chamóu a dos soldados sarracenos , que o mesmo Saladino chamouno á súa presenza , salva a súa vida , e fíxolle gabanciosas promesas , se se poñía ao seu servizo. O español refugounas e voltóu ás fieiras cristiás.
Os cronistas silenzan o nome deste distinguido cruzado, e cecáis nunca chegaremos a sabelo, mais sexa permitido pensar no noso conde, que poido ter ido na axuda do seu amigo e colaborasdor o marqués de Monferrato.
Morrese na Terra Santa , loitando ou de peste, ou na península , é seguro que don Rodrigo , foi sepultado no castelo de Alfambra ( Teruel ), como reza un documento mencionado por Blázquez, " Alfambra, donde yace el corpo del conde don Rodrigo". É seguro que tamén os seus irmáns, os cabaleiros de Santa María , seguiron venerando a sú memoria, neste lugar distinguido.
Oviedo, 16 xaneiro 1983
DOCUMENTOS ADICIONÁIS
I
1181 , marzo 3
A condesa dona Sancha ( Fernández ) , xunto cos seus fillos o conde Rodrigo Álvarez , e Vermundo Álvarez dóalle ao magnate Gutierre Rodriguez e á súa esposa a condesa Elvira Osorio e ao seu fillo Álvaro Gutiérrez , a súa herdade no territorio de Lemos, que ela recibira de Tereixa Alfonso.
( Madrid, A.H,N, Clero. Pergameos de Meira. Carpeta 1127, n,14 . Inédito )
Ego comitissa dompna SANCIA , una cun filiis meis comes Roderici et Vermundo Alvariz , a vobis Guterrius Roderici et a comitissa domna Gelvira, et a vostro filio Alvar Guterius , do vobis mea hereditate , que abeo de Teresa Adefonso in territorio de Lemos , excepta que dedit pro anima mea , nominata ecclesia Sancti Romani , con toto suo directo, aro ( ¿ ? ) monasterii de Ferraria , et illud quod dedit pro anima mea, do vobis pro tali condicione , que a mihi et ad filios meos sedeatis quomodo bono filio a bona madre, et a meos filios quomodo bonos germanos, por bona fide.
Facta karta quoddum quo erir VII Idus marci. Era M CC Xª IIII, Regnante rege Fredinandus et Gallecia . Maiordomus comes Urgellus , Fernandum Roderici princebs in regno. Guterius Roderici in Lemos,In Sancti Iacobi metropolitanu Petrus. Ioannis episcopus lucensis ecclesie . Fernandus episcopus Astoricensis , Rodericus episcopus Ovetensis. Rodericus cf. Garcia cf, Gonzalitu cf. Petrus ts. Gimara ts. Vermudus ts,. Petrus notuit cf.
.......................................................................
(...... Eu a condesa dona SANCHA , xuntamente cos meus fillos o conde Rodrigo e Vermundo Álvarez , a vós Guterre Rodríguez e á condesa dona Elvira , e ao voso fillo Álvaro Gutérrez , douvos a miña herdade , que a eu teño de Tereixa Afonso no territorio de Lemos, agás o que dei pola miña ánima , chamada igrexa de San Romao, con todo o seu dereito, ao mosteiro de Ferreira , e aquelo que dei pola miña ánima, dóuvola coa seguinte condición: que para min e para os meus fillos sexades a xeito de bon fillo para boa naim, e para os meus fillos ao xeito de bons irmáns, de boa fe,
Feita foi esta carta no día que era o sétimo dos idus de marzo na Era Milésima Bicentésima Décimo Cuarta , Reinando o rei Fernando en León e Galicia.- Mordomo o conde de Urgel.- Fernando Rodriguez principe no reino.- Guterre Rodriguez en Lemos.- En Santiago, o metropolitano Pedro.- Xoán, bispo da igrexa Lucense.- Fernando, bispo Asturicense.- Rodrigo, bispo Ovetense,. Rodrigo, confirma,. García , confirma,. Gonzalito confirma,. Xoán, confirma,. Pedro, testemuña.- Guimara, testemuña.- Vermudo, testemuña.- Pedro, escribiu e confirma.
...................................................................................................................................................................
II
1198, outubro 24, San Xoán de Letrán, Roma.
Inocencio III, papa, delega nos bispos de Osma e Zaragoza, e ao abade de Veruela para que entendan no pleito dos cabaleiros de Monteagudo cos da Milicia do Temple.
( Madrid, A.H.N. Códices , n. 834 -B ( s. XV ) folio 11-12v. Colección de documentos pontificios e reáis da O. de Calatrava )
Comentarios
Publicar un comentario