FORO DO LUGAR DA CONDOMIÑA ( PIÑEIRA- SÁRRIA ) 1674 ( 664 )
LUGAR DA CONDOMIÑA, PARROQUIA DE SAN MIGUEL DE PIÑEIRA : FORO
O lugar da Condomiña ( quere dicir que pertencía a dous ou máis dominios ) desaparecéu hai tempo. Estaba entre o lugar de Albán e a Ponte de San Paio, no CAMIÑO FRANCÉS DE SÁRRIA A PARADELA, baixo do lugar de Lamparte ( Alemparte ) . Tiña un mínimo de catro casas , unha delas chamada CASA DE SAMOS , que pertencían ao dominio da Abadía de Samos e do seu Priorado de Barbadelo.
O CAMIÑO FRANCÉS DE SÁRRIA A PARADELA saía da vila de Sárria pola parroquia de Farbán, e pasado o lugar da Lama da Rigueira seguía por Callás de Abaixo, Pacio de Albán, igrexa de Albán, Albán, A CONDOMIÑA , A Ponte de San Paio, lugar e ermida de San Paio, Cedrón ( ou o Vento ), Monte do Regueiral, A Ermida ( Nespereira ) e remataba na Feira de Paradela ( parroquia de Santa María de Vilamaior de Paradela ou da Lobataira. No lugar de Cedrón cruzaba o Camiño Francés de Lugo a Monforte. Dende ali polo Couso, Santo André de Paradela, Peares de Río Seco, Barán e Vilaragunte, seguía cara San Miguel de Paradela e parroquias desa Merindade, Dende a Feira de Paradela ( O Palacio ou Tambarría ) por Bade e A Mámoa conducía á Feira do Mosteiro Vello, na parroquia de Santa María de Castro de Rei de Lemos ) , dende onde , tirando á esquerda e pasando pola Portaxe alcanzaban os pasaxeiros a Terra de Lemos. Tirano cara a dereita, pola Barca do Pincelo chegaban a Chantada . Ese ramal formaba parte do chamado Camiño de Sárria a Pontevedra.
( 6 de setembro de 1674 )
En seis de setembro de mil seiscientos setenta e catro o Abade e Monxes de Samos aforaronlle o LUGAR DA CONDOMIÑA a don GASPAR FÉLIX DE SOTOMAYOR , SEBASTIÁN DA LAMPARTE, BARTOLOMÉU DA LAMPARTE e ALONSO DO REFOXO, cuxo lugar compreende os lugares seguintes:
1º.- Primeiramente as casas de moradía , coas súas cortes e reparos , entradas e saídos , segundo os soía posuir PEDRO SILVA DA RIBELA , defunto que vivía e moraba nelas, e ao de presente posúeas PEDRO DÍAS DA RIBEIRA , bisneto do dito PEDRO SILVA , e estreman co CAMIÑO FRANCÉS que vai de SÁRRIA para PARADELA , e da parte de abaixo con herdade que posúe o dito PEDRO DÍAZ ; por outro lado encabeza na congostra que vai para o RÍO por entre a dita Casa e as outras nas que de presente viven DOMINGOS e XOÁN GONZÁLEZ DE ALBÁN.
2º.- Máis a CASA que estaba fronte da dita CASA DE SAMOS.
3º.- Máis a LEIRA chamada da CONDOMIÑA , que está cabo doutro lugar de Samos de ALBÁN , que a soia levar ÁLVARO DE VALCARCE DE SÁA DA ARMEÁ, como xenro de FERNANDO SACO, e agora a levaban os ditos DOMINGOS e XOÁN GONZÁLEZ DE ALBÁN e levará de semente oito fanegas de pan, , e a parte que levaba o dito XOÁN GONZÁLEZ DE ALBÁN comproulla a ALONSO DO REFOXO na man do dito BARTOLOMÉU DE LAMPARTE, e apartouna desta con cerra que fixo, e xuntouna á CORTIÑA DO CARBALLO e levará esta dita parte que aquí se refire unha tega de pan en semeadura, e a dita CORTIÑA DA CONDOMIÑA , posúena SEBARTIÁN e BARTOLOMÉU DE LAMPAETE, DOMINGOS E XOÁN LÓPEZ DE ALBÁN , e estrema por outra parte cos prados deste lugar que aquí se demarca co arroxo que baixa do ALVAREDO para o Río, e pola outra parte de abaixo estrema co dito Río e por esta parte ten un saído que toca no dito Río con sete ou oito castiros que todos pertencen ao dito lugar e Leira.
4º.- Máis a LEIRA chamada de ALENDE que está en tre o Río e o Monte, que levará de sememte sete tegas de pan, antes máis que menos, e a posúen o dito SEB ASTIÁN e BARTOLOMEU DE LAMPARTE e DOMINGOS DE ALBÁN, e pola parte de abaixo estrema con herdade do LUGAR DA CIGUÑEIRA e pola punta de arriba co camiño que vai de Barbadelo para a PONTE DE ALBÁN,
5º.- Máis a LEIRA chamada DA PEREIRA MOROA que está entre o Río e o Monte, que levará de semente oito tegas de pan e posúena os ditos SEB ASTIÁN e BARTOLOMÉU DE LAMPARTE e DOMINGOS DE ALBÁN, e pola parte de arriba estrema co MUIÑO DE SAN PAIO, e pola parte de abaixo alida co arroxo que baixa de PARADELA que ven de entrambos regueiros.
6º.- Má da outra parte do Rigueiro, cabo do sitio onde estivo a DEVESA DE PARADELA, unha LEIRA que levará se semente cinco tegas de pan e posúena os ditos SEBASTIÁN e BARTOLOMÉU DE LAMPARTE e DOMINGOS DE ALBÁN , e dentro da dita leira hai un MUIÑO que o posu´ñia o dito PEDRO DÍAZ DE ALBÁN, por orde e contrato que fixo con MARÍA DOSÍO , nai do dito BARTOLOMÉU DE LAMPARTE , posuedora que ao presente era deste ditoLUGAR DA CONDOMIÑA.
7º-- Máis o PRADO que vai entremedias das ditas Leiras que levará de semente co seu monte cinco ou seis tegas de pan e topa no PRADO DE SAN PAIO , e posúeno os ditos SEBASTIÁN e BARTOLOMÉU DE LAMPARTE e DOMINGOS DE ALBÁN e ALONSO DO REFOXO , e topan co dito Río , e coa dita LEIRA DA CONDOMIÑA e rega co dito arroxo que baixa do Alvaredo.
8º.-Máis outro LEIRO no ALVAREDO que levará unha tega de pan de semente e topa con herdade do dito LUGAR DO ALVAREDO e das herdanzas que posuía o dito PEDRO DÍAZ DE ALBÁN e por outra parte con herdade que leva XOÁN GONZÁLEZ DE ALBÁN e este Leiro aquí demarcado posuíao o dito SEBASTIÁN DE LAMPARTE .
9º.- Máis o LEIRO DA CORTIÑA DO PACIO e tamén se di DA CORREDOIRA , levará de semente unha fanega de pan e está en brazo do LUGAR DO PACIO DE ALBÁN e das herdanzas e por outra parte estrema con herdade de PEDRO ARES DE PACIOS e este dito Leiro aquí declarado nposuía o dito SEBASTIÁN DE LAMPARTE.
10º.- Máis outro Leiro na AGRA DA PENELA que vai no medio de dous de SAMOS de ALBÁN e do ALVAREDOm pola parte de arriba co de ALBÁN e pola de abaixo co do ALVAREDO que posúe XOÁN GONZÁLEZ DE ALBÁN e o dito Leiro aquí declarado chámano DO FREIXO e levará de semente tres celemíns de pan e posúeo o dito SEBASTIÁN DE LAMPARTE.
11º.- Máis outro LEIRO na dita AGRA DA PENELA , riba dunha de SAMOS que labra ALONSO DE PIÑEIRAm que levará de semente dous celemíns e medio de pan e poséo o dito SEBASTIÁN DE LAMPARTE e pola parte de riba estrema con herdade do ALVAREDO e por dúas cabeceiras con herdades de PEDRO DÍAZ DE ALBÁN.
12º.- Máis un LEIRO na VEIGA DE ALBÁN na cabeza do lugar de SAMOS que levará de senente un celemín de pan e topa co Río e Cortiñeiro dunha herdanza dos de SAN BREIXO.
13 º.- Máis a HORTA chamada DA LAVANDEIRA que agora e prado e levará de semente unha tega de pan e posúeo o dito SEBASTIÁN DE LAMPARTE e está a carón do Río e por una parte estrema coa Corga que ven de Albán para a PONTE e por outra con herdade de PEDRO DÍAZ DE ALBÁN,
14 º..- Máis as súas árbores e saídos , a monte, a fonte , todos os ditos bens con todos os demáis que tocaren pertencentes ao dito LUGAR DA CONDOMIÑA con todas as entradas e saídos , auga, montes , dereitos e accións cantas lle pertenceren.
AFORAMOS e damos en foro por tempo e espazo da vida de tres señores Reis de España canto actualmente han Reinar e despóis da Súa Maxestade a doutros dous señores Reis ou Raíñas sucesores seus nos ditos Reinos de España , a don GASPAR FÉLIX DE SOTOMAYOR e a SEBASTIÁN DE LAMPARTE, BARTOLOMÉU DA ALEMPARTE e a ALONSO DO REFOXO, veciños do Parftido de Barbadelo para os sobreditos, os seus fillos e herdeiros e sucesores por renda , canon e pensión en cada un ano de QUINCE FANEGAS DE CENTEO, de a catro ferrados cada unha , medido pola medida de Ávila, bon pan, seco, limpo de po e palla, pago por cada mes de Agosto ou Setembro ,de cada ano, e a primeira paga ha ser este de mil seiscentos e setenta e catro anos , e nos demáis anos consecutivamente polo dito tempo, pena de execución e custes da cobranza , posto , pago e medido dentro do Noso Priorado que temos no PARTIDO DE BARBADELO , coas condicións e gravámenes seguintes :
Que o dito don GASPAR FÉLIX e a súa muller haberá de levar a dita CASA e AIRA contida neste foro e bens, un ferrado de pan de ceneto en cada un ano para a axuda de pagar ao PRIORADO DE BARBADELO, entenderase o dito don GASPAR FÉLIX os bens do contido neste foro , a dita Casa e Aira coa condición de que polo MUIÑO o posuidor que o é o SEBASTIÁN DE LAMPARTE ha pagar cinco cuatáis de centeo para a axuda de pagar as quince fanegas , quitado esta renda polo dito muiño , e o ferrado que ha pagar SEBASTIÁN e BARTOLOMÉU DE LEMPARTE e ALONSO DO REFOXO , consonte aos bens que cada un deles leve.
Como testemuña e a rogo : FRANCISCO MARTÍNEZ DA CAXIGUEIRA,
Perante min SEBASTIÁN LÓPEZ E TABOADA . Escribán da Súa Maxestade
E é copia quepasóu por testemuño de Sebastián López Taboada , agora defunto, en en fe diso , como escribán que son do Número e Audiencia da Vila de Samos e a súa Xurisdición , de petición de don XOSÉ ULLOA ,Dono da Casa de Vilelos , dou a presento que a asino estandio ni Lugar de VILAR DA TORRE a vinte e tres días do mes de Agosto , ano de mil setecentos oitenta e nove-
Perante min:
XOÁN FRANCISCO SOMOZA. Escribán de Número da Vila de Sárria.
....................................................................
Na actualidade ( 2025 ) os topónimos Pereira Moroa , Paradela, Carreira... permanecen vivos.
Comentarios
Publicar un comentario