SÁRRIA: O NOME DAS RÚAS. ( 728 )
SÁRRIA: O NOME DAS RÚAS- (728 )
RÚA MAIOR : Por acordo do Concello de Sárria en 5 de xaneiro de 1888 déronlle o nome de "Rúa Maior" á rúa principal , con orixe no número 1 . Casa Consistorial cuxo traxecto remataba na casa de Xoán Varela ( Casa da Costa ) onde entroncaba coa estrada de Lugo a Valdeorras ( que nesa mesma data pasou a levar por nome " Rúa da Liberdade".
Esta rúa , en varios treitos, até 1888 , foi coñecida como " Rúa Principal " e nos séculos anteriores respondeu aos nomes de Rúa de San Salvador ou da Costa de San Salvador, Rúa de Sárria, Rúa de Santa Mariña, Rúa de Ferradores e Rúa do Arrabaldo. As casas formaban parte da parroquia de San Salvador ( até a Casa Macía ) e de Santa Mariña, da que a Casa Macía era a primeira casa. Nas primeiras décadas do século XIX déronlle por nome o de Rúa Principal.
Esta rúa entronca coa Rúa do Castelo, Adro de San Salvador, Rúa da Calexa, Rúa Conde de Lemos, Praza da Constitución, Calellón de Lois, Rúa do Murallón, Adro de Santa Mariña, Praiña da Estafeta, Travesa da Pedreira, Praza de Vista Alegre, Travesa da Igrexa, Escaleira da Font, Rúa Marquñes de Ugena.
Denominacións históricas de espazos nesta rúa : Igrexa de San Salvador .- Hospital de Santo Antón Abade.- Sede do Reximento da Vila e Marquesado.- Casa Consistorial.- Xulgado de Primeira Instancia e Instrución.- Arquivo de Protocolos.- Clube de Anciáns " Anduriñas".- Capela de San Xosé ( desaparecida ) .- Casa Grande de Sárria.- Casino de Sárria.- Circo das Artes.- Igrexa de Santa Mariña.
PRAZA DA CONSTITUCIÓN.- En 1820 recibiu esta denominación o espazo secularmente coñecido como A Praza na que estaba o Cárcere do Marquesado. En 1822 puxeron a lápida co seu nome na casa de Xosé Novoa. En 5.01.1888 foi confirmado ese nome , recollido na placa cerámica regalada por Matías López López, que dende entón non foi retirada nunca, nin xiquer nos anos da ditadura franquista. Na Casa Novoa ( número 2 ) estivo o Cuartel do Batallón de Depósito e o Batallón da Reserva.
Pouco tempo despois da guerra civil en diferentes publicacións figura como " Plaza del Ayuntamiento" e na linguaxe popular rezaba como " A Prazola" , manténdose a placa de Praza da Constitución que ali leva enteira por máis de 135 anos.
Ten acceso dende a Rúa Maior e a Travesa dos Fornos.
TRAVESA DOS FORNOS.- En 5.03.1888 quedou consagrada esta denominación para a ruela que dende a Praza da Constitución baixa aos Fornos de Atrás. Ao ser derrubada a Casa de Lois de Arriba aparece agora como unha ampliación en costa da Praza.
RÚA DOS FORNOS DE ATRÁS.- Leva este nome a vía que dende As Airas da Pedreira vai aos Esqueiredos, na estremeira entre San Salvador de Sárria e Santiago de Farbán. Ten acceso dende a Travesa da Pedreira, a Rúa da Pedreira, Rúa Pombal Vello, Travesa dos Fornos e Corga de Matavellas.
Coincidía co Camiño de Fora ( Sur ), no Camiño de Santiago entre a Ponte Ribeira e os Pasais de San Miguel . Era rúa estreita que foi obxecto de alargo.
PRAZA DE XOÁN MARÍA LÓPEZ.- O espazo ocupado pola entón nova PRAZA DO MERCADO, ao norte da igrexa nova de Santa Mariña e da súa Torre do Reloxo foi chamada " Praza de Xoán María López", por razón do acordo municipal de 5.01.1888 " como agradecemento e conmemoración de se ter construido polo sinalado no seu testamento e da súa herdanza o templo parroquial de Santa Mariña" .
Denominada popularmente " Praza de Santa Mariña" foi Praza do Mercado dominical até mediados do século XX, e lugar de celebración de festas e outras celebracións multitudinarias. Ao ter chantado nela un bon número de árbores en publicacións xornalísticas foi nomeada como " A Alameda". Estivo dotada cun quiosque da música no medio , e eliminado este tivo unha plataforma adosada ao muro norte da igrexa para acoller as actuacións de agrupacións musicais. Tamén había nela un pozo, procedente da casa que foi derrubada para facer a Praza do Mercado.
En 1868.- Siendo alcalde don Manuel Vaamonde o Concello comproulle á viuva de Solance un terreo e unha caseta , a carón da igrexa vella de Santa Mariña, en prezo de 1.761 escudos. ( 23.06.1873 ) Os gastos de replanteo da Praza do Mercado , con inclusión do plano (80 pesetas ) , ascenderon a 431 pesetas. ( 1885 ) Cobreros encargado das obras da Praza do Mercado. ( 14.08. 1887 ) Francisco Vázquez Castiñeira recibe 1.030 pesetas polas obras de rectificación da Praza do Mercado. ( 5.01,1888 ) O Concello dalle á Praza o nome de Praza de Xoán María López. ( 3.05.1888 ) A placa identificadora da prazam doada por Matías López, foi colocada na frenteira da nova igrexa de Santa Mariña, ( 23.08.1888 ) Acórdase a eliminación do pozo da Praza de Xoán María López.
RÚA DO PORVIR.- En 5.01,1888 o Concello acordou sustituir o nome do Barrio da Duquesa polo de "Rúa do Porvir , entre as casas de Francisco Díaz Colomo e a de Pedro Prieto Gómez, coincidente coa Estrada de Portomarin entre a parte baixa do Murallón e a Corga de Vales ( hoxe Rúa Pedro Saco )-entón na parroquia de Maside,
1 ).- Cando en 1890 o Barrio de San Lázaro se integrou na parroquia de San Salvador de Sárria, e polo tanto pasou a formar parte da vila, a Rúa do Porvir foi alongada levando esa denominación até a Ponte de San Lázaro.
Anos despois uniron o comezo desta via coa parte baixa da Rúa Maior. á altura da Casa de Pazos En 1958 coa parte da Rúa Maior entre a Casa de Pazos e a da Costa (Rúa Benigno Quiroga ) e a rúa entre a Casa de Pazos e a Rúa Pedro Saco o Concello acordou formar a nova rúa do Marqués de Ugena , de xeito que a Rúa do Porvir quedou limitada ao espazo que vai dende o cruzamento con Pedro Saco a San Lázaro. E déronlle o nome de San Lázaro dende a altura da Capela de San Lázaro até o Paso a Nivel de Celeiro ( Maside ).
2).- A actual Rúa do Porvir vai dende o cruce Padre Sarmiento - Rúa Pedro Saco até o Cruce de San Lázaro. Neste espazo están o sloar, casa , nave industrial e xardín que foron propiedade do fillo predileto de Sárria , Xosé Sánchez Arias, que por herdanza pasaron á pripiedade do Concello, e procedentes a industria galleteira " La Dulce Alianza". Tamén é propiedade do Concello a casa doada polos filllos de Antonio Pàramo Sánchez, alcalde que foi de Sárria no ano 1936.
Nesta rúa establecéronse varios anticuarios , razón pola que a nivel popular se xeralizou a denominación de RUA DOS ANTICUARIOS. Anualmente a rúa acolle a Feira de Antigüidasdes e Restauración. e nos primeiros sábados de cada mes celebración do Rastriño O Quilate.
A finais do século XIX , na Casa Badiola, estivo o Cuartel da Gard Civil.
RÚA DE MATÍAS LÓPEZ.- En 5.01.1888 o Concello de Sárria deulle o nome de Matías López ao treito da Estrada de Lugo a Valdeorras ( ou de Lugo a Campos de Vila ) comprendido entre as casas de Xoán Puga( no actual Cruce do Avenida ) e Bernardo Rodríguez Romay ( Corga de Formigueiros- parroquia de Maside ). Recibiu ese nome porque o industrial e filántropo, fillo predileto de Sárria, Matías López López no decir do Concello se fixo merecente desa homenaxe " xa que mirou sempre ao pobo con cariño e predileción, interesándose pola súa grandez e distinguíndoo con algún donativo ". Antes de darlle nome oficial ese vial era coñecido como " A Estrada de Baixo". Primeiro como estrada da Deputación, foi coñecida com Estrada de Valdeorras, e xa pertencendo ao Estado e máis adiante á Xunta de Galicia, recibiu tamén os nomes de Estrada de Nadela a Quiroga e Estrada de Nadela a Campos de Vilka. Ten acceso dende a Rúa Benigno Quiroga, Rúa Pedro Saco, Escaleira Pequena ( Escaleira de Teixeiro ) , Praza da Albareda, Rúa Marquesa Casa López, Praza da Vila, Rúa da Liberdade, Rúa Formigueiros, Rotonda de Guérlèdan, Rúa Lama da Gándara, Rúa Portomarín, Rúa das Insuas, Escaleira de Fernando de Castro , Rúa Xela Arias e Pontes Novas do Mazadloiro.
Edificios significativos : Villa Aurelia ( Sociedad La Unión ).. Villa Andrea.- Parque de Villa Andrea.-Praza da Vila.- Tablaxerías .- Carnicerías.. Praza de Abastos, Tamén albergou o Convento das Madres Mercedarias , con capela propia .
RÚA DA LIBERDADE.- ( Esta denominación, en diferentes espazos e tempos , estivo presente no rueiro en tres ocasións ).
1.-Na estrada de Valdeorras saíndo cara Monforte .. En 5.01.1888 o Concello deulle este nome ao treito da Estrada de Lugo a Valdeorras entre as casas de Benigno Liz Carreira , Pedro Xoán Goyanes e Manuel Rivas e a estrema coa parroquia de Farbán ( Pacios ). Anos adiante está rúa pasou a chamarse RÚA BENIGNO QUIROGA como amostra de agradecemento cara ese politico liberal, polas axudas e dotacións concedidaspara Sárria dende os postos oficiais por el ocupados. A placa cerámica onde se lía " Calle de la Libertad" , unha das regaladas por Matías López López , foi retirada e un século despois foi recuperada , feita anacos, soterrada na finca da Casa de Nullán ou Casa do Barrio.
2.- Na Estrada de Samos .- No tempo da II República o nome de " Rúa da Liberdade" figurou por pouco tempo no treito primeiro na vila da Estrada de Samos. Esta denominación de RÚA DA LIBERDADE deulla o Concello á Estrada de Samos, dende a Estación fo ferrocarril até a estrema coa parroquia de San Martiño do Fontao ( O Polvoreiro ) e só por curto espazo de tempo porque foi sustituido o seu nome polo de " Avenida da República ", que como consecuencia do alzamento militar e froito de imposición das autoridades en 1937 pasou a ser " Avenida de José Calvo Sotelo ", entre a Estación do Ferrocarril e a Ponte de Ferro, riba do Río Sárria, nome que se mantivo por décadas despois da recuperación da Democracia.
3.- O nome de Rúa da Liberdade recuperouse para nomear o vial que vai dende a Estación de Ferrocarril até o lugar do Polvoreiro ( parroquia do Fontao ), nunha lonxitude de máis de dous quilómetros, sendo a rúa máis longa da vila.
TRAVESA DA IGREXA.- Leva ese nome o espazo que ten orixe na Praza de Xoán María López e a Rúa Maior, onde se acha a Casa Reitoral de Santa Mariña. e que tamén comunica co Adro de Santa Mariña, Históricamente foi coñecida como " O Calellón". Popularmente tamén foi coñecida como " do Bon Gusto", por haber ali unha docería dese nome.
CORGA DE MATAVELLAS.- Vai dende o Adro de San Salvador á Rúa dos Fornos de Atrás. Era costa súpeta agora urbanizada en escaleira, dividida en dous treitos pola Rúa Conde de Lemos,
RÚA DOS ESQUEIREDOS.- O antigo Camiño de Albán pasou a formar parte da Estrada da Ponte do Mazadoiro á Lama Rigueira, na antiga denominación de Os Escairedos / Os Esqueiredos ). Vai dende a parte baixa do Campo da Feira no entroncamneto da Rúa Conde de Lemos- Rúa do Castelo até a estrema coa parroquia de Farbán - remate da Rúa Fornos de Atrás. Ten acceso desde o Camiño da Veiga.
TRAVESA DA PEDREIRA.- Ruela que vai dende a Rúa Maior a As Airas da Pedreira , que en 5.01,1888 viu oficializada esta denominación. Deulle nome o Barrio da Pedreira onde por séculos se arrincou a pedra para facer as casas da vila. Ten acceso dende o Calellón de Lois.
RÚA DA PEDREIRA.- Vai desde a Rúa Benigno Quiroga ás Airas da Pedreira. Forma parte do antigo " Camiño de Fora " ( Sur ) do Camiño de Santiago , que dende a Ponte Ribeira ía aos Escairedos de onde pola Veiga do Pozo seguía cara os Pasais de San Miguel, por onde pasaban os camiñantes e peregrinos que non querían atravesar ou parar na vila. Na actualidade esta rúa vai dende a Rúa Benigno Quiroga ao punto das Airas da Pedreira. No século XVI era coñecido como Camiño da Ponte Ribeira , e o seu treito entre a Ponte e a Estrada de Monforte foi suprimido . Ten acceso dende a Rúa Casteledo , a Travesa da Pedreira, O Calellón de Lois e a Rúa dos Fornos de Atrás.
RÚA DA MERCÉ.- Vai dende a cabeceira da Rúa Maior ( igrexa de San Salvador ) até a Praza de San Roque- Mosteiro da Madalena. Nela están a Prisión Preventiva, o Miradoiro do Cárcere co cruceiro obra de Manuel Mallo, a Casa de Cima de Vila e a finca da Fortaleza, a entrada do Campo da Feira , o Cemiteiro Municipal e o Mosteiro da Madalena-Colexio da Mercé.O 5.01,1888 déronlle o nome de " Avenida da Feira " e ía dende os Esqueiredos, pasando pola cabeceira da Rúa Maior( Casa Conistorial nº 1 ) ao Ex- Convento de Agostiños. Ten acceso dende a Rúa Maior, a Rúa Conde de Lemos, o Campo da Feira e a Corga do Asno. No muro da Horta da Fortaleza hai varias cruces de pedra, resto dun antigo Via Crucis. A Fonte que había fronte da Prisión Preventiva fíxoa desaparecer o Concello, enterrando parte das pedras de cantaría no muro do río no Parque do Chanto. Até 1896 a Escola de Nenos ocupou a parte traseira do Hospital de Santo Antó.Casa Consistorial, no local alzado no século XVIII para Escola de Gramática e Casa do Mestre.
MIRADOIRO DO CÁRCERE.- Está na Rúa da Mercé , ocupa terreo que foi da Horta do Hospital de Santom Antón Abade,á esquerda do edificio da que foi Prisión Preventiva do Partido Xudicial de Sárria.Neste espazo está o Cruceiro promovido polo Centro Cultural Meigas e Trasgos-CIT de Sárria, obra de Manuel Mallo, hai ademáis un mosaico co escudo de Sárria e unha pequena área de descanso cun freixo, un carballo e dúas oliveiras, chantadas estas por un gupo de peregrinos andaliz.
CAMIÑO DA VEIGA.- Leva este nome o camiño estreito que dende a Rúa dos Esqueiredos baixa ao lugar da Veiga de Riba, na Casa do Rego. O lugar da Veiga de Riba, que tamén foi chamado Veiga do Pozo , até 1890 era na súa maior parte da parroquia de Maside, a Casa do Rego era de San Salvador de Sárria e a casa que estaba na costa era da parroquia de Farbán, dándose a curiosidade de que o marco estremeiro entre Maside e Farbán estaba na cociña terrea desa vivenda. Cando se modificaron as estremas entre parroquias a Casa do Rego segueu a ser de San Salvador e as demáis integráronse na de Farbán. Por anos houbo o proxecto de que este camiño fose o comezo dunha estrada local dende o Campo da Feira a Piñeiro, pasando pola Rañoá, que ninca se fixo realidade. Dende este vial sae a Rúa Santiago do Mercado.
RÚA SANTIAGO DO MERCADO.- É un vial aberto darredor de 1982 entre o Camiño da Veiga e a Rúa do Asno, atravesando terreos que históricamente formaron parte do patrimonio do Mosteiro da Madalena de Sárria, non lonxe de onde estivo a Capela de Santiago do Mercado, espazo que formou parte da primeira poboación da Vilanova de Sárria ( século XIII ), capela que estivo en pé até mediados do século XIX. Darredor de 1855 nun plano da vila recóllese o nome de "Arrabaldo" para este espazo. O seu remate coincide coa Rúa Camiño Francés.
CORGA DO ASNO.- É parte do novo do Camiño de Santiago , de baixada entre o Cemiterio e a Ponte da Áspera, Recibe o seu nome da agora soterrada Fonte do Asno. Catro portas dan entrada á sectores diferenciados do recimto cemiterial. Formou parte do camiño que dende Santa María Madalena levaba á Veiga de Riba. Ao non se poder recuperar a antiga traza do Camiño de Santiago este vial forma agora parte da ruta das peregrinacións. Coincide cos muros laterais do Cemiterio no que se abren portais de acceso. Antes o camiño xiraba á esquerda e despois á dereita para ir cara a Ponte da Áspera e o Concello ancheouno e no treito final abríuno en liña recta en súpeta baixada.
VEIGA DE ABAIXO.- Aldea da parroquia de San Salvador de Sárria a carón da Ponte da Áspera, que tamén foi nome dado ao lugar. Nel confluían o Camiño de Santiago na baixada dende Santa María Madalena , o carreiro súpeto que en liña recta baixaba dende o mesmo mosteiro e o " Camiño de Fora " ( Norte ) que viña dende o Hospital de San Lázaro , e que nesa zona é agora coñecido co nome de " Camiño Francés", entre a Rúa San Lázaro a Corga do Asno-Rúa Santiago do Mercado. Tamén é coñecido o lugar como A Áspera, recibindo o nome da histórica ponte de riba do río Celeiro.
BARRIO DA PONTE RIBEIRA.- É un espazo da parroquia de Santa Mariña de Sárria ( ao que alude documentación do século XIII ). Con casas a unha e outra banda do río Sárria, entre elas o Muiño da Ponte ( coñecido como de Solance dende finais do século XIX nela está a FONTE RIBEIRA que até 1920 foi a única fonte con augas permanentes da que se serviron os sarriaos dende finais do século XII.
BARRIO DE SAN LÁZARO.- O 5.01.1888 o Concello de Sárria acordoulle dar este nome ás casas que formando parte da parroquia de Santa Mariña alzadas perto da Capela de San Lázaro, con fronte á Estrada da Ponte do Mazadoiro á Lama Rigueira e á Estrada do Barrio da Duquesa a Portomarín. Tempo despois o treito desta estrada entre a Ponte Nova do Mazadoiro e a Capela de San Lázaro pasou a ser chamada Rúa San Lázaro ( a primeira con este nome, que se mantivo até 1957 )
A CALEXA.- A Ruela ou Viela de San Lázaro foi un camiño que con orixe na parte baixa da Costa de San Lázaro conducía ao Hospital e Capela de San Lázaro ( na parroquia de Maside ). O nome de Calexa venlle dunha pequena cal ou reguiño que tiña a súa orixe na Fonte de San Salvador, baixo da Fortaleza de Sárria, onde se dividían as augas en direción aos Barredos de Casteledo e outro ramal baixaba pola Costa de San Salvador torcendo cada os Prados Grande e do Campiño, propiedade da Casa Grande ( na actualidade Barrio Andión ). Cando se abriu darredor de 1853 a estrada provincial da Ponte do Mazadoiro á Lama Rigueira A Calexa foi alargada , mantendo unha destacada estreitura no seu entroncamento coa Rúa Principal.
PARQUE DO BOSQUE.- Formou parte da Chousura do Mosteiro de Santa María Madalena de Sárria, e coa Desamortización eses terreos, e tamén a antiga Adega mosteiral, foron adquiridos por varias familias da vila. En aplicación das Normas Subsidiaras do Planeamento Municipal , e mediando un convenio urbanístico, unha boa parte da finca primitiva pasou ás mans do Concello de Sárria.
RÚA DO BOSQUE.- Xurdeu en virtude das previsións das Normas Subsidiarias do Planeamento Municipal e nela foron alzadas vivendas unifamiliares. Está pendente de apertura e acondicionamento o treito de enlace coa parte baixa do Mosteiro da Madalena ( Convento da Mercé ), Neste vial consérvase a edificación semisoterrada da antiga ADEGA do mosteiro,
CALELLÓN DE LOIS.- É unha viela , rematada como carreiro, que vai dende a Rúa Maior á Travesa da Pedreira ( paraxe das Airas da Pedreira ). Recibe ese nome porque ten a súa orixe nunha das varias casas da familia Lois, que tamén posuía outra casa con horta na traseira . Un corredor alto en ponte riba do calellón comunicaba as dúas edificacións, e mantense aínda , mais repartido entre unha e outra casa.
PRAZA DE BELAVISTA.- Foi o nome dado a un espazo en ancheamento propio da Rúa Maior, baixo da igrexa de Santa Mariña, que tivo certo uso entre os moradores na vila dende finais do século XIX e fai alusión ao amplo panorama que dende ali se divisaba tendo por fondo o outeiro de Castelo dos Infantes, a Serra do Iribio e o Monte da Meda. Popularmente tamente foi coñecida como "Praza dos Ranchos" polo uso, moi perseguido polas autoridades municipais, que os veciños facían dese espazo para botar fora dos cortellos os porcos que neles cebaban. Nunca foi nome oficial o nome de Praza de Belavista, que como referencial se fixo figurar en reclamos publicitario. A Fonte de Belavista, instalada en 1920 dentro do sistema de distribución pública de augas, é a única referenza a esa denominación.
ESCALEIRA DA FONTE.- Entre a Rúa Maior e a Rúa Benigno Quiroga formando parte do Camilo de Santiago , esta escaleira é un dos máis característicos espazos na ruta das peregrinacións . A COSTA DA FONTE que era o espazo por onde por séculos os sarriaos tiñan que baixar até a Fonte Ribeira para carrexar a auga para consumo domiciliar con cubetas, cántaras e sellas, situación que se mantivo até 1920 cando entrou a pleno rendemento a traída municipal de augas con orixe en Cervos ( Ortoá-Barbadelo ). En 1853 fixéronse obras de construción dunha escaleira , que deu lugar ao nome de " ESCALEIRA DA FONTE ". Popularmente deuselle nome de " Escaleira ou Escalinata Grande " e , esquecendo a denominación tradicional o Concello rotulouna como " Escalinata Maior". Na parte baixa a información gráfica escrita sinala o nome de " Escaleira da Fonte"
CALELLÓN DE PAZOS.- É un vial sen saída con orixe na Rúa Marqués de Ugena, que remata no Patio da Casa de Pazos. Leva ese nome por comunicar coa dita casa, propiedade que foi da Familia Pazos, da que foi membro destacado o historiador Diego Pazos García.
CALELLÓN DE TEIXEIRO.- Comunica a Rúa Marqués de Ugena coa Rúa Matías López. Cando o Concello fixo escaleira , facendo desaparcer a costiña preexisnte, pasou a ser coñecida como " Escaleira de Teixeiro ". Popularmente foi coñecida como a " Escaleira Pequena " e o Concello rotulouna como " Escalinata Menor".
ARRABALDO.- Históricamente recibiu este nome o grupo de casas da parroquia de Santa Mariña de Sárria entre a Rúa de Ferradores-Praza de Vista Alegre e a Carreira de Santa Mariña ( zona do Cruz da Avenida - Casa da Costa ).
Nun plano da década dos anos 1850 aparece rotulado como " Arrabaldo" o espazo de Santiago do Mercado, na parte baixa da traseira dos pendellos do Campo da Feira.
RÚA DO ARRABALDO.- En lembranza do antigo barrio leva este nome a ruela que vai dende a Escaleira da Fonte á Rúa Marqués de Ugena.
BARRIO DA DUQUESA.- ( Denominación desaparecida ) Até finais do século XIX recibían ese nome as casas da parroquia de Santa Mariña que estaban baixo da Costa de Santa Mariña e a Albareda. Nese paraxe houbo unha casa coñecida como " Casa do Duqués" que deixou unha filla razón pola que as novas casas ali alzadas foron coñecidas como " Barrio da Duquesa". Nese punto, beira do " Camiño de Fora" ( Norte ) tivo a súa orixe a Estrada do Barrio da Duquesa a Portomarín , que en 5.01.1888 recibiu o nome de Rúa do Porvir, e que en 1957 o Concello de Sárria acordou darlle o nome de "Rúa Marqués de Ugena". Da primeira denominación non quedou lembranza.
ADRO DE SAN SALVADOR.- Espazo diante da porta principal da igrexa de San Salvador de Sárria e a sur do templo, delimitado pola Rúa do Castelo , a finca da Casa de Ferreiró, a Corga de Matavellas e a Casa de Capón de Arriba. Grazas ás xestións do mercedario ecónomo da parroquia o Padre Felipe Vaz, a Familia Loureiro ( Ferreiró ) cedeu terreos para anchealo. O espazo do sur foi adicado nalgunhas décadas do século XIX a cemiterio parroquial.
ADRO DE SANTA MARIÑA.- Espazo ao sur e leste da igrexa nova de Santa Mariña de Sárria, con fronte á Rúa Maior. Ao facer novo aliñamento da rúa , dotado de reixa, é popularmente coñecido omo " O Reixado". No século XVI espazos do Adro foron aforados polos párrocos a ferreiros que ali tiñan as súas fraguas. Parte deste espazo foi tamén adicado a Praza do Mercado. Por doazón da Familia Saco está instalado neste punto o " Cruceiro de Santa Mariña" e un busto de Cristo.
RÚA DO MURALLÓN.- Até ben andado o século XIX houbo un camiño que dende a igrexa e torre do reloxo de Santa Mariña baixaba en forte costa cara o Barrio da Duquesa, onde alcanzaba o Camiño de Fora ( Norte ). Estrada de Portomarín- Rúa do Porvir, que cando se fixo a Praza do Mercado ( Praza de Xoán María López de Almance ) foi mudado para abaixo do paredón da Praza . Nesta rúa estaban os ariños de ferro onde de xeito obrigado tiñan que seren atados cabalos, mulas e asnos , que non podían pasar nin estar detidos na Rúa Principal. No Murallón houbo unha pinguela que botaba auga a unha pía onde podían beber os animais.
BARRIO DE SAN LÁZARO.- Na parroquia de San Vicenzo de Maside integrada máis adiante na freguesía de San Pedro de Maside, estaba o hospital de orixe medieval coñecido comop HOSPITAL DE SÁN LÁZARO onde se recollían os gagos ( leprossos ) da comarca. Esta institución deixou de maneira oficial de prestar servizo en 1700, unindo as súas rendas á Obra Pia dos Hoispitais de San Lázaro e Santo Antón Abade de Sárria, A apertura da estrada da Ponte Nova do Mazadoiro á Lamarrigueira ( 1853 ) e máis adiante ( 1860 ) da estrada do Barrio da Duquesa a Portomarín ( aberta só até Mouzós ) deu lugar ao nacmeento dun barrio que foi chamadao de San Läzaro , que en 1890 pasou a formar partre da parroquia de San Salvador de Sárria e da Vila de Sárria, ao ser segregados da parroquia de Maside todos os terreos que na marxe dereita do río Celeiro chegaban até a Corga de Vales ( hoxe Rúa Pedro Saco ) e a Portela de Lamda da Gándara e As Insuas. Na Casa Badiola consérvase a placa cerámica, con nome do barrio, que foi doazón de Matías López López. No Campo de San Lázaro, fornte á capela, celebrouse dende a Idade Media a feira aneira ( Feira de Lázaro ) na parroquia de Maside.
RÚA DE SAN LÁZARO ( 1 ) .- Integrada xa na vila de Sárria a estrada do Mazadoiro a Lamarrigueira no seu primeiro treito, pasou a ser denominada " Rúa San Lázaro ) dende a súa orixe na estrada de Valdeorras ( hoxe Rúa Matías López ) até a Capela de San Lázaro ( cruzamento coa estrada de Portomarín )
RÚA DE SAN LÁZARO ( 2 ).- Foi en 1958, cando o treito final da Rúa do Porvir , coincidino co troco da primitiva de San Lázaro polo de " José Antonio Primo de Rivera " ( actualmente Rúa Xela Arias ) déronlle o nome de Rúa San Lázaro ao treito da estrada de Portomarín entre a cruz do Lázaro e a ponte do mesmo nome, riba do río Celeiro.
RÚA DIEGO PAZOS.- O camiño que dende a parte baixa do Arrabaldo ( Casa da Costa ) conducía á Ponte de Vilar de Sárria ( agora coñecida como A Ponte Vella) foi coñecido como CARREIRA DE SANTA MARIÑA , e entre a Pedra Fita ou Chantada e Cruz de Pradeda ía por terreos de Vilar de Sárria até a Ponte. En 1853 comezaron as obras de apertura da estrada de Sárria a Aranza, de Sárria a Ribadeo. de Sárria a Becerreá, de Sárria a Ouviaño, vial que tamén se coñeceu como estarada de Becerreá a Vendas de Narón, e na actualidade como estrada de Sárria a Becerreá . Os primeiros traballos quedaron detidos por varias décdas en Corvelle, razón pola que foi coñecida a nova rúa como ESTRADA DE CORVELLE, dende o actual cruz do Avenida e a Ponte Vella. A efectos censais a parte baixa recibiu no nome de Barrio da Ponte Vella, que a nivel popular tamén se coñeceu como Barrio das Casetas e Barrio da Ciguñeira . Cando se produciu o falecemento da Marquesa de Casa López, filla adoptiva e predileta de Sárria, dona Andrea Sánchez de Andrés, trataron de lle dar o seu nome á rúa , dende o cruz do Avenida até a Ponte Vella, e non chegou a haber acordo corporativo. Mellor resultado tivo a proposta de honrar a memoria do historiador, economista e rexistradir da propiedade DIEGO PAZOS GARCÍA dándolle o seu nome á esa rúa, cuxa denominación permanece sen modificación, ao tempo que unha lápida na súa casa nadal, na Rúa Marqués de Ugena, tamén está consagrada á súa figura.
RÚA MARQUESA CASA LÓPEZ.- A CORGA DA ALVAREDA era unha carreira que dende o Barrio da Duquesa ía até a Ponte Vella. Cando se alzaron as quintas "Villa Andrea" e " Villa Aurelia " foi rectificada e ancheada. recobimndo o nome de RÚA DOS AUSENTES, aludnndo ao feito de que os donos desas edificacións, os industriais chocolateiros sarriaos residentes en Madrid, Matías López López e Venancio Vázquez López, pasaban naquela cidade a maior parte do seu tempo. Como a unha e a outra banda dese camiño descendente cara a rúa Matías López as fincas pertencían a membros da Familia Moreno, a nivel popular esa vía era comuumente chamada " Calellón de Moreno". O Concello para honrar a memoria de dona Andrea de Andrés Sánchez, Marquesa de Casa López e viuva de Matías López López, filla adoptiva e predileta de Sárria, a quen se debeu a doazón e dotación do Hospital Municipal da Nosa Señora do Carme, no Barrio do Mazadoiro ( Requeixo ) acordou darlle o seu nome a esta ruela , que quedou así unida referencialmente á casa e parque " Villa Andrea ", así nomeada por vontade do seu fundados, Matías López. Na actualidade leva este nome a rúa que dende a Rúa Marqués de Ugena ( así nomeada en lembranza do seu neto Matías Oñate López ) , atravesando a Rúa Matías López ( que leva ese nome na memoria do seu esposo Matías López ) , chega á Rúa da Liberdade. Nesta rúa Matías Oñáte López alzou a Capela da Nosa Señora do Perpetuo Socorro.
RÚA CONDE DE LEMOS.- Esta rúa ocupa terreos que foron das casas de Novoa, Capón e Ferreiró na parte traseira da Rúa Principal e o Camiño de Albán , terras acortiñdas que daban ao Camiño de Fora ( Sur ), agora rúa dos Fornos de Atrás. Cando en 1853 se abriu a estrada da Ponte do Mazadoiro á Lamarrigueira, foi trazada aproveitando a rúa Principal, na Costa de San Salvador, e o Camiño de Albán ( por baixo da Fortaleza ), seguindo polos Esqueiredos até o entroncamento coa estrada de Valdeorras , no lugar da Lamarrigueira. A dificiltade de xiros e a estreitura da Costa de San Salvador aconsellaron facer un treito máis practicable entre a Casa de Novoa e Os Esqueiredos , dando lugar ao fraccionamento das cortiñas, deixando soares a unha e outra banda do novo vial, no que moi axiña o Concello promoveu o ALFOLÍ DO SAL. Foi nos anos 1950 cando o Concello acordou darlle o nome de RÚA CONDE DE LEMOS, para reforzar a relación existente entre a Vila de Sárria e o Condado de Lemos que correu parello co Condado de Sárria e co Marquesado de Sárria.
CAMPO DA FEIRA.- Leva este nome o espazo delinitado pola Rúa da Mercé , Horta de Batallón, Rúa do Castelo. Parque de Bombeirios e Casetas do Pulpo. No seu espazo actual é froito de sucesivas aportacións superficiarias
: 1 ).- CAMPO DO MERCADO.- Na Idade Media o espazo inmediato a unha das torres da Fortaleza acollía a celebración do mercado semanal , dende que foi abandoada a súa celebración a carón da Capela de Santiago do Mercado, onde estivera a primeira fundación da Vilanova de Sárria. Alí se celebraba taména feira aneira concedida á Vila de Sárria polos Reis Católicos ", beira da Capela de Santa María de Barbadelo.
2 )- FEIRA VELLA.- En 1820 o rei Fernando VII concedeulle ao Concello de Sárria a celebración dunha feira menusal a celebrar en cada día vinte ( FEIRA DO VINTE ) e para celebrala habilitaron un terreo que fora do Mosteiro da Madalena onde alzaron pendellos, que cubrían o camiño que ía ao convento, e casas á súa beira . A feirque foi medrando como lugar de activo comerzo comarcal, feito este que aconsellou que en 1860 fose comprado o terreo da metade da Fortaleza ( a outra metade comprouna Manuel Pèrez Batallón ) e que por prestación persoal , unha vez retirada a pedra de torres e cercas, se procedes ao rebaixo e ampliaciòn do recinto feiral. 3.- ·Ao ir en aumento as transacións comerciais , potenciadas coa chegada do ferrocarril á vila. en 1890 o Concello creou unha nova feira ( A FEIRA DO SEIS ) e houbo necesidade de expripar terreos da Casa de Ferreiró. Finalmente , coa especialidade de venda de gado cabalar, mular e asnal creouse outra máis en 1946 ( FEIRA DO VINTE E SETE ). Como anexoda feira houbo a dotación por propietarios particulares de Pendello do Pulpo e mesmo a Familia Ferreiró tiña un caseto na parte media do Campo. Na parte baixa do actual Campo da Feira estivo a Capela de San Marco, pertencente ao Arcediago de Sárria , e por varias décadas ao seu carón estivo o primeiro cemiterio de promoción municipal da Vila. En 1920 e 1957 foron instalados co Campo da Feira os depósitos da auga para o servizo domiciliar.
3 ).- MERCADO GANDEIRO.- Foron eliminadas as árbores que poboaban o Campo da Feira, os bancos para postos de venda e os dous casetos para básculas municipais e fíxose un rebaixo na parte alta para facer unha grande nave cuberta, con oficinas anexas e unha edificación exenta para servizo publicos. Enadiuse máis adiante no Prado de Cachete unba construción teitada sen muros lateais para Feira dos Porcos, que se viu reducida á metade, ao ceder terreos para a dotación do Parque de Bombeiros. Nun monolito gárdase memoria da Feira Franca, Feira do Vinte, Feira do Seis, Feira do Vinte e Feira do Vinte e Sete. A baixa da presenza de animais nas feiras tradicionais, fronte aos nvos xeitos de venda, fai que na actualidade esas datas se vexan potenciadas como "mercadiños " con vendedores ambulantes e venda de produtos alimenticios de produción caseira , aves e coellos na nave coberta. Por outra parte mantense e poteciada a presenza de pulpeiros. A celebración da feira aneira FEIRA DE SAN CIDRE e a FESTA DO COCIDO DO PORCO CELTA son ocasións de partiipación maiioritaria. Tamén acolle o Campo da Feira , na noite do 23 de xuño, conm ocasión das Festas do San Xoán os actos da NOITE DO LUME ( iscada e chorizada, queimada , Fogueira do San Xoán, actuacións musicais e " corre foc) actos nos que participa unha multitude de persoas. Tamén ten comezo no Campo da Feira o descenso urbán con bicicletas que remata na Insua do Toleiro.
RÚA ROSALÍA DE CASTRO.- Cando na década de 1940 a Marquesa de Villaverde acordou vender os terreos anexos á Casa Grande de Sárria ( Casa dos Saavedra ), na denominación da Cortiña . foi unha das rúas abertas , con orixe na Rúa da Calexa, en paralelo á Rúa Maior rematando na Horta de Neira / Horta de Solance / Horta de Buxán . Cando darredor de 1955 o Concello encargou a redacción dun Plano de Poboación apareceu grafiado este vial co nome de RUA ROSALÍA DE CASTRO, na honra da eximia poetis a e autora fundamental no Rexurdimento das Letras Galegas.
RESÍO DA RODA.- Pequeno espazo destinado a xardín en terreos que foron da Casa Grande de Sárria , que foron expropiados á Familia Vilaesteva cando se urbanizou o Barrio Andión, Nese espazo arborado hai unha grande roda de muiño , doada por Marisol Somoza e Sebastián Álvarez Dosío.
RÚA PADRE SARMIENTO.- ( Ocupa terreos que foron parte da Casa Grande de Sárria, nos nomeametos de A Cortiña, O Campiño e Prado Grande ). No Campiño houbo unha capela propiedade da Casa Grande ( CAPELA DO CAMPIÑO ) . Vai dende a Rúa da Calexa até a Rúa Marqués de Ugena- Rúa do Porvir. O Concello deulle o nome de RÚA PADRE SARMIENTO, n a honra do monxe bieito Freei Martiño Sarmiento, cuxa nbai, Clara Balboa foi da Familia dos Señores do Pazo de Perros-Calvor.
RÚA FREI LUIS DE GRANADA.- ( Ocupa terreos que foron parte do Prado, Grande , O Campiño e O Barredo da Casa Grande de Sárria e das Hortas da Casa de Neira ( Horta de Buxán ) e Horta da Casa Saco ). Vai dende a Rúa da Calexa até o Murallón. Leva o nome de RÚA FREI LUIS DE GRANADA en memoria de Luis Sarria, fillo dun sarriao asentado na Granada reconquistad aos mouros, monxe xerónimo autor de numerosas obras e un dos máis salientables escritores na fixación e consolidación literaria da lingua castelá, e autor tamén de obras en latín e portugués, que exerceu grande influencia nos ambientes relixiosos e cortesáns do seu tempo. Leva tamén o seu nome o CEIP " Frei Luis de Garnada". Un edificio na Rúa da Liberdade, na zona de Vigo de Vilar de Sárria, leva o seu nome, por estar perto do soar dunha casa que tradicionañlmente se dicía fora a nadal do seu pai, e que foi derrubada nos anos 1970.
CORGA DO CONVENTO.- Antigo treito do Camiño de Monforte a Lugo por Sárria, na baixada entre o Mosteiro de Santa María Madalena ( Praza de San Roque ) e o antigo Hospital de San Lázaro ( de gafos ). Leva este nome en lembranza do antigo Convento de Santo Agostiño ( A Madalena ) e actual Convento da Mercé. Só é apta para o paso de automobeis na parte baixa, onde están varias casas unifamiliares,
RÚA CAMIÑO FRANCÉS.- Formou parte do Camiño de Fora ( Norte ), no Camiño de Santiago que comunicaba o Arrabaldo coa Ponte da Áspera. O Concello acordou darlle este nome cando se iniciou a moderna recuperación da ruta das peregrinacións xacobeas. Vai dende a Rúa do Porvir e a Ponte da Áspera ( antigo Barrio da Veiga de Abaixo )
RÚA XELA ARIAS.- Vai dende o Cruz e Capela de San Lázaro até a Rúa Matías López , nas Pontes Novas do Mazadoiro. Levou as denominacións de Estrada do Mazadoiro a Lamarrigueira , Raiña Vitoria e San Lázaro. En 1958 recibiu, por imposición das autoridades lucenses, o nome de Rúa José Antonio Primo de Rivera. No ano o Concello acordou darlle o nome de RÚA XELA ARIAS na honra da escritora Xela Arias á que lle foi adicado o Día das Letras Galegas. Tamén leva este nome o Colexio de Educación Infantil existente no complexo da Casa da Cultura .
RÚA DA CORTIÑA DE SAN LÁZARO .- É unha ruela que vai dende a Rúa Xela Arias ao Malecón de San Lázaro ( Río Celeiro ). Recorda a denominación de terreos vencellados ao desaparecido Hospital de San Lázaro.
MALECÓN DE SAN LÁZARO.- Rúa que vai en paraleo ao Río Celeiro entre a Ponte de San Lázao e a Ponte da Estación. O nome recorda o espazos antigamente pertencente á parroquia de Maside, on de estiveron as cortiñas de San Lázaro.
RÚA PADRE SEVERINO VEGA CID.-Vai dende a Rúa Xela Arias ao Malecón de San Lázaro. Foi aerta para darlle acceso ao Barrio das Casas Baratas, inauguradas no ano 1958, de promoción pública . Déronlle este nome na honra do frade mercedario Severino Vega Cid que foi comendador do Convento da Mercé de Sárria en varios periodos e activo e caridoso ecónomo das parroquias de San Salvador de Sárria, Santiago de Farbán e San Martiño de Requeixo.
RÚA DA ESTRELA.- Leva este nome o vial que vai dende a Rúa Xela Arias á Ponte Vella do Mazadoiro., no antigo camiño que dende a Ponte Vella de Vilar de Sárria ía ao Mazadoiro que aquí era comezo do Camiño de Lugo, seus dous ramais :a ).- Pola Venda da Cobeluda e Goián á Ponte de Neira. b ).- Por Treilán, Santa María de Vilar e A Pobra de San Xiao,. Garda a memoria dunha "caseta de venda de churros " con ese establecida no seu punto de orixe ( Cruz da Estación ) , nome que foi recollido no Plano de Poboación do ano 1950, que non pasou a ser apñlicado debido ao desinterese e falla de compromiso das sucesivas corporacións municipais.Forma parte desta rúa a PONTE VELLA DO MAZADOIRO. Foi edificio singular nesta rúa a CASA FURELA, onde houbo unha fábrica de gasosas e estivo establecido nos primeiros anos da súa actividade o Colexio da Asunción. Houbo ademáis dous aserradoiros ( Xermán Vázquez e Santa Cristiña )
RÚA DAS CORTIÑAS.- Vai dende a Rúa Xela Arias ao Río Celeiro. Foi de promoción privada dos Herdeiros de Xermán Vázquez. O seu nome recorda as Cortiñas do Mazadoiro, que levaban as terras desa zona que até 1890 formaron parte da parroquia de Maside.
RÚA NOVA.- Está formada por dous treitos, un que vai dende a Rúa Xela Arias á Rúa Pedro Saco e outro dende a Rúa Pedro Saco á Rúa Matías López, nos paraxes das Castiñeiras, Alvarediña e Pedregais. O primeiro treito foi promovido pola Familia Regueiro ( Bazar América ) e o segundo por Manuel López Vizcaíno e o construtor Xesús López, cunha certa laxitude das autoridades municipais que consentiron actuacións pouco axeitadas á realidade social e mínimas esixenzas urbanísticas, moi distantes os resultados levados adiante do que no Plan de Poboación, absurdamente rexeitado polas sucesivas corporacións municipais. O nome de RÚA NOVA débese á suxerencia, sen acordo municipal previo,, feita por Manuel López-Vizcaíno que se fixo extensible ao primeiro treito. Nesta rúa estableceuse o edificio da central de teléfonos.
RÚA FORMIGUEIROS.- A antiga CORGA DE FORMIGUEIROS no treito que vai dende a Rúa Xela Arias , cruz coa Rúa Matías López e a Rúa El Greco , segue o trazado do antigo camiño que dende a Ponte Vella polas parroquias de Vilar de Sárria , San Martiño de Requeixo, Santa Mariña de Sárria e San Pedro de Maside remataba na Ponte Vella do Mazadoiro. Ao se urbanizar deu lugar a unha ruela estreita até a Rúa Matías López , e a outra rúa de trazado irregular diante da imposibilidade de rectificación por haber edificacións de aliñacións irregulaes. Pasou entón a ser chamada RÚA DE FORMIGUEIROS, formalizada polo Concello, malia a insólita petición dun número de propietarios de soares nese espazo que propoñian que lle desen o nome do ocasional axente inmobliario que participara nas vendas " polo moito que fixo en beneficio da vila".
RÚA PEDRO SACO.- A CORGA DE VALES foi a estrema histórica entre as parroquias de Santa Mariña de Sárria e San Pedro de Maside, até o ano 1890, ano que a estrema foi levada até o Río Celeiro, e as terras das Castiñeiras e San Lázaro que se integraron na parroquia de San Salvador de Sárria, Esta rúa vai dende a Rúa Marqués de Ugena- Rúa do ÑPorvir á Rúa de Formigueiros, e mantivo a estrutura de carreira ou corga até a década dos anos 1950, sendo alargada e urbanizada anos despois. Leva o nome de RÚA PEDRO SACO, na honra do médico Pedro Saco Pradela que no tempo da grande epidemia de gripe tivo unha actitude heroica na atención aos doentes .
RÚA AFONSO GÓMEZ.- Na antiga denominación das Castiñeiras na parroquia de San Pedro de Maside, e integrada en 1890 na parroquia de San Salvador de Sárria. É unha viela resto do CORGUEXO DAS CASTIÑEIRAS que dende a Corga der Vales ía até o Río Celeiro . Dende os anos 1930 foi coñecido ese vial como Corga do Rosquilleiro por pasar tras do Forno dos Prieto, onde había o costume de darlles "rosquiñas" aos nenos cando ían na percura de pan para as casas. Deuselle o nome de AFONSO GÓMEZ na honra do xograr Afonso Gómez de Sárria.
RÚA MIGUEL DE CERVANTES SAAVEDRA.- Seguindo as instrucións do filántropo Matías López e López referidas á dotación das Escolas Publicas de Sárria polo lateral dereito do soar e na súa parte traseira fixouse un camiño de tres metros de largura , que acabou covertido en ruela entre a Rúa Pedro Saco e a Rúa Velázquez. Déuselle o nomre de Rúa Miguel de Cervantes Saavadra en memoria do insigne escitor de orixe galega, tendo en conta que na súa entrada, cando se deu nome ao vial, estaba o edificio da Biblioteca Pública Municipal, agora ubicación da Escola Municipal de Música. Tamén se acha nesta rúa a Escola Infantil " Xela Arias ".
VIELA DO BARREDO.- Está en terreos que foron propiedade da Casa Grande de Sárria ( Casa dos Saavedra ). Ten orixe na Rúa Frei Luis de Granada e vai até a Rúa Marqués de Ugena . Foi urbanizada polo Concello de Sárria previa cesión volutaria de terreos feita polos propetarios estremeiros. Déuselle o nome de Viela do Barredo para vincular o espazo á denominación tradicional da finca orixinaria. Pouco despois, sen mediar expediente en forma., o Concello fixou lápida coa denominación Rúa Andrés Piquero, ha honra do música abulense André Piquero recoñecido direitor da Banda de Musica de Sárria na década dos anos 1950 que adicou varias composicións á vila e pobo de Sárria. O Concello urbanizou este espazo cunha escaleira e unha fonte artística que se mantén inservible. Neste vial está o abandoado edificio do Cinema Cissa e o Clube de Pensiomitas Bereogans e a sede social da Asociación Cultural Peleriños.
RÚA VELÁZQUEZ..- É unha rúa que vai dende a Rúa Marqués de Ugena até a Rúa Nova. Tivo a súa orixe no camiño de servizo establecido pola dereita das Escolas Publicas , cun largor de tres metros , e por cesións voluntarias dos particulares que fixeron segregación en soares do que foran leiros de cultivo. Leva o nome do pintor Velázquez, seguindo as propostas contidas no Plano de Poboación de 1955, que apostou por nomes de persoeiros en sintonía cos presupostos politicos daquel tempo.
RÚA FRANCISCO VÁZQUEZ SACO.- Pa ra a súa apertura seguiuse o eixo determinado por camiño de servizo que dende a hoxe Rúa Marqués de Ugena ía até a Corga da Albareda que cun carreiro vizoso acababa saíndo ao Cruce dos Catro Camiños , até que novas edificacións o fixeron desaparecer, A rúa foi promovida pola Caixa de Aforros Monte de Piedade da Coruña e Lugo para serivir de acceso á Urbanización O Pedregal, promoción de vivendas sociais, ubicada nos terreos que foran casa e granxa da Familia Franco. Leva o nome de RÚA FRANCISCO VÁZQUEZ SACO , coengo, reitor do Seminario Diocesán de Lugo, xornalista, escritor, académico da Real Academia Galega e correspondente da da Historia e Fillo Predileto de Sárria.
PRAZA DA VILA.- É un amplño espazo púiblico delimitado pola traseira de casas da Rúa Marqué de Ugena, Rúa Marquesa Casa López, Rúa Nova e Urbanización O Pedregal No nomeamento da Alvareda Matías López alzou a súa quinta VILLA ANDREA dotada cun maplo parque , no que ademais do chalé había a Casa do Hortelán , Cabalariza, Cortellos, Leñeira, soto e adegas. O seu neto Matías Oñate López alzou con fronte á Rúa Marquesa Casa López unha capela baixo a advocación da Nosa Señora do Perpetuo Socorro. Os seus herdeiros venderon a finca que fora segregada en diferentes soares. Co alongamento da Rúa Nova a finca foi dividida en dous sectores. Na marxe dereita alzáronse varias edificacións. O sector da esterda, incluidas Villa Andrea e a Capela , ao que se enadiron outros espazos adquiridos da familia Moreno , Quiroga e outros particulares, foi expropado polo Concello de Sárria, que acondicionou a total superficie, con inclusión da vella Corga da Alvareda dándolle o nome de PRAZA DA VILA, conservando o ceador e alguns elementos do antigo espazo axadiñado, O "abeto pinsapo" de grande tamaño, e auténtico monumento arbóreo foi eliminado irracionalmente polos propietario de " Villa Andrea" que a compraran á familia Oñate, na espernza de que eliminando a árbore o Concello desistiría do seu intento de expropiar a propiedade. Na ptaza ubicouse un auditorio ao aire libre que acolle numerosos eventos de interese xaral.
RÚA ARIAS DE ARBIETO.-Na antiga denominación das Castilñeiras, parroquia de San Pedro de Maside, dense 1890 integrada na parroquia de San Salvador de Sárria., Comeza na Rúa Nova e segue en direción á Rúa Xela Arias seguindo o trazado do antigo corguexo das Castiñriras. Está formada por un primeiro treito de largura normal que remata cun estreito carreiro de pés entre edificacións. O Concello , tomando en conta a suxerencia no seu día feita polo historiador Francisco Vázquez Saco deulle o nome de RÚA ARIAS ARBIETO en memoria dos irmáns sarriaos " Arias de Arbieto" ( Século XVI ): Posteriormente sen expediente formal o Concello deulle o nome de " Travesa da Rúa Nova", dando de lado o acordo no seu día formaloizado, no senso de coservar só as denominaciósn de "Travesa" nas acordadas no século XIX ( Travesa do Fornos, Travesa da Igrexa e Travesa da Pedreira ) para evitar confusións coas denominacións das rúas principais.
RÚA CASTIÑEIRAS .- Na antiga denominación de As Castiñeiras, na parroquia de San Pedro de Maside, que en 1890 pasou a formar parte da parroquia de San Salvador de Sárria. Foi froito da parcelación promovida particularmente pola familia Regueiro ( Bazar América ) . Unha boa parte da súa superficie formou parte do patrimonio da Casa Grande de Sárria ( Casa Saavedra ). .É unha rúa con orixe na Rúa Nova que segue cara o sur en direción á Rúa do Porvir, coa que comunica por medio dunha pasaxe que foi o antigo camiño de servidume de entrada a este paraxe, dende ali xira á dereita seguindo en paralelo á Rúa do Porvir, e xira de novo á dereita para rematar na Rúa Nova. Esta rúa foi obxecto dun pleito promovido por Xosé Sánchez Arias ( Pepe Vento ) que perseguía un pronunciamento favorable ao alongamento do treito paralelo á Rúa do Porvir para levalo até a Rúa Xela Arias. Houbo sentenza favorable á súa tese, dada polo Tribunal Supremo, que suporía a afectación de edificacións consolidadas, e finalmente transixiuse coa apertura dun acceso ás naves que formaran parte da fábrica de galletas " La Dulce Alianza". O Concello de Sárria, como herdeiro de Xosé Sánchez Arias , Fillo Predileto de Sárria , conta así con acceso dende a Rúa Castiñeiras para ese espazo e para a Casa Pequena da mesma procedenza,
RÚA POMBAL VELLO.- Ë unha rúa encosta con orixe na Rúa dos Fornos de Atrás que remata na Rotonda do Pombal Vello, que foi de promoción partcular onde teñen asento chalés exentos e adosados, Referenza histórica: Nun documento do século XIII aparecen a " Rúa do Pombal" e a " Rúa de Quiroga ". O Marco do Pombal sinala estremas das parroquia da vila en 1753.
RÚA DE CASTELEDO.- Está formado por dous treitos, un sen urbanizar , "Corga de Casteledo" entre a Rúa da Pedreira e a Rotonda do Pombal Vello, e outro, urbanizado en parte, que vai dende a Rotonda do Pombal Vello cara os Soutos de Casteledo.Referenza histórica : O nome fai alusión a seren terreos relacionados co "castelo"En 1753 o Marco de Casteledo sinala a estrema da parroquia de Farbán, e o lugar desta parroquia, Pacios, en algúns documentos aparece nomeado como " Pacios de Casteledo".
ROTONDA DO POMBAL VELLO.- Na confluenza da Rúa Pondal , Rúa Casteledo e Rúa Pombal Vello. O promotor da urbanización do Pombal Vello chantou unha pedra fita na que figura a lenda Rúa do Pombal e na que hai imaxes de pombas do artesán Fandiño, que traballou moitos anos en Manosa.
RÚA PONDAL.- Vai dende a Rúa Benigno Quiroga á Rotonda do Pombal Vello. Está no antigo nomeamento dos Louratos . Esta rúa está adicada ao escritor galego EDUARDO PONDAL
RÚA DO CHAO DA VIÑA.- Ë unha ruela que vai dende a Rúa Pondal al lugar de Pacios, por baixo das Lamelas de Pacios, e só está urbanizada no seu primeiro treito , onde se achan vivendas unifamiliases, está dentro da parroquia de Farbán. O seu nome fai alusión a antiga denominación do Chao da Viña, que nos amosa a existenza dun terreo adicado á produción de viño , nesa chaira.
RÚA DO CORGUIÑO.- Foi un carreiro que dende a Rúa Benigno Quiroga seguía até a Rúa de Pacios. Previos retranqueos foi alargado en especial fronte á factoría de Manosa. Está na parroquia de farbán,
RÚA DE PACIOS.- Vai dende a Rúa Benigno Quiroga , no lugar de Pacios, até co Campo de Deportes de A Ribela. O lugar de Pacios, na parroquia de Farbán , foi tamén coñecido como Pacios de Casteledo. Dende o aparcadoiro de A Ribela , por Veigadelo, o Camiño deste nome segue cada a Acea de Baixo.
PASEO DA RIBEIRA DOS CUCOS.- Vai dende a Fonte Ribera ,pasando pola Praia do Chanto até a Ponte Castelao, en paralelo ao Río Sárria. Deulle tamén nome á Casa dos Cucos da Ponte Ribeira.
PARQUE DO CHANTO.- Formado inicialmente para Praia Fluvial promovido polo alcalde Xabier López -Acevedo López aprovetando terreos de acarón da Presa do Muiño da Ponte Ribeira que forn adquridos por suscrición popular , alzando edificio para ambigú , servizos, vestiarios e duchas. Un sinxelo monumento adicado á memoria do alcalde fundador.
INSUA DO MUIÑO DA PONTE RIBEIRA..- Espazo delimitado polo río Sárria, a Presa do Muiño e o Rairo.
RÚA CELSO EMILIO FERREIRO.- Vai dende a Rúa do Peregrino á Rúa Benigno Quiroga. Leva o nome do poeta celanovés .
RÚA CURROS ENRÍQUEZ.- Vai dende a Rúa Benigno Quiroga ao Parque do Chanto. Leva o nome do poeta galego do Rexurdimento Manuel Curros Enríquez.
RÚA DAS MEIGAS .- Vai dende a Rúa Curros Enríquez á Rúa Castelao. Leva ese nome por estar perto da sé social do Centro Cultural Meigas e Trasgos.
PRAZA DE GALICIA.- Vai dende a Rúa Xosé Sánchez Arias á Rúa Castelao., na beira do Camiño de Santiago. Unha fonte artística en granito ten o escudo de Galicia e a lenda Praza de Galicia.
RÚA CASTELAO.- Vai dende a Rúa Benigno Quiroga á Rúa da Liberdade. Leva este nome na honra do escritor , debuxante e politico Alfonso Daniel Rodríguez Castelao, autor da obra " Sempre en Galiza". Nesta rúa están a Ponte Castelao, o Cuartel da Garda Civil, o IES Gregorio Fernández e o Pavillón dos Institutos.
RÚA DE RIBELA.- A antiga Corga de Ribela, na aldea deste nome, da parroquia de Farbán , mais integrada pobocionalmente na vila de Sárria, xa como Rúa de Ribela agravesa o lugar e segue en paralelo ao Río Sárria, constituindo un dos puntos de entrada da Ruta da Foz das Aceas.
RÚA ANXEL FOLE.- Vai dende a Rúa do Peregrino á Praza de Galicia. . Leva o nome do escritor lucense Anxel Fole, que na súa produción literaria sempre tivo cariñosas atencións para Sárria. Nesta rúa están a Piscina Municipal cuberta e o IES Xograr Afonso Gómez de Sárria.
CAMIÑO DE VILASANTE..- Vai dende a Rúa Castelao ao lugar de Vilasante , na parroquia de San Martiño do Fontao, que xunto coas novas casas do paraxe A Galiña e Fonsante, son na actualidade enclaves de natureza urbana , desprovistos de carácter rural.
RÚA CAMPO DO ROLO.- Vai dende a Praza de Galicia á Rúa Castelao. Conserva o nome do paraxe inmediato ao Campo do Rolo, que foi monte común de Santa Mariña de Sárria ( ocupado polo CEIP Frei Luis de Granada ), que garda relación co emprazamento do Rolo, símbolo do poder señorial, onde eran executadas as sentenzas condenatorias.
RÚA MESTRE SAAVEDRA.- Vai dende a Rúa da Liberdade á Praza de Galicia . Leva este nome na honra do mestre de esnsino primario Domingos Saavedra Sánchez, que tivo grande protagonismo no proceso formativo da infancia e da mocidade sarriá por máis de cinco décadas.
RÚA XOSÉ SÁNCHEZ ARIAS.- Vai dende a Rúa da Liberdade á Praza de Galicia , correspondendo ao treito do Camiño de Santiago entre Vigo de Vilar de Sárria e a Ponte Ribeira. Leva ese nome na honra do fillo predileto de Sárria Xosé Sánchez Arias ( Pepe de Vento )
RÚA ELÍAS VALIÑA SAMPEDRO.- Vai dende a Rúa da Liberdade a Rúa Campo de Vigo., no lugar de Vigo de Vilar de Sárria. Leva ese nome na honra do crego nado en Mondín-Santa María de Lier a que se debe o rexurdir do Camiño de Santiago como ruta de peregrinacións masivas, sendo autor de publicacións históricas, xurídicas e divulgativas do fenómeno xacobeo.
RÚA CAMPO DE VIGO .- No lugar de Vigo, da parroquia de San Salvador de Vilar de Sárria, xurdido nas beiras do Rego de Vigo, agora soterrado, espazo históricamente coñecido como Campo de Vigo, atraveado pola estrada que procedente de Samos coincide en boa parte, dende o lugar da Furela, co Camiño de Santiago. Establecementos hostaleiros , albergues e unha oficina de información aos peregrinos reforzan a condición de punto de entarada do Camiño na vila de Sárria.
RÚA CAMPO DO TOLEIRO.- Vai dende a Rúa da Liberdade ao Camiño de Pintín. Recolle a denominación tradicional dese espazo pertencente á parroquia de Vilar de Sárria
CAMIÑO DE PINTÍN.- Vai dende a Rúa Becerreá ( Cruce do Toleiro ) a Vigo de Vilar de Sárria. . Orixinariamte foi un carreiro ou atallo que nun treito ía en paralelo co Rego de Vigo. Este cauce foi soterrado. Nas normas de planeamento municipal está prevista unha ruela seguindo o vello gtrazado. Somente está urbanizado o treito que va do Cruce do Toleiro á Rúa Campo do Toleiro, Hoxe dentro da vila de Sárria, pertenceu á parroquia de Vilar de Sárria.
RÚA BECERREÁ,- Vai dende a Rúa da Liberdade ao lugar da Airexe de Vilar de Sárria., onde está a igrexa parroquial, románica. Coñecida dende a década de 1920 como parte da Estrada de Sárria a Ouviaño , ao ser urbanizada e acoller grandes edificacións en réxime de propiedade horizontal pasou a ter a condición de espazo propio da vila de Sárria, recibindo o nome de Rúa Becerreá. En toda a súa lo xitude ocupa terreos da histórica parroquia de San Salvador de Vilar de Sárria.
RÚA RÍOSOL.- Vai dende a Rúa Becerreá e o Río Sárria., ado desabaixo da Ribeira das Ameneirizas e perto do desaparecido lugar de Porto da Veiga, onde houbo un muiño. É unha urbanización resolta con dúas estreitas rúas paralelas que rematan na Rúa das Ameneurizas. Están na parrroquia de San Salvador de Vilar de Sárria . O nome débese ao promotor Xosé López Valcàrcel ( " Furela" ) .
RÚA DO PEREGRINO.- Vai dende a Praza de Galicia á Rúa Benigno Quiroga., formando parte do Camiño de Santiago. É unha rúa dividida en dous treitos pola Ponte Ribeira. Entre a actual Rúa Beningo Quiroga e a Ponte Ribeira levou o nome de Corga da Fonte Ribeira, delinitada por altos muros da Casa do Barrio ( Casa de Nullán ) e da Casa de Florido. Ese camiño abrírono despois de suprimir dúas carreiras que tiñan orixe na Ponte Ribeira e que ían un cara a Costa da- Fonte e O Arrabaldo e a outra xiraba cara a parte baixa da Pedreira. Cando en 1853 se abre a Estrada de Valdeorras foron eliminados abríndose o novo. Dende a Ponte Ribeira até o Campo do Rolo o treito de camiño recibía os nomes de Camiño de Castela ou Camiño de Triacastela. Para darlle acceso á Zona Escolar foi urbanizado o treito de saída da Ponte Ribeira, que nos anos 1980 foi alargada cunha estrutura de formigón. Posteiormente a Ponte e o treito dede a Rúa Benigno Quiroga, co patrocinio da Xunta de Galica, e xa co nome de Rúa do Peregrino sufriu unha profunda transformación, con eliminación da Casa-Carnicería ou Matadoiro Munkicipal que fora alzada a carón da Ponte e da Fonte na década de 1860. Na urbanización deste treito xogou importante papel a artista de orixe sarriá María Carretera á que se debe a instalación da esculura Homenaxe ao Peregrin, dun monolito e de varias pedras de granito negor de Zimbawe, sendo dotado o vial de calzada adoquinada e a ponte de artística verxa metálica, Nesta rúa hai instalacións hostaleiras e albergues de peregrinos.
PASEO DO MALECÓN DO. RÍO SÁRRIA.- Vai dende a Rúa da Liberdade ( Ponte de Ferro ) á Rúa do Peregrino ( Ponte Ribeira ). A primeira actuación para urbanizar esta zona, na marxe dereita do Río Sárria debeuse á iniciativa particular de Basilio Gayo ( natural de Triacastela ) e Fernando....... ( do Valadouro ) que compraron unha cortiña propiedade que fora da Familia Batallón e alzaron un muro de formigón entre a Corga do Río ( agora Rúa do Toleiro ) e a Presa do Muiño do Toleiro, abrindo unha rúa en paralelo ao río e fixeron parcelación en soares. O bon suceso desta actuación moveu a atención do alcaldde e deputado provincial Euxenio Quiroga Vázquez , que xestionou fondos provinciais para seguir apertura entre a Ponte do Muiño do Toleiro e a Ponte de Ferro ( Ponte do Toleiro) e para executar esa obra eliminouse o paso que había baixo da Ponte de Ferro que permitía o acceso ao Campo do Río.A terceira fase consistiu na actuación entre a Presa do Muiño do Toleiro e a Ponte Ribeira, ocupando terreos da Lamela da Casa da Costa e terreos da Casa de Pardo e da Casa de Florido. Quedou finalmente expedito o vila entre a Ponte Ribeira e a Ponte de Ferro, , co acceso rodado. Actuacións posteriores melloraron as dotacións , elininando un treito obstaculizador do muro que o río derrubara, e déronlle voo á calzada por riba do cauce..Máis adiante a rúa foi obsecto de proibición de paso de automobeis e no entroncamento coa Rúa do Peregrino a nova rasanten uso foi impedimeto definitivova p ara o uso de autos, Tamén se colocou un reixado de inspitración xacobea, obra do escultor sarriao Xosé Díaz Fuentes e t houbo unha remodelación espacila promovida pola Confederación Hidrogáfica Miño-Sil que trouxo a colocación dun paramento acristalado en paralelo ao reixado, A rúa , coñecida como Malecón do Río Sárria, leva ese nome para unir a vila ao hidrónimo que en 1184 dera lugar ao nace e t da Vilanova de Sárria, fundación do rei Afonso VIII e Galicia e León. A implantación de terrazas e de establece ntos hostaleiros e a adicación de espazos a eventos musicais e culturais fai que o Malecón do Río Sárria sexa un dos lugares preferidos polos sarriaos para pasaren os seus intres de lecer.. O Pontón do Rairo e a Ponte foron obxecto de acondicionamento polo Concello de Sárria e desapareceron cando a Confederación Hidrográfica do Miño-Sil que fixo un novo pontón en formigón, fortemente rexeitado pola cidadanía , que é popularmente coñecida como "A Maseira"
RÚA DO TOLEIRO.- Vai dende a Rúa Diego Pazos ao Cruce do Toleiro.Esta rúa formouse pola antiga Corga do Río, que dende a Carreira de Santa Mariña ( agora Rúa Diego Pazos ) na parroquia de Santa Mariña seguía, pasada a Ponte do Muiño e o rairo como camiño de acceso ao Muiño do Toleiro ( xa na parroquia de San Salvador de Vilar de Sárria. A ponte riba do río Sárria e o pontón de riba do rairo do muiño eran de propiedade particular. O lugar do Toleiro chegou a ter o muiño e tres casas ( desaparecidas ). Antes do proceso urbanizador deste espazo a Corga do Río , ao alcanzar a ribeira xiraba, en paraleo ao cauce fluvial e chegaba ao Areal ( hoxe Campo do Río ) pasando polo primeiro arco da Ponte de Ferro. Este treito pasou a formar parte do Paseo do Malecón do Río Sárria- O Muiño do Toleiro é o punto máis destacado neste vial e nel estivo a fábrica da luz instalada en 1915 pola Elécrrica do Toleiro.
CAMPO DO RÍO.- O nomeamento de CAMPO DO AREAL formado por insuas que se formaban entre dous ramais do río Sárria. Varios particulares fixeron un muro de contención e eliminado o ramal men do río encheron con reblo o espazo resultante, que finalmente foi expropiado polo Concello de Sárria, que o destinou a aparcadoiro público, o primeiro deste tipo establecido na vila.
CALELLÓN DA CIGUÑEIRA.- É un acceso de pé , de propiedade particular que vai demde a Rúa Diego Pazos ao Campo do Río.
RÚA DAS ANDURIÑAS.- Vai dende a Rúa Marquesa Casa López á Praza da Alvareda. É unha viela que se refire ás aves migrantes que en cada primavera aniñan nestas terras.
PRAZA DA ALVAREDA.- Espazo procedente da Horta da Casa Labarta ( ou de Solita Batallón ) que ao ser obxecto de construción dun edificio ( Edificio Marquesado de Sárria )alzado nos soares da Casa Labarta, Casa Álvarez e c Casa Vizcaíno , que foron derrubados, e que Promociones Parga cedeu ao Concello para ser destiando a aparccadoiro público .Ten entrada de peóns dende a Rúa Matías López , e para autos dende a Rúa Diego Pazos e a Rúas das Andurilasñ, estando previsto outro acceso dende a Calella de Barreiros, A súa denominación responde .ao nome do paraxe dentro da antiga parroquia de Santa Mariña de Sárria.
INSUA DO TOLEIRO.- Espazo delimitado pola presa, muiño e rairo do Toleiro, Río Sárria e Rúa da Liberdade , que estivo destinado a hortas e pivideiros , e que, xunto co muiño foi expropiado pola Confederación Hidrográfica Miño-Sil coa ocasión das obras de encamamento do Río Sárria. Conserva a súa traza de bosque de ribeira e conserva o rairo de descarga o banzado aberto e o que en tempo estivo destinado a arca ou caneiro para pillar peixes.
INSUA DO RAIRO.- Cando darredor de 1896 se abriu a Esrada de Sárria a Samos a Ponte de Ferro atravesou a Insua do Toleiro, quedando á súa esquerda un terreo triangular delimitado polo Río Sárria e o Rairo do Toleiro, que destinado a horta era propiedade da Familia Varela ( "Barbeira" ), que acabou sendo adquirido polo Concello que o dotou dun pontón de madeira dende a Rúa das Ameneirizas.
RÚA DAS AMENEIRIZAS.- O treito de ribeira do Río Sárria entre a Ponte Ribeira e a Ponte Vella, na marxe dereita que ía por terreos de Santa Mariña de Sárria e San Salvador de Vilar de Sárria foi coñecido como " Ribeira das Ameneirizas " para distinguila da " Ribeira dos Cucos ", na marxe esquerda e augas arrina da Ponte Ribeira. En paralelo ao Rairo do Muiño e ao Río Sárria cando beira da Corga das Ameneirizas se alzaron casas convertiuse nunha ruela estreita que vai dende a Rúa da Liberdade á Rúa Riosol. Dende este último punto acondicionaro, con cesión voluntaria dos dieferentes donos un camiño de terra con cota superior ao cauce fluvial, que remata na Ponte Vella.
RÚA DO CANEIRO.- Antes da Ponte Vella, indo cara Vilar de Sárria, existiu a Presa do Caneiro da que saía unha caldeira para augas de rega dos Prados de Pradeda. Na cabeceira desa rega había unha caseta ( Caneiro de Saco ) onde houbo unha arca para pillar peixes, e na que pretendeu instalar unha dinamo para a produción de electricidade para a Fábrica de Chocollates de Víctor Castro ( Rúa Maior ). Cando a Xunta de Galicia fixo unha ponte nova a carón da Ponte Vella levou o nome de PONTE DO CANEIRO , e para reforzar a identificación toponímica do paraxe tamén lle deron o nome de RÚA DO CANEIRO ao vial de promoción particular previsto dende o treito final da Rúa Pedro Saco en direción ao Camiño Verde- Campo do Río.
GRAN VÍA ALFONSO IX..-Rúa formada por tres treitos que van dende a Rúa da Liberdade á Rúa Fernando de Castro. No nomeamento da Fanega, entre a Rúa da Liberdade e a Corga de Formigueiros e por iniciativa particular abriuse una rúa con parcelación en soares, á que por un certo mimetismo "madriñelista" , por ter orixe no Cruce de Catro Camiños lle deron o nome de Gran Vía. Com posterioridade o Concello acordou darlle o nome de "Gran Vía Alfonso IX", na honra do rei Afonso VIII de Galicia e León fundador da Vilanova de Sárria , que nela morreu o 24 de setembro de 1230. Nunha fase posterior a rúa foi alongada por terreos de Lama da Gándara e As Insuas, até chegar á Rúa Fernando de Castro.
RÚA RAMÓN CABANILLAS.- Vai dende a Estación do Ferrocarril á Ponte de San Lázaro por terreos que foron da parroquia de Maside. Orixinariamente foi unha carreira aberta nos anos 1880 dende a Estrada de Portomarín á Estación do camiño de ferro, para comunicar a Vila ( limitada daquela á Rúa Principal-agora Rúa Maior, e barretes axexos. Andados anos, na década de 1940 serviu de acceso, en boa medida precario , para a Feculeira Española, factoría trasformadora da pataca producida na comarca, que ao cesar esta actividade pasou a albergar unha granxa avícola, unha fábrica de mobles, unha tapizaría e almacéns. Leva o nome do poeta Ramón Cabanillas que, como sobriño du notario sarriao, e tamén como morador temporeiro , tivo relación coa comarca, resalta polo súa obra " Samanos"-
RÚA DA LIBERDADE .- Trátase da terceira vez que unha rúa da vila de Sárria recibe este nome, que foi recibido polo vial promovido polo Estado , que con orixe na Estación do Ferrocarril alcanza o lugar do Polvoreiro, na parroquia de San Martiño do Fonteo. Orixinariamente foi aberto como estrada para unir Sárria cpon Samos, ( darredor de 1895 ) que máis adiante foi alongada ate Triacastela e que na década dos anos 1950 permitiu o acceso rodado até Pedrafita do Cebreiro. Na actualidade entre a Estación e o Cruce da Ciguñeira forma parte da estrada de Sárria a Becerreá e o treito entre O Polvoreiro e o mesmo Cruce da Ciguñeira correspóndelle á estrada de Pedrafita do Cebreiro ao Alto do Hospital ( Portomarín ).No treito urbano a estrada at ravesa o río Celeiro , pola Ponte da Estación; o río Sárria , pola Ponte de Ferro, e o Rairo do Muiño do Toleiro. As primeiras pontes, construídas con trabes de ferro, foron alargadas e dotadas de traves e plataformas de formigón. Coñecida como Estrada de Samos, e tamén como Estrada da Estación, no tempo da Ditadura de Primo de Rivera déronlle o nome de Avenida Alfonso XIII, e en 1931 recibiu o nome de Rúa da Liberdade , por pouco tempo, xa que , sendo a rúa máis longa o Concello pasou a chamarlle Avenida da República. En 1937, atendendo ordes xerárquicas da Falanxe provincial pasou a levar o nome de " José Calvo Sotelo ", simplificado a nivel popilar como Rúa Calvo Sotelo, enre a Estación e a Ponte de Ferro, que ao sufrir un intenso procedo de edificación o treito do vial dende o río Sárria a O Polvoreiro , ese sector acabou integrado no casco da vila. Moitos anos despois da recuperación da democracia o Concello acordou darlle o nome de " Rúa da Liberdade" , nome que corresomde ao treito de máis de dous quilómetros . Esta rúa constitúe o eixo fundamental da moderna vila de Sárria sendo a vía na que está unha boa parte das actividades económicas comerciais e o Centro de Saúde.
RÚA DE LUGO.- É unha ruela particular, promovida pola Familoia Regueiro ( " Bazar Amñerica" ), que ten orixe na Rúa da Liberdade até o estreito Carreiro de pés que dende a Rúa Arias de Arbeto vai á Rúa Xela Arias. A propiedade de calzada e rúas correspóndelle aos tituñares das casas alzadas en cotapartes.
RÚA PORTOMARÍN.- É unha rúa que con orixe na Rúa da Liberdade , atravesando s Rúa Formigueiros, remata na Rúa Matías López. Para abrila houbo que derrubar uns almacéns propios da Casa Zaera, e abrir nova calzada por riba dunha finca da Casa Sarry de Treilán ( Campo da Semi ) dividido en soares. Ese terreo, durante algúns anos albergou un chamado Campo de Recreo no que estivo antes da guerra civil estivo instalado o primeiro campo de tenis da vila. Nos anos 1960, malia a non ter unhas dimensións non regulamentarias , estivo o precario Campo de Fútbol da SD Sarriana , que permitiu darlle forza aos afeizoados sarriaos para loitar contra a nugalla municipal, até que se promoveu o segundo campo de fútbol municipal nas Insuas. Nesta rúa estivo a Sala de Festas Xuntanza e o Salón hostaleiro do mesmo nome no que actuaron numerosas figuras da música moderna española, e despois de ser derrubada para unha promociòn de vivendas ,o novo edificio, logo de longo pleito, por non se suxeitaer á normativa urbanística foi derrubado.
RÚA VÁZQUEZ QUEIPO.- Con orixe na Rúa da Liberdade , esta rúa remata na Rúa Formigeiuros. Aberta na década de 1940 pola iniciativa particular das familias Saco e Taboada Zuñiga que deron lugar ao nacemento do chamado Barrio Novo, foi rúa que sinalaba as estremas entre as parroquias de San Salvador ( marxe esquerda ) e Santa Mariña ( marxe dereita ) ate a creación da parroqyiua da Nosa Señora do Rosario. Durante algún tempo, e debido a que non tiña servizos e era un auténtico lameiro foi coñecida como " Rúa do Olvido", nome dado polo retranqueiro Antonio Suazo, viveirense funcionario de Previsión. O nome da rúa honra a figura de don Vicenzo Vázquez Queipo, ilustre matemático, nado no Pazo de Lusío ( Samos ) ., autor da "Tabla de Logaritmos", e o Concello aceptóu a suxerenza feita por don Francisco Vázquez Saco . Nesta rúa estivo a Casa Sindical e da Irmandade de Labregos e Gandeiros que agora alberga os servizos agrarios comarcais da Xunta de Galicia,
RÚA DA POULA.- Vai dende a Rúa da Liberdade á Rúa Rías Baixas . Foi promovida por propietarios de terreos que abriron o vial e parcelaron soares. Leva o nome do paraxe da Poula, que alude á condición de terreo ermo. Nesta casa foi alzada unha casa que por non estar suxeita ás normas urbanísticas foi derrubada de orde municipal.
CALELLA DE BARREIROS.- É unha ruela con orixe da Rúa da Libertade que nas Normas Ubsidiarias de Planemento Muncipal está prevista ser alongada até a Praza da Alvareda. Leva ese nome porque foi a via de entrada ao Forno de Barreiros, que levou tal denominación porque o titular da actividade era do lugar de Barreiros, na parroquia de San Salvador de Vilar de Sárria.
A PRACIÑA.- É un espazo que fai pasaxe entre a Rúa Ríaz Baixas e a Rúa Gregorio Fernández.
RÚA RÍAS BAIXAS.- É unha ruela con orixe na Rúa Diego Pazos , que remata en cu de saco, e ten acceso tamén dende a Rúa da Poula e A Praciña. O espazo , que foi parcelado en promoción particular , era coñecido popularmente como " Campo do Teatro", porque ali se instalaron en ocasións espectáculos ambulantes. Polo número de establecementos hostaleiros instalados en varios edificios foi popularemnte coñecida como " Rúa dos Viños". O nome de Rúa Rías Baixas déuselle porque houbo nela unha casa de comidas con ese nome , que acabou consagrando o do vial.
RÚA GREGORIO FERNÁNDEZ.- Foi unha das rúas promovidas nos anos da posguerra polas Familias Saco e Taboada Zuñiga , no proceso de urbanización particular do chamado Barrio Novo, co resultado de parcelación de soares de frenteira reducida. Ten orixe na Rúa Diego Pazos e remata na Rúa Vázquez Queipo con acceso dende A Rúa das Roseirras, A Praciña e a rúa Veiga. Leva ese nome na memoria de Gregorio Fernández o insigne escultor natural da vila de Sárria que en Valladolid e outros lugares deixou numerosas imaxes que lle deron grande sona . Tamén leva o seu nome o Instituto de Ensino Secundario Gregorio Fernández e un edificio na Rúa da Liberdade.
RÚA PASCUAL VEIGA.- Foi rúa que naceu da promoción de viais e parcelación en soares feitas polas Familias Saco e Taboada Zuñiga , que deu por resultado unha rede de estreitas ruelas moi distantes da idea que levara ao nacemento das rúas -estradas abertas no século XIX no ensanche da vila. Ten orixe na Rúa Vázquez Queipo e remata na Rúa Formigueiros, con acceso tamén dende a Rúa Músico Chané.
RÚA MUSICO CHANÉ.- É unha rúa con orixe na Rúa Diego Pazos e remata na rúa Pascual Veiga. Leva este nome na honra do músico Chané. Tamén ten acceso dende a Rúa das Roseiras. Nesta rúa estivo establecida unha fábrica de galletas.
RÚA DAS ROSEIRAS.- No Barrio Novo. É unha ruela que vai dende a Rúa Gregorio Fernández á Rúa Músico Chané.
RÚA GOYA..- Vai dende a Rúa Diego Pazos até a Corga da Lama, despois de atravesar a Rúa Formigueiros. Leva este nome na honra do pintor Francisco de Goya Lucientes.
RÚA EL GRECO.- A Corga da Veiguiña que ía polos nomeamentos de Pradeda e Portomarín até o Vao e o Pontón da Illa da Veiguiña foi urbanizada no seu primeiro treito e no segundo é camiño asfaltado para acceso á Estación Depuradora de Augas Residuais e por pontellas e vaos segue a San Martiño , pasano o río Celeiro, e á Veiguiña , pasando o río Sárria, Ten orixe na Rúa Formigiueiros e ten acceso dende a Rúa Fiz Vergara Vilariño. Leva esta denominación na memoria do pintor Domenico Theotecopulos " El Greco".
RÚA FIZ VERGARA VILARIÑO. - Vai dende a Rúa El Greco á Rúa Diego Pazos,. Leva ese nome na honra do poeta Fiz Vergara Vilariño, nado en Santalla de Lóuzara ( Samos ). Tamén leva o seu nome a Biblioteca do Institituto Gregorio Fernández ( Rúa Castelao ). Ten acceso dende a Praza da Ponte Vella.
PRAZA DA PONTE VELLA.- No interior desta praza hai esculturas do artista Xosé Díaz Fuentes e un monolito con versos do poeta Fiz Vergara Vilariño : " Sarria / bandeira de lece... / Ten accesos dende a Rúa Diego Pazos e Rúa Fiz Vergara Vilariño-
RÚA DA ASUNCIÓN.- Vai dende a Rúa Formigueiros ao Colexio da Asunción. con acceso dende a Rúa Goya e que terá futuro enntroncamento coa Rúa Lama da Gándara. Nesta rúa está a chamada Torre da Asunción ( edificio de vivendas ), o Colexio da Asunción, co seu Pavillón de Deportes e os edificios anexos do que foi Residencia da Comunidade Relixiosa da Orde da Asunción e o que foi Internado para alumnas do Colexio. Este Centro educativo funcionou un tempo como Colexio Libre Adoptado ( para estudos de bacharelato ) . Foi promocionado pola Orde ao formular o Concello de Sárria á concesión que o Estado lle fixera. O Centro pasou , en réxime concertado, a estar adicado ensino infantil e primario.
ROTONDA DE GUERLEDAN.- Está darredor da Estación de Autobuse, no antigo nomeamento da Lama da Gándara. Ten acceso dende a Corga de Formigueiros, Rúa Matías López e Rúa Lama da Gándara. Leva ese nome dende a formalización do Irmandamento de Sárria coa Comunidade de Comunas de Guérlèdan , na Bretaña francesa.
RÚA LAMA DA GÁNDARA.- Vai dende a Rúa Matías López ao lateral do Colexio da Asunción , estando previsto nas NSP até a Rúa El Greco. Comunica coa Rotonda de Guérlèdan.
XARDÍN DE LAMA DA GÁNDARA.- É un espazo previsto nas NSP entre as rúas Lama da Gándara e Fernando de Castro, que se comezou a formar coas cesións feitas en procesos de urbanización, pendente de ser completada a superficie,
RÚA DAS INSUAS.- No Barrio das Insuas. Vai dende a Rúa Matías López ao Parque Castro Agrasar , con acceso á Rúa Fernando de Castro e á Rúa Xoán Montes. Na súa maior parte atravesa terreos do que foi o primeiro Campo de Fútbol de Sárria, asentado en finca da Familia Neirs ( Solance ), parcelada en soares. O seu nome recorda o espazo ribeirao do río Celeiro onde estiveron as Carballeiras das Insuas, espazo que deu nome a dous campos de fútbol de Sárria e ao Barrio ali formado ao ser parcelados os terreos . Tamén nese espazo se celebraron entre os anos 1930 e 1960 con ocasión das Festas do San Xoán as famosas Xiras de San Xoán, herdeiras dos banquetes que ali organizaban os burgueses sarriaos en tempos de verán.
RÚA FERNANDO DE CASTRO.- Na Rúa das Insuas. Vai dende a Rúa Matías López até a Corga das Insuas. Ten acceso dende a Rúa Río Celeiro, Rúas das Insuas, Rúa Frei Xoán de Sárria, Rúa Pedregás, Rúa Anxo Rodríguez Castedo e Gran Vía Alfonso . Leva ese nome na honra de don Fernando de Castro, Conde de Lemos e Marqués de Sárria,
RÚA RÍO CELEIRO.- No Barrio das Insuas. Vai dende a Rúa Fernando de Castro ao Parque Castro Agrasar., a carón do río Celeiro. Comunica coa Rúa Xoán Montes.
RÚA FREI XOÁN DE SÁRRIA.- No Barrio das Insuas.. É rúa sen saída que ten orixe na Rúa Fernando de Castro. Leva o nome do autor mariano do século XVIII Xoán de Sárria.
RÚA PEDREGÁS.- No Barrio das Insuas ,.Ten orixe na Rúa Fernando de Castrro, É unha ruela que leva o nome do paraxe agrícola pertencente que foi á parroquia de San Martiño de Requeixo, coincidente en parte cun antigo carreiro de pés. Está previsto levar este vial até a Rúa Lama da Gándara.
RÚA ANXO RODRÍGUEZ CASTEDO.- No Barrio das Insuas. Vai dende a Rúa Fernando de Castro ao CAMP DO IMSERSO Leva o nome do Fillo Predileto de Sárria Anxo Rodríguez Castedo, a quen se debeu a instalación do CAMP de Sárria
RÚA XOÁN MONTES.- Vai dende a Rúa Anxo Rodríguez Castedo á Rúa Río Celeiro con acceso dende a Rúa das Insuas e o Parque Castro Agrasar.
PARQUE CASTRO AGRASAR.- No Barrio das Insuas, . Ocupa parte do que foi segundo Campo de Fútbol das Insuas, terreo que fora ofrecido ao Estado para facer o Cuartel da Garda Civil, e que aquel rexeitou. Ten acceso tamén dende a Rúa
ESCALEIRA DAS INSUAS.- No Barrio das Insuas, Pon en comunicación a Rúa Fernando de Castro e a Rúa Matías López. na rampla das Pontes Novas do Mazadoiro, que se fixo para suprimir o paso a nivel do Mazadoiro,
................................................................................................................................................................
CAMPO DE DEPORTES A RIBELA.- Na parroquia de Farbán, na beira esquerda do Río Sárria, no Prado de Mao de Ribela. Ten acceso dende a Rúa Benigno Quiroga pola Rúa de Pacios e pola Corga de Veigadelo . O acceso que houbo dende o lugar da Ribela desapareceu ao levar o río a ponte que ali existía.
PAVILLÓN DE DEPORTES XOSÉ MARIO GONZÁLEZ.- No Parque do Chanto. Foi o primeiro dos Pavillóns de Deportes municipal construido en Sárria e recibiu o nome do sarriao Xosé Mario González, activo promotor da actividade baloncentista na vila de Sárria.
PAVILLÓN DE DEPORTES. DE RIBELA.- Na Rúa Castelao: Promovido polo Concello.
PAVILLÓN DE DEPORTES DOS INSTITUTOS.- Na Rúa Castelao. Promovido pola Consellería de Educación pa ra servizo dos Institutos de Ensino Secundario. Usado tamén para a pràctica deportiva por equipos locais e para eventos multitudinarios ( Festa dos Maiores , Festa do Cocido do Porco Celta...)
PISCINAS MUNICIPAIS ( PIAS MUNICIPAIS ).- No Parque do Chanto. Piscinas ao aire libre : Dúas para adultos e unha pequena para os nenos.
PISCINA MUNICIPAL .- No paraxe das Pedredas . Piscina coberta con Ximnasio. Dúas pías.
CAMPO DE RUGBY.- No paraxe dos Prados de Vilasante. Na marxe dereita do río Sárria, con acceso dende a Rúa Castelao, Rúa Anxel Fole de Ponte do Chanto. Nese espazo estivo o edificio e terreo destinados a C ampamento Xuvenil e na contorna do Pavillón de Deportes hai espazos destinados a aparcadoiro de rulotes e Pistas Polideportivas ( tenis, padeñl ). Leva ese nome porque en boa parte estivo adicado á práctica dese deporte por un desaparecido equipo local. Nel teñen lugar as actuacións musicais das Festas do San Xoán, outros eventos festivos e probas deportivas multitudinarias ( equitación, ciclismo, etc ).
CAMPO DO LAGO.- Na Rúa de Castelao, na parroquia de Farbán. Na marxe dereita do Río Sárria. O seu nome recorda o brazo do río aberto pola grande riada da metade do século XVI que foi reenchido de terra facendo desaparecer a lagoa que ali fora creada pola fora da enchenta. Foi adquirido para ubicar ali a Piscina coberta , o que non foi posible ao ser rexeitado adicouse en parte a campo de fútbol para entrenamentos e nas Festas do San Xoán acolle os diversos xogos e atraccións que a elas concorren.
ESTACIÓN DO FERROCARRIL.- Posta en funcionamento en 1880 en terreos da parroquia de San Pedro de Maside, pertenceu á Compañia dos Camiños de Ferro do Norte de España. Instalada en terreos da parroquia de San Pedro de Maside , integrouse na de San Salvador de Sárria a partir de 1890.
PASARELA DA ESTACIÓN.- No ano 2025 a ADIF puxo en funcionamento a pasarela de comunicación da Plataforma da Estación do Ferrocarril co Barrio do Mazadoiro ( Requeixo ).
ESTACIÓN DE AUTOBUSES.- Situada na Lama da Gándara, espazo que até 1890 pertenceu á parroquia de Maside. O seu acceso principal dende a Rúa Matías López, e está circudada pola Rotonga de Guérlèdan. Promovida pola Xunta de Galicia.
***********************************************************************************
EQUIPAMENTO EDUCATIVO
ESCOLAS PÚBLICAS.- Instaladas na Rú Marqués de Ugena ( antes Estrada de Portomsrín e Rúa do Porvir. Tamén foron coñecidas como Grupo Escolar " Matías López" e
ESCOLA INFANTIL XELA ARIAS.- Na Rúa Miguel de Cervantes Saavedra.
CEIP FREI LUIS DE GRANADA.- Instalado na chamada Zona Escolar, no antigo nomeamento de Campo do Rolo e Devesa de Pepe.
ESCOLA FOGAR.- Edificio anexo do CEIP Frei Luis de Granada
CASAS DOS MESTRES.- Edificios anexos ao CEIP Frei Luis de Granada
ESCOLA INFANTIL.- Aulas anexas ao CEIP Frei Luis de Granada
IES XOGRAR AFONSO GÓMEZ.- Na Rúa Anxel Fole.
IES GREGORIO FERNÁNDEZ.-
COLEXIO A MERCÉ.-
COLEXIO DA ASUNCIÓN.-
BIBLIOTECA PUBLICA MUNICIPAL.-
BIBLIOTECA CAMILO GONSAR.-
BIBLIOTECA FIZ VERGARA VILARIÑO.-
CENTRO DE EDUCACIÓN PERMANENTE DE ADULTOS.-
ESCOLA DE MÚSICA.-
************************************************************************************+
PATRIMONIO HISTÓRICO E ARQUITECTÓNICO
TORRE DA FORTALEZA.- É o único resto que queda da antiga FORTALEZA DE SÁRRIA
MOSTEIRO DA MADALENA ( CONVENTO DA MERCÉ ).-
HOSPITAL DE SAN ROQUE/HOSPITAL DA MADALENA;
HOSPITALIÑOS NOVOS:
IGREXA DE SAN SALVADOR DE SÁRRIA.-
IGREXA DE SANTA MARIÑA DE SÁRRIA.-
CAPELA DE SAN LÁZARO.-
( HOSPITAL DE SAN LÁZARO )
CAPELA DA NOSA SEÑORA DO PERPETUO SOCORRO.-
EDIFICACIÓNS LA DULCE ALIANZA
EDIFICIO GALLETAS BARREAL
FACTORÍA DE MANOSA
FECULEIRA ESPAÑOLA.-
CRUCEIRO DE SAN LÁZARO.-
CRUCEIRO DO MIRADOIRO DO CÁRCERE.-
CRUCEIRO DO ADRO DE SANTA MARIÑA.-
ESCULTURAS DE XOSÉ DÍAZ FUENTES
ESCULTURA HOMENAXE AO PEREGRINO
..............................................................................................................................................................
EDIFICACIÓNS SINGULARES
HOSPITAL DE SANTO ANTÓN ABADE / CASA CONSISTORIAL / XULGADO.-
CASA GUERRA
CASA NOVOA
CASA DOS ARMESTO
CASA NOVOA
CASA VAAMONDE / CASA DO CONCELLO
CASA GRANDE
HOSPITAL VELLO
CASA GALLEGO
CASA MARZÁN
CASA YÁÑEZ
CASA VERA
CASA DA BOTICA
CASA DE NEIRA
CASA SACO
CASA CASINO DE SÁRRIA
CASA DA ESTAFETA
CASA DOS CEDRÓN
CASA DOS ULLOA
CASA NADAL DE MATÍAS LÓPEZ
CASA DE FREIXO
CASA DE NULLÁN / CASA DO BARRIO
CASA MORENO
CASA QUIROGA
VILLA AURELIA
VILLA ANDREA
CASA AUGUSTO VÁZQUEZ
CASA GUTIÉRREZ
CASA DO MALLORQUÍN
( CASA LABARTA )
PRISIÓN PREVENTIVA
CASA VENTO
CASA DE VENTO
CINE SALÓN
CINEMA CISSA
EDIFICIO DA PRAIA DO CHANTO.-
EDIFICIO DE MEIGAS E TRASGOS
********************************************************************************
NOMES DE BARRIOS
A nivel popular , sen confirmación oficial actual., varios espazos levaron, e levan, o nome de BARRIO , que perdeu efectividade identificadora.
BARRIO DA PEDREIRA.- Na .parroquia de Santa Mariña de Sárria, -Nome histórico . Tamén chmado Barrio das Pedreiras. Formado pola Travesa da Pedreira, As Airas da Pedreira, a Rúa da Pedreira e parte dos Fornos de Atás.
BARRIO DA PONTE RIBEIRA.- Na parroquia de Santa Mariña de Sárria, Coñecido como Barrio da Ponte, aparece xa citado en documentos medievias, podendo indenticarse tamén como " Calle do Courel" nese tempo. A finais do século XIX incluía casas do primeiro treito da Estrada de Corvelle e da Corga do Río ( hoxe Rúa do Toleiro ). Agora corresponde coa Rúa Celso Emilio Ferreiro e a Ribeira dos Cucos
BARRIO DA VEIGA DE ABAIXO.- Na parroquia de San Salvador de Sárria, xunto da Ponte da Áspera. Na actualidade correspóndese coa Rúa Camiño Francés.
BARRIO DA DUQUESA.- Na parroquia de Santa Mariña de Sárria. Levou este nome o conxunto de casas alzadas das décadas finais do século XIX na parte baixa do Murallón. Correspóndese co segundo treito da Rúa Marqués de Ugena.
BARRIO DOS ESQUEIREDOS.- Na parroquia de San Salvador de Sárria , na estrada de Lamarrigueira. Coincide agora coa Rúa dos Esqueiredos que ten continuidade espacila cos Esqueiredos de Farbán.
BARRIO DE SAN LÁZARO.- Oriixinariamente na parroquia de San Pedro de Maside entre a Corga de Vales ( Rúa Pedro Saco ) e a Ponte de San Láraro. A partir de 1890 integrouse na parroquia de San Salvador de Sárria. Gardan memoria deste nome a Capela , a rúa e a Ponte de San Lázaro.
BARRIO DA ESTACIÓN.- Nado a partir do ano 1880 darredor da Estación do Ferrocarril, pertenceu á parroquia de San Pedro de Maside , e a partir de 1890 integrouse na de San Salvador de Sárria. Primeiramente alzadas casas perto da Ponte Vella do Mazadoiro e a estrada do Mazadoiro a Lamarrigueira, a apertura da Esttrada de Samos supuxo un incrmento do alzado de casas. O espazo atribuido ao barrio ía dende a Corga de Vales ( Pedro Saco ) á Estación do Ferrocarril.
BARRIO DA ESTRADA DO MAZADOIRO.- Orixinaiamente na parroquia de San Pedro de Maside , e dende 1890 integrada en San Salvador de Sárria , abranbguía as casas alzadas na estrada de Nadela a Valdeorras entre a Corga de Formigueiros e a Ponte Nova do Mazadoiro. Desapareceu como denominación ao levar o nome de Rúa Matías López até a Ponte Nova do Mazadoiro.
BARRIO DA PONTE VELLA.- Orixinariamente déronlle este nome ao conxunto de casas xurdidas na Estrada de Corvelle dende a altura do Areal até a Ponte Vella de Vilar de Sárria.
BARRIO DAS CASETAS.- O conxunto anterior tamén foi coñecido como Barrio das Casetas porque nel foron promovidas casas terreas , ao parecer xestionadas por Matías López.
BARRIO DA CIGUÑEIRA.- O Barrio das Casetas despois da apertura da Estrada de Samos ( 1896 ) recibiu tamén este nome popular porque comezaba na Casa chamada da Ciguñeira, propiedade dun veciño do lugar dese nome na parroquia de Barbadelo. Este nome pervive no Cruce da Ciguñeira e no Calellon da Ciguñeira.
BARRIO NOVO.- Aberto na posguerra de 1936 / 39 con rúas estreitas e mal planificdas , promovidas polas familas Saco e Taboada , xirou darredor das rúas da Liberdade , Diego Pazos e Formigueiros. O nome caeu en desuso.
BARRIO DAS INSUAS.- Foi froito da apertura de rúas e parcelación de terreos das familias Saco e Neira Solance. A denominación está viva ao presente.
BARRIO ANDIÓN.-
BARRIO DAS CASAS BARTAS.-
BARRIO RIOSOL.-
BARRIO DAS CASTIÑEIRAS.-
***********************************************************************************
AS PONTES DA VILA
PONTE RIBEIRA.- De orixe medieval
PONTE VELLA.- De orixe mediebval
PONTE DA ÁSPERA.- De orixe medieval
PONTE VELLA DO MAZADOIRO.- De orixe medieval
PONTE CASTELAO.- No río Sárria.
PONTE DO CHANTO.- No río Sárria-
PONTE ALFONSO IX.- No río Sárria
PONTE DO MUIÑO DO TOLEIRO.- No río Sárria
PONTE DO TOLEIRO.- PONTE DE FERRO.- No río Sárria
PONTE DO CANEIRO.- No río SárriaPONTE DE SAN LÁZARO. ( 1 , 2 ) - No río Celeiro
PONTE ALBORADA.- No río Celeiro.
( PONTE NOVA DO MAZADOIRO ).- No río Celeiro.
PONTES NOVAS DO MAZADOIRO.- No río Celeiro
VIADUTO DO MAZADOIRO.- No río Celeiro
MUIÑO DA PONTE RIBEIRA.-
MUIÑO DO TOLEIRO.-
***********************************************************************************
AS FONTES DA VILA
FONTE RIBEIRA.-
FONTE DE MARÍA GARCÍA.-
FONTE DO ASNO.-
FONTE DE SAN SALVADOR.-
FONTE DO CÁRCERE.-
FONTE DE VISTA ALEGRE.-
FONTE DA PRAZA XOÁN MARÍA LÓPEZ.-
FONTE DE VILLA ANDREA.-
FONTE DO CRUCE DA ESTACIÓN.-
FONTE DE SAN LÁZARO.-
FONTE DA PRAZA DE GALICIA.-
FONTE DO MALECÓN.-
FONTE DOS ESQUEREDOS.-
FONTE DA PEDREIRA.-
PICHELA DO MURALLÓN.-
FONTE DE PACIOS.-
****************************************************************************************
OUTRAS LOCALIDADES
RÚAS NO BARRIO DO MAZADOIRO ,
PARROQUIA DE SAN MARTIÑO DE REQUEIXO
XARDÍN SAN VICENZO DE PAUL.-
RÚA DO MAZADOIRO
RÚA DA TREA.-
RÚA CAMIÑO DA FÁBRICA.-
RÚA IRMÁS GARCÍA VÁZQUEZ.-
RÚA CAMPO DE OUTEIRO.-
RÚA REGO DO MAZO.-
RESIDENCIA DE ANCIÁNS " A NOSA SEÑORA DO CARME"
************************************************************************************
ESPAZOS URBÁNS EN PARROQUIAS RURAIS DA CONTORNA DA VILA
ESTRADA DE LUGO.-
TREILÁN / FÁBRICA DE SARRY
AGRA DE CELEIRO
A PIQUEIRA / BETOTE
COSTA DE FAFIÁN
A GALIÑA
VILASANTE
O POLVOREIRO
O FONTAO
VIGO DE VILAR DE SÁRRIA
CIMO DA AGRA
.................................................................................................................................................................
RÚAS DO LUGAR DO OURAL, PARROQUIAS DE SAN XULIÁN DE CHORENTE E SAN SADURNIÑO DE FROIÁN
RÚA PRINCIPAL.-
PARQUE CONDADO DE FROIÁN.-
RÚA CONDE RODRIGO SUÁREZ.-
RÚA DO SOL.-
RÚA CANTALARRANA.-
CAMPO DE DEPORTES LUIS LÓPEZ-PALLÍN..-
ESCOLA DE PADROADO.-
CEIP ANTONIO FERNÁNDEZ LÓPEZ.-
IGREXA DE SAN XOSÉ OBREIRO DO OURAL.-
FACTORIA DE CEMENTOS COSMOS.-
LABORATORIO.-
POBOADO DE CEMENTOS .-
CALFENSA.-
TÚNEL DO OURAL ( 1 )
TÚNEL DO OURAL ( 2 ).-
**********************************************************************************
Comentarios
Publicar un comentario