SÁRRIA : MEIRIÑOS, XUSTIZAS MAIORES E ALCALDES

 MEIRIÑOS, XUSTIZAS MAIORES, CORREXIDORES E ALCALDES DE SÁRRIA

                     (  relación provisoria  )

O goberrno local da Vila Real de Larín, da tamén Vila Real coñecida clomo Vilanova de Sárria e dende o século XIV como A Pobra de Sárria, tivo por cabezas a meiriños. Xustizas e Alcaldes Maiores, Correxidores, alcaldes constitucionais, alcaldes reais e alcaldes de nomeamento gubernativo que presidiron rexementos, concellos e comisións xestoras, acompañados de rexedores , procuradores síndicos , xuices de  orfos e  concelleiros.

Vai aquí un avance dos datos recollidos , que empeza cos meiriños reais  ( s. X) e chega até o século XXI, na que se aprecian moitas lagoas porque  para poder completala sería necesario facer unha ampla pescuda nos protocolos dos Escribáns de Número que estiveron ao servizo da Xustiza e Rexemento da vila de Sárria. 

Dende a creación do primeiro Concello Constitucioanl de Sárria ( 1820 ) a ndocumentación coservada, esta xa baixo autoría e conservación polos Secretatios do Concello, houbo  lamentables actuacións que levaron á desaparición , expurgo ou simple sustración de actas e demáis documentación , e  por iso  completar  a relación de Correxidores dende o século XVI ao XIX  , e dos alcaldes do século XIX vai  ser labor que se verá adiado, até que  se acceda ao estudo metódico dos fondos procedentes do arquivo notarial de Sárria , agora depositados no Arquivo Histórico Provincial de Lugo.

Hai que salientar que os vellos xermolos de goberno local que nos levan a coñecer os nomes de  meiriños e alcaldes  nos  séculos X,XI e XII fan de Sárria todo un referente  dentro das administracións locais.

En San Salvador de Larín, na Vilanova de Sárria ( perto de Santiago do Mercado ), na Fortaleza de Sárria ( até  darredor de 1740 ), no Hospital de Santo Antón Abade ( Rúa Maior 1 ) até 1920 e finalmente na Casa Vaamonde ( Rúa Maior 14.Praza da Constitución 1 )  os meiriños, xustizas e alcaldes maiores, correxidores e alcaldes, con maior o menlor acerto adicaron os seus mellores esforoz a prol do engrandecemento da comuniudade que lles tocou servir e gobernar. Por iso é de xustiza renderlles a homenaxe de xuntar os seus nomes para que  non sexan esquecidos.

Elixidos ou non polos veciños, impostos por designacións reais ou gubernativas, mesmo impostos "manu militari"  cumpriron todos eles a función de velar polos intereses da vila e do pobo e de moitos deles e do seu pulo e traballo son amostra  equipamentos, espazos e melloras das que as sucesivas xeracións de sarriaos nos imos beneficiando.


NA VILA REAL DE LARÍNse

Froila Vímaraz ( 995 )   Ero Pelaiz ( 1074 )                Eita Gosendiz ( 1082 )   Ero Armentariz (1089 ) 

Bernardo ( 1093 )           Fernandus Zazoniz ( 1112)  Petrus Fernandiz  "in Sarria et in Pinaria" ( 1177)

NA VILANOVA DE SÁRRIA

Pelagio Carvallo ( 1236).- Pay Garcia e Afonso Nunet (  1259 ).- Gonçalvo Iohannis e Domingos Pérez (1260)

NA POBRA DE SÁRRIA

Gonçalvo Fernandes ( 1416 )  .......Alvar Gonzalez de Riba de Neira ( ? )....Galaor Osorio ( ? )Garcia Rodriguez de Quiroga ( ? )... Gonzalo Rodriguez de Quiroga ( ? ).......Francisco de Novas Rubias (  1518 )....Bartolomeu Fernandez ( 1521)  Grigorio López ( 1521 ),...Alvaro Saco ( 1526 )..... Rui Nunes de Sarria ( 1534 )..Gomez Ares do Páramo ( ? ).....Gonzalo Blanes da Cervela ( ? )....Ares Sanchez da Somoza /1538 )....Rodrigo de Yebra ( 1568)...Fernan de Ares de Rubián ( 1572 )......Pedro Lopez de Ronfe ( 1582) Bernardo de Torres (1588 ) .....Alvaro de Losada ( 1603 )....Licenciado Pígara e Aguiar ( 1612 ).....Xoán de Acevedo e Silva ( 1632, 1633 ) Capitán Xoanb Rodriguez Dacal ( 1640 )...Diego Sánchez da Somoza ( 1644).... Pedro  Vaca de Vega  ( 1651 )....Diego Portillo ( 1664 ).....Baltasar de Espinosa ( 1668 ).....Diego de Hureta ( 1668 )...Antonio Quebedo Mantilla ( 1682 )...Baltasar de Espinosa ( 1688 )....Francisco de Solis ( 1694 ) Francisco Antonio Saavedra e Figueroa ( 1698 ) Xoán Francisco de Solis ( 1704 )....Francisco Antonio de Saavedra  Figueroa ( 1706 ) .....Matías Pardo ( 1710 ). Fadrique de Losada Ribadeneira ( 1711 ).....Diego Portillo ( 1720 ).....Placido Ventura Sarmiento e Castro ( 1723 )....Manuel de Armesto ( ? )....Martiño Carlos de Gutián ( ? )....Bernardo  Rivera e Quiroga ( ? ).....Francisco de Armesto Taboada de Trebolle ( 1763 ),...Xosé Lamela Freijo e Guitián(  ? )...Xoán Manuel de Pardo Saco Taboada ( ? )....Xoán Manuel de Armesto ( ? )...André Cedron ( 1783, 1790)....Francisco Mendez Noboa( 1788)....Manuel de Camba Taboada de Ronfe ( 1794 ).......Manuel  Xosé de Camba ( 1820 ).Xoán Somoza e Elices ( 1821 )Pedro López Valcarce (1º ) e Manuel Pardo ( 2º)( 1822 ) ,,,,,,,Manuel Fernández ( 1827 ). Pedro González ( 1827 )...Diego Toirán (1º) e Matías Lois ( 2º ) ( 1829 ). Xose Noboa ( 1830 )...Xoán García Capón (1842 ).....Antonio Macía de Neira ( 1843 ).....Francisco Macía de Neira ( ? )...Estevo Sánchez ( 1849 )....Xosé María Salcegama ( 1851 ).....Pedro Xoán Saco Quiroga ( 1856 )...Manuel Díaz de Freijo ( ? ) Gaspar Yañez Dorado ( ? ) Francisco López de Rego (? ) Antonio Freijo ( 1860 ). Antonio Macía Cedrón ( 1861 )....Xosé Lois Rivas ( 1865 )....Manuel Rivera Macía ( 1867 ). Manuel Vaamonde ( 1868 ) Xosé Macía de Neira ( 1870 ). Xosé Macía de Neira ( 1º ) e Manuel de la Vega Armesto ( 2º ) (1871. Valentín Lois Cabañas ( 1872 ).Laureano Alvarez Pereira (1873 )..... Manuel Vaamonde ( 1877 )....Angel Fernández Gallego ( 1881 )...Euxenio Neira Solance ( 1887 ). Modesto Rivas Viñas, Camilo González Cabarcos Amadeo Macía Vázquez Angel Fernández López Manuel Gutiérrez Castro Antonio Sánchez Terijelo. DICTADURA DE PRIMO DE RIVERA: Antonio Valiña Somoza ( 1923/24). Fermín  Somoza García ( 1924 ).Pedro Juan López Armestos,Amadeo Macía Vázquez,.Justo Eloy López López ( 1930 ) II REPUBLICA : Camilo González Macía ( 1931 ). Xoán Manuel Somoza García ( 1931/1936 ). Antonio Páramo Sánchez ( 1936 ).ALZAMENTO MILITAR E DITADURA FRANQUISTA: Castor  Fernández López.Casiano Rodrígujez Fernández.Fermín Somoza García. Fernando Taboada de Zuñiga. Alfredo López Vazquez. Manuel López Mosteiro.Román López Rubín ( 1942/1944 ) Manuel López López ( 1944 ),Antonio Peña Villamarín ( 1945/1949). Xosé Gayoso Fernández ( 1949/1952),Alfredo López Vázquez ( 1952/1953 ). Manuel López-Vizcaíno Rodríguez ( 1953/ 1970 ).Xabier López-Acevedo López ( 1960/1964 ). Xesús Vázquez Rivas ( 1964/1969 ).Euxenio Quiroga Vázquez ( 1969/1979 )DEMOCRACIA: Manuel Lence López (1979/1982 )Xosé Luis López López ( 1982 ). Arturo Corral Gutián ( 1982/1999). Claudio Melquíades Garrido Martínez ( 1999/2003 ).Xosé Antonio García López ( 2003/2007 ) Claudio Melquíades Garrido Martínez ( 2007/2011 ) Xosé Antonio García López ( 2011/2015).María Pilar López Yáñez ( 2015/2019). Claudio Melquíades Garrido Martínez ( 2019/...... )


Comentarios

Publicacións populares