DINIS DE CASTRO E PORTUGAL

                                          DINIS DE CASTRO E PORTUGAL

Membro da familia dos Condes de Lemos don Dinís de Castro e Portugal foi un crego moi vencellado á vila de Sárria. Consta que  viviu por algún tempo nunha das casas que había dentro da Fortaleza.

Foi o fundador do HOSPITAL DE SANTO ANTÓN ABADE  , situado fronte a San Salvador e por baixo da fortaleza.

Polo seu testamento , pasado en Valladolid, o día  19 de maio de 1588 deixou establecido:

" Item mando que se me digan no Mosteiro da Madalena da vila  de Sárria cen misas polas persoas que teño cargo e obriga"

 Fixo legato de cen fanegas de pan de renda en cada un ano, para que sumadas a outras do hospital se gaste en dar de comer aos peregrinos , pasaxeiros pobres... e que poidan á conta da dita renda reparar  o hospital  e as camas dos pobres --- e cincuenta ducados para que reparen e formen o dito hospital-

Con cargo ás ditas mandas   foi mercado o Cortiñeiro de San Salvador, onde se fixo obra nova.  En 1594, perante o escribán Gregorio Fernández de Moure, comprometeron 400 ducados  para facer o Hospital, sendo mestre das obras  Xoán de Seara.

O Hospital de Santo Antón Abade  atendía aos peregrinos que voltaban de Santiago   que debían facer presentación da "compostela" por eles gañada, e recibían esmola, alimentos e leito. Había dotación para un hospitaleiro e para a atención dun cirurxano.

O edificio do Hospital e os seus espazos anexos , ao longo dos ´séculos, tiveron outros destinos  sempre ao servizo dos moradores na vila: foi sede da Xustiza e Rexemento da vila e do Marquesado,  en parte da casa  establec ( éronse   a  Escola de Gramática, a Escola de Primeiras Letras (até 1896 ) , a Casa do Concello ( de 1820 a 1920 ) , a Casa do Mestre, o Xulgado de Primeira Instancia, o Xulgado de Distrito, a Escola Municipal de Música, o Arquivo Notarial e o Clube de Anciáns "Anduriña".

O edificio foi remodelado, coservando só a fachada  dos anos 1860 , e na actualñidade alberga o Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción e o Rexistro Civil.

Comentarios

Publicacións populares