O TOMBO DE SAMOS ( 723 )
O TOMBO DE SAMOS ( 723 )
sarriaacentogalego XAIME FÉLIX LÓPEZ ARIAS
O día 14 de novembro de 2025 foi presentado na vila de Samos o libro O TOMBO DE SAMOS OU LIBRO BECERO E OUTROS DOCUMENTOS DA CASA DE SAMANOS . Vida monástica extensiva entre os séculos VIII e XIII VERSIÓN EN GALEGO E TEXTOS DE Xaime Félix López Arias. FOTOGRAFÍAS DE José M. Salgado. EDITORIAL CANELA.
Este libro foi publicdo contanto co apoio do CONCELLO DE SAMOS . e da DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE LUGO. Vicepresidencia. Cultura.
Xaime Félix López Arias correu coa redacción dos textos e da tradución ao galego dos documentos en latín. Os debuxos e gráficos foron realizados por Ricardo Segundo López Méndez- As imaxes do Liber Testamentarum foron aportados por M. Moleiro Editor . As fotografías son da autoría de José M. Salgado . A edición foi feita por Canela Producións S.L. Editorial Caneda
A Edición estivo ao coidado de Pablo Quintana. A cartografía correu da man de Xosé González Xoga- Maquetación : Pablo Pérez. Impreso en LAR. Viveiro Galicia.
ISBN 978 84-09-75452-3, Depósito lega. C 1178-2025. Primeira edición : outubro de 2025.
O libro ten 573 páxinas e un anexo de IMAXES ( 41 ). Leva ademais un mapa despregable das terras compreendidas entre as montañas orientais , o río Miño e o Val de Lemos, no que se recolle a situación do Couto mosteiral de Samos e o empraza,emnto dos mosteiros e mosteirolos que xiraron darredor do mosteiro samonense e acabaron estando suxeitos aos abades de Samos.
Os documentos recollidos nesta publicación foron ordeados cronoloxicamnte abríndoo cos previlexios reais cos que os reis galaico.astures e galaico leoneses favorecero áo Mosteiro de San Xulián de Samos, aos que seguen , segundo espazos xeográficos , os restantes até un total de 285 documentos.
ÍNDICE : Limiar.- Documentos reais.- Mosteiro de San Xulián e Santa Basilisa de Samos e o seu couto.-Mosteiros de San Cristovo, San Xoán de Lóuzara e San Xoán do Courel.- Mosteiros de Santo Estevo de Calvor, San Salvador de Barxa, San Miguel de Montán e San Romao de Lousada.- Od mosteiros de Omano e Onitio.- Os mosteiros de Barbadelo e Piñeira.- Os mosteiros do río da Neira.- Mosteiro de Santo Antoíño de Sárria e bens en Corvelle e a Meda.- Terra de Froián e Sárria.- Triacastela, Navia e Cancelada .- Terra de Lemos e Paradela.- Bens na Deza. O Salnés e As Mariñas. - Mosteiros do Bierzo
Anexos
Samos: xurisdición espiritual e temporal.- O couto redondo de Samos.- Abadía de Samos " nullius dioecsis ".- Dereito de presentación de párrocos.- Samos no Camiño de Santiago.- O Hospital de Samos.- Coutos da xurisdición de Samos en 1743,. Territorio sometido ao señorío xurisdicioal e relixioso da abadía "nullius dioecesis" do Real Mosteiro de Samos.- Ferrarías.- Publicación de documentos do Tumbo de Samos: A cruz Magna ou cruz de don Brandila , roubo sacrílego en Samos ( 1873 ).- " Villa Sancti Michaellis, , San Miguel de Montán.- San Miguel de Riáticos en Santiago de Barbadelo.- O mosteiro medieval de San Martiño de Barbadelo.
Fontes e bibliografía: Fontes primarias.- Libros impresos. Siglas usadas . Imaxes
*************************************************************************************
Comentarios
Publicar un comentario