DEVANCEIROS SARRIAOS

 

DEVANCEIROS SARRIAOS DO SÉCULO VIII AO SÉCULO XVII

ADILAN ( 785 ).-  Fundador do Mosteiro de Santo Estevo de Calvor. Fillo de Exila, chegado dos confins de Hispania, que adquiriu a "Villa Calvaria" por  presura.

AVOLINO. ( 785 ).- Frade no mosteiro de Santo Estevo de Calvor.

CITA ( 785 ).- Frade no mosteiro de Santo Estevo de Calvor,

DAGAREDO ( 785 ).- Frade no mosteiro de Santo Estevo de Calvor.-

LEOVIXILDO ( 785 ).- Frade do mosteiro de Santo Estevo de Calvor,

MAZÓN ( 785 ).- Frade do mosteiro de Santo Estevo de Calvor.

VIXILA. ( 785 ).- Frade no mosteiro de Santo Estevo de Calvor.

ELDIVERTO ( darredor do 900 ).-   Fundador do mosteiro de San Miguel de Piñeira.

TEODENANDO ( 902 ).- Arcipreste, descendente dos fundadores do mosteiro de Santo Estevo de Calvor, que acusou aos seus monxes, diante de Afonso III, de faceren vida disoluta. 

TRITABO (      ).- Segundo abade de San Miguel de Piñeira,

FRADIULFO (    ).- Terceiro abade de San Miguel de Piñeira.

BALTARIO ( 951 ).- Presbítero que legou aos fardes e monxes de San Miguel de Piñeira herdades que foran dos seus pais  Damiro e Cristiña  en Piñeira, Hermorici ( A Ernida ) e Nespereira.  Foi o cuarto abade do Mosteiro de San Miguel de Piñeira. 

ERMEGOTONA ( 951 ).- Abadesa do mosteiro de San Miguel de Piñeira.

CARTINO TEDÓNIZ ( 960 ).- Casado con Vedrilli  fixo doazón , xunto coa súa muller Vedrilli,. da vila de César, e  seguiuse pleto  recoñecendo 2 / 3 para Samos e 1 / 3 para o "Loci Sancti Iacobi" ( Santiago de Barbadelo ).

EXEREDO ( 960 ).- Casado co Rósula.  Fixo doazón a Samos do mosteiro de San Mateu de Vilapedre.

ALBURA  ( 961 ).-  Xunto coa súa muller  Gunterode  e a súa  filla Erleova ofreceulle ao Mosteiro de San Miguel de Piñeira " in valle Basrbatelli" mobles e bens raíces.

VISTIBERGA ( 961 ).- Abadesa do mosteiro de San Mateu de Barbadelo.

LEODEGUNDIA ( 961 ).- "Deo vota" que legou todos os seus bens ao mosteiro de San Mateu de Vilapedre. 

SUNILANO ( 976 ).- Casado con Nunnita , herdou de Veremundo o "Loci Sancti Iacobi" ( Casa Domni Adilani" - Santiago de Barbade.lo )

SENDINA ( 9... ).-  Filla de Sunilano e Nunnita. Foi abadesa do "Loci Sabcti Iacobi" ( Santiago de Barbadelo ) e cedeulle dereitos ao mosteiro de Samos.

ERMEXILDO ( 978 ).- Xunto coa súa muller Eldonza doou ao mosteiro de Samos o mosteiro de San Salvador de Barxa ( Calvor ) 

VEREMUNDO ( 985 ).- Abade da "Casa Domni Adilani"- "Loci Sancti Iacobi" ( Santiago  de Barbadelo, que no ano 1009 agregou dereitos do mosteiro seu ao mosteiro de Samos,

PALLA DÍAZ ( 985 ).- Noble dama  , sobriña do Conde Gonzalo Menédez, que pleiteou  co abade Veremundo de Samos por uns vasalos  ( Álvaro de Arxerico ) netos de Nonnoi e Sisiberto.

CITI LUCIDIZ ( 995 ).-  Gobernador da mandación de Louseiro. No ano 997 marchou para Portugal co rebelde  Gonzalo Menédnez e os seus filllos. Titulabase " dux".  

FROILA VÍMARAZ (  995 ).- Meiriño da Vila Real de Larín, parroquia de San Salvador de Larín ( Láncara ) 

OVECO TOLMIRIZ ( 1003 ).-  Meiriño Maior nas Terras de Lemos e Sárria.

ERMESENDA DIÉGUEZ  (1011 ).- Deulle ao mosteiro de Samos Castro Domiz, San Pedro de Teilolnxe e o Busto coas devesas der an Sadurniño, na Terra de Froián 

FERNANDA ( 1011 ).- Abadesa do mosteiro de San Paio de Piñeira, "in valle Barbatelli". Sufriu  as maquinacións  da falsaris  monxa  Onega . Xunto coas súas irmás Hermegotona  fixo doazón ao abade Mandino de Samos,  e ao seu neto Paio ,do mosteiro e outras vilas.

VANDILÁN  ( 1020 ).- Doou herdades súas en Corvelle ao mosteiro de Samos.

DIEGO ( 1020 A 1061 ).- Abade de Samos. Foi o fundador do msoteiro de Santo Antoiño de Sárria, ou Santo Antoiño de  Toubille onde fora abade, ao que dotou con moitos bens,

VELASCO TOFREDIZ  ( 1052 ).- Fixo doazón da vila de Barxelas, en Calvor, ao mosteiro de Samos

ARIÁN ( 1055 ).- Presbítero que  xunto coa súa nai Ermesendsa doou a Samos  herdades en Corvelle.

MARIÑA ( 1064  ).- Viuva de Oveco Toemiriz. Xunto cos seus fillos Afonso, Pedro, Vermudo, Elvira e Onega fixo doazón da vila de Belante ao abade Brandila de Samos.

VERMUDO VERMUDEZ ( 1072 ).-  Conde. Fixo doazón ao mosteiro de Samos do lugar de Vilaesteva, cabeza do Couto do Caritel, en Terra de Froián. 

GUNTINA ( 1072 ).- Fixo doazón dunha vila en San Salvador de Froián ( San Salvador da Pena ) ao abade Auderico de Samos,

ERO PELÁIZ ( 1074 ).-Meiriño real en Larín  que pleiteou co mosteiro de Samos polo mosteiro de San Salvador de Barxa ( Calvor )

EITA GOSÉNDIZ (  1074  ).-  Por encarga da súa nai , Adosinda,  deixou para o mosteiro de Samos terras en Barbadelo e  outros lugares.

EITA GOSENDIZ ( 1082 ).-  Vigairo do rei con residencia en San Salvador de Larín ( Láncara ) con xurisdición dende o MIño até o Sil", que discutiu co mosteiro de Samos pola propiedade do mosteiro de San Salvador de Barxa ( Calvor )

VERMUDO ORDOÑEZ ( 1074 ). .- Conde.  Polo seu testamento deixoulle ao mosteiro de Samos  lugares en Fafián   Vilaesteva , Lamas e Chorente

ELVIRA BERMÚDEZ ( 1089 ).-  Usurpadora da  vila de Nespereira, que por sentenza en xuizo, devolveuna ao abade samonense don Pedro.

ERO ARMENTARIZ ( 1089 ).- Vigairo real en San Salvador de Larín ( Láncara ) .

DOMINGO RODRIGUEZ ( 1089 ).- Xunto coa súa irmá Veta e os seus fillos Salvador, Paio, Miguel, Xem ena e Elvira vendeulle 1 / 30 da vila de Quintela ao mosteiro de Santo Antoiño de Sárria.

BERNARDO ( 1093 ).- Meiriño na Vila Real de Larín.

PEDRO GARCÍA ( 1098 ).-  Fixo doazón ao mosteiro de Samos  de bens en Castelo, Fontela, Vilanova  e San Sadurniño de Froián.

FERNANDO ZAZONIZ ( 1112 ) Meiriño na Vila Real de Larín.

ÁLVARO  RODRIGUEZ  ( 1144 ).-  Conde de Sárria. casou con Dona Sancha, irmá de Afonso VI.   Introdutor da Orde do Cístel e fundador do Mosteiro de Meira. 

PONCIO DE CABFRERA ( 1162 ).-  Deulle ao mosteiro de Samos Marzán, San Martiño, Melle, Domiz, Santo André, Castelo ( Meixente ), Viville  e Vilar pola ánima do seu fillo  Xerardo Poncio.

PEDRO FERNÁNDEZ ( 1177 ).-  Meiriño en Sárria e en  Piñeira ( Baralla ) " Maiorinus in Sarria  et in Pineira de manu regina domina Urraca".

PETRUS SARRIA ( 1195 ),. Crego que asina un documento referido ao mosteiro de Samos feito en Braga.

PEDRO E PONCIO VÉLEZ  ( 1196 ).-  Concamiaron os seus dereitos da igrexa de San Xoán de Fafián  por outros bens no Salnés co abader Paio de Samos.

DOUS FRADES ITALIANOS ( darredor de 1200 ).- Peregrinos a Santiago solicitaron ao bispo de Lugo autorización para facer un Hospital para  os pasaxeiros que ían para Compostela a carón da Capela de San Brais da Vilanova de Sárria.

MIGUEL  ( darredor de  1200 ).-  Bispo de Lugo, concertou cos "laudantes Deum" para a creación do Mosteiro e Hospital que máis adiante  será coñecido como de Santa María Madalena da Vilanova de Sárria..

FERNANDO PEREZ ( 1219 ).- Frade do Hospital sarriao  pertencernte ao Orde dos Laudantes Deum

FERNANDO CERVARIO ( 1219 ).- Frade do Hospital.- Mosteiro pertencente ao Orde dos Laudantes Deum, establecido a  carón da capela de San Brais da Vilanova de Sárria, 

PEDRO MIGUÉLEZ ( 1219 ).-  Hospitaleiro, do orde dos Laudantes Deum, ao servizo dos peregtinos na institución alazada  a  carón da capela de San Brais da  Vilanova de Sárria,

VIDAL PÉREZ  (/ 1219 ).- Veciño da Vilanova de Sárria que recibiu un empréstimo de mans do bispo de Lugo Don Ordoño.

PELAGIO CARVALLO ( 1236 ).- Meiriño na Vilanova de Sárria.

P. PELÁEZ ( 1236 ).- Párroco de San Salvador da Vilanova de Sárria.

FREI ABRIL  ( 1251 ).-  Frade dos "Laudantes Deum", no Hospital.Mosteiro de Santa María Madalena de Sárria.

FERNÁN DÍAZ ( 1251 ).- Arcediago de Sárria na catedral de Lugo interviu na concordia do Orde dos Laudantes Deum co bispo de Lugo , Don Migiuel, polo Hospital de Vilanova de Sárria.

AFONSO NUNET ( 1259 ).- Xuiz da Vilanova de Sárria.

DOMINGOS IOHANNIS  ( 1259 ).- Xuiz na Vilanova de Sárria.

PAY GARCIA ( 1259 ).- Xuiz na Vilanova de Sárria.

PEDRO FROGIE  (1260 ).- Xunto coa súa muller  María Eanes  tomou en foro unha casa na Vilanova de Sárria que pertencía ao mosteiro de Samos.

AFONSO PÉREZ ( 1261 ) .- Pleiteou co Mosteiro de Samos pola posesión  dunha herdade en Barxela ( Calvor )

PEDRO RODRÍGUEZ  ( 1270 ).- Perdeu un pleito co mosteiro de Samos polo que pretendía que lle recoñeceran que tiña vasalos no couto samonense,

MARTIÑO LÓPEZ  ( 1280 ).-  Coengo da Catedral de Lugo que lle vedeu ao Cabido lucense as posesións que tiña na Vilanova de Sárria  , no seu alfoz  e a cuarta parte dos muiños da Ponte.

PERO DA ARMEÁ ( 12..... ).- Xograr de Sárria.

AFONSO GÓMEZ ( 12... ).- Xograr de Sárria.

LOURENÇO EANS ( 12... ).- Xograr  de Sárria

AFONSO ( 1305 ).- Crego  de San Xulián da Veiga de Sárria.

FREI XOÁN ( 1309 ).-  Prioiro de Santa María Madalena de Sárria  do  Orde da Penitencia dos Venerables  Mártires de Cristo.

FREI FERRANDO ( 1349 ).- Prioiro de Santa María Madalena de Sárria do Orde da Penitencia  dos Venerables Mártires de Cristo. 

RODRIGO LÓPES (  1352 ).-  Escribán de Sárria.Notario público de El-Rei .

LOPO ARES ( 1352 ).- Veciño da Vilanova de Sárria.

LOPO GARCÍA DE SABADELLE  ( 1340 ).- Crego de Santo Estevo do Mato, na Terra de Froián.

MARTIÑO LOPES ( 1352 )..- Notario público por El.Rei na Vilanova de Sárria.

AFONSO RODRÍGUEZ ( 1352 ).-  Veciño de Vilanova de Sárria.

MARTIÑO DE SÁRRIA ( 1352 ).- Veciño da Vilanova de Sárria,  

ROI GONZALEZ DE SÁRRIA ( 1380 ) .- O abade de Samos presentou unbha quexa  na súa conta  por posuir inxuastamente os coutos  de Piñeira, Barbadelo e A Armeá.

DIEGO PERES ( 1380 ).- Ferreiro. Casado con Xoana Rodrigues herdeira do lugar do Lousado en Callás ( San Fiz de Reimóndez ). 

LOPO FERNANDES ( 1393 ).- Notario público en  Sárria. polo Conde don Pedro

FERNÁN GOMES  ( 1393 ).- Escribán de Sárria.

FELIPE EANS ( 1393 ).-  Ferrador veciño da Pobra de Sárrria.

ROI BRANCO ( 1393 ).-  Veciño da Pobra de Sárria. Casou con Aldara Ares. Compraron o lugar do Lousado en Callás, parroquia de San Fiz de Reimóndez. 

ROI GOMES ( 1393 ).- Veciño da Pobra de Sárria. Zapateiro.

GONSALVO FERNANDES ( 1416 ).- Alcalde de Sárria.

FREI XOÁN ( 1416 ).-  Prioiro de Santa María Madalena de Sárria do Orde da Penitencia dos Venerables Mártires de Cristo.

FREI GOMES ( 1416 ).- Frade de Santa María Madalena de Sárria,

RODRIGO ARES ( 1416 ).- Escribán de Sárria. Notario público polo Conde don Pedro en Sárria.

ROI GOMES DE RIBA   DE NEIRA  ( 1416 ).-  Deixou á súa morte varios bens para a capela de San Lourenzo na igrexa de Santa María Madalena de Sárria,

ALONSO DE CASTRO ( 1418 ).- Fillo do Duque de Arjona, que foi asasiñado no adro da igrexa de San Pedro de Láncara  en liorta con Fernando Suario e foi enterrado na igrexa de Santa María Madalena de Sárria.

ÁLVARO  RODRIGUEZ DE GÓO ( 1420 ).- Escribán publico da Súa Maxestade e notario público na Pobra de Sárria. 

GONSALVO FERNANDES DE VIVILLE ( 1420 ).- Crego de San Vicenzo de Maside.

FERNANDO DA FURELA ( 1426 ).- Xunto coa súa muller  Aldara tomou  en foro de Samos  os bens de Perros ( Calvor ). 

FREI ARES DE LALIN ( 1428 ).- Prioiro de Santa María Ma-dalena de Sárria do Orde da Penitencia dos Venerables Mártires de  Cristo.

XOÁN ALONSO ( 1428 ).- Morador no lugar de Ferreiros de  San Fiz de Vilapedre.

DIEGO DE VALADARES ( 1431 ).- Notario público  na Pobra de Sárria e no seu alfioz polo conde  Pedro Álvarez Osorio. 

FERNÁN GOMES  ( 1431 ).- Notario de Sárria

FERNÁN PEPI ( 1431 ).- Fillo de Pero Peja, veciño da Pobra de Sárria.

ROI LOPES DO CASTELO ( 1431 ).- Morador na Pobra de Sárria,

GREGORIO NUNES ( 1431 ).- Crego sarriao.

NUNO GOMES ( 1431 ).-  Crego de Santa María de Corvelle. 

INÉS GÓMES ( 1431 ).-  Moradora en Santa María de  Corvelle .Xunto coa súa filla Clara Dias fixo acordo  co prioiro da Madalena de Sárria frei Ares de Larín.

ARES EANES DE PALLARES  ( 1451 ).-  Prioiro  de  Santa María Madalena de Sárria do Orde da  Penitencia dos Venerables Mártires de Cristo.

ROI GONÇALVES DE RIBA DE NEIRA ( 1454 ).-  Fillo de Alvaro Gomes de Riba de Neiras e de dona Tereixa. Neto de Roi Gomes de Riba de Neira- Fixo doazón de bens ao mosteiro de Santa María Madalena de Sárria, onde a familia tiña enterramentos dotados.

RODRIGO ARES DE SAN MARTIÑO ( 1455 ).- Aqueixado de lepra, este gafo  deixoulle ao Hospital de San Lázaro, estramuros de Sárria, a renda  de un canado de viño.

ÁLVARO  FERNÁNDEZ DE SÁRRIA ( 1480 ).-   Marido de  María Fernández. Foi enterrado na Capela de Santa María de Barbadelo, perto do Mosteiro da Madalena,     

MEN DA RIBEIRA ( 1480 ).- Meiriño da Pobra de Sárria.     

FREI LOPO DE FERREIROS ( 1480 ).- Bacheler , proioro de Santa María Madalena de Sárria do Orde da  Penitencia dos Venerables Mártires de Cristo.                                                                  

 ALVARO RODRÍGUEZ  DE SANAMEDE (  1480 ).-  Escribán e notario de número na Pobra de Sárria.

ROI CASTELAO  ( 1480 ).- Veciño de San Salvador de Vilar de Sárria. casado con Lionor Vasques. Tiveron  por fillos a  Pedro, Constança Lopez ( casado con Lope Figueroa )  e Aldara López  ( casada con Diego de Sárria ).

FREY RODRIGO ( 1483 ).- Prioiro de Santa María Madalena de Sárria do Orde da Penitencia dos Venerables Mártires de Cristo.-

ÁLVARO DE AGUIAR ( 1486 ).- Crego de Santa María da Pena que lle deu ao Mosteiro da Madalena de Sárria  o lugar de Tuimil.

ARES PALLARES.  ( 1486).- Mordomo do Conde de Lemos para a cobranza das súas rendas e dereituras. 

GÓMEZ DE LA PLAZA ( 1486 ).- Párroco de Santa Mariña de Sárria.

FREI RODRIGO DE PALLARES ( 1488 / 1491 ).- Prioiro de Santa María Madalena de Sárria do Orde da Penitencia dos Venerables Mártires de Cristo.

ALVARO GONÇALVES DE RIBA DE NEIRA ( 1491  ).-  Fillo de Diego Sánches de Riba de Neira, sobriño de Roi Glomes de Riba de Neira, dooulle ao Mosteiro da Madelena de Sárria  o casar da Vilerma en San Pedro de Maside.

FERNÁN DIAS ( 1491 ).- Veciño da Pobra de Sárria, 

LOPO  DE RONFE (  1491 ).- Veciño da Pobra de Sárria.

SEBASTIANO NUNES ( 1491 ).- Veciño da Pobra de Sárria.,

FERNANDO GONÇALVES ( 1497 ).- Fixolle foro de bens en Lousadela ao mosteiro da Madalena de Sárria. 

ROI BRANCO  ( 1497 ).-   Deulle  bens en San Martiño de Louseiro para o mosteiro de Santa María Madalena de Sárria.

GÓMEZ PÉREZ (  ¿ ).-  Crego de Farbán enterado na capela de San Bartolomeu, na igrexa de Santa  María Madalena de Sárria.

VASCO ÁLVAREZ DE GUITIÁN ( 1506 ).-  Señor da Casa de Gutián en San Pedro de Froián. Matou ao crego de Froián e perdeu todas as súas propiedades.

DIEGO DE VILACHÁ ( 1509).- Escribán e notario publicop ordinario da vila de Sárria , as súas pobras e xurisdicións. Rexidor da vila de Sárria ( 1521)

FREI VASCO ( 1509 ).- Prioiro de Santa María Madalena de Sárria do Orde la Penitencis dos Venerables  Mártires de Cristo.

FREI ALONSO DE ROGEROS ( 1510 ).- Prioiro de Santa María Madalena de Sárria  do Orde da Penitencia dos Venerables Mártires de Cristo. 

FREI ALONSO DE VILASOUTO ( 1511/ 1528 ).- Bacheler. Prioiro de Santa María Madalena de Sárria do Orde da Penitencia dos Venerables  Mártires de Cristo.

NUNO ALVAREZ DE GUITIÁN ( 1511 ).- Mestrescola da Catedral de Ourense, que fixo doazóns ao mosteiro de Santa María Madalena de Sárrai  e  constriuiu a Capela Maior  onde está enterrnado nun nicho con sartego con inscrición e historiado.

SABELA DA VILAVELLA  ( 1512 ).-  Viuva de Rodrigálvarez de Valcárcere . Este e o seu pai estaban enterrados na capela de Santa María de Barbadelo, situada entre a Fortaleza de Sárria e o mosteiro de Santa María Madalena ( do que era anexa )  no espazo que ocupou  o Mercado ou Feira Vella, fronte á actual Casa do Campo da Feira.

DIEGO DE VILLARCE (  1514 ).- Escribán e notario público na vila de Sárria e nas súas pobras.

FREI PEDRO DA VEIGA  ( 1514 ).- Frade de Santa María Madalena de Sárria,

FREI ARES CAPÓN ( 1514 ).- Frade de Santa María Madalena de Sárria.

FREI  VASCO MOURIN ( 1514 ).-  Frade de Santa María Madalena de Sárria.

FREI XOÁN MOURÍN ( 1514 ).-  Frade de Santa María Madalena de Sárria.

FREI BARTOLOMEU DE LAIOSA ( 1514 ).- Frade de Santa María Madalena de Sárria-

FREI VERNALDO DE BARBADELO ( 1514 ).- Frade de Santa María Madalena de Sárria.

FREI SEBASTIANO DE  GUILLADE ( 1514 ).- Frade de Santa María Madalena de Sárria.

FREI FRANCISCO DE BUSTELO ( 1514 ).- Frade de Santa María Madalena de Sárria.

FRANCISCO DE NOVAS RUBIAS ( 1518 ) Meiriño e Xustiza  Maior na Pobra de Sárria.

PERO DÍAZ  ( 1518 ).- Escribán de Sárria.  Rexidor en 1521.

BARTOLOMEU FERNÁNDEZ  ( 1521 ).- Meiriño e Xustiza Maior na Pobra de Sárria.

FERNÁN GARCÍA DE MERA ( 1521 ).- Alcalde ordinario de Sárria.

GRIGORIO LÓPEZ ( 1521 ).- Alcalde ordinario de Sárria.

ALVARO SACO ( 1526 ).- Alcalde da Vila de Sárria.

FERNANDO DE FARNADEIROS ( 1526 ).- Escribán da vila de Sárria. 

GONZALO PÉREZ ( 1526 ).- Crego e arcipreste sarriao. 

XOÁN DIES DE FREIXO ( 1527 ).- Escribán de Sárria.

FREI ÁLVARO PÉREZ DE SÁRRIA ( 1534 ).- Prioiro perpetuo de Santa María Madalena de Sárria  cesado en 1568 ) 

XOÁN PARIENTE  ( 1534 ).-  Párroco de Santa Mariña de Sárria.

ARES SÁNCHEZ DA SOMOZA ( 1538).- Meiriño e Xustiza Maior na Pobra de Sárria. 

BERNABÉ DE ROBELLE  ( 15... ).-  Mestre da Escola de Primeiras Letras de Sárria,

ALONSO SÁNCHEZ  ( 1549 ),. Mestre da Escola de Primeiras Letras da vila de Sárria,

ANTONIO DÍAZ ( 1554 ).- Escribán de Sárria.

XOÁN LÓPEZ ( 1560 ).- Escribán de Sárria.

RODRIGO DE YEBRA ( 1568 ).- Meirño, alcaide da Fortaleza e xuiz  da vila de Sárria

GREGORIO FERNÁNDEZ, " O VELLO"  ( 1568 ) Entallador  veciño de Sárria, autor do retábulo e imaxes do altar maior da igrexa de Santa María Madalena de Sárria  , con obra tamén en Noia e en Vilaesteva de Herdeiros. Pai do isigne  escultor Gregorio Fernández.Consérvase da súa autoria a imaxe de Santo Agostiño, na igrexa do convento da Mercé, e as imaxes de Santiago Peregrino e Santa Catarina na igrexa de Farbán

BIEITO FERNÁNDEZ ( 1568 ).- Entallador veciño da vila de Sárria

XOÁN DÍEZ DE VALLECILLO ( 1568 ).- Párroco de Santa  Mariña de Sárria, 

FRANCISCO VÁZQUEZ  ( 1568 )..- Escribán de Sárria.

FREI ROSENDO DE CHAVES ( 1569 ).- Primeiro prioiro de Santa María Madalena de Sárria pola Orde da Regular Ouservancia de Santo Agostiño. 

FREI SEBASTIÁN DA CERVELA  ( 1569 ).-  Frade de Santa María Madalena de Sárria.

GÓMEZ FERNÁNDEZ ( 1569 ).-  Entallador veciño de Sárria.

GOZALVO ALVAREZ ( 1569 ).- Entallador veciño de Sárria, que fixo as imaxes de San Xoaá e San Miguel do retábulo do altar maior de San Salvador de Sárria conservadas no mosteiro da 

Madalena ( PP Mercedarios ). 

FREI ANTONIO DE MONTESINOS ( 1571 ).- Prioiro de Santa María Madalena de Sárria (  Orde de Santo Agostiño, Provincia de Castela ).

FREI ANTONIO PREGO DE MONTAOS ( 1571 ).- Prioiro de Santa María Madalena de Sárria ( Orde de  Santo Agostiño ).

GREGORIO FERNÁNDEZ ( 1576).- Fillo do entallador Gregorio Fernández " O Vello". Naceu en Santa Mariña de Sárria en 1576.

FREI XOÁN DE URBINA ( 1580/1582 ).- Prioiro de Santa María Madalena de Sárria ( Orde de SAnto Agostiño ), Segundo priorado  1596 a 1597.

DOMINGOS FERNÁNDEZ  ( 1582 ).-  Mordomo do Hospital de gagos de San La´zaro, na parroquia de San Pedro de Maside

FREI ANDRÉ ORTIZ ( 1584/1586 ).- Prioiro de Santa María Madalena de Sárria ( Orde de Santo Agostiño ) 

XOÁN FERNÁNDEZ DE PARAPAR  ( 1584 ).- Criado do mosteiro de Santa María Madalena.

ALONSO LÓPEZ ( 1586 ).- Escribán de Sárria.

FREI BARTOLOMEU RAMOS ( 1587 ).- Prioiro de Santa María Madalena de Sárria ( Orde de Santo Agostiño ).

BERNARDO DE TORRES  ( 1588 ),. Correxidor e Xustiza Maior da vila de Sárria.

CRISTOVO PIÇARRO ( 1589 ).- Párroco de San Salvador de Sárria.  Foi Mordomo do Hospital de Santo Antón Abade de Sárria,

BALTASAR DE PORRES  ( 1589 ).- Mordomo do Hospital de gafos de San Lázaro, en San Pedro de Maside.

VASCO DE CUÉLLAR  ( 1589 ).- Mordomo do Hospital de Sárria. Foi cura de San Vicenzo de Toldaos. Fillo de Sabela Losada..

FREI DIEGO PONCE DE LEÓN ( 1591 / 1594 ),. Prioiro de Santa María Madalena de Sárria ( Orde de Santo Agostiño )

PEDRO DÍAZ  DE GUITIÁN (1592 ).- Xunto co Maria  e Catarina Díaz de Guitián vendeulle ao Rexemento da Vila o Leiro e Cortiñeiro de San Salvador  " para o Hospital que mandou facer don Dinís de Castro".

GREGORIO PEDRAÇA DE NOBOA ( 1592 ),-   Escribán de Sárria.

GABRIEL DE MENDAÑA  ( 1592 ).-  Mordomo do Hospital de Santo Antón Abade de Sárria paratención de peregrinos  que voltaban de Compostela. 

LOPE DE LA SOTA E  CARRIAZO ( 1592 ).- Mestre de cantaría , veciño de San Pedro de Froián,  contatou co abade de Samos , Clodio de Tenorio,  o lousado  da claustra e baixos en prezo de 400 ducados.

XOÁN DE SEARA ( 1594 ).- Mestre de obras  que cocertou con Vasco de Cuéllara  a construción  da casa do Hospital de Santo Antón Abade, frenteiro a San Salvador e á Fortaleza.

GREGORIO FERNÁNDEZ DE MOURE ( 1597 ).-  Escribán de Sárria,

FREI RODRIGO DE RIBADENEIRA ( 1597 ).- Frade agostiño mordomo das granxas de Baamorto e Pacios da Veiga ,. do mosteiro da Madalena de Sárria.

PEDRO ABADE  ( 1597 ).- Forneiro do mosteiro de Santa María Madalena de Sárria.

DIEGO FERNÁNDEZ CEDRÓN ( 1597 ).- Veciño de Sárria.

DOMINGO DE LA FUENTE VILLAARTA ( 1599 ).-  Pintor e entallador , veciño de Sárria..


Comentarios

Publicacións populares