SÁRRIA : TOPONIMIA ALDRAXADA DENDE O CONCELLO ( 705 )
SÁRRIA: TOPONIMIA ALDRAXADA DENDE O CONCELLO. ( 705 )
A recente publicación referida á un proxecto de novas obras na PRAZA DA VILA pon, unha vez máis, diante dos ollos dos sarriaos, o resultada da nugalla á hora de darlle nome a espazos urbáns, con denominacións en nada suxeitas ao consagrado e oficializado,
Vexamos os redactores do proxecto rotulan " Casa do Marqués" e " Capela do Marqués ", cando eses espazos son VILLA ANDREA e CAPELA DO PERPETUO SOCORRO..
Lese VILLA ANDREA, en grandes letras en relevo que figuran no grande arco de entrada ao que foi parque familiar e agora constitúe a praza pública máis destacada da localidade, Na honra da súa esposa Andrea de Andrés Sánchez alzou a primeira das " Quintas dos Madrileños" e o 15 de agosto de 1888 inaugurou ese Hotel ou palacete que agora forma parte do partimonio municipal.
Hai que siaalar que, contra o que algúns desinformados sinalan, o industrial, plitico e filántropo sarriao Matías López e López non foi marqués, foi a súa viuva a alcanzou o Marquesado de Casa López, título que acabóu pasadno á rama familiar que se alonxou de Sárria.
O neto do fundador de " Villa Andrea ", Matías de Oñate López casou coa Marquesa de Ugena, e como consorte foi coñecido como " Marqués de Ugena", título que un fillo seu herdeu da marquesa.
O feito de que a nivel popular , na linguaxe coloquial, se diga " Casa do Marqués" non xustifica que o Concello de Sárria, actual titular da Casa e o antigo parque , esqueza o nome de VILLA ANDREA que foi o dado por Matías López e que ten doada lectura dende as beirarrúaa da Rúa Matías López.
O Concello non debe utilizar na súa documentación, publicidade , expresión gráfica ou oral xurdidas baixo do seu amparo a utilización da expresión " Casa do Marqués" , en troques da lexítima e histórica de VILLA ANDREA.
O mesmo hai que decir con relación á expresión " Capela do Marqués", porque a denomnación dese pequeno templo é o de CAPELA DA NOSA SEÑORA DO SOCORRO, advocación que se lle deu . e é a única valedeira, e co que foi consagrada,
Comentarios
Publicar un comentario