A GRIPE EN SÁRRIA ( 1918 )

 A GRIPE EN SÁRRIA  ( 1918 )

Aínda queda lembranza  da gripe  que tanto dano fixo en Galicia no ano 1918. Andazo, calipandria, gripia... déranlle o nome que lle deran  a súa tradución plasmouse en moitas mortes e nunha loita contra o virus  que deu lugar á consagración de médicos heroicos. Ese foi o cado do médico sarriao PEDRO SACO PRADEDA  a quen se lle adicou a rúa que se abriu na Corga de Vales.

O diario lucense EL PROGRESO, na súa edición de 23 de novembro de 1918 recolleu o seguinte artigo, da autoría do seu correspondente sarriao LILIPUTIENSE:

SÁRRA, 23.- A EPIDEMIA.-  É satisfatorio xa o estado sanitario do termo municipal de Sárria. Tanto que xa comeza a facerse vida ordinaria na vila,. véndose moitas persoas convalecentes e en franca melloría.

O labor do Concello e do seu celoso alcalde  Sr. Gutiérrez diante a  pandemia foi notabilisimo, pois facilitáronse medicinas e socorros  aos doentes da lista de pobres , senón a quen se crían necesitados, por non se poderen adicar a gañar sustentación por causa da enfirmidade   reinante,

Ao comezar a epidemia todos os médicos da vila dispuxéronse a atenderen con singular solicitude  aos doentes  que ían aparecendo, pero axiña figuraron no número de estos   dous dos tres médicos  que exercen en Sárria a súa profesión e quedou só D. Pedro Saco, facendo unha campaña  verdadeiramen te notable polo seu grande interese a prol da sanidasde público.

Fan grande eloxio do Sr. Saco, moi xustificado por certo. LILIPUTIENSE

........................

Comentarios

Publicacións populares