SÁRRIA: FAMILIA CARBALLEIRA ( 662 )
SÁRRIA : FAMILIA CARBALLEIRA ( 662 )
En realidade o nome da Familia Carballeira está tomado da familia que fora dona da Casa de Lois do Medio ( Rúa Maior / Calellón de Lois ) antes de 1930. O apelido Carballeira procedía de San Martiño do Fontao, e como en casos semellantes cando alguén compra un establecemento comercial os novos titulares " herdan" a vella denominación. Tal foi o que pasóu cando os esposos Xulio Rodríguez González e Carme Trebolle Vilaro , á volta dos seus anos de emigrantes en La Habana cando se estableceron na Rúa Maior e pasaron a ser chamados "os Carballeira" , e tamén así foron coñecidos os seus fillos. Xulio Carballeira, Carme Carballeira , Hixinio Carballeira e Pepe Carballeira viron como os seus apelidos quedaban relegados diante da suplantación imposta polo uso social.
Xulio Rodríguez González procedía da familia do Mesón do Mazadoiro, orixinaria de Bembibre-León, e a sua esposa nacera de Vilarrairo- Vilar de Sárria.
Xulio e Carme mantiveron por décadas aberta unha tenda, especializada en calzados, venda de coiro, zocos e madreñas na Rúa Maior . Nos tempos do comerzo intervido esta casa estaba encargada da distribuciòn do cupo de coiro a zapateiros de varios concellos. Despóis de esar adicada a zapatería por conta do seu fillo Xosé Rodríguez Trebolle e da esposa deste Marió Guitián Prado .Finalmente foi vendida a casa , á que os novos donos lle deron un segundo andar , pasando a ser destinada a albergue de peregrinos , denominado " O Durmiñento".
Como reclamo publicitario Xulio Rodriguez puxo riba da porta da entrada sobresaíndo do balcón un zoco moi grande , razón pola que o establecemento foi coñecido como " A Casa do Zoco Grande ".
O matrimonio, establecido en La Habana, co froito do seu traballo conseguiu un capital importante decidindo voltar para Sárria, onde formaron un patrimonio inmobiliario moi impoortante.
Ademáis da Casa Carballeira e a Casa do Bar Pote ( Rúa Diego Pazos , onde no baixo estaba o Bar Pote e había tres vivendas, todo en réxime de aluguer ) posuiron dúas casas nos Esqueiredos de Farbán, e cando a Marquesa de Vilaverde de Limia vendéu as fincas da Casa Grande onde agora chamamos Barrio Andión adquiriron un bon número de soares nas rúas Rosalia de Castro, Frei Luis de Granada e Padre Sarmiento onde alzaron casas e estableceron hortos.
Na Rúa Rosalía de Castro os Carballeira posuiron dúas casas ( números 7 e 9 ) con sotos, baixo eun andar, que as puxeron en réxime de aluguer, e a cada unha das vivendas déronlles un cortello onde cebaban porcos e ademáis un pequeno hortiño. No número 7 había tres vivendas e no número 9 había seis vivendas. Xa viuva Carme Trebolle alzóu outras dúas casas nesa rúa : Unha de soto baixo e dous andares, con tres vivendas e outra de soto , baixo e un andar, con cinco vivendas.
No Barrio do Mazadoiro , a familia, ademáis da casa do antigo Mesón , posuiron a Casa Nova de Carballeira , tamén con vivendas arrendadas ,
Ademáis das anteditas casas posuiron un amplo soar con frontes ás rúas Rosalia de Castro e Frei Luis de Granada, outro tamén moi amplo con frontes ás rúas Padre Sarmiento e Frei Luis de Granada, un horto na Rúa Fornos de Atrás , unha carballeira nos Esqueredos, outra no Campo de Outeiro ( O Mazadoiro ), dúas casas máis no camiño do Asilo, dous soares nas Penelas do Mazadoiro e un horto no Forno, en Treilán.
Tamén tiñan algún patrimonio urbán en La Habana, do que foron despuseídos pola Revolución castrista e tamén unha casa na cidade da Coruña, que lles foi expropiada na súa maior parte nunha operación urbanisitica na que só se salvóu un soar.
En Sárria a familia ofrecéu en réxime de aluguer nas décadas de 1940 a 2010 un total de vinte e sete vivendas e un local comercial , coinciudndo coa fase de intenso crecemento poboacional da vila, facilitando , con rendas baixas, o establecemento de familias procedentes do medio rural e outras de escasos recursos. Ninguén en Sárria ofrecéu tantas vivendas paea asentamento de veciños.
Xulio Rodríguez González foi un comerciante recoñecido e respectado, que foi concelleiro, colaboróu activamente na organización das festas do San Xoán e , dotado dun grande sentido do humor contaba aos máis novos da parte alta da vila numerosas anécdotas e enriquecedoras interpretacións de novas de cada día que enriqueceron o seu proceso formativo.
O seu fillo Hixinio estableceuse como médico en Becerreá e o outro, Xosé, foi empregado da Caixa de Aforros Monte de Piedade da Coruña e Lugo e das entidades que a esta sucederon , en Sárria e en Ourense, Nesta cidade tivo un papel importante na organización de actividades culturáis. Foi correspondente de " El Progeso" de Lugo en Sárria.
Todas as edificacións que formaron parte do patrimonio dos Rodríguez Trebolle ( " Os Carballeira" ) foron enaxenadas, agás a Casa do Mesón e a Casa Nova de Carballeira do Mazadoiro que foron derrubadas.
Comentarios
Publicar un comentario