A PRIMEIRA REPUBLICA EN SÁRRIA ( 1873 / 1874 )
A PRIMEIRA REPUBLICA EN SÁRRIA ( 1873 )
150 anos atrás España e as súas posesións de Ultramar entraron nun período inédito para un país que ao longo dos séculos , e constituida en Reino , tivera á súa fronte a figura dun rei, e despois da marcha ao exilio de Isabel II e o fallido intento de consolidación dunha nova dinastía en Amadeo I, entrou en medio dunhas intensas disensións políticas a fiar os seus destinos a gobernos democráticos de corte popular baixo a forma de República.
Eses tempos difíciles e convulsos foron vividos con grande preocupación e tamén con esperanza no Concello de Sárria e grazas á documentación gardada no arquivo municipal podemos coñecer o seu desenvolvemento e a participación que nese novo xeito de gobernación tiveron os sarriaos.
OS ANOS DA PRIMEIRA REPUBLICA ESPAÑOLA
Xaime Félix López Arias
A correspondencia dirixida polo Alcalde de Sárria ao Gobernador civil da provincia de Lugo nos primeiros meses do ano 1873 permite coñecer as dificultades e alteracións vividas na Comarca no ano en que foi proclamada a Primeira República Española.
A implantación naquel tempo do telégrafo xunto cun eficaz sistema de peóns que ían a Lugo coa correspondencia oficial permitiron que as novas e comunicados gubernativos circulasen con relativa velocidade e os sucesos acaecidos en Madrid se coñecesen moi axiña.
No Libro copiador de Correspondencia da Alcaldía de Sárria foron recollendo o contido dos oficios que se enviaban a Lugo ;
11 de febreiro de 1873 : PROCLAMACIÓN DA PRIMEIRA REPÚBLICA ESPAÑOLA
....13 de febreiro.... " Aínda tendo en conta a incerteza que enxendra a absoluta privación de instrucións superiores , e a carencia de novas autorizadas, sabedor por un telegrama do que deu coñece mento o Señor uiz de 1ª Instancia , dos sucesos ocorridos acordei convocar e tivo efecto na noite de onte unha reunión de veciños desta poboación , coa fin de acordarmos os medios máis eficaces para a proteción da orde social, e prestarmos apoio á acción xidiucial contra calqueraa tentativa de perturbación nos momentos de transición presentes ; resolvéndose por unanimidade a creación dunha forza de dez homes armados, que facilite rápido auxilio ás Autoridade que o de mande , e vixile permannetemente pola conservacción da tranquilidade pública, ofrecéndose ademiais os concorrentes a secundar neste senso a acción da dita cativa forza , se circunstancias por hoxe imprevistas , o esixiren, procuradno aunar as vontades e esforzos de todos, para sacar incolume de esta, que considero pasaxdeira crise o principio de Autoridade, e que dea recíproco respecto ás persoas e intereses de todos. O que creo oportuno participarlle á Vosa Señoría para o seu coñecemento , animñandome a confianza de que este acordo merecerá a súa superior aprobación , e a espranza de que se dignará participarme canto conducente sexa ao cumprimento dos graves deberes que legal e moralmente pesan riba da miña autoriade nos momentos presentes......."
Valentín Lois Cabañas, alcalde de Sárria, era home prudente e o que el e moitos sarriaos non prevían era a novidade do desenlace do que xa se cocera en Madirid".
............15 de febreiro....."Recibín o ofico da Vosa Señoría de 13 do corrente transmitíndome o telegrama do Presidente do Poder Executivo, polo que anuncia A PROCLAMACIÓN DA REPÚBLICA , nomeamento do Goberno pola Asemblea e confirmación da autoridade da Vosa Señoría como única lexítima na provincia. Prestarei gostoso todo o meu apoio para secundala na obtención dos fins que expresa, velarei con solicitude incansable poila conservación da tranquilidade pública, e darei á Vosa Señoría inmediato aviso de canto ocorra, reiterando á Vosa Señoría o meu rogo para a obtención do que se solicita na comunicación adxunta á fin de ter nos Guardas do Cárcere , Aguacís e depemdentes do Concello e do Xulgado, e dez voluntarios que se organizaron , un núcleo de forza co que atender ás máis apremiantes atencións da Xustiza e da Orde....."
E despois de recibido o oficio debeu ser cando se fixo a maniestación patriótica que baixando pola Rúa Principal dende a Casa do Concello ( antigo Hospital de Santo Antón Abade ) baixou pola Rúa Principal cara o Arrabaldo, e na que ían desertando os participantes á altura das súas resepectivas casas, por ser xa a hora do xantar,dando ao unísono vivas á Republica, e entusiasmado Valentín Lois con tanto fervor non se prodecatar dos abandonos producidos, e cando estaba á altura da súa casa, moi perto da igrexa de Santa Mariña, enfrioulle o pulo verbal a súa dona que saíndo á porta dixo aquel de "Viva a merda, Valentín"... Pasa para a casa que se está enfriando o caldo"".. E así o contou a tradición local,
......15 de febreiro..." ..... ( 2ª comunicación )...." Segundo manifestei á Vosa Señoría no oficio de antonte, está a se organizar neste pobo unha forza de 10 homes composta de veciños hornrados e licenciados do Exército para prestaren apoio á Autoridade local e xudicial na conservación da orde publica e persecución de criminais , mais débolle significar que a pesares dos esfrozos de todos non puido reunirse armamento útil para a dita forza, cuxo número aumentaría considerablemente se se podesen facilitar as armas necesarias . Permitome rogar á Vosa Señoría , en nome do Concello e veciños desta vila, se sirva acordar o que estime convinte para que dos Depositos do Estado se subministren a este Concello dez fusís e as correspondentes municións para armar a dita forza , e se fose posible algúns máis, pois debo advertir que o tomarían volungtariamente moitos veciños honrados e ademais carecen de armas o Alcalde e os dous Gardas do Cárcere , así como os dous Aguacís do Xulgado e outros daosous Concello, e sería moi convinte facilitarlles armas aos dous primeiros para a custodia dos numerosos presos que hoxe existen, e aos últimos para prestaren os debidos auxilios que me reclama o Recadador de Contribucións...."
O Cárcere, que estaba entón no antigo Convento dos Agostiños ( Mosteiro da Madalena, extramuros da vila ) difícilmente podía ser custodiado se os seus responsables caecían de armas . Máis que dun estado propio da utopía habería que falar dun Estado movéndose en gtermos da pura inopia.
Unha comarca na que había resistenza ao pagamento dos impostos e na que andaban agabelados os carlistas non se podía permitir o luxo de que a capital do partido estivese sen gardas civís e só contase con dez homes voluntariosos enteiramente desarm ados.
Non era pequena a responsabiliade que o Alcalde Lois Cab añas botaba riba de sí e dalgúns arriscados, e en boa medida incautos cidadáns , que en tempos de inestabilidade suplían o que correspondería facer aos servidores do Estado.
.......17 de febreiro..... " O Concello que presido enterouse con satisfación en sesión do día de onte da PROCLAMACIÓN DA REPÚBLICA pola Asemblea Nacional e acordou polo meu conduto ofrecer ao Poder Executivo a súa máis entusiasta felicitación e leal apoio. Rogo á Vosa Señoría se sirva trasmitirllo así ao Señor Presidente do dito Poder Executivo, polo medio máis rápido, mediante non existe estación oficial neste pobo, para poder facelo telegráficamente.
Así botou a andar a Republica en Sárria, e a voz de ¡ Saúde e República ! pasou a ser saudo de espranza.
Aínda vivas as manifestacións gozosas pola proclamación da Republica de 1873.o Alcalde VALENTÍN LOIS CABAÑAS tivo que comunicar situacións de perigo derivadas de alzamentos carlistas , para que o Gobernador Civil da provincia de Lugo tomase as determinacións procedentes.
....... 24 de febreiro......" Segundo me acaban de manifestar ás 8 da mañá de hoxe sairon das devesas de San Xulián neste Distrito 18 homes armados , ao parecer carlistas, en direción ao Furco, Distrito de Láncra, entre os que ían don VICENZO BARRIGÓN, desta Vila, don MANUEL LÓPEZ CAMBA, de Manán e don MANUEL MARÍA , de Goimil. Posteriormente ao manifestado, agregaron que os ditos homes levaron de aluguer a cabalería de Ramón Torres , da Silva de Corvelle, e que entre eles ía tamén don EVARISTO GAYOSO , desta Vila, O que me apresuro a participarlle á Vosa Señoría sen perxuizo do telegrama que lle remitín nos primeiros momentos, rogándolle se sirva dispoñer o envío a este pobo dalgunha forza armada para as eventualidades que poidan xordir deste feito, encolo do que estou instruindo as oportunas dilixencias , que dan por resultado até dagora á confirmación de todo o exposto".
.....25 de febreiro.... "Ampliando á Vosda Señoría o contido da miña comunicación de onte debo manifestarlle que a partida carlista cuxa aparición lle participaba di<rixiuse a unha casa illada, chamada do Furco, que pertence á parroquia de Cedrón no Distrito de Láncara, e está situada na mesma liña que divide este Concello e o de Triacastela, tendo chegado ali ás doce da mañá, en número de 14 homea armados con fusís e baionetas, dous de a cabalo e unha mula na que levababan sete sables e outros obxectos. Na dita casa xantaron , segundo relación do mozo que foi cunha bagaxe que tomaron no pobo de Corvelle , deste Distrito, sen que teña podido obter en todo o día de hoxe máis novas do seu posterior paradoiro, como tampouco as teño da Columna que debeu sair na súa persecución , pois até estas horas, que son as dez da noite, non se presentou neste pobo forza algunha da que vostede cita no telegrama e de ningún outro suceso, digno de mención, tiven coñecem ento até este intre, se non é o rusmusmús que corre de que foi cortado o fío telegráfico da parte de Monforte, como así o que comunica este pobo coa Capital, Das dilixencias que instruín resulta probado que a dita partida dá vivas á Relixión, a Carlos Sétimo e á Integridade Nacional e que formaban parte dela os suxeitos que nomeaba na miña citada comunicación, Reitero á Vosa Señoría a miña súplica que con toda urxencia se facilite algún armamento , a fin de evitar unha sorpresa., ben doada sen aquel indispensable elemento de resistencia"
......1 de marzo.... " Segundo novas que no día de hoxe recibín onte presentouse unha partida carlista na parroquia de Santiago de Cedrón , Distrito de Láncara, procedente do Concello de Triacastela, onde parce estiveron instruíndose e reclutando xente nestes últimos días, e ignorando a direción que dende o citado punto de Cedrón tomaron , Se a dita partida fose , como se debe presumir, a que oportunamnete din á Vosa Señoría noticia , é de advertir que a coincidencia de que despois de transcorridos seis días desde a súa aparición volte a se presentar tranquiñamente case no mesmo punto de partida, sen que fose perseguida por columnas do Exército, de cuxo paradoiro non tiven até dagora a menor nova. Esta circunstancia , o rusmusmús esparexido de que se presentarán brevemente nesta Vila, e a carencia de toda clas de auxilios para protexer os fondos públicos da Recadación, Administrción de Estancados e Depositaría de Fondos Municipais e carcerarios , cuxos funcionarios reclámanme insistentemente medios ptotetores , dos que carezo, teñen en grande alarma a este pobo".
......" 2 de marzo...." Non tiven novas da presentación de ningunha partida carlista neste Distrito , no día de hoxe. Ignoro que graos de verdade ten o que acaban de darme de que onte recorría o Distrito de Bóveda un grupo de paisáns armados, nada sei nin nada me participan os Señores Alcaldez dos Concellos do Partido, nalgús dos que reina algunha axitación",
...."3 de marzo".... "Ao anoitecer de hoxe chegou aesta Vila o Capitán de Murica don ANTONIO MILLÁNcoa columna das súas ordes, Propúxenlle ao mesmo organiuzar aquí un centro de operacións , poñéndose en relación direita e diaria cos alcaldes de Triacastela, Láncara, Samos, Rendar, Bóveda, Paradela , Portomarín e O Páramo, de cuxos puntos dista moi poucas horas, tres como moito, caendo rápidamente en calquera deles que se sinta a,meazado ou sobre calquera partida rebelde , por conceptuar este medio eficacísimo para pacificar en breve o país. Atendida situación que este pobo ocupa , rogo á Vosa Señoría que acha ndo acertado este pensamento se sirva coadxuvar coa Autoridade superior militar , e cos Señores Alcaldes dos Distritos citados a que teña doada realización".
A insurreción carlista parecía reinar no rural, aínda que o detallado coñecemento dos desprazamentos das partidas leva a concluir que a autoridade establecida contaba coa información direita e puntual que lle facilitaban os veciños das parroquias.
No ano 1873 a presencia en Sárria dunha Compañia do Reximento Murcia , baixo do mando do capitán don Antonio Millán , trouxo certa tranquilidade aos vilegos e aos cargos públicos , ao tempo que dificultou as accións das partidas carlistas . A partida da "faución " alzada polos sarriaos Evaristo Gayoso ( fidalgo de San Sadurniño de Froián )e Vicenzo Barrigón ( mestre ) comezou así a ter os días contados.
......4 de marzo.... " A columna ás ordes do Señor Capitán Millán, que chegou onte a este pobo, saiu na maña de hoxe en direción a Bóveda, onde o rusmusmús publico aseguraba que se celebraría unha reunión carlista . Neste Distrito nada aconteceu".
.....5 de marzo......"Hai días que corre o grave rusmusmús do que creo é o meu deber facer sabedor á Vosa Señoría, por se no seu poder existisen maiores datos ou indicios que poidan confirmalo . Afírmase que Sabariegos está na alta montaña , que ten reclutados moitos mozos do Courel que ali chegan doutros puntos , e que o plano da insurreción carlista é moi vasto nesta Provincia. Ás catro da tarde de hoxe chegou a esta Vila o xefe da Columna Señor Millán . Para realizar o plano que insinuei á Vosa Señoría dirixíronse aos Alcaldes e Xuices Municipais dos Distritos de Triacastela, Láncara, Samos, Rendar, Paradela, Portomarín , O Páramo e Bóveds- Rogando á Vosa Señoría se digne pola súa parte prevenilos de que cumpran coa maior exactitude as instrucións que lles comunique o dito Xefe, e que son relativas a que con toda urxencia poñan na súa noticia e por propio urxente a menor novidsde que ocorra nos seus respectivos termos a cuxo fin convoquen aos Alcaldes de Barrio das súas demarcacións para que verifiquen o propio , como que estas disposicións merezan a superior aprobación da Vosa Señoría e a do Señor Comandante Militar.
..... 7 de marzo.... " Ás 11 da mañá do día de hoxe saiu desta Vila a Columna do Señor Millán cara Paradela , en cuxas inmediacións se supoñía se achaba a partida Ostendi , que onte se encamiñaba cara o dito punto. Neste Distrito non ocurriu novidade ".
....9 de marzo......" Onte chegou a este pobo o Capitán Señor Millán de volta de Castro de Rei( de Lemos ) onde non achou a partida Ostendi , nin novas do seu paradoiro . Hoxe saiu para Rubián enviando unha columna de 25 homes cara Paradela, ao encontro da citada partida , que vaga ao meu xuizo polos pobos do Distrito de Bóveda e dalgúns adxacentes e á vez o capitán Sánchez que saiu hoxe de Samos en direción dos pobos de Rubián ou Bóveda.
.... 10 de marzo..."No día de hoxe non tiven novas do paradoiro de ningunha partida carlista. As columnas dos Señores Millán e Sánchez pernoitaron onte en dous pobos da parroquia de Casto de Rei, Distrito de Paradela, ignorando o rumbo que hoxe tomaron".
....17 de marzo...." Rogo á Vosa Señoría que en atenciós ás circunstancias especiais nas que se encontra o país , se sirva facilitar algunhas armas e municións para os voluntarios desta Vila"
...29 de marzo... " Segundo se acaba de participar o Señor Xuiz de 1ª Instancia deste Partido, ás 10 da mañá de hoxe presentouse no Xulgado Municipal de Cabecilla carlista Xosé Ostendi con 18 anos, esixindo os Libros do Rexistro Civil, que non queimaron por achalos en branco, e advertindo se abstivese o seu Encargado de continuar cobrindo as partidas e que ao seu efecto oficiase aos Párroco para que desen sepultura aos cadavres sen molestar ao pobo, retirándose ás doce con direción ao pobo de Foilebar, situiado nas estremas de Rendar e Samos, despois de ter cobrado do Alcalde 37 pesetas e 50 céntimos importe de 50 racións . O dito Señor Xuiz conferencioiu co Señor Capitán don Antonio Millán, Xefe da Columna destacada neste pobo, que sairá esta mesma noite na direción indicada".
....6 de marzo.... "En virtude de parte recibidopor un paisá, saíu ás 5 da tarde o Señor Tenente Coronel da Garda Civil que se achaba nesta Vila coa Compañía do seu mando e 5 cabalos para o pobo de Toirán , no Distrito de Láncara , onde ás 9 da noite sorprendeu á partida carlista composta de 15 individuos, ao nando do cabecilla Xosé Rodríguez, que estaba ceano na casa do Párroco , logrando a aprensión de todos e a ocupación de 11 fusís con baioneta e municións , dous revólveres , 3 alabardas con hasta algunhas cananas e morrais e un cabalo. O referido cabecilla foi ferido de baioneta nun vacío e dous individuos de bala nos xeonllos, na resistencia que intentaron facer . Na madrugada do día de hoxe regresou a Sárria ilesa a Columna cos prisioneiros. e efectos presentando os tres feridos , ao parecer, bastante gravidade ",
Esta operación de tan bon suceso, debeu supoñer unha sonada advertencia para todos os carlistas en armas, porque durante meses o alcalde sarriao non se vería obrigado a enviar partes , nin se aprecian outras incidencias que as protestas que fixo porque a reserva de bagaxes non se correspondía co pagamento dos servizos prestados, causando notable perxuizo a aqueles que coa súa persoa, carros ou outros medios tiñan que transportar cara Lugo ou cara Monforte os materiais das columnas militares.
A caída da partida de Xesús Rodríguez foi só un respiro, porque os contrarios á nova orde constitucional, os contrarios á República , axiña voltaron a sementar a discordia.
No verán de 1873, cando se empezan a dar éxitos militares contra as partidas que se autoproclamaban carlistas, aparecen outros xeitos de alteración da vida cotiá, con sabotaxes , roubos, rapiñas , incendios e labor de zapa verbal contra a orde constituida, O Alcalde de Sárria seguí co seu labor de información.
....7 de agosto..." Á unha da tarde de hoxe na que recibín o telegrama da Vosa Señoría , tasmitino por propio ao SrñorAlcalde de Monforte, e a esta hora, qu son as dez da noite, aínda non regresou,Nesta mesma hora recibo do Señor Comansante Militar do citado pobo de Monforte un parte para o desa Capital, que por non funcionar o Telégrafo evóllo polo mesmo pewón que conduce o prsente, e dí así " Parte do Alcalde de Quiroga de hoxe: Os Voluntarios Galaicos sublevados en Trives,queimaron casas, roubando grandes sumas e outros enseres, dirixíndose a Larouco onte pola tarde, crendo que virán a Quiroga e este punto.Particípollo á Vosa Señoría para o seu superior coñecemento como o verficarei coas demais novas, que encol do particular adquira, Xulgo convinte se sirva rogar á Empresa dona do fío telegráfico que enlaza este pobo con esa Capital, estableza en canto sexa posible o servizo permanente para a trasmisión de partes durante os críticos momentos actuais".
..... 4 de setembro.....No día de onte non ocurriu novidade ningunha respecto á orde pública neste Distrito.Ás 11 da noite do mesmo día saiu o Capitán Xe da Columna destacada nesta Vila don Arturo Ortiz con 56 homs en direción ao Courel , noticioso por un oficio do da Pobra do Brollón, de que o cabecilla Núñez Saavedra reclamara o día 2 duscentas racións a Quiroga para aportar tres el. Dispuxo que se repregasen aquí os 23 homes da mesma Columna que estaban auxiliando a recadación no Páramo os que acaban de chegar no amencer de hoxe.
.... 8 de setembro..." No día de hoxe non tiven nova ninguha de alteración da orde, nin da aparición de partidas insurrectas neste Distrito. No inmediato de Paradela souben despois de enviado o meu parte anterior que na noite do 6 se presentou un grupo de uns 14 ou 16 homes fronte á Casa do Concello, que quixeron violentar, sendlo rexeitados , e aínda perseguidos polo secretario do mesmo, e varios veciños que acodiron ao ruido dos disparos no seu auxilio, Ignórase a direci´pon que tomaron, e se eran carlistas os malfeitores".
....30 de setembro..... " Na tarde de onte foi detido en San Miguel de Monseiro, Distrito de Láncara, por don Xoán Vales, veciño desta Vila, e posto na mañá de hoxe ao meu dispor, Vicenzo Díaz López, quen segundo a súa propia confesión estaba alistado e formaba parte da partida carlista mandada por don Manuel Núñez Saavedra, E considerando que o formar parte dunha partida carlista levantada en armas contra o Goberno constitucional constitúe un delito, de cuxo coñecemento toca coñecer á autoridade militar, acordei pase ao Cárcere o referido López, en clas de detido sen erxuizo de que sexa conducido e entregado ao Señor Comandante militar coas dilixencias que instruín tan axiña como veña a Sárria forza que del se poida facer cargo",
....9 de novembro...." A reconcentración do posto da Garda Civil está sendo causa de que aumente extraordinariamente a criminalidade neste Partido ; Nun curto periodo de tempo de roubo na Casa do Concello de Paradela, o roubo de Pedro González de Acevedo, o da Igrexa de Samos, o da de Noceda , a morte procedida de roubo da Casa de Xoán López de Touville, o incendio de varias casas en Noceda, aparte doutros varios delictos que teñen amedrentadas ás persoas honradas , e recoñecen indudablemente por causa a feble persecución da xente adicada ao crime, desde que a dita forza se alonxou deste Posto, no que prestaban indudables servizos á seguridade . E non podendo resistir ao constante clamor de infindade de persoas de todas as condicións , non poido menos de transmitilo á Vosa Señoría rogándolle se digne atendelo se fose compatible co mellor servizo publico, enviando a este Partido a forza da Garda Civil para se adicar por algún tempo á persecución de malfeitores ".
Coñecemos así como neses meses de alonxamento da Garda Civil se produciu un roubo na igrexa do extinguido Mosteiro de Samos,
....15 de novembro..."Ao Señor Xuiz deste Partido dígolle nesta data o seguinte: "En virtude da conferencia que no día de onte tiven coa Vosa Señoría dispuxen que os dependentes desta Alcaldía de don Pedro Pérez Peñamaría , don Francisco Saco e don Manuel María Rodríguez, acompañasen e auxiliasen aos deste Xulgado, a fin de realizar a captura de Pedro Tallos, veciño de Noceda, reo do delicto de incendio . Unha vez no dito punto na noite do mesmo día de onte e adquiridos os informes convintes , souberon que o Tallos estaba na casa de Francisca Arias a súa manceba, veciña de San Pedro da Cuvela , arredoado o seu tobo cos auxilios de algúns paisáns máis , coñecedores do terreo , e tomadas as preocupacións necesarias, antes do amencer , pois o Tallos infundira o pánico no país a súa ousadía e a forza material, por atribuírselle o incendio de varias casas, roubbos, acompañados de crimes , e provisto de algunhas armas de fogo que a prevención se lles facilitaran , por ser público que aquel usaba adoito un trabuco, chegou a se percibir de certo que lle formaran, e intentou sair ao comezar a romper o albor, con ademán hostil a se abrir paso á viva forza..."
( E na mañá do día 15 de novembro de 1873os aguacís do Xulgado de Sárria, tres funcionarios do Concello de Sárria e veciños da zona de Noceda tiñan cercado en San Pedro da Cuvela, na casa da súa amiga Francisca Arias ao perigoso malfeitor e queimacasas Pedro Tallos , de cuxa captura dera orde o Xuiz de Sárria ).
...." E disposto o Tallos a se abrir paso á viva forza , lanzándose pola parte traseira da casa cara o Porteiro deste Concello, don Francisco Saco e Xoán Otero de Noceda, que a custodiaban, desobedecida a voz de "alto" que estes lle repetiron, xulgaron en virtude das ameazas de morte que prodigara , e dun bulto que levaba por baixo da capa que figuraba un trabuco , pois a luz difusa da amañecida non permitía distinguir claramente os obxectos, que o seu proposito non era outro que o de facer desaparecer aos gardadores de aquel punto, por medio dunha descarga da citada arma , que como vai dito soía traer con el , En tan inminente risco de perderen a vida propia e de fuga do criminal, o Otero fíxolle un disparo coa escopeta que levaba quedando casde inmediatamente morto, O que crin convinte participarlle -a Vosa Señoría a urxencia coa que o servizo público reclama a presenza da Garda Civil deste posto, á fin de extinguir ou refrear , ao menos no posible cunha eficaz persecución a ousadía dos criminais",
,,,18 de novembro....."Onte presentáronse á miña autoridade os seis individuos da Garda Civil ao mando do Cabo 1º don Anxo Mourenza Lence derstinados á persecución de criminais neste Partido , cuxa forza prestou xa hoxe un importante servizo ao prender dous capataces do ferrocarril que promovían adoito liortas e recorrían polas noite este pobo e os inmediatos disparando armas de fogo e alarmando aos veciños"
....19 de novembro,,,, " Ademais dos dous Capataces do ferrocarril detidos no día de onte, verifiquei no de hoxe a de Antonio Neira @ "Negrito", e outros dous individuos que procedentes segundo novas da disolta partida carlista Ostendi, adicándose á rapiña nas feiras e outros puntos deste país ".
....20 de novembro....."Noticioso de que á feira que se celebrou hoxe nesta Vila ían concorrer varios suxeitos de dubidosos antecedentes, procedentes das disoltas partidas carlistas de Núñez Saavedra e Ostendi, co propósito de se adicar á rapiña e soliviantar os ánimos , tomei dacordo co Cabo da Garda Civil don Anxo Mourenza m cuxo celo e actividade debo gabar , as medidas convintes para lograr a súa captura e evitar a multitude de roubos que tiveron lugar nas anteriores, tendo coseguido a dun tal Zacarías de Santiago , da conduta de quen teño moi desfavorable informe, e do que de pública voz din foi compañeiro do suxeito coñecido co nome de Ximeno , detido nesa cidade hai uns seis meses , como axitador carlista, sendo esta detención e a dos xuxeitos dos que din coñecemento á Vosa Señoría no día de onte , causa de que non ocorrese ningún roubo nin desorde algún no día de hoxe, a pesares do extraordinario xentío que se reuniu con motivo da expresada feira.
....21 de novembro,,,," Desde o envío do oficio que por un propio lle remitín á Vosa Señoría no día de hoxe, non aconteceu novidade neste Distrito nin tiven novas encol da faución carlista aparecida no de Rendar. Coa fin de evitar que vaian facer medrar o seu número ou contribúan a axitar o país naquel swenso, porei ao seu dispor os catro suxeitos presos nesta Vila no día de onte e antonte, dos que dei coñecemento á Vosa Señoría para que se sirva resolver encol do seu ulterior destino. O que estimo máis convinte á tranquilidade pública por cuxa conservación farei os meirandes esforzos , procurando limpar o país de xente suspecta co auxilio dos seis gardas que vostede se dignou enviar ao meu dispor. E é mercé que non permitirei sofra alteración algunha a orde neste Distrito",
....22 de novembro..... "Ningunha nova tiven no día de hoxe sobre a aparición de partidas carlistas, nin do paradoiro da que se presentou en Rendar o 20 do corrente",
.....26 de novembro,,,," Teño a honra de enviar á superior disposición da Vosa Señoría custodiados por forza da Garda Civil aos detidos Antonio Neyra @ "Negrito". Estevo Rodríguez Cortés, Manuel López Matías e Zacarías Santiago, de cuxa detemción din coñecemento á Vosa Señoría en oficios de 19 e 20 do corrente coas dilixencias instruídas ao efecto",
....27 de novembro,,,,,, " Tendo precisión de saír no día de mañá a Garda Civil custodiando caudais da Adminisytración de Rendas desta Vila, con cuxa ocasión veriificarán a condución dos catro detidos a que me refería na miña comunicación de onte , sírvase suspender o envío da forza que na esma lle reclamaba para recoller estes en Lamapolleira"-
O alcalde de Sárria, por elección popular, a partir de 24 de agosto de 1873 foi Laureano Álvarez Pereira, un procurador dos tribunais procedente do Carballiño, que presidía unha Corporación formada por Xoán Carreira, Modesto Losada, Valentín Lois, Antonio Grandas, Antonio Peña Villamarín., Euxenio Neira Solance, André de Castro, Xulián Rodríguez López, Gabriel Díaz Souto, Manuel Piñeiro, Xoán López, Xosé Somoza e Antonio Vázquez Macía.
Os problemas derivados das partidas carlistas e das gavelas de ladróns e alborotadores eran o probñlema primordial e así aparecen reflectidos varios incidentes nos partes diarios remesados ao Gobernador Civil da Provincia
....27 de novembro,,,,," Tendo acordado o envío ao dispor da autoridade da Vosa Señoría dos detidos Antonio Neyra @ "Negrito", Estevo Rodríguez Cortés , Manuel López Matías e Zacarías de Santiago, de cuxa detención din coñecemento á Vosa Señoría en oficios de 19 e 20 do mes que segue, achándose ocupada en perentorias atencións do servizo a Garda Civil aquí existente , rogo á Vosa Señoría se digne dispoñer que a parella ou as que considere necesarias desa forza saia a Lamapolleira para conducilos a esa Cidade, até cuxo punto dispoñerei sexan convintemente custodiados o día que sinale e do que terá a ben darme oportuna e previamente conta",
......1 de decembro,,,,," Remito á Vosa Señoría alistamento dos varóns que neste Distrito están obrigados ao servizo da Milicia Naciona... debendo advertirlle que non acompaño o dos voluntarios porque non se presentou ningún",,,,
¡ O patriotismo non chegaba a tanto , que aquí voluntarios, no dicir popular ....nin para comer !
.....5 de decembro....." Segue a reinar completa tranquilidade neste Distrito respecto á orde pública . Particípollo á Vosa Señoría para o seu superior coñecemento., ¡ Viva a República !",
......15 de decembro...."Xesús Barrosa Varela e Cerviño., oriundo de Castro, parroquia do Cousm Distrito de Campo na provincia de Pontevedra, capataz das obras do Ferrocarril en construción e hoxe sen modo de vivir coñecido, é adoito causa de alteracións da orde pública promovend rifas , nas tabernas, insultando persoas e disparando armas de fogo pola noite. Reprendido e aínda c astigado por esta Alcaldía volveu a reincidir nas mesmas faltas, entregándoise ademias moitas veces á borracheira.. Nesta atención, e xulgando perigoos ao sosego publico a súa permanencia neste país, no que non ten bens, industria, ofici nin ocupación, acordei proceder á súa detención e envialo ao dispor da Vosa Señoría, como o verifico, á fin de que se o ten a ben se digne mandas sexa remitido ao pobo da súa natureza,
...16 de decembro,,,,,"En cumprimento do atento oficio da Vosa Señoría, prestarei ao Señor Alcalde de Samos o auxilio da Garda Civil para o cobramento do imposto municipal, mais débole facer presente á Vosa Señoría que ao abrigo da indicada forza comezou a recadación do primeiro prazo do anticipo, e propoñéndose realizaren a do 2ª trimestre das Contribucións territoriais e industrial co Axente cobrador deste Distrito, polo que sería convionte se cobrise aquel servizo de maneira que non fose desatendido o importante que se acha hoxe desempeñando a dita forza "
,,,24 de decenbro,,,,," No día de hoxe procedín á detención dem Gregorio Cillemello Arranz e Pedro Peláez N. licenciados segundo aseguran do presidio de Burgo, por consecuencia de causas que se formaron ao primeiro sobre roubo e ao segundo por estafa, en vista de varias contradicións en que incorreron no acto de seren explorados, e por infundiren sospeita de que se adican ao roubo, pois non teñen ningún oficio nin ocupación coñecidos".
....25 de decembro...." Como participei á Vosa Señorúa no día de onte detiven nesta vila aos suxeitos que din chamarense Gregorio Cillermelo Arranz natural de Roa, provincia de Burgos, e Pedro Peláez , de Oubiaño, Xulgado da Fonsagrada , que poñp ao dispor da Vosa Señoría coas cédulas adxuntas . Tendo acordada esta medida a causa das sospeitas que fai revelar a circunstancia dr pedir a residencia para este pobo no que non teñen bens, parentes nin ocupación , nin probabilidade de obtela, a de careceren de toda clas de recurso , a pesares de que manifestaran ou finxían seren tratantes en mulas , e as varias contradicións contradicións nas que incorreron ao contestaren ás varias preguntas que se lles fixeron. Xulgando seren perigosos ao sosego público do país, a permanencia no mesmo duns suxeito que aparte dos seus maos antecedntes , como licenciados de presidio, carcecen de medios de subsistencia nel para procuralos.
....27 de decembro".... " Ao recibir o oficio da Vosa Señoría dispoñendo fixese emtrega ao Xulgado dos suxeitos Gregorio Cillermelo e Pedro Peláez, xa sairon custodiados por forza da Garda Civil , para que fosen postos ao dispor da autoridade superior da Vosa Señoría, xulgándose esta medida máis eficaz nos casos análogos que sucesivamente ocorran, se se ha librar o país de elementos perturbadores, dao que os Xulgados só penan delictos positivos e probados , e a autoridade administrativa debe prever circuntancias como as actuais a súa perpetración , alonxando a aqueles de desbaratando os seus plans, antes que consigan concertárense e poñelos en execución "
O principio de libre circulación xa crebaba diante da teoría preventiva.
Rematando o ano 1873 o alcalde sarriao Laureano Álvarez Pereira trataba de xustiifcar a detención preventiva de dous licencados de presidio de Burgos e xustificaba a súa remisión ao dispor do Gobernador Civil na evitación de males maiores.... " cuxo proposito ven a dar forza aos sesnso da Circular do Ministerio da Gobernación do 20 do corrente ao sinalar que non se tería feito de os perturbadores recorreren a penínsua , sen outro obxecto ca o de axiatren as paixóns, a se interpretar atinadamente os desexos do Goberno cuxo afianzamento e cosolidación é o meu único intento ao deter e poñer ao dispor da Vosa Señoría as persoas que se non se lles pode acreditar a comisión de ningún delicto común, nin polo tanto seren entregados con éxito aos Tribunais Ordinarios, deben ser desterrados dos pobos, cando carecen de todo tráfego e ocupación e non dan razón suficiente que xustifique en algunha maniera a súa permanencia neles. Pois a máis favorable interpretación que pode facerse do seu proceder e que intentan peturbares o acougo público, ou atentaren contra as persoas ou os bens dos seus moradores"
Por outras comunicacións dos Alcaldes, referidas a quinats e outras a informacións varias , podemos coñecer a actividade dos Concellos republicáns , atentos a mellorar as condicións de vida dos veciños.
ANO 1874
O ano comezou sen alteracións da orde e o Concello seguía coas xestións para habilitar un local amplo e cómodo que permitise as reunións do Xurado, alleos os seus membros ao movemento militar promovido polo xeneral Pavía que ocupa o Congreso dos Deputados que queda disolto , producíndose a supresión da República.
2 DE XANEIRO DE 1874 : GOLPE DE ESTADO DO XENERAL PAVÍA QUE SUPÓN A DESAPARICIÓN DA PRIMEIRA REPÚBLICA ESPAÑOLA
O 3 de xaneiro de 1874 o Alcalde comunca que non hai ningún voluntario sarriao servindo no Exército.
O 15 de febreiro o Alcalde comunicoulles aos industriais e colleiteiros de viño a convocatoria da Exposición Internacional de Londres.
O 18 de marzo comunica que o cabecilla carlista Núñez Saavedra, cuns 30 homes armados se presentou en Samos e apoderouse de sumas de diñeiro na Casa do Concello, seguindo cara O Incio no Distrito de Rendar . Inmediatamete deu un un bando para organización de partrullas de veciños . E tendo coñecemento de que pernoitaran no Incio 60 individuos de Carabineiros e Garda Civil indica que seguiron cara Triacastela , para onde se dirixira o Núñez Saavedra.
O 18 de marzo indiica que Ramón Loureiro Paedo, de San Pedro de Seteventos, embarcra como voluntario para o Exército Expedicionario de Cuba en 1868, saíndo polo porto de Cádiz.
O 19 de marzo a partida carlista andaba por Viduedo e chegaron a Sárria 55 Carabineiros e Gardas ao mando de Anxo Paz . Dous días despois o Alcalde soliicta que se poña ao seu dispor 12 armas de fogo e municións.
As damas de Sárria regalaron para o Exército un caixón de efectos sanitarios e os veciños aportaron 1.324 pesetas en metálico.
O día 24 de marzo outras tres señoras aportaron 6 sabas de liño novas, 6 camisas e 9 calzóns para a tropa.
O día 28 de marzo o Alcalde comunica un feito grave: Na noite de onte foi cortado o fío telegráfico da vía férrea a unha légoa desta vila en direción da Capital , sendo capturado polo tenente da Garda Civil don Xosé Fernández , un suxeito chamado Manuel de Castro, labrego e veciño de Ferreiros, neste Distrito, a quen se lle ocuparon uns 20 metros de arame, que segundo resulta do cotexo practicado é o mesmo que falta no punto chamado Agro do Fial , inmediato ao lugar de Manán.
Como a río revolto sempre hai quen quere leva as augas para o propio muiño é interesante recoller a queixa contra unha actuación do Alcalde de Samos , que deu lugar ao seguinte comunicado:
" Téndome reclamado o Señor Alcalde de Samos no día de hoxe xsnte para que o auxiliase na condución a esa capital de don Manuel González, veciño de arraigoi naquel Distrito, a quen detivo no concepto de "carlista" , cuxas opinións por notoriedade está ben lonxe de sustentar manifesteille que o deixase ao meu dispor para envialo con outros detidos aquí existentes , custodiados todos por forza do destacamento que se ha reunir nesta vila segundo me participou e ten `previsto o Excmo. Sdñor Gobernador Militar, pois no momento non tiña ningunha apta e dispoñible para prestar o servizo. Con este motivo prorrompiu no medio da estrada e diante de numerosas persoas en frases que non requería o sitio e o caráter das persoas que no acto interviñan , deixando por último no meu poder ao suxeito expresado , cuxo arresto causou xeral sopresa e aínda asombro , non polo feito en sí, senón pola causa que o motiva e ao que enviarei ao seu destino tan axiña como dispoña dos medios de comunicación expresados",
Este asunto debe ser resolto desfavorablemente para o alcalde sarriao pois veladamente acusado pola autoridade provincial de ter simpatía polos carlistas , foi decretado o seu arresto,
O 1 de abril o Alcalde queixase de que se dan retrasos na chegada da valixa do correo por peón, que tendo a chegada ás 9 da noite chegara á unha da madrugada.
O 6 de abril, por se encontrar enfermo, ou alegando esta circunstancia diante do arresto acpordado, o alcalde Laureanbo Álvarez Pereira encargoulle a Xoán Carreira que quedase á fronte do goberno llocal, e ao tempo que no día anterior os membros do Cocello adoptaran acordo " renunciando aos cargos de que os individuos que o compoñen se achan investiodos, rogando encarecidamnte á Vosa Señoría que tendo en conta os especiais motivos en que se funda , se sirva prestar a súa conformidade ao expresado acordo e designar coa brevidade que lle sexa posible as persoas que han de remprazalos".
E na defensa da súa integridade moral e politica Álvarez Pereira envioulle ao Gobernandor o seguinte comunicado :" Esmagado o decoro e prestixio da autoridade do Alcalde deste Distrito, que viña exerecendo, por medio do incalificable arresto do que a Vosa Señoría ten noticia, sen protesta dos meus superiores xerárquicos, quedo privado das condicións esenciais para desempeñar aquel cargo, e cometería unha imperdoable indignidade , se non me apresurase a facer renuncia do mesmo. A delicadeza e penetración da Vosa Señoría non se lle olcultan os imprescindibles motivos que me impulsan a formulala e polo tanto non dubido se servirá admitirma, non tanto por deferencia á miña insignificante persoa ou particular conveniencia, senón polo decoro e brillo que debe resplandecer sempre en todos, e aínda nos máis humildes cargos públicos".
O 26 de abril , restituido na súa honra. e contando coa solidariedade da Corporación Municipal que lle deu apio unánime, unha nova comunicación amosa como as augas voltaron ao seu rego: " Por motivos de xusta deferencia ás atentas e benévolas frases que a Vosa Señoría se digna comunicarme no seu oficio de 22 do actual e penetrado da rectitude e bondade coa que a Vosa Señoría me ten distinguido , acordei desistir da renuncia de Alcalde que formulara e encargarme da Presidencia deste Concello.Ao participarllo á Vosa Señoría teño a satisfación de lle reiterar o m eu leal apoio e ofercerlle o testemuuño do meu respectuoso aprecio".
A Coerporación Municipal sarriá co seu alcalde Laureano -Alvarez Pereira escfribiron, sen dúbida, a mellor páxina de lealdade ás súas convincións e de defebsa da dignidade inherente á súa representación cidadá.
Como o Xulgado de Primeira Instancia estaba moi mal instalado o Alcalde o 27 de maio pretendía que se lle habilitase mellor locaL "O Xulgado desta Vila está establecido nunha Casa particular , e o aluguer é satisfeito por conta do presuposto Carcereiro do Partido, e non ten dispoñible máis ca unha soa Sala , que pola súa capacidade non é susceptible de conter as pezas que se esixsn para a reunión do Xurado. Está o Ex-Convento de Agostiños distante 200 metros do pobo, e nel existe un local no que se pode habilitar o necesario para que o dito obxecto , coa favorable circunstancia de que no mesmo edificio está situado o Cárcere. Este Concello carece na actualidade de recursos cos que atender os gastos áinda non escasos que esta reforma orixina. Na Depositaría de Fondos Carcerarios hai, realizando os seus cretos sobrantes , que deben ser suficientes para levala a cabo, Se as Vosas Señorías se dignan facultarme para iso, propoñerei á Xunta de Partido vote a cantidade precisa para executar as obras convintes , único xdeito de obter o fin que se pretende na súa atenta comunicación de 21 do actual , pois no breve periodo que na mesma se sinala non é posible arbitrar os recursos necesarios, se non se utiliza o medio que propoño e que agardo mereza a superior aprobación da Vosa Señoría a quen rogo se sirva participarme con urxencia se sirva participarme con urxencia a resolución que dicte encol do particular".
.....8 de xullo ".- " Coa fin de dispoñer o convinte para a habilitación dun local para o Xurado, reunín o 5 de xuño último a Xunta de Representantes do Partido. E acordou consinuar no presuposto adicional do Cárcere do último exercizo votado na mesma data a suma de 2.250 pesetas co obxecto de reparar o salón abacial e cuartos contiguos, do Convento desta Vila. Cando ían a adoptarse as medidas convintes para a pronta inversión da dita cantidade , fíxose saber a esta Alcaldía unha orde da Administración Económica da Provjncia , dispoñendo a incautación polo Estado do dito edificio. Reclamouse contra ela e tan axiña como se remova esta dificultade procederase con actividade á habilitación do dito local por conta daquelas sumas".
...9 de xullo.. " Cos dous cristais de vacina que esa comunkcación me remitiu en 1 de xuño último, foron vacinado 12 nenos e ningún adilto, non podéndose propagar aquela a maior número, porque só se desarrolou a vacina ou virus nunha cuarta parte dos inoculados e aínda nestes moi lenta e feblemente"
...!8 de agosto,. " Na noite de antonte foi preciso deter un carro con catro cabalerías de Xosé Álvarez de Monforte, para conducir a esa Cidade 10 caixóns de municións , equipaxe , armaentos e soldados enfermos da Columna do Señor Coronel do Reximento Infantería de Murcia , don Xulián García, previamente axustado en 124 pesetas, que non quxo pagar o contratista de bagaxes da provincia ao expresado Xosé Álvarez",
O ofrecemento de instalación do Xulgado no Ex Convento de Agostiños ( Mosteiro da Madalena ) non prosperou e 22 anos máis adiante o edifiico foiu cedido polo Bispado de Lugo, que o recibira do Estado acabou acollendo unha congregación de relixiosos mercedarios.
Se en 1874 o Xulgado tivese ocupadio as dependencias priorais de seguro que, como ocorreu en Celanova, o vello mosteiro ademais do Cárcere e o Xulgado poderían compartir sede de outras institucións de carácter público e non se recuperaría en 1896 para a vida relixiosa.
SESIÓNS DO CONCELLO DE SÁRRIA DO ANO 1873
12 de xaneiro.- Formación da primeira lista para formar Xurado para asuntos penais.
9 de febreiro.- Acordan a formación de quince grupos para arranxo de camiños poñendo á fronte de cada un deles a un concelleiro esixindo a prestación persoal dos parroquiáns.
16 de febreiro.- Estudo das propostas para mestre da Escola de Padoroado de Mondín ( Lier ) : Silverio Pérez Peñamaría e Xosé López Suárez.- O Xuiz, membro nato do Padroado reitor, non quixo partticipar no porceso seletivo. Xosé López Suárez foi elixido para Mestre 2º,
16 de marzo.- O cidadán Torres que fixera apreso dun camiño publico rexeitou comparecer aen xuizo e o Concello acordou esixirlle que no prazo de seis días reintegrase o terreo apresado.- Aprobación da conta de gastos pola solemne celebración da PROCLAMACIÓN DA REPÚBLICA impotraron 86 pesetas.
13 de abril.- Sobre a celebración de Eleccións a Cortes Constituíntes ( 10, 11, 12 e 13 de maio ) con participación dos varóns maiores de 21 anos, fixando lugares de votación en Vilar do Mont ( Reimóndez )e, Pena do Currial ( Maside ), Lousadela e Casa Consistorial. - Estudan recurso presentado por Torres,
8 de xuño.- Formación do alistamento de soldados para a Reserva.
23 de xuño.- Proxecto de orzamento por importe de 431,35 pesetas para abrir xancias e facer terraplenado da PRAZA DO MERCADO, executando as obras por administración.- As obras para facer a Praza do Mercado foron proxectadas polo Arquitecto Provincial e o seu axudante , cun custe de 80 pesetas. Os mestres canteiros Francisco Grela e Manuel Castiñeira correron coa construción dos muros das fincas de Xoán Antonio Ulloa , Manuel Saco Quiroga e Xosé Vaamonde Gayoso para pechar as fincas estremeiras co camiño da praza ( Murallón ).
29 de xuño.- Manuel Castiñeira desmonta o pretil superior da frenteira da Casa Consistorial e pon unha canle de zinc a xeito do país para evitar a entrada das augas de chuvia no edificio. O gasto da Festa do Corpus Christi ( oficial do Concello ) foi de 75 pesetas.- A transeúntes necesitados déronlles axudas por un total de 18 pesetas. Por Libros para o Rexistro Civil pagaron 30 pesetas.- A valixeiros para asuntos militares e alarmas pagáronlles un total de 144 pesetas.
Tendo presentes as axudas e asistencia dadas por Fernando Nogueira, veciño da Vila de Sárria aos catro carlistas feridos pola Garda Civil na aldea de Toirán, Distrito de Láncara, na captura da partida mandaba polo cabecilla Xosé Rodríguez na noite do 5 de abril último, cuxos feridos cos demais individuos prisioneiros permaneceron nesta Vila os días 6, 7 e 8 do propio mes , acordaron gratificalo por razón do seu traballo coa cantidade de 7,50 pesetas.- Dánlle 10 pesetas a Manuel Cabañas, de Farbán por levar á Maternidade de Lugo unha meniña achada en San Sadurniño de Froián.
6 de xullo.- Formación da Xunta Municipal.
13 de xullo.- Acordan que o Segredario e o Aguacil presenten na cidade de Lugo os soldados correspondentes ao concello de Sárria.
10 de agosto.- Acordan mofificar os prezos dos Froitos das rendas de 1871, para o pagamento das rendas forais.
17 de agosto.- ( A acta non foi asinada ) Adxudican o alumeado do Cárcere a Xosé Monteagudo en 250 pesetas. O alumeado publico das rúas da Vila concedido a Xosé Gayoso en 361 pesetas.
24 de agosto ,. Acta de posesión do Concello Popular de Sárria.
Alcalde Popular: Laureano Álvarez Pereira.- Xoán Carreira.- Modesto Losada.- Valentín Lois.- Antonio Grandas ( Síndico ).- Xoán Cabarcos ( sustituto ).- Francisco Barrio González . -Antonio Peña Villamarín ( Interventor ).- Ramón Domíguez.- Acordan facer as reunións do concello ás 10 da mañá.
31 de agosto.- Nomeamento dos Alcaldes de Barrio.- Aprobación da Ordenanza Municipal.- Acordan arranxar o desgoberno na xestión do Cemiterio Municipal.
11 de setembro.- Acordo sobor das Quintas.- Denuncian que Xoán Cabarcos fixo un pozo a menos de 40 metros da Estrada de Lugo a Valdeorras.-Estudo das renuncias de algúns nomeados pedáneos.
21 de setembro.- Aproban facer un muro na Praza do Mercado e poñer nel unha escaleira empotrada. Aproban declarar as obras de utilidade publica acordando facer expropiacións.- Formación de Comisións Permanente: Orzamentos.- Policía.- Instrución Primaria.
28 de setembro.- Proxecto de Orzamento: Gastos:14.529 pesetas. Ingresos: 3.958,20 pesetas.. O Porteiro do Concello pide un mes de permiso, nomean para sustituilo a Bernardo Armesto. Pedro Pumares de San Fiz de Reimóndez dencia á Sociedade de Regantes "Rega de Vilasante" por facer máis alta a Presa do Peago no Río Sárria para levalas polo rairo cara os prados da Ribela.- Reclamacións de Alcaldes de Barrio.- Conceden a Xoán e Francisco Barrio licenza para derrubar a frenteira da súa casa e facela de novo.
30 de setembro.- Formación da Xunta de Asociados ( controladora dos orzamentos e da actividade municipal).
5 de outubro.- Acordan comprar papel para o Xulgado.- Toma posesión o Interventor Municipal Antonio Peña Villamarín.
12 de outubro.- Cesamento do Depositario por incompatiibi lidade , e nomeamento de Euxenio Neira Solance para esa función.
13 de outubro.- Aprobamento do Orzamento Municipal e do Orzamento Adicional.
26 de outubre.- Petición de dictame para poñerlle pleito a Torres. Estudo de Ordenanzas.
23 de novembro.- Para o alargamento da rúa de acarón da Nova Praza do Mercado ( Rúa do Murallón ) aceptan a cesión voluntaria de terreos feita por Xoán Antonio Ulloa, Manuel Saco e Xosé Vaamonde. Ao Torres danlle 750 pesetas pola ocupación do seu terreo.
30 de novembro.- Acordan a creación da Milicia Nacional na vila de Sárria.- Acordan imprimir 100 exemplares das Ordenanzas Municipais.
.....................................................................................................................................................................
1874
15 de xaneiro.- Páganlle a FFrancisco Barrio 7,50 pesetas por levar os días 18 e 20 os cabalos requisado para o Exército.
25 de xaneiro.- O Gobernador esixe que presenten en Lugo o día 19 o cabalo que Xosé López de Sárria lle vendeu a Antonio Somoza de San Pedro de Froián.
8 de febreiro.- Fixación de dietas para os comisionados para levar os soldados das quintas a Lugo.
8 de marzo.- Alocución para pedir contribución con donativos voluntarios para os Gastos de Guerra que arde na Penísula e nas Antillas.- Acordan facer unha suscrición popular por non haber fondos municipais ,. Hilario Rigeueiro, de Piñeira, ocupa o camiño e parte da Chousa de Currás. Domingos Rodríguez ocupa o camiño que dende Piñeira vai á Feira de Paradela ( Vilamaior ).
29 de marzo.- Francisco Rodríguez pide permiso para refacer a súa casa na Escaleira da Fonte, que baixa dende a Praza de Vista Alegre á Rúa da Liberdade.
5 de abril.- Laureano Álvarez Pereira,. alcalde de Sárria, foi arrestado no cárcere de Lugo o día 4 de abril. O Concello acorda " Que identificada como se acha a Corporación co seu celoso compañeiro no referente ao sostemento da orde publica, con combater por cantos medios existen ao seu alcande a impottante insurreción carlista, levantada en armas até nesta mesma Provincia , cre que levabando a cabo por motivos que á data ignora a prisión ou detención do dito Presidente non pode continuar merecendo a confianza que até aquí lle dispensaron as autoridades superiores da Provincia ( protestando continuar como até aquí con vidas e facendas a carón do Goberno que con tanto acerto , como abnegación e patritismo rexe os destinos da España Liberal ) presenta respectuosamnte a demisión ao Señor Gobernador Civil, rogándolle encarecidamente se sirva admitila e proceder en virtude das facukltades de que se acha investido, o que teña por convinte". Presidente; Carreira.- Losada.- Lois.- Dáiz Saco.-Somoza.- López.- Rodríguez.,
26 de abril.- Oficio restituíndo ao Alcalde no seu posto.- Outro oficio non aceptando a demisión do Concello,. Novo concelleiro: Xoán Castro, de Corvelle e sae Euxenio Neira Solance.- Sobre a Xunta Pericial.- Sobre o Monte de Lagoela, enfrontamento dos veciños de Vilamaior cos veciños de Bade.
4 de maio.- Chamamento a quintas dos mozos de 19 anos.
10 de maio.- Euxenio López e outros veciños da parroquia denuncian apresos no Monte de Piñeira.-
21 de maio.- Votación do Orzamento de 1874,. 1875 xunto cos Asociados, Gastos: 23.857, 80 pesetas. Ingresos: 3.956,71 pesetas.
31 de maio.- Sobre Quintas,. Apreso dun camiño en Santo Antolín.
17 de xuño,. Repartimentos dos impostos,
28 de xuño.- Páganlle a Francisco Grela d Manuel Castiñeira 945 pesetas pola obra do Murallón. Axudas a pobres : 22,25 pesetas. Ao propio valixeiro: 121,50 pesetas.- Desmonte do penedo para facer a Rúa do Murallón: 255 pesetas,. Alumeado público: 375 pesetas, ( Xosé Gayoso e Ulloa ).- Alumeado do Cárcere : 250 pesetas ( Xosé Monteagudo ).- Estudan o apreso de camiño e unha represa en Santo Antolín.
9 de xullo.- ( Preside Carreira ) Acordos sobre impostos.
26 de xullo.- Comunican a creación de 80 Batallóns de Reserva con 125.000 homes .- Sorteo de soldados.
23 de agosto.- Presentación dos mozos das quintas.
28 de agosto.- Necesidade de se proveer de cédulas persoais.
6 de setembro.- Xunta Local de Instrución.- Alistados 564 mozos.- Mercan bolas para o sorteo: 35 pesetas.
13 de setembro.- Fixación dos valores dos froitos de 1873 para o pagamento de rendas.
17 de setembro.- Reclamacións por asuntos das quintas.
27 de setembro.- Votación definitiva dos orzamentos municipais. Repartimento de impostos.
11 de outubro.- Xosé Lois Rivas denuncia a Antonio Buján porque estreitou o camiño que dende a rúa Principal baixa á Pedreira, que tiña 2 metros de larganza ( Calellón de Lois ).
25. de outubro.- ( Preside: Xoán Carreira ) Repartimento de impostos.
15 de novembro.- ( Preside : Xoán Carreira ) Licencia a Antonio Buján Rodríguez para obrar no camiño da Pedreira. Para arranxos na Praza do Mercado destinan 670,75 pesetas.
27 de novembro.- ( Preside: Carreira ) Acordos sobre impostos.
6 de decembro.- Francisco Grela rematou o muro da Praza do Mercado xunto da Hotta da Reitoral de Santa Mariña de Sárria , cun custe de 177,50 pesetas.
Comentarios
Publicar un comentario