LEÓN FELIPE: VERTENDO VERSOS SEUS AO GALEGO ( 706 )
LEÓN FELIPE : VERTENDO OS SEUS VERSOS AO GALEGO ( 706 )
sarriaacentogalego Versionado por Xaime Félix López Arias
¿ ONDE ESTÁ DEUS ?
Tres lecións de catecismo " " Ouh quen medera saber onde poder achalo "
" Eu sei somente ondeel non está . E sei que non está con vosoutros"
Á memoria de Antonio Machado
I
PRIMEIRA LECIÓN
Deus existiu sempre, meus filliños , Antes de que falanxes e lexións o estampasen nas súas camisas e pendóns, Antes de que bautizasen co seu nome exércitos e trimotores . Antes de que cravasen a súa efixie na porta dos cuarteis e das prisións , Antes de que levasen do colo pendurado en ricos medallóns os arcebispos , as grandes candongas , os xenerales iscariotas , Antes de que na Bolsa fose negocio pronunciar o seu nome.,
Deus existiu sempre para todos , para o rico e o pobre , como existiu a terra denantes de que a reparisen os ladróns , E Deus era do home como a auga e o vento, Agora, como o ouro, só é duns c antos señores. E non abenzoa ao xusto.
Abenzoa a rapina, a treizón, a trilita dos avións ... E hai un señor en Roma que pon o visto e prace a todas as benzóns.
Ouvide ben , meus filliños, ouvide ben . Eu non son un profesor de odio , Quixera ser un profesor de amor
Eu no sei se vós sodes fillos de carpinteiro ou do Ditador . Sei que todos , todos os que me ouvides sodes fillos lexítimos de Deus . E dígovos para rematar esta leción e nun ton sinxelo sen demagoxia e sen rancor , que se onte uns homes , outros homes todo nos roubaron .... a patria , o esforzo e a canción, E que hoxe eses homes, meus filliños, roubáronnos a Deus.
II
S.O.S.
Deus está en todas partes, meus filliños, na terra, na auga e no vento . Mais hoxe ninguén o encontra , nin o detective, nin o pesquisidor, nin o poeta.
E estas son, meus filliños, as tres primeiras letras que tedes que deprender nas escolas-.
S.O.S. - S,O,S.- S.O.S.
Grabádeas na pedra da fóndiga , no papaventos e no náufrago papel nunha botella.
Deus está en todas partes, meus filliños, ¡ A ver se o encontrades e el nois encontra !
III
EU SEI ONDE ESTÁ
Deus, que o sabe todo , é un inxenuo, E agora está secuestrado por uns arcebispos bandoleiros que lle fan decir aló na radio : " ¡ Hallo ! ¡ Hallo ! ¡ Estou con eles ! ", mais non quer decir que está ao seu carón senón que está alí na súa prisión,
Di onde está , nana máis.... Para que nós o saibamos e para que nós o salvemos.
LIARAZA
Hai un home que trafica coas cousas e outro home que as quere organizar. O organizador é o artista e o outro un barballán
E a loita no mundo foivos sempre entre artistas e runfantes nada máis,
CANTIGUIÑA
O burgués tenvos a masa, a Igrexa ténvos a misa, o proletario a masa e o fascismo a camisa.
¡ Que divertido é o mundo ! ¡ Ai que risa, ai que rias ! , Dando voltas, dando voltas , a toda presa , coa súa mesa, coa súa misa , coa masa e a camisa.
QUE QUEREN ESES HOMES
Queren que o sangue do mundo se mova só en diastole , e vivir cun ollo nada máis.
Queren que o péndulo nas súas voltas pare na metade e volva atrás e abanee sempre á dereita . Porque ten mareas queren asasiñar o mar.
Queren que os reloxos das casas funciones sen tic.tac .
Queren que se escoite o tic , sempre o tic e non se escoite o tac.
Comentarios
Publicar un comentario