SÁRRIA : EVOCACION E PAISAXE ( 846 )

                                     SÁRRIA  : EVOCACIÓN  E PAISAXE                   ( 846 )

                                                                         Por Antonio  Peña Villamarín

ACHEGÁNDOSE A SÁRRIA DENDE LUGO , a visión  síntese oprimida, unha cadea de montañas  achégase. Preséntese   a ascensión a un elevado porto , mais non é así , a estrada  empínase , retórcese  e salva  por unha única fenda  o ascenso ao pequeno alto  de Betote. Alí , como se rachara un telón para presentar unha escea totalmente nova. Alí , como se rachara un telón  para presentar  unha escea totalmente nova, ou como unha mutación  cinematográfica que queira sorprender  cunha secuencia non agardada , a  vista acouga , ameniña do ollo mingua   e o cristalino  adáptase para  a percepción  de lonxanías.

Dende  este alto  a sorpresa  renóvase , aínda nos que día tras día con ansiedade  a  agardamos.

Abaixo, o val de Sárria , cunha alfombra  esmeralda amplamente tendida, mancheada  en sienas, raiada en ocres e amofaldada por un circo de cuiñas  riba das que destaca  no máis lonxano horizonte  a cabeza erguida do Iribio. 

Ao fondo , outro  outeiro  máis perto  coa súa forma de mastín dormido , na cima  da súa lomba , vértebras  puntiagudas , crestería  descendente de teitumes, marca o reptar  ondado   da rúa Maior.  Este é o Sárria primitivo  de perfil ergueito , que hoxe renace pleno de vitalidade , gorentoso de ocupar  o amplo e fermoso val  que ao seu pé  se extende.  Remata a súa silueta en tres cruces que coroan  tres torres  de tres  épocas , de tres estilos ,  bandeiras  da permañenza  da Fe  ao longo  dos séculos , e pola amea desdentada dunha vella torre dunha desaparecida fortaleza, que nos di. " Sárria foi sempre soar de fidalgos".

O val, case circular, dun diámetro de máis de seis quilómetros, extraño  pola súa perfeita lisura e a case carencia de desnivel , recorda o fondo sedimentado  dun lago que esmoreceu por  evaporación  Dúas arterias  liquidas  régano  e fano fecundo. Dous pequenos ríos,  Sárria e Celeiro , penetran tímidos por dúas estreitas fendas, As Aceas e a Veiga. A eles débelles o val de Sárria  a súa frondosidade e o aeu valor cromático.

O Sárria, con maior  caudal , é formal e serio.  Nos seus  primeiros  pasos  espenicase  buliciosamente  dende Triacastela  por Pena Partida.  Nas súas torrentadas  e dondas  baixadas  críanse  as máis prezadas  troitas; en Samos , impresionado  pola mole do Mosteiro , remansa e lambe os seus pés, failles ofrenda aos monxes ofrenda dos seus mellores e reemprende  a súa  inqueda viaxe . A Sárria  chega canso  e sen forzas  despois de agotals facendo xirar  as rodas de tantos muiños.

O Celeiro , presuntuoso, finchón  e ameazador nos invernos , torturado pola estreitura da Veiga, onde  o obrigaron   a deixarlle paso ao antigo camiño de Santiago , non sen antes  cinguilo  cunha ponte  románico, e máis tarde . aínda non hai un século -  a se comprimir  aínda  máis  para servir  só  de espello ás paralelas de ferro do ferrocarril , que lle marcan fitos ,  abaixase no estío, escóndese  entre as frondas dos chopos  e só unha veta verde denota que por alí  pasa un río-

Ambos os dous ,  despois  de cumprir  a súa misión  común, a de vivificar o campo, parece que queren  separarse , mais antes  teñen  que  embelecelo. O  Celeiro , máis frívolo,  divídese unha e outra vez volta a se  unir  formando varias  illiñas  que enmarcan  polo norte  a paraxe  deliciosa  coñecida por AS INSUAS ( as illas ) - aquí  véxome obrigado  a utilizar  o  moi  repetido  tópico : verdadeiro  parque natural  de Sárria - hoxe  a punto de desaparecer se o noso dignísimo  Concello , con actividade loable , co beneplácito  de todos os sarriaos  e sen repararen  en sacrificios  económicos , non tomase o acordo de proceder  á súa  adquisición

O Sárria achégase  ás Insuas  polo sur ;  só unha vez  se divide e reúne , máis entre os seus brazos  de auga , a máis ampla  e a máis querida de todas as illas:  A ILLA por antonomasia . Alí é onde  tantos e tantos sarriaos , en horas felices e plenas de ilusión, deixamos grabad co gume da navalla , na cortiza tenra das árbores , o perfil  dun corazón que encerra a inicial da muller amada.

A Illa  é como unha fragata  ancorada , molida cuberta e amplo  velame  de ameneiros verdes. Dúas  pontellas  comunícana con  terra.  Fronte  á súa dormida  proa, o sol creba  as súas luces  no espello líquido  de dous ríos  que alí se xuntan definitivamente nunha aperta letal, para  morrer  no Neira e diluirse  no Miño , ruta cara o seu ocaso, o mar.

Nunha noite estival , cando o ceo reborda estrelas , é doado  nun  ensimesmo surrealista evocar  dende calquera outeiro o val  en pleno medievo.

Pregadas as pálpebras  e en plena  abstración  pode verse dende o alto da Aguiada e ao traveso de San Mamede do Camiño , entra  gorentosa de acougo,  tras as fatigas  dun duro  camiñar polas fragosidades de Pedrafita  e O Cebreiro , longa fieira  de peregrinos xacobeos , monxes, guerreiros ,  ascetas  e fieis procedentes  de todas as latitudes  de Europa ; fan un alto  neste umbroso  remanso de paz, beleza e pracidez, para orar  en todos os idiomas ,  minguar o cansazo  , repoñer forzas  e, despois de entregar  os doentes  á caridade  sarriá  - que a este fin   contaba xa no século XIV  co Hospital  de San Lázaro , do que  como único recordo  só queda o barrio  que leva  tal nome e unha Capela  adicada a esta advocación  - , de seguido  reemprender  a dura viaxe, guiados só por lácteos  luceiros  que os levan cara o luminoso astro  que incide os seus raios  riba do Glorioso  Sepulcro  do Apóstolo  Noso Señor Santiago.  Xa se perdeu na noite , deixaron atrás Barbadelo e cecais  agora marchen  dende Biville e A Pinza, afanados por chegaren  até Portomarín.  No silenzo  das tebras  parece  oirse  como un ecoar lonxano o grito litúrxico  : ¡ Ultreya !

                                                                                                 Sárria, 1961 

( Traballo en castelán , publicado no Libro Programa das Festas do San Xoán do ano 1961, versionado agora en galego por Xaime Félix López Arias ) 

 

 

 

a 

e Betotede demo unha msecuencia  non agardada , a vista acouga , a meniña do ollo mingua  diante de tanta luz  e o 

 

Comentarios

Publicacións populares