Escola de Meixente
A ESCOLA DE SAN XULIÁN DE MEIXENTE
En 1926 foi solicitada e aceptada a creación dunha Ecola Mista , que abreu as portas no lugar de Pacios, a cargo dunha mestra.
Ao comezar a súa función , foi instalada na Casa Reitoral, e como o local, aínda que era idóneo, non tiña capacidade para acoller cómodamente aos alumnos , o cura Pedro Páramo Arias, con aportaciónns súas e dos veciños, promoveu a construción dun edificio no sitio coñecido omo A Cruz, e que en abril de 1931 estaba case rematado.
Como solicitaran licenza e lles fora concedida, e no Concello de Sárria perderan a documentación, presentou o Sr. Páramo un escrito para subsanar esa deficiencia, para que ao estar ben documentada a propiedade do edificio non se producisen perxuizos no futuro.
A Comisón Xestora Municipal ( a primeira no tempo da II República) en 30 de abril de 1931 concedeu a licenza solicitada.
A Escola de Pacios- Meixente estivo adicada á función docente ata a súa supresión , ao ser concentrados en 1975 todos os escolares do medio rural no Colexio Mixto Comarcal ubicado na vila de Sárria ( actual CEIP Frei Luis de Granada).
Acondicionado o local polo Concello , está destinado a usos sociais e culturais propios da parroquia, e da Comunidade do Monte Veciñal en Man Común, e tamén é sede do Colexio Electoral a onde concorren os votantes de Maside, Ortoá, Meixente, Belante, Biville e A Pinza.

Comentarios
Publicar un comentario