A Feira de San Martiño do Río ( Láncara )- 1925
Por acordo da Corporación municipal de Láncara, que aprobou a superioridade, foi trasladada esta feira San Martiño de Río, quilómetro 8 da estrada de Sárria a Becerreá, a un quilómetro do empalme do ramal que vai para Río, nun campo espacioso e hixiénico.
Este acordo foi tomado por mor dunha petición dos viciños de San Martiño de Río e os de outros catorce lugares que o arrodean e o máis distante non chega aos dous quilómetros de distancia do novo emprazamnento da feira.
O día primeiro do corrente persoouse en Río o culto Delegado Gubernativo, capitán Sr, Madroñero e no tarreo comprobou a xustiza da petición , polo que diante dos numerosos representantes dos mencionados pobos , exteriorizou a súa comparencenza pola boa obra que se ía levar a cabo en favor dos intereses gandeiros de toda esta fértil comarca, xa que o sitio onde antes estaba establecida carecía de comunicación por estar moi lonxe da estrada e no alto dun monte que ate a cabalo era pouco accesible. Vista a necesidade e conveniencia deste imediato traslado, que desde logo autorizaba para que o vindeiro día 11 teña lugar toda clas de gado, mesmo cabalerías e toda clas de produtos agrarios no novo e fermoso campo.
Ao rematar o seu breve e elocunte discurso o Sr. Madroñero, recolleu unha salva de aplausos do numeroso auditorio que alí reunira.
Cremos é unha boa obra a prol dos intereses, non só dos pobos máis direitamente interesados, senón tamén dos xerais do país.-CORRESPONSAL-
( Publicado en EL PROGRESO, 10.06.1925 )
.........................................................................................................................................................................
FEIRA DE MES EN SAN MARTIÑO DO RÍO
Como a Feira da Esfarrapa esmorecía ao quedar en terra isolada, só accesible polos vellos camiños e congostras, e o alcalde do Concello residía en San Martiño de Río, cos auspicios do delegado gubernativo do Partido de Sárria, a proposta de mudala para a parroquia de Río deu froito en moi breve prazo.
O feito de que o Sr. Silva Castro, con moi boas relacións, como corresponsal de EL PROGRESO , fose o mestre da parroquia, permitiu que se poida seguir o desenvolvemento da nova feira mes a mes, caso non moi frecuente, sendo ademáis de sinalar como polas tardes se organizaban bailes para a xente moza, que en boa maneira permitirían ir consolidando esa celebración.
PRIMEIRA FEIRA DE SAN MARTIÑO DO RÍO ( 11.06.1925 )
Cun día espléndido e fermoso, aínda que bastante caluroso, celebrouse o día de onte, 11 , no novo e fermoso emprazamento, neste pobo, a que antes era coñecida como FEIRA DA ESFARRAPA.
Estivo extroardinariamente concorrida de xentes dos moitos lugares da contorna, que na súa maior parte concorreron co seu gado e produtos de pan, dos que se levaron a bon termo grande número de transacións , especialmente de porcos, vacas, bois, tenreiros , galiñas e ovos.Estes foron pagos a 1,90 ptas.
Veu moita xente da inmediata vila de Sárria, A Pobra de San Xiao, Monforte, Lugo e outros lugares da nosa fermosa rexión.
Por coincidir coa festa de Corpus celebrouse ás once misa cantada a toda orquestra e de seguido a procisión, amenizada por un cuarteto e unha banda de música e houbo disparo de numerosas bombas.
Asistiu o delegado gubernativo, o alcalde e o xuiz municipal Sres. Somoza e Figueroa, o primeiro tenente de alcalde Sr. Arrojo, capitán de inválidos que ostenta a Laureada de San Fernando, os concelleiros Sres. Sobrado e Escobar, o secretario do concello Sr. Sierra, o oficial do mesmo Sr. Piñeiro, o acaudalado propietario don Manuel Somoza coa súa respectable señora e belas fillas, o mestre nacional de Río, Sr. Silva, e a súa distinguida esposa e familia, e outros respectables persoeiros de Sárria, entre eles o señor Marqués de Ugena e don Matías Vázquez ( Moreno ).
Nun quiosco executaron bonitos bailables dúas bandas de música, bailando a xente moza sen parar ata as nove da noite sen que decaesen nin un intre a animación e a xolda. Elevaron varios globos artísticos e e dispararon moitísimas bombas.- CORRESPONSAL.
A nova da creación da Feira de San Martiño foi publicada en EL PROGRESO o 14.06.1925
......................................................................................................................................................................
SEGUNDA FEIRA DE SAN MARTIÑO DO RÍO ( 11.07.1925 )
Tivo lugar por segunda vez no novo emprazamento con non menos concorrenza que a anterior.
Leváronse a cabo bastantes transacións , así ben con tendenza á baixa no gado porcino, especialmente o de cría.
Houbo moitos becerros,pero poucos compradores relativamente.
Hai xa varios alpendres construídos e en bon número deles a súa construción.
O entusiasmo destes pobos segue medrando, agardándose que moi axiña chegará a ser unha feira das mellores da provincia.
Á tarde baixa celebrouse un animado baile amenizado por unha banda de múscia. CORRESPONSAL . 12-7.25
( EL PROGRESO, 15.07.1925)
.........................................................................................................................................................................
TERCEIRA FEIRA DE SAN MARTIÑO DO RÍO ( 11.08.1925 )
Por terceira vez celebrouse onte no seu novo e fermoso emprazamento e con concurrenza numerosa.
Vendéronse moitos porcos e a bon prezo.Viñeron os "bercianos" como nas feiras anteriores e levaron bon número de vacas e becerros a prezos remunerados.
Houbo grande cantidade de esquisitos queixos do país, que se venderon todos.
Ao serán houboun animado baile que duróu ata a noitiña sen o menor incidente.
Asistiron todas as autoridades locais e distinguidas persoas da inmediata vila sarriá. CORRESPONSAL. 12.08.1925.
( EL PROGRESO, 15.08.1925 )
........................................................................................................................................................................
CUARTA FEIRA DE SAN MARTIÑO DO RÍO ( 11.09.1925)
Por cuarta vez tivo lugar hoxe esta feira, notándose un notable aumento de concorrentes sen gado, a pesares do tempo no que nos achamos en extremo apurado para os labregos queí aíinda non remataron as mallss das meses, e que temen volte axiña o mal tempo, que tanto retrasou os labores agrícolas este ano.
Houbo moitas transacións, sobro de todo en gado porcino e en vacún tamén e vendéronse algúns cabalos.
Para a feira vindeira agárdase, e con razón , unha enorme concorrenza por se celebrar en domingo e á saída do verán.
Polo que se poden prover os traficantes coa fin de tragueren provisións dabondo para ese día.
Unha charanga fixo a ledicia da xente nova polo serán e ata o anoitecer.
(EL PROGRESO, .09.1925)
........................................................................................................................................................................
QUINTA FEIRA DE SAN MARTIÑO DO RÍO ( 11.10.1925 )
Por quinta vez efectuouse no día de onte con grandísima animación e concorrenza de xente e gado de todas clases.
Resultou, como se agardaba, unha grande feira; mais pola tarde, cando máis animada estaba,debido á tronada e chuvia que caeu, a xente desfiou en diferentes direcións.
Emporiso a xente moza, unha vez pasada a treboada, voltou a invadir o campo para bailar, aproveitando a presenza de varios cegos provistos de instrumentos diversos.
Nesta comarca houbo unha colleita de patacas como non se recorda outra hai moitos anos, en tamaño, cantidade e calidade; a de fabas moi ben e os nabos igual. Por iso abondarán este ano os cebóns.CORRESPONSAL
( EL PROGRESO, 12.10 .1925 )
.....................................................................................................................................................................
SESTA FEIRA DE SAN MARTIÑO DO RÍO ( 11.11.1925 )
Con un bon día, aínda que pouco frío, celebrouse por sesta vez esta feira, cunha grande concorrenza de gado, especialmente de porcos de cría e dos que se venderon moitos a prezos remuneradores.
(EL PROGRESO, 18.11.1925 )
........................................................................................................................................................................
SÉTIMA FEIRA DE SAN MARTIÑO DO RÍO ( 11.12.1925 )
A Feira de San Martiño de Río, celebrouse por sétima vez. Malia a ser un día chuvioso houbo unha lugar concorrenza e leváronse a cabo transacións dabondo, sobro de todo en gado porcino, que é o que máisi abonda nesta feira.
Tamén houbo moitos e bons queixos e todos se venderon.
Por último houbo un animado baile que se alongou ata o lusco fuso. CORRESPONSAL,
( EL PROGRESO, 12.1925 )
......................................................................................................................................................................
OITAVA FEIRA DE SAN MARTIÑO DO RÍO ( 11.01.1926 )
Con un fermoso día, celebrouse esta feira, con unha animación e concurrenza extraordinaria de gado, sobre todo de vacún e porcos cebados e de cría, levándose a cabo moitas transacións , especialmente de este último e cuxos, todo a bons prezos,
Tamén se venderon embutidos a 7 ptas. o quilo e carnes salgadas e ovos, estas a 2,50 pta. a dúcia.
En fin que foi unha das boas feiras, dando excelente principio ás do novo ano 1926.
Estiveron tamén na feira todas as autoridades locais , mesmo o delegado gubernativo señor Mardones.
Á media tarde unha gaita do país fixo as delicias da xente moza , que como outras veces concurriu en grande número habendo baile ata ben entrada a noite.
Están terminando de cubrir un grande número de alpendres, o que fará mías cómodo e vistoso o lugar ao pechar o perímetro do campo por tres lados, que divide a estrada en dúas metades. CORRESPONSAL .12.01.1926.
( EL PROGRESO,12.01.1926)
........................................................................................................................................................................
NOVENA FEIRA DE SAN MARTIÑO DO RÍO ( 11.02.1926 )
.......................................................................................................................................................................
DÉCIMA FEIRA DE SAN MARTIÑO DO RÍO ( 11.03.1926)
Con un fermoso día de sol espléndido celebrouse a feira do once.
Houbo unha boa concurrencia, especialmente de gado porcino e vacún vendéndose moitos tenreiros e vacas.
A concurrencia de cabezas de gado, como dito queda, a pesares do tempo apurado en que no que se achan os labregos coa preparación das terras e sementeira de patacas , foron numerosas.
Os tenreiros cotizaban dende 175 a 500 pesetas . As vacas desde 300 a 1.000 pesetas. Os porcos desde 26 a 100.
Estes áchanse en baixa, cecais aos que se presentan nesta feira.
A vindeira será maior por coincidir en domingo. CORRESPONSAL.- 12.03.1926.
(EL PROGRESO, 12.03.1926)
......................................................................................................................................................................
XI FEIRA DE SAN MARTIÑO DO RÍO ( 11-04.1926)
Con un fermoso día de primavera celebrouse no día de onte, e cunha grande concurrenza ao que contribuiu, sen dúbida algunha , ademáis do bon tempo o coincidir en domingo.
Leváronse a cabo un bon número de trransacións de gado porcino, tenreiros, vacas, etc. , non decaendo a animación ata o anoitecido , malia ao ballón de auga que caeu pola tarde, poIs a xente moza, pasada esta, volveu a reanudar o paseo pola estrada con inusitada animación, despois de agocharse mentres durou aquel, nos excelentes alpendres que xa hai construídos , estando outros varios en construción e cos que se vai pechando o perímetro do excelente campo da feira. CORRESPONSAL ( 12,04.1926)
( EL PROGRESO, 14.04.1926)
.........................................................................................................................................................................
XII FEIRA DE SAN MARTIÑO DO RÍO (11.05.1926)
Con un día marmañento e entoldado , celebrouse a correspondente ao mes actual.
Estivo pouco concorrida, o que se explica fácilmente, xa que o elemento campesiño achábase estes días moi atarefado coa sementeira das patacas e o millo, cuxos traballos estaban moi arretrasados por mor do temporal que se desencadeou en abril e a primerios de maio.
Malia a isto vendéronse un bon número de almallos a prezos ben alzados.
Vendeuse en gande cantidade , cebola, pementos e tomates de Vilafranca, para prantar.
Polo serán houbo o correspondenee baile amenizado por unha gaita do país.
(EL PROGRESO,16.05.1926 )
.......................................................................................................................................................................
XIII TERCEIRA FEIRA DE SAN MARTIÑO DO RÍO ( 11-06.1926 )
Hoxe cumpriuse o aniversario da inauguración desta feira.
Leváronse a cabo grande número de transacións de gado vacún a prezos remuneradores, en especial tenreiros.
De gado porcino houbo grande concorrenza e foron vendidos case todos os exemplares que acodiron á feira, algúns varias veces e sempre con gaño para o vendedor.
Todo o día ameazou a chuvia , pero só fixo un vento dabondo forte.
Nas últimas horas da tarde organizouse un animado baile que amenizaron dúas gaitas do país , que tocaban alternativamente e fixeron as delicias da xente nova ata o oscurecer.
A vindeira feira coincide en domingo o que fai agoirar unha concorrenza extraordinaria. CORRESPONSAL.11-6-26
( EL PROGRESO, 13.06.1926 )
................................................................................................................................................................
XIV FEIRA DE SAN MARTIÑO DO RÍO ( 11.07.1926)
......................................................................................................................................................................
XV FEIRA DE SAN MARTIÑO DO RÍO ( 11.08.1926)
.......................................................................................................................................................................
XVI FEIRA DE SAN MARTIÑO DO RÍO ( 11.09.1926 )
Con un fermoso día e grann animación, celebrouse no día de onte a feria de San Martiño de Río. Houbo moitos porcos e gado vacún, especialmete porcos, pero notouse a grande baixa nos preszs que viñan rexendo.Pola tarde houbo un concorrido paseo pola estrada que atravesa o campo da feira.
........................................................................................................................................................................
XVII FEIRA DE SAN MARTIÑO DO RÍO ( 11.10.1926 )
.......................................................................................................................................................................
XVIII FEIRA DE SAN MARTIÑO DO RÍO (11.11.1926 )
..........................................................................................................................................................................
XIX FEIRA DE SAN MARTIÑO DO RÍO (11.12.1926 )
.........................................................................................................................................................................
XX FEIRA DE SAN MARTIÑO DO RÍO (11.01.1927 )
A celebrada onte tivo un día de sol fermoso véndose por iso moi concorrida de gado maior e menor.
Fixéronse moitas e boas transacións en gado vacún e en porcos de cría, pois estes, que hai tempo se achaban en grande depreciación , van tomando valor e animación nas feiras. Pola tarde houbo un animadísimo paseo.
.......................................................................................................................................................................
Comentarios
Publicar un comentario