MOSTEIRO DE SAMOS: ( 1507 )OS CONDES DE LEMOS E ANDRADE FACENDO LABOR POLA PAZ NO REINO DE GALICIA ( 830 )

 MOSTEIRO DE SAMOS: ( 1507 ) OS CONDES DE LEMOS E ANDRADE FACENDO LABOR POLA PAZ NO REINO  DE GALICIA.                    ( 830 )

                                              A CONCERTACIÓN DE SAMOS  

( 1507,  xaneiro 27 ).- Mosteiro de Samos.

 Concertación entre o Conde de Lemos e o Conde de Andrade e Conde de Caserta. comprometéndose  a manter  a  paz no Reino de Galicia,  en servizo da Coroa. 

 Nós o  Conde DON  RODRIGO ENRÍQUEZ OSORIO, Conde de Lemos, e DON FERNANDO  PÉREZ DE ANDRADE, Conde de Caserta, facemos saber aos señores xustiza e rexidores , cabaleiros  e fidalgos  das cidades   de Santiago e A Coruña e Betanzos e Ourense  e Tui e Mondoñedo e Lugo, e as vilas  de Viveiro e Baiona  e todas as vilas e terras  e abadengos  e beetrías  deste REINO DE GALICIA  que nós, actando o que a todos é notorio  e visto o detrimento  e perigo  no que estes reinos están  pola causa  da Raíña Dona Xoana , nosa señora ,  que pola tristura  e congoxa  que ten polo falecemento  do Rei  Noso Señor , que en gloria sexa ,  non quixo nin quere entender, nin gobernar, nin dar poder  a quen entenda, nin goberna  estes reinos , acatando e mirando os danos  a causa disto, ademais dos danos  que á súa real conciencia  disto redunda , todos os grandes e súbditos e naturais  da súa  Alteza   son obrigados , polo que toca ao servizo de Deus  e á lealdade   e fidelidade que deben  á Súa Alteza  e a prol do ben común  e pacificación  dos  reinos, ACORDAMOS  de facer  saber que moitas persoas de danada intención . vendo este defecto  , atrévense   e atreveranse  moito máis de aquí endiante de faceren  moitas liaradas, insultos , mortes seguras, forzamentos, roubos e crimes e outros graves delictos :

E para evitar estes e por servizo  da Raíña, nosa señora,  e por ben e pacificación deste reino , daremos  favor e axuda a todas as xustizas, correxidores, alcaldes, meiriños, xuices de todas as  cidades  e vilas de susoditas para que fagan e poidan facer  executar a xustiza  en todos os ladróns, roubadores, forzadores e cometedores  de mortes de aleve e seguras e alboritadores para que poidan  punir e castigar , de maneira que coa axuda do Noso Señor e coa nosa poidan  executar a xustiza en todos os que caian nos crimes de susoditos, 

 

Comentarios

Publicacións populares