Festas do San Xoán de Sárria ( 1917 )

FESTAS DO SAN XOÁN DE SÁRRIA ( 1917 )

O Club Celita organizou as Festas do San Xoán de 1917, deixando así  de ser festexos de corte tradicional e popular, ao introducir toda una serie de anovacións, especialmente ao facer programacións máis aló dos días  23 e 24 de xuño, con interesantes veladas  e concursos que se celebraron nos domingos do mes de xullo, e a organización de xornadas deportivas, con especial protagonismo para o Club  introdutor do fútbol organizado na vila de Sárria.

                                          ORDE DAS FESTAS

XUÑO 23.-  Ás 14 deste día ,un repenique xeral de campanas eo disparo de bombas  anunciarán o comezo  dos festexos, recorrendo de seguido a Vila  una banda de música  e gaitas do país. Ás 21:30  novo recorrido  da banda de música  e gaitas, indicarán  o principio da MAGNÍFICA VERBEA na praza de D.  Xoá n María López, amenizada polas mesmas, locindo ARTÍSITCO ALUMEADO  VENECIÁN , ademáis de  potent´simos  focos  eléctricos , queimándose grande número de  fogo de aire a cargo da casa spinós, de Rde eus , cuxo detalle é : 1ª Linda volvoreta  con luces de cores. 2ª: Artísitica árbore chinesa , con remate de mosaico. 3ª: Magnífico sol, con remate de estrelas. 4ª: Preciosa xirandola  de varias cominacións  e remate de fogos dourados. E 5ª:  Bonita fonte xiratoria , montada de brillantes  e grande chafarís final. Volcáns, grandes luces de bengala  e elevación intermedia  de numerosos e variadísimos globos .
A Comisión  de Festexos  interesará do ORFEÓN EL LIRIO  desta localidade , contribúa a amenizar esta velada cantando en público  algúns números  do seu repertorio.
                                                             *******************
XUÑO 24.-  Ás seis da mañá  repenique  de campás , disparo de bombas  ALEGRES DIANAS E ALBORADAS  pola música e gaitas. Ás  dez da mañá  MISA DE CAMPAÑA na praza de D. Xoán María López. SOLEMNE PROCISIÓN  que recorrerá o itinerario acostumado, levando baixo palio a S.D,Mde. A Comisión de Festexos  convidará debidamente ao Comité local de EXPLORADORES DE ESPAÑA  á assitenza da tropa  da tal institución a ambolosdous actos, para maior brillanteza dos mesmos.
Ás 15:30 a banda e gaitasm  polas rúas anunciarán o comezo , ás 16 , dun PARTIDO AMISTOSO  entre o  GALICIA F.C. da Coruña e o CELITA F.C.  desta localidade . Denantes  do comezo  do citado partido  e nos  intervalos de descanso  durante o mesmo  tocarán a música e gaitas. Entrada ao campo o,10 pesetas;  con asento 0,25. Ao remate deste partido e na praza de D. Xoán María López, organizarase un  grande PASEO DE MODA . A música e gaitas  executarán un escollido programa até as 21. Ás 22:30  o disparo de bombas anunciará o comezo da SEGUNDA VERBEA  no mesmo lugar  que o día anterior , sendo amenizada pola música e gaitas , queimando  múltiple e variadísimo fogo de aire, de grande efecto  e a segunda SESIÓN  DE FOGO FIXO  da mesma  e acreditada casa que o día anterior, composta das seguintes pezas : 1ª: Dalia  con catro cartuchos e luces de cores. 2ª:  Abano chinés con fogo brillante. 3ª: Sol cambiando de cores e  remate de fogos estrelados. E  4ª :  Capricho , con remate de cascada. Bengalas , volcáns e variadísmos globos.
Neste día  celebrarase un CONCURSO DE  FIESTRAS E BALCÓNS  magnífico  adornados polo día e alumeados pola noite , con premio consistente  nun RELOXO DE MÁRMORE E BRONCE  de sobremesa  que se adxudicará ao viciño  que destaque  no seu gusto artístico  para oadorno e alumeado  de referenza. O dito obxecto de arte será exposto ao público nun dos escaparates do Sr Freijo.
A Comisión de Festexos , permítese  rogar ao vecindario , en interese  de que as casas das rúas  e estradas da Vila  presenten nese día o mellor efecto de vista, se sirvan prestar o seu consentimento  para o mellor suceso deste número , adornando  e alumeando as fachadas  e deixando  durante o citado día as colgaduras nos balcóns.

                                                                 ***********************
DOMINGO, 1º DE XULLO.- Ás 18 CARREIRAS DE BICICLETAS  nas que poderán tomar parte todos os afeizoados inscritos . Premios á velocidade : Medalla de prata ao 1º  dos vencedores;  de bronce ao 2º  e mención de honra ao 3º.  Rematado este número, comezará  a CARREIRA DE FITAS  cuxo broslado será suplicado pola Comisión  a distinguidas señoritas da localidade.
Ás  22 VELADA NA PRAZA de D. Xoán María López, con asistenza da música e potentísimo alumeado eléctrico.
                                                                ************************
DOMINGO 8 DE XULLO.- Ás 15:30  a banda de música  recorrerá a Vila , anunciando a celebración  dun PARTIDO DE FOOT-BALL  que comezará  ás 16, primeiro dos co que se  disputará unha   ARTÍSTICA COPA DE PRATA entre o ATLHETING  de Monforte  e o CELITA  desta.Os prezos  de entrada ao campo  de deporte rexerán  como no anterior partido. A  mencionada copa  será exposta ao público nun dos escaparates  do establecemento de  D. Xosé Antonio Gayoso. Ao rematar o partido  PASEO DE MODA  no Barrio da Estación , executando a banda escollidas pezas.Ás 21:30 alegres pasodobles  pola Vila  anunciarán ao vecindario o comezo dunha velada que terá lugar no mesmo barrio.SORPRENDENTE ALUMEADO ELÉCTRICO.
                                                                    **************************
DOMINGO 15 DE XULLO.- Ás 18, CARREIRAS PEDESTRES nas que poderán tomar parte todos os afeizoados  de 15 a 60 anos  que se achen inscritos. Premios: medalla de prata ao 1º dos vencedores;  de bronce ao 2º  e mención de honra do 3º. Ás 21:30  a banda de música  anunciarán  o comezo  dunha  GRANDE VELADA no Barrio de San Lázaro que locirá expléndido alumeado por grandes  FOCOS ELÉCTRICOS.
                                                                 *************************
DOMINGO 22 DE XULLO.-  CARREIRAS DE BURROS ás 18. Premios: 5 pesetas , ao xinete  que faga o recorrido  de concurso en menos tempo e outras 5 pesetas , ao que sen  parar  de andar, lle leve máis tempo. De seguido CARREIROS DE SACOS para nenos. Premios:  4 pesetas ao 1º, 2 pesetas ao 2º e  1 peseta ao 3º. Ás 21:30  a música, facendo o recorrido de costume, anunciará o comezo dunha GRANDE VELADA nas Casetas. Música  e un derroche  de luz eléctrica.
                                                                ****************************
DOMINGO  29 DE XULLO, E DERRADEIRO DOS FESTEXOS.-  Ás 18, CONCURSO DE HOMES FEOS, na praza de D. Xoán María López,. Ao que, ao xuizo do Xuri resulte "máis feo" entre todos os concursantes  adxudicaránselle  15 pesetas e "diploma de honra  polo Campionato". Ás 21:30 será anunciado co paso da música polas rúas, o comezo da DERRADEIRA VERBEA  do programa na Rúa de Benigno Quiroga, que locirá  profuso ALUMEADO ELÉCTRICO. A parella que ao xuizo  do Xuri  , mellor baile a "Muiñeira", será premiada con 10 pesetas.
                                                                   ******************************
NOTA.-  O sitio designado para o recorrido nas carreiras de bicicletas , de fitas ,pedestres e de sacos , será acordado e publicarase oportunamente , como o total do recorrido  e señores que haxan de constituir  os respetivos Xuris, cuxo fallo será definitivo e inapelable para os concursantes , en xeral, suxeitaranse  en absoluto ás bases  que, en cada caso, se establezan.Os premios poderán ser recollidos unha hora despois do fallo do Xuri,Para todas as carreiras que se anuncian  agás da de sacos, haberá que se inscribir  previamente , antes das doce do día no que cada  unha  teña de ser celebrada pagando 1 peseta  por individuo inscrito. A estes efectos , dirixiranse  ao Tesoureiro do CLUB CELITA , Maior 34.
Téndo que se facer  estes festexos por suscrición  a domicilio que abre  e encabezará o CLUB CELITA  desta Vila  entre toda a veciñanza  da mesma. Os nomes  dos doantes  e cantidades  coas que contribúan ,  serán publicados  en todos os diarios  da Capital da provincia.
                                                            POLO CELITA F.C.
                                               A COMISIÓN ORGANIZADORA

********************************************************************************
FOLLETO PROGRAMA :  Foi  editado un folleto no que se incluiu a programación e  a publicidade dos estableementos colaboradores.

                                   PUBLICIDADE COMERCIAL

EL PARAÍSO-CASA DE FREIJO.- Grandioso surtido en mercearía, paquetearía, quincalla, camisaría, garabatas, xénero de punto, calzado, obxectos de fantasía, para agasallos, perfumaría e louza, cristal, etc. SECCIÓN DE SELECTOS ULTRAMARINOS. En calzado a casa máis acreditada. A infindade  de artigos  traballadaos  son sempre da mellor calidade. Visitar este comerzo é  convencerse. MAIOR , 21 E 23. NOS BAIXOS DA CASA GRANDE.

EMILIO ZAERA.- Almacén de xamóns, manteigas, fabas  e ovos.- Fariñas e cereais.-  A primeira casa de Galicia exportadora de la e trapos.

LA NUEVA FUNERARIA- ARMINDO PENA GÓMEZ. Caixas mortuorias , últimos modelos. Prezos  sen competenza. Sección de ferretaría e quincalla , paraugas, obxectos de escritorio para escolas, especialidade en calzado. Ultramarinos, louza, viños xenerosos e do país, batería de cociña, camas, ferramentas para todos os oficios, vidros, bernices e pinturas. Rúa Maior 34. Sárria ( Lugo ).

.- LA NOVEDAD- XOSÉ A. GAYOSO.  Casa comercial , a máis importante, a que máis  surtido ten e a que máis vende PREZO FIXO  En todos os artigos que se poidan precisar é a única que non ten competenza nin en calidade  de xéneros nin en prezos.ESPECIALIDADE  EN CALZADO: O mellor, o máis novo e máis barato, véndese nesta casa CASA DE MARZÁN , Maior, 20 e 22. Sárria.

¡¡¡ A verdade  imponse !!!   A pesares  da enorme alza que tiveron os cacaos, azucres e canelas, os CHOCOLATES que pola súa pureza e exqusito gusto gozan de máis favor do público intelixente, son sen discusión , os que  tan esmeradamente son elaborados  na antiga e acreditada  fábrica de VÍCTOR   CASTRO . Maior, 39 Sárria.

GRANDE  COMERZO  LAS TRES B.B.B. Enorme surtido en toda clas  de tecidos, cortes de traxe para cabaleiro, las para traxes de señora e variadísimas existenzas  en xéneros de punto. Prezos fixos sen competenza.  MARCELINO FRANCO E FFRANCO, sucesor  en Sárria de  don Antonio Chaín Pallín . Maior, 34, bis.

COMERZO  DE TECIDOS , PAQUETARÍA  E QUINCALLA  DE "FRANCISCO GARCÍA DELGADO" Rúa de Matías López  núm. 7. Grande  surtido en panería e lan para traxes  de  cabaleiro e señora, batistas,  sedalinas, gabardinas, percais, piqués ,  lenzo de fío e algodón de todas clas, cutis, teas colchóns de todos os anchos, driles de todas clas, panos de seda, manta e meiriño, toquillas e chales, camisetas e pantalóns, corsés e adornos  de todas clas , sombreiros, calzado e paraugas e tantos outors artigos de detalle imposible. Prezos sen competencia.

HOTEL COMERCIO-BAR.- Grande casa de viaxeiros. Excelente  trato , prezos económicos  e  a que está máis perto da  Estación do ferro-carril. Cuartos todos ao exterior  e luz eléctrica. Servizo permanente de coches. Sirvense merendas. FRANCISCO GONZÁLEZ

COMERZO DE  TECIDOS.- WALDA  GÓMEZ LÓPEZ.Variado surtido  e presos económicos . Maior 46 . Sárria ( Lugo ).

BARBEARÍA DE MANUEL SANTOS. Maior 68. Servizo esmerado e hixiénico.

HOTEL LA BURGALESA  DE MANUEL VÁZQUEZ.-  A cen metros da Estación. Servizos de coche e mozos. Luz eléctrica en todos os  cuartos. Excelente trato. Sárria ( Lugo )

GRANDE CASA DE HÓSPEDES, VIÑOS E COMIDAS DE  XOSÉ DÍAZ RODRÍGUEZ- Estrada da Estación. Sárria  ( Lugo )

GALLETAS LA DULCE ALIANZA.- O público selecto  sinte verdadeira predilección polas galletas e rosquiñas  que fabrica esta casa, que fai envíos  aos establecementos  de España. Pastas secas  para sobremesas  e viaxe. MANUEL GONZÁLEZ.- SÁRRIA.









Comentarios

Publicacións populares