A FAMILIA MACÍA DE SÁRRIA ( 62O )

                                               A FAMILIA MACÍA DE SÁRRIA                            ( 620 )

Unha das familias máis destacadas na Sárria dos séculos XIX e XX foi  a FAMILIA MACÍA, establecida na Rúa Principal ( hoxe Rúa Maior ) na parroquia de Santa Mariña , até o ano 1891, ano no que  variaoron as estremas parroquiáis da vila e pasóu a formar parte da parroquia de San Salvador de Sárria.

Entre os membros  máis destacados desta familia figuran os seguintes:

                                                       XOSÉ MACÍA 

Labrego, morador na parroquia de Santa Mariña de Sárria.  En 1753 declara ter 34 anos , estar casado,  ter dous fillos  e unha filla, e na súa casa  tamén unha cuñada e a sogra. Era unha casa  de un alto , de 120 varas en cadro , que estaba  entre as de  Xoán de la Vega  e de  Manuel Monteagudo. Tiña o Horto de Tras Casa . Pagáballe  a Pedro Cidre  de Yebra, Señor  de San Pedro de Láncara, a renda de 6 ferrados de centeo  por foro;  para a Fábrica de Santa Mariña  pagaba un real por primicia  e polo Voto do Apóstolo Santiago  pagaba medio ferrado de pan. Tiña  unha vaca, unha xovenca  e cinco porcos.

                                  BRAIS MACÍA  MONTEAGUDO

Presbítero  patrimonial  en Santa Mariña de Sárria . Fillo de  Francisco  Macía  e de Antonia ( Monteagudo ) Cedrón. Falecéu  o 12.08.1818.

*************************************************************************************

ANTONIA MACÍA DE NEIRA LÓPEZ.-  Natural de San Salvador de Sárria. Filla de Francisco Macía de Neira ( Sárria ) e Sabela López ( de Vilar de Sárria ). Casóu con Manuel García Vaamonde Somoza - Fillos: Camilo e  Daniel García Vaamonde Macía. Falecéu na Casa Vaamonde  o 23.10.1897 aos  69 anos.

                                               XOSÉ MACÍA DE NEIRA LÓPEZ.

Propietario. Fillo deb Francisco Macía de Neira ( Sárria ) e Sabela López ( Vilar de Sárria). Casóu Antonia García Vaamonde. Fillos:  Dores, Xusto, Pilar e Celia Macía López. Falecéu en outubro de 1884 aos 63 anos.

                                       ANTONIO  MACÍA DE NEIRA  DE LA TORRE

Natural de Santa Mariña de Sárria . Fillo de Antonio Macía de Neira  ( Sárria ) e  Cecilia de la Torre ( Santalla do Alfoz ).. Casóu con Xoana Díaz de Freijo coa que non tivo fillos- En segundas nupcias con Socorro Inés Lópoez-Yánez Dorado, coa que tivo por fillos  a Amador,  Xerardo, María do  Pilar, Antonio, Arturo e Manuel Macía  (de Neira ) López. Falecéu  o 30.03. 1890-

                                       FRANCISCO MACÍA  DE NEIRA  E  DE LA TORRE

Relación  de méritos, servizos e  funcións públicas  elaborada por don Francisco Macía de Neira e de la Torre :

Servizos  prestados no Exército e a Administración:

Rexedor do Concello de Sárria ( posesión 11.11. 1833.-  Tenente da Compañía de Granadeiros (  18.11.1835 ). .- Alcalde 2º do Concello de Sárria. ( 11.07.1837 ).- Subtente da Compañía de Cazadores ( 26.07.1837 ).- Subtenente da Compañía  de Mobilizados (  5.09.1939 ).-  Alcalde Presidente do Concello de Sárria (  11.01.1841 ).- Administrador  de Correos de Sárria ( 16.05.1845 ).

Comisións e servizos especiáis:  " Alistouse voluntariamente  nas fieiras da Milicia  creada na Vila o ano 1834, tendo a honra  de ter sido Oficial da mesma  sen interrupción  dende 1835 acó.  Estes empregos  proporcionáronlle o bater  as gavelas  facciosas  que desolaban o país, saíndo na súa persecución  diferentes veces  e axudando a escarmentalos cando  ousaban  achegarense perto da vila , que era centro das operacións militares. Durante o  tempo que foi comandante de Mobilizados  estivo ao seu cargo  a Comandancia Militar  deste Pobo , na que aínda continuóu  despóis de ter sido disolta  por iinecesaria a forza  que estaba ás súas ordes.  En todo o período da Guerra Civil , prestóu  varios servizos como Fiscal , entendendo  en causas de infidemia  de bastante  gravidade  e trascendencia , cuxo  cometido desempeñóu  a satisfación dos xefes  que  llo confiaron  dos xefes que llo confiaron, En xuño do ptresente ano, cando o Pronunciamento tivo a honra  de ser nomeado  pola Xunta de Goberno  para mandar unha forza  de Nacionáis  que foi a se poñer  ao dispor  da capital de Lugo, onde permanecéu  todo o tempo que foi necesario , cooperando ao triunfo  do Alzamento nacional.  Foi comisionado no ano 1842  polo Señor Xefe Politico  da Provincia  para recoller e clasificar  nas librarías de varios mosteiros  e conventos as obras máis selectas  co obxecto  de formar unha Biblioteca Pública  na Capital de Lugo, como se realizóu, a cuxo establecemento remitiu multitude de volumes e libros de mérito que hoxe a enriquecen , obtendo polo seu desempeño  gratuitro, celo e laboriosidade  , un voto de graza.  Tamén foi elexido  polom dito Sr. Xefe Politico , Inspector e  Direitor da recomposición  de Camiños do Distrito de Sárria, no corrente ano, quen lle deu as grazas polo seu bon desempeño  cando tivo a ben admitirlle a renuncia  que fixo do dito cargo  por causa das ocupacións  e deberes que lle impón o novo destino de Correos  que hoxe ten. Outros diferentes servizos  e comisións honoríficas  tivo a honra de exercer  e que emite en obsequio  á brevidade. E para que así  o asino en Sárria , a 31 de decembro de 1843,

                                                ANTONIO MACÍA CEDRÓN

Alcalde de Sárria ( 1860 ). Propietario.  Xefe Superior   Honorario  de Administración Civil.  Nacéu en Santa Mariña de Sárria (  23.03.1823 ). Fillo de Francisco Macía  e María Antonia Cedrón.  Casóu con  Euxenia  Vázquez Cabañas . Fillos:  Xoana,  Aurelia, Balbina,  Paulino, Augusto ,  Euxenio, Amadeo  e Xulio Macía Vázquez . Falecéu o 7.02.1891.

** En  23.05.1854  ao voltar de Madrid  tomóu posesión como  concelleiro. **  En 29.12.1860 , en escritura pasada perante  o escribán Francisco López Pérez, autorizado polos concelleiros, os maiores contribuintes  e Gobernador Civil  compróu para o Concello de Sárria  " a metade da Fortaleza  cos seus foxos e contrafoxos... sen que se comprendo  a pedra que poida  corresponderlle do muro  que a circunda". ** O 4.03.1861  dirixiu unha carta a Manuel Pérez Batallón  como consecuencia da orde  de paralización  das obras de peche da Horta de Batallón  na estrema cos terreos  da Fortaleza adquiridos polo Concello  para anchear o Campo da Feirs.  obra feita unilateralmente  por Pérez Batallón , quen se sentiu ofendido  pola reclamación do alcalde.** En 1873, obrigado polas leis da I República  vendéu  as seguintes rendas :  A  Francisco Loureiro de San Breixo- Piñeira , 6 ferrados e medio de centeo;  Adquiriu un ferrado  de  centeo  de renda  procedente da Obra Pía do Hospital de Santo Antón Abade  do que era pagador Froilán Cabarcos, casado con Xoana Carballo ;  2 ferrados de centeo  que lle redimiu a  Filipe López de Páramo  de Arxemil m e vendeulle bens  a Francisca López de Guillade , procedentes  de Vicenta López  "Duquesa" , de Santa Mariña  de Sárria. ** Herdóu  da súa  irmá  Xoana Macía Cedrón  a renda de 12 ferrados  que pagaba Xosé López , da Ponte Ribeira ( 1885 )-

                                       AUGUSTO MACÍA VÁZQUEZ

Médico. Natural e veciño de Sárria. Fillo de Antonio Macía Cedrón  e Euxenia Vázquez.  Casóu con Xosefa Baleirac. Lamela.  Obtivo o título o  29.01.1879. Foi un dos organizadores da Unión Patriótoca nop distrito de Sárria. , concelleiro e deputado provincial ( 1924 ) Falecéu o 21.04.1927, aos   71 anos, sen deixar sucesión., no seu enterro participóu a maioría do clero da comarca e a orquestra  da S.I.C.B. de Lugo Edificóu unha das chamadas  quintas dos madrileños, coñecida como " Villa Pepita", na Estrada de Samos ( Rúa da Liberdade ), que foi derrubada para alzar un edificio para vivendas en réximen de propiedade horizontal.

************************************************************************************

                                                     BERNARDO  MACÍA CEDRÓN

Fillo de Francisco Macía e María Antonia Cedrón.  Veciño de Santa Mariña de Sárria. En 1821  pasóu a Maddir  cunha rea  de mulas levando  sete cargas de lenzo e carnes,

                                                      BRAIS MACÍA  CEDRÓN

Fillo de Francisco Macía e María Antonia Cedrón. Natural de Santa Mariña de Sárria, Crego ordeado  en Sudraco.

                                                       XOANA MACÍA CEDRÓN

Filla de Francisco Macía e María Antonia Cedrón. Veciña de Santa Mariña de Sárria. 

***********************************************************************************

                                                 LUCIANO MACÍA DE LA VEGA


                                                    LUIS MACÍA VÁZQUEZ

 Funcionario de Correos en Sárria e  Lugo  Natural de Sárria   ( 20.11.1902 )  Fillo de Luciano Macía de la Vega e de Pilar Vázquez.   Casóu con Pilar  Salgado. Fillos:   María Pilar, Papís, Luciano e María Tereixa Macía Salgado. Fundador e redactor de " El Estrellao ".  Coa publicación en El Progreso  de un artigo sobre o río Sárria en Pena Partida  inicióu a campaña a prol da recuperación do nome histórico desta corrente fluvial fronte  a  imposta  de río Oribio, feita sen procedemento legal algún por persoas lucenses  carentes de toda autoridade  para facelo. Colaboróu co seu irmán Luciano no estudo xenealóxico de familias da comarca.  Asentado en Sárria, Falecéu en Lugo  o 26.07.1896.

                                          LUCIANO MACÍA VÁZQUEZ        

Avogado e aministrador de Tabacalera. Natural e veciño de Sárria (  28.12.1906 )  .  Fillo de  Luciano Macía de la Vega e  Pilar Vázquez ,Casóu con Mercé Viñas López. Filla : Mercé Macía  Viñas. Realizóu numerosos traballos de investigación xenealóxica de familias da comarca, e publicóu algúns no Boletín da Comisión Provincial de Monumentos  Históricos  e Artísticos  da Provincia de Lugo. Falecéu en Lugo  o 31.12.1981.

  ********************************************************************************                                      

                                    AMADOR MACÍA LÓPEZ

Avogado, licenciado en dereito civil e canónico,  natural (  16.05,1859 )  e veciño de Sárria . Fillo de Antonio Macía de Neira de la Torre  e María  Socorro Inés  López-Yáñez Dorado .  Segredario do interino do Concello de Sárria ( 16.10.1881 ).  Segredario do Concello de Sárria ( 30.03.1882 ).- En 1885 era parente en 4º grao  do alcalde e dous concelleiros.  En  1885 tiña un soldo de 1.625 pesetas ao ano. En 26.08.1901 concedeulle licenza o Concello  para darlle un terceiro anar  á casa nº 33 ( numeración vella )  da Rúa Maior , e na súa frenteira  e dende o balcón do segundo andar colocar unha galería con antepeito , segundo  o proxecto do arquitecto  D. Xoán A. Mendoza. Falecéu o 8.07.1923, aos 64 anos.

                                                 ANTONIO  MACÏA LÖPEZ 

Natural de Sárria  ( 19.06.1870 ). Fillo de Antonio Macía  de Neira de la Torre  e María Socorro Inés  López-Yáñez Dorado . En 1896  vivía no número 33 antigo da Rúa Maior  ( Casa Macía  ),

                                                     ARTURO MANUEL MACÍA LÓPEZ

Propietario . Natural de Sárria ( 25.02.1875 )  Fillo de Antonio Macía de Neira e  María Socorro Inés  López-Yáñez Dorado . Falecéu  solteiro o 12.06.1916.

 

                                                 MARÍA DORES  MACÍA  LÓPEZ

Natural de Sárria ( 23.03.1866 ). Filla de Antonio Macía de Neira   e María Socorro Inés López-Yáñez Dorado . En 1896 vivía no número 33 antigo da Rúa Maior .  Casóu con Camilo González Cabarcos ( " Casa Florido" ).  Fillos: María Socorro,  Antonio e Camilo González Macía. Falecéu o 9 .04. 1918.

                                             MANUEL ANTONIO MACÍA LÓPEZ

Propietario. Natural de Sárria . Fillo de Antonio Macía  de Neira e María Socorro Inés López-Yáñez  Dorado.Viviu na casa número 33 antigo da Rúa Maior.  Interventor de  Fondos Municipáis  do Concello de Sárria, En  1936 percibía un soldo de 4.000 pesetas por ano. Falecéu  solteiro o 7.06.1937 aos 53 anos,

                                                   XERARDO MACÍA  LÓPEZ

Empregado  e Segredario do Concello de Sárria .  Natural de Santa Mariña de Sárria. Fillo de Antonio Macía de Neira de la Torre e María do Socorro López Yáñez Dorado. Falecéu solteiro o  28.08.1903 aos 39 anos.

*************************************************************************************

                                  FAMILIA NEIRA MACÍA

(  Casa de Neira ou de Solance, na Rúa Maior )

ASCENSIÓN NEIRA MACÍA.-  Natural de Sárria ( 1872 ) Filla de  Euxenio Neira Solance e Pilar Macía Vaamonde.

DORES NEIRA MACÍA.- Natural de Sárria ( 1875 ) . Filla de Euxenio Neira Solance e Pilar Macía Vaamonde. Casóu con  Eliseo Buján Vázquez.

LUIS NEIRA MACÍA.-  Natural de Sárria (  1879 ). Fillo de Euxenio Neira Solance  e Pilar Macía Vaamode. Casóu con Umbelina Sarry Buján  na Capela do Hospital do Mazadoiro en novembro  de 1910. Filla : Mercé Neira Sarry. Foi excluido de soldado por " escrufuloso" en 18.05.1898. Xuiz municipal suplente ( 1907/ 1910 ), Falecéu o 24 .12.1914.

MARÍA NEIRA MACÍA.- Natural de Sárria (  1876 ).Filla de Euxenio Neira Solance e Pilar Macía  Vaamonde.

MARTINA  NEIRA MACÍA.-  Natural de Sárria ( 1869 ). Filla de Euxenio Neira Solance . Falecéu en Santa Mariña de Sárria e Pilar Macía Vaamonde.  Falecéu en Santa Mariña de Sárria o 9.04.1903 aos 34 anos de idade.

***********************************************************************************  

                               OS VÁZQUEZ MACÍA DE  SAN MAMEDE DO CAMIÑO (SÁRRIA )

                                                   OS TRIUNFADORES

ANTONIO VÁZQUEZ MACÍA.-  Natural de San Mamede do Camiño. Fillo de  Francisco Vázquez e  Manuela Macía de la Torre. ( 29.05.1897 )  Solicitóu a praza de Segredario do Concello de Sárria  aducindo ter seguido o estudo secundario.  Resultòu  elixido.** En  1,02.1872 foi encargado  para a expedición e cobramentodo Sumario da Cruzada e Indultos de Carne.  En 28.04 publicóu  en "La Ilustración Gallega y Asturiana ", núnero 12 un solto tduado " El Incio ", Falecéu o 10.10.1881 aos 46 anos.

MANUEL VÁZQUEZ MACÍA.-   Natural de San Mamede do Camiño. Fillo de Francisco Vázquez e Manuela Macía de la Torre. Industrial chocolateiro en Madrid onde foi socio de Venancio Vázquez   López ( dos Moreno da Rúa do Porvir ). Polo seu testamento , outorgado perante o notario Antonio Buján Rodríguez o día  23.12.1876 consta que : "  En xaneiro de 1874  asociouse con Venancio Vázquez López , natural de Sárria,  para se dedicaren  como se asociaron  á fabricación de chocolate e ao comerzo doutros xéneros , baixo da razón social " López y Vázquez" en Madrid. Todo o que el deixóu desde que veu para Sárria está ao cargo e coidado do seu consocio, A espresada compañia  constituiuse por espazo de doce anos , e ao pouco trascorrido , deu moi bons resultados, contribuindo a iso moitísimo a intelixenza, laboriosidade,  boa harmonía e  íntima amizade coa que ambos dous se distinguían; así que non pode  menos de encargarlle aos seus sucesores que aos seus sucesores  que ao Venancio  Vázquez López se lle garden  as maiores consideracións  e deferencias ás que é acreedor. Tendo presente que a súa nai  Manuela Macía de la Torre é herdeira por ministerio da lei  das dúas terceiras partes de canto constitúe a fincabilidade  do testador  que adquririu  pola súa industria  e traballo , independentemente  dos seus pais , formando por  tanto un peculio  adventicio  e considerando que , separándoa da outra terceira parte, da que o outorgante pode e se propón dispoñer, perxudicaría á Sociedade, e que cecáis esta non chegase ao termo fixado dannificando  ao socio Venancio Vázquez López ;  tendo en conta  tamén , que  a dita súa nai  non é a proposito para sustituilo, xa pola razón de sxo, falla de coñecemento  no ramo, xa pola súa avanzada idade , pidelle o testador que respecte  o contrato social outorgado  e pola súa parte , nomea para continuar como tal  ao seu irmán Antonio Vázquez Macía , veciño desta vila . E na restante  terceira parte da súa herdanza, da que pode dispor ,  institúe e nomea desde logo  por herdeiro seu  ao seu irmán  Antonio Vázquez Macía . Nomea por albacea. cumpridores e testamentarios  a Antonio López Vázquez , veciño de Madrid e ao seu tío Antonio  Macía de Neira  e ao seu irmán Antonio  Vázquez Macía " ( Gregorio Sánchez  Meco ).

                                 .................................................................................

CASIANO VÁZQUEZ MACÍA.- Natural  de San Mamede do Camiño, Fillo de Francisco Vázquez e María Manuela Macía de la Torre.

EUXENIO VÁZQUEZ MACÍA.-  Natural de San Mamede do Camiño. Fillo de Francisco Vázquez e María Manuela Macía de la Torre.

MARÍA MANUELA VÁZQUEZ MACÍA.-  Natural de San Mamede do Camiño. Filla de Francisco  Vázquez e María Manuela Macía de la Torre.

NICASIA VÁZQUEZ MACÍA.-Natural de San Mamede do Camiño.  Filla de Francisco Vázquez e María Manuela  Macía de la Torre.

VITORINO VÁZQUEZ MACÍA.- Natural de San Mamede do Camiño . Fillo de  Francisco Vázquez e María Manuela Macía de la Torre.

XOÁN VÁZQUEZ MACÍA.-   Labrego. Natural ( 05,,01.1836 ) e veciño de San Mamede do Camiño. Fillo de Francisco Vázquez e María Manuela  Macía de la Torre. Casóu con Manuela López.  Fillos :  Severino,  Xoán Manuel, Rosalia, Consuelo, Pilar , Asunción  e Xosé  Vázquez López. Tiña casa en San Mamede de Abaixo ( Airexe ).

************************************************************************************

                            MEMBROS   DE OUTRAS FAMILIAS CO APELIDO " MACÍA "                     

 ANTONIO MACÍA-  Natural de  Santa  María de Lier (  4.02.1978 )

ANTONIO MACÍA.- Casóu  con Xenoveva Vilaro López o 6.07.1896. Filla:  Concepción Macía Vilaro.

BARTOLOMÉU MACÍA.- Veciño  da Furela na parroquia de Lousada ( Samos ), agora lugar da parroquia de Zóo.  Xunto con Alonso de la Vega , de Samos, e Xoán  do Barrio, de Louseiro , seguiu pleito na Chancelaría de Valladolid , entre 1573 /  74 , contra Rodrigo de Moya , por débeda de  900 reáis  menos medio real, froito da venda de 80 leitóns,.

BARTOLOMÉU MACÍA.-  Labrego de San Martiño de Laiosa. En 1761 declaróu   estar casado   e ter na súa compaña  á súa muller , Ana Mena,   sobriña da dona da casa  Ana González Mena.

DOMINGOS MACÍA.-  Labrego de San Salvador da Pena de  Froián . En 1689  puxo querela  na súa contra  Xosé Taboada  Sotomayor e Ulloa, da  Casa de Mezur, por pasar co carro  por riba da finca de Fiunteiramill.

DOMINGOS MACÍA.-  Labrego de San Salvador da Pena , En 1753 declara  ter 30 anos , ser casado  e ter na súa compaña  a 1 fillo menor,  1 filla, 2 irmáns maiores  e 1 irmá.

DOMINGOS ANTONIO MACÍA.- Natural de San Salvador de Cesár. Fillo de Xosefa Macía.  Casou con  Xosefa Castro . Fillos:  Asunción. Aurora, Rosalìa, Encarnación e Daniel Castro Macía.Falecéu   en Lier o   2.04.1945 aos  35 anos.

FRANCISCO M ACÍA.-  Veciño de Santa Mariña de Sárria.- Casóu con María Antonia Cedrón.  Fillos. Ber nardo e Brais  Macía Cedrón . Mordomo da Fábrica de Santa Mariña de Sárria  en 1779. Falecéu  22.08. 1812.

GUILLERM E MACÍA.-  Veciño de Rosende, na parroquia de Santa María da Pena de Froián , do Couto de Castelo dos Infantes . Meiriño  e Xustiza  do Couto e Xurisdición  de Castelo dos Infantes . O 29.08. 1656  dando cumprimento a Real Orde  da Súa Maxestade fixo "  reconto, rexistro  e declaración  dos gados maiores e menores  para a imposición da sisa , convocando para a Cabeza de Partido  e os Coutos  de Vilagade  e o seu distrito  e Couto de Larín.,"  Declaróu ser dono   de nove cabezas de gado vacún , dez leitóns , doce ovellas,  un carneiro , dezaséis ovellas   e nove cabras.

MANUEL MACÍA.-  Falecéu en Santa Mariña de Sárria o 9.07.1795.- Fillos :  Antonio, Xoán,  Francisco e  Manuela Macía. Deixóu  unha manda de  300 misas  e ao seu enterro asistiron  23 curas  e a comunidade dos agostiños de Sárria.

MANUEL  MACÍA.-  Natural de Santa María de Vilar  ( 13.02. 1879 ). Fillo de Xosefa Macía.

MARÍA MACÍA.- Labrega de San  Martiño de Laiosa. En 1761 declara ter máis de 60 anos  e con ela unha criada menor.

PEDRO MACÍA.-  Veciño de Santiago de Zóo . En 2.04.1846 estando en Lugo  incorporouse ás fieiras   da insurreción  e dende Sárria a  autoridade militar, Nicoláu  Casacro, en  22.05.1846  ,  deu orde de  detención . Os seus sináis `persoáis era;  24 anos, estatura maior de 5 pés ,  pelo e ollos castaños  escuros, nariz abultado, ningunha barba, cara  redonda, cor triguña , " viste sombreiro de palla , chaqueta de burel, chaleque de tea raiada  coñecida como casiano , pantalón do mesmo e de estopa".

NICOLAU MACÍA.-   Labrego de San Martiño de Laiosa. En 1761 declara  estar casado e ter 52  anos.

PILAR MACEDA.-  Natural de San Salvador  de Cesár  ( 7.04.1875 ). Filla de  Xosefa Macía.

TOMÉ MACÍA.- Presbítero  de San Martiño de Laiosa. En 1761 declara ter con el unha irmá.

XOÁN MACÍA.-  Labrego de  Santa María da Pena de Froián.  En 1753 declara  ter 60 anos,  ser casado e ter na súa compaña  1 xenro, casado,  1 criado menor e 2 criadas.

MANUEL MACÍA ALVAREDO.-

MANUEL MACÍA ARROJO.-

DOSITEO MACÍA AYÁN.-

RAMIRO MACÍA  BALBOA.-

XOSÉ MACÍA CAPÓN.-

ANTONIO MACÍA CASTRO.-

PILAR MACÍA CASTRO.-

ROSALÍA MACÍA CASTRO.-

ROSALÍA MACÍA CASTRO.- 

XOSEFA MACÍA CASTRO.-

ANTONIO MACÍA CORTIÑAS.- 

ANTONIO MACÍA DÍAZ.-

ANTONIO MACÍA DÍAZ.- 

ANTONIO MACÍA DÍAZ.-

ANTONIO MACÍA DÍAZ<.- 

FRANCISCO MACÍA DÍAZ.- 

MANUEL MACÍA DÍAZ.-

XOSÉ MACÍA DÍAZ.-

XOSÉ MACÍA DÍAZ.-

MANUEL MACÍA GONZÁLEZ.-

MANUELA MACÍA GONZÁLEZ.-  Natural de San Salvador de Cesár, e veciño de Santa María de Lier- Fillo de Pedro Macía e  María González. Casóu con  Manuela  González - Fillos:  Consuelo, Pilar e Manuel. Outro fillo , chamado  Xosé falecéu antes ca el deixando sucesión. Falecéu o 6.02.1916 aos 70 anos.

MANUEL MARÍA  MACÍA GONZÁLEZ.-

MANUEL MARÍA MACÍA GONZÁLEZ.-

MARÍA CONSUELO MACÍA GONZÁLEZ.- 

MARÍA PILAR MACÍA GONZÁLEZ.-

MARÍA PILAR MACÍA GONZÁLEZ.- 

MARÍA SILVA MACÍA GONZÁLEZ.- 

MARÍA XOSEFA MACÍA GONZÁLEZ.- 

XOSÉ MACÍA GONZÁLEZ.-

XOSÉ  MARÍA MACÍA GONZÁLEZ.-

XOSEFA MACÍA GONZÁLEZ.- 

XERARDO  MACÍA GRANDAL.- Nacéu  o 14.02. 1909. Párroco de Castroncán e Suñide . Falecéu na Residencia de Anciáns Nosa Señora do Carme, do Mazadoiro- Sárria o 9.04.1999

                         

CLEMENTE NEIRA MACÍA.-  Fillo de  Antonio Macía de Manán  ( San Salvador do Mato ) - En 1902 e en 1905  tomóu en arrendo a casa de Faustino López Fernández- Carme Piñeiro de Zanfoga ( San Fiz de Vilapedre ) , que estaba na Estrada do Mazadoiro  con horta, en renda de 248 pesetas en cada un ano.

MANUEL NEIRA MACÍA (  1 ),. Casóu con Filomena López Lópezo 3.07.1900.

MANUEL NEIRA MACÍA ( 2 ).-  Casóu  con Emilia  Arcos Vázquez o 31.03.1940.

XULIÁN NEIRA MACÍA.-   Fillo de Xulio Neira  e Antonia Macía . Falecéu en San Salvador do Mao o 29.06.1895 aos 6 anos. 

************************************************************************************ 

AMADEO QUIROGA  MACÍA .-   Farmacéutico e Xuiz Municipal de Samos.  Casóu con  Purificación Curiel e Vicente. Obtivo o título de médico o 29.01.1879

 ANTONIO QUIROGA MACÍA.- Médico, Direitor do Hospital Municipal de Sárria.

EUXENIO QUIROGA MACÍA.- Avogado e Secretario do Xulgado de 1ª Instancia e Insrucción de Sárria.. Casóu  con Luisa Vázquez Rodríguez. Fillos: María Luisa, Euxenio Quiroga Vázaquez.

MANUEL QUIROGA MACÍA.-  Militar.residente en Ourense :  Gobernador Civil, Presidente da Deputación de Ourense, Gobernador Militar e  Presidente do Liceo

MARINA QUIROGA MACÍA.- Casóu co médico Teolindo Valcarce Rodríguez. Fillos:  Teolindo, Amadeo, María Dores, Ramón, Xosé, Xoana,  Euxenia e Augusto  Valcarce Quiroga.


Comentarios

Publicacións populares