SARRIA: ACOLLIDA DE PEREGRINOS ( 665 )
SÁRRIA : ACOLLIDA DE PEREGRINOS ( 665 )
Xaime Félix López Arias
A vila de Sárria e as parroquias situadas ao longo do Camiño de Santiago neste ano 2025 adican unha especial atención aos peleriños xacobeas e para a súa acollida 3 albergues públicos, 26 albergues privados, 4 apartamentos turísticos , 5 hoteis, 2 campings, 42 pensións, 3 casas de turismo rural e 176 vivendas de uso turístico, o que totaliza 261 establecementos.
ACOLLIDA NOS TEMPOS HISTÓRICOS / ACOLLIDA NA ACTUALIDADE
PARROQUIA DE SANTO ESTEVO DE CALVOR.
Parroquia na actualidade pertencente ao Concello de Sárria . Até 1840 formóu parte da Xurisdición do Mosteiro de Samos e foi unha da fregeusías dos concellos constitucionáis de Samos entre 1820 e 1823 e dende 1835 a 1840 na súa maior parte, aínda que varias casas do lugar de Pintín estaban dentro da parroquia de Lousiro. Nos lugares de Pintín, A Aguiada e Perros houbo varios mesóns " de arrieiros e maragatos" , e tamén tabernas en Pintín e A Aguiada. Nesta parroquia confluía o Camiño de Samos a Sárria , cun ramal por Estraxiz até Pintñin, e outro que pasado Perros chegaba até A Aguiada. Na Aguiada estaba o cruzamento do Camiño de Santiago co Camiño de Moforte a Asturias , por Aranza.
O Mosteiro de Santo Estevo de Calvor ( fundado no ano 785 baixo a tuición de Samos ) estaba perto da Pedra de Calvor, que marcaba a estrema do Condado de Sárria co Couto da Abadía de Samos. Ese mosteiro estaba na " Villa Calvaria " no " Castro Astórica " e foi lugar de acollida para pereginos. No lugar de Barxa estivo o Mosteiro de San Salvador.
Ao longo dos séculos a igrexa de Santo Estevo e as capelas de San Salvador de Barxa, Nosa Señora do Camiño de Perros, a da Virxe da Asunción da Aguiada e a da Casa da Cal , foron lugares de asistenza espiritoal para camiñantes.
Nos tempos actuáis un establecemento hostaleiro en Pintin, un Albergue de Peregrinos promovido pola Xunta de Galicia , na Pedra de Calvor e unha taberna na Aguiada acollen aos peregrinos que entran pola Brea, procedentes de Triacastela, ou aos que seguindo o ramal que ven dende Samos pasa pola Veiga de Reiriz, Sivil e Perros , incoporándose á ruta histórica na Aguiada. Son tres ( 3 ) os lugares onde se atende aos peregrinos nas súas necesiades.
************************************************************************************
PARROQUIA DE SAN MAMEDE DO CAMIÑO FRANCÉS
A igrexa parroquial desta freguesía está non moi lonxe da ruta xacobea que pasa polos lugares de San Mamede e San Pedro do Camiño. En San Mamede houbo unha taberna e en San Pedro unha capela xa desaparecida. No paraxe do Pividal antes de chegar ao lugar do Carballal había unha lagoela con beiras lamacentas que se pasaba por pasáis que a fináis do século XIX foron sustituidos por un longo pontillón que deu seguridade aos camiñantes.
Na actualidade, antes de chegar ao lugar de San Mamede, hai un Albergue de Peregrinos de promoción particular. Hai , polo tanto, un lugar ( 1 ) onde os peregrinos achan pousada.
************************************************************************************
PARROQUIA DE SAN SALVADOR DE VILAR DE SÁRRIA
Entra o Camiño de Santiago polo lugar de San Cosme do Carballal e segue polo lugar de Vigo de Vilar de Sárria até o Campo do Rolo, onde comeza a vila de Sárria. San Cosme do Carballal pertencéu á Xurisdición de Castelo dos Infantes e no século XIII documéntase ali un Hospital de Peregrinos " in strata publica peregrinorum". que acabóu derivando na ermida de San Cosme. Pasado este lugar houbo un ramal que pasando por Mendrós e o lugar da Airexe de Vilar de Sárria alcanzaba a Ponte de Vilar de Sárria, agora coñecida como A Ponte Vella. Houbo unha capela adicada a Santo Alberte así como no paraxe da Malata pervive a memoria dunha casa adicada á atención de gafos. Na Ponte Vella os veciños da parroquia sostiñan unha taberna.,
O Camiño baixa en paralelo á estrada de Samos a Sárria por Pintín á man dereita dese vial
Na actualidade no Carballal hai un equipamento de tendas e bungalós para peregrinos; en Cimo da Agra existe un camping con equipamento hostaleiro , un bar -casa de comidas e pensión
En Vigo de Sárria ofrécense á acollida de camiñantes un bar-casa de comidas, catro albergues de promoción privada, unha oficina de información ao peregrino xestionada pola Asociaciòn de Amigos do Camiño de Santiago de Sárria, pensións e un bar - restaurante.
***********************************************************************************
VILA DE SÁRRIA
O Camiño de Santiago desemboca na vila de Sárria ( 10.000 habitantes ) , cabeza de Concello e de Partido Xudiclal polo remate da estrada de Samos a Sárria, por Pintín e pola Rúa Elías Valiña Sampedro.
Atravesa a Rúa da Liberdade e pola Rúa Xosé Sánchez Arias segue áté a Praza de Galicia ( antigo paraxe do Campo do Rolo) e pola Rúa do Peregrino alcanza a Ponte Ribeira ( que antes levóu as denominacións de Ponte de Sárria e Ponte Vella). Pasado o río Sárria , e a obra escultórica " Homenaxe ao Peregrino" da autoría de María Carretero, chégase á Rúa Benigno Quiroga ( antes estrada de Valdeorras e Rúa da Liberdade , antiga ). Pola Escaleira da Fonte ou pola Rúa do Arrabaldo e terito primeiro da Rúa Marqués de Ugena, hai que seguir pola Rúa Maior ( nas antigas denominacións de Arrabaldo e Rúa de Ferradores ) subndo á " Vila" , nome que recibiu o conxunto do casco histórico da antiga cabneceira do Marquesado de Sárria. A antiga igrexa románica de Santa Mariña de Sárria foi sustiuida por outra construida na década de 1880 pola testamentaría do párroco castrense don Xoán María López.
Dende esa igrexa o Camiño de Santiago seguía pola Rúa Maior ( até 1888 coñecida como Rúa Principal en direción á Fortaleza de Sárria ( derrubada en 1860) deixando á man esquerda a igrexa ,do gótico primitivo , de San Salvador de Sárria e deixando a man dereita o Mosteiro de Santa María Madalena de Sárria , baixando pola Costa da Áspera alcanzaba o lugar da Veiga de Abaixo, e deixaba atrá Sárria pola Ponte da Áspera riba do río Barbadelo ( agora chamado Río Celeiro )
Para a acollida de peregrinos, entre a Ponte Ribeira e a Ponte da Áspera , ademáis dos templos anteditos, houbo a Capela de San Roque da Casa de Nullán ou do Barrio ( 1860/1880 ), un mesón, o Hospital Vello de Sárria ( Rúa Maior 16 ), a Capela de San Xosé da Casa Grande dos Saavedra, o Hospital de Santo Antón Abasde ( Rúa Maior 1 ), a Capela de Santa María de Barbadelo ( na Rúa da Mercé-Campo da Feira ), a Capela de San Brais ( século XII ) , o Hospital e Capela de San Roque ( ou da Madalena ) e os Hospitaliños Novos da Madalena. Tamén tiveron presenza a Capela de San Marco ( no Campo da Feira ) e a de Santiago do Mercado ( onde estivo a primitiva Vilanova de Sárria co seu Mercado-. na parte baixa traseira dos pendellos do Campo da Feira ).
Os peregrinos que non querían entrra na " Vila" collían camiño polas Cortiñas da Ponte Ribeira , segundo pola Pedreira, As Airas, Os Fornos de Atrás e deixano atrás o paraxe dos Esqueiredos seguían cara a Casa do Rego da Veiga de Arriba ( ou Veiga do Pozo ) pasando á parroquia de Maside até os Peares ou Pasáis de baixo da Rañoá, perto de San Miguel ,de onde pasaban á parroquia de Barbadelo.
Outra posiblidade de evitar atravesar a vila de Sárria era seguindo unha variante norte, deixando á esquerda a poboación vilega e a igrexa de Santa Mariña, camiño agora coincidente coa Rúa Marqués de Ugena, até a Corga de Vales ( agora Rúa Pedro Saco ), onde entraba na parroquia de San Pedro de Maside ( non lonxe da Capela do Campiño ) onde confluìan as parroquias de Santa Mariña, San Salvador e San Vicenzo de Maside, que acabóu sengo agregada a San Pedro de Maide ). Este ramal, pasado o Hospital e a Ermida de San Lázaro, en cuxo campo confluía o Camiño de Sárria Lugo pola Ponte do Mazadoiro,. seguía até a Veiga de Abaixo e a Ponte da Áspera ( agora rúa de San Lázaro e Camiño Francés ) no río Barbadelo ( agora Río Celeiro ).
O feito de que dende 1880 Sárria conte con estación do ferrocarril e a vila estea a 111/ 114 quilómetros de Compostela segundo o ramal que se colla á saída da Ponte da Áspera, contando ademáis con estación de autobuses, fan que Sárria sexa o punto xacobeo máis elexido polos xabobitas actuáis para obter a " Compostela" facendo un mínimo de 100 quilómetros ( que tiveron o seu marco entre A Brea e Morgade- na pattoquia da Pinza. e agora esá posto no luhar da Pena de Mirallos ( en Ferreiros de Paradela).
Na actualidade a Vila de Sárria ofrece un elevado número de establecementos para a atención de peregrinos :
a).- Seguindo o camiño tradicional :
Na Rúa Xosé Sánchez Arias,: Unha panadaría, unha tenda de bicilcetas, unha tenda de comestibles e un mesón-bar.
Na Praza de Galicia: Un albregue de peregrinos privado, un café.bar, unha tenda-obradoiro de bicicletas,
Na Rúa do Peregrino : un servizo de masaxes, unha cahetería , un albergue de peregrinos particular, unha pensión, outra pensión, unha tenda de comestibles, un hotel de catro estrelas, con cafetaría e restaurante , unha axencia de viaxes, un albergue de peregtinos particular, un café-restaurante.
Na Rúa Benigno Quiroga: Un hotel, un café bar, unha pensión e unha farmacia. Na Escaleira da Fonte ( Escaleira Maior: Unha tenda de produtos varios para peregrinos, un albergue de peregrinos privado.
Na Rúa Maior: o Albergue de Peregrinos da Xunta de Galicia, un albergue privado, unha xeladaría, un cafe-bar casa de comidas na Praza de Vista Alegre, un bar-restaurante na Travesa da Igrexa, un albergue de peregrinos privado na entrada da Travesa da Pedreira. A igrexa de Santa Mariña ( selado de credenciáis , misa do peregrino ) con cruceiro do adro , un albergue de peregrinos privado, unha pensión, un albergue de peregrinos particular , unha pesnión, un hotel , un albergue de peregrinos particular- obradoiro de talla en madeira, unha tenda de comestibles, un café-bar casa de comidas, un albergue de peregrinos particular, un café- bar casa de comidas , un albergue de peregrinos particular., unha pensión, un caixeiro automático, un café-bar casa de comidas, a Casa do Concello ( información ) , un mesón café.bar. casa de comidas, un hotel, unha tenda de produtos chacineiros, un albergue de peregrinos con café-bar casa de comidas. a Igrexa de San Salvador.
Na Rúa da Mercé : Na antiga Prisión Preventica: Oficina de Información ao Peregrinos, Sala de Exposicións, Sala das Pampógas, Miradoiro do Cárcere con crueeiro. Campo da Feira con alpendres para pulpeiros abertos os días 6, 20 e 27, Mercado do Gado.
Na Praza de San Roque: Cemiteiro, Mosteiro de Santa María Madalena-Convento da Mercé . albergue de peregrinos particular, Igrexa Conventual mercedaria.
b ).- Na Rúa da Liberdade : Estación de Ferrocarril, un hotel , cafetería e restaurante ( nº 2 ), un café-bar, un albergue de celas privado, un hotel ( en constucción nos números 8 e 10 ), un café-bar casa de comidas ( nº 14 ), un colmado, unha panadaría, unha lavandaría, aluguer de bicicletas , unha tiontoraría, un café bar, unha pensión, un café-bar. unha carnicería, un banco con caixeiro automático , un café bar, un café bar, un café-bar, un estanco, unha axencia de viaxes , unha pensión, unha froitaría, un café-bar, un supermercado con aparcamento , un banco con caixeiro auto,atico , unha pastelaría, un café-bar dozaría, unha pulpería café.bar, unha cafetaría , un banco con caixeiro automático, unha pulpería, un café-bar con terraza a carón do río, un pub, un quebab, un colmado-.bar, o Centro de Saúde, un café-bar, un café -bar, un café bar pizzeria, un café-bar, un café-bar, a Oficina de Correos, a Cruz Vermella, unha lavandaría, un café-bar, un café-bar, unha pensión,
c ),. Na Rúa Xela Arias: Un supermercado , con entradas tamén pola Rúa Nova e Rúa Arias de Arbieto.
d ).- Na Rúa San Lázaro: Un albegue de peregrinos particular.. unha .pensión,
e ).- Na Rúa do Porvir : Unha pensión, un café.bar colmado
f).- Na Rúa Marqués de Ugena : A Casa da Cultura- Biblioteca - acceso wiffi.
g).- Rúa Matías López : Unha lavandaría , un café.bar, un café bar, un supermercado, unha Sociedade Cultural e Recreativa, un banco con caixeiro automático, a Praza da Vila e a Capela da Nosa Señora do Perpetuo Socorro, unha frotaría, unha panadaría, unha gasolineira, unha pensión, outra gasolineira , entrada á Estación de Autobuses, un supermercado, un café-bar.
h).- Rúa Benigno Quiroga: Unha farmacia, un café-bar, un bazar chino,un hotel, unha frutaría, un café.bar, unha tenda de ultramariños, unha gasolineira.
i ) ,. Na rúa Diego Pazos: Un café.bar, unha tenda , un establecemento de comida bio, unha oficina bancaria, un café-bar, un café-bar, unha pizzaría, unha axencia de viaxes, unha cafetaría, un café.bar, un supermercado, un bar.casa de comidas , un pub, un café bar, un café. bar, unha cafetaría, unha clínica veterinaria,
l ).- Na Rúa Gregorio Fernández :
m ).- No Malecón do Río Sárria: Un pu, unha xeladaría, un quebab, un café.bar, un café .bar, un café-bar casa de comidas, un café-bar casa de comidas, un pub.
n).- Na Praia Fluvial do Chanto: Cafetaría restaurante con terraza, un pavillón de deportes, unha área de descanso, zona de baño no río, pisicnias municipáis , un café bar restaurante, un Centro Cultural, un parque con espazos para comer ao ar libre, unha zona de xogos infantís.
ñ ).- Na Rúa Castelao : Un pavillón de deportes, unha área para caravanas turísticas, pistas de tenis e padel, o Cuartel da Garda Civil.
***********************************************************************************
PARROQUIAS DE SAN VICENZO DE MASIDE / SAN PEDRO DE MASIDE
Pasada a Corga de Vales o Camiño, psanba por diante do Hospital , a Capela e o Campo de San Läzaro, onde no Domingo de Paixón se celebraba unha feira aneira. Dende alí xiraban en direción á Ponte da Áspera incoporándose á via principal que baixaba dende o Mosteiro da Madalena até a Veiga de Abaixo.
Pasada a Ponte da Áspera, no río Barbadelo, o Camiño de Santiago entraba na parroquia de San Vicenzo de Maside. deixano á dereita terras da xurisdición de Sárria e á esquerda outras pettencentes á xurisdición da Abadía de Samos. O camiño xiraba en direción ao parxe de San Miguel, e dende alí subía cara Zanfoga e por o Mesón e o paraxe do Romeo ía até o Pontón de Río Vao, baixo de Santa Marta.
Pasada a Ponte da Áspera, pola Corga de Bacelar, podían atallar os que ían a pé tirando en dereito a Zanfoga.
Os peregrinos que tiraban polo Camiño de Fora que ía pola Pedreira e os Fornos de Atrás entraba na parroquia de San Vicenzo de Maside e pola Veiga de Arriba ( Veiga do Pozo ) segúia até os peares de baixo da Rañoá , e dende o paraxe de San Miguel, subían até Zanfoga ( lugar dependente de Samos ) onde se incrporaban á ruta principal.
Relacionados coa Orde Templaria os lugares de Santo Estevo de Barbadelo ( Santo Estevo de Requeixo, hoxe Santo Estevo de Maside ) acabaron cedidos polo Conde de Lemos ao Mosteiro de Santa María Madalena. O Hospital de San Lázaro, que estaba nesta parroquia, acabóu sendo xestionado dende o ano 1700 pola Obra Pìa dos Hospitáis de Santo Antón Abade e San Lázaro, xestionado pola Xustiza e Rexemento da Vila e Marquesado de Sárria.
A parroquia de San Vicenzo de Maside foi suprimida e quedóu formando parte da de San Pedro de Maside.. Despóis de 1853 , dentro da parroquia de Maside, apareceron os barrios de San Lázaro, A Estación e Estrada do Mazadoiro, que en 1890 pasaron a formar parte da vila de Sárria, na súa parroquia de San Salvador.
Na actualidade ademáis s dos treitos canónico por San Miguel e ramal norte, por Zanfoga e O Mesón os peregrinos poden seguir a estrada de Sárria a Portomarín, por Paradela, tanto a pè como con bicicletas e cabalos. Entre Sárria e Santa Marta ( Ortoá ) hai un Centro Ecuestre e un mesón, na beira desa estrada.
************************************************************************************
PARROQUIA DE SANTIAGO DE BARBADELO
A parroquia de Santiago de Barbadelo albergóu na Idade Media os mosteiros de San Xacobe de Barbadelo, San Martiño de Barbadelo , San Pedro de Taíde e unha igrexa en Marzán, desaparecidas, dos que gardan memoria a igrexa románica de Santiago ( BIC ) e as capelas de San Silvestre, San Pedro e San Martiño. Da tamén desaparecida ermida de San Miguel de Riáticos só quedóu memoria no paraxe onde remata o seu curso o Rego de Cervos ( o Rio Vao medieval ) e no Castro de San Miguel ou das Paredes. Barbadelo, punto moi importente no Camiño de Santiago, recibiu o seu nome do Río Barbadelo, agora coñecido como Río Celeiro ).
O peregrino pasado o porto e vao do Rego de Cervos, pola Costa da Ribeira de Cervos, deixando á dereita a ermida de San Miguel e o Castro das Paredes, seguía polo casar das Paredes, e o lugar de Vilei, alcanzaba o lugar do Mosteiro , a carón da igrexa mosteiral, e polos lugares de San Silvestre, Rente , San Martiño e O Mercado da Serra seguía cara a parroquia de Meixente ou tamén cara a de Meixente .
Os peregrinos que ían polo ramal norte , pasado o lugar de Santa Marta, seguían o Camiño, deixando á dereita o casar da Seara ( de Ortoá ) e á esquera o casar da Cruz e o lugar do Pico ( de Barbadelo ).
Outra alternativa a seguir era a que dende o Porto de San Miguel, por Sabenche, seguía até o Mercado da Serra.
A parroquia e o Couto de Barbadelo permaneceron vencellados a Samos e foi en 1840 camdo pasóu a formar parte do Concello de Sárria,
Históricamente había atención ás necesidades dos peregrinos nunha taberna e Vilei , nun hospital en Mosteiro e no Mesón.Taberna do Mercado da Serra onde celebraban feira.
****************** ******************************************************************
PARROQUIA DE SANTA MARÍA DE ORTOÁ
Está no camiño que dende a Ponte da Áspera vai ao Chao de Domiz ( Meixente-Belante ) , no treito do Pontón de Santa Marta a Mouzós. Pasa polo medio das casas de Santa Marta e deixa á dereita a Casa da Seara. Ä esquerda do camiño, que é estrema entre parroquias , deixa as casas da Cruz e o lugar de O Pico. Despois de atravesar a estrada de Sárria a Portomarín pasa pola Granxa de Barreiros e despois de deixar á esquerda as casas de Nabás chega á parroquia de Meixente.
Nesta parroquia, na Idade Media, estiveron os mosteiros de San Salvador de Rosende e Santa María de Ortoá. En Santa Marta houbo un hospital e unha capela e tamén unha taberna . En Barreiros houbo unha Taberna-Mesón no cruzamento da ruta xacobea co camiño francés de Lugo a Monforte de Lemos.
Durante algúns anos funcionou un albergue de peregrinos na granxa de Barreiros.
*************************************************************************************
PARROQUIA DE SAN XULIÁN DE MEIXENTE
Tamén está no camiño da Ponte da Áspera ao Chao de Domiz. Na Idade Media esta parroquia foi coñecida como San Xulián de Castelo, e pasou de estar baixo o dominio do Mosteiro de Samos ao do Bispo de Lugo, e finalmente pasou a constituir un couto de señorío , coñecido como Xurisdición a Torre de Domiz, que entre 1820 e 1823 formóu parte do concello de Pinza e Biville, e en 1840 integrousse no Concello de Sárria.
O camiño entra no lugar de Mouzós, onde houbo unha taberna, seguindo ao lugar do Sisto e ao de Domiz, onde houbo unha capela adicada a Santiago, e no Chao de Domíz xúntase co " camiño canónico, que ven dende o Muiño de Marzán.
A igrexa de San Xulián de Meixente está a norte do camiño dos peregrinos,
**************************************************************************************
PARROQUIA DE SANTA MARÍA DE BELANTE
A ruta que dende a Ponte da Áspera e Barbadelo chega ao Mercado da Serra , pasado o Muiño de Marzán e a Pena do Real, at ravesa por uns pasais o rego que baixa dende o monte de Meixente , atravesa a estrada de Sárria a Portomarín no lugar do Sistelo, e deixando á esquerda as casas da Pena xúntase no Chao de Domiz co camiño que ven dende Mouzós, Dende ali polos casares da Olga e Novellle alcanza o lugar de Peruscallo e en chegando á Cruz de Lagartedo entra na parroquia de Biville.
Antes do lugar de Peruscallo hai un bar e houbo unha panadería . En Peruscallo hai unha fonte publica , unha casa onde venden produtos da horta e unha casa na que acollen peregrinos.
A igrexa románica de Santa María de Belante está ao sur do camiño, e ocasionalmente é percurada por peregrinos que polo lugar do Leimán, A Casanova e Leiroás van até a igrexa de Biville.
Santa María de Belante dependeu na Idade Media do Mosteiro de Samos que a cedeu ao Bispado de Lugo, Foi a parroquia propiedade de familas fidalgas e despois de formar parte do Concello de A Pinza e Biville ( 1820.1823 ) en 1840 integrouse no Concello de Sárria.
**************************************************************************************
PARROQUIA DE SAN MIGUEL DE BIVILLE
O camiño entra nesta parroquia por Lagartedo e por Cortiñas , Lavandeira e O Casal chega até o Rego de Chelo antes de pasar á parroquia da Pinza.
En tempos pasados , e vencellado ao camiño, tivo importancia o Campo de Lavandeira. Na Idade Media , no actual Monte de San Marco, houbo un mosteirolo coñecido como Santo Adrao do Monte do Páramo , no castro do mesmo nome onde no século XVI había un casar. A actual capela de San Marco ocupa o lugar da antiga ermida, e abertos na pena hai tres sartegos. Na contorna hai agora un parque eólico.
A igrexa de San Miguel de Biville conserva elementos románicos e queda a sur do camiño xacobeo. Nesta parroquia consérvase o toónimo " A Antiga" referido a un camiño de orixe romana que ía na percura do río Miño.
Esta parroquia , dependente do Bispado de Lugo, foi aforada a familias fidalgas que foron señores territoriais dela. En 1820-1823 formou parte do Concello de A Pinza e Biville, incorporándose en 1840 ao Concello de Sárria.
**************************************************************************************
PARROQUIA DE SAN SALVADOR DA PINZA
Dende o rego de Chelo o camiño xacobeo sobe até o lugar de A Brea e dende alí vai ao lugar de Morgade, e ao pouco entra na parroquia de Santa María de Ferreiros , no Concello de Paradela.
Na Brea houbo taberna. A maior parte da parroquia era de señorío particular de familias fidalgas.
A igrexa de San Salvador, que foi mosteiro medieval dependente da Casa de Barbadelo, queda a sur do camiño, a carón dun castro. Desapareceu unhs ermida adicada a San Sadurniño . Alén do río Loio houbo tamén un mosteiro coñecido como San Mamede de perto do río Loio.
COUTO DE MORGADE
O lugar de Morgade formaba parte no espiritual da parroquia de San Salvador da Pinza, e no temporal era un couto pertencente á Encomenda de Portomarín da Orde de San Xoán de Xerusalén ( Orde de Malta ). Formóu parte do Concello de San Xoán de Portomarín, e en 1840 integrouse no Concello de San Xoán de Portomarín.
Neste lugar estivo o HOSPITAL DE MORGADE, anexo do de Portomarín, e na actualidade hai nel un establecemento hostaleiro. A " Fonte do Demo· e a capela da Trindade son dous puntos de interese. Os perregrinos deixan dentro da capela mensaxes ,oracións , estampas.... como recordo do seu paso .
........................................
Ao pouco de pasar unha corga fonda e un requeiro que leva as súas augas ao Loio, o camiño entra en terras de Paradela.
*************************************************************************************
Comentarios
Publicar un comentario