Reis en Sárria
VISITAS REAIS
( TERRA DE SÁRRIA , VILA NOVA DE SÁRRIA, A POBRA DE SÁRRIA, SÁRRIA )
AFONSO VIII DE LEÓN E GALICIA ( AFONSO IX )
( Darredor de 1194 ) Concédelle de foro ao Burgo Novo de Sárria ou Vilanova de Sárria , fundada como " vila real", condición que mantivo até o século XIV, cando o seu señorío foi concedido ao Conde de Lemos, e pertenceu ao patrimonio da Casa de Lemos até 1820.
27.07.1228.- Suscribe un documento " Apud Vilam nouan de Sarria"
24.09.1230.- Falecemento na Vila Nova de Sárria fundada por el cando ía cara Santiago de Compostela para agradecerlle ao Apóstolo a toma de Mérdida e Badaxoz.
HENRIQUE II DE CASTELA, LEÓN E GALICIA
16.07,1369 .- Suscribe unha escritura "Dada en Sarria selada co noso selo da puridade na que escrebimos o noso nome , dez e seis dias de xullo era mil catrocentos e sete anos", na que confirma ao bispo de Lugo, don Pedro ,todos os privilexios, liberdades e exencións concedidos á súa catedral polos reis anteriores".
FERNANDO V E ISABEL I ( "REIS CATÓLICOS )
13.09,1486,-Fixeron noite en Sárria e seguiron viaxe ao seguinte día, O seu esmoleiro Pedro de Toledo anotou as esmolas feitas a pobres, gafos , peregrinos e hospitais, sendo máis xeneroso cos pelengríns ingleses,
CARLOS I DE ESPAÑA E V DE ALEMANIA
22.03.1520
FELIPE II
17,05.1555.-
AFONSO XII E MARÍA CRISTINA DE HABSBURGO-LORENA
1.09.1883.- Paso do tren real pola Estación do Camiño de Ferro, ao ser inaugurada a liña Palencia - A Coruña , na súa totalidade. Presenza de autoridades e público na Estación. Entrega de ramalliños de flores con adicatorias , destinadas aos reis, deputados, senadores , prensa estranxeira e española e conselleiros da empresa ferroviaria, feita por nove mociñas da mellor sociedade sarriá autoridades sarriás e presenza de público
ALFONSO XIII , REI DE ESPAÑA
18.03.1904.- O tren real pasou pola Estación de Sárria, darredor das 13 horas, O rei foi saudado polas autoridades e na plataforma numerosos veciños deron vivas e aplausos.
23.09.1907.- Con ocasión das manobras militares celebradas en Bóveda houbo un intento de loxar ao rei en Villa Andrea, que foi desbotada para evitar o ter que pasar e repasar o tren real o túnel do Oural, considerado perigoso, sendo acollido no Pazo de Bóveda.
Con ocasión de se desprazou dende Bóveda a Lugo, en visita informal, na viaxe de volta o automóbil real e comitiva pararon en Sárria, sendo acollido polo politico e industral Venancio Vázquez López en "Villa Aurelia" ( actual edificio de A Unión ), quen o agasallou cunha sinxela merenda na galería da casa. Alí , para lembrar a presenza do rei en Sárria foi colocada unha lápida de mármore e o punto onde estivo a cadeira por el ocupada sinalárona con catro cravos dourados.
24.07.1909.- Con ocasión dunha viaxe oficial á Coruña do rei, acompañado por Antonio Maura, o tren real pasou pola Estación de Sárria, darredor das 4 da mañà, onde se detivo 5 minutos, e ao paso asistiu unha representación das autoridades locais
26.07.1909.- Na viaxe de volta a Madrid, o tren real pasou por Sárria, facendo unha parada técnica, e deuse tamén presenza na Estación das acostumadas representacións oficiais da vila-
4.02.1912.- A viaxe do rei Afonso XIII e a raíña Vitoria Euxenia para asistiren á botadura en Ferrol do acourazado "España" deu lugar a que as persoas reais ,para cumpriren o precepto dominical, se detivesen en Sárria para oiren misa na igrexa conventual dos Padres Mercedarios.
A igrexa foi engalanada con obxectos e mobles dos marqueses de Ugena, e houbo necesidade de facer obras no Camiño do Campo da Feira para dar maior comodidade ao necesario traslado en coche. Dende Dende Lugo chegaron en autocar os xornalistas que almorzaron na Burgalesa. A mañá, propia do inverno, ofrecía vento, auga e frío o que non impediu eque un grande grupo de veciños se concentrase na Estación. Instalaron dous arcos, un coa lenda " El Pueblo de Sárria a SS.MM" e o outro, ofrecido pola Cámara de Comercio, coa adicatoria " A SS.MM. la Cámara de Comercio".
Na igrexa conventual os Reis usaron dous reclinatorio situados no lado rdquerdo do presbiterio e a dama da raíña e os ministros de xornada ocuparon outros no lado dereito.Como o protoicolo impedía que os civís estivesen no templo os xornalista ocuparon o "coriño" de celosías ,
Äs 10:45 chegou o tren, dúas bandas executaron a Marcha Real e os gaiteiros ofreceron os seus sons, men tres as bombas de palenque atroaban o ar. Os veciños presentes daban fortes vivas .
Ao baixar do vagón en os reis foron saudados polo Gobernador Civil ( señor Becherini) e polo Alcalde de Sárria ( Castor Fernández López ) que lle entregou á raiña un ramo de flores encargado a Valencia, e despois baixaron os ministros de Estado ( García Prieto ) e Pidal ( Mariña).
Don Afonso vestía uniforme de diario de Capitán Xeneral da Armada, e dona Vitoria traxe de terciopelo violeta e sombreiro do mesmo ton con pluma amazona, e contestaron con sorrisos ás aclamacións do publico.Estaba ali o lancarín Xosé Arroxo, Sarxento do Corpo de Inválidos , que levaba a Cruz Laureada de San Fernando por el gañada na defensa de El Pilar, nas Illas Filipinas, e ao velo Afonso XIII saudóuno militarmente, e preguntoulle onde a gañara, e ao ter resposta díxolle "Sois un bravo" e tendeulle a man en afecturoso saúdo e de novo lle deu saúdo militar.
En coches foron trasladdos os reis e membros da comitiva até o Convento da Mercé , onde a Banda de Música executou a Marcha Real. O adro do templo estaba alfombrado e ali foron recibidos pola Comunidade, e deseguido, baixo palio, entraron na igrexa., levando as varas catro mercedarios e dous monxes bieitos de Samos O comendador mercedario, Padre Gaite , celebrou a misa., á que ademáis da comitiva asistiron o Goberrnador Civil e o Alcalde sarriao.
Mentres durou a cerimonia o organista da catedral de Lugo, Vicerno Rodilla, interpretou o concerto en re de Bach ee o andante da quinta sinfonía de Beethoven.
Rematada a cerimonia as persoas reais e acompañantes baixaron á Estación, proseguindo a viaxe cara Ferrol, cunha parada de quince minutos en Lugo, onde as representacións oficiais e un grande número de lucenses cumprimentaron e vitoriaron a don Afoso e dona Vitoria Euxenia.
6.02.1912.- A volta a Madrid tivo lugar dous días despois, e pasadas as 3 da tarde autoridades locais, público e xornalistaa concentráronse na Estación de Sárria, para darlles unha cordial despedida
O Concello de Sárria, nese día, agasallou cunha comida aos xornalistas que cubriran a estanza dos reis en Sárria, e foi entón cando se acordou a creación da Asociación da Prensa de Lugo.
( O relato dos sucesos destas xornadas está recollido na obra "Personajes Reales en Lugo" de Adolfo de Abel Vilela ( Ediciós do Castro. Historia )
FILIPE VI , REI DE ESPAÑA
26.04.2022.- Visita ao Cuartel da Garda Civil de Sárria para coñecer o dispositivo da Garda Civil para a atención e seguridade dos peregrinos.
FILIPE I E MATILDE, REIS DOS BELGAS
(....... 04.2024 ) Para facer treitos do Camiño de Santiago dende O Cebreiro os reis e o seu séquito, aos que acompañaba un capelán, tomaron por base o Hotel Alfonso IX, na Rúa do Peregrino. O día 4 o rei voltou para Béxica para atender obrigas oficiais e a raiña e unha filla seguiron na vila. Fixeron camiñada entre Sárria e Rente, oiron misa no Mosteiro da Madalena-Convento da Mercé. Os reis e os seus acompañantes foron recibidos na Abadía de Samos polo prioiro e comunidade. Oiron misa na igrexa do Convento da Mercé.
Comentarios
Publicar un comentario