FIZ VERGARA VILARIÑO : " HISTORIA DUN TOLO QUE SABÍA TOCAR O CLARINETE " ( 821 )
HISTORIA DUN TOLO QUE SABÍA TOCAR O CLARINETE ( 821 )
( Los Domingos de La Voz, 12 de xaneiro de 1975 )
FIZ VERGARA VILARIÑO
Naide sabía quen era , naide o coñecía de nada ....
Apareceu pola aldea unha mañá de outono ( Daquela tería eu 10 anos ) Viña acompañado dun cadeliño e traguía un maletín de madeira na mao. Era un home pequeneiro e rexo . Vestía un traxe de pano vello e cubría a súa cabeza calva cun sombreiro cheo de furados. Andaba devagariño como se as pedras o mancasen na palma dos pés. Tiña os labres en carne viva i as súa meixelas estaban poboadas por unha longuísima barba de neve. O cadeliño que o acompañaba era miudo e fraco como unha miñoca. O tío Regas- en paz descandes -, que era un home moi fanfarrrón e malicioso, según viu aquel animaliño, ceibouse a rir a gargalladas e perguntoulle ao dono con moito aquel: ¿ E vosté ónde trai este pasafame ?. O home do maletín engrñou os hombreiros e seguiu a camilar.
Non falaba con naide por eso todos os veciños o miraron de reollo ; " e el será un ladrón ..? -preguntábase.
En canto chegou á aldea , buscou a corredoira principal, a máis transitada ( Era unha corredoira á que todos chamaban a praza e por ela trafegagan xentes arreo ). Arrimouse á parede , co cadeliño á súa veira, abriu o maletín e del sacou un chirimbolo que semellaba un fusil de guerra , colleuno na mao e mirouno detidamente.
Os veciño visiábano , agachados tras os cristais das fiestras e comentaban asustados:
-. É un asesino !
-Velahí ten o fusil.
-Estamos perdidos.... !
-Dios nos valla !
O ome seguiu a contemprar o chirimbolo alleo aos comentarios das xentes. Cando xa o tuvo fitado e refitado , achegouno aos labres enmordiñamente , Os veciños, ao lle ver facer aquelo, berrraron :
- É un suicida ...!
- Vaise matar.... Vaise disparar un tito no ceo da boca ...!
Pero trabucábsnse os meus veciños.
Aquel home non era un ladrón nin us asesino, nin un suicida . Nin aquel chirimbolo era un fusil de guerra como eles pensaron. Aquel chirimbolo era un clarinete , nin máis nin menos.- Ao tocarlle cos labre no punteiro ceibou unha música máxica que encheu de ledicia a aldea enteira .
I entón os veciños abriron as fiestras de par en par e comentaron apampados :
- Oh, évos un tolo !
- Un tolo que sabe tocar o clarinete.
- Manda truco ....!
E dende entón e pra sempre , xa todos lle chamaron " O Tolo do Clarinete " .
Aos poucos minutos de comezar a soar a música , a praza estaba chea de xente , Nin unha alma viva fixou na casa. Todos, a feito - vellos , mozos e nenos- saíron a ver e ouvir ao músico ambulante.
A musica do clarinte era engaiolante e toda a máis non poder. As notas choutaban por todas as corredoiras e metíanse en todas as casas como un coro de grilos , O tolo tocaba dun xeito maxistral i as súas fazulas finchábanse,ao soprarlle ao punteiro, como dous globos roxos . As melodías iban e volvían ir e volvían vir como unha ringleira de volvoretas.
- Abofellas semella un milagre del Señor !- decían todos,
- Una maravilla, una auténtica maravilla - excramaba Felisa, a criada do crego, que, estivera 4 meses en Madrid, xa se esquecera de falar o galego,
Despois da sesta a praza foise valeirando. As xentes fóronse prós seus traballos como decote e deixaron o tolo.Pero a música do clarinete iba no corazón de cada un pra lle facer o tráfego máis levadeiro. Os labregos traballaron ao son do clarinete contentes como cucos.Os nenos fomos ´a escola reloucando igoal que grilos. I en canto saímos volvemos a xunto do tolo outra vez. I ao chegar a noitiña tamén volveron os labregos i a praza volveuse a encher de xente. O tolo i o seu clarinete engaiolaban a todos. Era algo maravilloso . Nunca outro tal se vira.
Cando facilitaba a facerse noite pecha, o tolo deixaba de tocar, gardaba o clarinete no maletín de madeira e alonxábase de vagar por .. falándolle ao vento i agarimando o seu cadeliño . Naide sabía a onde iba. Algúns decían que iba dormir a unha cova das aforas, pero de certo naide sabía nada.
Ao asomar o mencer xa estaba tocando o clarinete na praza. As súas notas espallábanse sobre os albres cobertas de resío i i ateigados de paxariños. Os labregos espertaban e marchaban emtusiasmados pró traballo. Os nenos ibamos á escola i el saudabamanos abaneando o seu sombreiro esfuraxado.
Na escola tamén falabamos do tolo e comentabamos o ben que tocaba o clarinete. Un día deunos por lle preguntar n ao mestre quen lle deprendera ao tolo a tocar daquel xeito . O mestre díxonos que era un caso como o da fábula aquela
" Sin reglas del arte, borriquitos hay que una vez aciertan por casualidad "
Pero nós ben sabiamos que o mestre non tiña razón neste caso. As cousas non saen ben por casualidade, Non.... Para que as cousas saian ben compre deprendelas primeiro e despois facelas con moito tino, Nós ben o sabiamos.
Cando saímos da escola era mediodía i a xente xa estaba reunida na praza escpitando a música do tolo... Xa todos sabían de memoria as melodías do clarinete,
Nembargantes os veciños sentían mágoa do tolo . Parecialles que aquel home que tocaba pra lles facer a vida máis gasalleira non merecía andar como un esfarrapado.... Debemos axudalo - dixeron.
Dito e feitol,. Todos cumpriron a palabra, Ao día seguinte todas as mullerres da aldea foron ofrecerlle pan e touciño, perp p tolo díxollesn que non necesitaba comer.mTamén lle ofrederon un traxe novo perom el dixo que non mecesitaba máis roupa ca que traguía posta. E ofrecéronlle de todo canto tiñan , pero el non quixo nada . Díxolles que el non necesitaba m´´ais ca tocar o clarinete. As mulleres solpremdidas por aquelas respostas volveron pras súas casas.
Nembargantes ns aldea vivía un home ao que non lle gustaba a música. Era don Pedro Petenas. Don Pedro Petenas era o home máis rico do lugar. Era dono dos mellores agros e todos os labregos traballaban para el . Todos os labregos traballaban ó seu mandado e tiñan que pagarlle trabucos e rentas.A don Pedro Patenas - como xa vos dixen- non lle gostaba un tris a música do tolo. Decía que non o deixaba durmir a sesta tanto algaredo. Don Pedro Petenas xa desafiara varias veces ó tolo desde o balcón pero antes pero unha mediodía foise á praza cun coitelo na mao pra matalo.... Os veciños quixeron detelo , pero desafiounos seriamente e tiveron que deixalo . ¡ Calquera a don Pedro Petenas ! . Ao chegar todo .Ao chegar xunto do tolo díxolle : Vas ir tocar onde eu sei, pailán do demo , I ergueu o coitelo pra llo cravar na caluga, Daquela foi cando o cadeliño deu un brinco i espetoulle os dentes nun xionllo ao asesino. Don Pedro Petenas ao se ver ferido tirou co coitelo e marchouse coxeando cara a súa casa. I os veciños rosmaron baixiñamente ;
- Estívolle de perilla.
- Lambón,
-Lacazán.
.Comellón.
I o tolo seguiu a tocar o clarinete como si nada pasara.......
D
Comentarios
Publicar un comentario