DOMINGOS DE LA FUENTE VILLAARTA , PINTOR SARRIAO ( 1599 ) ( 797 )

 DOMINGOS DE LA FUENTE VILLAARTA , PINTOR SARRIAO ( 1599 )   ( 797 )

                                        NOTAS  SOBRE SÁRRIA NO SÉCULO XVI

                                                       Un artista descoñecido

                                                                                       Francisco Vázquez Saco

" No procolo de  Gregorio de Pedraza  correspondente  ao ano 1599, folios 44-52 , do arquivo notarial de Sárria, figura un curioso inventario  a traveso do que  chega a nós o nome do pintor e decorador  Domingos de la Guente Villaarta. 

O intersante documento  conserva a memoria da tráxica morte do artista, que tiña o seu obradoiro de traballo  nunha casa da Pedreira , onde vivía coa súa muller e fillos, mortos trácovamente coma el.

 Era entón Xuiz de Orfos  da vila Don Pedro Díaz de Guitián  a cuxo coñecemento chegara  que " Domingos  de la Fuente Villaarta, pintor, e María González, a súa muller , e os seus fillos, morreran todos  de peste e mal contaxioso , e sen deles quedar fillo nin herdeiro  , nin persoa sabida que deba herdar os bens... e quedara a casa  na que vivían a portas pechadas, e aínda que había moitos días que morreran  até agora , non se fixera inventario  dos seus bens  polo temor  de que a dita casa  na que vivían  e os bens dela  quedaran infecionados  da dita doenza , por cuxa causa se entendía  se terían perdido,,, porque non se perdesen de todo  e porque a el, como a tal xuiz de orfos  lle conviña facer reconto  e inventario  dos ditos bens  e depositalos  nunha persoa  que os teña  e dea contas   con pagamento á persoa ou persoas  que os deba haber , e porque ademais diso lle fora mandado polas Xustizas desta vila  nomee   aos ditos bens  dun curador  e defensor  que os defenda e saia á causa e defens  dos ditos bens , unha vez que María Vázquez, viuva que fincou de Antonio López, silleiro, ten as chaves da dita casa, fixoa  parecer perante si e mandoulle que abrira as portas da dita casa , para ver os bens que nela hai , para facer o dito reconto e inventario  deles e o máis necesari , aue logo no seu cumprimento  abriu as portas da dita casa onde viviron os sobreditos e entrando nela acharon  e inventariaron os bens seguintes :

 Prosegue a continuación a relación  pormenorizado dos bens do pintor na que figuran  os seguintes asentos  que se refiren á especialidade cultivada polo  artista :

" Onçe peças de madeira dun retábulo labradas de talla.-  Cinco pezas de madeira de retábulo labradas de talla, tamén, grandes e pequenas.- Unha imaxe da Nosa Señora grande, pintada e dourada, co seu neno.- Outra imaxe da Nosa Señora pintada, pequena.- Outra imaxe doutro santo  pintado e dourado , cun libro debaixo do brazo esquerdo.-  Seis imaxes de anxos e serafins , son, ao que parece de retábulo  máis dúas estampas en táboas.-  Unha estampa de xeso  cunha cruz e outras figuras.-  Riba dunha mesa moitas miudanzas de pinturas e pinceis.-  Catro toucas de seda xa usadas  que din foron da imaxe da Nosa Señora de Santa Mariña . Un crucifixo cun Cristo, e no pé un calvario prqueno , que logo  pareceu Domingos López, crego de San Pedro de Froián, que xurou  en forma riba do seu sacerdocio , ser o dito Cristo, e foille entregado.-  Dous formóns gubios de entallador ".

No inventario non aparece cantidade alhunha de diñeiro  e para que o Xuiz de Orfos , poidera cobrar os seus dereitos , subhastouse unha roupiña  co seu pasamáns ; a subhasta fíxooa o pregoeiro  da dita vila, e o maior postor foi Pedro Lourenço  veciño de Lugo que a levou por 28 reais , importe dos  dereitos.

Eis cantas novas coñeccemos  hoxe do pintor e entallador  : Domingos  de la Fuente Villaarta, cuxo nome  cremos se incorpora por vez primeira á relación dos artistas que floreceron en Galicia no século XVI.

Dende logo descoñéceo  Pérez Constanti , o  historiador  máis completo  da nosa arte nos séculos XVI e XVII , quen, ademáis da súa  copiosísima  investigación  aproveitou  canto se tiña escrito  sobre  esta materia.

Aínda feita unha  nosa prolongada percura nos protocolos  do  arquivo notarial de Sárria , non conseguimos  descubrir  unha soa obra  nin un só contrato  do artista .

Os seus apelidos  son alleos á oriundez  do escultor-decorador , un dos forasteiros, sen dúbida, que por aqueles  anos acodiron a Galicia  en grande número , atraídos polas moitas obras  que realizaban  catedrais, mosteiros e igrexas.

Temos que recordar , en fin, que con Villaarta compartían en Sárria  a arte da decoración , da ointura e da escultura varios contemporáneos  que tiñan na vila os seus obradoiros.

 O  escultor Gregorio Fernández, a quen cremos pai do seu homónimo  o insigne imaxineiro da escola caatelá.

O tamén escultor  Gonzalo Álvarez , descoñecido tamén de Pérez Constanti, e a quen o "escribán da súa Maxestade real"  Don Antonio Díaz de Guitián , no seu testamento  outorgado  perante o escribán  de Sárria, Gomes Ares, o 6 de novembre de 1582 , chama " entallador veciño desta vila" . O testador  encomendáralle  un retábulo para o altar maior  da igrexa de San Salvador  da vila, e as imaxes de San Xoán Bautista  e San Miguel. 

Comentarios

Publicacións populares