CAMIÑO FRANCÉS DE VIDUEDO A LUGO ( 699 )

                    CAMIÑO   FRANCÉS DE VIDUEDO A LUGO ( 699 )

    sarriaacentogalego                                                                                   XAIME FÉLIX LÓPEZ ARIAS

                                                         INTRODUCIÓN

Antes do Padornelo, nos Montes do Cebreiro, ou pasados os lugares do Poio  e da  Fonfría, moitos  dos peregrinos que ían cara Compostela  desviábanse  da ruta principal  no seu desexo de coñeceren  s cidade amurallada de Lugo.

Unha das máis significativas  desviacións  do " Camiño francés a Compostela"  foi sen dúbida  o " Camiño francés de Viduedo  a Lugo", que desde a parroquia de Lamas de Vuduedo  ( en terras de Triacastela  ) polo Furco, Galegos, Carracedom Bande e Hospitalde Chamoso  levaba  á cidade  sacramental, cabeceira espiritoal  dunha ampla zona , e que dentro das súas fortes  murallas romanas  conservou ata ben entrado século XIX  o seu destino de  praza militar. Ademais deste  ramal aparece documentado  outro, que principiaba  unha légoa antes, seguindo unha verea vella  con orixe no Padornelo  e que pola Casa da Xancia , no Concello das Nogais , seguía  ata Lamas de Viduedo  e despois ata Lugo , camiño que nese treito foi obxecto de estudo  por Luis  Pombo  e que serviu de base para a sinalización  e colocación de fitos  no " Camiño do Padornelo a Lugo "  que por terras de Pedrafita do Cebreiro , As Nogais,  Triacastela , Láncara, O Corgo  e Lugo recuperou  hai algúns anos a Deputación Provincial de Lugo  coa colaboración da Asociación  de Amigos do Camiño de Santiago  na Provincia de Lugo.

E temos que adiantar  que este camiño  , no sentir  e na memoria  das xentes e polas súas condicións  de trazado, coincide substancialmente  cunha vía romana  que ía de Lucus a Astúrica , pola Ponte de Carracedo, no Neira , e o camiño aberto pata peregrinos , vía da que tamén o Camiño  de Postas  da Fonfría ata A Coruña  foi herdeiro  direito.

· O " Camiño francés a Lugo" non foi só  camiño  de peregrinos. Ao fixaren  no século XVI  a capitalidade de Galicia  na cidade da Coruña, convertiuse en camiño de postas ,  para a comunicación  de Madrid  coa cidade herculina , e xogou ademais  un importante papel como día  militar, sendo tamén unha das vías de saída  dos emigrantes temporeiros  galegos que durante séculos  e ata a chegada do camiño de ferro, se desprazaban a pé , en tempo de verán, a terras de Andalucía, A Mancha,  Castela e León para tomaren   parte nas pesadas   tarefas da sega manual  de cereais. Como "Carreira desde Madrid a A Coruña"  ou " Carreirab xeral de Galicia" aparece  reflectido este camiño  na relación  das postas dos correos , da segunda metade do século XVIII,  e tamén no mapa  xeral das postas , aínda que as imprecisións  do trazado sexan moitas, sinalan con exactitude  a sucesión das diferentes  paradas. Na Posta da Fonfría  separábase a "  Carreira de Santiago"  que se prolongaba nas paradas  de Triacastela ( Tira-Castela ), Portomarín  ( Puerto-Mariño ), San Mamede, Palas de Rei, Melide , Arzúa e Santiago-

Malia a súa permanencia  a través do tempo, son escasos  os autores que lle  prestaron atención  a esta ruta  de peregrinación , limitándose  a algunha  cita illada e incompleta, vertendo  en moitos casos  imprecisións  que mal copiadas  e repetidas non fan outra cousa  que botaren escasa luz para o coñecemento dun ramal  do Camiño de Santiago que subsidiario  da vía principal , estivo vivo e activo, aída cen anos  despois de que  El.Rei Carlos III  mandase abrir  o Camiño Real de Madris á cidade da Coruña  ( hoxe estrada N-VI )  que supuxo  variar  o discorrer  do fluxo de viaxeiros e traxinantes  cara unha  ruta que entrando  polo porto de Pedrafita e en cotas máis baixas  que o Cebreiro e O Poio , pasando por As Nogais , Cruzul, Baralla , Sobrado e O Corgo, alteraría profundamente  o xeito de acceder  á zona norte  de Galicia   , facendo que a aldea de Pedrafita , a vila das Nogais , Becerreá, Baralla e Sobrado do Picato  medrasen ao calor  de mesóns  e cuarteis militares  mentres que a vella vía  entre O Cebreiro e Lugo  e os seus habituais  puntos de parada entraban en franca  decadencia. 

Con relación a Viduedo LOSADA DÍAZ e SEIJAS VÁZQUEZ na súa obra GUIA DEL CAMINO FRANCÉS EN LA PROVINCIA DE LUGO. Madrid.1966 pxa, 34 din:,,,,"  Este  topónimo  parece referirse  a un lugar onde abundan os "bídalos" ou "bidueiros", sen embargo  , certos historidores  supoñen que quere significar  " dúas vías ", baseándose  tal interpretación  en que algúns peregrinos  ao chegaren a este  poboado ( Bduedo ) , desviábanse do camiño tradicional , tomando a bifurcación  que se dirixía cara  ao norte, e pasando por LAMAS ( a máis de mil metros de altura , que ofrece ao lonxe  unha inconfundible  perspectiva ) e FOLGIUEIRA , cruzaba polo  MONTE DA ALBELA, no que segundo a tradición , recollían pedras calcarrias , que trasnportaban no seu fardelo  ata A CASTAÑEDA ( da prrovincia da Coruña ), onde estaban os fornos destinados  a prepaaren  o cal que se empregaba para a construción  da basílica compostelá.  Os que escollian   esra direción  saían do municiio ( Triacastela  )  polo FURCO, para entraren   no de Láncara por CEDRÓN. Nos tempos  do correo de postas  nacía en Biduedo  una rama da liña de Madrid  á Coruña, pola que se conducìa  o correo a Compsptela, seguindo o  camiño farncés".   " Outra cita  é´ á que , referíndoise á Casa  Torre de Tras  Penas , no Concello de Baralla , fai   Vázquez Seijas, moi de pasada en FORTALEZAS DE LUGO Y SU PROVINCIA ( TOMO VI ) "... Non se debe esquecer  ademáis a súa posición estratoéxica , entre o camiño que unía  a Astorga  con Farum Brigantinum, por Lucus Augusti e o derivado do  camiño francés dos peregrinos , que por Carracedo ( Láncara ) , ía buscando  o seu empalme  pola Ponte de Lugo, para visitar a nosa cidade  e percorrer  por estas  terras  cos vidos a traveso de Asturiras , para facelo á cidade de San Salvador de  Ovedo",

O histroriador sarriao m Diego Pazos,  alude á antigüidade desta vía : " Abriron os romanos moitss e boas  vías en Galicia, e cítase unha de  Barga a Astorga , que se unía no Bierzo coa que  viña de Lugo a Astorga  ... do Bierzo  penetraba polo Cebreiro, conservándose  aínda restos  na parroquia  de Santa María do Cebreiro, e que máis adiante  pasaba  por Lamas, Galegos  e por perto de Sárria..."  

O mapa da diocese de Lugo de Tomás López sinala con total precisión  este camiño  con unha solución  liñal que vai por Lamas, O Furco, A Esfarrapa, Galegos, Ponte de Carracedo , Bande , Marei, Hospital de Chamosso, Santa Comba, Castro e  Lugo. 

No mapa "Carte des Routes d ' une partie d, Ponte de la Galice ", publicado no nº 2 de "Corga" entre o Monte da Meda  e A Coruña  aparece a traza do camiño  dende o Cebreiro polo Furco, Galegos  ,  Ponte de Carracedo , LAGO, MAREI, HOSPITAL, "Cuco " , San Fiz , Lugo, Outeiro de Rei, Carral , Pacios , Baamonde, Velote, Guitiriz , Casasolas, Vilouriz,  Ois, Coirós, Betanzos, Iñás,  O Burgo e A Coruña. E noutros mapas  do dezaoito  vén tamén  reflectida  esta vella estrada xeral de Castela, máis unha estruura  de camiños en paralelo  e atallos, fan que aínda  habendo uns puntos  constantes  no seu decorrer , en relatos de viaxeiros  podían aparecer algunhas diferenzas, ao que non foi alleo  o espirito aventureiro  dos propios camiñantes  que trataban  de escapar  de todo canon establecido para que coñeceren novos vieiros e  paisaxes,

Igual precisión observamos no Mapa de Fontán onde este  camiño se sinala no seu decorrer  por A Fonfría. ,  Lamas de Viduedo, Folgueiras,  O Furco, A Esfarrapa, Galegos,  beira esquerda do río Armiela, A Lama, Ponte de Carracedo, Bande, Marei, Hospital de Chamoso e Lugo. Noutras cartas  gráficas achanos os traxectos 

 a ) Lamas , Galegos, Hospital de Chamoso, Lugo-

b )  Fonfría, Galegos, Hospital  de Chamoso, Outeiro de Rei.

c )  Biduedo, Lamas de Biduedo Meizarán, Furco, Esfarrapa. Gaelgos, Ponte de Carracedo, Bande, Lago, Marei, Hospital de Chamoso, Cuco ou Coeu, Castro,  Conturiz-San Fiz, Lugo.

Isto desprèndese  do exame  de algúns dos mapas  en uso, e aínda aparece a traza  fundamental  nos primeiros mapas  provinciais  do século XIX.

Na relación de postas da " Carrera desde Madrid  a la Coruña " aparecen  os seguintes treitos : " O Cebreiro-Fonfría,  Fonfría-Galegos, Galegos- Hospital de Chamoso.-  Hospital de Chamoso. Outeiro de Rei ".

O "  CAMIÑO FRANCÉS  DE VIDUEDO A LUGO" decorría polos actuais  termos municipais  de Triacastela, Láncara , O Corgo e Lugo, onde se unía  ao camiño  que procedente  de Oviedo baixaba das altas montañas de Burón  na súa procura da cidade compostelá, Ata a implantación  definitiva   do réxime municipal  atravesaba o  Camiño Francés de Viduedo a Lugo terras das xurisdicións  de Triacastela, Vilaesteva de Herdeiros, Cedrón, Somoza de Vilozán,  Samos ( Viduedo, Partido de Galegos e  Carracedo ) , San Xulián  da Pobra, A Pobra de Adai, Encomenda de Poeromarín e Lugo,

                                              .............................................................................. 

Um meu primeiro traballo , referido ao dito  treito  do Camiño Francés, foi  publicado nos anos 1999 e 2000  nu Suplemento  de EL PROGRESO, titulado  " O Camiño" , que estaba promovido  pola Asociación de Amigos  do Camiño de Santiago na Provincia de Lugo, e coa súa publicación  pretendín tan só  chamar a atención  dos estudosos dos arredores  do seu significado , xa que a aparición  das modernas vías  de comunicación  supuxo unha perda total  da memoria histórica  desta ruta, que só  de xeito  esporádico  podía ser  rastrexada  en papeis  vedraños, ou en conversas  con persoas vellas  coñecedoras  do seu gtraxecto, que a el se referían  máis con mentalidade  de cousa  afastada que de activas vivencias, 

                                            ...............................................................................  

                   CONCELLO DE PEDRAFITA DO CEBREIRO // CONCELLO DAS NOGAIS

                                    O CAMIÑO DENDE PADORNELO 

Cando se  trazou a ruta moderna , promovida pola Deputación Provincial de Lugo, co bo acerto de recupear  a verea antigo  de  orixe romana   que ía máis ao norte , sinalouse  a orixe deste anovado  camiño no Padornelo , seguindo por terras  de Pedrafita do  Cebreiro e As Nogais, polo Alto do Poio, Casa da Xancia , O Barreirín, O Reboiro, O Castro  e A Raposeia ata Lamas, onde xa se fai  un só co vello camiño das Postas con orixe na Fonfría ou en Viduedo, 

                                                 ========================= 

                                                CONCELLO DE TRIACASTELA

                                                ========================= 

Entre a estrema  co Concello  de Pedrafita   e o Monte da Meda,  o antigo " Monte Serio" medieval, houbo o acerto  de fixar unha  ruta " canónica  " que recolle no  substancial  a trama histórica.

                                                  O CAMIÑO DENDE VIDUEDO 

Aqueles  que non se desviaban no Padornelpo, pasado o lugar da Fonfría, na Serra do Rañadoiro, e o CAMPO DO FURCO, golada situada  entre o Pico do Furco  ( 1.384 metros ) e o Seixo Redondo (  1.259 metros ) podían optar  entre  procurar acollida  en Triacastela ( Burgo Novo ou Vilanova de Triacastela fundada por  Afonso VIII de León e Galicia  ) tomando  o camiño máis transitado , ou ben  ir cara a cidade de Lugo , desviándose ao norte,  para retomaren a vía principal en Pals de Rei ou en Melide.

Nós tomaremos, pois , o desvío do nort e no lugar de Viduedo, Nestas paraxes  teñen asento  numerosas fontes e regatos que constitúen  unha das tres cabeceiras  do río Sárria,, que reunindo , abaixo da vila de Triacastela , as augas que baixan dos montes  da Meda, Albela   e O Iribio , seguen por Samos  e Sárria ata se uniren  ao " río da Neira " entre Moscán e A Pobra de San Xiao.

O " río da Sárria" deu nome  a toda a comarca , que percorreremos  hoxe , nesta ruta norte , dende Viduedo  a San Pedro de Bande, se ben o señorío  dos condes e marqueses  de Sárria  abarcou aínda  no século XIX, territorios que ían ata o río Chamoso ( O Corgo )  razón pola que a maior parte  do " Camiño Francés a Lugo " atravesaba terras sometidas ao señorío dos Condes de Lemos. O marquesado  de Sárria abranguía  as Cinco Pobras  e os seus alfoces :  Pobra de Adai, Pobra de Santo Estevo  de Neira de Susao, San Xiao da Pobra, A Pobra de Sárria e A Pobra de Triacastela.

A ruta  establecida  e marcada con laxes de lousa  nas que se le " Camiño  Francés  de Padornelo  a Lugo.", vai  dende Lamas  pola Legúa, O Csstiñeiro, Cancelo, O Couto, Trascastro,  Pompernal, Quintela, San Salvador  de Toldaos  e As Encrucilladas  ata o Furco , lugar con casas  repartidas   entre os concellos de Triacastela e Láncara

  Seguindo coa descripción das diversas  variantes, agora unificadas aos efectos  prácticos  de conservación  e mellora,  farenos referencia aos diversos   lugares de interese , que dende  moi antigo  recibiron a influenza  dun camiño que era a esttrada  que unía  a cidade de Lugo con  Castela.

                                                         O VIDUEDO

Deixando atrás  o lugar da Fonfría , á man esquerda do monte do Seixo Redondo  e o arroxo do Muin  Vello, chégase  á pequena aldea  de Viduedo (a  1.210 metross  de altitude  )  e que pertence ao concello de Triacastela , É un pequeno lugar , con poucas  casas habitadasm cunha rústica e primitiva  capela na beira do itinerario xacobeo.

Esta capela de San Pedro , recentemente restaurada, ten uns 49 metros cadrados de superficie, tellado  a dúas augasm un pequeno  campanario   cun   só sino e porta  con arcada de laxas de pedra, o mesmo  co  pavimento, No interior  conserva as imaxes  de San Pedro, titular. San Roque  e Santa María Madalena  todas do século  XVIII, e están retiradas   outras pezas  do s. XVI , máis imperfeitas , de San Pedro, Santa María Madalena , Santo Antonio  e  unha  santa descoñecida.

 No Viduedo separábanse orixinariamente as Postas de Santiago das que por Lugo  conducían  á cidade da Coruña , ata que se estableceu a parada na Fonfría.

Na actualidade o Viduedo ofrécelles  aos camiñantes establecementos  hostaleiros modernos  e acolledoras casas de turismo  rural.

 Na actualidade o Viduedo ofrécelles aos camiñantes  establecementos hostaleiros  modernos e acolledoras  casas de turismo rural.

Polo camiño da esquerda  , en cota elevada, rodeand o  monte Caldeirón, vaise na procura  de Triacastela e Sárria, pasando  por A Torricela e  Filloval ( o " Fox Lupari" medieval ), mentres que  quen se dirixían a Lugo collían  polo camiño da dereita , que  de súpeta baixada levaba ata Lamas ( 1.029 metros de altitude " ,

Actualmente  o treito entre O Viduedo   e Lamas  coincide sustancialmente  coa estrada vella  de Samos a Pedrafita  do Cebreiro ( aberta en 1956 neste treito  ). 

O Viduedo ata os arranxos parroquiais  de 1890  pertenceu  á parroquia de Santa María  da Vilavella  e constituía un Couto  baixo a xurisción da Real Abadía   de Samos .

 Varios autores  citan este lugar como integrado na Xurisdición  da Encomenda de Portomarín , erro derivado  de tomar  a parte actual polo todo anterior, cando en realidade  só lle pertencían á  Encomenda sanxoanista os demáis lugares  da actual parroquia  de San Cidre de Lamas e aínda había  casas soltas  adscritas a outras  parroquias da contorna, 

                                                      LAMAS

Cabeceira  da parroquia coñecida como San Cidre de Lamas de Biduedo , no actual  concello de Triacastela, pertenceu  , con menor dimensionado  que o presente  á Orde  do Hospital de Xerusalén ( Orde  de Malta ), dependendo da Encomenda de Portomarín, e na actualidade  está formada polos lugares de Biduedo ( que dependía de Samos ) , Legúa de Reboliños, Lamas e Meizarán. Este lugar de Meizarán , ata hai  unhas décadas  atrás formou parte  da parroquia de Alence , do concello das Nogais, e foi segregadi  para  unilo  ao concello de Triacastela . Nese lugar  está casa petrucila  dos Cela. onde viviron   os antepasados  do escritor, Premio Nobel de Literatura, Camilo José Cela.

A igrexa actual é oderna ( do ano 1949 ) , con cemiteiro  ao redor do templo  ( costume este que  tan desafortunados  resltados  produce en  toda Galicia  ao afear  innecesariamente  os adros parroquiais  , privando de perspectiva aos templos  e que di moi pouco  a favor dunhas autoridades  eclesiásticas  e civís  que tan pouca  sensibilidade  artística amosaron  ao respecto , e fala ademais da pasividade  das autoridades sanitarias que toleran tan pouco  tan pouco recomendables  situacións.

O trazado do templo é neogótico , dunha soa nave cuberta  a dúas augas ; ten  portico  sobre a porta principal  e sancristía na parte poseterior , máis baixa  e reducida ca nave..

En Lams  está docunentada a existencia dun mesón  ( reflectido nos mapas do  século XVIII ), que permitìa a acollida de peegrinos  e viaxeiros, e temos que supoñer  con todas as incomodiades engadidas  que aparecen sinaladas  en múltiples relatos  de viaxes, derivadas  da forzada convivencia  de persoas e animais  baixo dun teito común.

Hoxe en Lamas destaca a  actividade de chacineria  e a ganderís de montaña , sendo de dedstacar  a aposta  polas especies autóctonas,

Desde  Lamas  o camiño descende cara a Legúa de Reboliños ( a 951 metros ) , topónimo que alude  á existencia remota  dunha pequena lagoa  e a vexetación de rebolos  ou carballos dkistinguindo así este lugar  doutros de igual denominación existentes na zona da  Montaña ( Lagoa de Táboas e  Lagoa de Casteka ).

Tamén se  docuneta gráficamente  ( Fontán  )  outra alternativa , cal era a de se dirixiren cara Meizarán e  Folgueiras.

Pasado o lugar da Legúa , podían optar   por alcanzaren Toldaos   indo pola parroquia de Cancelo, ou ben facelo atravesando  a parroquia de  Santa María da Vilavella.

O camiño de Cancelo percorre a Costa do Val ( 915 metros de altiude )  e o da Vilavella  vai polo Monte do Penedo ( 857 metros ) . 

                                                     CANCELO

Pola parroquia  de Cancelo  o camiño  vai cara os lugares  de Cancelo e Vilarce , A parroquia de San Cristovo de Cancelo ( San Cristovo de Mesme  na Idade Media ) está formada polos lugares  de Cancelo e Folgueiras  e pertenceu  á Xurisdiciñon da Pobra de Triacastela , integrada no Maquesado de Sárria . Cancelo , na aba do Monte da Albela ( 1.065 metros )  ocupa terreo de monte  pechado  por poñente  polo Castro ( 825 metros )  e o Monte de Casares (  808 metros ).

A igrexa de Cancelo  aparece nomeada  entre as doadas a Samos como " tres parte  Sancti  Christopheri de Misme", na bukda  de Alexandre III ( ano 1175 ).

Nun documento  de 1 de agosto de 1176 , varios leigos e presbíteros  que moraban en San Cristovo  pautaron co Mosteiro de Samos as condiciñons riba  dos dereitos da citada igrexa , nos días en que Vermudo  Álvarez  tiña a poestade de El.Rei  Fernando II en Sárria  e en Triacastela . A situación da igrexa sinalana   como "sita est  inter duas villas, scilicet,  inter Misme e  Ailiviz",

A  vila de Vilarce  deulla a Samos  Onega  Vermúdez  en 24 de marzo do ano 1080.  Nun inventario de bens  adquiridos polo abade de Samos Fromarico  figura " Villarci que fuit  de Vremudo Menendiz " ( ano 1091 ) . De 19 de decembro  de 1020  é a doazón  do conde Sarracino  Siliz  ao abade Diego de Samos, na que entre outras vilas dalle  "  Item concedo vobis alias  hic in Triacastela  in villa que  dicitur Villarci , qui fuit  de Barsilli  IIIIª  porcionem "  En 8 de xuño  do ano 1093 , Paio Pérez e  Martiño Perez  concambian  co mosteiro de Samos  a vila de Vilarce pola de Mexme. Este Mexme ou Misme  foi unha vila hai tempo desaparecida  ( hai referencia  na rica  topnimia  menor  ) que deu nome á freguesía da Idade Media,

A parroquia de Cancelo, era no século XVIII, de señorío dos Condes de Lemos, quen percibían  dos veciños da devandita freguesía  362 reais  e catro maravedñis  de veludo en cada un ano,.

Esta zopna abonda  en cavidades  aínda non moi estudadas , sendo de sinalar a importancia  de Cova Eirós , que trae moita  luz  sobre  a existencia  prehistórica de especies   animais  moi  significativas  , como o oso das cavernas , e da actividade  do home de Neandertal, e así recentes investigacións  arqueoloxicas  permiten un mellor coñecemento dos tempos prehistóricos de Galicia ,  levando a que se prssente  un valor enhgadido  do que poderán  seren partñicipes  os camiñlantes que sigan esta ruta, sendo de agardar  que se poida plasmar  nunha actividade museística " in situ".

Nestes terreos montesíos  estiveron bos cazadeiros de oso no perido dos reis galego.asturianos e leoneses .  documentándose a presenza de úrsidos  ata preto de 1950, quedando mostras  da loita  contra eles  nas moitas  "alvarizas " que albergaron cortizos  para a produción de mel , sendo de sinalar   que recentemente se documentan esporádicas incusrións   de osos por estes montes.

Pasado Cancelo o peregrino podía  seguir por Tras Castro, Fompernal, Quintela, San Salvador, Toldaos,  A Encruculklada ata O Furco, no Monte da Meda, ou ben alcanzar  ese curuto  dirixíndose  primeiramente a Vilarce  e Toldaos,  .                                       

                                          VARIANTE DA VILAVELLA

Se  non seguía o camiño principal por Toldaos e  optaban  por se dirixiren  cara a Vilavella , a carreira discorria  deixando á esquerda o río Teixido  e á man dereita  o Castro de Lagares (  810 metros ), depois de atravesar  a aldea do mesmo nome. Vilavella  é a cabeceira  da parroquia  do mesmo nome , formada polos lugares  do Castiñeiro, Filloval, Teixo, Vilar e A Vilavella.  e na Idade Media  foi  coñecida como Burgo de Triacatela ( Burgo Vello ) ou Santa María de Triacastela, onde se docu,menta a existencia de Concello.  Eses nomes perdeunos  cando Afonso IX ( en realidade VIII de León e Galicia )  decidiu poboar o Burgo Novo ou Vilanova de Triacastela , despois Pobra de Triacastela, actual vila de Santiago de Triacastela , capital primeiro  da Merindade  de Triacastela  e agora do concello do mesmo nome.

A Vilavella  é hoxe  unha aldea a 73o metros de altitude, nas inmediacións  das cantriras de pedra calcaria  actualmente  explotadas  pola factoría  de Cementos Cimpor no Oural ( Sárria ).

Seb lugar  á  dúbidas  o Burgo de Triacastela  foi activo centro de peregrinos  e viaxeiros  ata que  foi poboada  a Triacastela Nova. E así a partir dese momento ( fins do século XII )  acabou quedano  á marxe da ruta principal das peregtinacións  aínda que na primeira Idade Media  tivo grande importancia, xa que con anterioridade  á apertura do novo camiño polas abas do Caldeiròm , Pena Furada, Filloval , Torricela e  Aspasantes  pasaba por ese lugar.

Santa María  da Vilavella  é, ppois,  a Santa María de Triacstela medieval, cabeceira desta terra ( Burgo de Triacastela )  e  arciprestado  ( este  obxecto  de longa  e ruidosa dispunta  entre os bispos de León  e Lugo ) , que acabou perdendo a sía importancia  cando Alfonso IX  fundou  o Burgo Novo   de Triacastela  ou Pobra de Triacastela  coa pretensión  de que fose  unha significativa cidade  sometida á xurisdición real , á beira da ruta principal  do camiño , segregando  unha porción da  primitiva  parroquia de  Santa María  para crear ali  a de Santiago  de Triacastela  ( que acabou sendo dos Condes de Lemos ), e para o que tivo que permutar  ademáis unha igrexa , cos  cabaleiros do Hospital de San Xoán de Xerusalen , incluindo na vila algunhas casas  que eran  señorío  do Conde de Lemos, aínda  que o resto  da parroquia de San Breixo da Balsa ( ou de Triacastela )  era propiedade   do Cabido de Santiago  e o Couto de  Baldemar  pertencía a Samos.

 ........................................................................................................................................................................

                                                            ALFOZ

A parroquia de Santalla do Alfoz  está  formada  polos lugares de Arxileiro, Lagares  e Santalla.

A igrexa de Alfoz aparece citada na bulda  de Alexandre III  como " Ecclesiam  Sancte  Eulalie"  . Na doazón de Pexito e Espasando a favor de Samos , referida á igrexa de San Breixo de  Baldomar, hoxe A Balsa (  27 de xuño do ano  1002 )  sinalan as estremas  do doado " per  terminum de rio de Sarria et  per Pinnas  Nigras  usque in Maeda , et per terminos  de Sancto Pedro usque in  terminos de Sancta Eolalia , usque in Castro Ramir " na que  a referencia a Santalla é cita evidente da actual parroquia de Alfoz.

Á vila chamada de Santalla  refírese a doazón  feita en 6 de maio  de 1011 por Xuliano,  Honoria  e os seus fillos ao abade  Mandino de Samos  e na escritura din "  concedimus post àrtem ipsius  supradicti   monasterii, ut sit in substantia fratrum. pauperum et peregrinorum".

Abandoado  o lugar de Alfoz podía seguirse  en direción  Santa María  do Monte ( Santa María de Vila Adrao ) , ou buscar Toldaos  por San Salvador , variantes da ruta principal  que nos permiten  afirmar que todas as parroquias do actual cnoncello  de Triacastela , atravesada por múltiples variacións  do vieiro, mantiveron a tradicional  acollida a peregrinos  e viaxantesm nda xa  no século X  cando en San Pedro  do Ermo  foi fundado polo  conde Gatón un mosteiro do que na actualidade non se conserva  máis referencia  que a do seu topónimo.

A man esquerda  queda  a igrexa de Santalla no Alfoz , e despois  de pasado o lugar de Santalla  do Alfoz  o camiño empeza  a ascender cara o monte da Meda , deixando á esquerda o Castro de Santo Adrao , e polos montes  de Queiredo e a Piqueira  alcanza o  paso e lugar do Furco.

 .................................................................................................................................................................... 

                            RUTA PRINCIPAL POR SAN SALVADOR DE TOLDAOS 

TOLDAOS- É topónimo  que alude  a asentamento de " toledaos"  fuxidos do  dominio musulmán . Na comarca sarría  son tres as parroquia que levan este apelativo  : Santiago de Tolados ( O Incio ), San Salvador de Toldaos ( Triacastela ) e San Vicenzo de Toldaos  ( Läncara  ) e en Lemos  aparece  este nome en Pantón A parroquia triacastelense  está formada  actualmente polos lugares  das Encrucilladas, Fompwernal, O Furco San Salvador , Toldaos e Vilarce.

A igrexa de San Salvador  de Triacastela , entre Tolados  e Vilarce, refírese  a escritura  de 15 de outubro  do ano 1159 que dá  noticia do preito  sostido  polo Mosteiro de Samos  con Froila Díaz., capeláan  da devandita  igrexa. A mesma  parroquia  alude  tamén a escritura de deazón  de Paio  Guistiliz , presbítero ,  efectuado  cos seus pais  e irmáns a favor do abade  don Oveco de Samos.

Dese documento  dedúcese que  a igrexa foi fundada polos seus pais  don Recosendo de Toldaos  e dona Ermilli  de Vilarce, co pauto  de que á hora  de designar cregos  para atendela tivese  preferencia  os da liña familiar  dos fundadores.

A vila de Toldaos, non lonxe da igrexa de San Martiño ( desaparecida , cuxo nome levan aínda algúns leiros ) concedéronlla  Ledegundia  e o seu fillo Vilifonso  ao abade Mandino  de  Samos en 23 de febreiro  do ano 1009 ".... ut habeant  inde  hic  hanitates, pauperes et peregrinos  temporale  subsidium  " e a igrexa  parroquial aparece citada na bulda  de Alexandre III entre as  doadas a Samos  nomeándoa  como "Ecclesiman Sancti Salvatoris". 

A parroquia era de señorío do Conde de Lemos . integrada na   da Pobra de Triacastela   ( marquesado de Sárria  ) quen percibñia  dos seus vasalos en 1735  190 reais  e 15 maravedís  ao ano e os tres  veciños do lugar do Furco  eran de señorío  do conde de Maceda, residente en Madrid, que  percibía dos seus vasalos  cinco reais de veludo ao ano.

No lugar de Toldaos xuntábanse a ruta  principal que baixaba por Cancelo e o ramal de Vilavella  a San Salvador . Atravesabao val , onde unha trama de  camiños  permitía , segundo as épocasm seguir diferentes trazados , en direción a Toldaos.

Pasado  o lugar de Toldaos comeza a subida ao monte da Meda  ( o " Mons Serius"  medieval )  e que oli lugat das Encrucilladas , que alude ao cruzamento de camiños , lévanos ata o Furco. 

************************************************************************************ 

                                           CONCELLO DE LÁNCARA

A ruta modena, que é a canónica sinalada pola Deputación Provincial de Lugo, vai polo Furco, A Casabranca,  A Armada, A Esfarrapa, Galegos, ( Río Armiela ) nLeirado, Airexe, A Lama,  A Armeá de Abaixo , O Fuxón, A Ponte de Carracedo ( Río Neira ) , Corveira, Neira de Rapados, Bande e A Forxa, ata a Ponte de Lago  no río da Tórdea.

                                                       O FURCO

Lugar situado no Porto da Meda a 940 metros de altura , que pertence hoxe aos concellos de Triacastela ( tres casas ) e Läncara  ( actualmente dúas casas ).

Aquí está documentada tamén a existencia dun mesón, que en época de invernía , sobre todo, serviría de gozosa acollida  para viandantes , aínda que as comodidades  fosen mínimas  e o aloxamento  se fixese nas habituais pésimas  condicións  dos citados mesóns , onde , fora do teito, máis cama , lume e sal, pouco  máis se podería achar. Mesóns  e vendas que  no seu día merecerían  o festivo e crítico nome de "Arcas de Noé ", alusivo á  forzada  convivencia  baixo do mesmo teito  de mesoneiros, fuxidos e irados, animais de variada pelaxe  e penuxe e viandantes.

Pasada a estrema intermunicipal, éntrase na  porción da aldea pertencente  agora ao concello de Láncara  e parroquia de Santiago de Cedrón, e antes da xurisdición  de Vilaesteva de Herdeiros.

A igrexza parroquial queda a uns 5 quilómetros en direción norte razón pola que non facemos  mención dela.  Esta ampla  parroquia  lancaresa  está formada  polos lugares de Acibeiros, Airexe, Busto, Os Carrís,  Casabranca,  Castrodelo,   Cedrón Susaos,  A Cortella  , A Estaladoira,  Montelora,  Piñeiroá ,   Rebordelo,   Sáa, A Seara,   Sobrerriba , Soaxe   e Vilarí, e no Antigo Réxime   formou parte cara o norte  da xurisdición de Cedrón e cara o sur   da xurisdición das Montañas de Vilaesteva de Herdeiros. Por tempo dalgúns anos, na primeira metade do século XIX, estivo constituída como cabeza dun concello.

E o peregrino , na procura   do  Val de Neira   e da Ponte de Carracedo, iniciaba o descenso  pola  pizarrenta serra , entre pedreiras  , xesteiras   e searas , terras case ermas  salpicadas por ocasionais  soutos de castiros , carballeiras e amieirais  beira dos regueiros  que baixan cara o Sárria e o Armiela  . Pasados   os lugares da Casabrancs,   A Armada ( de Santalla de Lagos )  e o Busto éntrase no lugar da Esfarrapa. 

..........................................................................................................................................................................

  O BUSTO é un pequeno  lugar onde  está dcumenrtada  unha capeliña adicda a san Caetano , asñi como un peto  con obra pétrea  de fábrica e imaxe . Esta capela  propmoveuna unha familia  da aldea no século XVIII , aducindo como motivación  a distancia  á igrexa parroquial  eo  contino tránsito  de pasaxeiros  aos que se lles podía facilitar  a psoibilidade  de oiren misa nela.

A localidade de  A ESFARRAPA, situada  a 770 metros de altitude , pertence  á parroquia de Santalla de Lagos, que está formada polos   lugares  da Armadam Lagos, Santalla e Seoane.

Foi lugar no que se celebraban  feiras o 11  de cada mez e que alcanzaron  grande sona   en Gaizam o Bierzo e terras  de León, xa que supoñían  a saída  cara a Castela  de moitas mulas  e xogadas de bois ( " A saca  de bois" ), especialmente ao rematar  o verán,  este mercado   non menos  interese  que o moi nomeado  de Triacastela  que cumpría  a mesma finalidade , e ata  ali  se achegaban   traxinantes  e maragatos  na súa actividade  comercial.

Esta feira  mantivo o seu pulo ata que a implantación  do ferrocarril, a criación  das feiras  de Sárria  e o seu  afastamento  coas modernas  estradas  sinalaron  o seu inevitable  devalo  e a aparición  de feiras na Cha de Santa Marta, San Martiño de Río e Cedrón, xa desaparecidas.

Na Esfarrapa  estaba  o cruzamento  do Camiño  Frances a Lugo  co  Camiño de Monforte a Asturias  , vías ás que se vinculaban  os mesóns existentes,

Atravesando o monte da Medorra   ( que alcanza os 770  metros ) e o da Trandeira  chégase  ao lugar  de Galegos , onde tamén  había " Posta "  dos correos reais que viñan de  Madrid  ata A Coruña e vicevers

SANTA MARIÑA DE GALEGOS  ou  SANTA MARIÑA DO CARBALLO , que  con estas dúas denominacións  se coñece a parroquia , na actualidade  está formada polos lugares  de Galegos e Vigo de Galegos e o Madoz  refire que se comunica  " polo camiño ou estrada xeral que antigamente se dirixía a Castela"

A súa denominación  responde a uns primitivos poboadores " calaicos" , ou , na segunda acepción , á existenza dun carballo senlleiro , se  cadra nun tempo dotado de carácter  sagrado.

É tradición  repetida en toda a zona  e cousa moi coñecida   de xente da comarca , que a raíña  dona Orraca  parou no Mesón Real de Galegos , conservándose  razón do feito  transmitida oralmente dende aquela.

A este Mesón Real  refírse Alexandre  de laborde no seu  " Viaje  pintoresco e histórico ·, primeira edición española  en 1819, onde di : "  atravésase o porto do Cebreiro no lugar  deste nome , famoso polos queixos que nel se traballan , De aquí báixase  ao Reino de Galicia  polo lugar  da Fonfría  ata o de Galegos , onde se acha unha pousada chamada  Mesón Real , As campìas, as carballeiras , sebes e pasteiros  que se ven ata chegar a Lugo  manifestan, dende logo , o esmero da agricultura  deste reino...."

O camiño, unha vez atravesado o río Armiela  ou de Galegos,  e despois de atravesar a estrada de Sárria a Becerreá, sobe, nunha das variantes   cara o monte de Leirado , pertencente   á parroquia de San Pedro da Armeá,  que tamén  era da xurisdición de Samos ,  e é ,  na actualidade, do  concello de Láncara.

No  partido samonense da Armeá , dependente de Samos ,  estaban integrados os lugares   da Armeá, Aranza,  Baso, Berselos ,  Baralla, Guilfrei,  Laxes, Lapío,  Mourillón, Moscán , Montixo , Neira ,  Pousada ,  Pedraboa,  Penouta,  A Proba,  Páramo,  Leirado,  Touville e Vale, todos eles nos actuais concellos de Láncara e Baralla.

Vemos , polo tanto  , que fose cal fose  a opción tomada polo  peregrino para ir  cara Compostela  , a asistencia  dos monxes  samonenses  estaba  presente  nunha ou noutra ruta.

SAN VICENZO DE LEIRADO.- San Vicenzo de Leirado  é hoxe un casar illado , non lonxe do lugar de Leirado , na parroquia de  San Pedro da Armeá , atravesando o camiño a estrema norte  da parroquia  por zona despoboada,

O camiño pasa un pouco ao norte desta casa soa , cuxa denominación  responde á conversión dun "ager" en pequenas parcelas " larias ", e en realidade son moitas as leiras  que atravesa existentes  no Agro de Leirado, que o bordea  polo chan de perto do Castro.

No foro do lugar dos Gómez  feito no tempo do abade  de Samos ,  frei Xosé Laguna  -século XVIII- lese :..... máis o leiro de Badín que levará un cuartal de pan para sementar  e  estrema por  unha parte no CAMIÑO FRANCÉS  e por outra parte  con herdade de Pedro Fernández  Armeá  e con herdade que foi de Xil López.

Na documentación do século XIX referida  ao monte comunal , ao vello Camiño de Lugo  chámanlle " CAMIÑO DOS ROMANOS.

En San Vicenzo , reducudo hoxe a simple casar  queda lembranza  dunha antiga  igrexa medieval, e sinalan que foi convertida en pequena capela  que ocuparía o soar dunha chafarica ali existente, 

................................................................................................................................................................... 

                                                   SANTA MARÍA DA LAMA

A parroquia de SANTA MARÍA DA LAMA  está formada  polos lugares  da Airexe, Armeá, Asé, Campos,  Cima de Vila , Lama e Rexedoiro. Aquí o río atravesa o río Armiela ( " Armeniella" nos documentos medievais ). No Madoz  sinalan que " os camiños  son locais  e enlazan  coa antiga estrada de Castela  a Galicia ",

Pasado o lugar de Galegos  moitos dos camiñantes  seguían por  San Pedro da Armeá, Souto de Ferradal  e Touville , deixando á dereita o río Armiela , e por Santa María da Lama  alcanzaban  o río Neira en Carracedo. 

................................................................................................................................................................... 

                                                         CARRACEDO

Na Idade Media  foi sede dun  mosteiro de tipo familiar  ( San Vicenzo de Carracedo  ou San Vicenzo de Láncara ) eo vínculo da parroquia  e o seu termo , primeiro como reguengo , acaba recaendo  no ámbito terrritorial da abadía  de Samos, como couto redondo , baixo cuxa xurisdición  permneceu  dentro do partido de Galegos até a implantación  do réxime municipal . A parroquia  está  formada polos lugares de Carracedo, Corveira, San Vicenzo e Trascastro.

Este Couto da Real Abadía de Samos  gozou da presenza   dunha feira , ademías de contar con muiños fariñeiros  e un batán   produtor de burel, promovidos que foron  polos monxes bieitos. Coa implantación  do réxime municipal , Carracedo chegiu a ser  a capitalidade do concello de Láncara, deixando de cumprir esa función ao seren trasladadas nos anos 1950 as dependencias municipais  á vila da Pobra de San Xiao , que aínda que está  situada   na máis afastada  estrema do termo municipal, ao estar daquela  inmediata ao ferrocarril e ser cruzamento de estradas, pasou  a constituir o núcleo máis  importante do municipio.

A carón  do antigo Consiostorio  hai bustos en pedra  de Ramón Piñeiro  e o toureiro  Celita , fillos deste Concello   e  un monolito onde están os nomes dos  galardoados  co Premio Ramón Piñeiro "Facer País".

O lugar perdeu   a sede do concello e xulgado , conservando  como recordo  dese pasado de cabeceira  administrativa  un nobre edificio  anos atrás restaurado  para usos sociais  e outro que fora sede da Cámra Agraria  podería servir para ser  reutilizado como albergue. 

CARRACEDO  foi centro de postas  a partir do século XVI e dende alí  é onde se distribuían  os correos  en direción  á cidade da Coruña, por Lugo, e a Ourense , Santigo e Pontevedra  , por Sárria, e así coñecemos  un documento do século XVIII por virtude do que un veredeiro de Sárria  tiña que concorrer á Ponte de Carracedo  a entregar e reoller as valixas  destinadas a Sárria, Monforte e Ourese, tendo por referencia para a chegada e saída dos correos a Casa do Mesón  ali existente , perto  da Ponte de Carracedo. fermosa ponte de orixe medieval, recentemente restaiurada, que permite o paso por riba do río Neira (  Ripa Naria /  Río da Neira ). 

 A PONTE DE CARRACEDO é un monumento de singular importancia  e coa, non afastada, Ponte de Covas , afunde as súas raíces  no período  romano  como pasos significativos  en vías  que comnicaban  Astorga  e Lugo, como o proba a aparición  de achados de restos  romanos en Carracedo  e Bande.  A ponte de  clara  traza gótica   tiña na súa   parte máis alta  unha especie de capeliña na que sitúan  a existencia dunha  imaxe cunha boeta  para  a recollida  de óbolos  depositados polos viandantes . No dicir  popular  ademais cobraban   "pontaxe "  a camiñantes  , arrieiros  e carreiros , sendo de sinalar   que da mesma maneira   que noutras pontes gañlegas , onde iso era posible , existía  e pode aínda verse , un vao  que obrigotariamente  tiña  que ser atravesado  polos carros e o gando, en épocas de estiaxe , para evitar  que a ponte se derramase E augas arriba  aínda sobrevive  o topónomp  do lugar dos Vaps  que sinala  claramente  ser lugar de paso polo río.

 Precisando arranxos  a fábrica , no ano 1633 facía  obras nesta ponte  o mestre Xoán Muñoz de Solerga , ao que lle  encomendaron  tamén  a obra da  ponte de Ribasaltas , en Lemos.  Neses anos  estaban as obras  as ponte de Carracedo, Ponte de Neira e  Neira de  Rei , e tamén a de Lago, o que debeu supoñer  dificultades  para o tránsito   dende ou cara  a Castela, pois só estaría practicable  a ponte de Covas.

A repar ación   desta magna obra  hai algúns anos , permitiu  rescatar  a súa peculiar traza ,  xa que  ata non hai moito tempo estaba oculta  por numerosas hedras  e vexetación vizosa  que a afogaban. 

Dito qiuedou  que en Carracedo  apareceron  restos romanos, o que evidencia  que o Camiño  Francés  a Lugo, é herdeiro diretio  dunha  antiga vía romana  que polos  montes  do Cebreiro e A Meda  buscaba Lugo. 

Riba do lugar de TRASCASTRO  hai un outeiro  que serviu  de asento a un primitivo  castro,

Unha vez atravesada  a ponte medieval  o camiño segue  augas abaixo  do río Neira , pola súa marxe  dereita, atravesando por fermosas paraxes   de vexetación  vizosa e pradería  sempre verde , regada por numerosas canles  que saen   de presas  que remansan o seu curso, e nas que antes   era frecuente  achar as  típicas  brcas  ou batuxos  coas que os ribeiregos  cruzaban o leito do río. Por imperativo legal  nas primeiras décadas  do século XX desapareceron  as pesqueiras  e caneiros  onde se  collían   troitas e anguías  en grandes cantidades. 

O Neira é río caudal , afluente do Miño  pola esqueda, rega  fértiles  vales e veigas  ( Neira de Rei, Neira de  Susao, Láncara , A Pobra  e   Cerceda  )  mantendo  unha beleza  paisaxística  pouco alterada  por agresións  derivadas  da introdución de especies   foráneas  En San Xoán de Muro ( 1921 ) e Ariz  moveron  as súas augas  as primeiras  centrais hirdroeléctricas  da comarca sarriá.

.........................................................................................................................................................................

                                                          VILALEO

Parroquia coñecida  na Idade  Media  como  " Guisande " , no seu territorio  houbo un "Castelo" protector do  camiño do que únicamente  se  conserva  a referencia toponímica.

Da súa  primitiva  denominación  resta tan só a referencia  ao monte de Guisande , prevalecendo  o nome de Vilaleo , que se refire a unha " Villa Leoni".

A parroquia está formada  polos lugares do Castelo , A Ermida, Neira de Rapados, Vilaleo de Abaixo  e Vilaleo  de Arriba,  Ese  lugar   de Castelo  sinala a existencia dunha casa forte  que atendería á protección do camiño,

O templo parroquial está nun lugar solitario, ao norte do camiño, en medio de prados  e soutos, cun cemiterio no arredor.

NEIRA DE RAPADOS.- O lugar de Neira de Rapados, na marxe dereita do río Neira , conserva un singular pazo, hoxe dividido en casas de labregos , mantendo os fermosos  e ben traballados hortos do circu da edificación.

O camiño, non lonxe do río,  tiña unha larganza  considerable  e esaba neste treito ben acondicionado. Aquí principiaba un longo  e demorado  ascenso  en direción a San Pedro de Bande , atravesando unha paraxe na que afloran  numerosas penas  graníticas  de considerables dimensións , moi redondeadas  pola erosión, dando lugar  a paisaxes moi suxerentes ,

....................................................................................................................................................................... 

                                                                  BANDE

A  antiga parroquia de San Salvador de  Bande ( agora San Pedro de Bande )  pertence ao concello de Láncara  e foi antes da xurisdición  de San Xulián da Pobra . Os documento  medievias   sinalan a súa localización  en " Terra de Sárria ". Está formada polos lugares  de Agrolazas , Bande , Susaos, Casanova, O Couto, Laxes , A Pedra e Reboredo.

Nesta freguesía  tivo sona na  Idade Media  o mosteiro de San Salvador, que tivo grande influencia en terras  dos actuais   concellos de Láncara  e O Corgo, cuxa  colonización  achou  o apoio dos monxes bieitos.

O mosteiro de San Salvador de Bande  e o mosteiro de Santa María de Neira, foron fundación  dos antepasados  de Lucito Gondesendiz  e de dona Eiloni, a quen se refire   unha escrtura  de 5 de xaneiro  do ano 982 na que o confeso Lucito llos concede  ao mosteiro de Samos , enumerando  diversas herdades  non lonxe do río Neira , varios muiños, outra vila en Escoreda , relos e pesqueiras , herdades nas inmediacións   do río Tórdea, varios montes , mazairas e casas que as deu  " para remedio  da súa ánima ,,,para manutención  e bvestido dos  monxes  e para luminarias  dos altares   e esmolas  dos pobres...."

As advocacións  do mosteiro. consonte  figuran  na documentación   obrante  no Tombo de Samos, eran as de Santa María, San Pedro,  San Sebastiàn , San Pedro, San Paulo, San Martiño   e Santo Estevo, e aparecendo   xuntas  referencia a un e outro mosteiros , é evidente  que funcionaron baixo  o mandado  dun único abade  , un acollendo moxes e  o outro  relixiosas, 

Apartre  das igrexas  mosteirais  ( hoxe a de San Salvador  baixo da advocaciòn de San Pedro )  consérvase tamén  unha referencia topon´`imica  na chamada " Casa do Mosteiro", que con toda seguridade  sinala a localización  do establecemento  monástico.

Ademais  da devandita  referencia documental  encóntranse no  Tombo de Samos  outros documentos  que permiten  coñecer  os bens  adscritos  a eses mosteiros.

Do 11 de outubro  do ano  981 é unha escritura  pola que Menendo  Menéndez e a súa muller Onega , xunto coas súas fillas   Goncina e Ildonza , quen a obtivera do seu  avó Veremudo  Lucid, e para dar  cumprimento  á vontade  do seu pai, chamado Menendo, danlle ao Mosteiro de Samos  a vila chamada  " domni Eiloni", debaixo da igrexa de Santa María , con todo o a ela  anexo   e toda a súa  procreación   de servos, de maneira  que estes sirvan  en submisión de inxenuos·".

 Dos anos 982.990 é o inventario  dos bens do Mosteiro  de San Salvador  que chaman Bande , extensa relación  na que se sinala  a demarcación  do couto  e unha serie  de leiras  , incluidas  casas e muiños, chantados, etc.

Neste documento  hai referencia  a unha " carral antigua"  ( polo tanto unha  verea de orixe romana )  e ás Penas  de Castelo, a unha " Ponte"  e a un vao  e varias "vereas", o que reforza  a significación  de Bande  como lugar de tránsito,

Aparecen  entre as posesións  do mosteiro , liñares , pesqueiras, muiños, o dereito  a moer gran  en Elariz e a percibir  a  metade  dos peixes  e a vila de Tigunt " que lla deu o conde  o servidor de cociña Traserigo , con ribeiros  e pumaregas.

Do ano 993 ( 25 de xaneiro )  é a escritura  pola que Lucido, confeso , e Visclavara, lle dan  ao Mosteiro de Samos " a carón do río da Sárria", unha súa vila  chamada de Sáa , na beira do río da Neira " Domni Eiloni" ( que era así coñecido o o mosteiro ) e vilas  en Escoureda, Palmir  e outras  para que  quen en Samos residan " para que os  pobres e peregrinos  teñan temporal subsidio".

O  9 de xaneiro dee 1040, Xusto, presbítero , deixa ao mosteiro   que está fundado  na vila de Neira, onde chaman  " Domni Eiloni", varios bens inmiobles en Neira, Reboredo e Moscán m, así como unha égoa, dous bois, dúas vacas  e vinte cabras  e ovellas , para que os teñan  os monxes e monxas  que alí residan  e perseveren na vida santa. Os bens inmoble proviñan  de Sueiro Suárez  e da súa muller  Goncina, que llas concederan por carta..

Baixo da aula de Santa María  encontrábase   un casal  que o 25  de marzo do ano 1047  foi vendiudo por  Ero Dagaradiz a Armentario Ermoiquiz   e que incluía   casas, soutos , pumaregas, figueiras , leiras   e canto ali obtivo , en prezo de cinco modios  de  gran. Nesta zona  existiu , chamado  de San Paio de Neira, persistino na actualidade  o seu lugar no lugar de San Paio , e tamén  debeu outros monxes  nun non afastado mosteiro , cuxo desprazamento se descoñoce.

A ese  mosteiro  de San Paio  refírse unha escritura  de 2 de  novembro  do ano 1057 na que  Tanito  Violenz  faille doazón  á súa sobriña Leodegundia  do seu mosteiro  propio " que foi de don Ximomndo  e dona Vistiverga  e veulle  en  partillas  á súa filla  Leodegundia  " Deo vota"  e ela   tívoo  no seu dereito  por tempo sesaxenario  e por orde  e mandato dos avós   e pais entrementres dusfrutou de vida. 

Deste documento consta que  o mosteiro  chamado de San Paio " está no territorio de Galicia, presto do mosteiro de San Salvador de Neira ", entre os ríos " Tórdea e Neira", e que o recibiu Tanto á morte de Leodegundia , quen llo entregou  á súa sobriña  " para que ti posuas o mosteiro  mentres teñas vida , e o teñas e posúas  con pacífico dereito a salvo doutro danador , e no teu dereito  sexa tido perpetuamente , e despois  da túa  morte  sexa  inxenuo  a salvo doutro  donador , en non sendo  que o posíuan  os monxes, frades e monxas  , que en santa vida  perseveren e en todos os días da túa vida o teñas  e posás ti ", que sexan inxenuos ,, que foron de dona  Lerodegundia.

O  castelo de Bande , na Revolta irmandiña ,  foi derrubado  polas hostes  dos alzados  vasalos. 

NEIRA DE CABALEIROS esponde na súa denominación  ao emprazamento  na ribeira do río Neira ( na época medieval Naria ) engadídose o apelativo " de Cabaleiros" para  distinguila  doutros lugares  e parroquias  que levan o nome de Neira.

A igrexa de Santa María de Neira , suprimida  en 1891 como parroquia, mais aberta ao culto, corresponde  ao tipo común  do románico rural  galego ,  nave rectanguklar ,ábsida con  tramo rectangular , a nave con cuberta de madeira  a dúas augas , e as dúas partes da ábsida  con bóveda de medio canón , e de cascarón  respectivamente. Os muros son moi grosos, de boa pedra de cantaría, colocada en fieiras  horizontais. A porta principal  e a lateral presentan  arco de medio punto  oculto por fóra  con linteis, a pano cos muros.O arco triunfal  ofrece o aspecto  de dobrado  co que forma o muro que divide a nave  da ánsida. ; coa particularidade   de que  descansan en semicolumnas  de basa clásica, plinto con garras  e capiteis de amplas fiollas  que volven en volutas  nunha soa orde, as interiorés máis estreitas  e con follas pouco perfiladas  nos capiteis, as do arco de fóra. Outras catro semicolumnas  de basa clasica , plintos con garras  e capiteis de follas  e volutas , dividen  en tres tramos a parte exterior  semicircular da ábsida . No tramo central hai una xaneliña  con arco de medio punto, que con unha imposta sixela apoia   nun par de columnas, unha  por lado , de basa  común, fuestes monoliticos   e capiteis de follas , con cimacio liso.  Sosteñen o beirado  da ábsida  canzorros sen  ningunha ornamenración . Hai que destacar neste monumento, no  decirs de Vázquez Saco, a  esqusita  correciòn de liñas e ausencia case total de decoración , que recorda  aquela  lisura completa , da que se libran  os motivos vexetais, máis sinxelos  e que constiuúe o selo da reforma cluniacense.

A igrexa de SAN PEDRO DE BANDE é un templo  de bos  muros de cantaría  . a nave  cuberta   a dúas augas, riba  de trabes de madeira. A cornixa  está riba de toscos  modillóns. No lateral norte , xanela aspilleira  e acceso á espadana  polo interior do muro  . No lateral sur ,  porta alintelada  exteriormente , con arco interior de medio punto. No frontis  sufriu  unha total reforma e presenta  porta semiarcada. A ábsida  máis  baixa  cun primeiro  treito rectangular , semicircular o posterior , Os modillóns  son toscos  con simple ornato xeométtico, nun hai seis roeis , e no outro  un rolo, Arco triunfal  de medio punto , dobre ; o exterior  vai riba do muro , e o inferior riba de impostas , sobre molduras  xeométricas. Os capiteis con diversos  motivos de ornato, o esquerdo con follas  de dous corpos  ; o dereito  con dous pares de  animais semellantes  a simios , dous afrontados  e os outros dous opostos, cun busto humano  no medio .  Columnas semiapegadas , bases comúns  parte rectangular  con bóveda de canón . A parte semicircular  e máis reducida  que a nave  en todo o seu conxunto, bóveda de carto de laranxa.

As dúas igrexas son bos exemplares  do románico rural , e foron  estudados  por Vázquez Saco , Aínda se poden  achegar  algunhas  referencias  documentais  que proban   o vínculo  destas institucións monásticas  e a súa incidencia  nas terras do Corgo e Láncara.

En data posterior ao ano  976  Adosinda, cumprindo  a vontade do seu  esposo Vermudo Gatóniz  déixalle a este mosteiro  unha vila en Maceda , onde din Escoureda, xunto con  terras  entre o Neira e o Tórdea.

Ao Mosteiro  de Santa María de Neira, refírese  a escritura  de 11 de outubro  do  981, pola que Menendo  Menendiz , coa súa muller  Onega   e as súas fillas  Goncina e Ildonzia deixan ao Mosteiro de Samos  a vila " Domni Eliloni"  preto do río Neira, baixo da aula  de Santa María ( de Neira ).

En 25 de novembro  de 1059 Froila Ovéquiz  dóalle á súa  esposa Gontrode  a vila de " Teixeiro" , na outra  beira do Neira, até o río Sárria , e por termos de Larín, Carracedo e Neira.

Estes  mosteiros de tipo familiar  deberon caer  moi axila baixo do influxo de Samos ,  e os seus bens  foron aforados , xa que o partido  de Carracedo  e Val de Láncara  pertenceu  a Samos até  1835, formado por doce lugares ( Abragán,  Agrolazas, Bacariza,  Carracedo, Corbeira, Chousa,  Maceda, Gusande, Requeixo, Ronfe, Bande e Bande Susaos  ) que  aparecen na memoria  de 1745 onde se comprenden todos os bens de Samos.

Nunha descrición dos bens  do igrexario de San Pedro de Bande (  s., XVII  ) constan os seguintes  :

" Ten o lugar do Igrexario  que está nun couto redondo e dentro do dito termo redondo está a dita igrexa  e a  casa baixa   que ten o dito igrexario , e o dito lugar   compónse de  terras de  dar pan de centeo , cortiñas de  dar nabos e lameiros  para pasto de gando , e árbores de carballos , e outras   aínda  que  poucas   de froita brava , que todo como vai dito está dentro do dito  termo redondo, segundo que o termo enfonda  pola parte de abaixo  facendo esquinal  e pega no " Camiño Francés"  que vai   deste reino de Galicia  ao reino de Castela ... até chegar  ao dito sitio  de Fontao e Camiño Francés  primeiro dito  onde cerra  o dito termo redondo".. Esta descrición  está tomada  dun apeo   feito polo párroco  don Antonio de Camba  e Taboada en 11 de agosto  de 1699.

Dunha escritura de  27 de xullo  de 1778  resulta  que á altura   das casas de Amado  e Mosteiro (  en Bande )  a vía pública  denominábase  como " Camiño Real". 

  ************************************************************************************

                                                     CONCELLO DO CORGO

O " Camiño Francés "  ou " Estrada Xeral de  Galicia" atravesaba   no  concello do Corgo   terras das parroquias  de Abragán , Marei , Anseán, Chamoso , Manán , Cabreiros  e Laxosa.

Entra  hoxe este camiño  no Concello do Corgo  pola parroquia de Abragán , pasado o monte da Casanova ( 380 metros  )  e inmediatamente  chega á ribeira  do río Tórdea , atravesado  por unha pequena , histórica e  airosa ponte  coñecida como PONTE DE LAGO,  que aparece reflectido no mapa de Fontán , e que ben merecería  ser obxecto  de máis coidada  atención, e mesmo  ser conservada  só para paso de a pé.

Esta ponte  sufriu  moitas reformas  no tempo.  Unha grande chea, no ano  1630, derrubou  a ponte  e para o seu arranxo  fíxose  reparto   do orzamento  entre as sete provincias   galegas , saíndo as obras de nova  compostura,  Miguel Arias,  mestre de cantaría de Lugo poxando por 1.200  ducados, aínda que  por un documento de 1633  aparece facendo as obras  Rosendo Álvarez, mestre canteiro de  Monforte de Lemos, en prezo de 1.000 ducados.

A ruta moderna   fixada  cos marcos colocados  pola Deputación vai  pola Ponte de Lago , Lago, Laguiño, Coedo, Barreiros, Souto, Marei, A Pena,  A Torre, Hospital de Chamoso, Chantadam Manán de Santa María, O Bocelo e O Lousado, até chegar ao río Chamoso  á altura do Mazo de Santa Comba . 

                                                       TERRA DE CHAMOSO

O Condado de Chamoso  foi un dos que se din creados  no periodo suevo e recibe o seu nome  do río "Flamosis" ( actual Chanmoso ) que discorre  por terras  do municipio do Corgo  e arciprestado de  Farnadeiros , No século VI o " Comitatus Flamosis"  nacía onde entra  o río Neira no Miño, e seguía a Monte Pando, até Pena Maior , dende ali a Monte Cubeiro , en dereito ao Monte Cirio , volvís so Monte  de Lapío , e seguindo á Pena Curva , ía até  Vilar dos Valentes , dende onde  por Petuzo dos Bascós , e Monte Rabeiro e Vilachá  saía a estrema á Fonte   Humenosa , e pola vila de Recemir , até a altura do Monte Barona , chegaba  a Elebrón e o Miño. Abranguía  terras do Corgo, Baralla , Castroverde e Lugo.

A maior parte do  primitivo Condado  de Chamoso acabou caendo  baixo a órbita  dos poderosos   condes de Lemos e de Sárria , e das xurisdicións de Adai e A Pobra de  San Xiao , incluidas no Marquesado de Sárria , e xunto   coa xurisdición de Manán e San Fiz, e outros pequenos coutos, en mans de señores ou  de eclesiásticos  , mantivéronse até  a implantación definitiva do rèxime municipal , momento no que  se creou o  Concello do Corgo.

O acttual   Concello do Corgo  é herdeiro  dos "  concellos constitucionais"  , creados en 1820 , en A Pobra de San Xiao  e Pobra de Adai, do Partido Xudicial de Lugo.

O  camiño despois   de atravesar o río Tórdea   e o Rego das Pedras, por Barreiros ,  O Souto  e Marei seguía en direción a Lugo. 

                                                         LAGO E LAGUIÑO

Lugares da parroquia de Abragán e COEDO nas parroquia de Abragán e Mareu , son as primeiras aldeas  do Corgo polas que pasa o camiño. 

                                                    BARREIROS E SOUTO

 Estes lugares , da parroquia de Marei,  están preto da igrexa de Santa María,.                                              

                                                          MAREI

No Madoz figura : " O camiño principal é a antiga   ESTRADA DE CASTELA  que ía polo Cebreiro  ". A parroquia  de Marei formou parte  da xurisdición da Pobra de Adai (  Marquesado de Sárria ), até o século XIX , Centro dun destacado culkto mariano, a igrexa de Marei ardeu  nos tempos convulsos da  preguerra civil.  Tamén se documenta aquí  a existenza dun mesón , e cando se facían tránsitos militgares , María  era unha das estacións  de subministración, 

No lugar de MAREI  hai na actualidade un eirado   con pedra de cantaría  e no que hai dúas fontes  presididas pola rotulación  que di " Marei",

                                                            A PENA

                                                                A TORRE

                                                       HOSPITAL DE CHAMOSO

                                                             CHANTADA

                                         SANTA MARÍA MADALENA DE MANÁN   

                                                                   O BOCELO

                                                                  O LOUSADO

 ***********************************************************************************

                                                      CONCELLO DE LUGO

                                                         O MAZO DE SANTA COMBA 

                                                        SANTA COMBA

                                                        SAN XOÁN DA PENA

                                                      SAN ROMAO DO CASTRO

                                                                  LUGO

                                                       CONCLUSIÓN

************************************************************************************* 

                                                          BIBLIOGRAFÍA

LÓPEZ ARIAS, Xaime Félix ." El Camino Francés de Biduedo a Lugo " ( publicado por EL PROGRESO, no suplemento " O Camiño", 1999-2000.- " A Vella Estrada  Xeral entre O Padornelo e Lugo", Corga.  Revista anual do Centro de Estudos do Corgo ( Nº 3m Ano 2012 )

LOSADA DÍAZ  e SEIJAS VÁZQUEZ;  " Guía del Camino  Francés en la Provincia de  Lugo".  Madrid, 1966.

LUCAS ÁLVAREZ, Manuel. " Tumbo de Samos". Santiago de Compostela, 1986.

VÁZQUEZ SEIJAS, Manuel. " Fortalezas de Lugo  y Su Provincia". Junta del Museo Provincial de Lugo.,  1976, 

 *************************************************************************************

 

Comentarios

Publicacións populares