CARLOS POMBO SOMOZA : AVIADOR MILITAR SARRIAO ( 700 )
CARLOS POMBO SOMOZA: AVIADOR MILITAR , SARRIAO ( 700 )
Cárlos Pombo Somoza ( San Salvador da Pena -Sárria. 30.07.1905; Madrid , + 18.09.1970 )
Aviador militar.- Medalla Aérea - Tenente Xeneral
Aos dazasete anos ingresou na Academia de Cabalaría de Valladolid. Como alférez en 1925 foi destinado a Melilla no Rexemento de Cazadores de Alcántara , intervindo nas derradeiras operacións militares da Campaña de Marrocos.
En 1927 participa nun curso de oficiais aviadores . Ascendido a tenente foi destinado ao Grupo Nepler.- Pérez da Escuadra de Marrocos no aerodromode Tauima.
1928,. Segue ciurso de piloto de guerra e pasa ao aerdoromo de Sania Ramel en Tetuán,
1932,. Acada a especialidade de hidroaviuóns sendo destinado á base melillense de El Atalayón na Mar Chica.
1936.- Co grao de capitán únese aos militares subñlevados no aerodromo de Tablada . Intervén en misiíons na fronte Sur e no Estreito Pasa a Cádiz integrándose no Grupo IG-70. Grupo de hidroavións , en servizos de recoñecemento, exploración, custodia de convoios e viixianza antisubmariña.
1937.- Pasa á base de Pollensa ( Mallorca ) ao mando da escuadrilla 2-G 62 con hidroavións Caut Z-510. Novo destino na Xefatura do Aire en Salamanca na 1ª Sección do Estado Maior , mandando a escuadrilla do Cuartel Xeneral.
1938,. Agregado á Lexión Cóndor ( da aviación alemana do Reich actuando en España ) como xefe da escuarilla AS-88 de bimotores Heinkel H- 69 " Zapatones ", até o remate da guerra. Ascendido a comandante por méritos de guerra , pola súa participación en 263 misións de guerra e 1.033 horas de vóo en campaña.
1944- Encargado de crear a unidade de Salvamento de Náufragos . Participa nun curso en Marsella para preparación de navegación con trimotores. Sofre un accidente en práticas de amerizaxe en horas de noite.
1945,. Profesor da Escola de Vóo sen Visibilidade . Pasa á Escola Superior do Aire.
1953,. Ascendido a coronel é destinado á Direición Xeral de Industria.
1956. - Sigue un curso de reactores,
1960.- Ag regadi aéreo nas embaixadas de París e Bruxellas , representante de Aire en La Haya e da Mariña en París.
1963,. Ascneso a xeral de brigada. Xefatura do Sector Aéreo de Cataluña Mando do Transporte Aéreo.
1965.- Xeneral de Diviiión , 2º Xefe da Rexió Aérea de Levante, Xefe das Forzas Armadas do Mando da Defensa Aérea . Nesa altura da súa carreira militar 14. 385 horas " cifra nunca alcanzada na Aviación Militar Española e dificilmente noutros paises.·
Moi afeizoado á hípica faleceu en Madrid a consecuencia dun accidente de equitación o 18.09.1970.
Por estar en posesión da Medalla Aérea foille concedido o ascenso a tenente xeneral despois do seu falecemento.
..........................................................
( EL PROGRESO, 11.06.1969 )
Para o vindeiro dia agárdade en Sárria unha nova visita do xeneral Pombo e do Xefe da Brigada Paracaidista do Exército do Aire , don Xoán Crespo del Castillo , quen foron convidados polo alcalde da mencionada vila, don Xesús Vázquez Rivas.
................................................................................
( EL PROGRESO, 19.09.1970 )
Faleceu o Xeneral Pombo Somoza a consecuencia da caida de cabalo
O ilustre aviador , nado en Sárria en 1905 , era Subsecretario do Aires. Amosara o máxim interese polo porvir aeronáutico de Lugo.
MADIR, 18 (CIFRA ).- ´Ás 1:30 desta noite faleceu no Hospital do Aire , na Rúa Arturo Soria, número 82 , o Subsecretario de Aviación Civil do Ministerio do Aire , don Carlos Pombo Somoza , sufriu onte pola tarde un accidente cando montaba a cabalo , resultando con feridas graves , a consecuencia delas morreu.
Ao ocorrer o óbito achñabase a carón do leito do ferido a súa esposa dona Rosa Blanco Palenzuela . e as súas fillas María Elena, Mª Rosa e Pilar.
Inmediatamente despois de ser coñecida a loitosa nova , persoouse no Hospital o diteitor xeral de Navegación e Transporte Civil don Emilio O ' Connor Valdivieso , para facer patente o seu sentimento aos familiares do xeneral Pombo, Ademáis acodiron ao Hospital co mesmo obxecto numerosos xefes e oficiais do Exército do Aire.
.................................................................................
Hai memoria gráfica da visita a Sárria do xeneral Pombo Somoza na rúa daquela aberta nas Castiñeira ( hoxe treito inicial da Rúa Nova, na que aparece acompañado polo alclade sarriao, señor Vázquez Rivas, dom Luis Díaz Pallín, Manuel Sobrado Castro.... visita na que se barallou a posiblidade de darlle o nome de Carlos Pombo Somoza , a unha das rúas , que serían i<nauguradas o 28 de xuño ( Gran Vía, Río Sol , Portomarín , Avenida , " de América , Rúa Nova,,, ). Esa proposta non chegou a materializarse.
.......................................................................................
O xeneral Carlos Pombo Somoza foi o sarriao seguidor da carreira das armas que máis alto rango ten alcanzado .
...................................................................................
Comentarios
Publicar un comentario