SÁRRIA : AS CASAS BARATAS ( 1957 ) ( 725 )

SÁRRIA: AS CASAS BARATAS   ( 1957 )                              ( 725 )

sarriaacentogalego                                                                              Xaime Félix López Arias 

O día 25 de outubro de 1957 produciuse a inauguración de catro edificios para vivendas en réxine de aluguer, promovidas pola Obra Sindical do Fogar  que se alzaron nun soar   con fronte á Rúa de San Lázaro e ao vial de nova apertura que  dende esa rúa se abrira  até o  río Celeiro.

Recibiu esa promoción a denominación  popular de CASAS BARATAS  e o nome oficial de  ARQUITECTO ÁLVAREZ UDE  que figura no número 17 da actual Rúa Xela Arias. 

No dito número 17  ( baixo e  tres andares ) cun total de oito vivendas  de 83 a 87 m/2.  Nos números 3 , 5 e 7 da Rúa Padre Severino Vega Cid,  formado por un corpo central e dous laterais  con patio interior , hai outras dazaoito vivendas  que van dos 55 aos 60 m/2. Igual estrutura ten o edificio nº  9, 11, 13 , e en paralelo ao río, no Malecón de San Lázaro hai un edificio de baixo e tres andares,  con  seis vivendas  de  59 metros cadrados . En total foron 50 as vivendas  protexidas  que supuxeron a primeira promoción  cun elevado número de vivendas na vila de Sárria.

A inauguración das vivendas fíxose coincidir coa colocación dunha lápida   dándolle o nome de José Antonio Primo de Rivera  á rúa de San Lázaro ( estrada  do Mazadoiro a Lamarrigueira ),   que fora esixida polas autoridades  provinciais  ao coñecer que na vila de Sárria non había rúa  adicada  a ese personaxe.

 Como nota curiosa hai que sinalar que  meses antes desa data oficial de inauguración  as vivendas xa pasaran a estaren ocupadas por familias beneficiarias, e para que as autoridades  desen as chaves e   as visitasen  no acto  previsto t, iveron que valeiralas de mobles e outras pertenzas, e ao día seguinte   voltaron a metelas nas adxudicadas a cada un deles.

O aluguer das vivendas incluía o dereito de compra, algo que non se viu consolidado até a retaruración da democracia.

Na edificación da Rúa Xela Arias  nº 17 estivo instalada a Academia Felipe II, no baixo, e máis adiante  a sede da Fronte de Xuventudes  e  unha xastraría. Unha das vivendas acolle agora un apartamento turístico,

Por se tratar do primeiro acto  coñecido de inauguración oficial  de rúas  e da primeira grande inversión pública posterior á guerra  de 1936/1939  recóllese  a nova publicada en El Progreso ao día seguinte da inauguración do grupo de  casas  que veu a encher a necesidade  de ofrecer  vivendas en réxime de aluguer.

....................................................................................................................................................................... 

                                                                                         ( EL PROGRESO,   26.10.1957 )

O GOBERNADOR CIVIL  INAUGUROU ONTE   EN SÁRRIA CINCUENTA  VIVENDAS.-  O GRUPO DENOMINARASE   "ÁLVAREZ UDE AGUIRRE ".- O SEÑOR  OTERO AENLLE  VISTOU ADEMAIS SAMOS E TRIACASTELA.

Na mañá de onte  o gobernador civil e xefe provincial do Movemento , don Henrique Otero Aenlle ,  trasladouse  acompañado da súa esposa  e do seu secretario particular  señor López de Prado  á vila de Sárria  coa fin  de descobrir  unha lápida  que daba o nome de "José Antonio  Primo de Rivera "  a unha  das novas avenidas  daquela vila   e inaugurar un grupo de 50 vivendas  construídas  pola Obra Sindical do Fogar. 

Con este motivo  tamén se desprazou a Sárria  o alcalde de Lugo  don Luis Ameijide  Aguiar  , xubxefe  provincial do Movemento  , don Eduardo Urgorri Casado , delegado provincial de Sindicatos , don Tomás Bonilla e Ramos,  o delegado provincial da Vivenda  don  Celso Goldaracena  e Ramos  e o vicesecretario  provincial de Obras Sindicais, don Manuel Millán López.

Ao limite do termo municipal  acodiron a recibiren  ao señor Otero  todas as autoridades de Sárria, presididas polo  seu alcalde  e xefe local do Movemento  , don Manuel López Rodríguez ( * Manuel López.- Vizcaíno Rodríguez ) . O señor  Otero  dirixiuse   direitamente  ao Concello en cuxa praza  agardaba  numerosa veciñanza  que fixo obxecto  ao gobernador civil dun cordial recebemento , estourando no aire   numerosos foguetes  e interpretando  a Banda música española.

No salon de sesións  estaban congregadas  a Corporación Municipal  en pleno  e todas as representacións da vila  ás que saudou o  señor  gobernador . O  alcalde con briosa e elocuente   palabra saudou  ao señor Otero  Aenlle ofrecéndolle a adhesión  da vila de Sárria e da Corporación  que pende  por resolver   os problemas que ten prantexados   a vila  así como contribuir  ao engrandecemento  en xeral da provincia  e de España.  Unha grande ovación acolleu as palabras do señor López Rodríguez.

O señor gobernador  agradeceu as efusivas  e  agarimosas   palabras do alcalde  planeando  novas e punxentes  iniciativas a desenvolver  na vila. Segue  comentando as recentes consignas  do ministro secretario xeral do Movemento  encon da anovación  e elección  dos homes que han ocipar  os postos de mando  incorporando á mocedade  capacitada. Rematou   com a continuaciòn daquel acto  e ao ir deseguido  a inaugurar a rúa  e vivendas protexidas , este acto habíase converter  nun novo acicate   e non meta para as inquedanzas   do alcalde e Corporación Municipal de Sárria . O señor Otero foi moi aplaudido.

A continuaciñón saudou a todos   e cada un dos asistentes , interesádose por diversos problemas  e suxerenzas pratntexados.

                                 INAUGURACIÓN DAS VIVENDAS

A pé e dende a Casa do Concello  acompañado polo alcalde, xerarquias , Corporación Municipal e   demáis representacións   dirixiuse á nova Avenida  de " José Antonio Primo de Rivera" (  * ) que se inauguraba  como moderna  vía de ampla calzada   e espléndida pavimentación , onde se descobriu  a plca que lle da o nome, en medio  dos aplausos da veciñanza  e publico asistente.

De seguido trasladouse  ao grupo onde se achan constuidas  as 50 vivendas  a Obra Sinidical do Fogar  que leva o nome de " Arquitecto Álvarez Ude " , en memoria   e recordo   de quen tanto fixo  ao servizo da Organizaciòn Sindical .

A pé do grupo central de casas procedeuse á  benzón das mesmas polo R.P. Comendador   da Orde da Mercé  en Sárria,  na presenza de  todos os persoeiros denantes  referidos, e  dos fillos do señor Álvarez Ude de Aguirre que estaban acompañados  polo seu tío, don Xosé de la Torre Moreira .

O alcalde  pronunciou unhas palabras   nas que puxo de relevo  a súa satisfación  por ter colaborado  a Corporación que preside  tan eficazmente  a esta construción  e agradeceulle á Organizaciòn Sindical  as facillidades que lle prestara  para a realizaciòn desta obra  asistencial. Foi moi aplaudido.

O delegado provincial de Sindicatos  referiuse á politica  de realidades  que leva a cabo  a Organizaciòn Sindical cumprindo as consignas do Caudillo. Ten un emocionado recordo  para o señor  Álvarez Ude., arquitecto que  proxectou  o grupo de vivendas  que agora se inaugura  e remata dirixíndose  aos beneficiarios , explicando  as condicións das vivendas que ían recibir. Tamén foi moi aplaudido.

Finalmente falou o gobernador civilñ  quen brevemente espuxo a súa compracenza  por se achar naquel momento  facendo entrega destas casas que cobren  un obxectivo social  da España de Franco  e resaltando  como recentemente o Caudillo  sinalou a necesidade dunha política de realidades como a que nestes momentos estamos a ver. Agradeceu  a colaboración da Corporación  e pobo de Sárria , asi como á Organización Sindical , recordando tamén ao señor  Álvarez Ude.

Unha ovaciòn  rubrocou  as  últimas palabras do señor Otero Aenlle , procedéndose deseguido  a entregar as chaves  aos beneficiarios  polas diversas autoridades  e fillos do señor Álvarez Ude.

Polo serán, antes de abandoar  a vila de Sárria  visitou o Convento e Nloviciado  que a Orde da Mercé  ten ali establecido , sendo atendidos polo  padre Comendador e comunidade  de Mercedarios. 

                                                   ..........................................................

( * ) Déronlle o nome de " José Antonio Primo de Rivera " ao treito da estrada provincial  aberta na década dos anos 1850  entre a Ponte Nova do Mazaoiro e a Capela de Sán Lázaro, que até 1957 foi coñecida como Rúa de San  Lázaro. A urbanización feita foi de baixa calidade , destacando tan só porque chantaron árbores nas beirarrúas. Na actualidade é a Rúa Xela Arias.

Comentarios

Publicacións populares