SÁRRIA: UN ORGANEIRO EN CHORENTE ( 820 )

 SÁRRIA : UN ORGANEIRO EN CHORENTE ( 820 )

                                                                Don Francisco Vázquez Saco

                              MELCHOR  GONZÁLEZ MALDONADO:  MESTRE ORGANEIRO

Cítao o Catastro o Marqués de la Ensenada, entre os que exercían artes mecanicas na Parroqui de Chorente .

Un Mestre Organeiro , dí a Única , chamado MELCHOR GONZÁLEZ, ao que lle regulan  de utilidade na dita ocupación  cada  un ano mil cen reais de veludo.

No persoal de leigos , cítao entre os fidalgos ; Don Melchor Maldonsdo,   de trinta e catro anos, casado, ten un criado maior e  unha criada".

En finm o real de leigos, rexístrao con estas palabras : " Dn. Melchor González Maldonado, fidalgo e Mestre Organeiro".

Temos referenza documentadas  traballos  seus  na catedral de Lugo, a partir do ano 1750.  No Cabido de 27 de maio, dase conta de ter presentado nemorial Don Melchor Antonio González, mestre de örganos, pedindo sesenta reais pola composición  salgíns canos partidos e outros estragados ;  algúns danos  nos foles do Órgano; cuxa cantiade foille librada  por conta do Entonador,; por ter este ocasionado  co seu descoido os ditos danos".

Transcorre despois un lapso de vinte anos, sen mención algunha do artista. O 15 de decembro de 1770, o  Sr. Deán dixo ter tratado co organeiro sobre  facer no órgano  unha cadencia  con quince rexistros máis, e quedando o desmonte de conta do organeirom; mais non o das estadas, e faríaa en seis mil reais; e así o poñía en noticia do Cabido  para que determinase o que debía executarb; e feito cargo ser bastante equitativo , foi comisionado para que poida mandar facelo.

O axuste fíxose con D. Melchor Maldonado, organeiro xa entón da Catedralm aínda que non o nomean expresamente.

Así se ve do acordo tomado en Cabido de 19 de outubro do ano seguinte, 1771 : "  Leuse un memorial do Horganeiro D, ;elchor, expoñendoo a moita obra que adiantara. ademáis da que tiña axustada; e comisionouse a mín  Segredario para que dispoña  que se lle dea satisfación do que mereza".

En 1780 xurdiron  algunhas queixas  na contra do organeiro, das que se fai eco o Cabido celebrado o 14 de novembro : " O Sr. Fabriqueiro deu conta de que tendo o Órgano desta Santa Igrexa até vinte e catro rexistros, o organeiro nin acostumaba nin quería afinar más  que os catro  prtextando non tiña obrida diso. E resolveuse que o dito señor previñese ao Mordomo da mesa capitular e Fábrica, non se  lle pagase o salario  sinalaso até tanto que exivise  a contrata feita co Cabido para quedar máis ben  certo da obtiga que lle corresponde e poder evacuar calquera dúbida que así ao de presente como no sucesivo poida ocorrer sobre este particular.

Esta dilixencia foi desfavorable para o organeiro; pois durante o Cabido de 23 de decembro do mesmo ano foi lido un memorial  de D. Melchor González  Maldonado, no que reprentando  a cativeza do saleiro  que se lle dá por afinar todos os rexistros cheos , cornetas  e frautadosm pedía que se lle aumentase, ou eximise de afinalos todos ;  e resolveuse que o Señor  Fabriqueiro  tratase e se compuxese co sobredito m consinuándolle o que lle parecese xusto e razoable.

 E nda máis sabemos del  até a súa morte, acontecida nos últimos meses do ano 1785. No Cabido de 5 de novembro do ano 1785. No Cabido de 5 de  novembro deste ano foron lidos dous memoriais , un do  P. Frei Felipe de la Peña, Relixioso no Convento de San Francisco da Cidade de  Santiago; e o outro, de D. Pedro Ferreira, veciño desta cidade, ambosdous  Mestres Organeiros, nos que suplican ao  Cabido que,  tendo coñecido quedou vacante nesta Igrexa a prazade tal Organeiro, pola morte  de D. Melchor Maldonado, que o foi até de agora, se digne conferillela, se os contemplan idóneos  para o dito emprego e for da súa confornidade",

( Todos estes datos  constan no Lbro 19 de Actas Capitulares ).-  Están en dúas folliñas mecanografadas  obrantes no Fondo Vázquez Saco do Arquivo Histórico Comarcal de Sárria ( en formación ) e versionado o seu contido en galego por XAFA - 2026 ) 

 

Comentarios

Publicacións populares