Festas do San Xoán de Sárria ( 1950 , 1951 )


                      O SAN XOÁN DE SÁRRIA ( 1950 )

                                             GUIÓN

BANDAS DE MÚSICA :  Municipal  de Allariz.- Unión Musical Sarriana.- Cuartete  rexional "Os Montes ".-  Dous afamados  gaiteiros do país.
PIROTECNIA :  Irmáns Álvarez , Chantada.- Pedro Lóepz ( "Xato") Sárria
ALUMEADO ARTÍSTICO :  Casa Romero, Pontevedra.
PROPAGANDA :  Traballos histórico literarios :  Francisco Vázquez Saco-  Pregón: Avelino Pousa Antelo. Portada e debuxos: Avary ( Antonio Vázquez Rivas ). Edición :  Imprensa-Editorial Jevasa. Sárria.
PROGRAMA.-  Misa solemne.-  Sermón.- Procisión.-  Verbeas.-  Concertos.- Romarías.- Carreiras.- Cucañas e Xogos Infantís.-  Sesións  de fogos artificiais.- Festas nas sociedade "Casino" e "La Unión"
ORGANIZACIÓN.-  Comisión oficial de festas.

                                                    PROGRAMA

DIA 23.- Pola tarde, anunciará o comezo dos festexos  o disparo de bombas , repenique de campás , ao tempo que bandas , cuartete e  gaitas percorren  as rúas da vila.

De 9 a 10, na praza de  D. Xoán Mª López,  primeiro CONCERTO, ao tempo que a Banda de Allariz efectúa o saúdo  ás autoridades  e sociedades cultural-recreativas.

Ás  11:30 comezará a primeira  GRANDIOSA VERBEA , na referida praza , a do Concello  e Rúa Maior, que lucirán   artístico alumeado.

Á 1 , primeira sesión  de fogos artificiais.

DÍA 24.-  Dianas, alboradas e disparo de bombas que anunciarán a solemnidade  do día.

Ás 11, en Santa Mariña, MISA SOLEMNE,  SERMÓN a cargo  dun elocuente orador sagrado, e  deseguido  , PROCISIÓN EUCARÍSTICA. que percorrerá o acostumado itinerario.

Ao se recoller esta , na Praza , a banda  de Allariz  interpretará  un escollido programa de música de concerto.

De  6 a 10 , na mesma praza , PASEO, BAILES POPULARES, CUCAÑAS , etc.

Ás 11:30. segunda  magna VERBEA , con  colosal   de fogos artificiais , á 1.

DÍA 25.-  Dianas , alboradas e disparo de bombas.

Ás 12, CONCERTO na Praza,Ás 2, as bandas percorrerán a vila camiño  das Insuas onde  se celebrará a típica  FESTA GALEGA.

Ás  11:30 , última VERBEA, coa terceira sesión de fogos  artificiais á 1:30   e  , como final dos festexos , una colosal TRACA.

NOTAS.- Durante  os tres días de  festas as sociedades de recero "Casino" e " La Unión", celebrarán diversos festivais, entre os que figura a extrarodinaria verbea desta última..
Prégase ás señoritas  acudan  aos festivais  ataviadas  con Mantón de Mani
la.As Insuas  foron cedidas  para a FESTA GALEGA  polo seu propietario , D. Xabier Saco Rivera.

                        CONTIDO DO LIBRO-PROGRAMA DAS FESTAS

                                                  PREGÓN
                               ( de Avelino Pousa Antelo )

Repenica, repenica,                                               Festas de día de noite,
Non deixes folgar  a man,                                    Festas de noite e de día:
Repenica pregoneiro                                            Verbenas deic'a mañán,
Po-l-as festas de San Xoán.                                 Troula  desque romp' o día.

Grandes festas relixiosas                                      Festas de San Xoán de Sárria,
Misa grande con sermón                                      Forasteiro ¿ no-n-as viches ?
E no remate  d ' a misa                                         ¿ Non estiveches n-elas ?....
D'o Señor a proceseón                                          ¡ Non sabes o que perdices  !

                                       Repenica, repenica
                                       Tamboril hastra romper
                                       Qu' outras  festas  como elas
                                       N ' has houbo nin ha d ' haber.

                                             CANTIGAS
Aprendín a carpinteiro                                           Fun a San Xoán de lonxe
Aló po-l-o San Xoán                                              E vin po-l-o de pretiño ;
Fago cangallas  pr ' os porcos                                Fun descalzo a pan e auga
E tarambollos  pr ' os cas.                                      A Cristo San Xoán pidiulle

Trigo limpo no-n-o hay                                          A Cristo  San Xoán pidiulle
Se queres  algún centeo                                          Qu ' o sono no-n-o levase,
As leiras d ' o meu pai                                            Para ver baila-l-o sol
Por  San Xoán vai segalo.                                      O dí  d ' o seu romaxe.

                                        Sempre m ' anas  preguntando
                                        De que romería veño ;
                                        Veño  de San Xoán de Sárria,
                                        De San Xoán de Sárria  chego

                                                                                 ( de  Avelino Pousa Antelo )

                                                SÁRRIA ANTIGA.- RECORDOS ROMÁNS

Nin nas xeografías , nin nos itinerarios románs  achamos topónimo ningún  que poida con certeza ser ideitificado con Sárria.

Entre Lucus Augusti, ao norte, e o Castro Ddactonio, Monforte, ao sur, localiazan con bastante probabilidade os historiadores a tribo dos Pintos , que rexistran as Táboas  de Tolomeo , cuxa capital, Pintia, parde ternos legado o nome de Pinza que leva unha das parroquias  do actual concello.

A identificación de Sárria coa Flava Lambris do mesmo Tolomeo , que tanto gostou a algúns dos nosos hisroriadores , carece en absoluto de fundamento.

Algunhas reliquias  quedaron, emporiso, da presenza  dos románs na comarca  sarriá, e moitas máis terán desparecido polo desleixo e  a iñoranza  con que decote  se acollen  achados  desta índole, cuxo estudo interesa para o coñecemento do noso pasado.

Xa no século XVIII tivo novas o dilixentísmo coengo de Lugo D. Vicenzo Piñeiro, dunha lápida funeraria romá que fora sacada dos muros da capela maior de San Marftiño do Río, en cuxas paredes exteriores está empotrada hoxe.d

Piñeiro trascribiuna no tomo V, folio 313 das memirias manuscritas  que se gardan no arquivo capitular lucense, e despois del, estuiárona Murguía ( Historia de Galicia, II, p. 682, 2ª edición ), Hubner ( Corpus... nº  2588 ), Rada  y Delgado ( Viaje de SS MM y AA, 1858, páx. 802  n  1ª, Amor Meilán  ( Historia de la Provincia de Lugo, II pxs 140 e 141  ) e outros.

En todas  estas trascricións  apareceron os mesmos erros , sen dúbida por teren sido copiadas unhas doutras , sen que os eruditos  tivesen tomado  a molestia de  leren direitamente o orixinal.

A máis fiel é a de Piñeiro, aínda que  tampouco se axusta  de todo  á  verdadeira que é como segue:
                                                  D.M.S
                                    AVRELIAE   NANTIAE
                                     ANNORVM  XVIIII
                                    AVRELIVS FRONTO
                                       FILIAE  - F. C
D (iis ) M(anibus ) S(acrum)  Aureliae Nantiae . Annorum XVIIII, Aurelius Fronto Filiae  f ( aciendum )  c (curavit ).

"Consagrado  aos deuses  Aurelio Frontón  fíxoa  á súa filla   Aurelia  Nancia , de 19 anos".

A lápida, de mármore gris, moi semellante  ao das  canteiras do Incio, que usarían os mestres románicos da igrexa do Hospital, ten un pequeno roto na parte superior  dereita que afecta á última letra  da consagración , e mide 0,50 de alto por 0,80  de ancho.

Murguía aventura  a sospeita  de que o adicante  sexa aquel Aurelio  Fronto que, segundo o Cronicón de Idacio, foi enviado o ano 453  polos románs , xuntamente con  Marmelo , a negociar  cos suevos .

Na mesma parroquia de Río  foi achada unha interesante estela funeraria, ata hoxe inédita, e que se conserva no adro da igrexa parroquial , arrimada ao alzado norte da nave.

Está labrada en forma de trono , cunha figura de home  sedente, cuxa túnica  sucan pregues en disitintas direcións , feitos con liñas incisas, agás no regazo, liso para recibir  unha inscrición de letras miudas , e en mal estado de conservación que  só poidemos ler algunas palabras soltas.

      Por estes achados , tan perto  dunha vía secundaria  que debía pasar polas parroquias de Lamas e Galegos, e polo aspeto que presenta   unha eira  non lonxe da igrexa parroquial, sospeitamos que no lugar que aquela está emprazada, houbo unha necrópole romana  que conviría  explorar.

    Mais ofrecen aínda maior interese os achados  realizados en plena veiga de Sárria , polo mes de setembro de 1923 ,  ao facer o rebaixo  dun prado fronte  da igrexa de Vilar de Sárria ,  a carón da estrada que une a de Samos coa de Becerreá..

Só se removeu  unha pequena  parte  da terra , e apareceron, exhumados polos instrumentos de traballo , entre outros, os obxectos seguintes:

Dous fustes lisos de colunas , dúas pedras de  muiño román, unha sepultura  feita con pizarra do país , un murete de mampostaría , varios ladrillos   cadrados de 0,45  de lado  e  unha pedra labrada  por ambolosdous lados, de excepcional  interese histórico e arqueolóxico.

Todo desapareceu , agás esta última peza que, adquirida polo erudito don Xoaquín  Arias Sanjurjo, foi doada por este ao Museu do Seminario de Estudos Galegos de Santiago, e hoxe  conservase na sección naval do Museu de Pontevedra , que tan  acertadamente dirixe  o noso amigo don Xosé Filgueira Valverde.

O interesante moimento mide 0,77 de alto, 0,60 de ancho e  0,12 de groso , e foi clasificado como román-cristián dos séculos  IV a V.

As graburas que acompañamos exímennos dunha  descrición  minuciosa.

Unha das caras presenta, en relevo, dúas figuras, home e muller, con roupas pregadas, por liñas incisas.

A outra exhibe no centro, tamén en relevo, unha nave con pau e vela e catro tripulantes ; debaixo, un delfín , e no ángulo  superior da dereita  unha aguia  que apreixa coas súas garras un peixe.

A maneira de presentar  os persoaxes  esculpidos é netamente romá. É romá tamén a nave, aínda que a forma triangular  da vela, que por iso carece de antena trasversal, a alonxa do tipo común  que nos recordan graburas e mosaicos.

En canto ao simbolismo Cristián da lápida , e á falla de inscrición que nos poidese orientar , só podemos aventurar hipóteses.

  ¿ Representa esa barca  á Igrexa tripulada polos catro Evanxelistas  ?. Así aparecen  no anaco dun sarcófago de Spoleto, na Umbría, publicado por De Rossi.

O navío, símbolo da Igrexa,  especialmente cando descansa no lombo do peixe, aparece en varios moimentos antigos, como se pode ver no Diccioanrio de Antigüidades Critiáns  de Martigny , na voz Navío ( pxs. 525 , 526 ).

O o golfiño , que decora  moimentos pagáns ( abonda lembrar o panel da casa dos Velti, en Pompeia , no que se pinta   ao Amor nun carro tirado por dous golfiños; e os que aparecen aos lados da discutida cabeza  do mosaico  famoso de Lugo )  tiña tamén siñificación cristiá e segundo o mesmo Martigny , ( páx.  259 )" é un dos  símbolos cristiáns  máis antigamente  empregados nas sepulturas.

A mesma águia , de tanto sabor pagán, principalmente na época  imperial, foi usada , como se desprende  dun coñecido pasaxe  de Santo Ambrosio, como símbolo  da resurrección.

Cecais  nos alongamos demáis , no desexo de  darmos a coñecer  aos nosos paisáns  estas reliquias  dunha das máis interesantes  civilizacións que poboaron o noso pobo.

Se algunha vez  contiuasen os labores de rebaixo no lugar no que foron achados os obxectos descritos , cremos firmemente  que nos sorprend erían novos achados, cuxo interese non  é necesario encarecer.

                                                 FRANCISCO VÁZQUEZ SACO
********************************************************************

                                                            EFEMÉRIDES

 ANO 785.- O presbítero Adilán  funda en Calvor  un mosteiro, baixo da advocacións de San Paulo e Santo Estevo.. Os datos toponímicos que nos ofrece a escritura  de fundación esixen esta localización que xa identificara o grande López Ferreiro " no territorio de Monseiro, a carón do río da Sárria, riba do castro Astórica e na "villla"  Calvaria".

ANO 857.- O 20 de abril  Ordoño I  fai unha copiosa doazón á Igrexa de Ovedo, e nela figura o mosteiro  de Santa M. Éría de Corvelle de Sárria.É a úneca nova que temos deste mosteiro.

ANO 872.- Ë anexionado ao de Samos o mosteiro dúplice  de Barbadelo. Extinguido o mosteiro a parroquia de  Santiago de Barbadelo continuou sendo Priorado  de Samos até a exclaustración.

ANO 1130.-  Don Rodrigo Velaz , Conde de Sárria,  fai doazón da " Villa Celario",  unha das mellores do seu  Condado  e da igrexa de San Xoán para que os seus froitos  sexan empregados  nas obras da Catedral de Lugo que foran comezadas o ano anterior polo mestre Reimundo de Monforte.

ANO 1180.-  O papa Alexandre III, por Bulda despachada en Túsculo o 24 de novembro, aproba a Orde militar de Montegaudio, fundada por don Rodrigo Álvarez, Conde de Sárria, baixo da régoa da Orde  do Cístel. Don Rodrtigo Álvarez é unha das figuras máis esclarecidas da España de aquel entón. Cofundador con don Pedro Fernández Fuencalada da Orde de Santiago, ocupou nela o cargo de Comendador de Monsante e Abrantes en Portugal, que o rei lusitano entregara á Orde coa condición precisa de que fose Comendador o Conde de Sárria. Autorizado polo Papa Alexandre III polos anos de 1175 para abrazar a régoa do Ciistel, parte para Xerusalén e, á fronte dos cabaleiros españois que o acompañan , recobrou terras e castelos , e estableceuse na fortaleza de Monte Gaudio, na entrada da cidade, que daría máis tarde nome á súa  Orde.

A Orde de Montegaudio alcanzou moi axiña enorme preponderancia en España e tamén no estranxeiro. Na provincia de Lugo posuía Santa María Madalena das Nogais, San Xoán de Agüeira. Doncos , Padornelo e Noceda.

ANO 1219.-  O Bispo de Lugo, Don Ordoño asina unha escritura de préstamo a favor de Vidal Pérez. de Sárria. que asinan co Prelado, o Comendador Fernando Cervario, Pedro Miguélez.,  hospitaleiro,  e Fernando Pérez , "frater hospitalis". É  a primeira nova documentada  darredor da existenza en Sárria do Hospital de Peleriños fundado aquí pola orde ialiana dos"Laudantes Deum". nos primeiros anos do século XII.

ANO 1228.- Afonso IX  ao voltar  da súa peregrinación a Compostela , detense coa súa Corte  en Vilanova de Sárria, onde consta a súa presenza  os días 26 e 27 de xullo, nos que,  datados en Sárria, asina cos bispos e dignatarios  que o acompañan , tres diplomas. Entre os asinantes  co monarca , figuran o Arcebispo de Santiago e os Bispos de Lugo, Tiu, Mondoñedo, Ourense , Astorga, León e Ovedo, o infante Don Pedro, mordomo do rei e don Rodrigo Fernandez, o seu abandeirado.
ANO 1230.-  Peregrinaba o mesmo rei a Santiago para dar grazas ao Apóstolo polas vitorias obtidas contra os mouros en Alange, Merida e Badajoz, e , despois de breve enfermidade, soprendeuno a morte  en Vilanova de Sárria o 24 de setembro, recibidos fervorosamente  os Santos Sacramentos.

                                                FRANCISCO VÁZQUEZ SACO

*********************************************************************

                                                      REFRANEIRO
* Quen aúna por San Xoán, ou é tolo ou non ten pan
* Cabes ben, caves mal, cava as patacas en San Xoán.
* Chuvia en San Xoán , tolle viño e non dá pan.
* Por San Xoán en toda terra espigou o pan.
*  O que quere comer patacas en San Xoán, bote-as cnd ' o pan.
* Cando podas sembarás,  y-o remate de xunio  segará.
* O día de an Xoán  san as cigoñas a voar.
*N ' o día de San Xoán máis queixo que pan.
* Mayo pardo e San Xoán  craro valen máis  qu ' os teus bois  y-o teu carro.
* Por San Xoán cortall ' unha raíz  ó pan ; en San Pedro a d' o mdio, y-en Santiago  a d ' o cabo.
* En San Xoán a sardiña moll ? o pan.
* En San Xoán fouce na man.
* En San Xoán nin mexeira de can.
*Entre San Xoán e Santiago líbrenos Dios d ' un nubrado.
*En San Xoán as nove con día dan.
* Se San Xoán chora , a Silveira  non dá mora.

                                 PUBLICIDADE

CASA REGO.-SÁRRIA.- Almacén de viños, augardentes, Abonos Minerais e Sal. Exportador de froitos do País. Avda. Calvo Sotelo, Tfno. 29- SÁRRIA

Nin un so escarabello  queda con ZZ. Salva a súa colleita e  proporcionará moitas patacas.- Almacenista: PEDRO CASTAÑO. Rúa de San Lázaro.

ITRÁN o insecticida  infalible  que non deixa un escarabello. Venda exclusiva: Cooperativa do Campo de Reiriz.

Disfrute  das festas  e luza zapatos bons e elegantes. CALZADOS GONZÁLEZ. Av. de Calvo Sotelo,SÁRRIA.

"Pase  as festas con salero bebiendo vino Calero"

CABRERA, Tecidos , Paquetaría e Quincalla. Praza nova, interior nº 16- Lugo

Café-Bar CALVO. Manuel Calvo. José Antonio Primo de Rivera,51- Lugo

Calzados Castro de Corvelle- As mellores marcas.Calidades superiores.Prezos módicos.- Xosé López Pérez. Rúa Diego Pazos- Sárria.

Para comer ben en Lugo FERREIRÓS . Rúa Nova, 1

POLITÉCNICA BALMES. Colexios en Lugo-SÁRRIA- Monforte- Úneco centro autorizado oficialmente nesta localidade para 1º e 2º Ensino.  Bacharelato. 1º Ensino. Cultura Xeral. Oposicións. Comerzo. Un cen por cento  de aprobados no Exame de Estado., evidencia  a sólida formación  cultural   dos nosos  alumnos , garantida pola preparación a cargo de 7 PROFESORES 7 . Moi pronto  inauguración  dun amplo e moderno local.

HERMENEXILDO  RIVERA. Sárria ( Lugo )  Representante exclusivo de  Anis X, Viños quinados Torrijos e Reyes Católicos. Moscatel : Isabel la Católica. V. Robles SA. Málaga.-  Chocolates e bombós Uña , de Valladolid. Adegas Guerra-Cacabelos ( e vendedor exclusivo  na comarca de Sárria Emilio Zaera )

XASTRERÍA  Xesús Somoza.- Rúa Matía López, 14. Sárria.

SUCESOR DE PINTOS.- Ultramariños finos. Licores de Marca.-Artigos para regalo.- Louza e cristal.- As mellores sementes.- Froitas finas e produtos extremeños- Rúa Maior, 42. Teléfono , 34. Sárria.

ACADEMIA CELTA.- Lugo

Xelados  riquísimos . Todos os días na rúa Matías López ( fonte da casa  do Sr. Marqués ), Para encargas  chamar ao teléfono 23.

Gonher : Fitas mecanográficas,  gomas de borrar, papel de carbón.... de calidade

Hispano-Olivetti.  F. Ordoñez de  Mier. Lugo

Óptica David. Praza  de Españ. Lugo

ACADEMIA  COMERCIAL. Carreira de Comerzo. Bacharelato-Mecanografía- Cultura Xeral.-  Primeiro Ensino- Clases  Especiais-Oposicións. Sárria ( Lugo )

Luciano Eiroa e Cia. Viños, augardentes, licores. A Rúa Petín ( Ourense )

Hielo-Bar. Café-Restaurant. San Marco, 5 -Lugo

CAFÉ MODERNO.- Viños e licores. Xesús Moure. Castroncán.

ALMACENES CELTA. Materiais de construción  e saneamento. Pinturas e bernices. Avda. de Calvo Sotelo. Sárria.

VIUVA DE PEDRO LÓPEZ. FERRETARÍA. Taller de cerrallaría, vidros, pinturas, batería de cociña, material eléctrico , maquinaria  agrícola de  Ajuria  SA  Vitoria.- Rúa Diego Pazos-Sárria

Tópico Kirsém ( callicida universal )

ALBINO LÓPEZ "Martín " Esta xastraría non precisa anunciarse. San Lázaro- Sárria.

"LA ARGENTINA" Manuel Nogueira. Ultramariños e confeitaría . A Pobra de San Xiao- MACEDA

"EL PORRÓN " LELO.  Optimismo, Alegría, Bon Viño, Ricas tapas, Suculento marisco. Sárria.

AVELINO NÚÑEZ MONTERO.- Taller Mecánico -  Reparación  de maquinaria.-  Bobinado  de motores  e dinamos eléctricos. Construción  de toda clas de pezas. Rúa Matías López, teléfono 86  Sárria.

IRMÁNS GARCÍA.- Ultramariños-Viños e licores.- Rúa Maior 87. Sárria.

Confeitaría e  Pastelaría  EL BUEN GUSTO. Especialidade  para festas e vodas.- Café-bar . Prazola do Concello. Sárria

XESTORÍA QUIROGA.-  Porvir 14. Teléfono, 67. Sárria. Especialidade  en preparación de pasaportes para América. Obtención e tramitación de toda clas de documentos.

AVARY.- Antonio Vázquez.-  Fotógrafo e debuxante.- Fotografías de arte.-  Fotos crné.- Traballos de afeizoado.-  Carretes.- Ampliacións.- Reproducións- Debuxos-  Caricaturas, etc. Porvir, 14 ( Casa Moreno ) SARRIA

JEVASA .- Imprensa-Relevos. Fotograbado- Encadernación-  Libros en espiras.- Maior 34, Sárria
JEVASA.- Libraría-Papelaría. Bazar - Xoguetes- Imaxes - Bolígrafos- Estilográficas- Libretas e cadernos - Material escolar . Libros raiados.


***********************************************************************
    
                                            O SAN XOÁN DE SÁRRIA ( 1951 )

                                                    GUIÓN

BANDAS DE MÚSICA.- Banda Municipal de Sárria ( presentación oficial ).- Orquestra Tropical de Betanzos.- Cuartete rexional "Os  Montes " e gaiteiros do país.
PIROTECNIA.- Irmáns Álvarez  ( Chantada ) e Pedro López, "Xato" ( Sárria )
ALUMEADO.- Casa Romero ( Pontevedra )
IMPRENSA.- Viuva de Felipe Rodríguez
PROGRAMA.- Misa Solemne.- Sermón.- Procisión.- Verbeas.- Concertos.- Carreiras.- Cucañas e xogos infantís.- Sesións de fogos artificiais.-  Tiro ao prato .- Carreira de bicicletas.- Festas nas sociedades "Casino" e "La Unión".
ORGANIZACIÓN.- Comisión oficial de Festas.

*********************************************************************************
      
                                               PROGRAMA.-DÍA 22

 Äs seis da tarde, repenique de campás e disparo de potentes bombas anunciarán o comezo destes festexos. De seguido a BANDA MUNICIPAL desta Vila e CUARTETE DE GAITAS recorrerán  as rúas interpretando alegres pasarrúas.
   Ás once da noite PRIMEIRA VERBEA na Praza de D. Xoán María López e na do Concello que lucirán artístico alumeado.
                      
                        PROGRAMA - DÍA 23

Pola mañá diana e alboradas  polas referidas Bandas  que recorrerán todas as rúas da Vila.
Ás doce da mañá  GRANDE CONCERTO na Praza de D. Xoán María López pola BANDA MUNICIPAL, cuxo programa será repartido aparte.
Ás seis da tarde nas referidas prazas GRANDE FESTA amenizada pola anterior Banda e a Orquestra TROPICAL DE BETANZOS , CUARTETE OS MONTES e GAITAS DO PAÍS.
Ás once da noite e nas Prazas citadas o día anterior celebrarase a tradicional e  grandiosa  VERBEA da  Noite de San Xoán. Nela terá lugar  una grande sesión de fogos de artificio a cargo do Pirotécnico D.Pedro López.            

                            PROGRAMA -  DÍA 24

Pola mañá, atroador disparo de bombas e o desfile de todas as agrupacións musicais polas rúas da vila interpretando dianas e alboradas  anunciarán a festividade do día.
Ás once da mañá  e na Igrexa de Santa Mariña MISA SOLEMNE con exposición da S.D.M, Sermón a cargo dun grande elocuente orador sagrado e deseguido  Procisión Eucarística que recorrerá o itinerario de costume. A parte musical correrá a cargo da SCHOLA CANTORUM  DE ACCIÓN CATÓLICA , que interpretará a "Missa Pontificalis" de L. Perosi a catro voces mixtas e varios motetes eucarísticos.
Ao se recoller a procisión  a BANDA MUNICIPAL interpretará un escolleito programa.
Polo serán, de seis a dez, e na Praza de Xoán María López, FESTA POPULAR, paseo,  cucañas e diversos xogos. Este  festival vai ser amenizado por todas as  agrupacións musicais.
Á mesma hora terá lugar una CARREIRA DE BICICLETAS , na que serán disputados  importantes  premios e trofeus.
Ás once da noite, última GRANDE VERBEA . Á unha da madragada  segunda grande sesión de FOGOS DE ARTIFICIO a cargo do coñecido pirotécnico de Chantada , Sr. Álvarez, co que se darán por oficialmente rematados estes festexos.

NOTAS.-  Durante os días  de festas  as sociedades de recreo LA UNIÓN e  SOCIEDADE CASINO, darán diversos festivais  amenizados por una grande orquestra , e a Sociedade LA UNIÓN celebrará grandiosa e xa tradicional VERBEA na noite do día 25 . Este mesmo día pola tarde terá lugar un importantísimo CONCURSO DE TIRO AO PRATO, con diversas tiradas nas que se disputarán  importantes premios e copas.
O día 21 no Grande Cinema CISSA  fará a súa presentación oficial a BANDA MUNICIPAL desta Vila, con un moi escollido CONCERTO.
Para a carreira de  bicicletas, tirada ao prato e concertos daranse programas por separado.
*********************************************************************************

                           A Comisión editou un folleto coa programación con textos literarios

                                                               OUTRA VEZ
         Chega outra vez entronizado  no azul  dun primaveral amencer.
        Cando é máis intensa a cor das rosas  e máis tentador o perfume da brisa.
        Cando é máis forte a risa dos nenos na rúa e máis apremiante a tensión do sangue.

      Chega  por  riba do arrecendo  branco das azucenas. Riba da vermellas pétalas das fogueiras atávicas, Por riba do metálico tanxido das campás. Chega coa súa mensaxe. Ecoar lene dun mar lonxano; Poema dos Bons Versos. Canto de cotovía nun voo de inmensidade .Mensaxe de hoxe e de sempre, de ricos e pobres.

         Chega para nos  recordar o  seu excelso Padroádego.
        Por iso,  agardándooe, florece a ledicia nos ollos azuis  da infancia e se  remansa  a dura angueira dos maiores  e son máis   ridentes as cores e as cantigas.

          San  Xoán , o Precursor,  chega unha vez mási até nós.

         Aos  seus  pés o encanto natural das nosaseiras e o artificio polícromo  dos fuegos. O ouro imponderable  dla Liturxia  e o latexo xubilar  corazón da nosa vila.

          Outra vez chega para nós San  Xoán coa  súa   Mensaxe.

           O estourido dos foguetes  ,  a acre olor  da pólvora, o roldar desacompasado dos"tiovivos"  e o desacorde concerto das barracas festeiras , suliñarán co seu trazo efímero , a perenne veracidade da  palabra del Precursor.

          E tralo derradeiro estourido , a última copa de champán e  o último acorde, permanecerá bela, ampla , harmoniosa e apremiante a poesía  da Mensaxe de San Xoán : "  Non é o mundo o centro das almas ".
                                                     ..........................................
(Texto anónimo, posiblemente da autoría  de don Xosé Xulio Quidós, capelàn do Hospital-Asilo de  Sárria,  e consiliario de Acción Católcia ; versionado en galego  a partir do orixinal publicado en castelán)

                                                  ...........................................

                                                  SAN XOÁN , O PRECURSOR  ( a Manolo e Carlos )

                                 El fíxose tesón, tenacidade , aceiro
                                 riba da fronte o sol de Palestina;
                                 e nos seus ollos de fogo un adivina
                                 o orto insospeitado dun luceiro.

                                 É  Precursr, Heraldo e Pregoeiro
                                 do Grande Rei. Férreo Arcanxo  camiña
                                 -inquedanza xuvenil e peregrina-
                                  ao mesmo sitano do seu andar senlleiro.

                                  Valente por sinxelo e por humano,
                                  o seu ademán  xuvenil que alza e constrúe
                                  co seu sangue rubrica a súa victoria.

                                  A paixón baixa  e o poder tirano
                                   que diante do a  súa ollada  se eslúe
                                   quixo apágalo e incendiouno en Gloria.

                                             Sárria, Xuño , 1951                J.J.

               (  Poema de don Xosé Xulio Quindóa, versionado en galego  )

********************************************************************************
                                                                 PUBLICIDADE

CAFÉ BAR CATRO CAMIÑOS. Especialidade en  tapas de cociña. SÁRRIA

FERRETARÍA CATRO CAMIÑOS.- ALFREDO DE LA VEGA.- Batería de Cociña,  Material Eléctrico ,Mobles, Pinturas, Louza, Cristal. MATÍAS LÓPEZ.-  SÁRRIA

CASA CENDÁN.- MERCEARÍA E PAQUETARÍA.- Especialidade en medias de Cristal. Acarón do CISSA.- SÁRRIA (LUGO )

FECULERAS ESPAÑOLAS.-EDUARDO MARTÍN ALONSO.- Fábrica de  Féculas, Destrinas, Tapioca, Glucosa  Industrial, Glucosa purísima e Gluconato cálcico  recristalizad.o- SÁRRIA.

Menos praga e máis colleita grazas a...INU - agrícola naturalmente.

GERMÁN VAZQUEZ E IRMÁNS LTDA. Almacenistas de víveres.- Exportadores. Sárria ( Lugo )

CALZADOS GONZÁLEZ.- Especialidade e garantía.- Calvo Sotelo-Sárris

AUTOS ALFREDO.- FEIRAS. TRANSPORTES E EXCURSIÓNS. Teléfono 85 SÁRRIA

OBRADOIRO DE MARMORISTA.- Fanse toda clas de traballos en MÁRMORES E GRANITO . PANTEÓNS, LÁPIDAS E MÁRMORES para mobles, ANTONIO LEBÓN FERNÁNDEZ. SÁRRIA

" LA LUCENSE ".- MERCEARÍA.- PERFUMARÍA.- CONFECIÓNS.-  ARTIGOS DE LIMPEZA.- Matías López.- SÁRRIA.

MANUEL DÍAZ CHELO.- Aente Comercial Colexiado.- Saúda á súa clientela e anticípalles grazas polas súas encargas.- Sárria

ALMACENES CELTA.-Materiais de construcción.- Calvo Sotelo.- Sárria

ANTONIO GAYOSO.- Viños e Licores das marcas  máis acreditadas.-Tapas de cociña e merendas a todas as horas.- Maior 10.- Casa Vilanova.- Sárris

XASTRARÍA E PANARÍA FINA.-PEDRO LÓPEZ FERNÁNDEZ ("Dios" ) Campo da Feira.- Sarria

 ¿ Quen representa os famoso viños Carracedo sw La Bañeza e sidra natural La Tremenda  ¡ POLO !
¿ Quen é  Polo ?. O reprsentante  exclusivo destas  dúas riquísimas bebidas. Faga os seus pedidos  chamando ao Teléfono  71 ou 96. Sárria.

Obradoiro  Mecánico e  Fontanaría GERARDO ALVAREDO. Rapidez e economía- Servizo a domicilio.- Bengno Quiroga . Sárria ( Lugo)

EL ENCANTO.- Panaría.- Las.- Sedas.- Confeciós.- Mercearía.-  Paquetaría e Alfombras.- FRANCISCO PÈREZ.- Calvo Sotelo, 13.- Sárria.

OBRADOIRO DE PINTURA EN XERAL - MAVE.- Rúa Andión. Sárria ( Lugo )

CAFÉ BAR LORO .- Doroteo Urra Sáez de Ibarra.- A Pobra de San Xiaos ( Lugo )

EMILIO ZAERA.- Exportador de productos do país- Teléfono 5. Sárria

LA SARRIANA .- Confitaría-Pastelaría. MATÍAS LOUREIRO. Teléfono 69. Sárria  ( Galicia )

ACADEMIA COMERCIAL.- Comerzo.- Bacharelato.- Primeiro Ensino.- Mecanografía.- Clases especiis.- Oposicións.

PEDRO LÓPEZ ARIAS.- BAR E CASA DE COMIDAS.-Praza do  Concello.- Sárria

TINXIDOARIA  MOURÍN Mande a esta  súa casa o traxe suxo e enrugado e seralle entregue completamente novo. Sárria ( Lugo )

Obradoiro  mecánico e Fontanaría GERARDO ALVAREDO.- Benigno Quiroga. Sárria

MANUEL VÁZQUEZ CALOTO.- Ebanistaría e Carpintaría Mecánica.- O Mazadoiro.- Sárria

VIÑALS XASTRE.- Cruce da Estación. Sárria

O VIÑO DO PORRÓN non precisa bandeira. Marscos e Merendas. BAR LELO.

POLITÉCNICA BALMES.  para que os seus fillos adquiran a completa preparación científica  , sufieicnte para triunfar e n exames finais, oposicóns e EXAME DE ESTADO, matriculeos , na ACADEMIA BALMES. Sárria.- Bacharelato, Primeiro Ensino.- Cultura Xeral.- Oposicións .- Comerzo, etc.- Garante a sólida formación dos nos alumnos a esmerada preparación cultural a cargo de 7- profesres tiulados-7.

IRMÁNS GARCÍA ( "Os Cristos" ) Ultramarinos, Viños e Licores. ¡ Si Señor ! O viño dos Irmáns García é o mellor. Maior,97-Sárria (  * agora Rúa Marqués de Ugena )

LUIS PARDO LÓPEZ ( "Carabanas" ).-  Obradoiro de Ebanistaría e Carpintaría en xeral. Sárria ( Lugo )

CHURRARÍA "LA ESTRELLA" Única en Sárria .- Cruce da Estación.- Limpeza e bon servizo. Preparamos encargas. DIMAS VEGA.

 ¡ Non haxa confusión !   e para que vexa que non hai comparación visite FROITARÍA  NERÓN
 no Cruce da Estación. Sárria.

SUCESOR DE PINTOS.- Ultramarinos finos.- Licores de marca.-Artigos para  regalos.- Louza e Cristal.- As mellores sementes. Froitas finas e produtos estremeños. Maior, 42- Tef. 34. Sárria

HOTEL BURGALESA.-Con todo confort moderno.- MANUEL VÁZQUEZ. Estación-Sárria.

SALÓN DE BAILE E RECREO.-  SANTIAGO LAGO.- A carón da Casa Cortiñas.- Sárria..

XESTORÍA QUIROGA.- Tramitación  de toda clas de documentos , especialidade en pasaportes para América. Porvir , 14. Sárria ( Lgo ) -Agora Rúa Marqués de Ugena.-

ALBINO L. MARTÍN.- XASTRE. San Lázaro .Sárria ( Lugo )

                                      REPRESENTACIÓNS

MANUEL  DIAZ (CHELO ).- AXENTE COMERCIAL COLEXIADO
Sucesores  de Vva. de  Ramón Miró . REUS.  Viños- Mistelas.- Vermús.- Moscateis.- Xarabes
Aazafrán mudi POTE. Condimento amarelo  SIRENA.- Fillo de  Xosé Verdú Cantó.- Novelda-Alicante,
La Selecta.- Fábrica de Chocolates.- Colón 22.- Vigo
Fábrica de Turróns e Doces.-Miralles y Sirvent SL Xixona
Licores Viso-Ourense

                                    ANUNCIANTES FORÁNEOS

CAFÉ BAR CALVO -LUGO
LA GRAN BRETAÑA.- CALZADO-BAZAR.- LUGO
FERREIRÓS.- PARA COMER BEN EN LUGO. RÚA NOVA
ÓPTICA DAVID, RELOXOARÍA.-PRATERÍA.- XOIARÍA ( LUGO )
LÓPEZ GRANDAS E CIA SC.-COLONIAIS, CEREAIS, VIÑOS, AUGARDENTES E EXPORTACIÓN DE PRODUTOS AGRÍCOLAS.- LUGO
BAR CASTROVERDE
ANÍS LA SEGAODRA- PONCHE MOYER- BRANDI TRES CASCOS
TRIPLE SECO LARIOS
ACCESORIOS E REPOSTOS.- PONCIANO PARGA-LUGO
COITELARÍA AQUILINO.- OBRADOIRO DE AMOAR.LUGO
FERRETARÍA ASTURIANA.- LUGO
ISMAEL.- CONFECIÓNS E XASTRARÍA.- LUGO
XOSÉ LÓPEZ FREIRE,. COLONIAIS.- VIÑOS.- AUGARDENTES.- LUGO
VIDROARÍA LARA.- FÁBRICA DE ESPELLOS.- LUGO
CENTRO DISTRIBUIDOR DE  LIBRARÍA. OBRADOIROS TIPOGRÁFICOS.- LUGO

Comentarios

Publicacións populares