Escolas da "Sociedad Hijos del Distrito de Sárria"
Os galegos en La Habana
"Hijos del Distrito de Sárria y su Partido"
Dina é de toda louvanza esta benemérita sociedade, polo meritísimo labor que está realizando en favor da cultura dos seus coterraños , levando así ou remediando a maior necesidade aquí sentida, que é sen dúbida algunha a desconsoladora falla de escolas, como temos demostrado en outras ocasións nestas mesmas colunas.
Pois baixo da xestión atinada do incansable delegado da dita sociedade, D. Martín Balboa , natural de aquí e rico propietario en La Habana , de onde veu coa súa distinguida esposa e belas fillas , disposto a laborar sen acougo , como o ven facendo pola maior eficacia do seu cometido e sen interese particular de ningún xénero , antes sacrificando a súa comodidade e peto estánse a construir catro grupos escolares con todas as condicións hixiénicas e pedagóxicas apetecibles. Un na parroquia de LOUSEIRO , outro na de BIVILLE e outro na de SANTIAGO DA VEIGA, as tres do Concello de Sárria, e o cuarto no Concello de Samos.
Cada edificio mide vinte e tres metros ao longo, oito de largo e sete de altura con trinta enormes fiestras por onde entra a cachón a luz e o aire, cando se queira , ou sexa a saúde e a vida dos nenos e nenas , xa que cada grupo albergará unha escola unitaria de nenos e outra de nenas na pranta baixa.
Dá entrada a cada grupo un grande portal e un corredor onde están as portas das aulas, unha a cada lado.
De alí arrinca unha elegante escadeira que no primeiro descanso divídese en dous ramais , un para subir aos cuartos da mestra e outro para os do mestre , constando cada vivenda de seis pezas todas con amplas fiestras e altos teitos.
Dende o corredor mencionado tamén se pasa ás pezas de lavabo e retretes , por un lado da escadeira a dos nenos , e polo outro a das nenas , separadas por unha parede de ladrillos de cuxo material serán construídas as dos cuartos dos mestres.
O solo dos locais será de cemento e cada un terá a iluminación de seis fiestras .
Todo isto vai feito e aproveitando a prestazón persoal dos pobos , mais se non fose pola feliz iniciativa da referida sociedade e axuda pecuniaria da mesma , secundada admirablemente polo Sr. Balboa , tarde chegarían a seren construídos os edificios e os pobos permanecerán eternamente na maior das escravitudes que é, sen dúbida algunha , a da ignorancia.
Non para aquí a actuación de tan benfeitora sociedade, pois pensa continuala ata chegar a dotar de casas-escola e vivendas para os mestres a todos os pobos do partido xudicial que carecen delas.
Deste xeito ensínannos a facer patria de verdade os expatriados da mesma e con iso fanse merecentes de eterno agradecemento.
J. SILVA DÍAZ ( EL PROGRESO, 30.10.1926 )
.....................................................................................................................................................................

Comentarios
Publicar un comentario