Centro Republicano de Sárria

( 1931/1936 )

CENTRO REPUBLICANO DE SÁRRIA

Asociación de carácter político e agrario, con domicilio social na Avenida da República , s/n, de Sarria.

Fins da asociación:

     1º.- A defensa da República , as súas leis e institucións.

      2º.- A defensa da soberanía popular contra toda clas de persoas, organzacións ou partidos políticos que impidan , dificulten  ou falseen  o goberno do pobo polo pobo, en réxime de verdadeira democracia.

      3º.- A defensa de canto siñifique solución   e atenda a solucionar os problemas que afecten aos inteeses económicos e espirituais da rexión galega.

      4º.- A defensa individual e colectiva dos asociados , contra os atropelos de que podan seren vítimas no exercizo dos seus dereitos políticos , administrativos e sociais, procurando agotaren todos os recursos para acabar coas praticas caciquís.

       Este Centro ten carácter agrario, e terá tamén por fins sociais cantos afecten á defensa  dos intereses do labrego , ao fomento da cultura e da riqueza  agro-pecuaria e, en xeral , á mellora da terra  e do home que a traballa,

       O Centro non está adherido a ningún partido político, nacional nin rexional, pero poderá facelo por acordo tomado en Xunta Xeral Extraordinaria , convocada ao efecto.
       Sendo un dos seus fins a defensa dos intereses da nosa terra, declara a súa conformidade circunstancial coa  Federación Republicana Galega , en canto esta ten por obxecto eses mesmos fins.

     Poderá ser socio deste Centro todo individuo domiciliado no  partido xudicial de Sárria, sexa home ou muller, maior de 15 anos.

      Cota social: Mínima de unha peseta ao mes, e máxima de 10 pta,
Nos Comités Municipais , serán as Diretivas as que poderán acordar  reducións de cotas.

Dereitos dos socios:
 
     1º.- A seren electores e elexibles para todos os cargos sociais.
     2º.- A utilizareren todos os servizos do domicilio social.
     3º.- Aos servizos de asistenza médica gratuìta, cando sexan establecidos pola sociedade. Estes servizos serán obxecto  dun regulamento especial.
     4º.- Aos servizos xurídicos-administrativos, que establece o Centro:
     a ).- Unha consulta gratuíta , de avogado  ou procurador, cada quince días.-
     b).-  A que se lle formulen, tamén gratuitamente, as reclamacións que na defensa dos seus  dereitos procedan, a xuizo do asesor xurídico, diante Concellos, Deputación, Delegación de Facenda, Goberno Civil ou outros organismnos da Administración pública.
       c ) A ser defendido , tamén gratuitamente, nos expedientes administrativos que se incoen como consecuencia das súas reclamacións.
       5º.- Aos servizos de ensino agropecuario , que tamén establecerá este Centro coa máxima rapidez que lle permitan os seus medios económicos.

       Deberes dos socios: Pagamento da cota social; Asistenza a xuntas, reunións e actos sociais ;  Cumprimento dos acordos da Xunta Xeral; Votar en toda clas de eleccións a aqueles candidatos que sexan proclamados democráticamente por plebiscito social, e non votar a ningunha que careza deses requisitos.

Comentarios

Publicacións populares