A Fonte de San Salvador ( 1860 )
A FONTE DE SAN SALVADOR DE SÁRRIA
Condicións baixo as que se permite ao Sr. Don Manuel Pérez Batallón, desta Vila, que poda trasladar a fonte pública chamada de San Salvador , dende o punto no que hoxe existe á frenteira do muro que aquel constrúe para agregar a parte da Fortaleza e tarreo adxacente que adquiriu, á horta que ten.
1ª.- Todo o custe da remoción da fonte será de conta do Sr. Batallón e neste conceto construirá a satisfacion da Corporaciòn, non só os canos soterraños que conduzan a auga ao depósito xeral que ten que se establecer perto da fonte que hai que levantar , senón tamén este mesmo depósito ou arca, así como a fonte , empregando nesta bons materiais , e dando a todas as obras unha forma e solidez tal que non desmerezan das antigas ,a xuizo da Corporación.
2ª.- Custeará tamén o mesmo Sr. Batallón , a ámbolos dous lados da fonte , asentos de pedra , cando menos segundo os antigos, e colocará no lugar, convinte un cano de ferro polo que ten que saír a auga, coidando de facer a colocación deste cano de modo que se poida recoller aquela sen incomodidade para as persoas que a o efecto concorran á dita fonte.
3ª.- Colocará así ben por baixo do cano unha pìa de pedra sillaría para que nela se poida recoller a auga sobrante co obxecto de que serva cando menos para abrevadoiro.
4ª.- Impónselle ao Sr. Batallón a obriga de custear uns remates que colocará riba da fonte a fin de que presente unha vista mías fermosa da que ten no día, e encárgaselle o maior coidado nas obras de conduciòn da auga no traxecto que por esta vez é de conta súa , pois, se ao conducilas se recoñecese algunha perda de auga, terá que repetila.
5ª.- Será obriga do Sr. Don Manuel Pérez Batallón ao remate da obra , deixar o punto limpo de reblo e de toda inmundicia.
6ª-- O Sr. Batallón queda privado de construir perto da fonte e no seu radio cara a horta e tarreo que lle agrega de 30 varas, ningún outro pozo, máis do que no día ten, sen que poida darlle ningunha outra forma, facer nel traballos de reparación e conservación , nin trasladalo a outro punto, nin poderá tampouco no lìmite fixado abrir xancias, alxibes, depósitos de augas, facer escavacións en grande nin en pequena escala, ou outras obras que poidan de algunha maneira diminuir o caudal das augas da fonte, so pena de ser responsable de danos e perxuizos, e de se acordar e se levar a efecto en calquera tempo, que se advirtan aquelas , o levantamento das mesmas á súa conta.
7ª.- O Concello no uso da inspeciòn que na calidade de tal lle correspondne sobor da fonte como cousa pertencente ao público, rersérvase non só praticar dentro do cercado do Sr. Batallón as obras que no tempo vindeiro demande o ben e aumento da fonte , senón tamén acordar os recoñecementos e esploracións que xulgue oportunos, todo o que non poderá resistir aquel nin os seus herdeiros, e reserva así ben aproveitar a demáis auga que no sucesivo poida aparecer dentro do radio fixado na condición 6ª, con tal que non sexa do pozo que hai anos construiu , e cuxo caudal se debe a traballos e esploracións que ao sucesivo poda facer do Concello, quedando tamén este facultado para practicar os ditos traballos e esploracións con tal obxecto fora do lìmite fixado, pero se nun ou noutro caso , se irrogasen ao Sr, Batallón ou aos seus herdeiros perxuizos por máis de cen reais seránlle abonados oportunamente.
8ª.- O cano que conduce as augas á fonte será recoñecido, reformado ou redificado cada e cando o acorde o Concello, sen necesidade de indemnizar ao Sr. Batallón e con só darlle aviso anticipado de 48 horas . Acordada a redificación ou reforma, o Sr. Batallón ou os seus herdeiros haberán de consentuir por sobre a finca o carrexo e acopio de materiais precisos ao efecto, suposto que o dito cano queda dentro da mesma finca.
9º.- Antes de proceder á remoción da fonte, o Sr. Batallón manifestará a súa conformidade con todas estas condicións, e constituirá por el e herdeiros a correspondente obriga de cumprilas puntual e excactamente.
Casas Consistoriais de Sárria , Agosto, 31 de 1860
Angel Fernández Gallego.- Juan Antonio Ulloa.- Manuel Pérez Batallón.
* AYUNTAMIENTO CONSTITUCIONAL DE SARRIA *
Setembro , 6 de 1860
Apróbanse as condicións antecedentes e autorízase ao Señor Batallón para a traslación da Fonte baixo das bases e pactos nelas contidas , e a quen se lle dará coñecemento desta aprobación..
O Presidente: Antonio Macía Cedrón.- Por acordo do Concello: Antonio Macía de Neira.
.............................................................................................................................................................
Correo cruzado entre o Alcalde de Sárria e o Sr. Pérez Batallón , porque este procedeu a pechar a súa horta sen facer deslinde coa propiedade municipal.
a).- Carta de Don Manuel Pérez Batallón a D. Antonio Macía Cedrón.
Sr. Don Antonio Macía Cedrón.
Moi Señor meu: O feo e conseguinte disgusto que me ocasionou o embargo da parede, paréceme será de abondo satisfación a calquera chisme ou infundado resentimento , que Vde. poida ter do seu afecto e atento servidor que bica as súas mans.
Manuel Pèrez Batallón
Hoxe, luns 4 de marzo de 1861
b).- Resposta do Alcalde
Sr. Don Manuel Pérez Batallón.-
Moi señor meu: Sinto na alma atribúa Vde. o meu proceder no asunto consabido a nada alleo á posición oficial que ocupo, Nin abriguei cara Vde., nin abrigo hoxe resentimento algún, e o meu carácter conciliador , estaba creído, non era de Vde. descoñecido, porque de iso moitas probas lle teño dado. A cuestión tal como Vde. a prexuzga, hai que circunscribila ao seguinte= Ou Vde. deixou tarro fora muros, ou non: Se o último incurriu vostede nun feito atentatorio aos intereses do común que estou no imprescindible deber e disposto a defender en unión do Corpo Municipal, a quen escoitei sobor do particular, dentro dos límites legais. Se o primeiro; un medio hai ao ver de todos moi sinxelo, e é o de que se procda, ben amistosa ou xudicialmente , ao deslinde e colocación formal de marcos de o que a cada un corresponda, opreración que ao fin e por evitar sucesivos disgustos terá que se realizar.
E canto lle ocorre para contestación á súa apreciable de onte a este seu afectísimo amigo e seguro servidor que bica as súas mans.
Hoxe , martes, 5 de Marzo de 1861
Nota: A Fonte de San Salvador, documentada xa no século XVI, quedaba perto da Fortaleza , fronte á igrexa de San Salvador, e foi trasladada ao emprazamento actual en 1860.
As augas desta fonte repartíanse en dous regos, un que ía pola costa embaixo e pola Calexa ou Ruela que ía cara San Lázaro seguía ata os Prados do Campiño e a Corga de Vales , e o outro, pasando por diante do Adro de San Salvaor, tiraba cara os lameiros dos Barredos dos Fornos de Atrás.

No seu aspecto actual a Fonte, que xa non verte augas propias, foi acondicioada ,segundo deseño de Uxío López Prado, reaproveitando parte dunha das desaparecidas fontes da traída pública instaladas en 1920.
Comentarios
Publicar un comentario