SÁRRIA: CASAS DA RÚA ROSALÍA DE CASTRO ( 720 )
SÁRRIA : CASAS DA RÚA ROSALÍA DE CASTRO ( 720 )
A Rúa Rosalía de Castro foi unha das que xurdiron da parcelación das fincas anexas á propiedade da CASA GRANDE DE SÁRRIA. A Horta, Cortiña. Prado Grande, Os Barredos , O Campiño.... foron repartidas en soares con frenteira a novas rúas, carentes de todos os servizos, que acabarían sendo as rúas Rosalia de Castro, Padre Sarmiento e Frei Luis de Granada, que só 40 anos despois foron urbanizadas e viron ser realidade os entroncamento co Murallón e a Rúa do Porvir.
A Rúa Rosalia de Castro, con orixe na Rúa da Calexa , por causa desta parcelación alcanzou o muro lerste da Horta de Neira ( ou Horta de Buxán ) , e entroncou coa rúa Frei Luis de Granada, cando en 1967 tamén foi parcelada a Horta de Neira, abrindo precaria rúa que remataba no muro leste da Horta de Saco. A urbanzización destas rúas non foi posible até que o Concello expropiou a parte central da Horta de Saco e o que foran rúas de promoción particular pasaron ao patrimonio municipal.
Nas súas primeiras décadas careceu de alcantarillado e todas as casas contaban con "pozos negros ". Pola súa conta , os propietarios dalgunhas das casas accedero ao servizo domiciliar de augas , e para o resto o Concello instalou unha billa na entrada pola Calexa a onde ían con baldes e tinas a recoller a que necesitaban para as necesidades das vivendas,
NÚMEROS IMPARES
Nº 1.- CASA SOMOZA..- Casa de semisoto e un andar, que dá polo lateral esquerdo á Rúa Padre Sarmiento. Foi construida polo procurador Manuel Somoza e a súa esposa Carme Viñas. Ali estableceu o seu despacho profisional. Foi colecido cono o "Chalé de Somoza". Ten xardín na frenteira e na traseira e conta con alpendre para garaxe,
Nº 3 .- CASA LETRADO.- Casa de semisoto, baixo e un andar , con horto na traseira, ao que se entra dende un camiño de servidume. Estivo ocupada por dúas vivendas en réxime de aluguer que dispoñían de cortellos para a cría de porcos para autoconsumo.
Nº 5.- CASA LEIMÁN.- Casa de semisoto , baixo e un andar, con horto con pozo, unha casoupa para cortello e oitro horto por baixo dela. Foi construída por Matías Yebra, e comprada pouco despois por Manuel Vázquez Arias e a súa esposa , a mestra de primaria Antonina Rodríguez Álvarez. No baixo estivo establecida a Escola de Padroado " Divino Salvador", promovida pola parroquia de San Salvador ( PP Mercedarios ) popularmente coñecida como "Escola de dona Antonina, que a rexentou até a súa xubilación. Na actualidade é unha vivenda unifamiliar.
Nº 7 .- CASA CARBALLEIRA ( I ) Casa de semisoto , baixo e un andar. No soto había cortellos para os residentes nas casas nº 7 e nº 9. Nos andares había tres vivendas en réxime de aluguer, todas con cocilña " de ferro". Na traseira había unha horta con pozo , un pozo negro e un galiñeiro que eran aproveitados polos donos ( Familia Carballeira ). Na actualidade é unha vivenda unifamiliar,
Nº 9.- CASA CARBALLEIRA ( 2 ) Casa de semisoto, baixo e un andar, cunha cociña exterior para a crianza de porcos pola familia propietaria. O soar foi máis grande ca os anteriores porque lle enadiron unha tira procedente do de Arsenio Fernñandez de Carme Trebolle. Na traseira tiña unha horta. Para a entrada nos hortos e aos cortellos había un grande portón no nº 9, onde había unha billa común para coller a auga para os usos domiciliares. A casa estivo dividida en seis vivendas en réxime de aluguer, Na actualidade é unha vivenda unifamiliar.
Nº 11.- CASA LEONOR DO PESCADO ( CASA ARSENIO ).- Casa de semisoto, baixo , un andar e bufarda, con garaxe e leñeira na parte traseira e horta. A man dereita unha pasaxe permitiu que a casa tivsse luces a norte, leste e sur, e o acceso ao garaxe. O primeiro andar e a bufarda estiveron en réxime de aluguer. A casa foi vendida polos herdeiros do matrimonio que a alzara.
Nº 13.- SOAR: HORTA DE PEPE DE FAFIÁN.-
Nº 15,. SOAR: HORTA DE ARANGÜENA.-
Nº 17.- CASA DE CARBALLEIRA ( 3 ).- Ocupa parte dun amplo soar con fronte ás rúas Rosalía de Castro e Frei Luis de Granada, dividido nos números 17, 19,21 e parte do 23. Ese conxunto estivo parcelado en hortiños cedidos aos arrendatarios das casas nº 7 e 9, incluídos na renda das diferentes vivendas. A casa número 17 constou nun primeiro momento de soto, baixo e tres andares, espazos en réxime de aluguer. Vendido o edificio polos heredeiros da familia os novos propietarios endadírnlle un novo andar. A casa alberga un establecemento hostaleiro de acollida de peregrinos.
Nº 19.- CASA DE CARBALLEIRA (4 ).- Casa de semisoto, baixo e un andar, dividida en catro departamentos en réxime de aluguer. Ten anexo un pequeno patio posterior . Foi vendida polos herdeiros da Familia Carballeira e os novos propietarios enadóronlle dependenzas en baixo e alto ocupando un paso suprimido no lateral dereito.
Nº 21.- HORTAS DE CARBALLEIRA.- No espazo das antigas hortas que restaba despois de alzadas as eificación dos número 17, 19 e 23 , que foi adquirido por un promotor de vivendas alzouse un edificio en réxime de propiedade horizontal, con entrada pola rúa Frei Luis de Granada, que ten un local comercial á altura da rúa Rosalía de Castro.
Nº 23.- CASA DE FERNANDO MUNICIPAL.- Ocupa un resío procedente da antiga Horta de Neira ( Horta de Buxán ) , no aguillón onde conflúe a rúa Rosalia de Castro coa Frei Luis de Granada. Orixinariamente foi alzada como pequena casa de semisoto con entrada por Frei Luis de Granada e baixo, con entrada por Rosalía de Castro, que foi vendida moi axiña polos seus promotores. O novo dono para darlle maior amplitude comprou unha porción de terreo á Familia Carballeira-
....................................................................................................................................................................
NÚMEROS PARES
Nº 2. - SOAR DA FAMILIA VILAESTEVA ( 1 ).- Orixinariamente a Familia Vilaesteva comproulles aos donos da Casa Grande un terreo formado polos actuais nº 2,4 e 6 da Rúa Rosalía de Castro, máis outro soar polo sur , que ten fronte á Rúa da Calexa. Un intento de edificación viuse frustrado pola suspensión de licenzas derivada do proxecto de protección do casco histórico da vila, que quedou sen efecto e deu lugar ao abandono da idea de facer a vivenda unifamiliar pretendida.
Nº 4.- SOAR DA FAMILIA VILAESTEVA / SOAR DA FAMILIA CALZADA.- Despois da parcelación feita pola familia Vilaesteva, este soar pasou por varias mans, até que pasou a ser propiedade da Familia Cal,zada, da Corga do Convento, que se ben fixo un proxecto para facer un edificio de baixo e tres andares, que non chegou a ser alzado.
Nº 6.- CASA FAMILIA LÓPEZ ARIAS.- É un edificio de baixo e tres andares altos. No baixo ten garaxe e dous locais comerciais, unha vivenda no primeiro andar, un duplex no segundo e no terceiro e un apartamento no terceiro. Ten un pequeno patio anexo e un alpendre.
Nº 8.- SOARES .- Na parcelación das fincas da Casa Grande os propietarios da Casa da Palma e Casa Barbeiro compraron estreitas tiras, que por separado non resultan edificables.
Nº 10 .- SOARES .- Os soares da Casa Treilán e Casa Casiano Batallón ( xardín e casa posteriores ), pola súa pouca larganza non resultan edificables, por separado. A casiña e o soar anexo foron adquiridos por un terceiro, que mantén un establecemento hostaleiro de acollida de peregrinos.
Nº 10 ( bis ).- Patio de CASA GUDÍN.- Froito tamén da parcelación das fincas da Casa Grande, constitúe un anexo do Albergue de Pereginos " Los Blasones".
Nº 12.- CASA DE MIRALDE / CASA ANTONIO CARCEREIRO.- Tamén coñecida como "Casa de Lelo Miralde ", foi unha das seis primeiras casas alzadas cando se abriu a rúa. É unha casa de baixo, dous andares e bufarda, que estivo ocupada en réxime de aluguer, até que foi vendida á Familia García que estableceu nela o seu domicilio familiar.
Nº 14,- XARDÍN DA CASA MACÍA ( 1 ).- Procede da segregación das fincas da Casa Grande. O muro de cerro, co seu reixado, procede do Mesón de Aguiar do Barrio de San Roque, en Lugo.
Nº 16,. HORTA DA CASA MACÍA ( 2 ).- Adquirida dos propietarios da Casa Grande. Destinado o soar a horta da casa.
Nº 18,- A NOSA CASIÑA.- Ocupa terreo que foi da Casa Grande. No fondo do soar álzase unha casa de baixo, con garaxe, e un andar
Nº 20.- CASA IDALIA.- Alzada en soar procedente da Casa Grande . Consta de baixo, con garaxe, e dous andares.
Nº 22.- SOAR ( Foi anexo da CASA DE CASTRO ) .- Foi enaxenado polos herdeiros desa familia.
.........................................................................................................................................................................
Comentarios
Publicar un comentario