BANDAS DE MÚSICA DA TERRA DE SÁRRIA ( 625 )

                                BANDAS DE  MÚSICA  DA TERRA DE SÁRRIA                       ( 625 )

 

BANDA DOS AMENEIRIZAS.-   Varios dos músicos que formaban parte da suprimida Banda Municipal de Sárria  que fora dirixida polo Mestre André Piquero , botando ademáis a formación musical de mozos  que coa dita banda estudaban e entraban no manexo  dos instrumentos musicáis,  como afeizoados e sen organización formal, pasaron a se reuniren na Casa de Martucho , no paraxe das Amenerizas ( parroquia de Vilar de Sárria ), perto  da Ponte de Ferro, e  organizaron ensaios. Baixo a direción de  Fernando López, que era garda  municipal,  mantiveron aceso o seu interese pola música, ofrecendo desinteresadas actuación para o público  sarriao.  . Ese labor calado de amigos unidos polo elo do amor á Música foi o sustrato que permitíu  16 anos  despóis    o nacemento dunha renacida Banda de Música  dentro  dunha Escola de Música patrocinada polo primeiro Concello Democrático arroupado pola Asociación de Amigos da Escola de Música .

Agora, ao xuntar datos referidos ás sucesivas  agrupacións musicáis que floreceron na Terra de Sárria dende as décadas fináis do século XIX , hai que destacar   que , en boa medida, o renamento da Banda de Música de Sárria tivo os seus mellores valedores  nos AMENEIRIZAS.

************************************************************************************

BANDA DE ANGELITO.-  Formada no Concello de Samos. Actuóu na Festa da Virxe das Ermidas  en San Mamede do Couto ( Samos ).** ( 27.06.1925 )  Intervén na celebración da entronización do Sagrado Corazón de Xesús na Igrexa Mosteiral   de Samos  presidida do bispo  Plácido Anxo Rey Lemos

BANDA  DO BARRIDO.- Formada en Paradela en 1873 , promovida polo mestre " O Bolo" , e que con altibaixos estivo activa até 1962.  O 24 e 25.06.1923   actuóu nas festas de Sobreda ( O Saviñao ). Sucesivos direitoros:  O  Bolo, Pedro de Barrido, Pedro de Castro, Xoán de Ríos, Luis de Bidueiro de San Vicenzo  ( 1950 a 1962  ),  Ramiro  Rodríguez de Castro., Eliseo Rodríguez  de Castro ,  Alfredo de Higón , Henrique  Fernández de Baralla. **  A constitución  dunha Escola de Música  para contribuir  á recuperación  da  Banda de Música  que pasóu a denominarse  Banda de Música de Paradela, xa con funcionamento autónomo a nova  banda fixo a súa presentación en Vilacaiz  ( O Saviñao ), estando composta  por 30 músicos . Actuacións :  León, Chantada, A Pobra do Brollón , Escairón, Lugo,  Ourense, Portomarín , Sárria.

BANDA DE BARRIDO-FARBÁN.-  Dirixida polo mestre " Barrido". O 4 de setembro de 1901 amenizóu unha verbea en Sárria, en " Villa Aurelia", ( 06.1930 ).-  Actuación na Festa de Santo Antonio de Rubián ( Bóveda ).

BANDA DOS CACHELOS.-  Grupo  de música popular galega  da que formaban parte  Xoaquín Loureiro  Castedo ( de San Martiño de Oleiros ), gaita,  Xoán  Fernñandez, bombo,  Xosé Carballa,  clarinete  e Xulio Seijas, platillos.

BANDA  DE CORNETAS E TAMBORES  DOS EXPLORADORES DE ESPAÑA.-  ( 1917 )  Organizada en Sárria polo Comité Local  dos Exploradores de España ( Boy Scouts ) e dirixida por Gómez  Requejo. 

BANDA DE CORNETAS E TAMBORES  DA O.J.E  DE SÁRRIA.-  Organizada  polo Círculo Gregorio Fernández  da " Organización  Juvenil Española" de Sárria , e promovida  polo seu direitor Manuel Rodríguez Díaz ,  coa colaboración  dos músicos Ramón Pallares Labariñas e  Xesús López.  Tiña acompañamento  de  gaitas.

BANDA DA ESCOLA DE MÚSICA DE SÁRRIA.-  Para promocionar   a recuperación da actividade musical en Sárria    creouse a Asociación  de Amigos da Banda a de Música   presidida por  Anxo López Pereira " Asturiano" , Postos en contacto con músicos que formaran parte de agrupacións musicáis   conformaron un grupo  dirixido polo Mestre Méndez ,  que estaba xubilado, despóis de dirixir por moitos anos  a Banda Municipal de Lugo .**  A Deputación Provin cial de Lugo  concédelle á Asociación unha axuda de  100.000 pesetas  para material de ensino, solicitadas por Anxo  López Pereira.** ( 28.01.1985 ) O Concello de Lugo reclamalle a AABM  a devolución  dos instrumentos prestados  en maio de 1979  para a reanudación da vida  musical   do novo colectivo :  1 baixo ( Rttº- Hijo ),  1 clarinete (  Robert con  lira e estuche ). 1 saxo alto mb (  Evette &Scheaffer , nº 18299 ) e 1 fliscornio  ( Lignatone ).

BANDA DE GAITAS  DA ASOCIACIÓN CULTURAL  VAL DE LÁNCARA .-  Fundada en 1994. Chegóu  a contar con  14 gaitas, dous tambores, dúas pandeiretas e bombo. O seu xermolo foi  o grupo "Os  Carrapucheiriños"  do Colexio Ramón Piñeiro da Pobra de San Xiao . Actuacións :  Festas e romaría na bisbarra , Club de Golf A Zapateira da Coruña, Tele Lugo,  Madrid ( Barrio Lucero ) e participóu na Liga Galega de Bandas  de Gaitas.

BANDA DE GAITAS DE SAMOS.-  Promovida  por Xosé Fernández, seguindo  as directrices  do musicólogo  courelao Foxo , e  integrada na Federación  de Bandas de Gaitas.

BANDA DE GAITAS DE  SÁRRIA.-  Integrada na Federación de Bandas de Música  promovida  pola Asociación "  Vila Nova de Sárria". En agosto  de 2006  do quinto ao cuarto grao.

BANDA MUNICIPAL DE MÚSICA DE SÁRRIA.-  Fíxose a presentación oficial no Cinema Cissa  o día 21  de xuño de 1951  baixo a direición  de André Piquero Cabrero. Actuóu os días 22, 23 e 24 nas  festas do San Xoán. **  En setembro de 1951 , contando con trinta membros,  toca na Festa do Carme de Láncara. **  ( 12,10. 1951 )  Na Igrexa do Convento da Mercé  amenizan na Festa da Virxe do Pilar, organizada pola Garda Civil,  misa , procisión e participan en concerto , festa e verbena ,** En agosto de 1952 ameniza as Festas de San  Xil en Bóveda. ** En outubro de 1954 actuóu en Baldomar ( Begonte )**  En abril de 1961, nas Festas da Virxe de Montserrat de Monforte de Lemos, dan un concerto na Rúa do Cardeal.** (  10.08.1962 )  Dan un concerto nas Festas Patronáis de Monforte.

BANDA DE MÚSICA DE BANDE.-   Formada na  parroquia de San Pedro de Bande ( Láncara ).

BANDA DE MÚSICA "CALAMUCANA".-  Formada en San Miguel de Vilapedre ( Sárria ).

BANDA DE MÚSICA DA COMARCA DE SÁRRIA.- ( 2023 )  Promovida por un grupo de mozos de v varios concellos da Terra de Sárria co obxectivo de ser  a banda  de toda a Comarca., dinamizando o rural  e as vilas , contribuir á cultura da veciñanza  involucrándoa nun proxecto interxeneracional , promovendod os valores  de colectividade  das bandas de música , situar a Comarca  referentes   da Galicia interior.  Director: Xesús López Prado , Direitor do Conservatorio Proficional de A Coruña.   Fixo presentación na  Casa da Cultura de Sárria  o 18.11,2023, Concerto de Santa Icía.

BANDA DE MÚSICA " ECOS DEL SÁRRIA".-   Actuou no San Xoán de 1931.

BANDA DE  MÚSICA DA FALANGE DE SÁRRIA.- Composta  por 36 músicos.  O 1.10,1936  participóu no enterro  do soldado  Dani el García Erranz , falecido en Sárria nun desgraciado accidente . Esta banda foi formada  por " agrupación forzosa " das Bandas  entón existentes no concello de Sárria.

BANDA DE MÚSICA DE FARBÁN.-   En 11.08.1908  actuón na " Novillada"  celebrada na Praza de Touros de Sárria ( Patio das Escolas Públicas ) , na Praza de Xoán María López e no Paseo de Moda.

BANDA DE MÚSICA " ARMONÍA " DE VILAPEDRE.-   Activa en San Miguel de Vilapedre (  1935/ 1947 ) **

BANDA DE MÚSICA " LA ARMONÍA ".-  Creada en Sárria en 1924 . Amenizaba os partidos de fútbol da SD Sarriana  e daba concertos os  domingos no quiosco da Praza de Xoán María López.**  En febreiro de 1926 fai pasarrúas e  concerto na Praza da Constitución para celebrar o vóo entre España e a Arxentina. ** En 7  de marzo de 1929  acompaña a concentración de Tarsicios eucarísticos dende a Estación ao Conven to da Mercé  presidida polo bispo lucense, e deron un concerto.** En setembro de  1930 tocan na Festa de Santa Icía de San Martiño de Loureiro de Froián.** En 1934 actuóu nas  Festas do San Xoán de Sárria.

 BANDA DE MÚSICA " LA LIRA" DE  VILAPEDRE.- Formada en San Miguel de Vilapedre.** (  6.09.1930 ) Participa na Festa do Santo  Cristo de Goián **  ( 25 ,07, 1935 ) Ameniza a Festa de Santiago da Veiga, ** ( 18.11.1935 )  Participa na Festa de  San Martiño de Requeixo. **  ( 2.09.1944 )  Ameniza a Festa do Cristo de Goián  **  ( 4.09.1960 ) Actuación na Festa do Santo Cristo de Goián ).

 BANDA DE MÚSICA DE LÁNCARA.- Formada por músicos xoves . En 2005 deu un concerto no Campo da Feira da Pobra de San Xiao.

BANDA DE MÚSICA " LA NUEVA" DE SÁRRIA.-  ( 1934 )  Actuóu nas Festas de San Xoán.

BANDA DE MÚSICA DE PARADELA  ( 1 ).-   ( 1922 )  Animación  das festas de Castro do Rei de Lemos. 1933, xunto  coa Banda de Portomarín  anenizóu as festas do Santo Cristo  da vila miñota. **  (1924 ) Organizan unha colecta para adquirir  traxes  para os músicos. **1935,. Participa nas  festas do  Santo Cristo de Portomarín.

BANDA DE MUSICA DE PARADELA ( 2 ).-  Creada ao abeiro da  Asociacción Cultural " O Barrido". reunindo músicos da antiga Banda do Barrido  que seguiron participando en grupos musicáis  da zona  e algúns estaban  ensaiando na  reconstituída Banda da Escola Municipal  de Música de Sárria.

BANDA DE MUSICA DE PERUCHO DE RIBELA.- O 10 de marzo de 1898  actuóu na " Corrida do Galo"   celebrada  en Vigo de Vilar de Sárria . O seu direitor era  Pedro Macía ( Perucho de Ribela )

BANDA DE MÚSICA DOS PINTORES.-  ( 1914 ) Formada no  Incio.,

 BANDA DE MÚSICA DE RÍO.-  ( 1911 )  Formada na parroquia de San Martiño do Río ( Láncara ). 

BANDA DE SAMOS ( 1 ).-  ** ( 21.07.1900 )  Ameniza a voda , celebrada en Samos e o banquete na Ferraría, do comerciante  sarriao Emilio Zaera Vázques e Concepción Gayoso Sánchez** ( 1915 )  Ameniza todos os días  a Novena de San Bieito e o 11  de xullo  interpreta unha marcha triunfal dende  Cámara  Abacial até a Igrexa Mosteiral. ** ( 18 e 19.03.1912 )  Intervén  na  Benzón Abacial de Dom  Xosé Álvarez. **   (1916  )  en Pedrafita do Cebreiro  ameniza a Festa de Santo Antonio de Padua.

BANDA DE MÚSICA DE SAMOS.-  (  2 )  Creada en 1924.  ** Os días 7 e 8  de setembro  de 1927 actuóu na Festa do Santo Graal do Cebreiro.**   Dirixida  por Carlos Valdés  participa na Festa do Santísimo  en Santo Estevo de Reiriz. E na festa de Santo Antonio en San Martiño do Real.

BANDA DE MÚSICA DE SAN XOÁN DO MURO.-  En  18 de xaneiro de 1925  actuóu  na festa de Santo Antón Abade  en Laxosa-O Corgo , e de madrugada  morréu  accidentalmente andando pola vía  un dos seus membros  chamado Xosé Rey Leirado .

BANDA DE MÚSICA DE SÁRRIA.( 1 ) .-  ( 1893 )  Creada baixo da direición de  Francisco Arias, fixo a súa presentación  o 31 de decembro obsequiando aos Manueis.

BANDA DE MÚSICA DE SÁRRIA.- ** ( 22.01,1950 )  Toca nos actos de benzón da Igrexa de San Pedro de Maceda ( O Corgo ).

BANDA DE MÚSICA UNIDOS DE SÁRRIA.- Formada en Sárria.

BANDA DE MUSICA DE VILAPEDRE.-  Formada en San Miguel de Vilapedre ( Sárria ). **  ( 28. 07. 1935 )Actúa na Festa do Carme de Chorente, dando concerto na Estación do Oural. Dirixida por  Anxo Valdés. ** (   16, 17 e 18.09. 1939 )  Participa na Festa da Virxe en Navia de Suarna. ** ( 23.06,1942 )  Participa na Festa do San Xoán de Becerreá .**  ( 23 e 24.06.1943 ) Actuación na Festa do San Xoán de Becerreá. ** (  15 e 16.05,1947 )  Actuación na Festa da Ascensión en San Sadurniño de Ferreiros.  13.01.1956 ) Falece o direitor  da Banda de Música de Vilapedre ,  Manuel Díaz López.

BANDA DE MÚSICA DE VILAR.-   Formada na parroquia de  Santa María de Vilar, Varios dos seus compoñentes formaban un coro  e complementaban  as súas actuacións  musicáis cantando a Misa Maior  das festas nas parroquias onde os contrataban,

BANDA DE MÚSICA DE VILAR DA TORRE.- Formada na parroquia de San Martiño de Loureiro de Froián  ( 1935 ),estaba dirixida  por Gumersindo Alvaredo  Actuóu en Loureiro  coa ocasión  da Festa da  Entronización do Sagrado Corazón de Xesús.

BANDA UNIÓN MUSICAL  SARRIANA .- (  1948 ) Actuóu nas Festas  do San Xoán os días  22, 23, 24  e 25  ( Xira das Insuas ).  ( 1961 )  Actuóu no San Xoán   os días 23 e 24,

BANDA OS VILAMELLES.-  Formada  no Concello de Samos .  O 10 de agosto de 1913 actuóu  na Festa dos Miragres   en Gorolfe.

BANDAS DE MÚSICA MILITARES EN SÁRRIA.- Os Batallóns do Exército de Terra acuartelados na vila de Sárria no tempo da guerra civil, e anos posteriores,  contaron con bandas musicáis que ademáis de participaren nas actividades castrenses tamén  o fixeron en procisións cívicas e relixiosas e nas festas patronáis ou dos barrios.

**************************************************************************************

                   BANDAS DE MÚSICA FORÁNEAS QUE ACTUARON  EN SÁRRIA

 BANDA DE INFANTERÍA  DE MARINA .- ( 1972 ) 

BANDA DE MÚSICA DE ALONGOS-UNTES.-  ( 1935 )

BANDA MUNICIPAL DE MÚSICA DE A CORUÑA.-  ( 2001 ) 

BANDA MUNICIPAL DE MÚSICA DE  LUGO.-  ( 29.09.1940 ) Participóu na procisión da Virexe da Mercé.- Festas do San Xoán :  ( 1942 ).- ( 1967 ).-  (  1987 ),.

BANDA MUNICIPAL DE MUSICA DE OURENSE .- ( 1944 )

BANDA MUNICIPAL DE MÚSICA DE SOBER..-

BANDA MUNICIPAL DE MÚSICA DE VIVEIRO.-   ( 1976 ) 

BANDA DE MÚSICA DE ALLARIZ.-  ( 1950 ) 

BANDA DE MÚSICA DE CELANOVA.-   Festas de San Xoán. ( 1968 )  23 e 24 , pasarrúas, bailes, concerto e  procisión.

BANDA DE MÚSICA " LA LIRA" DE  RIBADAVIA.- 1948 . Festas do San Xoán , días 22,23 e 24: Pasarrúas, procisión, concerto e bailes.  1965.-  Días 23 e 24.

B ANDA DE MÚSICA " LA LIRA ORTEGANA".- ( 1966 ) 

BANDA DE MÚSICA  DE  LUGO.- 

BANDA DE  MÚSICA DE  MAREI.- Formada en Santa María de Maréi. Actuóu en festas de parroquias de Láncara.

BANDA DE MÚSICA "NUEVA LIRA" DE VILALBA.-  ( 1930 )   Foi  creada  en Vilalba . No San Xoán de Sárria  os días 23 e 24 fixo pasarrúas, concerto e animóu  as verbenas.

BANDA DE MÚSICA DE PORTOMARÍN.-  ( 1933 )  Amenizaba festas  no Páramo e Paradela. Contan que  cun son de chunda-chunda  cantaban  como   nunha salmodia  " Non hai quen nos  chufe- chufámnos nós- Non hai quen nos chufe- chufámonos  nós....... "

BANDA DE MÚSICA DE SOBER.-   Nas Festas do San Xoán  de 2012 actuóu o día 25 de xuño na Praza de Touros  e deu un concerto polo serán.

BANDA DE MÚSICA DE SOBRADO DO BISPO.-  ( 1945 ) 

BANDA XUVENIL  DE FERROL.- (  1992 )

                                           *****************************

                                             BANDA FORMADA EN CUBA

BANDA DE SÁRRIA.-  (  La Habana. Cuba ). Formada na capital cubana , interviu nun acto organizado  pola Unión Gallega  na nova  " Fábrica de Hielo"  ( entre  Cerro y Palatino ),  interpretando o Himno Galego.

                                         ************************************

Comentarios

Publicacións populares