VÉRTICES XEODÉSICOS ( TERRA DE SÁRRIA )

 VÉRTICES XEODÉSICOS NA TERRA DE SÁRRIA

Cando subimos a algúns cumes dos montes ou das serras da Comarca de Sárria, atopamos nos máis altos unhas columnas exentas  de cor branca , máis ou menos de 1,20 metros de altura, riba dunha basa cadrada feita en formigón, na que se pode ler nunha placa de metal a lenda " INSTITUTO GEOGRÁFICO NACIONAL. VÉRTICE GEODÉSICO-. LA DESTRUCCIÓN DE ESTA SEÑAL  ESTÁ PENADA POR LA LEY". O dito texto non debe causar moito temor  pois a maior parte das placas desaparecderon, e o estado xeral dos  vértices deixa moito que desexar pois ao estaren  sometidos aos fenómenos atmosféricos estremos  sofren unha crecente erosión , dando a impresión de abandono.

Estes vertices están ao serizo dos xeógrafos e tomando como  a triangulación serven para que efectúen as súas medicións. Ao estar situados nos cumes dos montes  unha visita a calquera deles  permite a contemplación de grandiosas panorámicas , constiuindo unha rede de miradoiros naturais que merece ser recorrida e potenciada para disfrute dos amantes da natureza.

                        De norte a sur os vértices xeodésicos son marcos  que merece a pena coñecer.

PICO DA ILLOÁ- VG 9851- Altitude 627,80 metros. Concello de Láncara. Serra da Ulloa

CHAIRA- VG 9821- Altitude 513,50 metros. Concello do Páramo. Santa María de Vilafiz

ACEVEDO- VG 12374-Altitude 816,60 metros. Concello de Paradela. Parque Eólico

VEITUREIRA- VG 12381. Altitude 837 metros. Concello de Paradela. Castro de Rei

SANTA CRISTIÑA- VG 12428-Altitude 639,30 metros. Concello de Sárria

PÁRAMO- VG 12408- Altitude 877 metros. Concello de Sárria. Parque Eólico. Faro do Páramo

REBORDELO -VG 12415- Altitude 635,30 metros. Concello de Sárria. Estructura moi alta.

PENA- VG 12434-Altitude 729,90 metros- Concello de Sárria

LEGUA- VG 15676-Altitude  1.306,70 metros. Concello de Samos

PICO DA MEDA VG  12477  Altitude  1199 metros. Concello de Triacastela

ALBELA- VG 12496. Altitude 1063,40 metros. Concello de Triacastela

IRIBIO VG 12483 - Altitude 1.442 metros. Concello de Triacastela ( Airibio )

CEBREIRÓ- VG 12402- Altitude 774,80 metros. Concello do Incio

AVILA- VG 12453- Altitude 837,90 metros-Concello do Incio

SANTA ICÍA- VG 12432- Altitude 804,60 metros- Concello do Incio Castro de Santa Icía

CARBOEIRO- VG 15649- Altitude 753,30 metros-  Concello do Incio

MODORRIÑAS- VG 12470. Altitude  1162 metros- Concello do Incio


Comentarios

Publicacións populares