FUNDACIÓN DO HOSPITAL DE SANTO ANTÓN ABADE DE SÁRRIA ( 1588 ) ( 798 )

 FUNDACIÓN DO HOSPITAL DE PEREGRINOS DE SANTO ANTÓN ABADE DE SÁRRIA

                                                        ( 798 ) 

( 19 de maio de 1588 )

Diego de Armesto  e  Somoza, escribán  do número e axuntamento da Vila e marquesado de Sárris  en cumprimento  do auto dado polo señor Visitadorb xeral deste bispado de Lugo  nos trece de xuño do pasado ano de mil setecentos vinte e catro por onde entre outras cousas manda se saque unha copia auténtica da fundación  dos Hospitais  de Santo Antón e San Lázaro  desta Vila  en cuxo cumprimento  e do mandado pola súa mercé o Correxidor  desta vila  e rexidores dela como Padróns dos ditos Hospitais cuxa FUNDACIÓN  é como segue: 

                                                                 In Dei nomine amen,, 

 Coñecida cousa sexa a todos os que esta presente carta de testamento e derradeira vontade viren como eu Don  DINÍS  DE CASTRO E  PORTUGAL,  fillo  que quedei de don Fernando  Ruiz de Castro , Conde  que foi de Lemos , que Santa Gloria haxa, veciño que son desta Vila de Valladolid estando enfermo  na cama , mais no meu xuizo e entendemento  natural, crendo como creo ben e fielmente na Santísima Trindade, Pai, Fillo e Espírito Santo , que son tres Persoas, nunha esencia , unha esencia , unha sustancia , unha natureza divina, un Deus omipotente, que vive e reina  por sempre, sen fin :

Temendo a morte do corpo  que é natural querendo como cristián  estar aparellado , coñezo por esta carta  que fago e ordeno e establezo o meu testamento  e derradeira vontade a servizo de Deusdesta presente vida mando que o meu corpo sexa sepultado no mosteiro  de San Francisco desta dita Vila  , na parte e lugar que aos meus testamentarios parecere , que de alí  sexa trasladado o meu corpo  e osos ao mosteiro de San Francisco  da Vila de Monforte de Lemos  de Lemos , na capela maior,  a onde están enterrados os meus avós  e o tempo no que sexa de trasladar remito aos meus testamentarios-.

 Noso Señor e da Gloriosísima  Sempre Virxe María  Nosa Señora, a súa bendita nai  e á gloria  e loubor seu  e de todos os santos e  santas da Corte do Ceo, na forma e maneira seguinte

PRIMEIRAMENTE  ofrezo  e encomendo  a miña ánima  ao Noso Señor Xesús-Cristo que a comprou e redemiu polo seu precioso sangue e cando a súa vontade for de levarme  

 Item mand que me enterren  a Confradería e confrades da Quinta Angustia desta Vila onde son confrade e me acompañen  as Confraderías e confrades da Misericordia e Vera Cruz desta vila  e lles dean o acostumado  a cada Confradería.

Iten mando  mando que coa  Cruz e co meu corpo leven doce fachas, que as leven doce ppobres  e lle dean a ca un vestido e ropupa e carrapucha  branca, como se acostuma dar para que vaian con elas acompañando o meu  corpo.

Iten mando   que me acompañen o crego Beneficiado e sancristán de San Salvador deta Vila , onde son parroquián , coa cruz da dita igrexa.

Iten  pido e suplico aos Señores Provisor  e Cabido  da Igrexa Maior  desta vila  acompañen o meu corpo por razón deles , se lles dea do que soe e acostuma dar oor semellantes persoas  e enterros ao parecer  dos meus  testamentarios.

Iten mando  que me acompañen  os nenos da Doutrina Cristiá desta vila e se lles dea o acostumado.

Iten  mando que  se dea cera ao Cabido da Igrexa Maior, e deais ordes, , e nenos da Doutrina,  como é costume.

Iten mando  que o día da miña morte, se fose hora de misa e senón outro día seguinte, digan oola miña ánima  no dito mosteiro de Señor San Francisco  una misa cantada con ministros  e a súa vexilia e se digan coa maior brevidade que se poida no dito mosteiro trescentas misas rezadas e as cincuenta delas no Altar Privilexiado  co seu responso riba da sepultura.

Iten mando que   con vexilia e ministros e se lles dea pola ofrenda o que parecere aos mesus testamentarios.

Iten mando  que logo , outro día seguinte, fagan o meu cabo de ano  no dito mosteiro de San Francisco e digan outra misa cantada os meus nove días en tres días no dito mosteiro  e digan outra misa cantada con ministros  e vexilia e se leve a mesma ofrendaque o día das honras.

Iten mando  que se me digan  no moseiro da Nosa Señora da Mercé  desta Vila  cincuenta misas as dez delas no altar priviliexiado e se pague a pitanza delas.

Iten mando que se me digan no mosteiro da Trindade desta Vila outrass cincuenta misas e as dez delas  no Altar Privilexndo .

Iten mando que se me digan no Mosteiro do Carme Descalzo  outras cincuenta misas e as dez delas no Altar Privilexiado.  

 Iten  mando que se me digan ni mosteiro de Santo Antonio da Orde de San Francisco de Monforte de Lemos, duas centas misas  pola miña ánima das persoas a quen teño  cargo   de obriga  e se lles dean cen reais  e máis todos os libros  que teño e deixare  ao tempo  do meu falecemento cos seus  caixóns. 

Iten mando  que se me digan que se me digan no Mosteiro da Madalena de Sárria  cen persoas  polas persoas a  quen teño cargo e obriga  por calquera maneira.

 tén mando ás Obra Pías  acostumadas  desta Vila a cada unha un real-

Item mando que se compren catro mil cincocentos maravrdís  de censo a xuro  de a vinte mil maravedís o milleiro ou máis o que for necesario  ao parecer dos meus testamentarios, no Reino de Galicia  ao máis de perto daVila de Monforte que se poida os que mando e deixo ao mosteiro de San Francisco  da dita vila de Monforte con cargo  que  sexan obrigados  a deciren en cada un ano perpetuamente para xempre xamais  pola miña ánima   dúas misas en cada semana, a unha  o Luns de ánimas , a outra o Sábado da Nosa Señora e os meus testamentarios reciban  rscritura do dito mosteirp  na que se obriga de decir as ditas misas.

Iten mando  aos paxes que ao presente teño, que son tres, e á ama  que me serve a cada un sete ducados para  que deles se lles merque loito e o demais disto se lles pague o que parecer debèrselles  do seu salario polo meu libro e se lles dea de comer e os seus salarios  vinte días despois do meu falecemento e aos lacaios  se lles dea a cada un  catro ducados  para unha capa e carrapucha de loito e todos eles se achen ao meu enterro , honras  e nove dñias e cabo de ano.

Item mando  ao mosteiro das Descalzas Franciscas, fronteiro da Chancelaría  , cen reais  porque me encomenden a Deus 

Iten mando  que se me digan vinte misas  no Moseiro da Nosa Señora de Aniago e outras vinte na Igrexa da Nosa Señora de San Llorente .

Iten  mando  a Francisco Fernández , crego, cen reais  e a Pedro Fernández de la Vega outros cen reais.

Iten  por canto algunhas veces deixei de rezar as horas canónicas como estaba obrigado, mando que os meus testamentarios tomen catrocentos ducados  dos meus bens e procuren con eles  con toda brevidade haber dispensación  da Súa Santidade  para que supla o que así  deixei de rezar e me absolva sendo necesario.

Iten mando que os meus testamentarios  tomen mil ducados  dos meus bens  e llos entreguen  ao SeñorbFrancisco de Villasante , Deán da Igrexa maior desta vila para que deles faga e cumpra o que con el teño comunicadon e se màis for mester tome  máis.

Iten declaro, que ao  tempo  que dona Mariana de Escobar  , a miña irmá. casou con Cristovom Belez  eu fíxenlle   unha escritura  pola que  me obriguei  de lle dar dous mil ducados  con certas condicións como parece polo asento e escritura  e para en conta delos só teño dados mil ducados, mando que os meus testamntarios  xuntamente cub letrado  de ciencia e conciencia vexan se estou obrigado de pagarlle os outros mil ducados e psrecéndolles que estou obrigado  a facelo  se lle paguen  e se non esivese obrigado non se lle paguen,

.......................................................................................................................................................... 

**Iten mando que os neus testamentarios tomen dos meus bens e con eles merquen cen fanegas de  pan de renda darredor da Vila de Sárria, o máis perto a ela, o que mando ao HOSPITAL  QUE ESTÁ NA VILA DE SÁRRIA DE PEREGRINOS  NA RÚA PRINCIPAL, fin dela, a carón da FORTALEZA, fronte San Salvador  para que se xunte  co máis pan  de renda que o dito hospital ten  e todo se gaste  en dar de comer  aos Peregrinos pasaxeiros  pobres que pareciere  e ordenare a Xustiza e Reximento da Vila de Sárria, e que poidan a conta da dita renda reparar o dito hospital  e as camas dos pobres  pobres  en cada un ano.  E mando que para que se execute e cumpra todo o susodito  que Bernardo de Torres, Alcaide e Meiriño  da Fortaleza da dita vila  faga as dilixencias  necesarias  así para comprar  a dita renda  como para todo o demais  para iso necesario que para iso doulle todo o demais lle dou tan cumprido e bastante poder  como eu o teño.***

***Iten mando ao dito Hospital de Peregrinos de Sárria cincocentos ducados  para que se repare e forme o dito hospital e se faga nelo que parecere  ao Señor deán e ao Señor Bernardo de Torres a quen remito.***

 .............................................................................................................................................................

 Iten ao que toca aos outros catrocentos  ducados  que mando se tomen dos meus bens   para que teña efecto  a dita composición  e se descargue a miña conciencia.

E para  cumprir  e executar  este meu testamento  e todo o nel contido nomeo e deixo  por testamentarios meus  a don Francisco de Villasante, deán da Igrexa maior desta Vila e ao dito Bernardo de Torres a quen suplico o acepten eb doulles todo o meu poder cumprido  e a cada un deles  por si in solidum para que entrn  nos meus bens e os reciban e cobren e todos os meus efectos dos meus beneficios  e prezos eclesiásticos  e outras cousas que se me deberen  e dean cartas de pagamento  e fin e quita de iso  e parezan en xuizo  sobre da cobranza  e poidan venderen  dos meus bens  o que foor necesario  en almoneda ou fora dela  pola súa propia autoridade  sen licencia de xustiza  e do seu valor ou do que diso subhastare  cumpran e executen  este meu testamento  e descarguen  a miña conciencia e poidano facer dentro do ano do meu falecemento ou despois que espire este  poder até  tanto que todo estea cumprido  e tamén lles dou poder cumprido  para que   e como con eles o teño comunicado .

Iten mando  aos herdeiros de Diego de Campuzano.mordomo que foi do Bispo de Cuenca  . cen ducados  e  cumprido e executado  este meu testamento institúo  por meu lexítimo e universal herdeiro en todos os bens e facenda a min pertencentes, en calquera maneira , á MIÑA ÁNIMA, para que os meus testamentarios os gasten  e distribúan , ao seu dispor, a quen o remito e revoco , caso  e cancelo  e e que se tivesen algunha dúbida  en cumprimento  deste meu testamento poidan tomar  dou por ningún   e de ningún valor  e efecto calquera outros testamento ou testamentos , codicilo  ou codicilos, mana ou mandas que antes deste  teña feito  por escrito ou de palabra  e quero que non vallan  nin fagan fe, agás este, o que eu quero que valla  pola miña derradeira vontade e dou o dito  poder  aos ditos testamentarios con facultade  en cumprimento deste meu testamento poidan tomar e o que o un co tercerro fiixer valla e por máis firmeza así o outorgo perante o presente escribán e testemuños  que foron, feita na dita Vila de Valladolid , a dez e nove días do mes de maio  de mil cincocentos  e oitenta e oito anos, testemuñas que foron ao que dito é , chamados e rogadosm Gonzalo de Villasante, arcediado de " Torre de Sillas " , Xoán de " On Cueva" e Francisco Matínez e el e é Pedro Fernández.... de Figueroa  veciños e estantes nesta dita Vila e Domingos de la Puente , estante nela,  e dou fe que coñezo  aos   ditos outargantes = Don Dinís de Castro =

Pasou perante minAlonso Pérez Cerón. E ao ver sacar, correxir  e concertar o dito testamento  foron testemuñas Pedro Camargo e Baltasar de Ariz, criados de mil o presente escribán, veciño desta Vila. Eu o dito  Francisco López, escribán de El Rei noso señor  e do número de Valladolid presente fun  , ao do que de min se fai mención  e de pedimento  do dito tenente que aqui asinou o seu nome o fixen sacar dos rexistros do dito Alonso López Cerón, antecesor meu, nestas quince follas cn estas na que vai o meu signo , En testemuño de verdade.- Francisco López.

                                              ..........................................................

Concorda coa copia que está e queda no libro vello das Rendas e Contas do dito Hospital de Santo Antón a quen me refiro e en de disto  sínoo e asino na dita Vila a tres de marzo do ano de mil setecentos e vinte e cinco.- Diego de Armesto Somoza.

............................................................................................................................................................ 

( 10 de xuño  de 1589 ).

Cristovo Pizarro, no nome de Bernardo de Torres, testamentario  de don Dinís de Castro e Portual, cómpralle a Sebastían Rodrígueza Cervela  sete fanegas de pan de renda no lugar de Betote de Atrás,

.........................................................................................................................................................

( 25 de xuño de 1589 )

Cristovo Pizarro, no nome de Bernardo de Torres, testamentario de don  Dinís de Castro e Portugal, cómpralle a Pedro de Páramo, de Pacios de Farbán ( tamén chamado Pacios de Casteledo ) , tres tegas de pan de renda no lugar de Betote de Atrás ,

..............................................................................................................................................................

( 12 de marzo de 1590 )

Cristovo Pizarro, no nome de Bernardo de Torres , testamentario de don Dinís de Castro e Potrugal,  cómpranlle  a Diego López da Somoza  e Inés López de Celeiro dúas fanegas de pan de renda.

.................................................................................................................................................................. 

( 24 de novembro de 1592 )

O Hospital de Santo Antón Abade de Sárrisa compra o leiro e cortiñeiro fronteiro á igrexa de  San Salvador ) .

PEDRO DÍAZ e MARÍA DÍAZ DE GUITIÁN , maiores  dos catorce anos , e menores de vinte e cinco , fillos lexítimos  e herdeiros que fincamos  de Bartolomeu López, escribán  e Inés Díaz de Guitián , nosos pais defuntos, diante da Vosa mercé  parecemos  que ao tempo do falecemento  da dita nosa nai  quedaron moitas débedas  e ao presente están por pagar  e para a paga delas  temos necesidade de vendermos  unha peza de herdade  que está xunto a San Salvador, por ende   , á Vosa Mercé  pedimoslle e suplicámoslle  se é necesario requerimos  nos mande dar a necesaria licenza para vendermos a dita herdade , xuntamente con Bartolomeu de Teça  e Catarina Díaz, noso cuñado e irmá , para pagarmos a dita débeda  e pois á vosa mercé lle consta  das ditas débedas  e que se deben  e nos queren  executar .... é por parte do Mosteiro  e Cristovo Pizarro , crego ,  e outras máis persoas á Vosa Mercé pedímoslle  segundo é suso e para iso resulta.- Pedro Díaz de Guitián.

Na vila de Sárria a vinte e catro días do mes de novembro  de mil cincocentos e noventa e dous anos perante Pedro Díaz Piñeiro, tenente  polo licenciado  Vaca , escribán ,,  e perante min escribán  e testemuñas  pareceron presentes  Pedro Díaz e María Díaz de Guitián  e presentaron   esta petición  e pediron o nela contido  e vista polo dito tenente  dixo  que atento  que lle constaban  ser verdade  o contido  no dito pedimento  e os susoditos deberen as ditas  débedas  e outras e serlles  máis útil e proveitoso vender o dito cortiñeiro e  herdade contida no dito pedimento, que non outra cousa dos seus bens,  dixo que daba e deu  a dita licenza para vender a dita propiedade  e cerca diso outorgar escritura de venda  en forma  cal de dereito  se require  e atento  que lle consta  que a dita herdade  cómpranlla  e danlles por ela todo o máis de que val , a todo o que  se  é necesario  interpuxo a súa autoridade  de dereito  e asinouno  do seu  nome , e pasou perante min Pedraça. escribán público.

                                                  ............................................

Na Vila de Sárria  a vinte e catro días do mes  de novembro  de mil e cincocentos e noventa e dous anos , perante min, escribán,  pareceron presentes , os ditos PEDRO DÍAZ e MARÍA DÍAZ DE GUTIÁN  debaixo da dita herdanza e polo que lles toca, e BARTOLOMEU BUELTA DE TEZA e CATARINA  DÍAZ DE GUITIÁN,  a súa muller,  con autorización e licencia e expreso consentimento  que ante todas cousas pediu e demandou  ao dito seu marido  para facer e outorgar, xurar e se obrigar a todo o que nesta escritura  irá contido , e el deulla segundo para iso lle foi demandado , da cal dita licenza, eu escribán, dou fe, e dela usando   a dita Catarina Díaz  e María  Díaz e Pedro Díaz polo que lles toca e como fillos e herdeiros que fincaron  da dita Inés Díaz. a súa nai ,  e o dito Bartolomeu de Teza xuntamente con eles  e todos catro  de mancomún   a  voz de un  e cada un polo todo, renunciaron as leis de duobra  res de vender  e a auténtica  presente ou queita de fide  susoribus  e as leis de mancomunidade  como nelas se contén,

Dixeron que dende agora para en todo tempo xamais  por si e os seus herdeiros  e sucesores  vendían e venderon por xuro de herdade  ao Reximento da dita Vila de Sárria  que estaba presente e PARA O HOSPITAL QUE NELA MANDOU FACER  DON DINÍS  DE CASTRO, defunto , convén a saber  que así lle venderon  e deron  en venda o seu LEIRO  e CORTIÑEIRO  que está nesta Vila de Sárria, de fronte  da igrexa de San Salvador  da dita Vila  e segundo que está pechado de sobre si  que levará seis celemíns  de trigo de semeadura , pouco máis ou menos, con todas as súas entradas e  saidas e  pertenzas e o a el anexo  e pertencente e por propio Desmo a Deus, sen cargo  de censo  nin tributo algún e por prezo e contía de DOUSCENTOS E OITENTA  E SEIS REAIS  que por eles os ditos Xustiza e Reximento  lles deu en pagamento de diñeiros  de contado  para o dito efecto  do dito hospital e dos  ditos  douscentos oitenta  e seis  reais  déronse por entregos  por canto  os recibiron  realmente e con efecto  da cal paga e entrega  eu, escribán,  dou fe , que se  fixo na miña presenza e das testemuñas  desta carta e dixeron  e confesaron o dito leiro e propiedade, non valía máis dos douscentos oitenta e seis reais e se máis valía  que non fai dela demanda , sendo a houber, que non hai, dixeron  facían e fixeron graza, cesión, doazón, pura, mera perfecta, irrevogable, que o dereito chama entre vivos , ao dito reximento  e ao dito hospital  e cerca dela renunciaron  as leis do ordeamento real  que falan en razón   das cousas  que se compran  e venden por máis ou menos da metade  do seu xusto prezo   e dende, día e agora que esta carta esta feita e outorgada   en en adiante e para sempre xamais , se deseinstituiron  e apartaron   e aos seus herdeiros b e sucesores da real,  corporal , herdanza e posesión  e señorío dereito  que ao dito leiro habían ou tiñan.

E todo iso renunciaron , cederon e traspasaron   no dito Reximento e Hospital para que poidan facer del  e nel  a súa vontade  e é condición  e déronlle poder amplo  para cada que quixeran poidan tomar  a posesión del  e pola tradición desta carta  que lle entregaron , do que eu, escribán ,  dou fe.

Dixeron daban, deron, a posesión  do dito leiro ao dito Reximento  no nome do dito Hospital  e para sempre xamais  e que a isto nin parte disto non haberá contradición  algunha e obrigáronse coas súas  persoas e bens mobles e raíces  habidos e por haber de faceren   certo e seguro e de paz ao dito hospital   e para sempre xamais e que a iso  ou a parte diso  nn haberá contradición algunha , so pena de lle pagaren todas as custas  e xuros  e menosczbos  que cerca delas   se seguirten  e recreceren  e con todos os seus perfeitos  e melloramentos  que nel  se fixeren  e para así  o cumpriren, pasaren, manteren e haberen  por firme baixo  da dita mancomunidade .

Dixeron  que daban  e deron a todos os xuíces  e xustizas seglares  do rei Noso Señor  a cuxa xurisdición  se someteron  e renunciaron  ao seu propio foro , xurisdición e domicolio  e a lei  " han  veni ius de jurisdicione dunum judicio! para que por via executiva  lla fagan cumprir e haber por forme e boa  como se esta carta e o nela contido  foran sentenza definitiva dada contra  cada un  deles por xuiz competento  e pasada en cousa xulgada , e renunciaron  as demais leis  no seu favor , e a xeral que di que xeral renunciación de leis que home ou muller faga que non valla  e para máis validación do susodito,  os ditos Pedro Díaz e María Díaz por seren  maiores de catorce anos   e menore4s dos vinte e cinco e a dita Catarina Díaz por ser muller casada, xuraron a Deus e a un sinal de cruz de non iren nin viren contra esta escritura  agora nin en tempo algún nin dela pedirán reclamación en ningún tempo do mundo e de máis  a dita Catarina renunciou as leis dos empertadores  Xustiniano , de Senatu Consulto veliano e leis de Toro e partida que falan no favor das mullerres como nelas se contén, das que foi avisada por min, escribán,  e  aínda así renunciounas e baixo do dito xuramento prometeu de non pedir  nin demandar a dita propiedade  e parte dela  lle podía caber por razón do seu dote, nin arras , nin bens parafernais , nin polo privilexio deles, nin para facer esta escritura  non fora apremiada, nin inducida polo seu marido , senón que ela o outorgaba da súa espontánea vontade, baixo do cal prometeu  de non pedir absolución  nin relaxación  ao noso moi Santo padre, nin a ningún  outro perlado  que de dereito  poida concederlla e aínda que de se propio motu lle sexa concedido  , diso non usará  , nin se aproveitará  e tantas cantas veces  lle for relaxadom tantos o volve  a xurar  e máis unha pena  que haxa, sempre máis un xuramento   que relaxación , e todos tres dixeron. " Si xuro", amén.

E prometero de  de aí cumprilos  en fe do cal outorgaron  esta escritura   na maneira   que os ditos tres  e os ditos Bartolomeu Vuelta de Teza e Pedro Díaz de Gutián asinárono dos seus nomes e porque a dita Catarina Díaz e María Díaz noin sabían asinar,  pregaron a Cristovo îçarro , crego, asinouno por elas do seu nome ao que foron presentex Xoán López  do Barrio, alcalde na dita vila  pola  Súa Excelenza o Conde de Lemos , e Xulián López do Párami, alcalde polo Reximento da dita Vila, e Pedro de Piñeiro m rexidor pola  Súa ERscelenza, e Sebastián Gil  Dabreo, rexiddor pola dita Vila,  e os ditos Xustiza e Reximento  dixeron que  aceptaban e aceptaron esta escritura de venda e asin´ñarono dos seus nomes, estando presentes por testemuñas o dito Cristovo Piçarro, que asinou  a rogo dos outorgantes e  Sebastián Díaz , escribán, e Xoán Fernández, fillo de María Fernández, veciños da dita  Vila, E eu, escribán, dou fe coñezo aos outorgantes.

 Bartolomeu Vuelta de Teça. Pedro Díaz de Guitián,. A rogo Xtovo Pizarro- Xoán López - Xulián López-   Pedro Díaz Piñeiro-Sebastián Gil Dabreu.- Pasou perante min , Gregorio Pedraça, escribán.

Eu o dito Gregorio Pedraza de Noboa, escribán público aprobado pola súa maxestade, veciño da dita Vila de Sárria, fun presente ao otorgamento  desta venda   e os recibir  del tanto e en fe de todo asino  e signo e levei de arancel público  catro reais , que mos pagou  Gabriel de Mendaña, mordomo do dito hospital.- Gregorio Pedraça, escribán.

 ( Venda do hospital  desta vila de Sárria que fixeron Pedro Díaz de Guitián, Bartolomeu de Teça e foi do LEIRO ONDE SE FIXO O DITO HOSPITAL ).-  Pagueille catro reais  ao Señor Pedraza. -Nota : Venda do LEIRO DO HOSPITAL,  que está á súa traseia )- escrito con letra diferente á do corpo do documento-

............................................................................................................................................................. 

X.F.L.A.-  ( Tiven á vista unha copia con variacións, procedte do desaparecido arquivo da Obra Pìa fdos Hospitais de Santo Antón Abade e San Lázaro ).

( 2o de xaneiro de 1723 ).- " .....É copia  do seu orixinal  que no meu poder e oficio queda, de onde a fixen  sacar ben e fielmente, á que me refiro, En en fe disto  e como escribán público e do número desta dita Vila de Sárriam e Sucesor, no dito oficio  e nots do dito Xácome e Gregorio Pedraza, de quen  tamén  do dito oficio me queda a información da súa fialidade e legalidade á que tamén me refiro.

E en fe de todo isto sígnoo e asino segundo teño por costume na dita Vila de Sárria, a vinte de xaneiro  deste ano de mil setecentos e vinte e tres , de pedimento do Mordomo do dito hospital.Pedro de Losada Quiroga ,

( A favor do Hospital de  Santo Antón ,  da herdade que está ao seu carón).

......................................................................................................................................................... 

                                      Requerimento  por renda posta a pleito

( 18 de maio de 1627 ) 

 

        


 

 

Comentarios

Publicacións populares