Festa da Árbore en San Miguel de Vilapedre ( 1922 )
O día 12 de marzo de 1922 celebrouse en San Miguel de Vilapedre ( Sárria ) a primeira FESTA DA ÁRBORE.
A Comisión encargada da organización desta celebración estaba composta polos Mestres de Vilapedre , Xesús Silva de Castro, e da Pobra de San Xiao, Xesús Barreira, de Sárria, Leonor Mourelo Vázquez, e o doutor en Medicina, " propietario da casa de saúde deste pobo", Ricardo Núñez , xunto cos párrocos de Vilapedre e da Pobra , Román López Osorio e Evaristo Rodríguez.
O 5 de marzo de 1922 a Comisión dirixiu un programa-anuncio, publicado na prensa rexional, convidando á participación ás autoridades locais, inspector de Primeiro Ensino da Zona e demáis persoas amantes da nenez e da cultura patria.
A FESTA.- O día 9 de marzo deu comenzóu un triduo preparatorio para a comuñón xeral dos nenos da parroquia.
O DÍA 11 houbo repenique xeral de campanas en todas as igrexas da contorna, disparo de bombas e serenatas pola BANDA DE MUSICA DE VILAR E GAITAS DO PAÍS.
O DÍA 12, ao raiar da alba , novo disparo de bombas de palenque e pasacorredoiras coa Banda e gaitas.
ÁS 9 DA MAÑA, diante da Escola xuntárose os nenos das Esclas da Pobra de San Xiao, Vilar, Goián e Sárria cos de Vilapedre, acompañados poloso seus Mestres Xesús Barreira, Luis López , Amelia López de Saa e Leonor Mourelo Vázquez..
Cando se xuntaron , os nenos deron longos vivas á Festa da Árbore , a Galicia, ás súas Escolas , aos seus Mestres e á Comisión Organziadora. De seguido , con acompañamento musical, os nenos de cada escola, en formación coas súas bandeiras seguiron cara a igrexa parroquial.
AS 10 houbo misa , cantada por un coro de nenos e nenas da doutrina , acompañados polo organista Xoán Xosé Puig, presbítero.
Fixeron a primeira comuñon varios nenos e nenas. Houbo reparto de estampas e recordatorios e todos os nenos recibiron paquetiños de doces " e copiñas de licores ", repartidos polas señoritas Carme López Osorio e Conchita e Felisa Frías.
A PLANTACIÓN.-
ÁS 2 DA TARDE procedeuse a plantar 170 fermosos plátanos procedentes do viveiro de Monforte conseguidos pola mediación do capataz Camilo Regueiro e o sobrestante Carlos Arias. Tamén plantaron outra boa cantidade regalada polo propietario Cándido Xusto López.
O labor de plantación fixérono os nenos das escolas, coa axuda dos peóns camiñeiros Xosé López Caldas, Cesáreo Chousa Silva e o auxiliar Xosé Lozano, todo baixo a dirección do Sr. Regueiro.
Terminada a plantación o Sr. Cura abenzouna con toda solemnidade e a continuación cantaron o HIMNO Á ÁRBORE. co acompañamento da Banda de Música.
RECITACIÓN DE POESÍAS
XOSÉ RODRÍGEUZ ARROJO, de 7 anos, recitou " El Uno y el Dos".de Cayetano Fernández.
ROMÁN GARCÍA RODRÍGUEZ : " Eu non teño máis que dar", de Antonio Estévez Cao.
CELSA RODRÍGUEZ . " Testigo, Juez y Verdugo", de Gaspar Núñez de Arce.
HERMINIA GARCÍA: " Revoltixos ", de Estévez Cao.
MARÍA SILVOSA VÁZQUEZ : "Los árboles ", de Francisco Fatón.
XOSÉ DACAL RODA: " Boda Cómico-Campestre", de Francisco de Quevedo.
EDUARDO DIZ : " Lugar sagRado es un bosque..." de Ricardo Sánchez.
MARÍA ARMESTO GONZÁLEZ: "La mano derecha y la izquierda", de Miguel Agustín Príncipe.
CONCHA FERNÁNDEZ VÁZQUEZ: " La modestia ", de José Selgas.
EMILIO LÓPEZ PIÑEIRO: " El Dos de Mayo", de Bernardo López García.
MANUEL ARMESTO GONZÁLEZ: " El buen Maestro", de Graciano Valenzuela.
OS DISCURSOS:
Tomaron a palabra : O párroco Román López Osorio ; Ricardo Núñez Rodríguez: "Por qué yo quiero al árbol ; Evaristo Rodríguez, párroco de A Pobra de San Xiao:; e rematou a quenda de intervencións o mestre Xesús Silva de Castro, que fixo un resume da celebración da Festa e a súa implantación en España e outros países.
De seguido houbo CARREIRAS PEDETRES, con participación de catro nenos de cada escola.. Na Primeira Carreira gañaron Xosé Sobrado ( de Vilapedre, ), Salvador López Piñeiro ( de Pacios ) e Carlos Rodríguez ( da Pobra ). A Segunda Carreira gañárona Daniel Dacal ( da Pobra ) Manuel Cabana ( de Vilapedre ) e un neno da escola de Vilar.
De todos os actos sacou fotografías o mestre de Paradela Arturo Silva de Castro.
BAILE.-A BANDA DE MÚSICA DE VILAR-VILAPEDRE, dirixida polo mestre Manuel Díaz, amenizou o baile ata o solpor.
A Comisión recibiu cartas de adhesión, dirixidas por Luis Soto Menor, Inspector de Primeiro Ensino, Xosé Rodríguez Gallego, Vigairo Castrense da 8ª Rexión ); " Hermano árbol" , por Felipe Pedreira, catedrático da Normal de Ourense ; Vicenzo Pardo, Deputado Provincial; " Pé da lareira", poema de Pedro Páramo, Párroco de Meixente; " El árbol", de Manuel López Peña, Académico correspondente da Real Academia Galega ; Serxio capilla, Catedrático do Instituto de Lugo; " Como convidan los árboles" , de Domingos López ; Gaspar Oitabén, Vicecónsul da Arxentina en Ourense; Domingos Saavedra, mestre en Sárria ; "A los educandos del Sr. Silva " , de Antonio Rivas; Xosé del Peso, Inspector de Primeiro Ensino; Xulio Franco, alcalde de Láncara ; Santiago Sarry, Secretario do Concello de Sárria; Ricardo Vázquez , Mestre Nacional de Vilachambre, Manuel Saco Pradeda, de Sárria, Delegado Rexio de Fomento, e outras numerosas outras adhesións de Mestres , Mestras , Peritos e propietarios
Para recordo desta xornada festiva , en 1923 , editaron o folleto : " RESEÑA DE LA FIESTA DEL ARBOL CELEBRADA EN VILLAPEDRE EL 12 DE MARZO DE 1922. ILUSTRADA Y DOCUMENTADA POR NOTABLES DISCURSOS Y VALIOSAS CARTAS . ( 1923. TIP DE LA VOZ DE LA VERDAD. Calle del Conde Pallares, 9 -LUGO ), que se vendeu ao prezo de 50 céntimos.

Comentarios
Publicar un comentario