SARRIA: GAITEIROS DA TERRA DE SÁRRIA ( 829 )

                          SÁRRIA: GAITEIROS DA TERRA DE SÁRRIA ( 829 )

                                              GAITEIROS 

XOÁN DE RIVELA.- 

EDUARDO LENCE - SANTAR E GUITIÁN

LUIS YEBRA ÁLVAREZ 

RAMÓN DAS BICICLETAS (  RAMÓN PALLARES  LABARIÑAS ) 

 MARTUCHO

GUÁ 

GUSI 

CARME LÓPEZ 

****************************************************************************** 

                                          GRUPOS DE GAITEIROS 

OS YEBRIÑAS.-

CUARTETO DE  SÁRRIA.

CUARTETO CASENO.-  ( 1935 ) Formado en Lóuzara ( Samos ) 

O EMPLASTRE DE VILEI..

ARGALLEIROS DE BARREIROS,.

GAITEIROS DE MEIGAS E TRASGOS

GAITEIROS DE PELERIÑOS.-

BANDA DE GAITAS DE SAMOS. 

XANZÁ.- ( 2003.2007 )  Formado en Sárria. Compoñentes :  David Pàez, Xosé Antonio López,  Ismael García,  Borxa López, Carme López, Tania Balboa ,  Xulio Villanueva , Alexo Pacín e Xorxe Aria . Pariciparon   no Concurso  da Terra e a Lingua  de Narón.-  Finalistas en dous certames  de Radio Obradoiro en Santiago de Compostela. Obra: " Muiñeira de Cabana", " Sementeira ". En 2020 fixeron actuacións.

GAITEIROS DO INCIO.. 

XARÍN.. 

GAITEIROS DE GOIÁN. 

AS RAPAZAS DE TREILÁN.- 

****************************************************************************

                                     ARTESÁNS   DAS GAITAS DE FOL

(  La Voz de Galicia,  23 de xuño de 1999 )

         Suso López  adica o seu  tempo libre a construir de forma artesanal estes instrumentos.

                       A arte de fabricar gaitas, un oficio que corre o risco de desaparecer.    

A longa experiencia demostroulle a Suso López que a paciencia é fundamental  á hora de fabricar o instrumento musical  máis tradicional de Galicia.  O mesmo , tempo e coidado que adica  a cada unha das pezas que forman a gaita, fai que despois as notas que saen delas  soan a gloria,

SÁRRIA.- ROCÍO NÚÑEZ.-  ( Delegación ), SUSO LÓPEZ LÓPEZ ten 61 anos, Está xubilado e isto permítelle  disfroitar  de moito máis tempo  para practicar  a súa afeizón favorita  ; a fabricación de gaitas.  Os seus amigos considérano un "manciñas"  porque tanto arranxa unha portta que unha tubería.  Dende pequeno  tivo moi claro  que non se quería adicar ás tarefas do campo. Xa no ano 51 , cando ardeu o convento de Samos, participou na súa  restauración.  Alí por primeira vez tomou contacto co torno e participou no laborioso traballo da talla das portas. Foi aquí cando Suso comezou a tomarlle gusto  a este  tipo de tarefas que acabou convertíndose  nunha afeizón  e que co paso do tempo  derivou na difícil  e paciente elaboración de gaitas.

A partires dese momento comezou a fabricación de forma autodidacta , nunca fixo cursiños, nin tivo un mestre . Únicamente uns amigos  lle ensinaron unhas nocións básicas. A súa primeira obra aínda a conserva. Agora modificou as tallas que realiza nas pezas  destes instrumentos  ,pero contiúa a facelas cun torno que mercou por seiscentas pesetas  hai 35 anos  e que posteriormente restairou  incorporándolle un motor.

Algunhas das gaitas  que sairon das súas mans  viaxaron por todo o mundo. Unha delas aparece  no catálogo dun  grupo de música  alemán. Debaixo da súa fotografía  aparece o seu nome e o de Sárria.

                                             Unha das ilusións  de López é impartir  clases

Suso López afirma son moi poucas as persoas que se adican á fabricación artesanal  destes instrumentos . O perigo é que daquí  a uns anos , esta arte terminará  desaparecendo. Por este motivo, López apuntou  que unha  das súas maiores ilusións é poder impartir clases para transmitir os seus coñecementos a todos aqueles que queiran continuar a tradición.

Os seus fillos polo dagors  non amosaron  demasiado interese , pero el e a súa muller  aínda  conservan a esperanza de que algún deles queira continuar  ou cando menos , o mesmo que Suso , teñan esta actividade como afeizón.

Un dos segredos  aos que se refire Suso para que unha  gaita se distinga doutra é  utilizar madeiras de calidade.

***************************************************************************** 

                    

Comentarios

Publicacións populares