SÁRRIA: PROXECTOS FRACASADOS ( 619 )

SÁRRIA: PROXECTOS FRACASADOS                                         ( 619 )

                                               UN MONUMENTO AOS CAÍDOS

Anos despóis de ser indultado, Mario González Zaera,  que fora xefe  territorial da Falanxe en Galicia   promovéu a  colocación no cume do Monte de Santa Cristiña  dun monumento para lembrar  "aos caídos" sarriaos  que formaran parte do exército e das milicias franquistas.  Máis adiante  as xerarquías  provinciáis  tomaron  para elas as xestións  para a redación dun proxecto de monumento de dimensións considerables e  conseguiron que a Deputación Provincial  asumise a necesaria apertura dun camiño de acceso con orixe en Betote  .

Nin a estrada nin o monumento  pasaron  da vía do desexo e duns primeiros planos , e a única actuación, ben anos depóis do remate da confrontación bélica , habida na vila de Sárria foi  a colocación dun texto formado con ñetras metálicas douradas  na igrexa de Santa Mariña na que se lía " Caídos por Dios y por España. José Antonio Primo de Rivera ¡ Presente !.  Mentres noutras localidades  se incluiron os nomes dos falecidos naquela loita fratricida , aquí  non  figuraron  inscricións a  eles referidas.

                   DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE LUGO. Sesión de 23 de novembro de 1948.

"  Aprobouse o proxecto   formado pola Sección de Vías e Obras  para a construción do camiño provincial  " de Betote , na estrada de  Nadela a Campos da Vila, ao Monte de Santa Cristiña , até o punto de erección  do MONUMENTO AOS CAÍDOS DE SÁRRIA cuxo orzamento   ascende á cantidade  de 91.576,32 pesetas , sendo de conta do Concello  da expresada vila  os gastos de formación do dito proxecto , e debéndose publicar  o correspondente anuncio  coa fin de que  no prazo de dez días  poidan formularse  as reclamacións  que  se estimen oportunas , para que , se resulta  posible e os medios económicos   o permitisen , poida ser no seu día  incluido  en futuros plans.

                   ( EL PROGRESO,  19  de xaneiro   de 1951 )

A MECA  PATRIÓTICA PROVINCIAL CENTRALIZARASE MOI AXIÑA EN SÁRRIA COA CONSTRUCIÓN  DUN XIGANTESCO MONUMENTO AOS CAÍDOS

Dende hai uns días  estase procedendo  con toda actividade  á confeicióm  do plano topográfico  do lugar onde  se vai construir   o descomunal Monumento aos Caídos  desta provincia.

A arquitectónica  obra  elevarase   no cume do Monte de Santa Cristiña , situado  xeográficamemte , moi perto  do punto céntrico provincial..

Temos  coñecemento  de que a esta xigantesca  construción  daráselle unha altura tal  , que   dende a súa cima, á que terá acceso pola parte  posterior , poderase  chegar visualmente máis alá da capital.

Tamén sabemos  o propósito   que existe de celebrar  anualmente diante  daquel simbólico túmulo ,  actos  relixiosos  de carácter provincial , a onde chegarán  en peregrinar  patriótico   milleiros de mozos  e militantes do Movemento de toda a provincia.

Este digno recordo aos Caídos   foi promovido polo  Consello Provincial  da Falanxe  , en sesión recentemente celebrada  e da que xa deu conta este diario.

Máis adiante  daremos a coñecer   con todo detalle   as características  deste xigantesco monumento.

............................................

                                               ................................Ese " Cuelgamuros " sarriao e lucense nunca se fixo realidade.................................

................................................................................................................................................................ 

PISCINA ,  CAMPO DE TENIS   E SALA DE FESTAS  NA UNIÓN ( " VILLA AURELIA )

Sucesivas  Xuntas Direitiva de " La Unión" ofreceron aos asociados   mellorar o equipamento social  coa dotación de piscina e campo de tenis. Outro proxecto  moi ambicioso foi o de facer instalacións soterrañas, ben na pista de baile ou na traseira do edicio para facer  amplos  salóns para albergar bailes e outras actividades.

Todos eses proxectos foron desbotados por  falla de recursos económicos .

.....................................................................................................................................................................

                             UN"  MONOLITO " DE  ONCE "MENHIRES"

Para  ambientar o Cruce de Catro Camiños diversificando  o tránsito darredor desa instalación, houbo a proposta  de  poñer un " monolito"  composto de once pedras chantadas lonxitudinalmente ao xeito dos aliñamentos  observables na Bretaña Francesa, e que aquí  a cada unidade lle damos nas terras galegas os nomes de "Pedra Chantada" ou " Pedrafita " deron amostra de megalomanía megalitica  e de gañas de tirar os cartos , como é de costume  consuetudinario  norma tradicional.

Os munícipes promotores da idea  que non estaban moi postos en asuntos gramaticáis e  tampouco eran uns lumieiras en  temas matemáticos ,  descoñecían que " mono" quer dicir " UN SÓ" e que "lito  "quer dicir " PEDRA ",  polo tanto  UNHA SOA  PEDRA e  que as normas de concordancia esixían que querendo poñer un monolito  sobraban doce pedras.  Acabaron sobrando as trece  pedrafitas previstas, e como premio de consolidación acabáronlle  regalando á nosa querida vila a alongada "  Rotonda  da Compresa "  da que disfrutamos no chamado Cruce dos Catro Camiños, que agora son "cinco".

....................................................................................................................................................................... 

                             UNHA PRAZA DE TOUROS  NA VILA DE SÁRRIA

Cando nas primeiras décadas do século XX os  "sarriaos vilegos"   pasaron   a "amar los toros"  montaron a golpe de carpinta  unhas armazóns no patio das Escolas Públicas , asimilaron tan ben o espiritu taurófilo que moi axiña prpuxeron  facer aportacións económicas para alzar unha Praza de Touros , redonda e polivalente  , recibida a idea con  xeral aplauso das "elites locáis"  que non poñían o mesmo celo na construción de escolas.

Cando dende os xornáis galegos se alzaron voces  contra ese proxecto  a idea foi desbotada , e poucos anos despóis  a afición foi esmorecendo, e non foi até fináis da década de 1960 que os touros chegaron de volta a Sárria   , sendo lidados en prazas portátiles , e voltaron voces  suxerindo  a   " necesidade " de que Sárria contase cunha praza de touros fixa.

A proposta de facer un circo taurino na  vila de Sárria deu pé para as seguintes  novas :

( La Correspondencia Gallega, Pontevedra , 28.11.1912 ) .-  De  Sárria. Unha praza de touros. Din dende de Sárria  que no banquete  ali celebrado  en agasallo  a  Afonso CCela, concorreron distinguidas  e todo o máis saínte da vila.

Entre os numerosos concorrentes  ao banquete , que  se efectuóu  no salón do  CASINO  , axitouse de novo  o proxecto dunha praza de touros, idea que foi acollida  con tanto entusiasmo  que no acto suscribironse 2.000 duros , sendo " Celita " o primeiro accionista.

Quedóu  designada  unha Comisión  encargada de realizar  o proxecto  iniciado alí hai  un ano.

A dita Comisión compóéna  compoñen os entusiastas  D. Xosé Antonio Gayoso, D, Dimas  González  e D. Emilio Zaera  quen promoverán  a suscrición imiciada  ate reuniren o capital necesario  para o proxectado circo  .

Este terá que se construir  para o vindeiro verán inaugurándose  cunha grande corrida  que dirixirá o agasallado destro, e que promete ser  un verdadeiro acontecemento  maquela localidade.

Felicitamos  aos sarriaos  polas súas iniciativas, que agoiramos  han ser de proveitosos resultados.

                                                   ..........................................................................

 ( La  Correspondencia Gallega,  Pontevedra , 7.12.1912  ).-  Dende a miña atalaia.-  Aos señores  don Antonio Gayoso, don Dimas González  e D. Emilio Zaera  que  constitúen a comisión encargada  de recadar fondos  para construir en Sárria unha praza de touros. 

Eu supoño , sen coñecelos a vostedes , que son homes  dignos, patriotas e que, en vostedes brilla o máis puro  e elevado dos sentimentos  de humanidade  que honran aos homes. Porque  así o creo  diríxolles estas liñas . E ao seu corazón ao que vou chamar eu con acentos  de piedade e de caridade.

Recadan vostedes diñeiro para construir  no seu pobo  unha praza de touros e, segundo as novas que eu teño,  posúen, xa, máis de 10.000 pesetas. Vostedes,  de seguro, de boa fe, cren que con iso van facer unha obra meritoria.

Pensan en conciencia  se ........  de desgrazas  e de dores  , teñen dereito a derrocharen  o diñeiro para un espectáculo  bárbaro e salvaxe.

¿ É que en Sárria  non hai miseria  que aminguar, dores que mitigar, necesidades que socorrer ?. Non é desgraciadamente , de agardar que así sexa, Sárria segundo entendo  , non é unha sucursal de Jauja  ?  ¿ Cantas escolas hai  nesa vila ?.  ¿ Son letrados todos os seus habitantes , ou,  pola contra abondan os analfabetos  ? ¿  Non lles parece a vostedes  que é un crime gastar  uns miles de  pesetas  nunha praza de touros que non serve absolutamente para nada , cando hai homes que non saben  das delicias  do pan do espíritu , cando hai seres que viven na indixenza mental, na máis crasa iñoranza  ?.

Vostedes , como homes honrados , protestaron  coa maior enerxía  do asasiñato do Sr. Canalejas  ? ¿ Saben  vostedes de onde  saen os Pardiñas ?

á


.......................................................................................................................................................................  

                            PRIMEIRO PROXECTO DE REGADÍO NO VAL DE SÁRRIA

O primeiro Concello Constitucinal de Sárria ( 1820 /1823 )  pretendéu facer   unha canle que, con orixe na Acea de Baixo ( Farbán  ) levaría as augas do río Sárria  para fertilizar  a banda dereita do río, rematando o seu percorrido  na parroquia de Santa Mariña de Rubín.

Con orixe na Presa do Peago, augas arriba do Muiño da Acea de Baixo, abriron   unha xancia  que non pasóu  de ser  rega dos prados de Ribela.

                    E os sucesivos concellos non fixeron actuación ninguha  a prol da posta a punto dese desexado regadío, co que se volvería a falar  cando darredor de 1960  se falóu de facer unha grande presa en Sivil ( Samos ).

 ...................................................................................................................................................................

                      A GRANXA PROVINCIAL DO MORELLE

A Deputación Provincial  tratóu de establecer no Monte do Morelle ( San Xulián da Veiga )  unga granxa con finalidade divulgativa e experimental  quixeron que ali fose realidade, mais a oposición dos veciños   levóu a que o proxecto  se trasladase á Terra Cha.

Un proxecto semellante para  unha granxa da mesma promoción no Monte de Lamalonga ( Barbadelo ) levóu o mesmo  camiño.

...................................................................................................................................................................... 

                                   O CAMIÑO DE FERRO DE PONTEVEDRA A SÁRRIA

Nas primeiras décadas do século XX foi teima mantida a da construción dun ferrocarril central galego que, con orixe en Pontevedra e pasando por Lalín e Sárria remaaría o seu trazado en Ribadeo. Politicos e xornáis   falaron  da necesidade e abrir ese camiño de ferro.  Tamén se  falóu de que en vez de vir a liña por Sárria, pasase pola Pobra de San Xiao, mentres outros sinalaban  que  debería  facelo  por Lugo.

Ninguha desas alternativas  achóu bon suceso.

..................................................................................................................................................................... 

                                      UN ENCORO EN  SIVIL

Tanto para  facilitar o regadío do Val de Sárria como para  aproveitamento  destinado ao  suministro de auga para a cidade de Lugo  autoridades locáis  e provinciais, e mesmo  en plans hidrolóxicos,   manifestaron  dende a década dos anos 1960 a  inmedita construción dunha presa  aproveitando   un estreitamento existente á altura do lugar de Sivil, pa parroquia samoenens e de Estraxiz,  que encorando as augas do río Sárria  serviría para potenciar  o aproveitamento  agrícola e gandeiro da Veiga de Sárria.

Aínda que se fixeron traballos  e medicións no terreo , aforamentos e cecáis houbese borradores  manexados  na Confedración Hidrográfica do Norte de España  , esa obra que supoñería a desaparición da Veiga de Reiriz , non pasóu  a ser realidade.

.................................................................................................................................................................... 

                                      A ESTRADA DO COUREL A GUNTÍN

Darredor de 1860  a Deputación Provincial de Lugo  lanzóu o proxecto de apertura dunha estrada con orixe no Courel, que pasando por Sárria e Portomarín  remataría en Guntín de Pallares. Como primeiro treito a abrir estableceron o compreendido entre Sárria e O Courel.  Como método de traballo sinalaron o de prestación persoal. Ese desexo construtivo  coincidiu  co tempo no que, tamén por prestación persoal  o Concello de Sárria  , estaba a derrubar  a parte da Fortaleza , foxos e contrafoxos que comprara para alongamento do Campo da Feira do 20. Como non se arbitraban fondos para a proxectada estrada, o Alcalde sarriao solicitóu do Gobernador Civil  que  , mentres non houbese obras para a proxectada estrada, se empregasen os homes no rebaixo  do soar da Fortalez, A autorización foi concedida.

Comezdaas as obras  non psaron máis aló do Fontao.  O trazado entre Sárria e a Montaña courelá  foi  esquecido e a liña entre Sárria e Portomarín  , á que adicaron unha primeira intención,  estivo perto  de 70 anos parada en Mouzós. Entre Sárria e Seoane, tomando entrada pasada a vila de Samos e seguindo por Lóuzara,  pasaron máis de 100 anos  até se poido chegar por estrada dende Sárria a Seoane.

................................................................................................................................................................... 

                                   O TELEFÉRICO DO OURAL AO VAL DO MAO

En Santa María do Mao ( O Incio )  e para a Factoría de Cementos que se establecéu no Oural,  fíxose o aproveitamento de pedra caliza na canteira de Cadamonte.  Para facilitar o transporte  do material extraído  , para o que se empregaron camións ,  houbo que alargar as estradas  do Oural a Cruz do Incio e do Empalme de Castroncán ao Val do Mao, e abrir dous enlaces  para poñer en comuicación esas dúas estradas.  Un deles para concetar a estrda do Incio coa que dende o Mesóns dos Alvaredos ía a Loureiro, e outro dende Loureiro  á Vneda de Córneas ( Samos ).  Un terceiro ramal  , xa no Val do Mao, abriuse , por xunto do Campo de San Fraiz , chegaba pé da canteira.

A autorización  da explotación da Factoría e da  canteira incluía a instalación entre eses dous puntos  dunha liña  de teleférico que permitiría  que, de xeito contino, a pedra caliza  por ese medio de transporte aéreo, se puxese  no Oural.

                         Esa liña non pasóu  de simple proxecto non plasmado en actuacións  prácticas.

.................................................................................................................................................................. 

                                     O TELEFÉRICO DO OURAL ÁS CANTEIRAS DA VILAVELLA

Cando se esgotóu a Canteira do Val do Mao, a fábrica de cementos do Oural pasóu a aproveitar a pedra caliza existente en Santa María da Vilavella ( Triacastela ), e para salvar a distancia entre canteira e factoría houbo necesidade de destinar  ao acarrexo  unha numerosa flota de camións.  Tendo en conta a distancia entre eses dous puntos e o custe que  supoñía, solicitaron  permiso administrativo para establecer  un teleférico  , que foi declarado de utilidade pública , comezando  o expediente de  expropiación forzosa  , avanzando  as actuacións até a publicación das parcelas e propietarios afectados  pola pretendida obra.

Porén a Empresa  desistiu   do proxecto , e o transporte por estrada  mantívose coa acostumada intensidade, malia a que os estudos económicos sinalaran a bondade e economía do sistema que se pretendera instalar.

.................................................................................................................................................................. 

                                     A PLANTA INCINERADORA DE NEUMÁTICOS DO OURAL

Outro proxecto   de Cementos Cosmos que quedóu en nada foi o de aproveitar a queima de neumáticos  como fonte de enerxía calorica. Houbo oposición veciñal e dos movementos escoloxistas, véndose obrigada a Empresa a desistir  dese intento.

Máis adiante trataron de empregar como combustible  plantas  que poderían ser cultivadas en grandes espazos, como podían ser montes en man común, mais ese proxecto non pasó da fase de estudos previos de natureza teórica .

................................................................................................................................................................... 

                             O CENTRO DE FORMACIÓN PROFESIONAL MINEIRO

...................................................................................................................................................................  

                          O   COLEXIO LIBRE   ADOPTADO DE  ENSINO SECUNDARIO DE SÁRRIA  

...................................................................................................................................................................  

                                                   UNHA IGREXA PARROQUIAL EN SAN LÁZARO  

................................................................................................................................................................. 

                                            UNHA RÚA DENDE A RÚA MAIOR Á ESTACIÓN

................................................................................................................................................................. 

                                         UNHA SALA DE CINE NA RÚA MATÍAS LÓPEZ 

................................................................................................................................................................. 

                                     UNHA PLANTA DE FORMIGÓN NO OURAL

...............................................................................................................................................................

                                           CAPTACIÓN DE AUGAS NA FONTE RIBEIRA

.................................................................................................................................................................. 

                                        CAPTACIÓN DE AUGAS NA AGRA DA PONTE RIBEIRA

.................................................................................................................................................................. 

                                           CAPTACIÓN DE AUGAS NA PRAIA DO CHANTO

.................................................................................................................................................................. 

                                          ESTACIÓN DEPURADORA  NAS INSUAS

.................................................................................................................................................................. 

                         PROXECTO PARA REFACER A PONTE DE RIBELA ( INEXISTENTE  )

.................................................................................................................................................................  

   PROXECTO PARA  REFACER  A PRESA DO MUIÑO DA PONTE RIBEIRA ( INEXISTENTE )

   ..................................................................................................................................................................       

PROXECTO PARA RESTAURAR  AS PINTURAS MURÁIS DO PRESBITERIO DA  IGREXA DE SANTA  MARIÑA DE SÁRRIA    ( INEXISTENTE )

......................................................................................................................................................................                                     

                     AMPLIACIÓN DO POLIGONO EMPRESARIAL  DO MORELLE

...................................................................................................................................................................... 

                                    A CIRCUNVALACIÓN DA VILA DE SÁRRIA

....................................................................................................................................................................... 


Comentarios

Publicacións populares