CASINO DE SÁRRIA ( 1854 ) ( 721 )

 CASINO DE SÁRRIA  (  1854 )                            ( 721  ) 

                          O CASINO DE SÁRRIA VAI  CUMPRIR UN SÉCULO

( El Progreso, 14 de xaneiro de 1954 )                                               ALFONSO YEBRA

Nai precisamente cen anos. cando no inverno de 1853 " varios particulares deste pobo interesados de estableceren nel  os adiantos que requere  a civilización e boa sociedade  proponse   crear  "un recreo ou circo" . ( do oficio  que o alcalde de Sárria  dirixe ao gobernador   da provincia  ,  solicitando preste sanción  ás bases  polas que  ha rexirse  este Centro )

Días despois.  o 21 de xaneiro de 1854,  o gobernador don Mario de la  Escosura , comumicalle ao alcalde  a aprobación daquelas  , o que este traslada o día 31  do referido xaneiro  , ao primeiro presidente   do CIRCO-RECREO    don Manuel Pérez-Batallón - (  Da documentación do Casino ) -

Así nace oficialmente o actual CASINO DE SÁRRIA . Extraña, e é motivo de gabanza e fachenda para os sarriaos o  pensarmos que, cen anos antes., cando Sárria era unha viliña pequena e duns 120 veciños, existise xa unha elite social e un numeroso grupo de persoas ilustradas que sentían - antes que numerosas capitais de provincia - o degoro de crearen un centro que facilitase as relacións sociais.

Desta maneira xurdiu o Casino como unha manifestación do progresoe cun afán de expansión  cultural , para por este medio procuraren xornais e libros e facilitalos para divulgación e leitura.  Creárono os nosos devanceiros e concebírono como un amplo fogar para a boa sociedade  sarriá onde todos se encontaran como nunha prolongación do propio.

Peristiu esta direitiva e así se foi creando ese ambinte grato , de bon ton, cordial e de íntima familiaridade, que sempre se acha nesta vella casa, o mesmio no diario convivir , ca nos días das súas magníficas festas   ; mais   destas e doutras manifestacións artísticas   do Casino durante   cen anos xa falaremos outro día,

Efeméride tan destacada  non pode pasar desapercibida  , e a súa actual xunta directiva  constituida polos  elementos máis xoves  e animosos do Casino, presididos por un prestixioso doutor,  neto du dos seus fundadores , que tamén foi un dos seus primeiros secretarios  , faltan datos   para asegurarmos   que  foi o primeiro , disponse con todo entusiasmo  a organizar durante o presente ano "As Festas do Centenario", Acto evocador,  conferencias e  extraordinarias festas de sociedade , bailes, ceas  americanas, etc.,  constituirán  a base  do seu programa.

Comezarán estas festas   o vindeiro domingo día 17.  Principiarán con unha misa  polos socios falecidos.  Estaba proxectado   que de seguido   dera unha conferencia  encol du tema  de Sárria, en 1854  e fundación do Casino , o noso entrañable   amigo e   fillo predileto da Vila , o moi ilustre   señor don Francisco Vázquez Saco , reitor do Seminario de Lugo ,  quen nestes días pasa   pola inmensa dor da recente perda   da súa moi querida nai  ; por esta   triste circunstancia  pénsase en adiar  este interesante acto para máis adiante , Despois da misa   a Xunta ofrecerá unha copa de viño español aos socios e familiares , que , seguro é, rematará nun asalto. e pola  noite un magnífico baile de etiqueta.

Isto só como comezo  das festas do  Centenario , os proxectos da Xunta son moi ambiciosos  e é case seguro  que dada a actividade  e entusiasmo  que despregan  todos os seus membros  , sexa o ano  de 1954  o máis destacado  da pequena historia do Casino . Nós facemos votos  para que así aconteza.

,,......................................................................................................................................................................... 

O CIRCO-RECREO ( que foi o primeiro nome que levou o CASINO DE SÁRRIA ) estableceuse no baixo dunha casa  da Praza de Vista Alegre, que por moitos anos foi coñecida como  Casa do Circo. 

 Anos despois  a Familia Saco alzou un edificio , fronte da igrexa de Santa Mariña, con fronte á rúa Maior  e á Rúa do Murallón, cedendo gratuitamente o seu uso  até a desaparición  da asociaicón cultural e recreativa.

No ano no que o Circo-Recreo botou a andar  as obras da estrada de Nadela a Sárria  permitiron establecer  os novos modos de comunicación con Lugo e A Coruña,  e o comezo da expansión  da vila pola parte baixa, e o establecemento de novas actividades económocas.

..................................................................................................................................................................... 

 

Comentarios

Publicacións populares