SARRIA: CAMIÑOS FRANCESES NA TERRA DE SÁRRIA ( 663 )
SÁRRIA: CAMIÑOS FRANCESES NA TERRA DE SÁRRIA ( 663 )
" Camiño Francés ", "Camiño Franco" , " Camiño Real".... son as denominacións que recibían os vellos camiños por onde estaba establecida a libre circulación de persoas e mercancías, sen perxuizo de teren que pagar peaxes. castelaxes, portaxes ou pontaxes .
CAMIÑO FRANCÉS DE SANTIAGO.- Pasado o monte do Cebreiro e A Fonfría o camiño seguía polo Viduedo, Fillobal, As Pasantes e Ramil até A POBRA DE TRIACASTELA. Dende alí polos lugares da Balsa, San Xil do Carballo, Montán ( Villa Sancti Michaellis , San Miguel de Montán, San Miguel da Costa ) , seguía por Fontearcuda, ( Lousada ), Mon da Veiga, O Franco , até A Furela. Por Pintí, A Aguiada, San Mamede do Camiño, San Pedro do Camiño, Pasáis de , San Cosme do Carballal, Vigo de Vilar de Sárria, A Ponte de Sárria, Vilanova de Sárria / A Pobra de Sárria, hoxe SÁRRIA.- Ponte da Áspera.- Zanfoga.- O Mesón.- Santa Marta do Camiño Francés.- A Seara.- A Cruz.- O Pico.- Barreiros do Camiño Francés.- Nabáis do Camiño Francés.- Mouzós.- O Sisto.- Domiz.- Chao de Domiz.- A Pena.->> Entre a Ponte da Áspera e o Chao de Domiz, podían seguir o camiño pola Ermida de San Miguel de Riátcos.- As Paredes.- Vilei.- Loureiro.- Mosteiro de Barbadelo.- San Silvestre.- Rente.- San Martiño.- Mercsdo da Serra.- Pena do Real ( na actualidade Muiño de Marzán ).- O Sistelo.- A Pena.- Chao de Domiz........>>----A calzada seguuía por A Olga, Peruscallo, Cortiñas , Lavandeira, O Casal, A Brea, Hospital de Morgade até alcanzas Ferreiros ( da Encomeda de Portomarín da Orde de San Xoán do Hispital de Xerusalén. Pasado O Cruceiro e o Hospital de Mirallos, pasaba polos lugares de O Couto, As Rozas, Os Moimentos, O Mercadoiro, Vilachá, Hospital de San Lázaro chegando á Ponte do Miño, na vila de San Pedro de Portomarín.
CAMIÑO FRANCÉS DE VIDUEDO A LUGO.- A comunicación habitual entre Lugo , Ponferrda e A Meseta foi , até a apertura da estrada de Madrid- A Coruña o Camiño Francés que, pasado o lugar da Fonfría, seguía por Viduedo, Lamas . parroquia de Toldaos e O Furco ( No Monte da Meda ), Dende alí pola Feira da Esfarrapa, Lagos, A Armeá, parroquia de Santa María da Lama chegaba á Ponte de Carracedo- Dende alí por Neira de Rapados, Bande, Reboredo, A Ponte de Lago , Maréi, Hospital de Chamoso, Anseán, parroquia de Santa Comba, San Xoán de Pena , Santo Amaro e A Tolda de Castela entfaba na cidade de Lugo pola Porta Toledá.
CAMIÑO FRANCÉS DE LUGO A MONFORTE..- A vía de comunicación entre a cidade de Lugo e Monforte de Lemos seguía un trazado diferente do que se lle deu dende 1850 coa apertura da estrada de Nadela a Valdeorras ( pola vila de Sárria ). Até San Xoán de Pena este camiño coincdía co de Viduedo a Lugo ). Dende alí, dsepóis de atravesar o río Chamoso, non lonxe da súa desembocadura do río Miño, por Farnadeiros, Quinte e as Penas do Cañón, chegaba á PONTE DE NEIRA, no río Neira. Por Castro de Neira, parroquia de Sáa do Paramo, Paredes e O Courel seguía pola Costa do Monte do Páramo até Escanlar. De ali , por Hospital de Goián, A Lama , Mesón de Lama de Caque , Ortoá , Barrerios ,e Lamalonga chegaba a O Mercado da Serra. Dende ali por Abeledo, A Chafarica. Cedrón ( O Vento ), O Torrón e parroquia de Chorente ,alcanzaba a baixada ao Val de Lemos por A Cervela , Pousada e Vilar da Vara, até a Feira de Rubián )- Despóis de deixar atrás Ver . A Áspera e Ribas Altas entraba na vila condal de Monforte
CAMIÑO FRANCÉS DE SÁRRIA A MONFORTE.- Na vila de Sárria tiña dúas orixes. Unha baixo da Fortaleza dende onde , polos Esqueiredos, en Farbán redos, chegaba á Lama da Rigueira , e outra dende o Barrio das Pedreiras seguimdo por Pacios de Casteledo chegaba tamén á Lama da Rigueira.Nese lugar, a man dereita , formando parte do Camiño Farncès de Sárria a Paradela, saía ese vial cara Albán e Piñeira.
Pasada a aldea da Lama da Rigueir o canmiño subía cara o Alto de Cesár polo Real de San Fiz de Reimóndez, e por perto do Castro de Teilonxe, Guitián, O Oural Vello e Santa Cruz do Oural antes de chegar ao lugar de Noceda, onde había mesóns, e despóis seguía até a FEIRA DE RUBIÁN onde se xuntaba co Camiño Francés, que pola man dereita, viña dende Lugo. O Camiño de Sárria a Moforte era seguido polos peóns do correo que cubrían os traxectos da Posta entre a Ponre de Carracedo e á cidade de Ourense e de Ouresne á Ponte de Carracedo,
CAMIÑO FRANCÉS DE SÁRRIA A LUGO POR GOIÁN.- Con orixe na vila de Sárria baixaba pola Calexa até o Hospital de Sán Lázaro e de ali ía á PONTE DO MAZADOIRO. Pasada a Ponte un ramal ía cara Treilán, e o da esquerda, polo Monte Pequeno e a VENDA DA COBELUDA, Arxemil. por perto de Frades, pola Lama alcanzaba o Hospital de Goián, antes de se xuntar co Camiño Francés de Lugo a Monforte, e dende ali unidas as dúas vias , pasando a Ponte de Neira e Farnadeiros os camiñantes alcanzaban a cidade lucense.
CAMIÑO FRANCÉS DE SÁRRIA A LUGO POLA POBRA DE SAN XIAO.- Para ir dende Sárria á cidade de Lugo existía a alternativa de , pasada a PONTE DO MAZADOIROa, xirar cara o lugar de Treilán e pola Piqueira de Betote , Santa María de Vilar e San Cosmede, alcanzar Sopena, pasada a Ponte riba do río Sárria, e por Viance e Penaboa seguir até a Pobra de San Xiao, seguindo dende ali, despóis de atravesar o río Neira. até Lapío , xuntándose pouco despóis co camiño real de Lugo a Monforte.
CAMIÑO FRANCÉS DE SÁRRIA A PARADELA.- O Camiño Francés de Sárria á Vilamaior de Paradela ( Santa María de Vilamaior de Paradela ou Santa María de Vilamaior da Lobataira ) tiña orixe na vila de Sárria- Camiño de Albán ou Camiño de Monforte. Pasado o lugar da Lama da Rigueira, por Albán,A Condomiña, Ponte de San Paio, San Paio , subía ao monte Rebordelo até alcanzar o lugar de Cedrón ( coñecido tamén como O Vento ), onde cruzaba o Camiño Francés de Lugo a Monforte. Polo Monte Regueiral seguía o Camiño cara A Ermida, en Nespereira, e remataba na Feira de Paradela ( parroquia de Vilamaior - Marquesado de Sárria ). Aqueles camiñantes que tiraban cara as parrroquias da contorna de San Miguel de Paradela, ao chegaren a Cedrón seguían cara O Couso, e dende alí , por Santo André, ian cara Barán, atravesando o río Loio , polos peares que había perto de Rio Seco, e por Vilaragunte diversificaban os seus destinos. O Camiño Francés de Sárria a Paradela aprece documentado nun foro da Condomiña- Piñeira, datado en 6.09.1674 no que se dí que a Casa de Pedro Díaz da Ribeira " alinda por unha parte co Camiño Francés que vai de Sárria a Paradela". Dende a Feira do Mosteiro Vello o camiño seguía cara A Portaxe, via pracicada para ir cara o Saviñao , San Vitoiro e Pantón, e tirando á dereita atravesábsae o río Miño, na Barca do Pincelo, para ir á Terra de Chantada. Esa ruta era tamén coñecida como " Camiño de Sárria a Pontevedra".
CAMIÑO FRANCÉS DE SÁRRIA Á PONTE DE CARRACEDO.- Saía da vila de Sárria pola Carreira de Santa Mariña, Cruz de Pradeda e A PONTE VELLA DE VILAR DE SÁRRIA, seguindo cara Rubín, e pola Cha de Santa Marta, Fonteabuín e Escanlar ( parroquia da Lama) , alcanzaba a PONTE DE CARRACEDO, onde se xuntaba como Camiño Francés de Viduedo a Lugo ), Dende este punto saía un ramal cara a Pobra de Santo Estevo de Neira de Susao. Tamén había outro ramal que condiucìa a Aranza.. O Camiño de Carracedo era camiño de postas, e no lugar da Ponte os peóns collían e entregaban as cartas de Sárria, Monforte e Ourense.
Comentarios
Publicar un comentario