SAN MIGUEL DE VILAPÈDRE : " CALAMUCANA " , REVISTA POPULAR ( 1995 ) (697 )
SAN MIGUEL VILAPEDRE: "CALAMUCANA ", REVISTA POPULAR ( 1995 ) ( 697 )
En 1995 co gallo das festas de maio da parroquia de San Miguel de Vilapedre ( Sárria ) editaron unha revista que respodeu ao nome de CALAMUCANA.
Foi redcatada por Xosé Manuel Saavedra, Suso López López, Xabier Pérez Valiña, Manuel Fernández e María Luisa García. A composición correu a cargo de Manuel Fernández , a edición correspondeulle a "Calamucana" e a impresión fíxoa Fasprint. Depósito LegaL. LU- 269-95.
CONTIDO
Portada : Calamucana, Debuxo con cinco musicos. Vilapedre.
Textos :Presentación da publicación ( A Redacción ).- A Voz da experiencia fala:: Entrevista a PEPE DE CADAVAL.- Os nosos nomes de lugar: Vilapedre, Caseta, Valadares, Lugar, Pacios, Ladruga, Revolta, Redondo, Orde, Souteiro, Vila, Xesteira, Mesón, San Mateo, Calleiros, Cova, Cruceiros, Cadaval, Carballo ( Equipo de Investigación ).- Natureza e Ecoloxía ( A Redacción ).- Natureza ( Valiña ).- O Rei da Calamucana ( Eusebio do Rei , fala de Calamucana ).-A Redacción.- Canción da Calamucana ( Música de Xoaquín Pomares, Trascrición musical de Sabela Gil. Letra de Manuel Fernández ).- Croquis a man alzada da parroquia.- A fermosa carta do sarxento Peña- ( Cecilio Peña ),.- Por un pobo millor e máis unido ( 9 cuartetas ).- A maldita caza ( A Redacción ).- Roninson Crucha.- Calamucaba- Soneto ( Petri ).- A mascareada ( A Redacción ).- Contos a caró do lume : O señor gato....( Cilio ).- Calamucaforma. Curso por correspodnneica .A informática , oficio con futuro ( A Redacción ).- Os cogumelos de Vilapedre : Cogumelos comestibles - Pasalliota campestris ( champiñón ).-Lact arius delicioisis ( niscalo ou lauturo ), Hydnum repandum ( língiua de vaca ). Lepiota procera ( zarrota ou choupín ), Receita : Zarrotas asasa á prancha, Amanita Phaloides ( cogumelo da morte )- ( Roxelio Barbosa ).- Saúde e Deprte.- O Mel.- A cebola.- O allo.- O perexl.- O buxo.- O pino.- O sabugueiro.- O loureiro,. A camomila ( fror da Manzanilla ).- Paseo a pé .- As nosas receitas_ Tortilla á Sabela ( Casa Anita " Souteiro" ).- Rodaballo á primavera ( Casa Fe- " Xaquín " ).- A Comisión Organizadora das Festas. ( Mari Fe Saavedra ).- Marchando unha de cultura ( Veciño anónimo, Nikita Krushou, Baltasar Gracián ).- Renacer, poema manuscrito de Sarima .- Agradecemento ( A Redacción ).
A publicación incluía 24 reclamos publicitarios.
......................................................................................................................................................................
É DE INTERESE
FONTES DE SAN MIGUEL DE VILAPEDRE
Albergue., Areas, Carril do Paradelo, Casa Carballo, Cortiñeiro, Chao de Tíomingos, Divisiña, Estanque, Fonte do Acial, Fonte da Cova, Fonte da Fontela.- Fonte do Horto de Cacharreiro.- Fonte de Merlán ( 1 ), Fonte do Muiño. Fonte de Pacios, Fonte do Paso Cortado, Fonte do Prado de Serxio.. Fonte da Zarra, Fontiña, Freixo, Ladruga, Laxelas, Lugar, Pena Pedralba, Pinguela, Primadoto, Regato de Calleiros, Rego do Couso, Regueiral, Reirizo, Tacos, Tío Paco.- Valadares de Arriba, Vica, Vila de Abaixo, Vila de Arriba, Xasteira.
A CALAMUCANA
Grupo musical formado en San Miguel de Vilapedre con músicos que tocaban platillos, bombo , gaita e unha "frauta ", A súa traxectoria recolleuna A Redacción da boca de Eusebio.
O REI DA CALAMUCANA
Outro día achegámonos ata a casa do Rei , tal e como é coñecida en Vilapedre. Ali estaba Eusebio coa súa macheta a picar leña.
Tivemos que esquivar o can, que non deixaba de ladrar ( gracias que estaba preso ) porque nos estabamos introducindo no seu territorio. En contraste, Eusebio recibiunos cun saúdo e un bo sorriso . Dixémoslle que nos falara da banda da que formou parte e que agora lle dá nome á nosa revista. Esto é o que nos dixo:
" Deso xa fai moito tempo , eramos novos e gustábanos o cachondeo . O que queriamos era divertirnos e animar un pouco ó pobo. Non era unha banda en toda regra.... eramos poucos pero bos. Xuntámonos os ramistas e deunos por tocar o día de festa ....poñiamos partituras e faciamos que as liamos pero a verdade é que non sabiamos , tocabamos de memoria".
Preguntámoslle de onde xurdira o nome de CALAMUCANA , xa que nós tiñamos unha hipótese ; podría ser un composto de "cálamo" , nio altín "calamu", especie de frauta antiga . Nembargantes non soubo clarexárnolo, só lembraba que o nome xurdira entre todos , o mesmo que os temas e a música : " un discurría unha cousa , outro outra , é millor así ", díxonos e seguiu a falar:
" Lembro que tiñmos dous platillos, un bombo, a gaita de fol..." " ¡ tamén unha especie de frauta ! ", engadiu a súa muller Lola, que facía pouco se incorporara ó grupo.
Modesto tocaba a gaita, continuou e Gaioso o bombo, diso lémbrome.
Eu non facía nada, só dirixía .... cun garabullo. E así iamos polo pobo, alegrando os camiños, e sobre todo o día da festa. Iso durou tres ou catro anos , ata que se foron cansando... non houbo nengún motivo concreto polo que se desfixera. Non cobrabamos nada, só era para divertirnos e facer un pouco de cachoneo tamén, Só tocabamos xotas e muiñeiras que discurriramos , non eran moitas... pero á xente e cando acababamos co repertorio volviamos empezar.
Un día o sarxento da Garda Civil da Pobra oiunos tocar na festa de maio e, como daquela todo eran desconfianzas ,,,, preguntounos que estabamos a facer, contámosllo e debéralle gustar a canción que estabamos a tocar porque nos mandou repetila,Todo saiu ben.
Daquela por aquí só había a BANDA DE VILAR pero ó pouco tempo xa empezou a vir a ORQUESTA DA POBRA e as bandas fóronse olvidando.
Estivemos a falar outro anaquiño sobre a festa e aconsellounos que fixaremos pronto os carteis porque se esperabamos moito, enteraríase pouca xente . Tamén nos comentou que prefería a festa o sábado e o domigo , e non o domingo e o lunas..... vese que ós setenta e algúns anos aínda cree que " ten que haber un tempo para a diversión, xa que as penas veñen soas·.
Fíxosenos tarde e non nos quedou máis remedio que despedirnos, non sen antes prometerlle ( entre os ladridos do can que aínda se escoitaban ) que voltariamos para sacarlle unha foto.
A Redacción
.........................................................................................................................................................................
COUTO PRIVADO DE CAZA
O Couto de Caza de Vilapedre celebra a aparición da revista CALAMUCANA e aproveita a ocasión para enviar un cordial saúdo a todos os seus lectores . Quere tamén este Couto de Caza mostrar a súa satisfacción polo nacemento desta publicación á que lle desexa unha larga vida ó servicio da comunuidade.
.....................................................................................................................................................................
Gracias a Saturno e a Tino do Café Avenida da Pobra a nova xeneración de CALAMUCANA poderá interpretar o pasacalles composto especialmente para a ocasión . Os instrumentos cedidos por estes dous músicos dos antigos JASLAS soarán polos camiños do noso pobo cunha música chea de nostalxia.
........................................................................................................................................................................
ACTIVIDADES EN SAN MIGUEL DE VILAPEDRE
ESTACIÓN DE SERVICIO SERAFÍN.- C -546. Qun, 16,6,
MOBLES CELEIRO .- Vilapedre.
EUROMOBLE SL.- Vikapedre
TALLERES JOSÉ.- Reparación de automóviles. Vilapedre.
CASA JOAQUIN. Comercio Mixto- Bar- Comidas. Vilapedre.
......................................................................................................................................................................
Comentarios
Publicar un comentario